DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2006 Páx. 2.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 3 de febreiro de 2006 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude da Orde do 25 de febreiro de 2005, pola que se establecen as bases que rexen as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre.

En virtude das competencias da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, atribuídas polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e o Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que

se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e de acordo co disposto no artigo 7.3º da Orde do 25 de febreiro de 2005, pola que se establecen as bases que rexen as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre, e no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, procédese á publicación das subvencións concedidas e denegadas o 3 de xuño de 2005, por resolución da conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. A relación de subvencións concedidas e denegadas atópase no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

Concesión de axudas ás seguintes escolas de tempo libre sen ánimo de lucro con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.355B.480.2.

EntidadeLocalidadeAxudaActividades

Don BoscoSantiago de Compostela8.40010 cursos de monitores e 3 de directores de actv. t. libre, cursos de formación permanente, servizo de asesoramento e información, proxectos de intervención no tempo libre

KeltiaA Coruña1.500Cursos de monitores t.l. e curso directores t.l.

NeboaNeda3.900Cursos de monitores t.l. curso director act. t.l., cursos de maquillaxe e creatividade, de cerámica, II encontro actualización monitores, seminarios, xornadas de xogo

Liceo La PazA Coruña1.400Cursos intensivos de monitores de t.l. verán e Semana Santa, curso de directores de t.l.

QuercusA Coruña2.000Cursos de monitores e directores, cursos monográficos, xornadas internas de formación

Universidade da CoruñaA Coruña2.0002 cursos de monitores, 1 curso de directores, acampadas, rutas sendeirismo, cursos monográficos

Escola Lucense de Tempo LibreLugo2.000Cursos formación responsables de asociacións xuvenís, cursos de directores e monitores de tempo libre, curso de directores campos traballo, actv. e curso de aire libre para titulados en t.l., prevención e intervención en drogodependencias

BugalloLugo2.000Cursos de monitores de t.l., cursos directores de t.l. cursos de directores campos de traballo, cursos monográficos

ÍcaroFerrol2.300Cursos de formación para dirixentes de asociacións xuvenís, cursos de directores e monitores de tempo libre, conferencias, xornadas e congresos sobre as temáticas de tempo libre, actv. de carácter socio-educativo, intercambios técnicos con outras escolas.

LimicorumSarreaus1.400Cursos de monitores de t.l., curso especialista en natureza e medio, curso formación para dirixentes de asoc. xuvenís, campañas formativas e informativas, comercio xusto, educación para a saúde, prevención drogodependencias

MisturaA Estrada3.000Cursos de monitores e directores de actv. de tempo libre, seminarios formativos, técnicas de formación e intervención, cursos monográficos

Rías BaixasPontevedra1.500Curso de monitor actv. de t.l., taller teatro para discapacitados psíquicos

FervenzaVigo2.500Curso monitores e directores de t. libre, cursos monográficos

PaspallásPontevedra3.100Cursos de monitores de t.l., cursos monográficos de repuxado en coiro, promoción e difusión cultura popular, instrumentos musicais, cachifallos, xogos e xoguetes con materiais de refugallo, o match de improvisación, ritmos e danzas, encontro anual da escola.

DajalcaPontevedra2.500Curso de monitores de t.l. gravación cd, publicacións sobre ocio e t. libre e natureza, asistencia a seminarios, cursos e congresos

Insignia de MadeiraSantiago de Compostela3.000Módulos de monitores e directores de actv. de tempo libre, cursos de dirección de grupos

XarumaVigo2.500Curso de monitor de t.l. cursos monográficos de marionetas, danzas do mundo, cartografía e orientación, elaboración conta contos, xornadas sobre a nova lei de asoc. e novo réxime económico xornadas de animación, programa de ocio e t.l. Santiago 2005

EntidadeLocalidadeAxudaActividades

Baixa LimiaMuiños3.500Curso de monitores de t.l. piragüismo e remo, tempo libre na rola, actv. culturais

Cáritas Diocesana de SantiagoSantiago de Compostela4.000Cursos de monitores de t.l., cursos monográficos, obradoiros de coiro, tinguidura de camisetas, pedagoxía do ocio, revista da asociación, primeiros auxilios, xuventude con Europa

Educadores no Tempo LibreFerrol3.600Curso directores e monitores de t.l. cursos monográficos

Cruz Vermella Español-GaliciaA Coruña8.213Cursos prevención de condutas violentas, curso de mediación social, curso de intervención social con menores, curso de mediadores/as de educación para a saúde, obradoiros e cursos de educación ambiental, cursos monitores e directores de tempo libre

Cáritas Diocesana de OurenseOurense3.000Curso monográfico de xogos tradicionais, campamento de verán, construción de maquetas de mosteiros de Ourense, actv. de animación nas parroquias da diocese

Total67.313

Subvencións denegadas por non ser escolas de tempo libre sen ánimo de lucro tal e como se establece no artigo 1.1º da orde de convocatoria, a:

-Escola de Tempo Libre Animacción, por ser a súa titularidade de Altega, S. L.

-Escola de Tempo Libre Pasatempos, por ser a súa titularidade Pasatempos Sociedad Cooperativa.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA