DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 2006 Páx. 1.553

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 8/2006, do 26 de xaneiro, polo que se designan catro vogais do Consello Reitor do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia.

No artigo 5 da Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, establécese a composición do seu Consello Reitor. O punto 3 c) de dito artigo establece que catro dos seus vogais serán designados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro competente en materia de Xustiza e Interior, entre persoas expertas e de prestixio nesas materias que desenvolvan o seu labor profesional en Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designación de vogais polo Consello da Xunta de Galicia.

Os catro vogais do Consello Reitor do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, designados polo Consello da Xunta de Galicia, serán os seguintes:

-Ángel Mª Judel Prieto, presidente da Audiencia Provincial da Coruña.

-Carlos Martínez-Buján Pérez, catedrático de Dereito Penal da Universidade da Coruña.

-Carlos García Touriñán, xefe do Servizo de Bombeiros e Protección Civil do Concello da Coruña.

-Elisardo Fernández Vázquez, xefe provincial de Lugo da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e seis de xaneiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas

e Xustiza