DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2006 Páx. 2.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xaneiro de 2006 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria Os Rosais II de Vigo (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3 punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, (DOG do 9 de agosto de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Teis.

Código do centro: 36019062.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria Os Rosais II.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Rosais 2.