DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2006 Páx. 2.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda.

Subscrito, logo da tramitación regulamentaria, o convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda, procede a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do dito convenio, que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2006

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda.

Na cidade de Madrid o 7 de novembro de 2005

Dunha parte,

Antonio Joaquín Fernández Segura, secretario xeral de Enerxía, nomeado por Real decreto 990/2004, do 30 de abril, na súa calidade de presidente do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, no exercicio das competencias atribuídas na disposición adicional décimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada a esta pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De outra,

Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, nomeado por Decreto 213/2005, do 3 de agosto.

Ambos recoñécense, na representación que desempeñan, capacidade para formalizar o presente convenio de colaboración específico para a execución do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda e no do protocolo de colaboración

subscrito o día 11 de febreiro de 1998 entre o Ministerio de Industria e Enerxía e a Comunidade Autónoma de Galicia, actualizado por acordo suplementario do 16 de xuño de 2005, e en virtude das competencias que ambas as partes se recoñecen no citado protocolo, e para tal efecto,

EXPOÑEN:

Que o proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda atópase recollido, entre os que se executarán, no anexo ao protocolo de colaboración subscrito entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que a cláusula quinta do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e a Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras de Galicia, prevía que en convenios de colaboración específicos adicionais ao citado protocolo se determinarían, entre outras, as seguintes cuestións:

-As actuacións que se van realizar no desenvolvemento dun proxecto de infraestruturas, en concreto, o prazo de execución, o custo e a xustificación das actuacións para a súa realización.

-Unha vez adxudicada a obra, os termos en que se realizarán as contribucións económicas da Administración xeral do Estado, en concreto, do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e o Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras.

-Calquera outra cuestión que se estime axeitada para o mellor desenvolvemento do convenio de colaboración específico de execución do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda e do protocolo de referencia.

Que consideran axeitado proceder ao desenvolvemento do protocolo de colaboración na Comunidade Autónoma de Galicia e, en concreto, a realización do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda e, que para iso,

ACORDAN:

Primeiro.

Desenvolver as actuacións necesarias en execución do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda, do que o seu custo ascende a setecentos noventa e tres mil setecentos noventa e un euros (793.791,00 euros).

Segundo.

De acordo co previsto na cláusula terceira do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e a Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras financiará as actuacións previstas neste convenio de colaboración espe

cífico cunha achega económica que non superará os setecentos noventa e tres mil setecentos noventa e un euros (793.791,00 euros).

A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia dedicará os fondos transferidos a financiar os investimentos na contía de setecentos noventa e tres mil setecentos noventa e un euros (793.791,00 euros).

O instituto resérvase a facultade de non financiar aquelas actuacións do proxecto de desenvolvemento que considere non axeitadas aos fins do convenio de colaboración específico ou que a súa posterior execución non sexa conforme o proxecto.

Terceiro.

1. As achegas realizaranse con cargo aos orzamentos do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras para o ano 2005, aplicación orzamentaria 20.101.457M.751, ou, se é o caso, aos da anualidade correspondente, con suxeición á existencia de crédito e habilitación legal para iso.

2. O instituto transferirá os fondos á Consellería de Economía e Facenda do modo seguinte:

2.1. O 25% do importe do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda no ano 2005, cando se produza a adxudicación da obra obxecto do investimento.

2.2. O 50% do importe do citado proxecto no ano 2006, cando a execución deste se efectuase en igual porcentaxe, téndose recibido os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado aos fondos.

2.3. O 25% restante no ano 2007, cando se executase a totalidade do citado proxecto, recibíndose os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado aos fondos.

Xunto co anterior, será preciso presentar a memoria de execución e os informes aos que fai referencia a cláusula quinta do protocolo de colaboración.

Se a comunidade autónoma acredita a necesidade de realizar actuacións avaliables economicamente con carácter previo á adxudicación da obra, poderase anticipar o seu custo ata un máximo do 10% do financiamento deste proxecto antes da citada adxudicación. Neste caso, aboarase a porcentaxe restante ata o 25% á adxudicación da obra.

3. As modificacións que superen a achega económica fixada no punto 2º deste convenio de colaboración específico para financiar as actuacións previstas en execución deste formalizaranse, se é o caso, mediante addenda, cumprindo os trámites legalmente exixidos e logo de informe da Comisión de Seguimento e Avaliación.

Cuarto.

De acordo co previsto na cláusula sexta do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Indus-

tria e Enerxía e o Goberno da comunidade autónoma para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, nos carteis informativos de identificación do proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda que se instalarán nas obras das distintas actuacións que este comprende, deberá figurar, como cabeceira, en superior ou igual tamaño aos da comunidade autónoma, o escudo de España, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a lenda «Plan da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras», na forma que se establece no anexo a este convenio, e igualmente se deberá incluír a mención a «Proxecto financiado polo Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras».

Así mesmo, en calquera outra publicidade que do proxecto ou das súas distintas actuacións, se realice, tanto pola Administración executante do convenio como polo adxudicatario deste, deberá incluírse o escudo e lendas na mesma forma antes exposta.

A comunidade autónoma deberá comunicarlle á Presidencia do onstituto, a data en que serán inauguradas as obras ou actuacións que comprende o proxecto de acondicionamento da estrada A Laracha a Cerceda.

Quinto.

Este convenio ten natureza administrativa, sendo o réxime xurídico aplicable a este, o establecido no título I da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. En materia de interpretación, modificación e resolución en xeral das cuestións non recollidas no citado protocolo, aplicaranse as normas de dereito administrativo, cando así sexa necesario.

Sexto.

A execución das actuacións que se recollen no punto primeiro deberá ter lugar no prazo de tres anos desde a sinatura desta convenio. A xustificación das ditas actuacións deberá producirse dentro dos catro meses seguintes á finalización da execución. Non obstante, o devandito prazo poderá ser ampliado polas entidades asinantes, logo de petición da comisión mixta de seguimento e avaliación, cando algunha circunstancia sobrevida así o aconselle e formalizándose para tal efecto. En caso de que a devandita ampliación de prazo supuxese modificación da distribución do gasto en anualidades, será sometida aos preceptivos actos de fiscalización e aprobación.

E en proba de conformidade, asinan os integrantes no lugar e data indicados no encabezamento. Antonio Joaquín Fernández Segura, presidente do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo de las Comarcas Mineiras. Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA