DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 2006 Páx. 1.673

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 11/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en análise e control.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 811/1993, do 28 de maio, establece o título de técnico superior en análise e control e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 2207/1993, do 17 de decembro, modifica os horarios e os contidos básicos das ensinanzas mínimas, así como os requisitos mínimos de espazos e instalacións, regulados polo Real decreto 811/1993.

O Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño, completa o Real decreto 811/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, número 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

O Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes que imparten as ensinanzas escolares do sistema educativo.

A Orde ECI/2527/2005, do 4 de xullo, actualiza e amplía o disposto no anexo X do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, sobre o acceso directo a estudos universitarios desde a formación profesional para adecualo ás titulacións actualmente existentes.

O Decreto 296/1999, do 21 de outubro, no seu artigo 11, establece os requisitos mínimos de espazos formativos para a impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

Seguindo os principios xerais que deben rexer a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao seu contorno sociocultural.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas deben permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que deben proporcionar o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente coñecementos sobre organización, caracterís

ticas, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector a que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos deben dispor dun determinado número de horas que lles permitan realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativa ao título de técnico superior en análise e control, regulado polo Real decreto 811/1993, do 28 de maio, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

O Real decreto 2207/1993, do 17 de decembro, modifica os horarios e os contidos básicos das ensinanzas mínimas, así como os requisitos mínimos de espazos e instalacións, regulados polo Real decreto 811/1993.

O Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño, completa o Real decreto 811/1993.

2. A denominación, a duración e o nivel de formación profesional do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional

do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste número serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación

profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: análise e control.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Organizar e supervisar a actividade do laboratorio. Desenvolver e aplicar técnicas de ensaio e análises físicas, químicas ou microbiolóxicas sobre materias primas e produtos químicos ou alimentarios, orientados á investigación, á análise ou ao control de calidade, actuando baixo normas de boas prácticas ambientais e de seguridade no laboratorio.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar os plans de control de calidade e concretalos en instrucións escritas (sobre métodos analíticos, técnicas para empregar, manexo de equipamentos ou especificacións de calidade) para pór a punto, ensaiar ou analizar produtos químicos ou alimentarios.

* Realizar ensaios e análises variadas e complexas, con posibilidade de posta en marcha de técnicas innovadoras; participar no control de calidade; asegurar a validación dos actos profesionais nas diversas etapas da súa realización; estimar os riscos e pór en marcha os medios de prevención.

* Pór en servizo e utilizar correctamente o material e os aparellos, vixiar o seu bo funcionamento, detectar as anomalías eventuais, asegurar o seu mantemento e realizar reparacións simples.

* Ter una visión global e integrada dos métodos de análise, en relación ao control de calidade de materias nas distintas fases do proceso produtivo, e comprender a función dos medios ao seu cargo e as dimensións técnicas, organizativas, económicas e humanas do seu traballo.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais sobre as actuacións propias ou as dos outros, consonte as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito da súa competencia, e consultando esas decisións cando as súas repercusións económicas e de seguridade sexan importantes.

* Discernir, ante situacións non previstas no proceso de análise e control de calidade, aquelas en que se deba consultar, e dirixirse á persoa adecuada.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de menor nivel de cualificación.

* Participar na posta a punto de técnicas novas e na adaptación aos equipamentos do persoal ao seu cargo, así como propor melloras relacionadas coa eficacia e a seguridade.

* Cumprir funcións organizativas e de seguimento dun equipo de traballo e avaliar as necesidades e os custos de produtos e dos materiais consumibles, xestionando as súas existencias.

* Transmitir con propiedade e precisión ordes de traballo e resultados das probas e dos ensaios realizados, así como elaborar informes e transmitir ou intercambiar, por medios convencionais ou informáticos, informacións científicas ou técnicas no marco da súa especialidade.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, na organización laboral e nos aspectos económicos relacionados coa profesión.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que se está integrado: responsabilizarse da consecución dos obxectivos asignados ao grupo; respectar o traballo dos demais; organizar e dirixir tarefas colectivas; cooperar na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos subordinados.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este profesional recibe demandas escritas de ensaios, probas e análises que cumpra realizar con materias primas e produtos, e selecciona para outros ou segue el mesmo normas establecidas e instrucións específicas tamén escritas.

Este técnico é autónomo nas seguintes funcións ou actividades xerais:

* Organización e vixilancia do traballo realizado polo persoal ao seu cargo. Adaptación de instrucións escritas sobre procedementos de ensaio, análise e control de calidade de produtos. Control do mantemento operativo ou preventivo realizado aos equipamentos e ás instalacións. Realización e supervisión de ensaios e análise da calidade de produtos.

* Emisión de informes e tratamento da información. Elaboración de propostas de mellora continua para reducir gastos de reactivos, tamaño de mostras e tempo de control, así como para o aproveitamento do espazo compartido.

Pode ser asistido en:

* Posta a punto de técnicas para innovar, adaptar ou perfeccionar as existentes. Autorización sobre a utilización de materias primas no proceso e decisión de rexeitamento de materiais de baixa calidade, así como homologación do provedor baixo criterios establecidos con outros departamentos.

* Relación co departamento de produción para coordinar as tomas de mostras, a súa frecuencia e a comunicación dos resultados no tempo necesario.

Debe ser asistido en:

* Mantemento preventivo e corrector dos instrumentos, os equipamentos e as instalacións da súa área de responsabilidade.

* Intervencións, en casos necesarios, de bloqueo do proceso produtivo en función das desviacións observadas.

* Realización de auditorías de calidade conxuntas con outros departamentos.

* Elaboración de criterios económicos e produtivos aplicables á organización e xestión do laboratorio.

2.4 Unidades de competencia.

* 1. Organizar e xestionar a actividade de laboratorio.

* 2. Organizar e realizar ensaios físicos e fisicoquímicos de identificación e medida.

* 3. Organizar e realizar análises por métodos químicos e instrumentais.

* 4. Organizar e realizar ensaios e determinacións microbiolóxicas.

* 5. Cumprir e facer cumprir as normas de boas prácticas de seguridade e ambientais no laboratorio.

* 6. Determinar e realizar análises e ensaios de control de calidade.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar a actividade de laboratorio.

Realizacións e criterios de realización.

* 1.1. Interpretar os plans de control de calidade e definir os procedementos e as instrucións para a aplicación das técnicas de ensaio e análise, aproveitando convenientemente os recursos dispoñibles.

-Interprétanse correctamente os plans de análise e control de calidade.

-Interprétanse correctamente as instrucións xerais que supoñan a realización sincronizada de múltiples operacións máis sinxelas.

-Desagréganse as instrucións xerais nas secuencias de operacións que debe levar a cabo o propio traballador e os traballadores da súa área de responsabilidade.

-Particípase na elaboración de instrucións escritas (procedementos) sobre métodos, fichas analíticas e historial de produtos, e vixíase a súa correcta utilización.

-As instrucións están actualizadas, dispoñibles e de acordo coas normas de boas prácticas en laboratorio.

* 1.2. Establecer o traballo diario do laboratorio en función do programa de produción ou servizo de análise.

-Organízase o traballo diario de laboratorio en función do programa de produción e da recepción prevista de materias primas, envases e outros compoñentes relacionados co produto que precisen ser controlados á súa chegada á fábrica antes de seren incorporados ao proceso de produción.

-Sincronízanse as tarefas de control con outras rutineiras e necesarias, como a homologación de provedores e envases, ou estudos estatísticos ou reclamacións, para o que se definiu un sistema de prioridades do seu persoal e se controla o seu rendemento.

* 1.3. Coordinar e organizar a actuación do persoal ao seu cargo e os traballos que se realizan na súa área de responsabilidade.

-Mellórase a produtividade do laboratorio coa organización.

-Asígnanselle tarefas e responsabilidades a cada persoa de acordo cos seus coñecementos e as súas aptitudes.

-Colabórase co xefe de laboratorio e co seu equipo para cubrir as súas necesidades, actuando como canle de comunicación.

-Amósase interese polos problemas do equipo e inténtase resolvelos.

-Procúrase mellorar as condicións en que se realizan os ensaios e as análises para que sexan máis seguros e sistematizados.

* 1.4. Informar e formar o persoal ao seu cargo nos novos métodos de ensaio e análise, e no manexo de novos equipamentos de laboratorio.

-Prevense as necesidades de formación das persoas do equipo en función de novos ingresos, cambios de posto de traballo, realización de novas tarefas, establecemento de melloras de métodos ou incorporación de novos equipamentos.

-A instrución dos traballadores consegue aforrar materiais, aumentar a calidade e mellorar a coordinación.

-Escríbese e actualízase a información, e asegúrase a comprensión por parte do persoal.

* 1.5. Recoller datos, efectuar cálculos e redactar informes técnicos de análise e de control.

-O informe responde ao obxectivo e contén datos, resultados, conclusións, táboas e os seu destinatarios.

-Contrólase mediante sistemas de doado acceso que os rexistros de datos se manteñan correctamente conservados nos soportes establecidos, e que os documentos de uso estean actualizados.

-Accédese a eles cando cumpra, ben para a realización de informes periódicos rutineiros ou ben para a realización de informes requiridos polos superiores.

-Elabóranse, relaciónanse e sérianse os datos, de acordo coas necesidades do informe requirido.

-Utilízase a terminoloxía axeitada e ofrécense os datos coa precisión e a exactitude debidas.

-Redáctase o informe científico-técnico de xeito conciso, segundo as convencións de redacción, para lles render contas aos seus superiores da marcha dos ensaios e das análises, así como dos resultados obtidos.

-Compílanse os datos co fin de ofrecer unha presentación clara dos parámetros, e realízanse os cálculos para a obtención de resultados.

-Realízanse no informe gráficas, diagramas, histogramas, táboas e cadros necesarios.

-Compáranse os datos e os resultados obtidos con libros de referencia e información técnica de análise de medida ou de ensaios.

-Prepáranse os resultados para seren tratados por medios informáticos.

-Entrégase no prazo adecuado o informe técnico, e este responde ás necesidades do superior ou do solicitante.

* 1.6. Clasificar, pór ao día e distribuír a documentación técnica, para o seu uso no laboratorio ou para realizar apoio técnico ao departamento de vendas.

-Arquívase e consérvase a documentación dos rexistros de xeito íntegro durante o tempo establecido, permitindo a súa rastrexabilidade cando algunha incidencia o requira.

-Actualízanse todos os documentos de uso e retíranse os anteriores.

-Selecciónase a documentación técnica útil na venda e, en caso necesario, transmíteselles aos clientes.

-Clasifícanse e codifícanse os documentos científico-técnicos segundo o sistema establecido.

* 1.7. Xestionar os recursos do laboratorio e controlar as existencias.

-Ordénanse os produtos e os materiais co fin de evitar a súa alteración, e contrólase a axeitada rotación das existencias.

-Contrólanse os produtos e os materiais e, en caso necesario, solicítase a súa reposición.

-Distribúese e contrólase en tempo e forma o traballo.

-Aplícanse criterios económicos na xestión do laboratorio.

-As actuacións cumpren os requisitos de normas de boas prácticas de laboratorio.

-Realízase o inventario do material do laboratorio e contrólanse as existencias mínimas prefixadas.

* 1.8. Relacionarse con outros departamentos da empresa segundo as necesidades e dar apoio técnico ao departamento de vendas, por solicitude dese departamento.

-Mantéñense relacións de modo habitual e constante no desenvolvemento do traballo coa práctica totalidade dos demais departamentos da empresa a niveis análogos de responsabilidade, de xeito especial coas áreas de produción, seguridade e mantemento.

-Particípase en reunións e procesos de coordinación interdepartamentais, nomeadamente na investigación de accidentes e incidentes.

-Cando se solicita, particípase, en equipos de traballo interdepartamentais para o desenvolvemento de proxectos, a implantación de innovacións ou a fabricación do primeiro lote de produto.

-Particípase, cando se solicita, en proxectos ou actividades con outras empresas ou entidades da Administración pública.

-Colabórase co departamento de vendas, tanto na asistencia técnica á clientela (análise do comportamento dos produtos, adestramento no uso de produtos, etc.) como nos labores de márketing (demostracións e aclaracións técnicas).

Dominio profesional

Medios de produción.

* Equipamentos informáticos. Simuladores e equipamentos de adestramento. Medios audiovisuais e paneis de información. Arquivos.

Materiais e produtos intermedios.

* Plans de análise e control de calidade. Documentación de partida para ser clasificada ou utilizada: rexistros de produción, rexistros de ensaio e análise, manuais de normas, manuais técnicos, catálogos de produtos químicos e de material de laboratorio, revistas e xornais actualizados, informes de investigacións e de desenvolvemento tecnolóxico, etc.

Produtos finais.

* Información técnica con especificacións técnicas de produtos, normas de traballo ou métodos establecidos, tarifas de tempos, listaxes de materiais e procedementos normalizados de operación. Documentación clasificada, actualizada e en disposición de uso. Informes técnicos. Inventario de laboratorio. Cursos de formación.

Procesos, métodos e procedementos.

* Proceso de control de calidade. Métodos de elaboración de informes. Métodos de clasificación de documentación. Métodos de ensaio. Métodos de análise.

Información.

* Organigrama da empresa. Programa de análise e control. Procedemento e instrucións de ensaio e análise. Normas derivadas do convenio colectivo e outras regulamentacións. Documentación de produtos e equipamentos.

Persoal e/ou organizacións destinatarias.

* Departamento de produción. Departamento de vendas. Persoal ao seu cargo.

2.5.2. Unidade de competencia 2: organizar e realizar ensaios físicos e fisicoquímicos de identificación e medida.

Realizacións e criterios de realización.

* 2.1. Seleccionar a técnica máis adecuada ao tipo de produto e aos requisitos do ensaio.

-Estúdanse as características do ensaio requirido, tanto para control como para a certificación ou a investigación.

-Téñense en conta a precisión e a exactitude solicitadas da medida.

-Considérase a periodicidade coa que se vai realizar o ensaio (habitual, ocasional ou único), así como o seu custo económico.

-Téñense en conta os condicionantes da mostra (insubstituíble, cantidade mínima, inestable, ensaio in situ, etc.) para os considerar como criterios eliminatorios na selección da técnica.

-Consúltanse as normas oficiais para ensaios de certificación e as monografías nos ensaios de control.

-Estúdanse os métodos existentes segundo os medios dispoñibles no laboratorio para concluír nos métodos utilizables no ensaio.

-Adáptanse os métodos utilizables aos criterios previos e, a partir do coñecemento básico dos métodos, selecciónase o óptimo.

* 2.2. Tomar a mostra, codificala e preparala adecuando as súas condicións ao ensaio.

-Realízase a mostraxe baixo normas de control de calidade, de xeito que sexa representativo.

-Realízase, en caso necesario, a montaxe segundo esquema, conéctase aos servizos auxiliares e realízanse as operacións básicas para o tratamento da mostra.

-Realízanse as operacións necesarias para adaptar as mostras ás condicións do ensaio.

-Realízase unha ficha da mostra (etiqueta) cos datos de identificación apropiados (data, número de lote, produto, etc.).

-Rexístrase calquera cambio significativo na mostra: forma, cor, numeración, etc.

* 2.3. Axustar o equipamento de ensaio ás condicións da mostra.

-Selecciónanse os equipamentos e os instrumentos, e compróbase o seu funcionamento.

-Calíbranse e axústanse os instrumentos ás necesidades do ensaio.

-Colócase a mostra no equipamento de maneira adecuada, limpa e segura.

* 2.4. Realizar e supervisar a identificación ou medida de parámetros mediante o ensaio.

-Realízase a lectura do instrumento de medida nas unidades e na forma adecuadas.

-Realízase unha seriación de mostras para comprobación da medida.

-En caso de discrepancias entre as lecturas, búscase a súa orixe e corríxese o defecto.

* 2.5. Recoller datos, efectuar cálculos e interpretar e avaliar os resultados.

-Conséguense todos os rexistros do ensaio e as mostras medidas.

-Rexístranse todos os datos nos soportes adecuados.

-Realízanse os cálculos necesarios para obter os resultados de identificación ou de medida nas unidades apropiadas.

-En caso necesario, infórmase dos resultados verbalmente ou mediante un informe escrito.

-Unha vez finalizado o ensaio, límpanse e ordénanse os materiais utilizados, e realízase o ensaio dentro do tempo límite previsto, procurando evitar a perda de materiais e a deterioración dos equipamentos.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Instrumentos e aparellos de medida dos parámetros físicos e fisicoquímicos de substancias (aparellos para punto de fusión, aparellos para punto de ebulición, colorímetro, densímetro, refractómetro, viscosímetro, pHmetro, polarímetro; instrumentos de medida de dureza, de tenacidade, de elasticidade, de maleabilidade e ductilidade; tensiómetro, osmómetro, calorímetro e bomba calorimétrica). Instrumental de toma de mostras. Etiquetas. Envases apropiados (PVC, vidro, etc.). Material xeral de laboratorio de ensaios. Equipamento informático. Instrumentos específicos segundo o tipo de produto co que se ensaie.

Materiais e produtos intermedios.

* Mostras en estado sólido, líquido e gasoso de materias primas, de produtos acabados ou semiacabados e de material de acondicionamento.

Produtos finais.

* Substancias identificadas e substancias cos seus parámetros medidos. Rexistros das medidas.

Procesos, métodos e procedementos.

* Métodos de ensaio físicos e fisicoquímicos. Método de calibraxe. Procedemento de rexistro de datos. Normas de seguridade e ambientais. Métodos de toma de mostras e técnicas de preparación de mostras. Métodos estatísticos de presentación de resultados. Procedementos normalizados de ensaio.

Información.

* Boletíns de ensaio con datos rexistrados e, de ser o caso, introducidos en soporte electrónico. Instrucións de funcionamento escritas para cada instrumento.

Persoal e/ou organizacións destinatarias.

* Departamento de produción e laboratorio de industria, ou cliente en laboratorio de servizos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: organizar e realizar análises por métodos químicos e instrumentais.

Realizacións e criterios de realización.

* 3.1. Seleccionar ou definir os métodos de toma de mostras e de análise de acordo coa solicitude da análise.

-Estúdanse as características da análise requirida, ben para control ou ben para certificación ou investigación.

-Téñense en conta a precisión e a exactitude solicitadas da medida.

-Considérase a periodicidade da análise (habitual, ocasional ou única), así como o seu custo económico.

-Téñense en conta os condicionantes da mostra (insubstituíble, cantidade mínima, inestable, ensaio in situ, etc.) para os considerar como criterios eliminatorios na selección do método.

-Estúdanse os métodos existentes segundo os medios dispoñibles no laboratorio para concluír nos métodos utilizables na análise.

-Adáptanse os métodos utilizables aos criterios previos e, a partir do coñecemento básico dos métodos, selecciónase o óptimo.

* 3.2. Tomar, preparar e codificar as mostras para análise e control para a certificación de análises, en mostras críticas ou en fabricación de primeiros lotes.

-Realízase a mostraxe baixo normas de control de calidade, de maneira que sexa representativa e homoxénea.

-Trátase a mostra mediante operacións básicas tendo en conta as normas de seguridade; realízase a montaxe do equipamento correspondente e fanse as conexións aos servizos auxiliares necesarios.

-Envásase, precíntase e etiquétase a mostra cos datos e os códigos establecidos (data, número de lote, tipo de mostraxe, observacións etc.).

-Pésase a mostra e prepárase unha disolución homoxénea dela.

-Colócase unha alícuota da disolución tomada no recipiente onde se vaia efectuar o ensaio.

-Trátase a mostra para previr as posibles interferencias ou reducir a súa influencia.

-Realízanse as operacións necesarias para adaptar as mostras ás condicións do ensaio.

-Realízase unha inspección ocular da mostra para observar cambios significativos de forma, cor, numeración, etc.

* 3.3. Preparar e valorar disolucións e reactivos que presenten dificultade ou responsabilidade.

-Selecciónase o material adecuado á cantidade (volume) de disolución ou reactivo que se vai preparar e á precisión necesaria, e cóidase que estea limpo e ordenado.

-Téñense en conta as características do produto que se vaia manipular.

-Realízanse os cálculos de acordo coa concentración da disolución ou reactivo que se vaia obter, tendo en conta as unidades apropiadas e o erro admisible (erro volumétrico, erro estatístico e límite de confianza).

-Valórase a disolución e calcúlase a súa concentración.

-Gárdase a disolución e/ou o reactivo, e fíxase a data de caducidade.

* 3.4. Axustar os equipamentos e os instrumentos ao tipo de análise e á precisión requirida.

-Determínanse as variables ou os parámetros que cumpra identificar na calibraxe dos aparellos segundo o tipo de mostra e a análise que se realice.

-Selecciónanse os equipamentos e os instrumentos tendo en conta o fundamento fisicoquímico do método analítico.

-Coñecidas a sensibilidade (límite de detección) do instrumento e a súa precisión (repetitividade), compróbase o seu correcto funcionamento mediante o paso de padróns ou referencias contrastadas.

-Compróbase a calidade dos reactivos e a súa data de caducidade.

-Calíbranse e axústanse os instrumentos en función das necesidades da análise.

-Con anterioridade á realización da análise, póñense adecuadamente en réxime os instrumentos eléctricos e regúlanse os dispositivos de lectura para determinar o rexistrador.

-Colócase no equipamento a mostra de xeito adecuado, limpo e seguro.

* 3.5. Realizar e supervisar análises de identificación ou medida.

-Lese o instrumento de medida coa escala adecuada.

-Sérianse as mostras para a comprobación da medida ou de desviacións.

-Búscase a súa orixe e corríxese o defecto, en caso de discrepancias entre as lecturas.

* 3.6. Rexistrar datos, realizar e interpretar cálculos, avaliar os resultados e, en caso necesario, transmitilos.

-Rexístranse todos os datos nos soportes adecuados, xunto coas referencias necesarias para identificar o momento, a persoa, o instrumento e o tipo de análise.

-Conséguense todos os rexistros do ensaio e as mostras medidas.

-Realízanse os cálculos necesarios para, a partir da medición obtida (lectura) expresar os resultados nas unidades axeitadas.

-Procésanse os datos mediante sistemas informáticos.

-Realízanse estudos do erro estándar asociado ao método e ao material utilizado.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Material xeral de laboratorio (vidro, cortiza, goma e metal). Instrumental de toma de mostras (pipetas, sondas, etc.). Material para operacións básicas (filtros, decantadores, centrífuga, destiladores, extractores, etc.). Material volumétrico aforado e/ou calibrado. Calculadora. Equipamentos informáticos. Instrumentos de medida (termómetro, phmetro, balanza e manómetro). Equipamentos de técnicas instrumentais (espectrofotómetros -chama UV/visible, IR-, potenciómetros, condutímetros, colorímetros polarógrafos, cromatógrafos, etc.). Equipamento de protección individual de laboratorio (lentes,

luvas, máscara e pipeta de seguridade). Equipamentos auxiliares (gas, electricidade, baleiro, auga destilada, etc.).

Materiais e produtos intermedios.

* Produtos químicos (sólidos ou fluídos) e mostras preparadas. Indicadores. Tituladores ácido-base e redox. Disolventes.

Produtos.

* Disolucións, reactivos, resultados de identificación e medida de compoñentes analíticos. Rexistros de análises.

Procesos, métodos e procedementos.

* Métodos químicos analíticos de tipo cualitativo e cuantitativo. Métodos ópticos e electrométricos. Procedementos normalizados de operación. Procedemento de mostraxe. Métodos informáticos de tratamento de datos. Métodos estatísticos.

Información.

* Metódica analítica. Procedemento de análise. Especificacións de precisión e sensibilidade de aparellos e de instrumentos; manuais de uso. Documentos de rexistro de datos (boletín de análise, cromatograma, espectro, etc.) e resultados de identificación e medida expresados na unidade e na precisión requiridas. Táboas de erro do material. Táboas de erros experimentais. Ficha de mostraxe. Histórico de material.

Persoal e/ou organizacións destinatarias.

* Departamento de produción. Departamento de investigación e de desenvolvemento. Clientela en laboratorio de servizos.

2.5.4. Unidade de competencia 4: organizar e realizar ensaios e determinacións microbiolóxicas.

Realizacións e criterios de realización.

* 4.1. Seleccionar o método máis axeitado en función das necesidades de identificación ou contaxe microbiolóxica, e das características da mostra.

-Estúdanse as características da determinación microbiolóxica ou do ensaio requiridos, tanto para control como para certificación ou investigación.

-Téñense en conta os requisitos de identificación ou contaxe coa precisión solicitada.

-Considérase a periodicidade con que se debe determinar o tipo de ensaio ou de determinación (habitual, ocasional ou único), así como o seu custo económico.

-Téñense en conta os condicionantes da mostra (insubstituíble, cantidade mínima, inestable, ensaio in situ, etc.) para os considerar como criterios eliminatorios na selección da técnica e do método.

-Consúltase a bibliografía ou a normativa segundo se trate de ensaio de certificación ou de control.

-Estúdanse os métodos existentes segundo os medios microbiolóxicos existentes no laboratorio de

microbioloxía, para concluír nos métodos utilizables no ensaio.

-Adáptanse os métodos utilizables aos criterios previos e, a partir do coñecemento básico dos métodos, selecciónase o método óptimo.

-En caso necesario, elabóranse instrucións escritas e fórmase o persoal ao seu cargo.

* 4.2. Tomar, preparar e codificar mostras para a súa determinación microbiolóxica.

-As mostras tomadas son suficientes e representativas; en caso de produtos envasados, ábrese o envase no laboratorio e tómase a mostra asepticamente.

-Envólvense, empaquétanse e esterilízanse previamente todos os aparellos usados para a mostraxe.

-Dos lotes de produto, examínase por separado un número de unidades elixidas ao chou.

-Séguese o procedemento de mostraxe co instrumental adecuado segundo o tipo de mostra (líquida, sólida, mostra de superficie, etc.).

-Cando a concentración de bacterias viables estea por riba do límite de dispoñibilidade das técnicas de contaxe, utilízase a técnica de dilución en tubos.

-Identifícase e transpórtase convenientemente a mostra nas condicións que preserven a súa identidade, e consérvase no sistema de almacenaxe prescrito ata o seu exame.

* 4.3. Preparar e esterilizar medios de cultivo e material de laboratorio, sementar, incubar e controlar o crecemento microbiolóxico.

-Esterilízase previamente o material que se vaia utilizar.

-Prepárase o medio de cultivo seguindo as prescricións de compoñentes, proporcións e procedementos.

-O medio de cultivo obtido permite o crecemento microbiolóxico e distribúese nos recipientes ou soportes especificados, e na forma establecida.

-Realízase o método de sementeira seguindo unha técnica aséptica para evitar contaminacións, co equipamento de protección persoal adecuado.

-Fíxanse os parámetros de incubación de acordo co monocultivo microbiolóxico desexado, segundo procedementos.

-Contrólanse os parámetros (temperatura, tempo, etc.) da estufa de incubación e a colocación das mostras nela.

-Rexístranse os resultados da incubación e, de ser necesario, mídense, identifícanse e cóntanse posteriormente.

* 4.4 .Identificar microorganismos mediante galerías ou baterías de tests ou preparacións microscópicas.

-Condúcese a mostra á disolución ou concentración.

-Prepáranse, fíxanse e tínguense as mostras para a súa observación.

-A correcta manipulación prevé a contaminación persoal e do medio.

-Móntase adecuadamente o microscopio elixido, co aumento adecuado, e utilízase con coidado e precisión.

-Utilízanse os principais medios de illamento (selectivos ou non) e de identificación, as principais galerías miniaturizadas de identificación de bacterias usuais e as técnicas de identificación rápida.

-Identifícanse os microorganismos, rexístranse os resultados e infórmase deles.

* 4.5. Realizar contaxes microbianas, facer cálculos de resultados e informar dos ensaios ou das determinacións microbiolóxicas.

-Utilízase o material adecuado ao tipo de contaxe e ao microorganismo que se vaia contar.

-Realízanse os cálculos para obter a contaxe microbiana nas unidades adecuadas.

-Rexístranse os resultados nos soportes adecuados e infórmase deles.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Instrumental de toma de mostras. Material xeral do laboratorio de microbioloxía (material de vidro, placas petri, etc.). Instrumental de sementeira (asa de semente, etc.). Equipamentos de incubación e esterilización (estufa, autoclave, etc.). Equipamentos ópticos (lupa, microscopio e os seus accesorios). Galerías e baterías de identificación. Material de contaxe microbiana. Calculadora. Equipamento informático.

Materiais e produtos intermedios.

* Mostras, produtos químicos aplicados en microbioloxía, nutrientes e aceite de inmersión. Reactivos de tintura.

Produtos finais.

* Preparacións microscópicas. Medios de cultivo preparados. Microorganismos identificados e contados.

Procesos, métodos e procedementos.

* Métodos de limpeza e esterilización. Procedementos de sementeira e incubación. Métodos microscópicos. Técnicas de illamento. Galerías miniatu

rizadas de identificación. Procedemento normalizado de operación (SOP).

Información.

* Procedementos escritos normalizados e manual de equipamentos. Tests oficiais. Rexistro de Análises Microbiolóxicas.

Persoal e/ou organizacións destinatarias.

* Departamento de produción e depuración da propia empresa. Outras empresas como clientes no caso de laboratorio de servizos.

2.5.5. Unidade de competencia 5: cumprir e facer cumprir as normas de boas prácticas de seguridade e ambientais no laboratorio.

Realizacións e criterios de realización.

* 5.1. Aplicar as principais medidas de seguridade no laboratorio.

-Descríbese o equipamento de protección individual que se deba usar en cada etapa, nos procedementos de ensaio e análise.

-Verifícase o funcionamento dos dispositivos de protección e detección de riscos.

-Compróbase o cumprimento das normas de seguridade na manipulación de produtos tóxicos ou perigosos.

-Aplícanse as medidas de seguridade na limpeza e no mantemento de uso de instrumentos, os equipamentos e os aparellos.

-Dispóñense e exprésanse na metódica as regras de orde e limpeza que afectan a seguridade.

-Detéctanse os principais puntos que cumpra vixiar na posta en marcha dos equipamentos, nos ensaios que se realicen e nas análises.

* 5.2. Controlar a actividade en distintas zonas segundo o risco específico, de acordo coas normas de seguridade e hixiene no traballo.

-Verifícase que os servizos auxiliares funcionen correctamente para filtrar aire, dar presión positiva, extraer gases, etc., de acordo coas condicións necesarias na zona, segundo a actividade que se vaia realizar e o produto que se vaia utilizar.

-Os ensaios ambientais aseguran a inexistencia de risco de contaminación no laboratorio.

-A formación do persoal fomenta o cumprimento das normas.

-Nos procedementos descríbese o equipamento de protección individual que se deba usar en cada zona especial (laboratorio microbioloxía, campá de gases, etc.).

-Compróbase a observación das normas de hixiene e aseo prescritas nos procedementos que desenvolve a metódica.

-Compróbase que o persoal que traballa no laboratorio manteña unha actitude de orde, limpeza, coidado, etc.

* 5.3. Cumprir e facer cumprir as normas de boas prácticas no laboratorio.

-Aplícase o coñecemento das normas de boas prácticas no laboratorio (GLP) na elaboración de procedementos normalizados de operación (SOP), canto a recepción, manipulación, mostraxe, almacenaxe, identificación, etc.

-Verifícase a comprensión por parte do persoal ao seu cargo da aplicación das normas de boas prácticas de laboratorio en ensaios e análises.

-Vixíase o cumprimento das normas no traballo do laboratorio.

* 5.4. Verificar o respecto ás medidas de protección ambiental relacionadas coa análise e o control de calidade.

-Obtense información sobre as normas relativas ás medidas de protección do medio (leis, regulamentos, directivas e normas internas).

-Incúlcase unha mentalidade de protección ambiental para todas as facetas do traballo de control:

-Redución de verteduras.

-Eliminación de verteduras baixo normas legais.

-Utilización de metódicas alternativas.

-Actuación nas verteduras que se poidan producir mediante neutralización, recolla ou eliminación.

-Verifícase, por medio de ensaios ou análises, que a auga e o aire de saída do proceso cumpran as normas de calidade referidas á protección ambiental.

* 5.5. Coordinar a actividade de resposta a situacións de emerxencia.

-Faise unha avaliación inicial urxente dos riscos que poida supor para as persoas, as instalacións e o laboratorio a situación de emerxencia producida.

-Cando sexa posible, comunícaselle a situación ao xefe de laboratorio e actúase de acordo coas súas instrucións, ao tempo que se lle dan instrucións concretas ao persoal que se atope na súa área de traballo, para executar as recibidas.

-Tómanse decisións para atacar a emerxencia, con previsión doutros riscos existentes e actuando de xeito eficaz e seguro.

-A caixa de urxencias do laboratorio mantense coa suficiente dotación para realizar primeiros auxilios en caso de accidente, cos medios e os produtos oportunos cando suceda a emerxencia.

Dominio profesional

Medios de detección e protección.

* Equipamento de protección individual (lentes, máscara, luvas e roupa estéril). Dispositivos de protección e detección (fuga de gas, lavaollos, detección de lumes, termómetros, manómetros, detectores de ruído, detectores de radiacións e alarmas). Sistemas de seguridade material e equipamento de laboratorio.

Detectores portátiles de seguridade (termómetros, manómetros e detectores de radiación e de gas específico). Dispositivos de urxencia para primeiros auxilios ou resposta a emerxencia (caixa de urxencias, extintores, mangas, iluminación de emerxencia e sinalización de perigo). Detectores ambientais (tomadores de mostras de aire e de auga, pHmetro, termómetros, etc.). Equipamentos de análise física, química e bacteriolóxica da auga. Equipamentos de análise de aire. Materiais e produtos de neutralización de verteduras e contaminacións (cepillos, vasoiras, aspiradores, absorbentes e produtos químicos).

Materiais e produtos intermedios.

* Mostras de auga de proceso e produtos para o seu tratamento. Mostras de aire. Produtos químicos que emanan das reaccións nas análises. Cambota extractora, cabina de fluxo laminar.

Produtos e/ou servizos.

* Efluentes en condicións de eliminación. Plan de emerxencia de laboratorio e seguridade no ensaio e na análise.

Procesos, métodos e procedementos.

* Técnicas de prevención e métodos de ataque á emerxencia. Métodos de neutralización de produtos corrosivos e tóxicos. Procedementos de inertización.

Información.

* Normas de seguridade e de protección ambiental. Procedementos escritos normalizados sobre seguridade, GLP e protección ambiental. Manuais de uso dos equipamentos de protección individual. Manual de uso dos equipamentos de prevención e ataque á emerxencia. Normas de manipulación de produtos químicos.

Persoal e/ou organizacións destinatarias.

* Persoal ao seu cargo. Departamento de produción.

2.5.6. Unidade de competencia 6: determinar e realizar análises e ensaios de control de calidade.

Realizacións e criterios de realización.

* 6.1. Seleccionar e interpretar a metódica analítica apropiada á substancia química que se controle.

-A metódica analítica está adaptada ao tipo de substancia e da análise solicitada.

-Interprétase a metódica analítica completa (mostraxe, preparación de reactivos, utilización de material, realización de experiencia, cálculos necesarios, estudo da precisión e da exactitude, e redacción do informe pertinente) e, en caso necesario, escríbense instrucións para a súa realización.

-Utilízase a metódica con rigor e precisión.

* 6.2. Realizar operacións de base de preparación da mostra para o ensaio e a análise de substancias químicas.

-Calíbranse e prepáranse os equipamentos e os instrumentos segundo a metódica, e móntanse cos materiais adecuados.

-A mostra de partida condiciona as operacións básicas que se deban utilizar.

-As operacións de base permiten os ensaios e as análises posteriores da mostra.

* 6.3. Controlar a calidade das materias primas e dos produtos acabados e semiacabados, efectuando os ensaios físicos ou fisicoquímicos apropiados.

-Calíbranse e prepáranse segundo a metódica os equipamentos e os instrumentos de ensaios físicos ou fisicoquímicos.

-A mostra está preparada para o ensaio.

-Os ensaios realizados permiten medir propiedades e, de ser o caso, identificar substancias.

-Rexístranse e trátanse os datos obtidos para chegar a resultados coas unidades apropiadas.

* 6.4. Controlar a calidade de produtos acabados nos diversos sectores da industria química e de proceso mediante análises químicas apropiadas.

-As análises de identificación realizadas permiten a identificación e a cuantificación dos compoñentes buscados.

-Utilízanse os equipamentos e os instrumentos descritos na metódica, preparados e calibrados.

-Realízanse series de análises para comprobación de resultados e de método.

-Téñense en conta as normas hixiénico-sanitarias e os límites permisibles de microorganismos nos alimentos.

-Realízase o test de identificación e/ou contaxe microbiana do microorganismo, que deba ser verificado por control de calidade.

-Téñense en conta as condicións de limpeza, asepsia, etc. na toma de mostras, e evítanse interferencias ou contaminacións no desenvolvemento da experiencia.

* 6.5. Realizar un informe sobre os resultados dos ensaios e das análises das substancias químicas que se controlen.

-O informe responde aos requisitos do departamento de produción ou do cliente que o solicite.

-O informe comprende os datos de título, cliente, número de informe, data, obxectivo do traballo, identificación da mostra, detalle da toma de mostra, resumo de método analítico seguido, calibraxe e control, resultados, interpretación de resultados e de referencias, e sinatura do responsable.

-Todos os rexistros e a documentación están conservados e actualizados.

-A través do control dos procesos de xeito estatístico, fíxanse as variables de control ou réxime e os límites de alarma e, en caso de desaxuste do proceso, propóñenselle ao departamento de produción as medidas correctoras necesarias para levar o proceso de novo baixo réxime.

-Asístese á fabricación do primeiro lote e realízase un seguimento do proceso para axudar ao departamento de produción a determinar os puntos de mostraxe.

Dominio profesional

Medios de ensaio, análise e control.

* Equipamento e instalacións xerais de laboratorio. Equipamentos específicos de ensaio físico, fisicoquímico, químico e microbiolóxico. Equipamentos específicos de análise e de técnicas instrumentais. Equipamento informático.

Materiais e produtos intermedios.

* Mostras tomadas e preparadas. Disolucións e reactivos preparados. Materias primas, produtos semiacabados e acabados. Material de acondicionamento.

Produtos finais.

* Rexistros e informes de ensaios e análises.

Procesos, métodos e procedementos.

* Métodos físicos, fisicoquímicos, analíticos, microbiolóxicos e instrumentais aplicados á análise e ao control de calidade dos produtos químicos.

Información.

* Normas, regulamentos e métodos oficiais de ensaio e análise. Procedementos normalizados de operación. Protocolos. Documentación de rexistro, boletíns de ensaio e análise. Informes.

Persoal e/ou organizacións destinatarias.

* Departamento de produción en laboratorio de industria química, alimentaria e doutros procesos industriais. Clientela en laboratorio de servizos. Xefe de laboratorio.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A automatización e a informatización estenderanse aos ensaios utilizados nas técnicas de análise e control de calidade, e aplicaránselle non só ás materias primas ou produtos acabados senón a todo o proceso produtivo, realizándose análises en liña.

A normativa sobre homologación de calidade de produtos a nivel europeo levará a unha penetración considerable destas técnicas. Esta homologación debe redundar en menores perdas de produción e na redución de persoal de laboratorio en control de materias primas. Semella que aumentará o persoal en investigación e desenvolvemento, así como en análises de produtos intermedios e finais.

Hase producir demanda de técnicos relacionados con control de calidade, sen que iso signifique incremento dos cadros de persoal, senón unha reconversión pola vía da reciclaxe e da formación, que per

mita aos traballadores adaptárense a novos postos ligados con esa función.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Esta figura profesional debe actuar nun futuro inmediato tanto nas funcións de organización e rendibilidade do laboratorio como en funcións novas de apoio ao departamento de compras, na homologación de provedores e en plans de aseguramento da calidade (normas serie ISO 9000), con organismos oficiais e clientes.

Do mesmo xeito, as súas relacións cos departamentos de produción tenderán a ser máis intensas, ao participar desde o principio na implantación de calquera novo proceso.

O volume de información que xestione vai obrigar a dominar os medios informáticos e os sistemas de control integrados de laboratorio (LIM) que permitan modificar as mostras, engadir reactivos, rexistrar datos e lanzar informes de xeito automático.

Estase a producir unha integración progresiva da función de análise e control no resto da propia empresa ou da empresa cliente (no caso de laboratorios de servizo). O labor deste técnico non comeza coa recepción da mostra, nin remata coa emisión do informe do resultado, senón que se estende á obtención e á elaboración doutros datos procedentes de produción ou mesmo do mercado, ligados co control de calidade. Tamén debe informar e asesorar o usuario mediante boletíns de análise, métodos de control e apuntamentos de lexislación relacionados con normas de almacenamento, transporte e verteduras, nomeadamente.

Esta tendencia obriga a coñecer máis do proceso que se controla, para aproveitar optimamente cada parámetro: mostraxe, tamaño de mostra, sistema de análise, calidade de reactivos, precisión necesaria, etc.

A seguridade do persoal e dos produtos será outro dos factores importantes, debido a que se traballa con reactivos químicos xeralmente perigosos, e a súa manipulación require estritas normas de seguridade para o persoal e para o medio.

2.6.3. Cambios na formación.

Esta figura deberá ter coñecementos de documentación canto a procedementos estandarizados, lexislación e normativa: de correcta fabricación, de calidade, ambiental, alimentaria e de seguridade.

Deberá posuír unha base que lle permita a comprensión e o estudo de procesos químicos e alimentarios diversos e dos sistemas de control e análise.

Terá que alcanzar os coñecementos informáticos que lle permitan traballar con bases de datos e sistemas de control integrado de laboratorio. As innovacións tecnolóxicas na aplicación de técnicas instrumentais deben conducir a un aumento nas necesidades de formación nesta área.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura debe exercer a súa actividade en empresas e laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios e análises en campos como:

* Laboratorios de control de calidade.

* Estacións piloto.

* Laboratorios de estacións de tratamento de augas.

* Laboratorios de investigación e desenvolvemento.

* Laboratorios en xeral.

Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade son:

* Industria química, nomeadamente no laboratorio de control de calidade, aínda que tamén pode estar en investigación, desenvolvemento e ambiente.

* Outras industrias como as agrícolas e alimentarias, a de construción, a metalúrxica e mecánica, a electrónica, a téxtil e a de transformación de plásticos e caucho, cun proceso que requira a utilización de materias cunha calidade que veña dada pola súa composición fisicoquímica ou microbiolóxica.

* Procesos industriais, non químicos, que teñan algunha etapa con tratamento químico que deba ser controlado.

* Procesos en que se precisen análises de augas, xa sexan de proceso ou xa residuais.

* Laboratorios en xeral, tanto de organismos públicos como de empresas privadas.

O técnico superior de análise e control integrarase previsiblemente nun laboratorio de control de calidade da produción ou nun laboratorio de investigación, baixo a responsabilidade do xefe de laboratorio. Organizará o traballo dos técnicos de laboratorio, supervisando as súas tarefas e distribuíndo as cargas de traballo.

Cooperará en traballos que requiran coordinación de actividades con produción e mantemento.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase nomeadamente nas funcións e subfuncións seguintes: laboratorio químico ou alimentario, execución de análises, posta a punto de técnicas e produtos, mantemento de uso de equipamentos e organización, comunicación e supervisión.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos necesarios, que abranguen o campo da análise e o control de calidade, teñen aspectos comúns e outros que se poden diferenciar segundo o tipo de subsector.

Técnicas e coñecementos tecnolóxicos comúns:

* Utilización axeitada de material de laboratorio, incluíndo reactivos químicos. Manexo de equipamentos sinxelos e complexos do laboratorio. Coñe

cemento da metódica analítica. Preparación de informes técnicos e lexislación correspondente. Preparación e normalización de reactivos e solucións padrón. Técnicas de organización de recursos humanos. Normas xerais do traballo no laboratorio, incluíndo as de seguridade. Normalización e lexislación.

Técnicas e coñecementos tecnolóxicos específicos dos subsectores:

* Coñecemento das características dos ensaios físicos, fisicoquímicos, analíticos ou microbiolóxicos das materias propias de cada subsector: produtos químicos, alimentos, farmacéuticos, etc.

* Coñecemento dos ensaios físicos (mecánicos), fisicoquímicos, analíticos ou microbiolóxicos específicos de cada subsector: plásticos e caucho, papel e cartón, etc.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase deseguido un conxunto de postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Analista de materias primas e produtos acabados.

* Analista de laboratorio (químico, microbiolóxico e instrumental).

* Analista de control de calidade.

* Analista de investigación e desenvolvemento.

* Analista de augas.

Posibles especializacións.

* Este técnico é polivalente nas funcións propias do laboratorio, pero con facilidade pode desembocar profesionalmente nunha especialización de análise química e control, ou de análise alimentaria e control.

Outras especialidades ás cales se pode chegar no propio posto de traballo, ou ben cun período curto de formación, son:

* Laboratorio de materiais (vidro, construción, etc.).

* Laboratorio de plásticos e caucho.

* Laboratorio de pasta, papel e cartón.

* Laboratorio de metalurxia e galvanotecnia.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Interpretar os procedementos de análise e as bases científicas en que se fundamentan e, de ser o caso, realizar o proceso do control de calidade de produtos químicos e alimentarios, seleccionando os procedementos técnicos de análise e/ou ensaios e interpretando os resultados analíticos e os rexistros instrumentais, servíndose para iso de tratamentos estatísticos e citas históricas.

* Manter unha actitude de prevención cara aos riscos propios do laboratorio e os posibles riscos sobre o medio debidos ao uso de produtos químicos, mediante o cumprimento de normas de seguridade e hixiene, e o uso dos equipamentos de protección individual e colectiva.

* Alcanzar unha visión global da industria química e doutras industrias de proceso nos seus aspectos socioeconómicos, organizativos e técnicos, así como valorar a relación entre os departamentos de produción e de laboratorio como determinante da relación entre control de calidade e calidade total.

* Comprender e usar a terminoloxía, a información técnica e os métodos de traballo e de organización propios dos laboratorios de análise e control que permitan organizar os procedementos, seguindo as normas de boas prácticas de laboratorio, así como programar de xeito ordenado os traballos e avaliar as tarefas, co fin de lle dar prioridade á súa realización.

* Sensibilizarse respecto aos efectos que os materiais e os produtos que se manipulan poden producir sobre a saúde persoal e colectiva, co fin de mellorar as condicións de traballo, e propor medidas preventivas e proteccións adecuadas.

* Utilizar con autonomía as estratexias características do método científico, así como os procedementos e o saber facer propios da química, para tomar decisións fronte a problemas concretos ou supostos prácticos, en función de informacións ou datos coñecidos, e valorar os resultados previsibles que da súa actuación puidesen derivar.

* Valorar a natureza da química como un proceso dinámico e cambiante, así como a grande aplicación que a análise e o control da materia teñen respecto á evolución tecnolóxica e ás implicacións económicas, ambientais e sociais.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade científica e industrial, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e que favorecen os mecanismos de inserción laboral.

* Analizar, adaptar e, de ser o caso, xerar documentación técnica, imprescindible na formación e no adestramento doutros profesionais.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión do laboratorio.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar a actividade de laboratorio.

3.2.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Aplicar programas informáticos na recolla, no rexistro e na obtención de datos no laboratorio.

* Aplicar programas de tratamento estatístico de datos sobre os resultados obtidos nunha análise de laboratorio.

* Comprobar que os datos das análises realizadas no laboratorio estean correctamente rexistrados e actualizados, en soportes adecuados.

* Redactar informes técnicos sobre os resultados obtidos nos ensaios e nas análises realizadas no laboratorio, segundo convencións de redacción.

* Identificar e utilizar tipos de adaptadores, convertedores e conexións para controlar instrumentos de análise nos ordenadores mediante programas informáticos.

* Propor unha organización do traballo diario de laboratorio en función dun programa establecido e seguindo normas de control de calidade e boas prácticas de laboratorio.

* Organizar o traballo diario dun laboratorio, establecendo prioridades e asignándolle tarefas e responsabilidades a cada membro do grupo, segundo os seus coñecementos ou as súas aptitudes.

* Determinar tipos de ensaios, puntos de mostraxe, número e tamaño de mostras, e periodicidade na realización dos controis, segundo normas de boas prácticas de laboratorio e a partir dun plan de control de calidade.

* Valorar a orde e a realización previa dun plan de traballo como un elemento necesario para alcanzar unha produtividade óptima e de maior calidade.

* Xustificar a importancia do control de calidade do proceso e do produto como parte integrante da xestión, aplicando criterios de calidade en cada etapa do proceso, co fin de alcanzar a calidade total.

* Identificar o manual de sistema de calidade, comprender como se utiliza e xustificar a necesidade da súa existencia.

* Seleccionar a documentación necesaria para a avaliación da calidade dun produto.

* Explicar o concepto de control de calidade interlaboratorios e intralaboratorios, comparando os métodos específicos de análise.

* Redactar normas escritas en forma de procedementos normalizados de traballo (PNT), aplicando criterios de boas prácticas de laboratorio.

* Seguir normas de control de calidade para a almacenaxe de produtos, materiais e equipamentos de laboratorio.

* Establecer o custo económico da realización do programa de control de calidade segundo boas prácticas de laboratorio.

* Recoller datos e redactar informes dos ensaios que se realicen no laboratorio, e arquivar a docu

mentación das análises aplicando criterios de boas prácticas de laboratorio.

* Coordinar a asistencia técnica e documental do control de calidade do produto elaborado destinada a una maior información do cliente.

* Valorar o uso de normas escritas, procedementos normalizados de traballo e plans de control de calidade na realización do traballo de laboratorio, e asumilas como elementos imprescindibles na calidade do produto.

* Describir as características da industria química do contorno e súa relación co seu desenvolvemento tecnolóxico e económico.

* Identificar os produtos químicos industriais máis importantes existentes en Galicia e relacionalos co alcance social que ten a súa utilización e o seu manexo, mantendo un desenvolvemento sustentable.

* Identificar os instrumentos de medida, regulación e control dos procesos máis xerais na industria química do contorno, e relacionar a variable que controlan co parámetro que miden.

* Establecer, a partir de organigramas, as relacións de organización e función do departamento de control de calidade cos demais departamentos da empresa.

3.2.1.2. Contidos (duración: 165 horas).

Contidos procedementais

Aplicacións informáticas no laboratorio.

* Creación de directorios e subdirectorios e copia de arquivos neles.

* Uso dun procesador de textos para facer un informe que conteña tipos de letras, táboas, gráficos, etc.

* Uso dunha folla de cálculo para manipular datos, con uso de fórmulas, funcións e gráficos.

* Uso dunha base de datos para xestionar o laboratorio: control de material, reactivos e mostras.

* Utilización dos tipos de adaptadores, convertedores e conexións, para controlar instrumentos de análise mediante programas de ordenador.

Técnicas estatísticas e documentais aplicadas á análise e ao control de calidade de produtos.

* Determinación de cifras exactas e significativas.

* Cálculo de medidas centrais e de dispersión dunha serie de datos.

* Representación de datos mediante gráficos: histogramas, sectores, etc.

* Realización de ensaios de significación eliminando resultados anómalos.

* Realización de calibraxes mediante ensaios en branco, adición estándar ou patrón interno.

* Axuste dos datos experimentais a rectas ou curvas, calculando os parámetros característicos e residuais, e as bandas de confianza.

* Uso de follas de cálculo ou programas estatísticos para axustar datos mediante regresión lineal, para obter bandas de confianza, etc.

Xestión e control de calidade.

* Realización dun estudo de factibilidade para a fabricación dun produto (materias primas, proceso, mercado, etc.) aplicando criterios de calidade.

* Formalización de documentos e fichas usadas nun proceso de calidade.

* Determinación dos tipos de ensaio, puntos de mostraxe, número e tamaño de mostras e periodicidade dos controis a partir dun plan de control de calidade.

* Descrición dos obxectivos das boas prácticas de laboratorio e dos seus campos de aplicación.

* Recoñecemento do concepto de procedemento normalizado de traballo, coa formación dun programa de garantía de calidade.

* Interpretación das boas prácticas de laboratorio mediante instrucións escritas en forma de procedementos normalizados de traballo.

* Aplicación do concepto de control de calidade interlaboratorios e intralaboratorios.

* Aplicación das boas prácticas de laboratorio referentes a control e almacenaxe de materiais, equipamentos e servizos.

* Acondicionamento dunha asistencia técnica e documental ao cliente.

* Aplicación e valoración dos programas de custo de calidade.

* Elaboración de informes segundo boas prácticas de laboratorio.

Industria química e de procesos.

* Relación das industrias químicas máis importantes do sector produtivo da comunidade autónoma.

* Identificación dos procesos químicos nesas industrias.

* Relación dos produtos químicos industriais máis importantes.

* Clasificación dos produtos químicos segundo a súa relación co medio.

* Manexo dos instrumentos de medida, regulación e control dos procesos máis usuais na industria química.

* Establecemento, a partir de organigramas, das relacións organizativas e funcionais do departamento de control de calidade cos demais departamentos da empresa.

Contidos conceptuais

Aplicacións informáticas ao laboratorio.

* Procesadores de texto. Follas de cálculo. Bases de datos. Programas de tratamento estatístico de datos.

* Identificación e codificación de mostras. Catalogación de arquivos. Introdución ás técnicas de simulación.

Técnicas estatísticas e documentais aplicadas á análise e ao control de calidade de produtos.

* Erros no proceso de medida. Definición de erro. Clasificación de erros. Métodos de estimación e diminución de erros.

* Ensaios de significación.

* Métodos de comparación da precisión de dúas mostras.

* Métodos de comparación das medias de dúas mostras.

* Métodos de comparación de resultados apareados e de medias de varias mostras.

* Métodos para mellorar a precisión e a exactitude.

* Proceso analítico: parámetros analíticos e non analíticos. Selección do método.

* Calibraxe no proceso analítico de medida. Modelos matemáticos. Tipos e métodos de calibraxe.

* Regresión simple, ponderada e non lineal.

* Avaliación da recta de regresión: residuais e bandas de confianza.

* Organización da información. Fundamentos de programas informáticos aplicados á estatística. Técnicas de documentación e comunicación.

Xestión e control de calidade.

* Concepto de calidade dun produto e a súa medida a través de procesos analíticos. Control de calidade e calidade total.

* Calidade no deseño do produto (fase de investigación). Especificacións e desenvolvemento dun produto.

* Garantía de calidade nas subministracións de provedor. Técnicas de mostraxe e clasificación das mostras en recepción, almacenaxe, proceso e produtos acabados. Homologación e certificación.

* Calidade na fabricación. Control de calidade en proceso e no laboratorio.

* Normas de boas prácticas de laboratorio en relación coa calidade. Garantía de calidade. Procedementos normalizados de calidade. Auditoría e avaliación da calidade.

* Calidade de entrega e servizos posvenda.

* Xestión económica da calidade. Custos de calidade. Mellora da calidade.

* Auditorías e avaliación de calidade.

* Manuais e sistemas de calidade. Normalización e certificación.

* Incidencia da automatización sobre a calidade. Analizadores automáticos.

* Métodos e técnicas de avaliación de traballo: organización científica do traballo, análise e valoración de tarefas, mellora dos métodos de traballo, etc.

Industria química e de procesos.

* Industria química e economía. Estrutura da industria química. Tamaño e características da industria química. Produtos químicos máis importantes.

* Proceso químico industrial. Procesos máis significativos.

* Elementos máis significativos do proceso químico: aparellos de medida e sistemas de regulación e control do proceso; a súa relación co control de calidade.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da calibraxe nos procesos analíticos como algo imprescindible para conseguir a exactitude no método.

* Valoración da importancia da estatística no control dos métodos analíticos de laboratorio como unha ferramenta imprescindible na eliminación de erros, na fiabilidade dos resultados e na validación dos métodos analíticos.

* Interese polas técnicas de simulación de procesos, o seu uso e as aplicacións en procesos de produción mediante ordenador.

* Valoración da informática como unha ferramenta de cálculo e de organización imprescindible nun laboratorio actual.

* Valoración da importancia dun control estrito dos métodos de traballo e dos tempos asignados ás distintas operacións como elemento necesario para alcanzar unha produtividade óptima e unha axeitada organización do traballo.

* Hábito de colaboración entre o persoal do laboratorio.

* Asunción de que a calidade é medible mediante escalas de atributos, polo grao de satisfacción e polos custos da falta de calidade.

* Conciencia da importancia do deseño, das subministracións dos provedores, así como da fabricación e dos servizos de entrega e posvenda no resultado da calidade total do produto.

* Consideración da mostraxe como unha etapa fundamental na calidade do resultado analítico.

* Valoración do correcto transporte e do axeitado acondicionamento da mostra.

3.2.2. Módulo profesional 2: ensaios físicos.

Asociado á unidade de competencia 2: organizar e realizar ensaios físicos e fisicoquímicos de identificación e medida.

3.2.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Deducir a variación da presión nun gas real ou ideal a partir das gráficas de compresibilidade e das leis dos gases.

* Determinar os valores das constantes fisicoquímicas dunha substancia pura ou dunha substancia en disolución, segundo criterios de boas prácticas de laboratorio.

* Determinar o comportamento do material medindo a incidencia que os axentes externos teñen sobre el, a través da variación das súas propiedades fisicoquímicas.

* Interpretar os comportamentos e as propiedades da materia segundo os principios da termodinámica.

* Aplicar métodos de medida dos parámetros físicos e fisicoquímicos, seleccionando os instrumentos e os equipamentos, consonte as normas oficiais.

* Calibrar os equipamentos e os instrumentos consonte os parámetros que se pretenda mellorar a partir das necesidades do ensaio e da mostra.

* Determinar o nivel de detección que pode alcanzar o aparello, revisando con padróns certificados a fiabilidade do resultado e utilizando as curvas de calibraxe necesarias.

* Interpretar os esquemas básicos de aparellos de medida, describir as características técnicas esenciais dos compoñentes do aparello e determinar as súas aplicacións.

* Seleccionar o uso dun determinado equipamento, tendo en conta as bases científicas en que se basea a técnica empregada.

* Resumir o método de aplicación dunha técnica determinada mediante a elaboración dun esquema previo secuencial e ordenado que poida servir como procedemento de traballo, consonte as normas oficiais.

* Aplicar os métodos de toma de mostra seguindo normas de control de calidade, segundo as condicións do ensaio e a natureza do material.

* Aplicar métodos axeitados de preparación da mostra, segundo a súa natureza e os ensaios físicos e fisicoquímicos que se realicen.

* Seleccionar o método adecuado para etiquetar e almacenar as mostras segundo a súa natureza e os ensaios que se realicen, seguindo normas de boas prácticas de laboratorio.

* Preparar probetas de diversos materiais e realizar sobre elas ensaios físicos de caracterización e medida de propiedades.

* Realizar ensaios para determinar as propiedades mecánicas, térmicas, eléctricas, ópticas e organolépticas de materiais e substancias.

* Aplicar procedementos adecuados de limpeza e desengraxamento aos materiais nos ensaios que se realicen.

* Interpretar rexistros gráficos e límites de uso de material, segundo a propiedade medida, para valorar as características e as propiedades da mostra.

* Realizar informes que recollan os resultados obtidos, a técnica seguida, a valoración dos resultados e as observacións significativas que se produciran durante a análise.

* Identificar os tipos de materiais segundo as súas características e a súa composición.

* Determinar o comportamento dun material a través da influencia que os axentes externos teñen na variación das súas propiedades físicas.

* Avaliar a posibilidade de utilizar ou non un material, despois de o someter a unha serie de probas que modifiquen as súas propiedades físicas.

* Determinar o proceso de modificación das propiedades fisicoquímicas, mecánicas e tecnolóxicas en función da composición dos materiais e dos procesos de fabricación.

* Relacionar os tratamentos superficiais cos seus usos e coas súas aplicacións máis frecuentes.

* Clasificar os tratamentos de protección de materiais, segundo o seu uso e as súas aplicacións.

* Relacionar os métodos de tratamento anticorrosión de diversos materiais en función da súa eficacia.

* Analizar os métodos de tratamento dos residuos producidos polos ensaios antes de proceder á súa eliminación.

3.2.2.2. Contidos (duración: 160 horas).

Contidos procedementais

Principios básicos fisicoquímicos.

* Realización de representacións gráficas para estudar o comportamento dos gases.

* Realización de diagramas de fases.

* Interpretación de diagramas de solubilidade.

* Interpretación e utilización de normas UNE sobre características e designación de materiais.

* Realización de cálculos numéricos relativos á aplicación dos principios da termodinámica.

Ensaios de propiedades fisicoquímicas.

* Determinación de puntos de fusión e solidificación e calor latente de fusión para a identificación de substancias.

* Determinación do punto de ebulición e da calor latente de vaporización dun líquido.

* Manexo de táboas de datos e gráficas de propiedades fisicoquímicas.

* Determinación da densidade e o coeficiente de dilatación dun gas.

* Determinación de densidade, viscosidade e tensión superficial de líquidos usando varios aparellos.

* Determinación de coeficientes de repartición.

* Determinación de pesos moleculares por crioscopia e ebuloscopia.

Coñecemento de materiais e os seus ensaios.

* Realización de ensaios para determinar a calor específica, a condución térmica e o coeficiente de dilatación lineal dun material.

* Realización de ensaios para determinar a capacidade calorífica dun combustible.

* Realización de ensaios térmicos usando fornos e pirómetros.

* Realización de determinacións experimentais para determinar fendas e desgaste de materiais por penetración superficial, ultrasóns e raios X.

* Realización de ensaios de diversos materiais aplicando técnicas de tracción, fluencia, compresión, cisallaxe, flexión, dureza, resiliencia, pregadura e embutición.

* Elaboración dun esquema previo, secuencial e ordenado que describa a aplicación dunha técnica determinada que poida servir como guía ou procedemento de traballo.

* Realización de toma de mostras representativas polo método máis axeitado.

* Preparación da mostra para o ensaio fisicoquímico que se realice.

* Calibraxe de instrumentos e de equipamentos.

* Medida do parámetro ou dos parámetros de identificación da substancia, con repetición do ensaio o número de veces que cumpra para que ofreza resultados fiables.

* Preparación de probetas de diferentes materiais e realización sobre elas de ensaios físicos de caracterización e de medida de propiedades.

* Realización dun informe dos resultados obtidos que exprese o método utilizado, a técnica seguida, a valoración dos resultados e as observacións significativas que se producisen durante a análise.

* Identificación e clasificación de tipos de materiais segundo as súas características.

* Análise dos métodos de recubrimento para elixir o máis apropiado segundo o tipo de deterioración que se queira evitar.

* Análise dos danos producidos pola corrosión nun metal, mediante o microscopio metalográfico.

Contidos conceptuais

Principios básicos fisicoquímicos.

* Termodinámica. Definicións básicas. Intercambios de enerxía.

* Termometría. Escalas termométricas.

* Estado da materia: sólido, líquido e gasoso. Leis. Cambios de estado. Propiedades derivadas.

* Aplicacións da termodinámica: diagramas de mesturas e solubilidade, termoquímica e calorimetría.

Ensaios de propiedades fisicoquímicas.

* Propiedades fisicoquímicas. Tipos de ensaios e instrumentos.

* Propiedades do estado líquido: densidade, viscosidade, tensión superficial, vaporización e calor específica.

* Propiedades térmicas, eléctricas e magnéticas.

* Características do estado sólido: cristalización e puntos de fusión.

* Disolucións: definicións e tipos. Solubilidade de sólidos en líquidos.

Coñecemento de materiais e os seus ensaios.

* Materiais básicos: metais, papel, plásticos e cerámicos.

* Propiedades mecánicas: dureza, resistencia, adherencia, plasticidade, elasticidade e cohesión.

* Propiedades metalográficas.

* Ensaios de materiais, fisicoquímicos, mecánicos, metalográficos, de corrosión e de morteiros.

* Secuencias na realización de ensaios físicos ou de identificación de substancias: calibraxe de instrumentos, obtención de datos, manexo de táboas de datos, gráficos de propiedades fisicoquímicas e tratamento estatístico para conseguir a medida do parámetro.

* Tratamentos superficiais. Variación das propiedades dos materiais por tratamentos superficiais. Aplicacións en diversas industrias.

* Normalización de materiais: normas DIN, ISO e UNE.

Contidos actitudinais

* Hábito de actuar con orde e método na realización dos ensaios.

* Valoración das necesidades de limpeza, conservación e ordenación dos materiais e dos equipamentos, unha vez realizado cada un dos ensaios, con criterios de redución do gasto de materiais e de reutilización noutros ensaios.

* Realización das medidas coa precisión requirida, procurando obter uns resultados homologados con outros ensaios oficiais publicados.

* Valoración da importancia da determinación das constantes físicas e fisicoquímicas como método de identificación dunha substancia ou dun material.

* Hábito de realización autónoma dos ensaios, unha vez coñecidas as técnicas e os equipamentos necesarios.

* Actitude crítica ante calquera resultado, sen modificalo por raro que este pareza.

* Hábito de consulta dos manuais de funcionamento dos equipamentos para resolver problemas ou dúbidas que poidan xurdir.

* Hábito de cumprimento das normas para respectar a seguridade laboral e o medio.

3.2.3. Módulo profesional 3: análises química e instrumental.

Asociado á unidade de competencia 3: organizar e realizar análises por métodos químicos e instrumentais.

3.2.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar as bases da análise inorgánica cualitativa que permite determinar a composición dunha substancia.

* Deducir o desprazamento dun equilibrio se se modifican as súas condicións, e aplicalo a disolucións acuosas e sólidos iónicos en disolución.

* Identificar as bases dos métodos volumétricos e gravimétricos, recoñecendo a función dos reactivos utilizados, para elixir o que se utilice.

* Explicar cales son as reaccións características dos grupos funcionais e preparar derivados que confirmen a presenza dunha función orgánica.

* Analizar grupos funcionais orgánicos mediante a determinación das súas propiedades físicas e químicas, para deducir de que substancia se trata e calcular a súa concentración.

* Realizar cálculos numéricos para a obtención de fórmulas empíricas, masas moleculares e concentración de substancias, a partir de valores de parámetros físicos.

* Analizar as bases científicas das técnicas instrumentais, relacionando os aparellos coas propiedades e cos parámetros que se modifican.

* Identificar as partes fundamentais dos aparellos de análise instrumental e recoñecer a súa función.

* Relacionar os valores obtidos na técnica instrumental coa valoración cualitativa e cuantitativa dunha substancia.

* Identificar a finalidade e as prestacións dos materiais e dos equipamentos necesarios para a realización dunha análise.

* Establecer os procedementos de mostraxe, realizar tomas de mostras e preparalas para a análise, segundo normas de control de calidade e boas prácticas de laboratorio.

* Preparar e valorar disolucións e reactivos, etiquetalos e conservalos para a súa utilización posterior, segundo normas de control de calidade e boas prácticas de laboratorio.

* Preparar e calibrar os aparellos necesarios coa sensibilidade e a precisión requirida, segundo o tipo de mostra e a análise que se realice.

* Establecer a metódica da análise, segundo as características da solicitude de análise e os recursos dispoñibles.

* Realizar análises químicas seguindo métodos oficiais e normas de boas prácticas de laboratorio.

* Realizar o traballo con orde e limpeza, cumprindo normas de protección persoal e ambiental.

* Rexistrar e arquivar os resultados das análises nos soportes axeitados.

* Avaliar os resultados obtidos nas análises, interpretar os rexistros e determinar a súa coherencia e a súa validez.

* Realizar os cálculos numéricos e gráficos necesarios para obter o resultado final da análise.

* Elaborar informes e boletíns cos resultados da análise, comparalos cos previsibles e, en caso de haber diferenza, xustificar as posibles causas.

3.2.3.2. Contidos (duración: 400 horas).

Contidos procedementais

Operacións básicas de laboratorio.

* Realización de cálculos para preparar disolucións e realizar dilucións.

* Preparación e valoración de disolucións e reactivos, etiquetaxe e conservación para a súa posterior utilización.

* Elaboración dun plan de mostraxe para distintas substancias.

* Realización de tomas de mostras representativas de substancias en diversos estados de agregación, consonte normas oficiais e usando o instrumental axeitado, así como preparación da mostra para o seu transporte, a súa conservación e o seu arquivo.

* Tratamento das mostras, tanto inorgánicas como orgánicas, mediante as operacións precisas para as adecuar á técnica ou ao instrumento con que se vaian analizar, así como realización da montaxe do equipamento correspondente e das conexións aos servizos auxiliares necesarios:

-Realización de operacións de criba e análise granulométrica.

-Realización de filtraxes por distintos métodos.

-Realización de operacións de decantación e filtración.

-Realización de destilacións por diversos métodos.

-Realización de prácticas con procesos de evaporación.

-Realización de operacións de seca.

-Realización de cristalizacións por varios métodos.

-Realización de operacións de absorción e adsorción.

-Realización de extraccións por diversos métodos.

Análise inorgánica.

* Resolución de problemas e realización de cálculos numéricos para a obtención de fórmulas empíricas e determinación de pesos moleculares.

* Realización de cálculos estequiométricos en procesos en que interveñan tanto sólidos como líquidos ou gases.

* Realización de cálculos numéricos con constantes de equilibrio.

* Dedución do desprazamento dun equilibrio se se modifican as súas condicións.

* Resolución de problemas sobre disociacións de electrólitos, tanto fortes como débiles.

* Representación gráfica do seguimento dunha neutralización, mediante curvas de valoración.

* Resolución de problemas sobre hidrólise e disolucións reguladoras.

* Realización de cálculos con equilibrios de solubilidade.

* Preparación de disolucións patrón e realización de volumetrías de neutralización, precipitación, formación de complexos e redox.

* Realización de experimentos de análise cuantitativa inorgánica mediante procesos gravimétricos.

* Realización de ensaios que permitan recoñecer algúns anións e catións.

Métodos gráficos de análise.

* Realización de diagramas logarítmicos.

* Utilización de métodos gráficos en volumetrías de neutralización, precipitación, formación de complexos e redox.

Análise orgánica.

* Formulación e nomenclatura de compostos orgánicos.

* Formulación e nomenclatura dos isómeros dun composto orgánico.

* Determinación cualitativa de C, H, N, S, halóxenos, P e As.

* Determinación cuantitativa de C, H, N (métodos de Dumas e Kjeldahl), S, halóxenos, P e As (método de Carius).

* Identificación de substancias orgánicas mediante análises cualitativas e cuantitativas.

* Realización de prácticas de síntese de compostos orgánicos como ácido acético, fenol, nitrobenceno, acetato de etilo, etc., e de preparación de derivados.

Análise instrumental.

* Utilización de aparellos de separación cromatográfica, instrumentos ópticos de análise ou aparellos con sistemas de detección de propiedades eléctricas, para a realización de análises cualitativas e cuantitativas.

* Elección da técnica e do instrumental necesarios para a análise da mostra que se controle.

* Comprobación da precisión do aparello mediante a revisión e a calibraxe con padróns axeitados.

* Detección, identificación e corrección de interferencias e anomalías no desenvolvemento do procedemento.

* Interpretación dos rexistros de distintas técnicas de análise instrumental, relacionándoos cos parámetros que se controlen nunha análise cualitativa ou cuantitativa.

* Realización de cálculos numéricos e gráficos para a identificación e a cuantificación do prognóstico.

* Elaboración dun informe da análise que indique o método utilizado e no cal se valoren os resultados obtidos.

Contidos conceptuais

Operacións básicas de laboratorio.

* Organización do laboratorio. Material bibliográfico e catálogos.

* Produtos químicos no laboratorio; sistemas de clasificación e identificación.

* Técnicas e métodos experimentais no laboratorio.

-Técnicas xerais de manipulación de materias e materiais no laboratorio.

-Técnicas de limpeza do material de laboratorio.

-Métodos para a medida de masas e volumes.

-Métodos para a preparación e a normalización de reactivos e solucións padrón.

* Mostraxe.

-Selección de puntos de mostraxe.

-Determinación do tamaño da mostra.

-Técnicas de toma de mostras sólidas, líquidas e gasosas: instrumental axeitado, procedementos de conservación e preparación de mostras, etiquetaxe, transporte e arquivo da mostra.

-Normas oficiais para a realización de tomas de mostras.

* Fundamentos, métodos e aplicacións das operacións básicas de laboratorio: moenda, cribaxe, precipitación, filtración, centrifugación, decantación, evaporación, destilación, rectificación, absorción, adsorción, extracción, cristalización e seca.

Análise inorgánica.

* Reacción química: tipos. Estequiometría. Mecanismo de reacción. Velocidade de reacción e factores de que depende. Equilibrio químico: constante de equilibrio. Desprazamento do equilibrio: principio de Le-Chatelier. Equilibrios en disolucións acuosas: electrólitos. Ácidos e bases. Ionización da auga: pH. Indicadores. Curvas de valoración. Hidrólise. Disolucións reguladoras. Equilibrios de sólidos iónicos:

solubilidade e produto de solubilidade. Disolución de precipitados.

* Análise cuantitativa. Conceptos xerais de volumetrías. Métodos volumétricos: neutralización, precipitación, complexometrías e redox. Gravimetrías.

* Análise inorgánica. Métodos para determinar experimentalmente compoñentes inorgánicos a partir de diversas substancias.

Métodos gráficos de análise.

* Limitacións dos cálculos numéricos. Diagramas logarítmicos da variable principal. Aplicacións.

Análise orgánica.

* Estrutura e propiedades do átomo de carbono. Enlaces do carbono. Isomería.

* Análise funcional. Estudo das propiedades físicas e químicas das principais funcións orgánicas: hidrocarburos, derivados haloxenados, oxixenados e nitroxenados.

* Mecanismos de reacción. Tipos de reaccións e procesos: adición, substitución, eliminación, haloxenación, esterificación e nitración.

* Análise cualitativa e cuantitativa orgánica. Separación de mesturas, identificación de compoñentes e formación de derivados.

* Introdución á bioquímica. Compoñentes estruturais máis importantes.

Análise instrumental.

* Métodos eléctricos. Introdución aos métodos electroanalíticos. Técnicas electroanalíticas: potenciometría, voltametría, electrogravimetría e condutimetría.

* Métodos ópticos. Introdución aos métodos espectroscópicos: interacción entre luz e materia, espectros e lei de Beer.

-Técnicas non espectroscópicas: refractometría e polarimetría.

-Técnicas espectroscópicas: espectrofotometría visible-ultravioleta, infravermello, absorción atómica, fotometría de chama, fluorescencia molecular e espectroscopia de masas.

* Métodos de separación cromatográfica. Teoría da cromatografía. Técnicas cromatográficas: columna, papel, camada fina, xel, líquida de alta resolución (HPLC), gases e electroforese.

* Autoanalizadores. Sistemas analíticos semiautomáticos e automáticos. Análise continua.

* Métodos de identificación de substancias aplicando técnicas instrumentais, con utilización de padróns de referencia ou outros medios para interpretación de resultados.

Contidos actitudinais

* Hábito de sistematicidade, orde e limpeza no traballo para evitar erros nos resultados.

* Hábito de uso de métodos de caracterización e ordenación de produtos químicos para que poidan ser clasificados e manipulados sen riscos de impurificación nin de contaminación ambiental ou para a saúde.

* Hábito de uso de medidas de conservación, identificación e limpeza de instrumentos, materiais e reactivos, así como do posto de traballo, para evitar erros e riscos.

* Valoración da necesidade dun control de almacén co fin de asegurar a existencia de material e de reactivos para todas as experiencias.

* Actitude crítica ante calquera resultado, sen alteralo por raro que este pareza.

* Hábito de consulta de catálogos, manuais, etc., para intentar resolver problemas ou dúbidas.

* Hábito de respecto ás normas, actuando baixo procedementos e instrucións definidas, co fin de reducir os efectos prexudiciais sobre as persoas, os bens e o medio.

* Hábito de realización do traballo cunha actitude de prevención cara aos riscos propios da actividade que realiza e os posibles sobre o medio.

* Interese por escoitar os demais con atención, participando activamente nos debates, para contrastar opinións e enriquecer o seu propio traballo e a súa formación.

3.2.4. Módulo profesional 4: análises microbiolóxicas.

Asociado á unidade de competencia 4: organizar e realizar ensaios e determinacións microbiolóxicas.

3.2.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Establecer os procedementos para preparar a mostra para a análise mediante un esquema secuencial e ordenado.

* Realizar toma de mostras representativas co instrumental adecuado e en condicións de esterilidade, así como conservalas evitando calquera tipo de contaminación no seu transporte e na súa almacenaxe.

* Rexistrar, codificar, etiquetar e almacenar as mostras segundo protocolos de rexistro e de codificación.

* Aplicarlles ás mostras as dilucións ou concentracións necesarias que permitan realizar a avaliación final de microorganismos presentes na mostra inicial, seguindo criterios de esterilidade, seguridade e boas prácticas de laboratorio.

* Controlar a representatividade e a homoxeneidade da mostraxe mediante a aplicación de normas de calidade.

* Explicar os tipos de contaminación que se poidan producir e elixir o produto de limpeza, desinfección e esterilización adecuado nun caso determinado.

* Seleccionar o método que se vai utilizar no ensaio microbiolóxico segundo as necesidades de identificación ou de contaxe microbiolóxica, e das características da mostra.

* Explicar as fases que se deben seguir durante a preparación da mostra para realizar observacións microscópicas.

* Describir as partes fundamentais do microscopio óptico e explicar a súa función e a súa aplicación á observación de microorganismos.

* Calcular e elixir o aumento adecuado, montar o obxectivo preciso e manexar o microscopio con precisión e coidado para realizar observacións microscópicas de preparacións seguindo normas prescritas.

* Realizar preparacións para observación microscópica, fixar ou tinguir a mostra e recoñecer microscopicamente os tipos de microorganismos.

* Describir as técnicas microscópicas (contraste de fases, medicións micrométricas, etc.) que permiten a identificación e a contaxe de microorganismos.

* Describir as características xerais dos reactivos que cumpra utilizar e a súa forma correcta de preparación segundo o tipo de cultivo, e realizar os cálculos necesarios para determinar a concentración do medio.

* Preparar os medios de cultivo axeitados en función da mostra que se analice, seguindo prescricións de compoñentes, proporcións e procedementos e utilizando a técnica de distribución adecuada segundo o soporte específico.

* Describir os sistemas de enriquecemento e esterilización de medios de cultivo.

* Determinar as técnicas de sementeira e inoculación adecuadas ao microorganismo obxecto da análise, e preparar placas de sementeira e tubos de ensaio sobre medios líquidos ou sólidos.

* Establecer os parámetros fundamentais de incubación en función do microorganismo obxecto de estudo.

3.2.4.2. Contidos (duración: 160 horas).

Contidos procedementais

Microbioloxía.

* Representación gráfica de microorganismos con identificación das súas partes.

* Diferenciación dos microorganismos mediante esquemas.

* Realización de esquemas das principais doenzas transmitidas por microorganismos, en relación co axente produtivo.

* Interpretación de gráficas de comportamento dos microorganismos fronte á temperatura.

* Educación sanitaria, quimioprofilaxe, bioprofilaxe (soros e vacinas) e aplicación de medidas preventivas fronte a microorganismos patóxenos.

* Relación das infeccións alimentarias máis frecuentes cos axentes bacterianos que as producen.

Técnicas microscópicas.

* Descrición do manexo do microscopio óptico.

* Realización de observacións de microorganismos vivos mediante a aplicación das seguintes técnicas: exame en fresco, gota pendente, coloración vital e posvital e contraste de fases.

* Realización de preparacións para o microscopio: temporais e permanentes.

* Descrición dos pasos que cumpra realizar para fixar e tinguir una extensión para a poder observar microscopicamente.

* Realización de frotis fixos e tinguidos.

* Aplicación de técnicas simples (violeta de xenciana, azul de metileno, fuchsina, lugol, de esporas e flaxelos).

* Aplicación de técnicas de tintura diferencial (tintura de Gram, tintura de Giemsa e método de Ziehl-Neelsen).

* Preparación de reactivos e corantes para utilizar nas tinturas.

* Realización de observacións da mobilidade dos microorganismos para a súa clasificación.

* Realización de medicións micrométricas e debuxo de microorganismos.

Ensaios microbiolóxicos.

* Toma de mostras.

-Selección e preparación do material necesario para a toma de mostras.

-Realización de toma de mostras líquidas, sólidas e de superficie.

-Realización de mostraxes de bacterias anaerobias.

-Homoxeneización ou maceración de mostras sólidas.

-Preparación de disolucións e dilucións calculando as concentracións.

-Realización da etiquetaxe, o transporte, a conservación e a almacenaxe da mostra.

-Seguimento de normas oficiais para a toma, a eliminación e a destrución de mostras.

-Aplicación de normas de calidade para controlar a representatividade e a homoxeneidade da mostraxe.

* Limpeza, desinfección e esterilización do material de vidro e dos instrumentos.

-Esterilización de aparellos e utensilios por calor seca e calor húmida.

-Manexo do autoclave.

-Aplicación de métodos físicos e químicos para desinfección ou esterilización.

-Utilización de normas oficiais na limpeza, na desinfección e na esterilización de material de vidro e de instrumentos.

-Aplicación de técnicas de limpeza, desinfección e esterilización para materiais e mostras de refugallo.

-Selección do axente químico adecuado para a limpeza, a desinfección e a esterilización en caso de contaminación microbiana.

* Medios de cultivo.

-Preparación de medios de cultivo líquidos e sólidos, con selección do material, sometemento a técnicas de esterilidade e axuste do pH.

-Realización de cálculos de concentración de medios de cultivo.

-Distribución axeitada do medio nos soportes especificados e na maneira establecida.

-Secuenciación das etapas decisivas para elaborar un medio de cultivo e comprobar a súa esterilidade.

-Mantemento e preservación de cultivos puros.

-Eliminación de medios de cultivo segundo normas establecidas.

* Técnicas de sementeira.

-Realización de técnicas de sementeira e resementeira de microorganismos en medio de cultivo sólido: en placa e en tubo.

-Realización de técnicas de sementeira en medios líquidos.

-Identificación de todos os equipamentos e utensilios usados no laboratorio de microbioloxía para preparar cultivos e realizar sementeiras.

-Elección da técnica de sementeira axeitada segundo o microorganismo obxecto de análise.

* Incubación.

-Incubación dos microorganismos nas condicións apropiadas a cada mostra.

-Utilización da estufa de incubación controlando as condicións de incubación que afecten ao cultivo (tempo, temperatura, etc.).

-Utilización de normas oficiais para a incubación de mostras biolóxicas.

* Aplicación dos métodos máis correntes para identificación de microorganismos: probas da catalasa, coagulasa, DNAsa, oxidasa, proteólise, ureasa, Hugh e Leison, Voges Prouskauer, utilización de citrato, produción de indol, de sulfuro de hidróxeno, etc.

* Aplicación de métodos modernos de identificación de microorganismos: probas con tiras de papel, disco de papel, identificación por kits, etc.

* Identificación de microorganismos mediante probas bioquímicas e bacterias comerciais (API, Enterotube, etc.).

* Realización de probas de sensibilidade bacteriana á acción de axentes antimicrobianos: antibiograma.

* Aplicación de métodos de contaxe: método da cámara de contaxe, contaxe de Breed e métodos dos tubos de opacidade.

* Preparación de dilucións para contaxe de microorganismos vivos.

* Utilización do material adecuado ao tipo de contaxe e ao microorganismo que se valore.

* Cálculo do número de microorganismos presentes en mostra, realizada a identificación, e expresión do resultado nas unidades adecuadas.

* Rexistro dos resultados da contaxe nos soportes adecuados.

* Tratamento estatístico e informático dos datos, elaboración de informes e interpretación e comunicación dos resultados.

Contidos conceptuais

Microbioloxía.

* Tipos de microorganismos: bacterias, virus, fungos, lévedos, etc.

* Estrutura das bacterias. Parede celular. Clasificación das bacterias. Principais familias: micrococáceas (grampositivo), enterobacterias (gramnegativo) e vibrionáceas (gramnegativo).

* Actividade biolóxica das bacterias. Necesidades das bacterias: nutricionais e fisicoquímicas.

* Tamaño. Xeitos e tipos de agrupacións bacterianas.

* Estrutura dos virus. Illamento. Cultivo e identificación de virus. Características xerais. Tipos de virus.

* Fungos: mofos e lévedos.

* Mareas vermellas. Aumento de poboación de dinoflaxelados. Efectos das mareas vermellas nos organismos mariños e nas persoas. Métodos de análise: biolóxicos e químicos.

* Principais doenzas transmitidas por estas familias.

Técnicas microscópicas.

* Microscopio óptico: fundamento e mantemento.

* Principais técnicas microscópicas: de luz ultravioleta, fluorescencia, contraste de fases e electrónica.

* Preparación para observación co microscopio óptico. Requisitos.

* Fundamentos da fixación nunha proba microscópica.

* Técnica da montaxe húmida e da gota pendente.

* Técnicas de observación de microorganismos vivos e mortos.

* Tinturas. Factores que interveñen nas tinturas e xeitos de realizalas. Tinturas bacterianas. Tintura simple e diferencial. Tinturas especiais.

* Características xerais dos reactivos e dos corantes para microscopia.

* Equipamentos e materiais visuais empregados en observación microscópica.

Ensaios microbiolóxicos.

* Organización e normas xerais que se deben seguir no laboratorio de microbioloxía.

* Material específico do laboratorio de microbioloxía. Funcións e características.

* Técnicas de toma de mostras. Tratamento e preparación de mostras: homoxeneización e dilución.

* Etiquetaxe, transporte e almacenaxe de mostras. Requisitos.

* Técnicas de limpeza, desinfección e esterilización do material de vidro e dos instrumentos.

* Métodos físicos de esterilización e de desinfección: altas temperaturas (pasteurización e esterilización), baixas temperaturas, filtraxe, radiacións, desecamento, electricidade, etc.

* Métodos químicos de esterilización. Axentes químicos antimicrobianos: tipos.

* Autoclave: elementos e funcionamento.

* Controis de esterilización. Normas oficiais para prevención e control. Métodos de tratamento e de eliminación de materiais rexeitados.

* Medios de cultivo: fundamentos, compoñentes e clasificación segundo a composición, os nutrientes, a especificidade e a consistencia; factores que lles afectan e precaucións para tomar.

* Técnica xeral de preparación. Materiais e utensilios.

* Métodos de eliminación de medios de cultivo.

* Sementeira: tipos e técnicas de sementeira, materiais e utensilios, crecemento, e conservación e visualización de colonias.

* Incubación: concepto e parámetros fundamentais (temperatura, pH, etc.).

* Estufas de cultivo: fundamento e tipos. Obtención de cultivos puros: normas.

* Procedemento de identificación de microorganismos. Métodos convencionais. Identificación por tiras, discos de papel e batería de probas (kits).

* Probas bioquímicas de identificación e sistemas comerciais de multiproba.

* Métodos de identificación de lévedos e mofos.

* Métodos para o estudo de anaerobios.

* Antibiogramas.

* Contaxe: técnicas de contaxe.

* Microorganismos indicadores.

* Microorganismos índices. Índices de contaminación fecal, animal e viral. Criterios de elección para os microorganismos índices.

Contidos actitudinais

* Hábito de respecto polas normas de seguridade e hixiene no laboratorio de microbioloxía.

* Sistematicidade, orde e limpeza nos ensaios de laboratorio, para previr riscos e conseguir resultados fiables.

* Valoración do efecto dos microorganismos sobre a saúde, a calidade de vida e o medio.

* Hábito de aplicación das normas de calidade nas experiencias realizadas no laboratorio de microbioloxía.

* Interese por participar nos traballos de grupo para a realización de tarefas e proxectos.

3.2.5. Módulo profesional 5: seguridade e ambiente químico no laboratorio.

Asociado á unidade de competencia 5: cumprir e facer cumprir as normas de boas prácticas de seguridade e ambientais no laboratorio.

3.2.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Aplicar as medidas de seguridade relativas ao envasado, á etiquetaxe e ao transporte de materias químicas.

* Comprobar o cumprimento das normas de seguridade na manipulación de produtos químicos segundo a súa estabilidade ou agresividade, identificando a simboloxía de seguridade.

* Organizar a almacenaxe de disolucións, materiais e reactivos seguindo criterios que aseguren a súa conservación, o seu control e a redución de riscos.

* Aplicar as normas de boas prácticas no laboratorio nas operacións de recepción, manipulación, almacenaxe e identificación de produtos químicos.

* Relacionar os diversos equipamentos de protección individual cos factores de risco das actividades que se realizan no laboratorio.

* Determinar as medidas de seguridade relativas ao mantemento das instalacións e dos equipamentos de laboratorio.

* Relacionar as regras de orde e limpeza cos factores de risco, e aplicalas nos procedementos normalizados de traballo no laboratorio.

* Identificar os aspectos esenciais da normativa de seguridade aplicables aos procedementos de traballo, aos procesos de análise e control, ao envasado, á etiquetaxe e ao transporte de produtos químicos.

* Realizar un esquema dos principais sinais de seguridade no laboratorio en relación co factor de risco correspondente.

* Determinar o xeito correcto de operar nas áreas clasificadas de risco químico ou biolóxico.

* Describir as secuencias de actuación en caso de emerxencia, identificando os equipamentos de protección persoal.

* Identificar as zonas de risco e propor medidas de sinalización a partir da representación gráfica en planta dun laboratorio.

* Verificar a colocación dos elementos de seguridade activa e pasiva dentro do laboratorio a partir da súa representación gráfica en planta.

* Propor os materiais de cura e os produtos que deben formar parte da caixa de urxencias do laboratorio.

* Verificar a existencia de dotacións para a realización de primeiros auxilios no laboratorio nunha situación de emerxencia actuando con rapidez, eficacia e seguridade.

* Identificar os equipamentos de protección persoal que se deben utilizar en caso de emerxencia.

* Identificar os aspectos esenciais da lexislación ambiental aplicables aos procesos de control e de análise ou ensaio no laboratorio.

* Utilizar os dispositivos de detección e medida nas actividades do laboratorio, para avaliar e controlar os parámetros de posible impacto ambiental.

* Aplicar técnicas para a eliminación de pequenas cantidades de residuos químicos e biolóxicos no laboratorio.

* Xestionar o tratamento e a almacenaxe dos residuos que se produzan.

* Clasificar os contaminantes físicos, químicos ou biolóxicos producidos no microclima de traballo pola súa natureza e os efectos sobre o organismo.

* Realizar medicións dos contaminantes físicos, químicos e biolóxicos con dispositivos de detección directa, e interpretar o resultado das medidas en relación cos valores de referencia da normativa aplicable.

* Describir os dispositivos de detección e medida homologados.

* Determinar e aplicar plans de evacuación ante situacións de emerxencia.

3.2.5.2. Contidos (duración: 105 horas).

Contidos procedementais

Seguridade no traballo de laboratorio.

* Interpretación dun manual de seguridade relativo a materias químicas.

* Determinación das medidas de seguridade relativas ao envasado, á etiquetaxe e ao transporte de materias químicas.

* Clasificación dos produtos químicos segundo a súa seguridade ou agresividade.

* Identificación dos símbolos de seguridade.

* Recoñecemento de diversos pictogramas.

* Aplicación de normas de seguridade ao envasado, á etiquetaxe e ao transporte de materias químicas.

* Identificación dos equipamentos de protección individual en relación cos factores de risco.

* Aplicación de medidas de seguridade ao mantemento de equipamentos e instalacións.

* Mantemento das regras de orde e limpeza no laboratorio en relación cos factores de risco.

* Realización de esquemas de laboratorio cos sinais de seguridade.

* Identificación da sinalización que indica situacións de risco.

* Determinación dos métodos operativos en zonas de risco.

* Comprobación do cumprimento da normativa de seguridade, de hixiene e ambiental nos ensaios realizados no laboratorio.

* Identificación dos tipos de emerxencias segundo a actividade que se desenvolva no laboratorio.

* Deseño dun plan de emerxencia (secuenciación, identificación do risco, cuantificación, determinación de prioridades, comunicación, execución, informe, etc.).

* Utilización dos equipamentos contra incendios.

* Determinación das medidas que se deben tomar para a prevención ante a corrente eléctrica.

* Proposta do equipamento da caixa de urxencias.

* Manexo dos materiais de primeiros auxilios.

* Identificación dos equipamentos de protección persoal.

* Proposta da colocación dos elementos de seguridade no laboratorio.

* Proposta das medidas de sinalización unha vez indicadas as zonas de risco.

Hixiene no laboratorio e protección do medio.

* Clasificación dos contaminantes nos laboratorios como físicos, químicos ou biolóxicos segundo a súa natureza e os seus efectos no organismo.

* Realización de medicións dos contaminantes físicos, químicos e biolóxicos seguindo procedementos normalizados.

* Realización de tomas de mostras de contaminación ambiental aplicando técnicas de mostraxe segundo o tipo de medida.

* Interpretación dos resultados das medidas realizadas segundo a normativa vixente.

* Localización dos focos de emisión de contaminantes no laboratorio e aplicación de sistemas de redución.

* Aplicación de técnicas para a eliminación de pequenas cantidades de residuos.

* Descrición dos dispositivos de detección e medida.

* Mantemento en bo estado dos equipamentos de detección e medida seguindo un plan establecido de control.

* Aplicación de medidas de protección individual e colectiva.

* Interpretación da normativa ambiental que cumpra aplicar a un proceso de control e análise.

* Identificación dos parámetros de posible impacto ambiental.

* Utilización dos dispositivos de detección e medida para avaliar e controlar os parámetros de posible impacto ambiental.

* Programación do mantemento dos equipamentos de protección persoal.

Contidos conceptuais

Seguridade no traballo de laboratorio.

* Seguridade no laboratorio de análise e control: normas xerais.

* Técnicas de seguridade. Estudo de medidas de seguridade. Sinalización de seguridade. Medidas preventivas.

* Análise de riscos. Tipos de risco: eléctricos e mecánicos. Manipulación de materiais e produtos químicos. Manipulación de equipamentos e instalacións, lume e explosións.

* Prevención do risco de traballo con produtos químicos: envasado e etiquetaxe de produtos.

* Prevención do risco de contacto coa corrente eléctrica.

* Prevención, detección e protección dos riscos de incendio e explosión no laboratorio.

* Prevención para o mantemento dos equipamentos e das instalacións.

* Regras de orde e limpeza: normativa.

* Equipamentos de protección persoal e colectiva.

* Plans de emerxencia.

* Accidentes de traballo: clasificación. Índices estatísticos na prevención. Rexistro. Métodos para investigación de accidentes.

Hixiene no laboratorio e protección do medio.

* Concepto de contaminante no laboratorio. Contaminantes físicos, químicos e biolóxicos: efectos sobre a saúde das persoas.

* Primeiros auxilios fronte a contaminantes químicos e biolóxicos.

* Técnicas de medición e valorización.

* Técnicas de prevención e protección.

* Prevención de riscos ambientais no laboratorio. Refugallos de laboratorio. Técnicas de eliminación de mostras como refugallos. Dispositivos de detección e medida de contaminantes ambientais no laboratorio.

* Plan de redución de refugallos e emisións.

* Normativa de contaminación atmosférica, augas e residuos tóxicos e perigosos.

* Lexislación sobre medidas de protección persoal no laboratorio.

Contidos actitudinais

* Respecto polas normas establecidas nas boas prácticas de laboratorio.

* Rapidez na resolución de continxencias.

* Hábito de comprobación dos sistemas de seguridade e protección persoal e colectiva no laboratorio de análise e control.

* Valoración da orde e o método no laboratorio para evitar riscos e reducir refugallos.

* Interese polo traballo en equipo.

* Interese por desenvolver a iniciativa persoal na interpretación das medidas de seguridade que cumpra seguir no laboratorio.

* Predisposición á adaptación ás novas situacións producidas en caso de emerxencia.

* Respecto pola saúde, respecto ao medio e a seguridade laboral.

3.2.6. Módulo profesional 6: técnicas analíticas integradas.

Asociado á unidade de competencia 6: determinar e realizar análises e ensaios de control de calidade.

3.2.6.1. Capacidades terminais elementais.

* Clasificar os alimentos e enumerar as propiedades que os caracterizan, atendendo nomeadamente aos seus parámetros bioquímicos e microbiolóxicos.

* Estimar a composición centesimal dos principios inmediatos, os oligoelementos e as vitaminas dun alimento, usando táboas normalizadas.

* Diferenciar os principais aditivos que pode ter un alimento, e en que concentración, segundo as normas legais.

* Explicar os parámetros que afectan as contaminacións microbiolóxicas dos alimentos e os factores que as producen.

* Distinguir os límites permisibles de microorganismos nos alimentos, recoñecendo as normas hixiénico-sanitarias necesarias para a calidade óptima dun alimento.

* Distinguir se o problema analítico é de control, de certificación ou de investigación.

* Seleccionar o método que se deba utilizar segundo a dotación do laboratorio e as características da solicitude de análise.

* Descompor o proceso de análise en procedementos e secuencias operativas, segundo normativas e procedementos normalizados de traballo.

* Establecer os procedementos de mostraxe, tomar mostras e preparalas para a análise, segundo normas de control de calidade e boas prácticas de laboratorio.

* Preparar e calibrar os aparellos necesarios coa sensibilidade e a precisión requiridas, segundo o tipo de mostra e de análise que se realice.

* Realizar a análise con orde e limpeza, cumprindo normas de protección persoal e ambiental.

* Rexistrar e arquivar os datos e os resultados das análises no soporte axeitado.

* Analizar os resultados, realizando os cálculos necesarios, para determinar a composición ou as propiedades da substancia ou do material que se controle.

* Elaborar un informe cos resultados da análise, comparalos cos previsibles e, en caso de haber diferenza, xustificar as posibles causas.

* Identificar a función e as prestacións dos equipamentos, dos aparellos, dos dispositivos de control, das operacións básicas, dos métodos e dos tempos que integran un proceso a partir de diagramas de fabricación.

* Determinar no diagrama dun proceso químico os puntos de toma de mostras e frecuencia, os analizadores automáticos, os aparellos de regulación e control, e os instrumentos de medida de variables fisicoquímicas.

* Identificar as características fisicoquímicas das materias primas, dos produtos semiacabados e dos produtos acabados dun proceso determinado, expostas na guía de fabricación e na guía do produto.

* Distinguir os tipos e a natureza dos ensaios necesarios para o control dun proceso.

* Determinar a relevancia das partes do proceso na seguridade e na calidade do produto a partir dun diagrama de proceso.

* Realizar o diagrama dos procedementos e as operacións de control e mantemento que interveñen nun proceso químico a partir da guía de fabricación e da guía do produto.

* Relacionar o control de calidade coa modificación dun proceso para diminuír o tempo e os custos ou para mellorar a calidade do produto.

3.2.6.2. Contidos (duración: 365 horas).

Contidos procedementais

Técnicas de análise e control de calidade de produtos da industria química e doutras industrias de procesos.

* Determinación de se o estudo que se realiza é de control, certificación ou investigación, e selección do método de traballo máis adecuado.

* Comparación, mediante consultas bibliográficas, das técnicas posibles coas realizables no laboratorio, segundo a dotación de equipamentos, para seleccionar as que se deban utilizar.

* Establecemento de criterios previos para a análise con respecto aos parámetros analíticos requiridos e a outros criterios que poidan ser decisivos á hora de elixir un método ou unha técnica de análise.

* Selección do método para seguir na técnica elixida para a realización da análise e ordenación secuencial por escrito en forma de procedementos.

* Realización da toma de mostra, preparación para a análise e aplicación de técnicas elixidas.

* Realización dos cálculos e os gráficos necesarios, usando os soportes que permitan rexistrar datos e resultados.

* Análise dos resultados obtidos, con determinación da natureza, a composición e as propiedades da substancia ou do material que se controle.

Química alimentaria.

* Clasificación de alimentos nos grupos correspondentes, especificando as propiedades que os caracterizan.

* Identificación, a través do manexo de táboas normalizadas de alimentos, da composición porcentual dun alimento, os principios inmediatos, os oligoelementos e as vitaminas que o constitúen.

* Identificación dos principais aditivos dun alimento e explicación da súa función, relacionando a concentración co nivel permitido segundo as normas.

* Análise dunha mostra alimentaria, con desenvolvemento dos seguintes pasos:

-Realización dun esquema de traballo en forma de instrucións ordenadas e precisas.

-Realización das operacións de preparación da mostra para a análise da substancia obxecto de ensaio ou análise.

-Aplicación das técnicas de ensaio ou análise necesarias que permitan caracterizar as substancias ou os materiais.

-Rexistro, arquivo e actualización de datos e resultados no soporte adecuado.

-Análise dos resultados obtidos, con interpretación dos rexistros e realización de cálculos numéricos e tratamento estatístico dos resultados, para determinar a composición ou as propiedades da substancia ou do material que se controle.

-Selección dos elementos que deben compor un informe segundo o tipo de análise requirido, no cal se expoñan todos os pasos do proceso analítico, desde a toma de mostras ata a análise de resultados.

-Indicación das diferenzas observadas nos resultados de ensaios e análises mediante comparación

coas previsiblemente esperadas ou obtidas da normativa, e posterior emisión de hipóteses sobre posibles causas da diferenza.

Microbioloxía aplicada aos alimentos.

* Identificación dos parámetros que afectan as contaminacións microbiolóxicas dos alimentos e os factores que as producen.

* Interpretación dos límites permisibles de microorganismos nos alimentos, recoñecendo as normas hixiénico-sanitarias necesarias para a calidade óptima dun alimento.

Control de calidade e a súa relación co proceso de produción e/ou depuración nas industrias químicas e de procesos.

* A partir dun diagrama de proceso químico tipo, determinación de:

-Puntos de toma de mostras e frecuencia.

-Tomas de mostras ordinaria e extraordinaria.

-Analizadores automáticos en proceso.

-Aparellos de regulación e control en relación á calidade.

-Instrumentos de medida de variables físicas e fisicoquímicas.

* Identificación da función, o funcionamento e as prestacións de aparellos, equipamentos e instrumentos empregados.

* Distinción dos tipos e a natureza dos ensaios que se realizan en proceso, así como as persoas encargadas da súa realización e o tipo de fontes de datos derivados deses ensaios realizados en proceso.

* Interpretación da influencia dos parámetros que se midan sobre o proceso e sobre os sistemas de instrumentación e control do proceso.

* Identificación e validación dos datos dos equipamentos de control de calidade.

* Determinación da relevancia das distintas partes do proceso sobre a seguridade, a calidade e a eficacia do produto.

* Relación da actividade de control de calidade con produción, na posta a punto dun novo produto ou na modificación dun proceso.

Contidos conceptuais

Técnicas de análise e control de calidade de produtos da industria química e doutras industrias de procesos.

* Fases para seleccionar o método analítico (de control, de certificación ou de investigación) que permita identificar, caracterizar ou medir a concentración dos posibles produtos:

-Produtos de industria química básica: orgánicos e inorgánicos.

-Produtos de industria química de mestura e transformación.

-Produtos industriais de química fina e especialidades farmacéuticas.

-Auga.

-Transformados de plástico e caucho.

-Produtos da industria papeleira.

-Metais e aliaxes.

-Materiais de construción.

-Alimentos básicos e produtos da industria alimentaria.

* Técnicas instrumentais: bases, calibraxe de aparellos, preparación de mostras e medida de variables. Tratamentos estatísticos dos resultados.

* Contraste do valor dun mesmo parámetro por dúas técnicas.

* Normas específicas aplicables ao ensaio e á análise de produtos químicos, alimentarios, augas ou outros produtos: métodos oficiais, directivas comunitarias e procedementos de ensaio e análise normalizados.

Química alimentaria.

* Bases de bioquímica estrutural.

-Principios inmediatos: glícidos, lípidos, prótidos, oligoelementos e vitaminas. Métodos de determinación dos principios inmediatos. Valor nutricional dos compoñentes bioquímicos.

-Enzimas: a súa importancia bioquímica e a súa medida.

* Grupos de alimentos. Clasificación por composición. Características e propiedades. Aditivos alimentarios: corantes, conservantes e estabilizantes.

Microbioloxía aplicada aos alimentos.

* Microorganismos máis habituais presentes nos alimentos.

* Determinacións específicas en alimentos.

* Fontes de contaminación dos alimentos.

* Técnicas para a análise microbiolóxica dos alimentos.

Control de calidade e a súa relación co proceso de produción e/ou depuración nas industrias químicas e de procesos.

* Diagramas de fluxo dun proceso produtivo tipo e do contorno xeográfico industrial. Simboloxía asociada. Operacións básicas que inclúe. Ferramentas e instrumentación. Aparellos de regulación e control.

* Control de calidade. Puntos e frecuencia de toma de mostra.

* Procesos continuos e descontinuos. Análise de campo, probas de esterilidade e seguridade do produto.

* Métodos de medida da calidade dos produtos en proceso e dos produtos acabados, no proceso de produción e/ou depuración química industrial.

Contidos actitudinais

* Hábito de responsabilizarse do traballo encomendado e dos resultados obtidos.

* Rigor e precisión no desenvolvemento do traballo.

* Interese pola consecución dun medio de traballo non contaminado.

* Actitude crítica ante calquera resultado, sen varialo por raro que pareza.

* Interese pola consulta de catálogos, manuais, etc., para intentar resolver problemas ou dúbidas.

* Hábito de respecto ás normas, co fin de reducir os efectos prexudiciais sobre as persoas, os bens e o medio.

* Actitude de prevención dos riscos propios da actividade que realiza e os posibles sobre o medio.

* Interese por escoitar os demais con atención para contrastar opinións e enriquecer o seu propio traballo e a súa formación.

* Valoración da importancia da limpeza, a conservación e a manipulación no desenvolvemento de microorganismos dos alimentos.

* Actitude positiva ante novos métodos de traballo e ante nova normativa.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 7: relacións no contorno de traballo.

3.3.1.1 Capacidades terminais elementais.

* Describir as vías e os sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método axeitado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

3.3.1.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición das formas e dos tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na cal exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa axeitada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recolla de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e das competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habilidades sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na cal se deba tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación, con determinación do significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación e establecemento de relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e os seus efectos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Xeitos de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e políticas salariais.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e dos destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante cara a elas.

* Habilidade para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Responsabilidade e coherencia para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación e para valorar as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis axeitada.

Toma de decisións.

* Toma de consciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición para aceptar a toma de decisión que o grupo considere como a máis axeitada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e da responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Interese pola aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos a que se pertenza.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de consciencia de que a participación e a colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.2. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 75 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Desenvolver e aplicar técnicas físicas, químicas ou microbiolóxicas de ensaio e de análise sobre materias primas, produtos químicos ou alimentarios, orientadas á investigación, á análise ou ao control de calidade, para un determinado proceso produtivo.

-Selecciónase o proceso produtivo en que se vaia desenvolver o proxecto.

-Procúrase información sobre materias primas, produtos intermedios e produtos finais para elaborar o diagrama de proceso.

-Selecciónase a técnica oficial máis adecuada ao tipo de produto e ás características do ensaio requirido tanto para control como para certificación ou investigación.

-Desenvólvense as características da análise requirida tanto para control como para certificación ou investigación.

-Establécense as propiedades físicas, químicas e biolóxicas da mostra para o seu control de calidade.

-Consúltanse normas oficiais para ensaios de certificación e os protocolos nos ensaios de control.

-Selecciónase o método utilizable no ensaio segundo os medios dispoñibles no laboratorio.

-Unha vez seleccionada a técnica máis axeitada no proxecto:

-Realízase a mostraxe baixo normas de control de calidade e representatividade.

-Adáptase a mostra ás condicións do ensaio.

-Etiquétase a mostra para a súa correcta identificación.

-Selecciónanse equipamentos e instrumentos e compróbase o seu funcionamento para facer óptimos os resultados analíticos.

-Calíbranse e axústanse os instrumentos ás necesidades do ensaio físico, químico ou biolóxico, segundo a normativa.

-Recóllense datos analíticos e efectúanse cálculos para interpretar e avaliar os resultados.

* 2. Organizar e supervisar a actividade do laboratorio cunha visión global e integrada dos métodos de análise que se desenvolven nel, así como comprender a función dos medios ao seu cargo e as

dimensións técnicas, organizativas, económicas e humanas do seu traballo.

-Interprétanse correctamente os plans de análise e control de calidade dun determinado proceso produtivo.

-Elabórase un diagrama que inclúa todos os procesos de fabricación e control, desde a entrada da materia prima ata a comercialización do produto elaborado.

-Contrólanse os sistemas de recolla, transporte e acondicionamento da materia prima para o seu traslado e posterior transformación industrial.

-Establécese o organigrama de persoal necesario para desenvolver a análise e o control do proceso produtivo.

-Organízase o traballo diario do laboratorio en función do programa de produción, seguindo a normativa.

-Elabóranse informes diarios, semanais e mensuais que recollan os seguintes datos: número de análises realizadas; resultados obtidos en cada unha das análises; número de operarios que interveñen en cada control; cantidade de material e de produtos utilizados en cada unha das análises; parte de incidencias e observacións en cada análise.

-Contrólase que os rexistros de datos estean recollidos correctamente en soportes informáticos.

-Avalíase o custo da realización das distintas análises e o mantemento dos equipamentos e do instrumental requirido.

-Realízase o inventario do material do laboratorio e contrólanse as súas existencias.

-Establécense as redes de comercialización e seguimento do produto desde a cadea de produción ata que chegue ao consumidor.

-Planifícanse estudos de niveis de aceptación mediante campañas de degustación e/ou demostración, publicidade, etc., dos produtos elaborados.

-Analízanse os resultados das campañas de comercialización para facer óptimo o proceso produtivo.

-Prográmase unha actualización técnica e xurídica permanente do persoal de laboratorio.

-Elabóranse plans para reciclar e reutilizar os produtos elaborados e as materias primas utilizadas.

-Clasifícase, organízase e actualízase a documentación técnica e xurídica para o seu uso no laboratorio.

-Compróbase que a etiquetaxe do produto final se adapte ás normas de calidade requiridas.

* 3. Analizar as normas de seguridade e ambientais e as boas prácticas nun laboratorio de análise e control.

-Organízase a seguridade nun laboratorio de análise e control.

-Identifícase o tipo de laboratorio segundo o proceso produtivo que controle.

-Avalíanse os equipamentos de protección individual que se utilicen en cada etapa existentes no laboratorio.

-Descríbense os posibles riscos segundo as análises que se realicen nas distintas zonas do laboratorio.

-Elabóranse respostas ante situacións de emerxencia.

-Selecciónase a normativa legal que regule a seguridade nos laboratorios.

-Elabóranse as medidas preventivas para evitar riscos hixiénicos causados por axentes físicos, químicos ou biolóxicos do proceso produtivo.

-Establécense as barreiras protectoras necesarias segundo o tipo de proceso.

-Selecciónase a normativa oficial vixente sobre hixiene para poder elaborar un protocolo cos pasos necesarios de medidas hixiénicas a tomar no laboratorio adecuadas á normativa.

-Elabóranse procedementos normalizados de operación no laboratorio de análise e control, fundamentados nas normas de boas prácticas de laboratorio.

-Selecciónase a normativa de protección ambiental relacionada coa análise e o control de calidade.

-Redución de verteduras.

-Reutilización de produtos químicos.

-Eliminación de verteduras segundo a normativa legal.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Actuar con criterios de seguridade e hixiene nas súas actividades no posto de traballo.

-Úsanse as roupas e os equipamentos de protección individual necesarios nas operacións, en relación cos riscos químicos do traballo desenvolvido.

-Identifícanse os riscos asociados aos instrumentos, os equipamentos e as instalacións dos laboratorios de análise e ensaio.

-Propóñense medidas preventivas e, de ser o caso, correctoras das situacións de risco detectadas.

-Aplícanse e verifícase a aplicación das normas de seguridade, hixiene e protección ambiental establecidas no laboratorio.

* 2. Responder adecuadamente en condicións de emerxencia.

-Ante situacións de emerxencia, respóndese de acordo cos plans establecidos, executando o cometido asignado ao seu posto de traballo na solución da emerxencia.

-Ante una simulación de situación de emerxencia no seu posto de traballo, respóndese desempeñando o papel asignado segundo os procedementos establecidos, ou séguese un criterio de actuación adecuado á situación, cando a emerxencia non estea rexistrada nos procedementos.

-Asimílanse os adestramentos establecidos fronte aos riscos máis probables do centro de traballo.

-Propóñense pautas de actuación dos compoñentes do laboratorio ante posibles situacións de emerxencia.

* 3. Planificar as actuacións para levar a cabo o control de calidade de acordo coa normativa vixente.

-Selecciónanse as normas vixentes de aplicación ao control requirido.

-Precísanse as operacións que se van realizar, secuéncianse, asígnaselles tempo de execución e represéntase nun esquema, seguindo un procedemento normalizado de boas prácticas de laboratorio.

-Estímanse os riscos e póñense en marcha os medios de prevención.

-Organízase e diríxese o traballo de técnicos de menor nivel de cualificación.

-Determínanse as técnicas, os instrumentos e os equipamentos máis adecuados, así como as mostras que se vaian controlar.

-Selecciónanse os diagramas, os gráficos, as follas de rexistro, etc. que permitan calcular, representar ou rexistrar os parámetros que se vaian controlar.

-Propóñense melloras relacionadas coa eficacia e a seguridade e particípase na posta a punto de técnicas novas.

* 4. Realizar de xeito autónomo o control de calidade, de acordo co plan de calidade, de produtos químicos ou de alimentos, tanto en proceso como de produtos finais.

-Avalíase ou realízase a toma e a preparación das mostras de acordo coa metódica prescrita.

-Realízanse as análises e os ensaios de acordo coa metódica establecida.

-Realízanse os cálculos, os gráficos e os rexistros necesarios.

-Contrástanse os resultados e avalíase se o control se realizou de acordo coa normativa.

-Redáctase un informe en que se explique o proceso do control e se valoren os resultados.

* 5. Comportarse de xeito responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

-Interprétanse e execútanse con dilixencia as instrucións recibidas, responsabilizándose do traballo que se desenvolve e comunicándose eficazmente coas persoas adecuadas en cada momento.

-Obsérvanse os procedementos e as normas internas de relacións laborais establecidas no centro de traballo e amósase en todo momento unha actitude de respecto á estrutura de mando da empresa.

-Analízanse as repercusións da actividade propia no sistema de produción e no logro dos obxectivos da empresa.

-Axústase ao establecido nas normas e nos procedementos técnicos (información de proceso, normas de calidade, normas de seguridade, etc.) ao participar nas melloras de produtividade e de calidade.

-Demóstrase un bo facer profesional ao cumprir os obxectivos e as tarefas asignadas en orde de prioridade aos criterios de produtividade e de eficacia no traballo.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

3.6.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar dun accidente en situacións simuladas.

* Analizar os xeitos e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia e identificar as variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

3.5.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa de seguridade social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de artigos de prensa e de textos técnicos sobre temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. Empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais por que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de consciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como dos bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existiren prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursado algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno, no cal se valorará sucesivamente a nota media e ter cursado a seguinte materia de bacharelato:

-Química.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de análise e control.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión do laboratorioAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

2Ensaios físicosLaboratorioProfesorado técnico de FP

3Análises química e instrumentalAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

4Análises microbiolóxicasAnálise e química industrial (1)Profesorado de ensino secundario

5Seguridade e ambiente químico no laboratorioLaboratorioProfesorado técnico de FP

6Técnicas analíticas integradasAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

7Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

(1) O profesorado de ensino secundario da especialidade de bioloxía e xeoloxía en posesión da licenciatura en bioloxía ou en ciencias do mar- ten competencia docente para impartir este módulo profesional, sen prexuízo da prioridade e da obriga que para impartir este módulo ten o profesorado da especialidade citada na táboa.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

QuímicaAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas, licenciatura en ciencias empresariais, licenciatura en ciencias actuariais e financeiras, licenciatura en economía, licenciatura en investigación e técnicas de mercado, diplomatura en ciencias empresariais e diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

Para os efectos de docencia, as titulacións declaradas equivalentes ás de licenciatura, enxeñaría, arquitectura e doutoramento para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Análise e química industrial-Enxeñaría técnica industrial (especialidade en química industrial)-Enxeñaría técnica forestal (especialidade en industrias forestais)

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais-Diplomatura en relacións laborais-Diplomatura en traballo social-Diplomatura en educación social-Diplomatura en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 296/1999, do 21 de outubro, o ciclo formativo de análise e control, de formación profesional de grao

superior, require para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m20%

Laboratorio de análise90 m60 m50%

Laboratorio de ensaio60 m60 m15%

Laboratorio de microbioloxía60 m60 m15%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Ensaios físicos.

* Análises química e instrumental.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Ensaios físicos.

* Análises química e instrumental.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios

* Diplomatura en enfermaría.

* Diplomatura en fisioterapia.

* Diplomatura en logopedia.

* Diplomatura en podoloxía.

* Diplomatura en terapia ocupacional.

* Enxeñaría técnica aeronáutica (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica agrícola (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica forestal (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica de minas (todas as especialidades).

* Enxeñaría química.

* Licenciatura en biotecnoloxía.

* Licenciatura en farmacia.

* Licenciatura en química.

4.5. Distribución horaria

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3 trimestre

160Ensaios físicos

400Análises química e instrumental

160Análises microbiolóxicas

105Seguridade e ambiente químico no laboratorio

55Formación e orientación laboral

4º e 5º trimestre

165Organización e xestión do laboratorio

365Técnicas analíticas integradas

55Relacións no contorno de traballo

75Proxecto integrado

6º trimestre

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.