DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2006 Páx. 2.447

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2006 pola que se acorda o cumprimento da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo 4593/1999 interposto polo Club Subacuático Bahía de Vigo contra o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo.

No recurso contencioso-administrativo número 4593/1999, interposto polo Club Subacuático Bahía de Vigo contra o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo, ditou sentenza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 30 de setembro de 2003, sendo a súa parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Resolvemos que estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo Club Subacuático Bahía de Vigo contra o Decreto da Consellería de Pesca, nº 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo, anulamos en parte o artigo 9 do devandito decreto en canto á prohibición de captura de polbo; con desestimación das restantes pretensións; sen custas».

De conformidade co establecido nos artigos 118 da Constitución e 17.2º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuris

dición contencioso-administrativa, ao ser a devandita sentenza firme, disponse o seu cumprimento nos seus propios termos e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos