DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2006 Páx. 2.165

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 6 de febreiro de 2006 pola que se regula a concesión de dereitos a agricultores dentro do réxime do pagamento único e a aplicación, no 2006, deste e doutros réximes de axuda directa á agricultura e gandaría así como a indemnización compensatoria.

I A reforma da Política Agrícola Común (PAC) da Unión Europea aprobada en xuño de 2003 pretende darlles aos agricultores europeos liberdade para producir o que o mercado demande. A partir de 2006 unha parte das subvencións aboaranse como un pagamento único por explotación e con independencia do volume de produción aínda que outras conservarán unha vinculación parcial entre as axudas e a produción.

O Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da Política Agrícola Común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e polo que se modifican os Regulamentos (CEE) nº 2019/1993, (CE) nº 1452/2001, (CE) nº 1453/2001, (CE) nº 1454/2001, (CE) nº 1868/1994, (CE) nº 1251/1999, (CE) nº 1254/1999, (CE) nº 1673/2000, (CEE) nº 2358/1971 e (CE) nº 2529/2001, permite que os estados membros poidan aplicar parcialmente o réxime do pagamento único. Esta aplicación parcial consiste en reter unha porcentaxe de determinados pagamentos que hai que incluír no réxime do pagamento único (RPU) para conceder unha axuda aos agricultores vinculada á produción correspondente.

De acordo co artigo 64 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 a aplicación parcial adoptada polo Estado español afecta os pagamentos directos por cultivos herbáceos previstos no seu artigo 66, pagamentos por gando ovino e cabrún do artigo 67 e pagamentos por gando vacún do artigo 68.

A aplicación facultativa para tipos específicos de actividades agrarias e a calidade de produción recollidas no artigo 69 do mesmo regulamento adoptouse, entre outros, para o sector leiteiro e para o vacún de carne.

Por outra banda, os importes correspondentes á prima láctea e pagamentos adicionais establecidos nos artigos 95 e 96 do devandito regulamento quedarán incluídos no RPU no ano 2006.

II

O artigo 33 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003, establece as condicións que deben cumprir os agricultores para

poder acollerse ao RPU. A orde da anteriormente denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 30 de maio de 2005, sobre actualización de datos e identificación de agricultores para a aplicación do réxime do pagamento único, estableceu o procedemento para que os agricultores con pagamentos no período de referencia tivesen a oportunidade de actualizar os datos persoais e os relativos á súa explotación.

Non obstante, é necesario recoller outros casos que se producisen e establecer o procedemento para a asignación de dereitos, tanto aos agricultores con pagamentos no período de referencia como aos que recibisen unha explotación ou parte destes ou tamén aos que solicitan dereitos da reserva nacional.

Tamén é necesario establecer as normas para o cálculo dos diferentes tipos de dereitos de axuda de acordo co disposto nos artigos 37, 40, 42, 53 e 62 do Regulamento 1782/2003 e coas especificacións establecidas no Regulamento (CE) nº 795/2004, da Comisión.

Así mesmo, cómpre constituír unha reserva nacional de dereitos coa finalidade de poder atender as situacións previstas no artigo 42 do Regulamento 1782/2003 e establecer, conforme este regulamento e o Regulamento 795/2004 da Comisión, a porcentaxe de redución que lles hai que aplicar aos importes de referencia no primeiro ano de aplicación do RPU así como os importes que deberán incorporarse á reserva nacional en determinadas circunstancias.

Precísanse tamén normas para a utilización e cesión dos distintos tipos de dereitos e sobre os compromisos que adquiren os titulares destes.

En relación con todo o indicado con anterioridade é necesario ter en conta o disposto no Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, que establece disposicións de aplicación do réxime do pagamento único previsto no Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello.

Así mesmo, o Real decreto 1617/2005, do 30 de decembro, establece as normas básicas para a concesión de dereitos aos agricultores dentro do réxime, do pagamento único no Estado español.

III

O Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas, no Estado español establece os criterios básicos que deben garantir o correcto funcionamento do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC), como ferramenta de obrigada utilización na xestión de axudas comunitarias, que é a base identificativa de parcelas obxecto de calquera tipo de axuda baseada na superficie.

A orde da anteriormente denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 24 de xaneiro de 2005, regulou entre outros

temas a implantación do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) en Galicia, sendo o Fogga o organismo responsable da súa explotación e mantemento, polo que se precisa determinar para o ano 2006 o tipo, lugar e prazo para a presentación das alegacións e das solicitudes de modificación de determinada información contida neste.

IV

Dado que se optou pola posibilidade de manter unha parte das axudas directas ligadas á produción, é necesario establecer os requisitos de obrigado cumprimento correspondentes aos sistemas de axudas directas vixentes a partir da campaña 2006/2007 ou do ano natural 2006.

Por iso, débese ter en conta para as axudas ligadas á produción e outras específicas, o Regulamento (CE) nº 1973/2004 da Comisión, do 29 de outubro de 2004, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello no que respecta aos réximes de axuda previstos no título IV do devandito regulamento e a utilización das terras retiradas da produción con vistas á obtención de determinadas materias primas.

Aplicarase tamén o Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 abril de 2004, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control previstos no Regulamento (CE) 1782/2003, do Consello.

Así mesmo, establécese unha única solicitude para todos os réximes de axuda por superficie, entre os que se atopa o réxime de pagamento dos dereitos do pagamento único, así como os correspondentes ao sector gandeiro que se manteñen ligados á produción.

Ademais é necesario ter en conta o Real decreto 1618/2005, do 30 de decembro, sobre a aplicación do réxime do pagamento único e outros réximes de axuda directa á agricultura e á gandaría, no Estado español.

V

A todas as axudas do punto IV anterior seranlles de aplicación as disposicións relativas á condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control do Regulamento (CE) nº 1782/2003 e do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, polo que se establecen neses aspectos disposicións de aplicación do anterior.

Neste sentido, o Real decreto 2352/2004, do 23 de decembro, sobre a aplicación da condicionalidade en relación coas axudas directas no marco da Política Agrícola Común, determina o conxunto de boas prácticas agrarias cun nivel de exixencias para todo o territorio nacional e un sistema de control, evitando distorsións entre explotacións e orientacións produtivas.

VI

No que atinxe ás indemnizacións compensatorias, no capítulo V do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre axuda ao desenvolvemento rural, e no Regulamento (CE) nº 817/2004 da Comisión, do 29 de abril, defínense as condicións básicas para a percepción destas axudas en determinadas zonas desfavorecidas, co obxectivo de asegurar un uso continuado das terras agrarias, contribuíndo ao mantemento dunha comunidade rural viable.

Baseándose no anterior, a Decisión C (2000) 3549, da Comisión, do 24 de novembro, modificada pola Decisión C (2001) 4739, do 20 de decembro, aproba o documento de programación sobre desenvolvemento rural (medidas de acompañamento) para España, referido ao período 2000-2006, no que se detallan as condicións para a aplicación da medida de indemnización compensatoria no dito período.

Ademais, o Real decreto 3482/2000, do 29 de decembro, regula a indemnización compensatoria en determinadas zonas desfavorecidas, establecendo o marco básico para a tramitación destas axudas no Estado español, xunto co Real decreto 708/2002, do 19 de xullo, polo que se establecen medidas complementarias do programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento da Política Agraria Común.

VII

Ao amparo da normativa comunitaria aplicable, constituída, basicamente, polo Regulamento (CE) nº 1258/1999, do Consello do 11 de maio, desenvolvido polo Regulamento (CE) nº 1663/1995, da Comisión, do 7 de xullo e co Real decreto 327/2003, do 14 de marzo, que regula o réxime dos organismos pagadores e de coordinación co FEOGA-Garantía, o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) é o organismo pagador dos gastos financiados polo FEOGA-Garantía nesta comunidade autónoma, segundo o disposto no Decreto 359/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

Ademais, o dito organismo, creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, coa denominación actual establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, ten atribuídas, entre outras, as competencias para a xestión das accións derivadas da Política Agrícola Común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de febreiro, que desenvolve a Lei 7/1994.

Pola súa parte, conforme o Decreto 562/2005, do 1 de decembro, de estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, atribúeselle á Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias a función de autorización do pagamento das indemnizacións compensatorias.

VIII

Coa intención de facilitarlles aos interesados a tramitación das súas solicitudes, prevese a posibilidade de que con anterioridade á súa presentación, estes poidan dirixirse ás sucursais das entidades financeiras con implantación nesta comunidade autónoma que teñan asinado un convenio para o efecto, para que estas se encarguen da mecanización de diversos aspectos relacionados coas solicitudes, ao abeiro do disposto na orde da anteriormente denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 21 de decembro de 2001, sen que as ditas actuacións previas produzan efectos de presentación no sentido previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

IX

De acordo con todo o exposto, sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria e estatal correspondente que, en parte, se transcribe para unha maior operatividade, a razón desta orde é definir as normas de aplicación e o procedemento para a concesión de dereitos aos agricultores dentro do réxime do pagamento único e para a tramitación e concesión de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, dentro dunha solicitude unificada no ano 2006 así como doutras primas gandeiras nesta comunidade autónoma, determinando a súa imputación económica con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Consellería do Medio Rural para o ano 2006. Ademais, nesta orde determínase o procedemento para a tramitación de solicitudes de modificacións puntais ao SIXPAC en Galicia no ano 2006.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e facendo uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.

1. De acordo co Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da Política Agrícola Común e se instauran determinados réximes de axudas aos agricultores e polo que se modifican os Regulamentos (CEE) nº 2019/1993, (CE) nº 1452/2001, (CE) nº 1453/2001, (CE) nº 1454/2001, (CE) nº 1868/1994, (CE) nº 1251/1999, (CE) nº 1254/1999, (CE) nº 1673/2000, (CEE) nº 2358/1971 e (CE) nº 2529/2001, e coas disposicións comunitarias e estatais de desenvolvemento e aplicación deste, a presente orde regula os elementos e procedementos para a aplicación de determinados réximes de axuda comunitarios así como a solicitude das axudas correspondentes polos agricultores da Comunidade

Autónoma de Galicia e que se indican a continuación:

1.1. A aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do réxime do pagamento único (RPU), no marco do Real decreto 1617/2005, do 30 de decembro.

1.2. O procedemento para a solicitude, tramitación e concesión aos titulares de explotacións agrarias dos seguintes réximes de axuda comunitarios para o ano 2006; no marco do Real decreto 1618/2005, do 30 de decembro:

1.2.1. Pagamento desligado correspondente ao RPU para os titulares de dereitos concedidos en virtude do Real decreto 1617/2005, do 30 de decembro, polo que se regula a concesión de dereitos dentro do RPU. Os réximes incluídos neste réxime son os indicados no anexo III.

1.2.2 Pagamentos ligados á produción aos produtores de cultivos herbáceos, relacionados no anexo IX do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 setembro de 2003, aos de vacún e aos de ovino e cabrún, establecidos nos capítulos 10, 11 e 12 do título IV do dito regulamento.

1.2.3. Pagamentos específicos a produtores de proteaxinosas e cultivos enerxéticos, establecidos nos capítulos 2 e 5 do título IV do mesmo regulamento.

1.2.4. Pagamentos adicionais aos agricultores por aplicación do artigo 69 do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003 nos sectores de gando vacún de carne e de leite.

1.3. Tamén se regula a utilización das terras retiradas da produción nas que a superficie xustifica dereitos de retirada, para cultivar materias primas para a obtención de produtos con destino non alimentario.

1.4. Así mesmo, esta orde regula a aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitarios, de acordo co previsto nos Regulamentos (CE) nº 1782/2003, do Consello e (CE) nº 796/2004, da Comisión.

1.5. Tamén se establece, en relación co Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) o tipo, lugar e prazo para a presentación das alegacións e solicitudes de modificación de certa información contida nel.

1.6. Así mesmo, de acordo co previsto no Regulamento (CE) nº 796/2004, establécense os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deberán cumprir os agricultores solicitantes das axudas directas da PAC, con relación á condicionalidade, así como o sistema de control e aplicación de reducións e exclusións no marco do Decreto 594/2005 da Xunta de Galicia.

2. Tamén se regula nesta orde o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión aos titu

lares de explotacións agrarias no ano 2006 da indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, conforme os artigos 13 o 20 do Regulamento (CE) nº 1257/1999 e ao Regulamento (CE) nº 817/2004, da Comisión, do 28 de abril, que establece disposicións de aplicación do anterior.

3. Para os efectos do disposto na presente orde, para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia, deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o produtor presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación se encontre nesta comunidade autónoma.

b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia.

Artigo 2º.-Solicitudes.

1. Os agricultores que desexen obter no ano 2006 algunha ou algunhas das axudas citadas no artigo 1º, punto 1.2, xa sexan do réxime do pagamento único, dos restantes réximes de axuda ou de varios deles, ou as citadas no artigo 1º punto 2, así como os agricultores que desexen solicitar dereitos de axuda do réxime do pagamento único da reserva nacional, deberán presentar unha solicitude única na que se relacionen a totalidade das parcelas agrícolas da explotación.

2. A relación de parcelas incluirá as utilizacións especiais e demais utilizacións citadas no artigo 14.1º do Regulamento (CE) 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

Artigo 3º.-Modelos de solicitude e documentación básica.

1. Solicitude unificada.

Os agricultores interesados en obter os pagamentos desligados do réxime do pagamento único, os pagamentos ligados por cultivos herbáceos, a axuda ás proteaxinosas e aos cultivos enerxéticos, os pagamentos ligados por vaca nutriz, os pagamentos ligados por ovino-cabrún, os pagamentos adicionais a explotacións que manteñan vacas nutrices, os pagamentos adicionais ao sector leiteiro, a indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, ou dereitos de axuda da reserva nacional, deberán presentar unha solicitude de acordo cos modelos do anexo 1.

2. Solicitude doutras primas gandeiras.

Para a prima ao sacrificio de gando vacún e para o pagamento adicional á produción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente poderase presentar máis dunha solicitude ao longo do ano de acordo cos modelos do anexo 2.

3. Con anterioridade á súa presentación, os produtores poderán tramitar as axudas incluídas na solicitude unificada a través das entidades financeiras que asinasen ou asinen un convenio para o efecto co Fogga ao amparo do disposto na orde da anterior Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 21 de decembro de 2001.

4. As solicitudes deberán ser asinadas polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada por el no seu nome.

5. Coas solicitudes achegaranse, ademais dos específicos de cada tipo de axuda, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF ou DNI do solicitante. No caso de que o DNI non leve a letra do NIF, será necesario presentar, ademais, fotocopia do NIF.

b) Certificado da entidade financeira acreditativo do código conta-cliente da titularidade do solicitante, para a transferencia das axudas, ou selo da entidade financeira no impreso indicativo da conta bancaria para os mesmos efectos de acreditación.

c) Documento de autorización de sinatura da solicitude se non é o titular quen a asina e a presenta.

d) No caso de novos solicitantes, copia do impreso de cambio de titularidade da explotación ou da solicitude de alta como explotación agraria na base de datos da Consellería do Medio Rural.

6. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que, segundo o requirido nesta orde, deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006.

Artigo 4.- Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación da solicitude unificada empezará o día seguinte ao da publicación desta orde e finalizará o día 10 de marzo de 2006.

2. Ademais do anterior, as solicitudes de primas ao sacrificio e as solicitudes de pagamentos adicionais á produción de carne de vacún de calidade presentaranse dentro dos seguintes períodos:

a) No prazo indicado no punto 1.

b) Do 1 ao 30 de xuño de 2006.

c) Do 1 ao 30 de setembro de 2006.

d) Do 1 de decembro do ano 2006 ao 15 de xaneiro de 2007.

O ano do sacrificio ou o da exportación determinará o ano de imputación dos animais que sexan obxecto dunha solicitude de prima por sacrificio.

3. De acordo co disposto nos artigos 21 e 21 bis do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, admitiranse solicitudes de axuda ata os 25 días naturais seguintes á finalización do prazo establecido; neste caso os importes de axuda reduciranse nun 1% por día hábil, excepto en casos de forza maior ou circunstancias excepcionais.

Non obstante o anterior, no presente ano 2006, no que a solicitude de asignación de dereitos do pagamento único e a solicitude de axuda única anual se presentan xuntas, a redución que se aplicará será do 4% por día hábil aos importes que se deban pagar neste ano en relación cos dereitos de pagamento por asignar ao produtor.

Se o prazo excede en máis de 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible e non se lle asignará ningún dereito ao produtor.

Artigo 5º.-Creación de condicións artificiais.

Sen prexuízo de calquera disposición específica contida en réximes de axuda concretos, non se efectuará pagamento ningún a un beneficiario cando se demostre que este creou artificialmente as condicións requiridas para a concesión de tales pagamentos, con vista a obter unha vantaxe contraria aos obxectivos do réxime de axuda.

Artigo 6º.-Lugar de presentación das solicitudes.

1. Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a solicitude única de axudas e as correspondentes a outras primas gandeiras presentarase na oficina agraria comarcal na que estea situada a explotación ou, se é o caso, onde estea a maior parte da superficie da relación de parcelas agrícolas incluídas na solicitude unificada.

2. Non obstante, para a cobertura da solicitude unificada, os interesados poderán dirixirse ás oficinas das entidades financeiras asinantes do convenio co Fogga para a tramitación das axudas e primas da presente orde, ao amparo do disposto na Orde do 21 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 28 de decembro), segundo o disposto no artigo 3º.3, para a súa posterior presentación na oficina agraria comarcal correspondente.

3. Para os efectos do cómputo dos prazos establecidos nesta orde, unicamente se terá en conta a data de presentación que conste no selo da oficina do rexistro administrativo correspondente.

Artigo 7º.-Definicións.

Ademais doutras definicións establecidas na normativa comunitaria, serán de aplicación as seguintes definicións:

1. Definicións relativas ao réxime do pagamento único e outros réximes de axuda directa á agricultura e gandaría:

a) Réxime do pagamento único (RPU): enténdese por réxime do pagamento único a axuda á renda para os agricultores recollida no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, do 29 de setembro de 2003 e que engloba as axudas recollidas no anexo 3 desta orde.

b) Agricultor: a persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, cuxa explotación se atope no territorio español e que exerza unha actividade agraria.

c) Explotación: o conxunto de unidades de produción administradas por un mesmo agricultor, en cada campaña, que se atopen no territorio español.

d) Actividade agraria: a produción, cría ou cultivo de produtos agrarios, con inclusión da colleita, a muxidura, a cría de animais e o mantemento de animais para efectos agrícolas ou o mantemento da terra en boas condicións agrarias e ambientais, de acordo co previsto no artigo 5 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003.

e) Unidade de produción: polo menos unha superficie, incluídas as superficies forraxeiras na acepción do punto 3º do artigo 43 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, que deu dereito a pagamentos directos durante o período de referencia ou un animal que dese dereito a pagamentos directos, durante o período de referencia, acompañados, se é o caso, dun dereito á prima correspondente.

f) Agricultor que inicie a actividade agraria: para efectos do punto 2º do artigo 37 e do punto 3º do artigo 42 do Regulamento (CE) 1782/2003, será calquera persoa física ou xurídica que nos cinco anos anteriores ao inicio da nova actividade agraria non desenvolveu ningunha actividade agraria pola súa propia conta e risco nin exerceu o control dunha persoa xurídica dedicada a unha actividade agraria.

g) Utilización: a utilización que se faga da superficie en termos de tipo de cultivo ou cuberta vexetal ou a ausencia destes.

h) Superficie agraria: a superficie total dedicada a terras de cultivo, pastos permanentes e cultivos permanentes.

i) Terras de cultivo: as terras dedicadas á produción de cultivos e as terras retiradas da produción ou mantidas en boas condicións agrícolas e ambientais, de conformidade co artigo 5 do Regulamento (CE) 1782/2003, con independencia de que se atopen en invernadoiros ou baixo protección fixa ou móbil.

j) Pastos permanentes: as terras utilizadas para o cultivo de gramíneas ou outras forraxes herbáceas, xa sexan naturais (espontáneas) ou cultivadas (sementadas), e non incluídas na rotación de cultivos da explotación durante cinco anos ou máis, excluídas as terras retiradas de conformidade co artigo 6 do Regulamento (CE) 1251/1999 do Consello, as terras retiradas de conformidade co artigo 54, punto 2º, e o artigo 107 do Regulamento (CE) 1782/2003, as superficies retiradas de conformidade co Regulamento (CEE) 2078/1992 do Consello e as superficies retiradas de conformidade cos artigos 22, 23 e 24 do Regulamento (CE) 1257/1999 do Consello.

k) Parcela SIXPAC: superficie continua de terreo cunha referencia alfanumérica única representada graficamente no Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas, en diante, SIXPAC.

l) Recinto SIXPAC: cada unha das superficies continuas de terreo dentro dunha parcela SIXPAC, cun uso agrícola único dos definidos no SIXPAC.

m) Réximes de axuda por superficie: o réxime do pagamento único e todos os réximes de axuda establecidos no título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003, excepto os establecidos nos capítulos 7, 11 e 12 do dito título.

n) Réximes de axuda por gando: o réxime de primas por gando ovino e cabrún e os réximes de pagamentos por gando vacún, previstos nos capítulos 11 e 12 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003, do Consello do 29 de setembro de 2003.

o) Superficie forraxeira: a superficie da explotación, incluídas as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un cultivo mixto, dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos ou cabrúns en relación co disposto no artigo 8 do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión natural e control previstos no Regulamento (CE) nº 1782/2003 . Non se contabilizarán nesta superficie:

-As construcións, os bosques, os corgos e os camiños.

-As superficies que se empreguen para outros cultivos beneficiarios dun réxime de axuda comunitario ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas.

-As superficies ás que se lles aplique o réxime de apoio fixado para os produtores de determinados cultivos herbáceos, utilizadas para réxime de axuda para as forraxes desecadas ou obxecto dun programa nacional ou comunitario de retirada de terras.

p) Período de retención: o período durante o cal un animal polo que se presentou unha solicitude de axuda debe manterse na explotación.

q) Vaca nutriz: a vaca que pertenza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas e que forme parte dun rabaño que estea destinado á cría de xatos para a produción de carne.

r) Xovenca: o bovino femia a partir de oito meses de idade que aínda non parise.

s) Ovella: toda femia da especie ovina que parise polo menos unha vez, ou que teña, como mínimo, un ano o último día do período de retención.

t) Cabra: toda femia da especie cabrúa que parise polo menos unha vez, ou que teña, como mínimo, un ano o último día do período de retención.

u) Cota láctea dispoñible: a cota láctea coa que conta cada produtor a 31 de marzo de 2006. Para estes efectos, as cotas cedidas temporalmente serán consideradas como dispoñibles para o cesionario ou adquirente no período de cesión. Non obstante, de acordo co establecido na disposición adicional única do Real decreto 620/2005, do 27 de maio, polo que se aproba o plan de reestruturación do sector produtor lácteo no caso de transferencias por toda a cota no período 2005/2006, desvinculada da explotación, entenderase que a cota do transferidor dispoñible a 31 de marzo de 2006, para os efectos do Real decreto 543/2004, do 13 de abril, polo que se regulan determinadas axudas directas comunitarias ao sector lácteo para os anos 2004, 2005 e 2006, é de cero quilogramos.

v) Explotacións asociativas: aquelas que, segundo se establece no artigo 6 da Lei 19/1995, adoptan algunha das seguintes formas xurídicas:

-Sociedades cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.

- Sociedades civís, laborais ou outras mercantís que, no caso de que sexan anónimas, as súas accións deberán ser nominativas, sempre que máis do 50 por cento do capital social, de existir este, pertenza a socios que sexan agricultores profesionais. Estas sociedades terán por obxecto exclusivo o exercicio de actividades agrarias na explotación da que sexan titulares.

x) Labrar a terra: alterar e remover mediante implementos mecánicos o perfil do solo nunha profundidade igual ou superior a 20 cm.

y) Pendente: a inclinación media do terreo calculada nun recinto SIXPAC a partir dun modelo dixital de elevacións, composto por unha malla de puntos cunha equidistancia entre estes dun máximo de 20 metros e unha precisión similar á da cartografía 1:10.000.

z) Parcela de forma complexa: aquela na que as operacións de laboreo se ven dificultadas pola existencia de ángulos vivos e en consecuencia por mínimos e cambiantes raios de xiro.

aa) Carga gandeira efectiva: o gando calculado en unidades de gando maior (UGM) que, por hectárea de superficie forraxeira, se mantén principalmente a base a recursos naturais propios.

ab) Vexetación espontánea invasora: aquelas especies herbáceas, arbustivas e arbóreas que, aínda non poñendo en risco a capacidade produtiva dos solos agrícolas a medio e longo prazo, ameacen coa súa proliferación, con romper o tradicional equilibrio agroecolóxico dun predio ou zona de cultivo determinada e con afectar por extensión tanto aos ecosistemas, como aos campos de cultivo circundantes.

ac) Alteración significativa da estrutura dos terreos: aquelas actuacións de reforma estrutural que

inclúen cambios de usos do solo e modificación de elementos estruturais horizontais e verticais, levadas a cabo nunha superficie de máis de 5 hectáreas, así como, a construción de infraestruturas.

ad) Explotacións gandeiras en estabulación permanente e semipermanente: aquelas explotacións que dispoñen de edificacións e espazos onde se concentra o gando destinadas á gardaría ou á cría intensiva de todo tipo de animais.

ae) Agricultura de conservación: as diversas prácticas agronómicas adaptadas a condicións locais dirixidas a alterar o menos posible a composición, estrutura e biodiversidade dos solos agrícolas, evitando así a súa posterior erosión e degradación. Entre diversas modalidades e técnicas de agricultura de conservación inclúense: a sementeira directa -non labra-, o mínimo labra -labra reducida, onde non se incorporan, ou só parcialmente e en moi breves períodos, os residuos de colleita- e o establecemento de cubertas vexetais entre sucesivos cultivos anuais ou entre filas de árbores en plantacións de cultivos leñosos.

2. Definicións correspondentes á indemnización compensatoria:

a) Explotación agraria: o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fin de mercado e que constitúe en si mesma, unha unidade técnico-económica.

b) Titular de explotación: a persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria, organizando os bens e dereitos integrantes da explotación, con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidade civil, social e fiscal que poidan derivarse da xestión da explotación.

c) Agricultor a título principal: o agricultor profesional que obteña, polo menos, o 50% da súa renda, da actividade agraria exercida na súa explotación e o seu tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

d) Explotacións agrarias prioritarias: as explotacións agrarias familiares e as asociativas que estean cualificadas como prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións.

e) Módulo base: a cantidade que hai que pagar na indemnización compensatoria por hectárea de superficie indemnizable.

f) Boas prácticas agrarias: as que aplica un agricultor responsable na súa explotación e que inclúen o cumprimento dos requisitos ambientais obrigatorios e as que definiu, expresamente, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para as actuacións en zonas desfavorecidas e que se indican no anexo 19.

g) Unidade de gando maior (UGM): os touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos e os equinos de máis de seis meses. Para outras idades ou especies de gando establécese a seguinte equivalencia:

a) Os bovinos de seis meses a dous anos equivalen a 0,6 UGM.

b) Cada animal da especie ovina e cabrúa equivale a 0,15 UGM.

TÍTULO II

Da concesión de dereitos aos agricultores dentro do réxime do pagamento único

Capítulo I

Da aplicación do réxime

Artigo 8º.-Aplicación parcial e facultativa.

1. De acordo co establecido no artigo 120 da Lei 62/2003, do 30 de decembro, intégranse no pagamento único as liñas de axuda e nas porcentaxes que para cada unha se indican no anexo 3 desta orde.

2. Tamén, de acordo co establecido no título III, capítulo 5, sección 2 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, se utilizará a aplicación parcial nas opcións e sectores a que se refiren os seus artigos 66.a) no relativo a pagamentos por cultivos herbáceos, 67 no relativo a pagamentos por gando ovino e cabrún e 68.1º e 68.2º.a) no correspondente a pagamentos por gando vacún.

Ademais, para efectos de conceder un pagamento adicional a tipos específicos de actividades agrarias importantes para a protección ou mellora do ambiente ou para mellorar a calidade da produción, aplicarase o artigo 69 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003, nos seguintes sectores e porcentaxes de retención:

a) Prima láctea e pagamentos adicionais, un 10 por cento.

b) Pagamentos por gando vacún, un 7 por cento.

3. O importe derivado da prima láctea e dos pagamentos adicionais recollidos nos artigos 95 e 96 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, inclúense no réxime do pagamento único a partir de 2006.

Capítulo II

Da atribución inicial de dereitos de axuda

Artigo 9º.-Admisibilidade ao réxime do pagamento único e solicitude de admisión.

1. Poderán acollerse ao réxime do pagamento único os agricultores a que fan referencia os artigos 33 e 40 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003, que se atopen nalgún dos tres casos seguintes:

a) Agricultores identificados de acordo coa Orde do 30 de maio de 2005 da anterior Consellería de

Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural sobre actualización de datos e identificación de agricultores para a aplicación do réxime do pagamento único.

b) Agricultores que non estando identificados segundo a dita Orde do 30 de maio de 2005 reciban unha explotación ou parte dela dun agricultor dos sinalados na alínea a).

c) Agricultores que teñan dereito a recibir a asignación de dereitos con cargo á reserva nacional.

2. O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) comunicaralles aos agricultores identificados mediante a Orde do 30 de maio de 2005, por calquera das formas posibles que lles permita aos mesmos o coñecemento dos seus propios datos, unha solicitude de admisión ao réxime do pagamento único que conteña polo menos a seguinte información:

a) O importe de referencia.

b) O número de hectáreas.

c) O número e valor dos dereitos de axuda provisionais.

3. No ano 2006, primeiro ano de aplicación do réxime do pagamento único todos os agricultores deberán solicitar a súa admisión a este no prazo establecido para a presentación da solicitude única indicado no artigo 4º.1 desta orde.

Os agricultores poderán solicitar a admisión ao réxime do pagamento único mediante a solicitude única do ano 2006. Non obstante, os agricultores que non soliciten o cobramento do pagamento único no 2006 deberán solicitar a admisión no dito réxime e acreditar a satisfacción do Fogga, que son agricultores de acordo coa definición do artigo 7.1º.b) desta orde.

4. Os agricultores que soliciten dereitos da reserva nacional deberán facelo ao mesmo tempo que presentan a solicitude de cobramento do pagamento único incluída na solicitude única.

5. A solicitude de admisión ao réxime do pagamento único deberá presentarse nas datas e lugares establecidos para a presentación da solicitude única. No caso de que a comunidade autónoma na que se debe presentar a solicitude única non coincida coa que realizou a comunicación dos dereitos provisionais deberase entregar unha fotocopia do dito documento xunto coa solicitude única.

6. Salvo causas de forza maior ou circunstancias excepcionais previstas no artigo 6.3º da Orde do 30 de maio de 2005 non se concederán dereitos definitivos de axuda se non se solicita a admisión ao réxime do pagamento único.

Artigo 10º.-Cálculo dos dereitos de axuda.

1. O importe de referencia provisional calcularase para os agricultores a que se refire o artigo anterior

desta orde, de conformidade co previsto nos artigos 37, 40, 42, 53 e 62 e no anexo VII do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003, coas especificacións establecidas no anexo 4 desta orde.

2. Os importes de referencia provisionais de todos os agricultores acollidos ao réxime do pagamento único estarán afectados polas limitacións e reducións establecidas nos artigos 41 e 42 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, relativos a límites máximos nacionais e reducións para a constitución da reserva nacional, respectivamente, e demais disposicións aplicables.

3. A superficie forraxeira que hai que considerar para o establecemento dos dereitos provisionais de axuda será a declarada polo agricultor no ano 2005. Non obstante, para os efectos do establecemento definitivo dos dereitos de axuda, o agricultor poderá solicitar que se utilice a superficie forraxeira do período de referencia de acordo co previsto no artigo 28.2º do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, que establece disposicións de aplicación do réxime do pagamento único previsto no Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

4. Os dereitos provisionais de axuda do pagamento único calcularanse de acordo co disposto no Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003 e no Regulamento (CE) 795/2004 da Comisión do 21 de abril de 2004.

5. Os agricultores que realizasen retirada obrigatoria, en virtude do previsto no artigo 6.1º do Regulamento (CE) nº 1251/1999 do Consello do 17 de maio de 1999 polo que se establece un réxime de apoio aos produtores de determinados cultivos herbáceos, de parte das terras da súa explotación no período de referencia, obterán dereitos de retirada dividindo o importe medio trienal correspondente ao pagamento por retirada obrigatoria, calculado e axustado de acordo co anexo VII do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, entre a media trienal de hectáreas retiradas obrigatoriamente da produción.

6. Os produtores con dereito a pagamentos por prima por sacrifico de vacún, prima especial de bovino macho, prima por vaca nutriz, pagamentos adicionais de vacún, pagamentos por ovino cabrún, prima láctea ou pagamentos adicionais do sector lácteo, a que fai referencia o artigo 47 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003 e que non posúan hectáreas recibirán dereitos de axuda supeditados a condicións especiais de acordo co artigo 48 e seguintes do devandito regulamento.

7. Aplicaranse os artigos 13.4º e 18.2º do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, cando simultaneamente o agricultor

iniciase a súa actividade, ou recibise unha herdanza, ou se atopase en situación de forza maior ou circunstancia excepcional das previstas no artigo 40 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 setembro de 2003 ou deba recibir dereitos da reserva nacional sobre as mesmas unidades de produción.

Artigo 11º.-Tipos de dereitos de axuda no réxime do pagamento único.

Os dereitos de axuda clasifícanse en función das características e en función da súa orixe:

1. En función das súas características:

a) Dereitos de axuda normais: obteranos os agricultores/gandeiros que obtiveron pagamentos directos no período de referencia por algún réxime de axuda no cal sexa necesario declarar superficies na súa solicitude de axuda.

b) Dereitos de axuda especiais: obteranos os agricultores/gandeiros que obtiveron pagamentos directos no período de referencia única e exclusivamente por algún dos réximes de axuda que se citan no artigo 47 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003.

c) Dereitos de axuda por retirada de terras da produción: obteranos os agricultores/gandeiros que no período de referencia estiveron obrigados a retirar da produción unha parte das terras da súa explotación.

3. En función da súa orixe:

a) Dereitos procedentes da asignación inicial. Aqueles que se lles asignan aos agricultores que obtiveron pagamentos no período de referencia tras a resolución da asignación definitiva de dereitos. Pola súa vez estes dereitos de axuda poden clasificarse segundo o punto 1.

b) Dereitos procedentes da reserva nacional. Aqueles que se lles asignan aos agricultores que solicitan dereitos da reserva.

Artigo 12º.-Asignación dos dereitos de axuda provisionais e definitivos.

1. Por dereitos de axuda entenderase cada unha das fraccións que resulta de dividir os importes de referencia dos que un agricultor debe ser titular durante o período de referencia para acceder ao réxime do pagamento único, entre a media trienal de hectáreas que xerasen os ditos importes.

2. Cando un agricultor recibise algún dos pagamentos recollidos no artigo 47 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 e non posuíse hectáreas durante o período de referencia, ou o dereito de axuda por hectárea supoña un importe superior a 5.000 euros, concederáselle un dereito especial por cada 5.000 euros ou fracción do importe de referencia correspondente aos pagamentos directos que recibise no período da media trienal.

3. No ano 2006 asignaránselles dereitos provisionais aos agricultores que se identificasen mediante a Orde do 30 de maio de 2005. Aqueles agricultores que estean en desacordo cos datos correspondentes aos dereitos provisionais que se lles comuniquen poderán presentar, ante o director do Fogga, sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, preferentemente na oficina agraria comarcal á que pertenza a súa explotación e ata a data límite de presentación da solicitude única, alegacións coa información contida no anexo 5, xustificativa dos motivos para un novo cálculo dos dereitos de axuda.

4. Asignaranse dereitos definitivos, a máis tardar o 15 de agosto de 2006 a:

a) Os agricultores que tendo asignados dereitos provisionais presentasen unha solicitude de admisión ao réxime.

b) Os agricultores que non recibisen notificación de asignación e os que se atopen englobados no artigo 9.1º.b) desta orde, que presentasen alegacións e, se é o caso, a solicitude de admisión ao réxime de axuda para a dita asignación de dereitos.

c) Os agricultores que soliciten dereitos á reserva nacional por atoparse nalgunha das situacións descritas no artigo 14º desta orde e cumpran as condicións para a asignación.

Capítulo III

Da reserva nacional

Artigo 13º.-Constitución e alimentación da reserva nacional.

1. Constitúese a reserva nacional co 3 por cento dos importes de referencia despois de realizar os axustes do artigo 41.2º do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, e se é o caso, coa diferenza entre o límite máximo indicado no anexo VIII dese regulamento e a suma dos importes de referencia que se lles deben conceder aos agricultores, despois de calquera redución aplicada ao amparo do réxime do pagamento único.

2. No caso de que con menos do 3 por cento dos importes de referencia se cubran as necesidades da reserva nacional, a diferenza ata ese 3 por cento poderase utilizar para incrementar na porcentaxe adecuada o valor dos dereitos de axuda definitivos dos agricultores.

3. No 2006, no caso de que a reserva nacional non poida cubrir polo menos o 80 por cento dos importes de referencia ou o número de dereitos correspondentes nos casos a que se refiren os números 3º e 4º do artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, aplicarase o previsto no número 7º do dito artigo.

No caso de cesión de terras arrendadas segundo o previsto no artigo 20 do Regulamento (CE) nº

795/2004 da Comisión do 21 de abril de 2004, a porcentaxe mínima será do 50 por cento do número de hectáreas arrendadas.

4. Incorporaranse á reserva nacional:

a) Os importes dos dereitos dos agricultores que, tendo asignados dereitos provisionais, non soliciten a súa admisión ao réxime do pagamento único no 2006.

b) Os importes dos dereitos non utilizados segundo o disposto no artigo 8 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, salvo nos casos de forza maior e circunstancias excepcionais seguintes:

-Falecemento do agricultor.

-Incapacidade de longa duración do agricultor.

-Catástrofe natural grave que afectase seriamente as terras agrarias da explotación.

-Epizootia que afectase a unha parte ou á totalidade do gando do agricultor.

c) Todos os importes retidos por aplicación das porcentaxes deducidas como consecuencia das vendas e cesións a que se refire o artigo 9 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, realizadas de acordo co establecido no Real decreto 1617/2005, do 30 de decembro.

d) Nos casos de venda ou arrendamento por cinco anos ou máis, no período de referencia ou ata o 15 de maio de 2004, inclusive, integraranse na reserva nacional os importes de referencia resultantes que deben calculárselle ao cedente por aplicación da cláusula de beneficio inesperado establecida no artigo 10 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004 e de acordo co previsto no Real decreto 1617/2005, do 30 de decembro.

Artigo 14º.-Acceso á reserva nacional.

1. No ano 2006, logo de solicitude de acordo co modelo RN do anexo 1, ata a data límite para a presentación da solicitude do pagamento único, e achegando a documentación indicada no artigo 15º, obterán dereitos do pagamento único da reserva nacional, sempre que cumpran as condicións establecidas:

a) Os agricultores que se atopen nalgunha das situacións especiais a que se refire o artigo 42.4º do Regulamento 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, e especificadas no artigo 18 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, e que se indican a continuación:

1º) Produtores lácteos que, debido a algunha das causas de forza maior especificadas no artigo 13.4º.b) desta orde, cedesen a súa cantidade de referencia individual ou unha parte dela durante o período que remata o 31 de marzo de 2006, de acordo co disposto no artigo 19 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión do 21 de abril de 2004.

2º) Agricultores que reciban terras por mediación de herdanza real ou anticipada dun agricultor falecido ou xubilado e que as tivese arrendadas a unha terceira persoa durante o período de referencia, de acordo co disposto no artigo 20 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, na porcentaxe disposta para este caso no segundo parágrafo do artigo 13º.3 desta orde.

3º) Agricultores que efectuasen investimentos para incrementar a capacidade produtiva ou adquirisen terras ata o 15 de maio de 2004, de acordo co disposto no artigo 21 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004. Os agricultores que compraron terras ou dereitos de prima recibirán con cargo á reserva nacional polo menos o 90 por cento dos importes de referencia e os dereitos que se deriven.

Enténdese por investimentos que incrementen a capacidade produtiva aqueles que poderán dar lugar a un incremento das axudas unitarias percibidas con posterioridade á realización destas.

4º) Agricultores que arrendasen por cinco anos ou máis, entre o final do período de referencia e o 15 de maio de 2004, ou adquirisen terras arrendadas ata o 15 de maio de 2004, de acordo co disposto no artigo 22 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

5º) Agricultores que participasen en programas nacionais de reorientación da produción, durante o período de referencia e ata o 15 de maio de 2004, de acordo co disposto no artigo 23 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión do 21 de abril de 2004.

6º) Agricultores lexitimados para recibir dereitos de axuda ou para aumentar o valor dos dereitos existentes por sentenzas xudiciais ou actos administrativos firmes de acordo co disposto no artigo 23 bis do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

b) Os novos agricultores que iniciasen a actividade agraria no 2002 ou con posterioridade, pero como moi tarde o 15 de maio de 2004, que demostren que exerceron a actividade de forma continuada ata o momento da solicitude e que non recibisen axudas directas en 2002, de acordo co disposto no artigo 42.3º do Regulamento 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

c) Os agricultores mozos que realizasen a súa primeira instalación a partir do 16 de maio de 2004 e que solicitasen a axuda á primeira instalación cumprindo os requisitos exixidos de acordo co Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

d) Os agricultores con explotacións situadas nas zonas suxeitas a programas de reestruturación ou de desenvolvemento relativos a algún tipo de intervención pública co obxecto de evitar o abandono de terras ou para compensar desvantaxes específicas

para os agricultores nas ditas zonas, conforme o previsto no artigo 42.5º do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003.

2. Nos supostos previstos no artigo 18.4º do Regulamento (CE) nº 795/2005 da Comisión, do 21 de abril de 2004, cando os arrendamentos ou os programas expiren despois da data límite para a presentación da solicitude ao amparo do réxime do pagamento único no ano 2006, o agricultor deberá presentar, en todo caso, unha solicitude de admisión ao réxime no 2006 e poderá solicitar o pagamento dos seus dereitos de axuda ata a data límite para a presentación de solicitudes ao amparo do réxime do pagamento único no ano seguinte ao do dito vencemento.

Artigo 15º.-Acceso á reserva nacional. Documentación complementaria.

1. Os solicitantes de dereitos da reserva nacional deberán achegar, ademais do modelo de solicitude correspondente ao impreso RN do anexo I e da documentación xeral indicada no artigo 3º.5 o seguinte:

-Relación de todas as parcelas da explotación segundo o modelo PA do anexo 1, de acordo co disposto no Regulamento (CE) nº 1782/2003, do 29 de setembro de 2003 e no Regulamento (CE) 795/2004 da Comisión do 21 de abril de 2004.

-Se se trata dun agricultor con gando vacún, ovino ou cabrún con explotación noutra comunidade autónoma, fotocopias da portada e follas de censo do libro de explotación.

-No caso de que o solicitante non sexa titular actual dunha explotación de vacún ou ovino/cabrún situada na Comunidade Autónoma de Galicia, nin solicitante de axudas para a explotación agraria no ano 2005 que xustifiquen a súa actividade agraria, o Fogga poderá solicitarlle ao peticionario da reserva nacional a declaración do IRPF ou información da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou outra información que xustifique a dita actividade agraria.

2. Ademais da documentación indicada no punto 1, deberase achegar a indicada a continuación segundo a condición do solicitante:

a1) Produtor lácteo con causa de forza maior:

-Copia do documento que xustifique a concorrencia dunha situación de forza maior presentado ante a autoridade competente.

a2) Agricultor que recibiu terras dun produtor xubilado ou falecido que tiña as terras arrendadas a un terceiro no período de referencia:

-Copia do NIF/CIF do cedente.

-Copia do NIF/CIF do arrendatario.

-Documento público ou privado fidedigno que reflicta a cesión.

-Contrato de arrendamento previo á cesión.

-Testamento, declaración de herdeiros ab intestato ou acta de notoriedade ou, se é o caso, escritura de participación ou de manifestación de herdanza.

-Documentación fiscal para xustificar a actividade agraria do cedente correspondente ao ano da morte ou xubilación e do anterior.

a3) Agricultor que efectuou investimentos ou adquiriu terras ata o 15 de maio de 2004:

-Copia do NIF/CIF do cedente.

-Documentación que reflicta a compravenda ou arrendamento de terras ou gando.

-No caso doutros investimentos na capacidade produtiva, excepto na compra de dereitos de prima, documentación que acredite o investimento (contratos, facturas, etc.)

a4) Agricultor que arrendou por cinco anos ou máis, entre o final do período de referencia e ata o 15 de maio de 2004, ou adquiriu terras arrendadas ata o 15 de maio de 2004, mediante un contrato no que as condicións non se poidan revisar:

-Copia do NIF/CIF do cedente.

-Copia do NIF/CIF do arrendatario.

-Documentación que reflicta a compravenda ou arrendamento de terras ou gando.

-Copia do arrendamento cuxas condicións non se poidan revisar.

a5) Agricultor que participou en programas de reorientación da produción durante o período de referencia e ata o 15 de maio de 2004:

-Copia do documento que reflicta o plan de abandono distinto do da produción de leite ao que se acolleu.

a6) Agricultor lexitimado para percibir dereitos de axuda ou para incrementar o valor dos dereitos existentes por sentenzas xudiciais ou actos administrativos firmes.

-Copia da sentenza ou resolución do Fogga.

b) Novo agricultor que iniciou a actividade no ano 2002, sen recibir pagamentos directos ese ano, e ata o 15 de maio de 2004.

-Copia da alta ou cambio de titularidade do CEA.

c) Agricultor mozo que realizou a súa primeira instalación a partir do 16 de maio de 2004 e está acollido ao R.D. 613/2001.

-Declaración da data da primeira instalación.

d) Agricultor cuxa explotación se atopa situada nas zonas suxeitas a programas de reestruturación ou desenvolvemento relativos a algún tipo de intervención pública co obxecto de evitar o abandono de terras, ou para compensar desvantaxes específicas para os agricultores nas devanditas zonas.

-Xustificación, en cada caso, da circunstancia relativa á súa explotación dentro da zona.

Artigo 16º.-Criterios para o cálculo e asignación de dereitos da reserva nacional.

Para o cálculo e asignación de dereitos da reserva nacional aplicarase o disposto no artigo 10 do Real decreto 1617/2005, do 30 de decembro, polo que se regula a concesión de dereitos aos agricultores dentro do réxime do pagamento único.

Capítulo IV

Da utilización de dereitos de axuda

Artigo 17º.-Utilización dos dereitos de axuda.

1. Cada dereito de axuda do pagamento único poderá xustificarse cunha hectárea admisible.

2. Para os efectos de utilización dos dereitos de axuda, considerarase que se utilizaron en primeiro lugar os dereitos de retirada de terras, e a continuación os dereitos de axuda normais de maior importe. Entre os dereitos de axuda de idéntico valor considerarase a súa utilización segundo a orde de numeración que posúan. Os dereitos de axuda da reserva nacional utilizaranse en último lugar.

3. Cando un ano determinado a utilización dos dereitos non sexa do 100 por cento, para os efectos de utilización destes en anos posteriores consideraranse, en primeiro lugar, os dereitos xa utilizados con anterioridade, de acordo cos criterios establecidos nos números 1 e 2.

4. Os agricultores que soliciten o cobramento do pagamento único por dereitos especiais quedan exentos da obriga de establecer o número de hectáreas admisibles equivalente ao número de dereitos de axuda, a condición de que manteñan polo menos o 50 por cento da actividade exercida no período de referencia expresada en unidades de gando maior (UGM).

Artigo 18º.-Dereitos de axuda non utilizados.

1. Todo dereito de axuda do que non se fixese uso durante un período de tres anos incorporarase á reserva nacional, salvo en casos de forza maior ou circunstancias excepcionais.

2. Os dereitos procedentes da reserva nacional non poderán cederse durante un período de cinco anos contado a partir da súa asignación e volverán de inmediato á reserva nacional se non se utilizan durante cada ano do período quinquenal.

Capítulo V

Da cesión de dereitos de axuda e outras disposicións

Artigo 19º.-Cesión de dereitos de axuda.

1. Os dereitos de axuda so poderán cederse a outro agricultor establecido en España, tal e como establece o artigo 46.1º do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

2. Os dereitos de axuda poderán ser obxecto de cesión polos agricultores a outros agricultores, ben en venda, arrendamento ou mediante calquera outra

forma admitida en dereito, de acordo co establecido na normativa comunitaria estatal e nesta orde, en todo o territorio nacional.

3. De acordo co establecido no artigo 12.4º do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, unicamente se poden realizar cesións definitivas de dereitos unha vez que estes se establecesen definitivamente.

4. A cesión de dereitos de axuda realizarase de acordo co disposto nos artigos 46.2º e 49.2º do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003 e dos artigos 2.i), último parágrafo e 25.4º do Regulamento (CE) nº 7955/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

5. En caso de fraccionamento de hectáreas aplicarase o artigo 3.3º do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004. Se se trata de fraccionamento de dereitos aplicarase o artigo 3.4º do dito regulamento.

6. Nos casos en que se cedan dereitos de axuda por retirada, o cesionario adquire a obriga de retirar as terras da produción.

7. A cesión de dereitos de axuda supeditados a condicións especiais axustarase ao disposto no artigos 47 a 50 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

Manterán a dita condición sempre que se cedan todos os que ten un agricultor. Neste caso considerarase como unha cesión de dereitos de axuda con terras.

Se se ceden en parte convértense en dereitos normais e o cesionario non poderá beneficiarse da excepción prevista no artigo 49.2º do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

Artigo 20º.-Retencións.

As retencións aplicables nas vendas son as seguintes:

1. En caso de venda de dereitos de axuda sen terras durante os tres primeiros anos de aplicación do réxime, restituiráselle á reserva nacional o 50 por cento do importe equivalente expresado en número de dereitos de axuda e, se é o caso, do importe dos dereitos de axuda restante. Posteriormente, a restitución será do 30 por cento. Non obstante, as porcentaxes anteriores serán do 15 e 10 por cento respectivamente cando o comprador sexa un agricultor profesional de acordo coa definición establecida no artigo 2.5º do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño.

2. No caso da venda de dereitos de axuda con terras restituirase á reserva nacional o 5 por cento do valor de cada dereito ou o importe equivalente expresado en número de dereitos de axuda.

3. Non se aplicará ningunha retención nos seguintes supostos:

a) No caso de venda dos dereitos de axuda con toda a explotación.

b) En caso de venda dos dereitos de axuda con ou sen terras a un agricultor que inicia a actividade agraria.

c) Nos casos de compravendas realizadas de acordo co artigo 17 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

Artigo 21º.-Notificación á administración das cesións de dereitos.

1. As cesións poderanse realizar en calquera momento do ano.

2. O cedente notificará a cesión dos dereitos de axuda ao director do Fogga sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, preferentemente, na oficina agraria comarcal á que pertenza a súa explotación. O período de comunicación iniciarase o 1 de novembro e finalizará oito semanas antes da data límite para a presentación da solicitude única.

Entenderase que a cesión foi aceptada sen oposición se ás seis semanas desde a comunicación ao director do Fogga non se lle notificou motivadamente a súa oposición. Unicamente poderá opoñerse á cesión cando esta non se axuste ás disposicións do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003 e do Regulamento 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

3. Todos os cambios de titularidade por motivo de herdanzas ou herdanzas anticipadas, fusións ou escisións e cambios de personalidade xurídica notificaránselle ao director do Fogga, achegando, polo menos, a información que figura no anexo 6 antes da data límite do prazo de presentación da solicitude de axuda do pagamento único, e preferentemente na oficina agraria comarcal á que pertenza a explotación.

4. Poderánselle ceder voluntariamente á reserva nacional todos os dereitos de axuda que non se vaian utilizar.

Artigo 22º.-Beneficio inesperado.

1. No caso de venda ou arrendamento por 5 anos ou máis da explotación ou parte dela ou dos dereitos á prima no período de referencia ou en data non posterior ao 15 de maio de 2004, pasarán á reserva nacional as cantidades que se citan a continuación:

a) No caso de venda, o 90 por cento do importe de referencia que debe calcularse para o vendedor de conformidade co artigo 37 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, en función das unidades de produción e das hectáreas da explotación ou da parte da explotación cedida ou dos dereitos de prima cedidos.

b) No caso de arrendamento de cinco anos, o 50 por cento do importe de referencia que debe calcularse para o arrendador de conformidade co artigo 37 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, en función das unidades de produción e das hectáreas da explotación ou da

parte da explotación cedida ou dos dereitos de prima cedidos. Se o arrendamento é por un período maior agrégase un 5 por cento por cada ano posterior sen que se exceda o 20 por cento do importe de referencia.

2. De acordo co disposto no artigo 10.2º do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, os dereitos de axuda que deben establecerse para o vendedor ou o arrendador calcularanse sobre os importes e as hectáreas da parte restante unha vez aplicado, segundo o caso, a alínea a) ou b) do número 1 deste artigo.

3. Non se aplicará ningunha retención no caso de que, no prazo dun ano a partir da venda ou arrendamento pero non despois do 15 de maio de 2004, o vendedor ou o arrendador compre ou arrende durante cinco anos ou máis, outra explotación ou parte dela.

En tal caso, o vendedor ou arrendador manterán un número de dereitos de axuda polo menos igual ao número de dereitos de axuda que o agricultor poida utilizar na nova explotación en virtude do artigo 44 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

4. Tampouco se aplicarán retencións para a reserva nacional cando se incluíse no contrato a cláusula recollida no artigo 17 ou a recollida no artigo 27 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

Artigo 23º.-Contratos de arrendamento.

1. Nos contratos de arrendamento de terras, de acordo co disposto no artigo 27 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, considerarase arrendamento dos dereitos de axuda con terras calquera cláusula dun contrato de arrendamento que prevexa a cesión dun número de dereitos que non exceda o número de hectáreas arrendadas e cumpra o establecido no número 1 do dito artigo.

2. Os dereitos de axuda e as hectáreas arrendaranse polo mesmo período de tempo.

3. O arrendador solicitará o establecemento dos dereitos de axuda da maneira prevista no artigo 27.2º do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

4. O arrendatario solicitará o pagamento segundo o previsto no artigo 27.3º do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

5. As solicitudes de arrendador e arrendatario presentaranse simultaneamente sempre que ambos teñan que presentala na mesma comunidade autónoma.

En caso contrario, a solicitude do arrendatario incluirá unha referencia á do arrendador en canto ao nome e apelidos, NIF ou CIF e código dos dereitos do arrendador.

TÍTULO III: do réxime do pagamento único, doutros réximes de axuda directa e da indemnización compensatoria

Capítulo I

Do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas

Artigo 24º.-Utilización do SIXPAC.

1. O sistema de identificación de parcelas agrarias previsto no artigo 20 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e polo que se modifican determinados regulamentos, é o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC), de acordo co Real decreto 2128/2004, e tamén para efectos da xestión e control dos réximes de axuda establecidos na presente orde nos que sexa preciso identificar as parcelas.

Os recintos do SIXPAC están definidos polos parámetros de provincia, concello catastral, agregado, zona, polígono, parcela e recinto, a superficie destes e o uso asignado a cada un, entre os indicados no anexo 7, de acordo coa metodoloxía de constitución do sistema.

2. Non obstante, de forma excepcional e para o ano natural 2006 nas áreas indicadas no anexo 12, por razóns da existencia de modificacións territoriais aínda non reflectidas no SIXPAC, utilizaranse as referencias oficiais identificativas de concentración parcelaria indicadas no dito anexo.

Artigo 25º.-Alegacións e solicitudes de modificación do SIXPAC.

1. As persoas interesadas poderán acceder á información contida no SIXPAC na forma establecida no artigo 10 da orde da anteriormente denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 24 de xaneiro de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 28 de xaneiro), pola que, entre outros, se establece o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas en Galicia. Os interesados poderán así verificar os datos relativos aos recintos, podendo presentar, ben alegacións á dita información porque non se correspondese coa realidade debido a un erro, ou ben solicitudes de modificación porque cambiase con posterioridade respecto á utilizada na execución dos traballos de creación do SIXPAC.

2. Tendo en conta a finalidade do SIXPAC, as ditas alegacións ou solicitudes de modificación corresponderán en xeral ás seguintes causas:

a) Desconformidade do agricultor co uso asignado a un recinto completo.

b) Desconformidade do agricultor co coeficiente de regadío (secaño/regadío) nun recinto completo.

c) Desconformidade do agricultor co uso de parte dun recinto.

d) Desconformidade do agricultor co coeficiente de regadío (secaño/regadío) en parte dun recinto.

e) Existencia dunha parcela situada en zona urbana que ten un uso agrícola.

f) Desconformidade coa morfoloxía da parcela: este tipo de alegacións ou solicitudes de modificación deberán ser presentadas polos titulares catastrais das parcelas, exixíndoselles para a súa admisión que acheguen un acordo escrito dos titulares das parcelas estremeiras, e serán recibidas, clasificadas e enviadas á xerencia de catastro correspondente para que sexan resoltas por parte desa unidade.

g) Outras alegacións e solicitudes de modificación non establecidas anteriormente.

Todas as alegacións e solicitudes de modificación deberán ir acompañadas dunha saída gráfica da aplicación de consulta SIXPAC, mediante a cal os interesados exporán as aclaracións pertinentes.

3. As persoas interesadas na presentación de alegacións e solicitudes de modificación ao SIXPAC deberán presentar a seguinte documentación identificativa do interesado:

a) Fotocopia do DNI ou CIF da persoa interesada.

b) No caso de persoas xurídicas ou físicas representadas, copia do DNI do representante legal e documentación acreditativa desa representación.

Ademais, para acreditar a condición de interesado no recinto/parcela:

c) Cédula ou folla do padrón catastral.

d) Contrato de arrendamento, parzaría ou documento subscrito polo propietario, se non é o interesado.

e) Escritura pública de compravenda, nota simple do Rexistro da Propiedade ou outro que demostre dereito ao uso da explotación.

f) Solicitude de axudas PAC da campaña anterior.

4. As alegacións e solicitudes de modificación deberán presentarse segundo o modelo que figura no anexo 8 da presente orde e dirixiranse ao director do Fondo Galego de Garantía Agraria, acompañadas, en cada caso, da documentación indicada nel.

Artigo 26º.-Lugar e prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación.

Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as alegacións e solicitudes de modificación ao SIXPAC presentasense na oficina agraria comarcal na que estea situado o recinto ou parcela ou a maior parte dos recintos/parcelas aos que afecten.

O prazo de presentación será ata o 31 de maio de 2006, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas das solicitudes de axuda tramitadas no 2006.

Artigo 27º.-Tramitación e resolución de alegacións e solicitudes de modificación.

1. As oficinas agrarias comarcais revisarán a documentación e cando se presenten deficiencias comunicaranllo ao interesado para que emenden estas nun prazo de 10 días de acordo co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A comprobación polos servizos provinciais do Fogga da información subministrada polo interesado coa información reflectida no SIXPAC poderá dar lugar ás seguintes propostas:

a) Proposta de resolución favorable da alegación ou solicitude de modificación, se se comproba a veracidade dos datos que o agricultor proporciona sen necesidade doutras actuacións.

b) Proposta de resolución desestimatoria, que significará que a alegación ou solicitude de modificación non se pode aceptar.

c) Necesidade de información complementaria que se lle debe solicitar ao interesado ou de visita ao recinto/parcela da explotación.

3. Elevadas as propostas correspondentes, as alegacións e solicitudes de modificación serán resoltas pola dirección do Fogga e procederase á súa comunicación persoal aos interesados.

4. Non obstante o anterior, as alegacións ou solicitudes de modificación ás que se refire a alínea f) do punto 2º do artigo 25 desta orde serán estudadas e resoltas segundo o procedemento que sexa establecido pola Mesa de Coordinación do SIXPAC, creada no artigo 7 do Real decreto 2128/2004.

5. Contra a resolución do director do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do citado organismo, no prazo dun mes que contaría desde a notificación da resolución que se recorre.

6. O prazo para resolver as alegacións ou solicitudes de modificación é de seis meses desde a súa presentación. Transcorrido o dito prazo sen ditarse resolución expresa, entenderanse estimadas.

Artigo 28º.-Integración dos cambios no sistema.

1. Os cambios na base de datos do SIXPAC derivados das modificacións ou das alegacións referidas aos usos, sistema de explotación ou de unións ou divisións de recintos, realizaraos o Fogga unha vez resoltas. Estes cambios quedarán así actualizados e integrados na base de datos SIXPAC.

2. Os datos que se integran no SIXPAC e resulten dun falseamento nas propostas de modificación non terán eficacia xurídica para os efectos da súa consideración como dato na xestión de axudas financiadas total ou parcialmente con cargo ao FEO

GA-Garantía, polo que en ningún caso xerarán dereitos para as de axudas afectadas polo SIXPAC, sen prexuízo doutras responsabilidades en que se puidese incorrer.

Capítulo II

Dos réximes de axuda por superficie

Sección primeira

Disposicións comúns

Artigo 29º.-Contido da solicitude única no relativo á declaración de superficies.

1. Na solicitude única, na parte correspondente á declaración de superficies, deberán relacionarse a totalidade das parcelas agrícolas e das superficies forraxeiras da explotación, que incluirán todas as utilizacións presentes nela.

2. Para cada parcela agrícola deberá, así mesmo, indicarse, no impreso PA do anexo 1:

a) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes ao recinto ou recintos SIXPAC (ou de concentración parcelaria, segundo o anexo 12, se é o caso, nos supostos previstos no número 2 do artigo 24º desta orde) que, en todo ou en parte, constitúen a correspondente parcela agrícola, constituídas por provincia, concello, zona, polígono, parcela e recinto, así como superficie total do recinto e a superficie sementada que corresponde á parcela agrícola, en hectáreas con dous decimais, e o nome do predio ou lugar, se é o caso.

No que atinxe ás superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou semellantes, utilizadas conxuntamente por varios produtores, anotaranse só as referencias catastrais de provincia e concello relativas á situación dos distintos recintos ou parcelas, con indicación expresa do nome e, se é o caso, do código do monte veciñal ou similar, a superficie forraxeira de uso en común total do monte e a superficie utilizada polo solicitante.

b) O produto cultivado e o grupo de cultivo ao que pertence, indicando tamén a variedade cando se trate de pastos permanentes (segundo a definición dada no artigo 7.1.1) ou de retirada de terras, tal como se especifica no anexo 10 desta orde.

O solicitante diferenciará mediante o código de grupo de cultivo os réximes distintos ao pagamento único para os que se solicita axuda en cada parcela agrícola. En particular, diferenciará se a parcela agrícola debe ser tida en conta como superficie forraxeira, ben para efectos de carga gandeira ou de utilización para obter forraxes desecadas (non percibirá nestes casos axudas por superficie ligadas a cultivos subvencionables sementados nela), ou se solicita axuda ligada no caso de cultivos herbáceos subvencionables de acordo co presente capítulo desta orde (cereais, millo, oleaxinosas, proteaxinosas, liño e cánabo) ou ben renuncia a ela, ou se se trata doutras utilizacións.

c) O sistema de explotación: secaño ou regadío.

d) A indicación de se a parcela agrícola é declarada para xustificar dereitos do pagamento único ou non. A compatibilidade de cada produto co pagamento único figura no anexo 10.

Artigo 30º.-Documentación complementaria relativa a superficies na solicitude única.

1. Ademais da documentación indicada no punto 5 do artigo 3º, a solicitude única deberá ir acompañada da seguinte documentación complementaria relativa a superficies:

a) Certificado da autoridade competente, segundo o modelo do anexo 13, no caso de montes veciñais en man común, ou similares, onde existan as superficies forraxeiras utilizadas conxuntamente por varios produtores. No caso de montes que dispoñan de código, a relación de recintos SIXPAC e os tipos de pasto que o compoñen poderá ser remitida polo responsable do monte ao Servizo Provincial do Fogga.

b) Bosquexos acoutados que permitan situar as parcelas agrícolas, no caso de recintos SIXPAC declarados parcialmente.

c) Compromiso de destino non alimentario para os cultivos non incluídos no anexo XXII do Regulamento (CE) 1973/2004, do 29 de outubro de 2004, da Comisión.

d) Contrato cun transformador cando se solicita a axuda por cultivos enerxéticos.

e) Contrato cun receptor/transformador cando se declare retirada con destino non alimentario.

Artigo 31º.-Modificación das declaracións de superficies e os seus requisitos.

1. De acordo co establecido no artigo 15 do Regulamento nº 796/2004 da Comisión, e sen prexuízo do disposto no parágrafo 3 deste artigo, unha vez finalizado o prazo para a presentación das solicitudes de axudas por superficie, as parcelas agrícolas que aínda non se declarasen na solicitude de axuda poderán engadirse a esta e poderán introducirse cambios relativos á utilización ou ao réxime de axuda, sempre que se cumpran os requisitos fixados nas normas sectoriais aplicables ao réxime de axuda correspondente.

2. A adición de parcelas agrícolas ou as modificacións introducidas de conformidade co parágrafo 1 comunicaránselle por escrito ao servizo provincial do Fogga a máis tardar o 31 de maio de 2006.

3. Non obstante, cando o Fogga informe o produtor da existencia de irregularidades na súa solicitude de axuda ou cando lle manifestase a súa intención de levar a cabo un control sobre o terreo e cando este control puxese de manifesto a existencia de irregularidades, non se autorizarán as adicións nin os cambios recollidos nos parágrafos 1 e 2 respecto das parcelas agrícolas afectadas pola irregularidade.

4. As modificacións das solicitudes recollidas neste artigo presentaranse de acordo co modelo de impreso indicado no anexo 14.

Artigo 32º.-Compatibilidade entre réximes de axuda.

1. As parcelas declaradas para o pagamento dos dereitos de axuda dentro do réxime do pagamento único poden utilizarse para as actividades agrarias expresadas no artigo 37º. Por conseguinte, o pagamento dentro do dito réxime é compatible cos pagamentos derivados dos réximes correspondentes ás utilizacións permitidas.

2. A superficie obxecto dunha solicitude de axuda para os cultivos enerxéticos non é admisible para xustificar os dereitos de retirada no réxime do pagamento único.

3. Tanto a superficie utilizada para cultivar, na retirada de terras, produtos non alimentarios como a superficie destinada a produtos con destino enerxético, non é elixible para beneficiarse dos apoios establecidos no capítulo VIII do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre a axuda ao desenvolvemento rural a cargo do FEOGA, agás no referente aos custos de establecemento de especies de crecemento rápido.

4. Nun ano dado, unha parcela agrícola non poderá ser obxecto dunha solicitude de axudas por superficie para máis dun dos réximes establecidos no anexo 1 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello. Non obstante, fíxanse as seguintes compatibilidades, establecidas no Regulamento (CE) nº 1973/2004, da Comisión, do 29 de outubro de 2004:

-Prima ás proteaxinosas e pagamento aos cultivos herbáceos (capítulos 2 e 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003).

-Axuda aos cultivos enerxéticos e pagamento aos cultivos herbáceos (capítulos 5 e 10 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003).

-Pagamento aos cultivos herbáceos e ás sementes destes cultivos relacionados no anexo XI do Regulamento (CE) nº 1782/2003 (capítulos 10 e 9 do título IV do mesmo regulamento): ver o anexo 15 desta orde.

5. A retirada voluntaria considérase un cultivo dentro do réxime de cultivos herbáceos.

Artigo 33º.-Datas límite de sementeira.

A data límite de sementeira para os cereais, incluídos trigo duro e millo, oleaxinosas, proteaxinosas, liño non téxtil e liño para a produción de fibras e arroz, pertencentes ao réximes de axuda establecidos nos capítulos 1, 2, 3, 5 e 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, son as seguintes:

a) 31 de maio, para todos os cultivos herbáceos agás o millo doce, o cánabo para a produción de fibras e arroz.

b) 15 de xuño, para o millo doce e o cánabo para a produción de fibras.

c) 30 de xuño, para o arroz.

Sección segunda

Pagamento desligado no réxime do pagamento

único: utilización dos dereitos

Artigo 34º.-Dereitos de axuda co fin de obter o pagamento único.

1. Poderase conceder a axuda derivada do réxime do pagamento único prevista no capítulo I do título III do Regulamento (CE) 1782/2003 do 29 de setembro, aos agricultores que o soliciten de acordo cos modelos DP, PU, RS, PA e RG do anexo 1, e dispoñan dos correspondentes dereitos de RPU e xustifiquen a súa utilización.

2. Os dereitos de axuda do pagamento único xustificaranse segundo os criterios establecidos no artigo 17º desta orde.

3. Cada agricultor deberá xustificar en primeiro lugar todos os dereitos de retirada con hectáreas admisibles para tal fin.

4. Cando un agricultor, despois de xustificar todos os dereitos de axuda completos posibles, necesite utilizar un dereito de axuda unido a unha parcela que represente unha fracción de hectárea, este último dereito de axuda lexitimará para recibir unha axuda calculada proporcionalmente ao tamaño da parcela e considerarase completamente utilizado.

5. Os dereitos de axuda só poderán ser declarados aos fins do pagamento polo agricultor que está en posesión deles na data límite para a presentación da solicitude única.

Artigo 35º.-Superficie mínima por solicitude.

Para o réxime do pagamento único, a superficie mínima por solicitude é de 0,1 hectáreas. En caso de non acadarse esa superficie non se concederá este pagamento.

Artigo 36º.-Dispoñibilidade das parcelas polo agricultor.

As parcelas de hectáreas admisibles utilizadas para xustificar os dereitos de axuda deberán permanecer a disposición do agricultor desde o 1 de decembro do ano precedente ao 30 de setembro do ano polo que se solicita o pagamento.

Artigo 37º.-Hectáreas admisibles para os efectos da xustificación de dereitos de axuda normais.

1. Consideraranse hectáreas admisibles:

a) As superficies agrarias da explotación consistentes en terras de cultivo, superficies plantadas de lúpulo, superficies de oliveirais plantadas con oliveiras antes do 1 de maio de 1998 ou con oliveiras de substitución e rexistrados no SIXPAC, así como os pastos permanentes.

b) As superficies plantadas con árbores forestais de cultivo curto, Miscanthus sinensis, e Phalaris arundinacea, entre o 30 de abril de 2004 e o 10 de marzo de 2005.

c) As superficies plantadas con árbores forestais de cultivo curto, Miscanthus sinensis, e Phalaris arundinacea, antes do 30 de abril de 2004 e alugadas ou adquiridas entre o 30 de abril de 2004 e o 10 de marzo de 2005.

d) As superficies plantadas con cultivos permanentes e polas que tamén se presentou unha solicitude de axuda para cultivos enerxéticos segundo o previsto no artigo 88 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, do 29 de setembro de 2003.

2. Non son hectáreas admisibles as superficies ocupadas por cultivos permanentes distintos dos citados no punto anterior ou bosques ou as utilizadas para actividades non agrarias.

Artigo 38º.-Utilización agraria das terras.

Os agricultores poderán utilizar as parcelas declaradas correspondentes ás hectáreas admisibles para xustificar o pagamento dos dereitos de axuda en calquera actividade agraria con excepción da produción de froitas e hortalizas, patacas distintas das destinadas á fabricación de fécula, e cultivos permanentes. O lúpulo, as oliveiras plantadas antes do 1 de maio de 1998 e as novas oliveiras plantadas en substitución destas, e rexistradas no SIXPAC, consideraranse cultivos permanentes válidos para xustificar o pagamento dos dereitos de axuda.

Artigo 39º.-Hectáreas admisibles para os efectos da xustificación dos dereitos de retirada.

1. Consideraranse hectáreas admisibles para os efectos de dereitos de axuda por retirada:

a) Todas aquelas superficies agrarias da explotación ocupadas por terras de cultivo, excepto as superficies que na data establecida nas solicitudes de axuda por superficie para 2003 estivesen ocupadas por cultivos permanentes ou bosques, ou utilizadas para actividades non agrarias ou para pastos permanentes segundo o establecido no punto 4º do artigo 32 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, que establece disposicións de aplicación do réxime do pagamento único previsto no Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores.

b) As superficies de retirada plantadas de cultivos permanentes usadas segundo o establecido no artigo 55 b) do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello do 29 de setembro de 2003.

c) As terras de retirada plantadas de cultivos permanentes, usadas cos fins establecidos no artigo 6.3º do Regulamento (CE) nº 1251/1999, do Consello, do 17 de maio de 1999, polo que se establece un réxime de apoio aos produtores de determinados cul

tivos herbáceos, e sobre a que se cobrou un pagamento directo de acordo co establecido no artigo 2.2º do citado regulamento.

d) As terras plantadas con cultivos plurianuais, na data prevista na solicitude de axuda do ano 2003, sen prexuízo do establecido no artigo 51 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

2. As superficies que a continuación se indican poderán contabilizarse como retiradas da produción a raíz dunha solicitude presentada despois do 28 de xuño de 1995, para efectos da xustificación de dereitos de axuda de retiradas:

a) As que se retirasen da produción en virtude do disposto nos artigos 22 a 24 do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999 e que non teñan ningún uso agrario nin se utilicen con fins lucrativos distintos dos admitidos para as demais terras retiradas da produción en virtude do presente regulamento, ou

b) As superficies que fosen obxecto de forestación en virtude do disposto no artigo 31 do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999.

3. As parcelas agrícolas retiradas da produción non serán de tamaño inferior a 0,1 hectáreas, nin terán menos de 10 metros de largo.

4. Os dereitos de retirada non poderán xustificarse coas parcelas que se utilicen para cumprir o índice de barbeito.

Artigo 40º.-Condicións aplicables ás parcelas de retirada.

1. As parcelas declaradas para xustificar os dereitos de retirada deben permanecer sen cultivar polo menos desde o 15 de xaneiro ao 31 de agosto.

2. Non estarán suxeitos á dita obriga as parcelas de agricultores que:

a) Xestionen toda a súa explotación en relación coa totalidade da súa produción de acordo co Regulamento (CEE) nº 2092/91 do Consello, do 24 de xuño de 1991, sobre a produción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos produtos agrarios e alimenticios.

b) Utilicen as terras retiradas para o cultivo de materias primas para a fabricación, dentro da Unión Europea, de produtos non destinados en principio á alimentación humana ou animal.

Artigo 41º.-Uso das terras de retirada.

1. As terras retiradas da produción manteranse en boas condicións agrarias e ambientais de acordo ao establecido no artigo 4 do Real decreto 2352/2004, do 23 de decembro.

2. Con independencia do establecido no artigo 40.2º, as terras de retirada non poderán destinarse a ningún uso agrario nin producir cultivo ningún.

3. Para poder percibir os pagamentos correspondentes aos dereitos de retirada nas parcelas que se presenten para a xustificación destes ten que realizarse o barbeito, salvo nos casos relacionados nos artigos 39º e 40º, de acordo coas seguintes directrices:

a) O barbeito realizarase mediante os sistemas tradicionais de cultivo, de mínima labra ou mantendo unha cuberta vexetal adecuada, tanto espontánea como cultivada, para minimizar os riscos de erosión, de aparición de incendios, malas herbas, pragas e enfermidades, conservar o perfil salino do solo, a súa capacidade produtiva e favorecer o incremento da biodiversidade.

b) As aplicacións de herbicidas autorizados, serán efectuadas con aqueles que non teñan efecto residual e sexan de baixa perigosidade.

c) No caso de manter unha cuberta vexetal, esta non poderá ser utilizada para a produción de sementes nin aproveitada baixo ningún concepto con fins agrícolas antes do 31 de agosto ou antes do 15 de xaneiro seguinte, para producir cultivos destinados a seren comercializados, excepto naquelas zonas previstas no número 3º do artigo 32 do Regulamento (CE) nº 795/2004 da Comisión, do 21 de abril, de 2004.

4. No caso de incumprimento dos números 2 e 3, aplicarase a base do cálculo das superficies de retirada de acordo co establecido no número 4º do artigo 50 do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

Artigo 42º.-Condicións dos dereitos especiais.

1. Os agricultores que soliciten pagamento único por dereitos especiais quedan exentos da obriga de establecer un número de hectáreas admisibles equivalente ao número de dereitos de axuda, coa condición de que manteñan polo menos o 50 por cento da actividade exercida no período de referencia expresada en unidades de gando maior, no sucesivo UGM. No caso de cesión dos dereitos de axuda, esta excepción só se manterá se se ceden todos os dereitos de axuda obxecto da excepción.

2. Para o cumprimento do requisito establecido no punto anterior, utilizarase a información contida na base de datos informatizada creada de conformidade co Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que establece un sistema de identificación dos animais da especie bovina. No caso do gando ovino e cabrún utilizaranse os rexistros do libro de explotación establecidos no Real decreto 947/2005, do 29 de xullo, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa. Segundo esta información:

a) Considerarase que se respectou o requisito relativo á actividade agraria mínima se, segundo o caso, se cumpre polo menos ese 50 por cento de actividade gandeira durante o período de retención da axuda ligada á produción por vaca nutriz ou por ovella e cabra.

b) No caso de non solicitar unha axuda ligada á produción das citadas na alínea anterior determinarase a media ponderada de animais presentes na explotación durante o período de 12 meses que vai do 1 de novembro de 2005 ao 30 de outubro de 2006.

3. Non se poderá solicitar o restablecemento das condicións especiais para estes dereitos unha vez que se declarasen cun número equivalente de hectáreas ou que se cedesen parcialmente.

Artigo 43º.-Dereitos de axuda utilizados.

Consideraranse dereitos de axuda utilizados, aqueles xustificados na solicitude única, cuxa superficie resulte determinada no sentido do artigo 2.22º do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004.

Os agricultores perderán os dereitos que, durante un período de tres anos consecutivos, non fosen utilizados conforme se indica no punto anterior. Os ditos dereitos serán asignados á reserva nacional.

Artigo 44º.-Utilización das terras retiradas da produción para cultivos con destino non alimentario.

1. Os produtores poden utilizar as superficies retiradas da produción con carácter obrigatorio co fin de obter materias primas para a fabricación na comunidade de produtos non destinados ao consumo humano ou animal, sen perder o dereito ao pagamento por superficie. Non obstante, se se cultiva remolacha azucreira, pataca ou topinambo e chicoria, non se percibirá o pagamento correspondente á retirada e só se permite o seu cultivo se se cumpren as condicións establecidas no segundo parágrafo do número 2º do artigo 143 do Regulamento (CE) nº 1973/2004 da Comisión.

2. O incumprimento das condicións regulamentarias, entre elas as relativas aos contratos e á entrega da colleita nunha cantidade que deberá corresponder cando menos o rendemento representativo fixado para o cultivo en cuestión pola comunidade autónoma, dará lugar á perda do pagamento por retirada para as parcelas en cuestión e o consecuente axuste das superficies de cultivos no marco do capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, en función da superficie determinada de retirada.

3. A Consellería do Medio Rural establecerá cada ano os rendementos representativos que deben obterse efectivamente para os cultivos e superficies da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto no caso das materias primas establecidas no anexo XXII do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

4. Para os efectos da regulación dos cultivos con destino non alimentario, teranse en conta as definicións seguintes:

a) Solicitante: o agricultor que utiliza as terras retiradas de acordo co establecido no artigo 143 do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

b) Receptor: toda persoa asinante do contrato disposto na normativa comunitaria, que merque por conta propia materias primas ás que se refire o artigo 143 do Regulamento (CE) nº 1973/2004 destinadas para os fins previstos no anexo XXIII do dito regulamento.

c) Primeiro transformador: o usuario das materias primas que proceda á primeira transformación destas co fin de obter un ou varios dos produtos recollidos no anexo XXIII do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

O primeiro transformador pode delegar nunha terceira persoa a recollida da materia prima entregada polo solicitante, aínda que seguirá sendo o único responsable respecto ás obrigas regulamentarias.

5. Os solicitantes que cultiven na terra retirada materias primas con destino non alimentario, con excepción das enumeradas no anexo XXII do Regulamento (CE) nº 1973/2004, deberán formalizar cun receptor ou primeiro transformador un único contrato por materia prima cultivada de acordo cos requisitos establecidos no artigo 147 do citado regulamento e presentar un exemplar deste xunto coa solicitude de axuda superficies.

6. No caso das materias primas indicadas no anexo XXII do Regulamento (CE) nº 1973/2004, os titulares das explotacións deberán presentar, xunto coa solicitude de axuda superficies, un compromiso escrito de que, de seren utilizadas ou vendidas, as materias primas en cuestión serán destinadas a algún dos fins establecidos no anexo XXIII do dito regulamento.

7. Os receptores ou primeiros compradores deberán comprometerse a fabricar algún dos produtos mencionados no anexo XXIII do Regulamento (CE) nº 1973/2004, cuxo valor económico terá que ser superior ao de todos os demais produtos destinados ao consumo humano ou animal que se obteñan durante o dito proceso. As persoas físicas ou xurídicas que desexen actuar por primeira vez como primeiro transformador ou receptor deberán manifestalo por escrito e con anterioridade á finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda, ante a comunidade autónoma onde se encontran establecidas.

No dito escrito, o receptor ou primeiro transformador manifestará expresamente que coñece as condicións e limitacións contidas no Regulamento (CE) nº 1973/2004, achegará a información necesaria relativa á cadea de transformación das materias primas, en cumprimento do disposto nos artigos 145, 157 e 163 do Regulamento (CE) nº 1973/2004 e comprometerase a levar unha contabilidade específica que, como mínimo, deberá reflectir a información sinalada na citada normativa.

8. Outras obrigas dos solicitantes, e dos receptores e primeiros transformadores das materias primas, recóllense no anexo VI do Real decreto 1618/2005.

9. As materias primas cultivadas en terras retiradas da produción e os produtos que se deriven das ditas materias primas, así como as terras utilizadas para a sua produción, non poderán acollerse ás medidas financiadas pola Sección Garantía do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola, de acordo co establecido nas alíneas a) e b) do número 2º do artigo 1 do Regulamento (CE) nº 1258/1999 sobre financiamento da Política Agrícola Común.

Sección terceira

Pagamentos por superficies ligados á produción de cultivos herbáceos contemplados no Capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, e outros réximes de axuda por superficie ligados á produción

Artigo 45º.-Pagamento aos produtores de cultivos herbáceos.

Concederase un pagamento por hectárea aos agricultores que o soliciten de acordo cos modelos DP, RS e PA do anexo 1 e produzan os cultivos herbáceos recollidos no anexo IX do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, do 29 de setembro de 2003 (cereais, oleaxinosas, proteaxinosas, liño e cánabo) e indicados no anexo 15 desta orde, e cumpran o especificado nesta orde e na normativa estatal e comunitaria que sexa de aplicación. A contía determinarase atendendo ao establecido no seu artigo 66 e no capítulo 10 do título IV do citado regulamento, tendo en conta que España optou por ligar o máximo permitido, pola regulamentación comunitaria, 25 por cento, dentro do réxime de aplicación parcial do pagamento único.

Artigo 46º.-Superficie mínima por solicitude.

1. Só se lles concederá o pagamento aos produtores de cultivos herbáceos (cereais, oleaxinosas, proteaxinosas, liño e cánabo) recollida no capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, cando a solicitude de axuda por superficie deses cultivos en conxunto sexa como mínimo de 0,3 hectáreas.

2. Igualmente, só se concederá a axuda para cada un dos réximes específicos de prima específica do trigo duro, prima ás proteaxinosas, axuda específica ao arroz, axuda aos cultivos enerxéticos, axudas ás sementes e axuda ao lúpulo, establecidas respectivamente nos capítulos 1, 2, 3, 5 e 9 e 10 quinquies do mencionado título IV, cando a superficie do cultivo respectivo sexa como mínimo de 0,3 hectáreas.

Artigo 47º.-Superficies admisibles para o pagamento aos produtores de cultivos herbáceos.

Non poderán presentarse solicitudes de pagamentos de cultivos herbáceos respecto ás superficies que, na data límite de presentación das solicitudes de axuda por superficie de 2003, se dedicasen a pastos permanentes, cultivos permanentes, árbores ou usos non agrícolas, de acordo co establecido no artigo 108 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello.

Artigo 48º.-Plan de rexionalización e subsuperficies de base para o pagamento aos produtores de cultivos herbáceos.

1. As zonas homoxéneas de produción, determinadas de acordo co establecido no Plan de Rexionalización Produtiva, así como os rendementos medios dos cereais en secaño, de cereais en regadío, de millo en regadío e doutros cereais en regadío, diferenciados por provincia e comarca agraria, que servirán de base en Galicia para a aplicación do sistema de pagamentos por superficie aos produtores de determinados cultivos herbáceos (cereais, oleaxinosas, proteaxinosas, liño e cánabo), son os que se indican no anexo 9 desta orde.

2. As subsuperficies básicas de secaño e de regadío correspondentes a Galicia para eses cultivos son de 75.399 ha e 2.000 ha, respectivamente. Desta superficie total de regadío, 500 ha corresponden a millo.

3. Para os efectos da percepción destes pagamentos, terán a consideración de superficie de regadío as parcelas sitas en recintos de referencia considerados como de regadío no SIXPAC ou, no seu defecto, as que figuren inscritas como de regadío en catastro antes de finalizar o prazo de presentación das solicitudes de pagamentos para a campaña 2006/2007.

Artigo 49º.-Requisitos para optar aos pagamentos por superficie aos produtores de oleaxinosas.

1. Para poder optar aos pagamentos por superficie de oleaxinosas, os agricultores deberán:

a) Utilizar nas sementeiras sementes e doses acordes coas prácticas tradicionais da zona en que radiquen as parcelas de oleaxinosas. Só poderá utilizarse semente certificada e as doses mínimas de sementeira figuran no anexo 11 desta orde.

b) Comprometerse a efectuar os labores culturais tradicionais da zona en que radiquen as parcelas de cultivo e manter este, como mínimo, ata o principio da floración en condicións de crecemento normais.

2. Os agricultores terán á disposición do Fogga cantos elementos poidan servir para acreditar ao respecto do indicado nas alíneas a) e b) do punto anterior, como etiquetas de sementes, as súas facturas, de herbicidas, de fertilizante, de alugamento de maquinaria, e calquera outro xustificante que se relacione con tales obrigas.

Artigo 50º.-Retirada voluntaria en pagamentos por cultivos herbáceos.

1. Os agricultores que soliciten pagamentos por superficie de cultivos herbáceos poderán retirar ata o 10 por cento da superficie pola que teñan presentado a solicitude de pagamento por eses cultivos, en concepto de retirada voluntaria, pola que percibirán un pagamento idéntico ao deses cultivos. A superficie de retirada voluntaria non poderá utilizarse para xustificar dereitos de retirada dentro do réxime do pagamento único.

2. Non obstante, permítese realizar unha porcentaxe maior de retirada voluntaria co límite máximo correspondente a unha superficie retirada que non supere a cultivada nos seguintes casos:

a) Para as terras de secaño, no caso de concentracións parcelarias e noutros casos especiais debidamente autorizados polo órgano competente da comunidade autónoma correspondente, que supoñan un cambio da estrutura da explotación independente da vontade do produtor.

b) Para as terras de regadío, cando as explotacións estean situadas en zonas obxecto de plans de mellora do regadío que impliquen concentración parcelaria.

3. Cando as parcelas polas que se soliciten os pagamentos se encontren situadas en comarcas cun rendemento asignado no Plan de Rexionalización Produtiva de España inferior a 2 t/ha, permítese retirar con carácter voluntario o 80 por cento da superficie para a que presentasen a solicitude para cultivos herbáceos.

4. As terras retiradas no marco do presente artigo deben cumprir as condicións establecidas nas subalíneas a), b) e c) do artigo 41º.

5. A parcela agrícola de retirada terá como mínimo unha superficie de 0,1 ha e un largo de 10 m.

Artigo 51º.-Prima específica ás proteaxinosas.

Concederáselles aos agricultores produtores de proteaxinosas a prima recollida no capítulo 2 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

As proteaxinosas polas que pode recibirse a axuda son as que se atopan dentro do réxime de cultivos herbáceos. A prima concederase por hectárea cultivada e colectada despois da fase de maduración leitosa, agás no caso das condicións excepcionais establecidas no segundo parágrafo do artigo 77 do regulamento citado.

A superficie máxima garantida é de 1.600.000 hectáreas para o conxunto da Unión Europea.

Capítulo III

Das solicitudes de axudas por gando

Sección primeira

Pagamentos ligados aos produtores de gando vacún

Artigo 52º.-Identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

1. Cada animal polo que se solicite unha axuda deberá estar identificado, rexistrado e dotado do documento de identificación, conforme as disposicións do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, así como o Real decreto 479/2004, do 2 de novembro, polo que se establece o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

2. Así mesmo, para beneficiarse das axudas, os produtores deberán ter en conta a totalidade das exixencias establecidas nos citados reais decretos.

Artigo 53º.-Uso ou tenza de substancias prohibidas.

1. De acordo co disposto no artigo 140 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, cando, en aplicación do Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos, se detecten substancias prohibidas en virtude do Real decreto 2178/2004, do 12 de novembro, polo que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias betagonistas de uso na cría do gando, ou de substancias utilizadas ilegalmente, nun animal pertencente ao gando bovino dun produtor, ou cando se encontre unha substancia ou un produto autorizado, pero posuído de forma ilegal na explotación deste agricultor, en calquera forma, este quedará excluído, durante o ano natural en que se efectúe a comprobación, do beneficio dos importes previstos nas disposicións deste capítulo.

En caso de reincidencia, o período de exclusión prorrogarase, en función da gravidade da infracción, ata cinco anos a partir do ano en que se detectase a reincidencia.

2. En caso de obstrución, por parte do propietario ou do posuidor dos animais, das inspeccións e das tomas de mostras necesarias para a aplicación dos plans nacionais de control de residuos, así como das investigacións e controis previstos no Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, aplicaranse as exclusións previstas no número 1 deste artigo.

3. Calquera autoridade que, no exercicio das súas competencias, detecte algunha das anomalías establecidas nos números 1 e 2 en explotacións da Comunidade Autónoma de Galicia deberá comunicarllo ao Fogga.

Subsección primeira

Primas por vaca nutriz

Artigo 54º.-Tipos de prima, contía e límites.

As axudas por vaca nutriz, establecidas no artigo 125 do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, son de dous tipos, prima por vaca nutriz e prima complementaria por vaca nutriz.

A contía destes pagamentos e os límites nacionais determinaranse atendendo ao establecido nos artigos 68, 69 e no capítulo 12 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.

Artigo 55º.-Prima por vaca nutriz.

1. Poderán obter a prima prevista no artigo 125 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, os produtores que manteñan vacas nutrices que o soliciten de acor

do cos modelos DP, RG e VN do anexo 1 cando reúnan as seguintes condicións:

a) Que teñan asignado un límite individual de dereitos de prima, de acordo co establecido no Real decreto 1839/1997, do 5 de decembro, polo que se establecen as normas para a realización de transferencias e cesións de dereitos de prima e para o acceso ás reservas nacionais respecto aos produtores de ovino e cabrún e dos que manteñen vacas nutrices.

b) Que non vendan leite ou produtos lácteos da súa explotación durante os doce meses seguintes á presentación da solicitude ou, se a venden, que teñan unha cantidade de referencia individual dispoñible a 31 de marzo do ano 2006 igual ou inferior a 120.000 quilogramos.

Non obstante, a subministración de leite ou produtos lácteos efectuados directamente ao consumidor non impedirá a concesión da prima.

c) Que manteñan na súa explotación, durante un período de retención mínimo de seis meses consecutivos, a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude, un número de vacas nutrices polo menos igual ao 60 por cento do número total de animais polo que solicita a axuda e un número de xovencas que non supere o 40 por cento do citado número total.

En caso de que o cálculo do número máximo de xovencas, expresado en forma de porcentaxe, dea como resultado un número fraccionario de animais, o dito número redondearase á unidade inferior se é inferior a 0,5 e ao número enteiro superior se é igual ou superior a 0,5.

d) Calquera variación do número de animais obxecto de solicitude, incluído o seu traslado a lugares non indicados na solicitude, deberá ser comunicado ao Servizo Provincial do Fogga, agás nos seguintes casos, nos que se considera suficiente a notificación efectuada á base de datos de identificación e rexistro nos prazos previstos polo Real decreto 1980/1998:

-Baixas por circunstancias naturais da vida do rabaño.

-Baixas por causas de forza maior como consecuencia dunha epizootia.

-Cambios na condición de xovenca a vaca nutriz.

-Substitución dos animais por outros de similares características. Unha vaca nutriz ou xovenca pola que se solicita prima, poderá ser substituída durante o período de retención, dentro dos límites establecidos no artigo 125 do Regulamento (CE) 1782/2003, por outra vaca nutriz ou por outra xovenca, sempre que esta substitución se produza nos vinte días seguintes á data de saída do animal da explotación, que a substitución se inscriba, o máis tardar o terceiro día seguinte de se realizar, no rexistro particular do produtor e que se faga a notificación á base de datos oficial de identificación e rexistro durante os 7 días hábiles seguintes á substitución.

e) De acordo co establecido no artigo 16.3º b) do Regulamento (CE) 796/2004, os animais dos que se comprobase que non están correctamente identificados ou rexistrados no sistema de identificación e rexistro de animais da especie bovina contarán como animais respecto aos que se detectarán irregularidades segundo se establece no artigo 59 do mesmo regulamento.

2. Serán obxecto de axuda as vacas nutrices e as xovencas que pertenzan a unha raza cárnica ou procedan dun cruzamento cunha destas razas e que formen parte dun rabaño destinado á cría de tenreiros para a produción de carne. Para estes efectos, non se considerarán vacas ou xovencas de raza cárnica as das razas bovinas enumeradas no anexo 16 desta orde.

3. Cando na explotación se venda leite, para determinar o número de cabezas con dereito a prima, a pertenza dos animais ao censo de vacas leiteiras ou ao de nutrices establecerase mediante a relación entre a cantidade de referencia do beneficiario e o rendemento leiteiro medio para España de 4.650 kg. Non obstante, os produtores que acrediten oficialmente un rendemento leiteiro superior, poderán utilizar este último para a realización do cálculo.

Para estes efectos por pedimento do Servizo de Axudas Gandeiras da PAC do Fogga o Servizo de Producións Gandeiras da Consellería do Medio Rural remitiralle información sobre o rendemento leiteiro oficial medio das vacas destas explotacións entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2005.

4. Os solicitantes de prima a produtores con vacas nutrices que entreguen leite a compradores deberán comprometerse a non incrementar a súa cantidade de referencia individual de leite asignado por riba dos 120.000 kg durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

Artigo 56º.-Prima complementaria.

Os beneficiarios da prima por vacas nutrices regulada no artigo anterior, poderán obter unha prima complementaria, para o mesmo número de cabezas.

Artigo 57º.-Prima por vaca nutriz. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 1 e da documentación xeral indicada no artigo 3º.5 os solicitantes de prima por vaca nutriz deberán achegar copias da portada e das páxinas do libro de explotación gandeira onde estean inscritas as vacas e xovencas polas que solicitan a prima, cando as unidades de produción gandeira do titular estean sitas noutra comunidade autónoma.

Subsección segunda

Primas por sacrificio

Artigo 58º.-Tipo de primas, contía e límites nacionais.

De conformidade co previsto no artigo 130 do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello do 29

de setembro de 2003, poderán concedérselles aos produtores criadores de gando vacún primas por sacrificio de bovinos adultos e primas por sacrificio de tenreiros.

A contía destes pagamentos e os límites nacionais determinaranse atendendo ao establecido nos artigos 68 e 69 e no capítulo 12 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003.

Artigo 59º.-Prima por sacrificio. Condicións de concesión.

1. Os produtores de gando vacún poderán obter a prima por sacrificio establecida no artigo 130 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 cando os seus animais se sacrifiquen no interior da Unión Europea, ou se exporten vivos a un terceiro país, logo de solicitude, de acordo cos modelo SA e SA-Exp. do anexo 2 desta orde, e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

A presentación da dita solicitude da prima por sacrificio realizarase no prazo improrrogable dos catro meses seguintes á data de sacrificio ou da exportación de animais vivos a terceiros países, de acordo co establecido no artigo 4º.2 desta orde.

2. Só terán dereito á subvención os bovinos que, na data de sacrificio:

a) Teñan polo menos oito meses de idade para a prima por sacrificio de bovinos adultos, ou

b) Teñan máis dun mes e menos de oito meses e un peso en canal de 185 kg como máximo no caso da prima polo sacrificio de tenreiros.

No caso de animais de menos de seis meses de idade, a condición relativa ao peso entenderase respectada.

Nos demais casos, para a determinación do peso en canal teranse en conta a presentación e traballo das canais que se describen no anexo 17 desta orde.

Se, por circunstancias excepcionais, non fose posible determinar o peso en canal dos animais, considerarase que cumpren as condicións regulamentarias sempre que o peso en vivo non exceda os 300 kg.

3. Para ter dereito á prima, o período de retención mínimo será de dous meses sempre que este finalizase no prazo máximo dun mes antes do sacrificio ou dous meses antes da exportación do animal a un país terceiro. No caso dos xatos sacrificados antes dos tres meses de idade, o período de retención será dun mes.

4. Cando o número de animais subvencionables supere os límites nacionais previstos, reducirase proporcionalmente o número de animais con dereito a prima de cada produtor.

Artigo 60º.-Declaración de participación dos establecementos de sacrificio.

1. Co fin de simplificar a xestión das primas ao sacrificio, así como de facilitar o seu control, os centros de sacrificio autorizados en Galicia que

desexen participar por primeira vez, como colaboradores no réxime de primas por sacrificio, deberán comunicar, previamente, a súa vontade de participación no réxime de prima ao sacrificio, mediante un escrito dirixido á dirección do Fogga.

2. Para iso, a mencionada comunicación de participación conterá, polo menos, os seguintes extremos:

a) A identificación do establecemento de sacrificio autorizado, incluíndo o número de rexistro sanitario e o número de explotación gandeira deste, en virtude do disposto no Real decreto 479/2004, do 2 de novembro.

b) O compromiso de levar un rexistro informatizado, relativo ao sacrificio de todos os animais bovinos que inclúa, como mínimo:

* Data de sacrificio.

* Número de identificación dos animais, de acordo co establecido no Real decreto 1980/1998.

* Números de identificación das canais, relacionadas cos dos animais.

* Peso de cada unha das canais de bovinos de idades comprendidas entre os seis e menos de oito meses.

c) A descrición da presentación do traballo habitual das canais dos bovinos, de máis dun mes e menos de oito meses, que se utiliza no establecemento e o compromiso de realizar a determinación do peso das canais conforme ao procedemento descrito no anexo 17 desta orde.

d) O compromiso de someterse aos controis que estableza a autoridade competente e de colaborar na realización destes.

e) Autorización expresa ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ao Fogga para facer pública a relación de establecementos de sacrificio que participan como colaboradores no réxime de primas por sacrificio.

3. O incumprimento dalgúns dos compromisos contidos na declaración de participación, ou das obrigas establecidas no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, ou do prazo establecido no artigo 61.4º desta orde, dará lugar á exclusión do establecemento da participación no réxime de primas durante un ano, sen prexuízo das responsabilidades de toda índole que puidesen derivarse, especialmente as recollidas na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

Artigo 61º.-Proba de sacrificio.

1. Só poderán terse en conta, para os efectos da prima por sacrificio, os animais que fosen sacrificados en centros de sacrificio, que declarasen a súa participación nestas primas, conforme o disposto no artigo anterior e que estean rexistrados conforme ao previsto no Real decreto 479/2004.

2. A comunicación da baixa do animal, realizada polo centro de sacrificio, conforme o establecido no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, terá a consideración de proba de sacrificio, no sentido aludido polo artigo 121, número 1, alínea a) do Regulamento 1973/2004, da Comisión, e realizarase a través da remisión mensual á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural dun ficheiro de acordo coa descrición do anexo 18 desta orde.

3. Ademais, no caso de animais comprendidos entre seis e oito meses e a pedimento do produtor, o establecemento de sacrificio expedirá unha certificación relativa ao peso en canal de cada animal que se inclúa na solicitude de axuda, ou comunicará esta información no ficheiro indicado no anexo 18 desta orde.

4. Sen prexuízo dos prazos de comunicación das baixas de animais establecidas no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, e para os efectos de que o Fogga poida efectuar as comprobacións previas ao pagamento da prima por sacrificio, todos os animais sacrificados durante o ano 2006 deberán constar no servidor central da base de datos do sistema de identificación e rexistro dos bovinos, nunha data anterior ao pagamento da axuda.

Artigo 62º.-Concesión de prima no caso de expedición ou exportación dos animais fóra de España.

1. No caso de expedición de animais subvencionables a outro Estado membro da Unión Europea, a prima prevista no artigo 59 desta orde solicitarase e concederase en España, sendo as condicións aplicables as descritas no citado artigo. Non obstante, a proba de sacrificio, neste caso, consistirá nun certificado emitido polo matadoiro do Estado membro de destino, que conterá as mencións descritas no artigo 121 punto 1.a) do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

2. Se os animais son exportados a un país que non pertenza á Unión Europea, as condicións serán as mesmas, pero a proba de sacrificio será substituída pola presentación das probas de exportación como parte da documentación que se cita no artigo 64 desta orde. Para estes efectos as cidades de Ceuta e Melilla serán consideradas como terceiros países.

Artigo 63º.-Ano de imputación da prima por sacrificio.

O ano de sacrificio ou da exportación determinará o ano de imputación dos animais que sexan obxecto dunha solicitude de prima por sacrificio.

Artigo 64º.-Prima por sacrificio. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 2-SA e da documentación xeral indicada no artigo 3.5º, os solicitantes de prima por sacrificio deberán achegar:

1. Orixinais ou copia lexible dos exemplares nº 2 para o interesado dos documentos de identificación de animais.

2. No caso de animais de, polo menos, 6 meses e ata 8 meses e cando o establecemento de sacrificio non lle notifique directamente esta información á autoridade competente, certificado relativo ao peso en canal dos animais incluídos na solicitude de axudas.

3. No caso de animais sacrificados noutro país da Unión Europea, copia compulsada do documento de identificación para intercambios dos animais incluídos na solicitude e certificados de sacrificio destes, conforme o artigo 61 da presente orde.

4. No caso de animais exportados vivos a un terceiro país, proba de saída do territorio aduaneiro da comunidade, DUA e certificado sanitario internacional que conteña unha relación expresa do número de identificación auricular dos animais que foron exportados.

Sección segunda

Pagamentos ligados aos produtores

de ovino-cabrún

Artigo 65º.-Tipos de primas, contías e límites nacionais.

De acordo co previsto no capítulo 11 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello do 29 de setembro de 2003, poderánselles conceder aos produtores de ovino e cabrún os seguintes pagamentos ligados: prima por ovella e prima por cabra e prima adicional por ovella e cabra.

A contía destes pagamentos e os límites nacionais determinaranse atendendo ao establecido no artigo 67 e no capítulo 11 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello do 29 de setembro.

Artigo 66º.-Condicións de concesión.

1. Ao abeiro do disposto no capítulo 11 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003, para ter dereito ás axudas, os produtores deberán solicitalo de acordo cos modelos DP, RG e OC do anexo 1 desta orde, e ademais:

a) Ter asignado un límite individual de dereitos de prima, de acordo co establecido no Real decreto 1839/1997, do 5 de decembro, polo que se establecen as normas para a realización de transferencias e cesións de dereitos de prima e para o acceso á reserva nacional.

Este límite non pode ser inferior a 10. Ademais, o número de animais polo que se presente unha solicitude de prima non poderá ser inferior a 10.

b) Manter na súa explotación un número de animais que cumpran as condicións para a súa concesión igual, polo menos, a aquel polo que solicitase a axuda correspondente, durante un período mínimo de cen días, contados a partir do día de finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Calquera variación do número de animais obxecto de solicitude, incluíndo o seu traslado, deberá ser comunicado polo solicitante á autoridade competente.

c) Cumprir coas obrigas derivadas do Real decreto 947/2005, de 29 de xullo.

Artigo 67º.-Prima por ovella e por cabra.

1. O produtor que posúa ovellas na súa explotación poderá obter a prima por ovella prevista no artigo 113.1º do Regulamento (CE) nº 1782/2003, de acordo coas condicións previstas na presente orde e na lexislación estatal e comunitaria.

2. O produtor que posúa cabras na súa explotación poderá obter a prima por cabra prevista no artigo 113.2º do Regulamento (CE) nº 1782/2003 sempre que a súa explotación se encontre sita nas provincias de Ourense ou Pontevedra ou nas zonas de montaña, tal como se definen no artigo 18 do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, das provincias da Coruña e Lugo.

3. O período que hai que considerar, en relación cos produtores de ovino que comercializan leite ou produtos lácteos de ovella, é o ano natural correspondente a aquel no que se solicita a prima.

Artigo 68º.-Prima adicional por ovella e cabra.

Poderán obter a prima complementaria prevista no artigo 114 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 os produtores de ovino e cabrún cando a súa explotación se encontre sita nalgún dos municipios indicados no anexo 19 da presente orde, e sempre que, polo menos, o 50 por cento da superficie dedicada á agricultura se sitúe en zonas desfavorecidas segundo a definición establecida no Regulamento (CE) nº 1257/1999. Ademais, no caso de produtores de cabras, estas zonas desfavorecidas deberán corresponder ás indicadas no número 2 do artigo anterior.

Artigo 69º.-Prima por ovella e cabra. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo I e documentación xeral indicada no artigo 3.5º, os solicitantes de prima por ovella e cabra con explotación fóra da Comunidade Autónoma de Galicia deberán xuntar unha fotocopia da folla do libro de explotación na que figuren os datos identificativos da explotación e do agricultor, a folla de balance, ou ben as follas de entradas e saídas onde figure o total de animais polos que se solicita a axuda tal e como establece o Real decreto 947/2005, do 29 de xullo, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro de animais das especies de ovino e cabrún.

Capítulo IV

Dos pagamentos por aplicación do artigo 69 do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, no sector de gando vacún

Artigo 70º.-Definicións e exclusións.

a) Para efectos destes pagamentos, entenderase como agricultor a título principal o que obtén máis do 50 por cento da súa renda procedente da actividade agraria durante o último ano dispoñible e cotiza ao réxime especial agrario ou ao réxime de autónomos equivalente desde o 1 de xaneiro do ano 2006.

b) Serán excluídos da percepción destes pagamentos aqueles agricultores que incumpran o establecido no artigo 53.1º desta orde sobre uso e posesión de substancias prohibidas.

Sección primeira

Pagamento adicional a explotacións que manteñan vacas nutrices

Artigo 71º.-Obxecto, contías e límites.

O obxecto é concederlles un pagamento adicional aos agricultores que manteñan vacas nutrices, co fin de incentivar o mantemento de actividades gandeiras beneficiosas desde o punto de vista ambiental, que realicen unha utilización racional dos recursos naturais pastables e conserven o patrimonio xenético do noso gando.

A contía total destinada para pagamentos adicionais aos produtores de vacas nutrices, en España, será de 47.966.030 euros para o ano 2006. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación establecerá a contía base do pagamento adicional por vaca nutriz tendo en conta que, en cada rabaño, só se recibirá esta axuda polas 100 primeiras cabezas do rabaño e o importe por cabeza modularase proporcionalmente aos efectivos do rabaño, de forma que:

-Polas primeiras 40 cabezas, cobrarase o pagamento adicional completo.

-De 41 a 70 cabezas, percibiranse dous terzos do pagamento adicional.

-De 71 a 100 cabezas, percibirase un terzo do pagamento adicional.

No caso de explotacións asociativas, esta modulación será aplicada por cada agricultor a título principal, tendo en conta os datos na data de finalización do prazo de solicitude. Para estes efectos, cando o titular sexa unha persoa física computarase como agricultor a título principal, o cónxuxe e os familiares de primeiro grao, sempre que estes cumpran a condición de agricultor a título principal.

Artigo 72º.-Condicións da concesión.

1. Este pagamento concederase aos agricultores que o soliciten de acordo cos modelos DP, RS, PA, RG e AN do anexo I da presente orde e cumpran as condicións establecidas nela e na normativa estatal e comunitaria aplicable. A axuda concederase polas vacas nutrices que manteñan, teñan ou non dereitos de prima, durante un período mínimo de seis meses consecutivos a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude. Non se admitirá un número de xovencas superior ao 40 por cento do número total de animais solicitados.

2. A concesión deste pagamento estará supeditada a que a carga gandeira da explotación do solicitante non exceda de 1,5 UGM por hectárea, dedicada á alimentación dos animais nela mantidos, de acordo coa declaración de superficie forraxeira realizada polo solicitante e calculada segundo o establecido no punto 3 deste artigo.

Non obstante, os produtores quedarán exentos da aplicación da carga gandeira cando o número de animais que manteña na súa explotación e que deba tomarse en consideración para a determinación da dita carga non supere as 15 UGM.

3. A determinación da carga gandeira da explotación realizarase tendo en conta a media de seis días, considerando o primeiro día de cada mes do período de retención e:

a) O número de animais que se converterá en unidades de gando maior (UGM) de acordo coas seguintes equivalencias:

I. Bovinos machos e xovencas de máis de 24 meses, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,00 UGM.

II. Bovinos machos e xovencas de 6 a 24 meses de idade: 0,6 UGM.

III. Ovinos e cabrúns solicitados: 0,15 UGM.

b) A superficie forraxeira da explotación segundo a definición do artigo 7.1. o).

4. Para efectos desta axuda as comunicacións á base de datos de identificación e rexistro nos prazos establecidos consideraranse válidas as substitucións, baixas e renuncias de animais solicitados.

Artigo 73º.-Documentación complementaria.

1. Ademais da solicitude específica do anexo 1 e da documentación xeral indicada no artigo 3º.5, os solicitantes do pagamento adicional por vaca nutriz deberán achegar, cando as unidades de produción gandeira do titular da explotación estean sitas noutra comunidade autónoma, copias da portada e das páxinas do libro da explotación gandeira onde estean inscritas as vacas e xovencas polas que solicitan prima.

2. Para acreditar a condición de agricultor a título principal (ATP) á que fai referencia no derradeiro parágrafo do artigo 70 desta orde xuntarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI/NIF (anverso e reverso) ou do CIF do titular da explotación e de todos os ATP que a integran.

b) Documentación xustificativa da condición de ATP das persoas declaradas nesta solicitude como tales (alta en REASS desde o 1 de xaneiro de 2006 e IRPF do último ano dispoñible).

c) No caso de que non se trate dunha explotación asociativa, documentación xustificativa da relación de cónxuxe ou familiar de primeiro grao co titular da explotación (libro de familia).

d) No caso de cooperativas agrarias de produción, SAT, sociedades civís, comunidades de bens e outras persoas xurídicas:

I. Fotocopia da declaración do imposto de sociedades e do de retencións dos rendementos de traballo.

II. Documentación que relacione e xustifique o número de membros e fotocopia do DNI (anverso e reverso) de todos eles.

Sección segunda

Pagamento adicional á produción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente

Artigo 74º.-Obxecto, contías e límites.

1. O obxecto é concederlles un pagamento adicional aos agricultores de carne de vacún para incentivar a mellora da calidade e a comercialización desta carne.

2. A contía total destinada para este pagamento adicional en España é de 7 millóns de euros para o ano 2006. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación establecerá anualmente a contía do pagamento adicional por cabeza dividindo o montante global dos fondos entre o número de cabezas que cumpran as condicións de concesión do artigo seguinte, un máximo de 200 cabezas por explotación.

Artigo 75º.-Condicións de concesión.

1. Este pagamento concederáselles aos agricultores que o soliciten de acordo co modelo AC do anexo 2 desta orde e cumpran as condicións establecidas nela e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. A axuda concederáselles aos agricultores de carne de vacún polas cabezas sacrificadas dentro dalgún dos seguintes sistemas de calidade recoñecidos oficialmente:

a) Indicacións xeográficas protexidas ou denominacións de orixe protexidas.

b) Gandaría ecolóxica ou integrada.

c) Etiquetaxe facultativa da carne que implique uns requisitos superiores aos exixidos na normativa xeral.

Artigo 76º.-Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 2 e da documentación xeral indicada no artigo 3.5º, os solicitantes de pagamento adicional á produción de vacún de carne de calidade deberán presentar:

a) Documento xustificativo da inscrición nunha indicación xeográfica protexida, gandaría ecolóxica ou integrada ou calquera outra identificación adicional da etiquetaxe que se refira a determinadas características ou condicións de produción de carne etiquetada ou do animal ou animais do que proceda, coa primeira solicitude deste tipo que presenten.

b) Autorización ao Fogga para que solicite á I.X.P. Ternera Gallega ou outras marcas de calidade, a información necesaria para comprobar as condicións de concesión, así como relación das marcas auriculares de animais sacrificados no marco deses programas.

Sección terceira

Do pagamento adicional no sector lácteo

Artigo 77º.-Obxecto, contía e límites.

1. O obxecto é concederlles un pagamento adicional aos agricultores de explotacións leiteiras para

favorecer a calidade do leite cru producido nas explotacións de vacún de leite co compromiso do gandeiro de acollerse a un sistema para asegurar a calidade.

2. A contía máxima dos pagamentos adicionais ao sector lácteo en España será de 19.700.000 euros para o ano 2006. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación establecerá o importe anual do pagamento adicional por quilogramo de cota dispoñible a 31 de marzo de 2006 tendo en conta que só se recibirá esta axuda por un máximo de 500.000 quilos por explotación. Se é o caso de explotacións asociativas, o límite de 500.000 quilos será modificado en función do número de agricultores a título principal de que se compoña na data de finalización do prazo de solicitude. Para estes efectos, cando o titular sexa unha persoa física computarase como agricultor a título principal o cónxuxe e familiares de primeiro grao, sempre que estes cumpran a condición de ATP.

Artigo 78º.-Condicións de concesión.

1. Este pagamento concederáselles aos agricultores que o soliciten de acordo cos modelos DP, RG e AL do anexo 1 desta orde e cumpran as condicións establecidas nela e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. A axuda concederáselles aos agricultores con explotacións de gando vacún leiteiro que cumpran na data de finalización do prazo de solicitude as seguintes condicións:

a) Que se acollan de forma voluntaria ao programa de mellora da calidade do leite que establece anualmente a Consellería do Medio Rural ou ao sistema de calidade descrito na Guía de prácticas correctas de hixiene que se recolle no anexo XIX do Real decreto 1618/2005, do 30 de decembro, coa finalidade de alcanzar o seu cumprimento nos aspectos relacionados coas condicións hixiénico sanitarias da produción do leite.

b) Non ser sancionado polo incumprimento da normativa vixente en materia de calidade do leite cru nos tres anos anteriores ao 2006.

Artigo 79º.-Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 1 e da documentación xeral indicada no artigo 3.5º, os solicitantes do pagamento adicional no sector lácteo deberán presentar unha declaración de acollerse de forma voluntaria ao programa de mellora da calidade do leite establecido pola Consellería do Medio Rural ou á Guía de prácticas correctas de hixiene.

No caso de explotación asociativas, para a xustificación do número de ATP de que se compoña na data de finalización da solicitude presentarase a documentación especificada no artigo 73.2.d).

Capítulo V

Da indemnización compensatoria

Artigo 80º.-Ámbito de aplicación.

Poderáselles conceder unha indemnización compensatoria anual aos agricultores que reúnan os requisitos que se establecen no artigo 82, polas superficies das explotacións que radiquen nos municipios incluídos na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, cualificadas como zonas de montaña, despoboamento ou con dificultades especiais, conforme os artigos 18, 19 e 20, respectivamente, do Regulamento (CE) nº 1257/1999, e que se indican no anexo 19 desta orde.

Artigo 81º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas indicadas na presente sección as persoas físicas que reúnan as seguintes condicións:

a) Ser agricultor a título principal ou titular dunha explotación agraria cualificada como prioritaria, ben a título individual ou como socio dunha explotación agraria constituída como cooperativa ou sociedade agraria de transformación. Cada socio poderá percibir a indemnización correspondente á súa cota de participación que, se é o caso, deberá acumularse á da súa explotación individual para os efectos de cálculo dunha indemnización compensatoria única.

b) Residir no termo municipal no que radique a súa explotación ou nalgún dos municipios limítrofes situados en zonas desfavorecidas.

c) Comprometerse, formalmente, a manter a actividade agraria, polo menos durante os cinco anos seguintes á data na que cobre a indemnización, salvo xubilación ou causa de forza maior.

d) Comprometerse, formalmente, a exercer a agricultura sustentable empregando métodos de boas prácticas agrícolas, adecuadas ás características agrarias da localidade, compatibles co ambiente e o mantemento do campo e da paisaxe, indicadas no anexo 20 desta orde.

Artigo 82º.-Requisitos das explotacións.

1. As explotacións obxecto da axuda deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Estar sitas, total ou parcialmente, nas zonas desfavorecidas indicadas no anexo 19 desta orde.

b) Ter unha carga gandeira máxima de 1UGM/ha de superficie forraxeira en comarcas con pluviometría media anual inferior a 600 mm/ano; inferior a 1,5 UGM/ha, en comarcas con pluviometría media anual entre 600 e 800 mm/ano; e inferior ou igual a 2 UGM/ha en comarcas con pluviometría superior a 800 mm/ano. A carga gandeira mínima deberá ser maior ou igual a 0,2 UGM por hectárea.

c) Ter unha superficie agrícola superior a 2 ha.

d) Cumprir as boas prácticas agrarias habituais, indicadas no anexo 20.

e) Para efectos do cálculo da carga gandeira indicada na alínea b) anterior terase en conta:

1) Para a determinación das UGM, a media dos censos de machos e femias de bovino dos seis primeiros meses de 2006, o número de machos e femias de ovino, cabrún e équidos presentes na explotación no momento da solicitude, que se converterán en UGM de acordo coas seguintes equivalencias:

* Équidos de máis de 6 meses: 1 UGM.

* Touros, vacas e outros bovinos de máis de 24 meses: 1 UGM.

* Bovinos de máis de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

* Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

2) Para a determinación da superficie forraxeira teranse en conta as superficies indicadas no artigo 7.1.o) da presente orde.

2. As explotacións para as que se solicite indemnización compensatoria quedarán inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias como perceptoras deste tipo de axuda da Consellería do Medio Rural.

Artigo 83º.-Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 1, incluíndo os impresos DP, RS, PA, RG e IC, e da documentación xeral indicada no parágrafo 5 do artigo 3, os solicitantes de indemnización compensatoria achegarán a seguinte documentación:

a) Copia da portada e da folla do censo de animais do libro de explotación gandeira, se existen unidades de produción noutra comunidade autónoma.

b) Certificado de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no de traballadores autónomos, pola súa actividade agraria, ou o último cupón de pagamento á Seguridade Social neste réxime.

c) Certificado da SAT ou cooperativa, se é o caso, acreditativo da porcentaxe de participación do solicitante nela, segundo modelo ICC do anexo 1.

d) Copia da declaración do IRPF do ano 2004 ou compromiso de presentar a do ano 2005, se é novo solicitante.

e) Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do declarante, do cónxuxe ou de ambos os dous, no caso de que na declaración do IRPF se inclúan rendementos do traballo.

Artigo 84º.-Incompatibilidades.

A indemnización compensatoria será incompatible coa percepción polo beneficiario dunha pensión de xubilación, de subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

Capítulo VI

Da condicionalidade

Artigo 85º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

O presente capítulo ten por obxecto establecer na Comunidade Autónoma de Galicia, as boas condicións agrarias e ambientais e requisitos legais de

xestión que deberá cumprir o agricultor de acordo coa condicionalidade das axudas directas da Política Agrícola Común, de conformidade co Regulamento (CE) nº 1782/2003, no ano 2006.

Tamén se define un sistema para a aplicación dos controis e as reducións, no relativo á condicionalidade, nos pagamentos de conformidade co Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control previstos no Regulamento (CE) nº 1782/2003, co Real decreto 2352/2004, do 23 de decembro, sobre a aplicación da condicionalidade en relación coas axudas directas no marco da política agrícola común e co Decreto 594/2005 da Xunta de Galicia, do 29 de decembro, sobre a distribución de competencias na aplicación e control da condicionalidade en relación coas ditas axudas.

Artigo 86º.-Obriga de cumprir os requisitos da condicionalidade.

Todo agricultor que reciba pagamentos directos dos establecidos nos capítulos II, III e IV do título III desta orde deberá observar os requisitos legais de xestión a que se refire o anexo 22 desta orde, así como as boas condicións agrarias e agroambientais indicadas no anexo 23.

Artigo 87º.-Pastos permanentes.

O agricultor titular de superficies dedicadas a pastos permanentes aterase ás exixencias previstas na normativa comunitaria así como ás que estableza a Consellería do Medio Rural, co obxecto de previr que a superficie total de pastos permanentes sufra unha redución significativa segundo o previsto no artigo 5 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 e no artigo 3 do Regulamento (CE) nº 796/2004, no que se recollen as marxes de redución anual admisibles respecto á proporción de referencia para 2003.

No suposto de exceder a nivel nacional as citadas marxes e de acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (CE) nº 796/2004, e no caso de que se produza tamén exceso na Comunidade Autónoma de Galicia, o director do Fogga establecerá as obrigas de carácter individual que sexan necesarias, sen prexuízo das competencias de coordinación que lle correspondan ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Artigo 88º.-Control da condicionalidade.

1. O Fogga, organismo pagador dos fondos FEOGA-Garantía en Galicia, é o responsable da aplicación do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda, establecido no artigo 17 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que se aplicará tamén á condicionalidade.

2. O Fogga será o órgano de control do cumprimento das boas condicións agrarias e ambientais establecidas no anexo 23 desta orde.

3. A Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria será o órgano de control especializado para os requisitos legais de xestión que se indican no anexo I do Decreto 594/2005 da Xunta de Galicia.

Artigo 89º.-Sistemática de control.

O Fogga realizará as seguintes funcións:

a) Elaboración do plan de controis, no marco do establecido nos artigos 7 e 8 do Real decreto 2352/2004, con detalle do sistema de selección de mostras, características e amplitude dos controis, dinámica de elaboración das actas e informes de control. O plan de control da condicionalidade pode formar parte do plan xeral de control do Sistema Integrado de Xestión e Control.

b) Selección da mostra de control baseada nunha análise de riscos previa realizada segundo o disposto no artigo 45 do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión. Esta mostra alcanzará como mínimo o 1% do total de solicitudes recibidas, de tal modo que a mostra estea incluída dentro das solicitudes seleccionadas para o control das condicións de admisibilidade.

c) Realización dos controis administrativos precisos para determinar os ámbitos de revisión en cada expediente.

d) Remisión aos órganos especializados, determinados nos artigos 2 e 3 do Decreto 594/2005, do 29 de decembro, das listaxes de expedientes e ámbitos que hai que controlar, coa definición de requisitos que hai que inspeccionar, prazos de inspección e sistemática de avaliación de incumprimentos con base nos criterios de reiteración, alcance, gravidade e persistencia.

e) Realización autónoma dos controis relativos á satisfacción das condicións de boas prácticas agrarias e ambientais.

f) Elaboración dos informes de control específicos para o ámbito das boas condicións agrarias e ambientais previstos no artigo 48 do Regulamento 796/2004 a partir das actas de control correspondentes.

2. Os órganos especializados da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria realizarán as seguintes funcións:

a) Controis físicos nos ámbitos da súas competencias e de acordo coas disposicións normativas vixentes e as especificacións indicadas polo Fogga.

b) Remisión dos informes específicos de control ao Fogga en tempo e forma, de acordo co previsto nos artigos 9 e) e 48.3º do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 90º.-Redución ou exclusión do beneficio dos pagamentos directos.

Cando non se respecten as boas condicións agrarias e ambientais ou os requisitos legais de xestión como consecuencia dunha acción ou omisión directamente atribuíble ao agricultor, o Fogga reducirá

ou anulará consonte o disposto nos artigos 66, 67, 68, 71 e 71 bis do Regulamento (CE) nº 796/2004, o importe total dos pagamentos directos que hai que aboar.

Capítulo VII

Dos límites máximos de superficies, animais e orzamentarios e da modulación

Artigo 91º.-Superación das superficies e do número de animais.

No caso de réximes de axuda para os que se establezan superficies básicas nacionais ou de réximes de primas gandeiras nos que se recolla un número máximo de animais primables terase en conta o establecido no artigo 3 do Real decreto 1618/2005, do 30 de decembro, sobre a aplicación do réxime do pagamento único e outros réximes de axuda directa á agricultura e gandaría.

Artigo 92º.-Superación dos límites orzamentarios.

Os pagamentos directos afectados por un límite orzamentario non poderán superar o límite establecido para cada liña de axuda.

En todo caso aplicarase o disposto no artigo 4 do Real decreto 1618/2005, do 30 de decembro.

Artigo 93º.-Modulación.

1. Todos os importes dos pagamentos establecidos nos capítulos II, III e IV, do título III desta orde e que deban concederse para o ano 2006, reduciranse nun 4 % de acordo co primeiro guión do número 1 do artigo 10 do Regulamento (CE) nº 1782/2003. Os importes obtidos desta medida destinaranse, unha vez deducido o montante destinado ao importe adicional de axuda, a sufragar gastos no marco de desenvolvemento rural.

2. Concederáselles aos agricultores que reciban pagamentos directos ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1782/2003 un importe adicional de axuda que será igual ao que resulte de aplicar a porcentaxe de redución prevista no número 1 ao conxunto de todos os pagamentos ata os primeiros 5.000 euros, sen que a suma total de todos os importes adicionais poida superar o límite máximo establecido para España no anexo II do citado regulamento.

Capítulo VIII

Dos controis, reducións e exclusións

Artigo 94º.-Plans de control de admisibilidade.

O Fogga, no marco dos plans nacionais de control establecidos polo FEGA, elaborará os plans de control de admisibilidade de solicitudes, tanto administrativos como sobre o terreo, de acordo co establecido nos artigos 23 a 40 do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 95º.-Controis administrativos.

1. En virtude do disposto no artigo 24 do Regulamento (CE) nº 796/2004, da Comisión, un dos elementos esenciais dos controis administrativos será

a realización dos cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e aos animais declarados, para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evitar a concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta ou por un animal determinado para o mesmo ano civil.

2. Controis sobre a solicitude unificada.

a) Os servizos provinciais do Fogga recibirán os expedientes, realizarán os controis correspondentes á titularidade da explotación e aos aspectos establecidos nos artigos 2 e 3 da presente orde solicitando, se é o caso, a documentación complementaria necesaria aos produtores, integrarán a información na base de datos e remitiranlles a documentación específica da indemnización compensatoria aos servizos provinciais de Explotacións Agrarias. Concluídos estes controis o Fogga informará á Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias dos expedientes con solicitude de indemnización compensatoria que non superaron estes.

b) Os servizos provinciais do Fogga custodiarán a documentación básica da solicitude unificada e a específica dos réximes indicados no artigo 1º.2. No caso de axudas por superficies, declaracións de superficies forraxeiras e indemnización compensatoria, o Fogga realizará os cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e as comunicacións pertinentes aos solicitantes para evitar a concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta.

c) Os servizos provinciais do Fogga realizarán as análises da documentación e os cruzamentos informáticos necesarios para evitar a concesión de dobres axudas por un animal determinado para o mesmo ano civil nas solicitudes de prima por vaca nutriz, prima de ovino e cabrún e pagamento adicional a explotacións que manteñan vacas nutrices.

d) Os servizos provinciais de Explotacións Agrarias verificarán a documentación e realizarán os cruzamentos informáticos necesarios para garantir que os beneficiarios e explotacións cumpren o establecido nos artigos 82 e 83 da presente orde en relación coa indemnización compensatoria, excepto o indicado na alínea d) e 1. d) respectivamente dos ditos artigos, que será verificado polo Fogga nos controis sobre o terreo.

3. Controis sobre solicitudes doutras primas gandeiras.

Os servizos provinciais do Fogga realizarán a análise da documentación e os cruzamentos informáticos necesarios para evitar a concesión de dobres axudas por un animal determinado para o mesmo ano civil nas solicitudes de primas por sacrificio, e pagamento adicional á produción de carne de vacún de calidade.

Artigo 96º.-Controis sobre o terreo.

No marco dos plans nacionais de control sobre o terreo, establecidos polo Fondo Español de Garan

tía Agraria (FEGA), o Fogga elaborará os plans de control sobre o terreo das axudas baseadas en superficies e primas por gando.

O plan de control sobre o terreo de axudas por superficies establecerá tamén controis relacionados coas superficies para efectos de indemnización compensatoria, de acordo coa normativa específica comunitaria, estatal e autonómica sobre esta axuda, tendo en conta as especificacións que determine a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

O Fogga determinará, en cada caso, as solicitudes concretas que hai que controlar no terreo, respectando, en todo caso, os criterios que se establezan nos plans nacionais, remitíndolle á Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias a relación de expedientes de indemnización compensatoria seleccionados para inspección.

Os controis sobre o terreo efectuaranse de maneira inopinada; non obstante, poderán notificarse cunha antelación limitada ao mínimo estritamente necesario, sempre e cando non se comprometa o propósito do control. Esa antelación, salvo nos casos debidamente xustificados, non excederá de 48 horas.

O Fogga realizará os controis sobre o terreo das solicitudes de superficies en tempo hábil, de maneira que permita efectuar as comprobacións regulamentarias das parcelas agrícolas obxecto das solicitudes de axuda.

Artigo 97º.-Superficie determinada nos controis.

Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo das superficies das parcelas incluídas en cada solicitude, o Fogga definirá a superficie determinada en cada parcela para efectos de axudas por superficies, de superficies forraxeiras ou de indemnización compensatoria.

Artigo 98º.-Reducións e exclusións na determinación das axudas por superficie.

1. Para efectos do establecemento das superficies con dereito a pagamento teranse en conta os artigos 49, 50 e 51 do Regulamento (CE) 796/2004.

2. Se a superficie determinada dentro dun grupo de cultivo dos establecidos no artigo 49 do Regulamento (CE) nº 796/2004 é superior á declarada na solicitude de axuda, será esta última a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda.

3. Se se comproba que a superficie declarada nunha solicitude de axuda por superficie supera a superficie determinada para ese grupo de cultivo, como consecuencia dos controis administrativos ou sobre o terreo, será esta última a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda.

4. Cando para un grupo de cultivos, a superficie determinada sexa inferior á superficie declarada, a axuda calcularase sobre a base da superficie determinada, reducida no dobre da diferenza comprobada se esta é superior ao 3% ou dúas hectáreas, pero inferior ou igual ao 20% da superficie determinada.

Se a diferenza é superior ao 20% da superficie determinada non se concederá axuda ningunha por superficie en relación co grupo de cultivo en cuestión.

5. Se, respecto da superficie global determinada incluída nunha solicitude de axuda no sector de produción vexetal do sistema integrado, a superficie declarada supera a superficie determinada en máis dun 30%, denegarase a axuda a que tivese dereito o produtor neses réximes de axuda no ano civil en cuestión.

Se a diferenza fose superior ao 50%, quedará excluído de novo do beneficio da axuda ata un importe igual ao rexeitado de acordo co parágrafo anterior. Este importe deducirase dos pagamentos das axudas con cargo a calquera dos réximes de axuda da produción vexetal ou animal correspondentes ao sistema integrado, ás que teña dereito o agricultor polas solicitudes que presente durante os tres anos civís seguintes a aquel no que se descubra a declaración excesiva.

6. En caso de sobredeclaración intencional aplicarase o establecido no artigo 53 do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 99º.-Base de cálculo en primas por gando e substitucións de animais.

1. Se o número de animais declarado nunha solicitude de axuda é superior ao determinado como consecuencia de controis administrativos ou sobre o terreo, a axuda calcularase a partir do número de animais determinado.

Non obstante, cando o produtor non puidese cumprir a súa obriga de retención por motivos de forza maior ou por circunstancias excepcionais, conservará o dereito á axuda polo número de animais subvencionables no momento en que se producise o caso de forza maior ou circunstancia excepcional.

2. En ningún caso se poderá conceder unha axuda por un número de animais superior ao indicado na solicitude de axuda.

3. As substitucións de animais da especie bovina que se efectúen deberán realizarse no prazo de 20 días a partir do evento que faga necesaria esa substitución, anotarase no rexistro do produtor no prazo de 3 días desde a substitución e deberase comunicar nos sete días seguintes a esta.

4. As substitucións de gando ovino terán lugar no prazo de 10 días a partir do evento que faga necesaria a substitución, anotaranse no rexistro antes de tres días desta, e comunicaránselle ao Fogga no prazo de cinco días desta.

Artigo 100º.-Reducións e exclusións aplicables aos bovinos.

1. Cando nunha solicitude de axuda de acordo cos réximes de axuda por bovinos se detecte unha diferenza entre o número de animais declarados e o determinado, o importe total de axuda á que teña dereito o produtor reducirase na porcentaxe deter

minada no punto 3 seguinte, se as irregularidades non afectan a máis de tres animais.

2. Se as irregularidades afectan a máis de tres animais o importe total da axuda reducirase da seguinte forma:

a) Unha porcentaxe que se determinará de acordo co punto 3, se non é superior ao 10%.

b) O dobre da porcentaxe que se determinará de acordo co punto 3, se é superior ao 10% pero inferior ou igual ao 20%.

Se a porcentaxe determinada de acordo co punto 3 é superior ao 20% denegarase a axuda con cargo a ese réxime durante o período de prima correspondente.

Se a porcentaxe determinada de acordo co punto 3 é superior ao 50%, o produtor quedará excluído outra vez do beneficio da axuda ata un importe igual ao rexeitado. Ese importe deducirase dos pagamentos das axudas con cargo aos réximes de axuda por bovinos aos que teña dereito o produtor polas solicitudes que presente durante os tres anos civís seguintes a aquel en que se descubra a irregularidade.

3. Para determinar as porcentaxes indicadas nos puntos 1 e 2, o número de animais da especie bovina para os que se presentasen solicitudes con cargo a todos os réximes de axuda por bovinos durante o período de prima correspondente e respecto dos que se detectasen irregularidades, dividirase polo número total de animais da especie bovina determinados para o período de prima correspondente.

4. Cando as diferenzas entre o número de animais declarados e determinados se deriven de irregularidades cometidas intencionadamente aplicarase o establecido no punto 4 do artigo 59 do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 101º.-Reducións e exclusións aplicables aos animais das especies ovina e cabrúa obxecto de solicitude.

1. Cando respecto das solicitudes de axuda con cargo aos réximes de axuda por ovino e cabrún se detecte unha diferenza entre o número de animais declarados e o determinado aplicarase mutatis mutandis o disposto nos puntos 2, 3 e 4 do artigo anterior, desde o primeiro animal do que se comproben irregularidades.

2. Ademais, segundo o disposto no artigo 60 do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, aplicaranse as seguintes penalizacións:

-As do artigo 60.2º do dito regulamento cando o produtor de ovino comercialice leite e produtos lácteos de ovino e non declare tal actividade na súa solicitude de prima.

-As do artigo 60.3º do dito regulamento cando se comprobe que, respecto das primas complementarias, menos do 50% da superficie da explotación está sita nas zonas especificadas no artigo 58 da presente orde.

-As do artigo 60.4º do dito regulamento cando a porcentaxe de superficie da explotación dedicada á agricultura que estea situada nas zonas definidas no artigo 57.2º desta orde, sexa inferior ao 50%.

3. Cando se descubra que as irregularidades do punto anterior se cometesen de modo intencionado, aplicaranse as penalizacións do artigo 60.6º do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 102º.-Circunstancias naturais.

As reducións e exclusións recollidas nos puntos 2, 3 e 4 do artigo 101 e no artigo 102 non se aplicarán cando, por circunstancias naturais da vida do rabaño, o produtor non poida cumprir o seu compromiso de manter os animais obxecto de solicitude de axuda durante o período de retención, sempre e cando lle notificase ese extremo por escrito ao Servizo Provincial do Fogga nun prazo de 10 días hábiles dende a comprobación da redución do número de animais.

Os servizos provinciais do Fogga poderán admitir, sen prexuízo das circunstancias concretas que se poidan ter en conta en cada caso, como casos de circunstancias naturais da vida do rabaño.

a) A morte dun animal como consecuencia dunha enfermidade.

b) A morte dun animal como consecuencia dun accidente do que non se poida considerar responsable ao gandeiro.

Artigo 103º.-Forza maior e circunstancias excepcionais.

1. Os casos de forza maior e de circunstancias excepcionais, coa presentación das probas pertinentes a enteira satisfacción do Fogga, deberán notificarse por escrito nun prazo de 10 días hábiles a partir do momento en que o produtor se encontre en situación de facelo.

2. Para tal efecto, o Fogga poderá recoñecer como circunstancias excepcionais os supostos seguintes:

a) A morte do produtor.

b) Unha longa incapacidade profesional do produtor, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

c) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente a superficie agrícola da explotación.

d) A destrución accidental dos edificios da explotación destinados ao gando.

e) Unha epizootía que afecte a todo ou parte do gando do produtor.

Capítulo IX

Da resolución e o pagamento

Artigo 104º.-Resolución das solicitudes.

1. Solicitudes de axudas a superficies e primas por gando.

Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo establecidos nos artigos 96 e 97

e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación os coeficientes previstos nos artigos 3 e 4 do Real decreto 1618/2005, do 30 de decembro, se é o caso, o Fogga establecerá, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies, o número de animais e a cota láctea con dereito a recibir as axudas, e os importes de axuda que lles corresponde.

Ao mesmo tempo, o dito organismo establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiran ao sistema integrado de xestión e control, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

Os servizos provinciais do Fogga, despois de efectuar os controis administrativos e sobre o terreo pertinentes, elevarán a oportuna proposta, a través da delegación provincial, ao director do organismo sobre as solicitudes presentadas.

O director do Fogga será competente para resolver as solicitudes de primas gandeiras e axudas por superficies.

2. Solicitudes de indemnización compensatoria:

Unha vez realizados polos servizos provinciais de Explotacións Agrarias os controis administrativos correspondentes, a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas, tras o informe do órgano colexiado constituído para o efecto e integrado polo presidente, que será o subdirector xeral de Explotacións Agrarias e por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral, con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario, proporalle ao conselleiro a axuda que corresponda a cada solicitude quen resolverá sobre elas. Para a resolución das solicitudes relativas á indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas se, unha vez determinado o importe da axuda correspondente a todas as solicitudes recibidas e que cumpran todos os requisitos, este supera o orzamento dispoñible previsto na alínea b) da disposición adicional primeira, incluídos os incrementos previstos, aplicaranse de acordo co Real decreto 708/2002, do 14 de xullo, os seguintes criterios de

prioridade:

1) Titulares de explotacións que reúnan os requisitos de agricultor mozo.

2) Solicitantes incluídos nalgún dos programas agroambientais establecidos na Orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 23 de agosto de 2002 e as súas posteriores modificacións.

3) Titulares de explotacións que acrediten realizar un nivel máis elevado das boas prácticas agrarias, utilizando a carga gandeira como parámetro.

4) Titulares de explotacións localizadas en zona de Rede Natura 2000.

Dentro de cada grupo terán prioridade as explotacións situadas en zonas de montaña (art. 18 do Regulamento (CE) nº 1257/1999).

3. Os servizos provinciais do Fogga e de Explotacións Agrarias, despois de efectuar os controis administrativos e sobre o terreo pertinentes, elevarán a oportuna proposta, a través da delegación provincial, ao director do organismo e ao director xeral de Estruturas e Infraestruturas, respectivamente, sobre as solicitudes presentadas.

O director do Fogga será competente para resolver as solicitudes de primas gandeiras e axudas por superficies. A resolución das solicitudes de indemnización compensatoria corresponderalle ao Conselleiro do Medio Rural, logo da proposta da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas.

Artigo 105º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 106º.-Importes unitarios das axudas e primas.

1. Os importes unitarios das axudas ligadas á superficie de cultivos herbáceos para a campaña de comercialización 2006/2007 serán os establecidos de acordo cos artigos 3 e 4 do Real decreto 1618/2005, do 30 de decembro, e cos artigos 66 e 69 do título III e co previsto no título IV do Regulamento 1782/2003, do 29 de setembro, cun máximo de 15,75 euros/tonelada no caso de cereais, oleaxinosas e proteaxinosas e retirada de terras. O pagamento por superficie calcularase multiplicando a cantidade básica por tonelada polo rendemento medio para os cereais determinado no plan de rexionalización para a comarca de que se trate.

A axuda específica aos produtores de proteaxinosas establecida no capítulo 2 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, será de 55,57 euros por hectárea de cultivo con dereito a axuda.

2. Os importes unitarios das primas por gando ligados á produción para o ano 2006 serán as resultantes da aplicación do establecido nos artigos 68 e 69 e no capítulo 12 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello do 29 de setembro, cos máximos que se indican a continuación:

a) Axudas ligadas de gando vacún:

-Prima por cada vaca nutriz con dereito a axuda:

Máximo de 186 euros por prima base.

Máximo de 22,46 euros de prima nacional complementaria.

-Prima por sacrificio de bovinos:

Máximo de 29,76 euros por adulto con dereito a axuda.

Máximo de 46,5 euros por xato con dereito a axuda.

b) Axudas ligadas de ovino-cabrún.

-Prima por ovella con dereito a prima.

Máximo de 10,5 euros por ovella.

Máximo de 8,4 euros por ovella para os produtores que comercialicen leite ou produtos lácteos de ovella.

-Prima por cabra con dereito a prima.

Máximo de 8,4 euros por cabra.

-Primas adicionais por ovella e cabra con dereito a prima.

Máximo de 3,5 euros por ovella e cabra.

3. A contía da indemnización compensatoria anual que percibirá cada solicitante determinarase en función das superficies indemnizables e coeficientes que se indican no anexo 21, partindo dos módulos base recollidos na normativa básica estatal.

Artigo 107º.-Pagamentos das axudas e primas.

1. O Fogga realizará os trámites pertinentes para efectuar, cando finalizasen todos os controis establecidos nos artigos 24 a 40 do Regulamento (CE) nº 796/2004, con carácter xeral, os pagamentos recollidos no punto 1.2º do artigo 1 entre o 1 de decembro de 2006 e o 30 de xuño de 2007.

2. Non obstante o disposto no punto 1 anterior, a partir do 16 de outubro de 2006 aboaranse anticipos das primas por vaca nutriz, e das primas por sacrificio para todas aquelas solicitudes cuxos controis finalizasen de acordo co establecido no artigo 126 do Regulamento 1973/2004, da Comisión do 29 outubro de 2004.

3. O Fogga realizará os pagamentos derivados do importe adicional da axuda citada no artigo 93.2 desta orde, como máis tardar o 30 setembro de 2007.

4. A Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas realizará os trámites pertinentes para autorizar, cando finalizasen todos os controis establecidos, o pagamento da indemnización compensatoria.

Artigo 108º.-Recursos administrativos.

1. Contra as resolucións do director do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do citado organismo, no prazo dun mes contado desde a notificación da resolución que se recorre.

2. Contra as resolucións que se diten nos expedientes de solicitudes de indemnización compensatoria cabe interpor, potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural ou ben impugnalos, directamente, ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Artigo 109º.-Recuperación dos pagamentos indebidos.

1. No caso de pagamento indebido, o produtor quedará obrigado a reembolsar ese importe máis os xuros calculados de acordo co punto 2.

2. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a notificación da obriga de reembolso ao produtor e o reembolso ou a dedución.

O tipo de interese aplicable sería o establecido, anualmente nos orzamentos xerais do Estado para cada exercicio para os xuros de mora.

3. A obriga de reembolso establecida no número 1 non se aplicará se o pagamento é froito dun erro da administración xestora ou doutra autoridade e non podía ser razoablemente detectado polo produtor.

Porén, cando o erro estea relacionado con elementos factuais pertinentes para o cálculo do pagamento correspondente, o parágrafo primeiro deste punto 3 só se aplicará se a decisión de recuperación non se comunicase nun prazo de 12 meses a partir do pagamento.

4. O previsto no número 3 anterior non se lle aplicará aos anticipos.

5. O Fogga e a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas poderán renunciar á recuperación dos importes iguais ou inferiores a 100 euros, xuros non incluídos, por produtor e por período de prima.

Artigo 110º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan exixir os órganos competentes para a xestión de cada axuda ou prima, os solicitantes das axudas previstas na presente orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida polo Servizo de Auditoría Interna do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposicións adicionais

Primeira.

1. A concesión destas axudas realizarase, con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Consellería do Medio Rural, conforme os orzamentos xerais desta comunidade autónoma para 2006, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

a) Para as axudas especificadas nos capítulos III, IV e V da presente orde:

-Aplicación 11.90.614A.779.0, axudas PAC por importe de 7.447.650 euros.

-Aplicación 11.90.614A.779.1, primas gandeiras, por importe de 44.136.132 euros.

b) Para as axudas especificadas no capítulo VI da presente orde, a aplicación 11.02.614A.772.1,

indemnizacións compensatorias, por importe de 2.211.510 euros.

2. A concesión e pagamento das axudas previstas na presente orde que se teñan que efectuar no exercicio seguinte realizaranse con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Consellería do Medio Rural dese exercicio, nas aplicacións orzamentarias sinaladas no punto 1 anterior.

3. As dotacións orzamentarias indicadas nas alíneas a) e b) do punto 1, poderán incrementarse se fose procedente con outros fondos do FEOGA-Garantía, dos orzamentos xerais do Estado e da comunidade autónoma. Nese suposto tramitarase o oportuno expediente de xeración, ampliación ou transferencia de crédito.

En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Segunda.-As oficinas agrarias comarcais responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias sitas no seu ámbito de actuación.

Terceira.- En todo o non previsto nesta orde deberá aplicarse a normativa comunitaria de aplicación e á normativa estatal de transposición.

Cuarta.-Sen prexuízo do previsto nos capítulos VIII e IX do título III desta orde, seralle de aplicación aos beneficiarios das axudas reguladas nela, o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ao abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora das axudas a produtores de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos produtores de carne de ovino e cabrún, dos produtores de vacún e prima láctea dos que manteñen vacas nutrices e indemnización compensatoria en campañas anteriores, ás que non se lles concedeu a subvención solicitada, poderanse ter en conta na presente convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite en que se encontraban á finalización do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Fondo Galego de Garantía Agraria e ao director Xeral de Estruturas e Infraestruturas, no ámbito das súas respectivas competencias, para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural