DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2006 Páx. 2.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2006 pola que se convocan cursos de informática para o persoal ao servizo dos concellos de Galicia, na modalidade de teleformación.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse cursos de informática para o persoal ao servizo dos concellos de Galicia, na modalidade de teleformación, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados no anexo I deberá solicitalos coa presentación mediante fax da instancia que segundo o modelo oficial figura como anexo II desta resolución, e cubrila en todas as súas epígrafes.

Segunda.-Requisitos técnicos.

-PC con conexión á internet.

-Conta de correo electrónico.

-Navegador da internet.

Terceira.-Prazo.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo de 2006.

Cuarta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 11 de febreiro de 2004 pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Procurarase que estea representado o maior número posible de concellos, con preferencia daqueles máis distantes das capitais de provincia.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente aos admitidos e publicarase na páxina web http://egap.xunta.es

Quinta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que puidesen xurdir do desenvolvemento dos cursos, así como a de anulalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sexta.-Certificado de asistencia.

A EGAP fixará as probas que considere pertinentes para avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos. Aos participantes que superen os exercicios de avaliación outorgaráselles unha certificación de aproveitamento coa cualificación de apto.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2006.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

* Curso de iniciación á informática. O procesador de textos Word.

Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización das tarefas administrativas.

Destinatarios.

Persoal ao servizo da Administración local da Comunidade Autónoma galega, con coñecementos elementais de informática e acceso á internet.

Desenvolvemento.

1. Duración: 30 horas (26 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo completarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos lle poidan formular ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seu seguimento e a súa estrutura e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

2. Datas: do 21 de abril ao 16 de xuño do ano 2006.

3. Prazas: 50.

Contido.

Introdución a Microsoft Word. Administración de documentos. Escribir e editar un texto. Formatos. Estilos. Táboas. Encabezamentos e pés de páxina.

* Curso de folla de cálculo.

Obxectivos.

Introducir o usuario dun xeito rápido no manexo do programa Excel.

Destinatarios.

Persoal ao servizo da Administración local da Comunidade autónoma Galega, con coñecementos elementais de informática e acceso á internet.

Desenvolvemento.

1. Duración: 30 horas (26 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo completarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos lle poidan formular ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seu seguimento e a súa estrutura e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

2. Datas: do 21 de abril ao 16 de xuño do ano 2006.

3. Prazas: 50.

Contido.

Introdución a Excel. Introducir información na folla de cálculo. Traballar con filas e columnas. Darlle formato á información. Cálculos con Excel. Gráficos en Excel. Impresión dun documento de Excel. Libro de traballo.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA