DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2006 Páx. 2.703

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 25/2006, do 14 de febreiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Labrego Galego, María José Rodríguez Morodo.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES