DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2006 Páx. 1.410

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de decembro de 2005 pola que se convocan axudas económicas para a realización de formación práctica en empresas destinadas a alumnos/as de patrón costeiro polivalente e ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica en centros dependentes desta consellería.

Advertido erro por omisión na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 15, do 23 de xaneiro de 2006, publícase o anexo correspondente.