DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2006 Páx. 1.141

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 596/2005, do 29 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en imaxe.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2033/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en imaxe e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

O Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes que imparten as ensinanzas escolares do sistema educativo.

A Orde ECI/2527/2005, do 4 de xullo, actualiza e amplía o disposto no anexo X do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, sobre o acceso directo a estudos universitarios desde a formación profesional para adecualo ás titulacións actualmente existentes.

O Decreto 296/1999, do 21 de outubro, no seu artigo décimo primeiro, establece os requisitos mínimos de espazos formativos para a impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

Seguindo os principios xerais que deberán rexer a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao seu contorno sociocultural.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas deberán permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que deben proporcionar o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daque

las capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos deberán dispor dun determinado número de horas que lles permitan realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativa ao título de técnico superior en imaxe, regulado polo Real decreto 2033/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, a duración e o nivel de formación profesional do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros

sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1º do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación

a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: imaxe.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

* Definir e obter imaxes fixas ou móbiles, en calquera soporte e formato, por medios fotográficos, cinematográficos ou videográficos, e iluminar espazos escénicos, determinando e controlando a calidade técnica, formal e expresiva.

Este técnico actuará, de ser o caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Adaptar o encargo do cliente á forma e ao medio de presentación, rexistrando imaxes fotográficas, cinematográficas ou videográficas coas condicións de calidade artística e técnica requiridas.

* Definir e realizar imaxes fotográficas en calquera soporte, formato e especialidade por procedementos analóxicos ou dixitais.

* Intervir no deseño do produto audiovisual achegando datos técnicos, estéticos, económicos e operativos.

* Realizar o desenvolvemento dos produtos fotográficos interpretando os requisitos do cliente e elaborando propostas técnicas que se axusten ás súas necesidades e ao seu orzamento.

* Realizar o desenvolvemento de proxectos de iluminación de espazos escénicos aplicando métodos e técnicas que consideren as características ambientais da obra escénica ou do espectáculo, efectuando a toma de datos, determinando os recursos necesarios e a súa distribución, e elaborando a documentación necesaria.

* Determinar os procesos, as técnicas, os recursos e os materiais necesarios para realizar proxectos fotográficos e filmar ou gravar produtos audiovisuais.

* Xestionar os aprovisionamentos de recursos necesarios para a produción, se non está integrado nunha empresa.

* Controlar o procesamento, o tratamento e o acabamento do material fotográfico obtido.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que está integrado colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na coordinación e no desenvolvemento das tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros de igual ou diferente nivel de cualificación.

2.2.3 Capacidades para a dirección de tarefas.

* Organizar o seu traballo e dirixir as actividades dos membros do equipo que estea ao seu cargo.

* Posuír unha visión global e integrada dos procesos de produción de imaxes relativa aos diferentes aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos relacionados con el.

* Comunicarse e relacionarse con eficacia, verbalmente ou por escrito, con clientes, provedores, empregados, profesionais, empresas ou departamentos cos que se manteña unha relación funcional ou comercial.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, na organización laboral e nos aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e os obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Interpretación da información e da documentación técnica relacionada co seu traballo (guións, planos, esbozos de escenografía, story-boards, manuais técnicos, etc.), así como demandas, criterios e estratexias de clientes.

* Deseño e obtención de imaxes fotográficas.

* Organización do seu traballo e dirección das actividades dos profesionais ao seu cargo.

* Deseño, elaboración e control da iluminación de espazos escénicos.

* Filmación e gravación de produtos audiovisuais.

* Identificación e arquivo dos documentos escritos ou visuais xerados.

* Control do estado, uso e aproveitamento de equipamentos e materiais.

* Resolución de anomalías e continxencias.

2.4. Unidades de competencia.

* 1. Definir e obter imaxes fotográficas.

* 2. Iluminar espazos escénicos.

* 3. Filmar ou gravar produtos audiovisuais.

* 4. Realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou nun taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: definir e obter imaxes fotográficas:

Realizacións e criterios de realización:

* 1.1. Definir os aspectos técnicos e formais de proxectos fotográficos e elaborar un plan de produción que permita a súa adecuada realización e se axuste á calidade e ao custo establecidos.

-Avalíase a información sobre o proxecto e o produto que se vai desenvolver, identificando e/ou determinando os factores que o definen:

-Estilos artísticos, época, etc.

-Tipo de tecnoloxías e técnicas, procesos, etc.

-Recursos técnicos e materiais.

-Recursos humanos.

-Localízanse e selecciónanse as fontes documentais para ampliar a información dispoñible, e realízanse os trámites oportunos para a obtención de datos representativos do aspecto visual do proxecto.

-Determínase o estilo visual da produción fotográfica e colabórase na súa determinación se se trata dunha produción publicitaria, para identificar aquelas características do proxecto que se refiren á ambientación.

-Estúdase a viabilidade do proxecto e propóñense alternativas en aspectos técnicos e artísticos, dentro das posibilidades da produción, xustificando verbalmente ou por escrito as solucións propostas ao cliente e aos membros do equipo.

-Determínase o proceso de produción, planificando as súas fases, a obtención de recursos e o plan de traballo.

-Elabórase un orzamento que conteña todos os aspectos da produción, tendo en conta os prezos do mercado.

-A análise dos espazos (interior e exterior) e das persoas e os obxectos que se van fotografar permite a avaliación das posibilidades e das necesidades técnicas.

-Determínanse os elementos necesarios para a construción da imaxe (posta en escena, composición, tons, fontes de iluminación, vestiario, decorado, etc.) segundo a especialidade do proxecto (reportaxe, retrato, moda, bodegón, industrial, etc.), as características técnicas dos procesos fotográficos que se van utilizar e a intencionalidade da mensaxe visual, ou seguindo especificacións.

-Defínese o sistema de iluminación (relación de contraste, efectos, fontes, etc.) máis adecuado ás características do produto fotográfico que se pretende obter.

* 1.2. Establecer e organizar os recursos humanos, técnicos e materiais, atendendo aos requisitos da imaxe e ao proceso definido, xestionar a súa obtención, elaborar a documentación necesaria e aproveitar optimamente os recursos.

-Selecciónanse os elementos tecnolóxicos e a infraestrutura técnica necesaria e adecuada ao proxecto (cámara, sistema óptico, tipo de material de rexistro, accesorios e equipamentos de movemento de cámara), equipamentos e accesos de iluminación, tendo en conta as posibilidades e as características técnicas e expresivas dos procesos definidos.

-As instrucións verbais ou documentais elaboradas expresan con exactitude e claridade a situación dos elementos técnicos, a súa interconexión, e os accesorios e o material de rexistro.

-Preséntase a información mediante códigos gráficos identificables polo resto dos membros do equipo.

-Determínase, selecciónase e contrátase o número e o perfil dos compoñentes do equipo técnico necesarios para realizar a produción.

-Na selección e na contratación do equipo artístico:

-Identifícanse as axencias e os representantes de modelos e artistas.

-Organízanse as probas de selección.

-Axústanse as condicións dos contratos ao proxecto e ao orzamento establecidos.

-O sistema establecido de recepción, almacenaxe e conservación dos materiais de rexistro (virxe e exposto) e dos produtos químicos permite asegurar o nivel de calidade dos aprovisionamentos e ten en conta as condicións de conservación.

* 1.3. Realizar os procesos de captación e rexistro de imaxes fotográficas, dirixindo a posta en escena

segundo a intencionalidade expresiva definida e supervisando a calidade técnica e artística durante a execución.

-Distribúense os elementos técnicos de captación e iluminación segundo a posición e a direccionalidade indicadas nos esquemas ou no esbozo.

-Realízase a posta en escena dos elementos escenográficos establecidos no proxecto.

-Sitúanse e diríxense os elementos ou suxeitos que se van captar en función do efecto que se queira conseguir.

-Distribúense entre o equipo técnico as tarefas para realizar, e instrúese o equipo artístico sobre as accións, os acenos, a vestimenta, a maquillaxe, a caracterización, etc.

-Realízase a posta a punto dos medios técnicos mediante un test de arrinque, verifícase o bo funcionamento do equipamento e fanse as correccións e os axustes necesarios.

-Efectúanse as medicións dos parámetros da iluminación da escena (exposición, temperatura de cor, distancia, contraste, etc.) cos instrumentos técnicos de medida (exposímetro, flashímetros, etc.), tendo en conta o material sensible para impresionar e a iluminación definida.

-Regúlanse os elementos técnicos da cámara fotográfica en función da luz e o efecto óptico que se pretenda conseguir:

-O diafragma e o obturador.

-O axuste do sistema óptico.

-O axuste dos montantes da cámara de gran formato.

A alimentación e regulación dos elementos do equipamento.

-Os filtros e parasoles.

-Verifícase que a imaxe formada se axuste aos parámetros estéticos establecidos.

-Efectúanse os movementos e as operacións de captación sen afectar a estabilidade da imaxe, axustando o encadramento, o enfoque, a exposición, as cadencias de disparo, a obturación, a modalidade de funcionamento, a modalidade de exposición, a modalidade de enfoque, a focal do obxectivo, a profundidade de campo, a filtraxe e a corrección implícita, de ser necesaria.

-Realízase a captación mediante o accionamento dos dispositivos de apertura de iris e obturador mediante control próximo ou remoto.

-Especifícanse no soporte de rexistro as características técnicas que o identifican para facilitar o seu tratamento posterior, e establécense as indicacións para o procesamento do material exposto:

-Tipo de proceso e tratamento.

-Formatos, graos de ampliación, acabamento, duplicación, internegativado, copia e/ou acabamento químico, fotoquímico, electroquímico, electrotérmico e/ou pigmentario da imaxe.

* 1.4. Supervisar o control de calidade do procesamento e do tratamento de películas, materiais e imaxes, co fin de obter os niveis de calidade especificados.

-As pautas de inspección determinan:

-Características de calidade de películas, ampliacións, soportes sensibles e produtos químicos obxecto de verificación.

-Medios e instrumentos de verificación.

-Valores permisibles.

-Tamaño de mostra ou frecuencia da inspección.

-A análise das condicións de procesamento ten en conta:

-Mestura adecuada das solucións.

-Actividade do revelador e a súa rexeneración.

-Cambio do procedemento de control segundo o tipo de procesamento.

-Frecuencia do procesamento das tiras de control.

-Ph do fixador.

-Temperatura dos baños.

-Cantidade de película procesada.

-A análise da película ten en conta:

-Exposición.

-Foco-gran.

-Dominantes e defectos de revelado.

-Contraste.

-Estado.

-A análise de calidade da proba e a ampliación fotográfica ten en conta:

-Cor.

-Detalle nas sombras e nas altas luces.

-Profundidade.

-Gran.

-Estado.

-O procedemento establecido no procesamento considera cada tipo de película que se vai tratar.

-A análise da imaxe tratada ten en conta a utilización dunha imaxe de control (escala de grises) que conteña elementos suficientes para valorar a resolución obtida, a densidade, a exposición, etc.

-Valídanse os resultados e defínense as medidas correctoras do proceso cando se desvían dos valores especificados.

* 1.5. Controlar as características do material procesado e efectuar a súa selección, garantindo a

obtención do produto fotográfico definido coa calidade establecida.

-Supervísase o material procesado para comprobar a correcta realización de:

-Revelado do negativo ou positivo (branco e negro ou cor) impresionado.

-Forzamento, de ser o caso, do negativo ou do positivo impresionado.

-Tratamento do negativo ou do positivo revelado.

-Obtención dos contactos para a súa avaliación e posterior selección do fotograma para ampliar.

-Tipo, ampliación e encadramento, de ser o caso, dos fotogramas seleccionados.

-Procesamento segundo a técnica que se utilice: positivo-positivo ou negativo-positivo.

-Tratamento posterior das imaxes obtidas por procedementos químicos ou dixitalizadas.

-Márcanse para a súa corrección posterior os defectos observados nas copias e nos materiais sensibles obtidos (tons dominantes, raias, etc.).

-Selecciónanse as imaxes atendendo á súa calidade técnica e á súa adecuación ás características formais e expresivas definidas.

-Arquívanse os descartes do material para clasificar e mantéñense en condicións óptimas.

-Clasifícanse, selecciónanse e arquívanse segundo o seu soporte, o motivo, o estado de conservación, a gama tonal, a cor, o negativo, o positivo, o orixinal, o duplicado, a copia, o número de referencia, o formato e o destino ou a aplicación.

-Tómanse as medidas para unha adecuada manipulación e conservación do material procesado, sexa imaxe analóxica ou sexa dixital.

Dominio profesional

Medios de produción e/ou tratamento da información:

* Cámaras fotográficas. Ópticas. Accesorios (parasoles, visores, etc.). Elementos auxiliares (trípodes, travellings, guindastres, etc.). Instrumentos de medida e control da luz. Elementos e accesorios de iluminación. Elementos e accesorios escenográficos. Soportes de captación de imaxe. Controis remotos. Adaptadores e cables adecuados. Fontes de luz artificial. Equipamentos de dixitalización e tratamento de imaxes. Programas informáticos.

Recursos humanos:

* Modelos, clientes, actores, etc.

Principais resultados do traballo:

* Imaxes fotográficas fisicamente visibles ou almacenadas en soporte magnético, magneto-óptico e/ou óptico de forma dixital, en calquera formato estándar ou subestándar, comprimida e/ou descomprimida por métodos informáticos, montadas, envasadas, protexidas, encapsuladas, encriptadas, codificadas ou non.

Procesos, métodos e procedementos:

* Técnicas de fotografía: industrial, publicitaria, de nome, científica, documental, social, subacuática, aérea, fotomacrografía, fotomicrografía, etc. Captación, rexistro, tratamento e acabamento de fotografías por sistemas analóxicos ou dixitais. Arquivo de documentos fotográficos. Medición e control da luz. Procedementos de iluminación.

Información (natureza, tipo e soportes):

* Utilizada: manuais técnicos de sistemas e equipamentos; esbozos; información técnica de materiais de rexistro; indicacións do cliente; catálogos e táboas de equivalencias de materiais; normas de calidade do fabricante; lexislación vixente referente a dereitos da propiedade e reprodución.

* Xerada: esbozos ou maquetas fotográficas; bosquexo ou esquemas de localización dos elementos do equipamentos de toma e iluminación; listaxes de material; instrucións de configuración e montaxe de equipamentos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: iluminar espazos escénicos.

Realizacións e criterios de realización:

* 2.1. Interpretar a información (guión técnico, esbozo, instrucións verbais, etc.) do proxecto audiovisual (obra cinematográfica, videográfica e/ou programa de televisión) identificando e determinando as características do ambiente lumínico que se van desenvolver.

-Avalíase a información sobre o proxecto e do produto, e identifícanse os factores que o definen:

-Medio (cine, vídeo, televisión, etc.).

-Estilos artísticos e visuais, época, etc.

-Tipo de tecnoloxías e técnicas, procesos, etc.

-Recursos técnicos e materiais.

-Recursos humanos.

-Determínase o ambiente lumínico da produción co director ou co realizador, e achéganse solucións.

-O estudo da viabilidade do proxecto permite, de ser o caso, propor as modificacións necesarias, conxugando adecuadamente os aspectos técnicos, expresivos e operativos.

-A análise dos espazos escénicos (estudio de gravación, decorados, exteriores, etc.) e das persoas e os obxectos para iluminar permítelle facer unha valoración das posibilidades, das necesidades técnicas e das súas características.

-Localízanse e selecciónanse as fontes documentais para ampliar a información dispoñible, e realízanse os trámites oportunos para o acceso á documentación e a obtención de datos, de acordo coas necesidades.

* 2.2. Definir a iluminación para desenvolver, establecendo os recursos técnicos, as características expresivas da luz e os recursos humanos necesarios

para obter o efecto definido, con criterios de óptimo aproveitamento dos recursos.

-A identificación das características dos elementos escenográficos (decorado, accesorios, intérpretes, maquillaxe e peiteado, vestimenta, etc.) permítelle definir técnicas e procedementos de acordo cos criterios establecidos nos proxectos que os requiran.

-Defínense as características da iluminación (relación de contraste, efectos, tipo de luz, etc.) co fin de as adecuar ao estilo e á intencionalidade do proxecto e ás características de:

-O medio (cine, vídeo, televisión, espectáculo, imaxes de síntese, etc.).

-O soporte (fotoquímico ou magnético): sensibilidade e formato.

-Estilo visual elixido.

-Exterior ou interior, momento do día, etc.

-Características do decorado, ciclorama e attrezzo (tintura, saturación, reflectancia, etc.).

-Tipo de maquillaxe, vestimenta, accesorios, etc.

-Características físicas das persoas, número, etc.

-Tipoloxía de planos, movementos de cámara, acción, etc.

-Iluminación ambiental.

-Indicacións do cliente, do director ou do realizador.

-As técnicas elixidas producen o efecto visual e dramático definido.

-Realízase un bosquexo, tendo en conta a acción da escena, os planos, a localización e o movemento de cámara, o ángulo de tiro das cámaras e o equipamento de toma de son, localizando fontes de luz e accesorios, con indicacións de direccionalidade, potencia, tipo de soporte, altura, concentración, viseiras, filtros e ángulo de incidencia, utilizando a simboloxía de representación adecuada.

-Especifícase o número e as características dos recursos necesarios para a elaboración da iluminación establecida, tendo en conta a calidade e a cantidade de luz necesaria, a operatividade e o custo.

-Establécense os elementos de control do feixe de luz das fontes.

-Establécese e transmítese a relación de necesidades coa anticipación suficiente que garanta a súa disposición no momento adecuado, despois de se realizar o procedemento adecuado para a súa obtención.

-Determínase o tipo de efecto especial que se pretende para conseguir segundo as necesidades do proxecto (fenómenos naturais, artificiais, etc.) e os medios técnicos necesarios, e valóranse o custo e a seguridade.

-A elección das fontes de alimentación conxuga adecuadamente:

-Potencia necesaria do equipamento que se utilice.

-As necesidades de enerxía en función da dispoñible no propio local.

-O nivel de ruído das fontes de alimentación.

-Posibles problemas de transporte e instalación.

-A duración da produción.

-Regulamentación vixente e normas de seguridade de baixa tensión.

-Determínanse os compoñentes do equipo técnico, e especifícase o número de membros e o seu perfil.

* 2.3. Coordinar e supervisar a montaxe ou a desmontaxe dos elementos de iluminación establecidos no proxecto.

-Coordínase a colocación e a conexión dos elementos segundo o plano ou o esbozo, cumprindo as medidas de seguridade.

-Verifícase a adecuada alimentación e a regulación dos equipamentos e dos elementos auxiliares.

-Verifícase o axuste da dirección, a dispersión e a calidade da luz cos accesorios correspondentes despois da colocación de moblaxe e accesorios nos ensaios de cámara, colocando difusores e filtros, e con axuste do pupitre de iluminación.

-Coordínase a adecuada desmontaxe dos equipamentos coas medidas de seguridade oportunas.

-Proporciónaselle información da deterioración ao departamento de mantemento ou ao responsable técnico, mediante o parte correspondente.

* 2.4. Comprobar que a iluminación se axuste ao ambiente lumínico definido, medindo e axustando os parámetros técnicos necesarios.

-Compróbanse as fontes de luz por medio dos procedementos máis adecuados para verificar a estabilidade da temperatura de cor e a intensidade mínima mediante os instrumentos adecuados (termocolorímetro e luxómetro) e, de ser o caso, substitúense.

-Axústase o contraste de iluminación para que se adapte ao tubo ou ao material sensible que se van utilizar previamente establecidos, consonte unha referencia de cores (Munsell).

-Mídese a luz para verificar que os parámetros de cantidade e calidade sexan os establecidos para a sensibilidade dos tubos de cámara e película, e fanse os axustes necesarios.

-Modifícase o feixe de cada fonte de luz, de ser necesario, para o adecuar ás características do traballo.

-Utilízanse filtros compensadores ou de densidade no obxectivo ou na fonte de iluminación para adaptar a temperatura de cor e a intensidade luminosa ao soporte ou á óptica da cámara.

-En caso necesario, prográmase e realízase a operación e o control da consola de iluminación, co fin de obter a ambientación luminosa definida, tendo en conta:

-A totalidade das operacións e a súa secuenciación.

-Os momentos de inicio e final de cada operación.

-Simultaneidade das fontes de iluminación e efectos.

-Asignación de fontes, efectos e transicións.

-Corrección de nivel de luminosidade.

-Tempos totais e parciais.

-Danse os datos de exposición e as instrucións técnicas adecuadas para regular a cámara.

* 2.5. Controlar a calidade do procesamento e do tratamento de películas co fin de obter o nivel de calidade definido.

-Infórmase o laboratorio sobre as instrucións de procesamento e tratamento da película co fin de obter as imaxes definidas.

-A supervisión do material procesado ten en conta:

-Foco-gran.

-Documento e defecto do procesamento.

-Contraste.

-Profundidade.

-Raccord de iluminación.

-Cor.

-Analízanse os resultados e defínense as medidas correctoras do proceso (cor e densidade) cando se desvían dos parámetros establecidos.

Dominio profesional

Medios de produción e/ou tratamento da información:

* Equipamentos informáticos. Flashes. Fontes de iluminación de efectos. Proxectores de luz e accesorios. Accesorios (ventás, pantallas de reflexión, bandeiras, snoot, cortadores, máscaras, filtros de luz, etc.). Trípodes, arañas, pés, pantógrafos, etc. Filtros. Grupos electróxenos. Fotómetros, flashímetros, termocolorímetros e luxómetros. Mesa de control de luz e efectos. Dimensión e elementos de regulación. Monitor de formas de onda. Vectorscopios. Monitores de imaxe. Maquinaria de efectos (fume, etc.).

Materiais e produtos intermedios:

* Elementos escenográficos. Planos e deseños. Decorados e cicloramas.

Recursos humanos:

* Actores, participantes, público e figuración.

Principais resultados do traballo:

* Iluminación de producións audiovisuais. Iluminación de produtos multimedia. Iluminación de

imaxes de síntese. Iluminación de espectáculos. Iluminación de produtos visuais. Efectos luminosos.

Procesos, métodos e procedementos:

* Medición e control de luz. Iluminación de exteriores. Iluminación de interiores. Iluminación espectacular. Programación de efectos.

Información (natureza, tipo e soportes):

* Utilizada: manuais técnicos; planta do decorado; datos dos obxectos e/ou suxeitos que se van iluminar; guión, libreto, datos sobre a calidade e cantidade de luz e datos técnicos dos soportes de gravación ou técnicas de emisión.

* Información xerada: esquema ou esbozo en planta de localización dos elementos de iluminación; exposición; listaxes de material; instrucións de montaxe; instrucións de operación e manuais de operacións.

2.5.3. Unidade de competencia 3: filmar ou gravar produtos audiovisuais:

Realizacións e criterios de realización:

* 3.1 Interpretar a información (guión técnico, instrucións verbais, etc.) e identificar as características do produto que se vai desenvolver.

-Valórase a información sobre o proxecto e o produto, e identifícanse os factores que o definen:

-Estilos artísticos e visuais, época, etc.

-Tipo de tecnoloxías e técnicas, procesos, etc.

-Recursos técnicos e materiais.

-Recursos humanos.

-Determínase o estilo visual co resto do equipo, e identifícanse aquelas características do proxecto que se refiren á imaxe.

-Estúdase a viabilidade do proxecto e propóñense modificacións, en caso necesario, en aspectos técnicos e artísticos.

-A análise dos espazos e dos elementos que se pretenden captar (estudio de gravación, decorados, persoas, obxectos, etc.), permítenlle facer unha valoración das posibilidades e das necesidades técnicas, así como das súas características.

-A composición define, de ser o caso, o ángulo de visión centro de interese da escena, segundo supervisión do realizador e tendo en conta o movemento dentro da escena, o ton, a profundidade, a masa, o equilibrio, etc.

-O encadramento determina o tipo de plano e a angulación (picado, contrapicado, etc.).

* 3.2. Determinar os recursos materiais, técnicos e humanos necesarios, así como as tarefas que se

van desenvolver para a captación das imaxes definidas, no formato e no soporte establecidos, segundo o proxecto.

-Selecciónase o formato de cámara, o sistema óptico, o tipo de película, os accesorios e os equipamentos de movemento de cámara en función do proxecto.

-Determínase o número e o perfil dos compoñentes do equipo técnico humano necesario.

-Distribúense entre o equipo técnico as tarefas que cómpre realizar, ao tempo que se instrúe o equipo artístico sobre as accións e os acenos.

* 3.3. Coordinar e/ou efectuar a instalación e a posta a punto do equipamento de cámara.

-Coordínase ou efectúase a montaxe do soporte de cámara adecuado ao tipo de cámara óptica, aos movementos e á angulación.

-Coordínase ou efectúase a montaxe dos elementos da cámara e do material de rexistro, nivelándoos, axustándoos e facendo as conexións necesarias.

-Efectúase o ensaio dos movementos internos e externos que se van efectuar durante a gravación e a captación (travellings, zoom e panorámicas), comprobando a súa posibilidade e a súa realización, e axustando as correccións de enfoque e posición necesarias.

-Calíbranse os parámetros da cámara de cine (obturación, diafragma, etc.) ou de vídeo (balance de brancos, nivel de negros, filtraxe, etc.).

-Faise un test de arrinque para verificar a posta a punto e o bo funcionamento do equipamento.

* 3.4. Realizar a captación e rexistros das imaxes segundo o proxecto, regulando os elementos técnicos e adaptándose aos parámetros expresivos establecidos.

-Sitúanse e diríxense os obxectos ou os suxeitos que se pretende captar en función do efecto que se queira conseguir, en caso necesario.

-Se a imaxe que se pretende obter está en movemento, cómpre readaptar o encadramento, efectuar variacións da distancia focal e manter o ritmo e o foco, efectuando as operacións a través dos controis da propia cámara ou controis remotos.

-Calcúlase a exposición tendo en conta a profundidade de campo necesaria para a gravación da escena, as características do material de rexistro e as condicións de luz, regulando o diafragma e a obturación cos datos obtidos.

-Realízase o axuste dos elementos técnicos da cámara (vídeo ou cine) en función da luz e o efecto óptico que se queira conseguir.

-Verifícase a alimentación e a regulación dos elementos do equipamento.

-Realízase a gravación ordenada dos planos segundo o guión técnico ou o índice de gravación de planos, tendo en conta:

-Número de plano.

-Encadramento.

-Movemento dos actores.

-Movemento da cámara.

-Posicións da cámara.

-Verifícase que a imaxe formada se axuste aos parámetros establecidos:

-Escala de plano.

-Angulación.

-Composición da escena.

-Verifícase a correcta colocación do soporte da cámara.

-Realízanse os movementos de cámara seguindo as especificacións do guión (mantendo a estabilidade da imaxe, axustando o encadramento e o foco, etc.).

-No soporte de rexistro indícanse as características que o identifican (sensibilidade, duración, nome identificador, etc.) e as observacións oportunas.

* 3.5. Establecer as indicacións técnicas para o procesamento e/ou os tratamentos, e supervisar a calidade final da imaxe de acordo cos niveis fixados.

-O tipo de procesamento e/ou tratamento que se establece é o máis adecuado ás características do material exposto e ás condicións formais establecidas.

-Supervísase o material procesado co fin de comprobar a súa adecuación ás características definidas e de detectar os posibles defectos (dominantes, nitidez, profundidade de campo, etc.) e os erros de execución na captación (erros do movemento e de cámara, presenza no cadro de útiles e instrumentos de toma de son, etc.), para a súa corrección ou, de ser o caso, a repetición da captación.

-Supervísase o material gravado co fin de comprobar a súa adecuación ás características definidas e de detectar posibles defectos (de execución da toma e da captación), para a súa corrección ou, de ser o caso, a repetición da gravación.

Dominio profesional

Medios de produción e/ou tratamento da información:

* Cámaras cinematográficas. Cámaras de vídeo (ENG, estudo, etc.). Ópticas. Accesorios (filtros, parasoles, visores, etc.). Elementos auxiliares (trípodes, travelling, steadicam, guindastres, cabezas quentes, etc.). Instrumentos de medida e control da luz. Elementos e accesorios de iluminación. Soportes de rexistro de imaxe (películas, cintas de vídeo, etc.). Instrumentos de control remoto. Adaptadores e cables adecuados á produción.

Recursos humanos:

* Actores, figuración, participantes e público.

Principais resultados do traballo:

* Películas cinematográficas, gravacións en vídeo e emisións de televisión.

Procesos, métodos e procedementos:

* Procesos de captación e rexistro en cine, vídeo e televisión. Procedementos de realización de reportaxes gráficas e plano a plano. Métodos de control e medición da iluminación. Procedementos de control remoto e programación de cámaras e equipamentos auxiliares.

Información (natureza, tipo e soportes):

* Utilizada: manuais técnicos, partes de cámara, guión técnico, plantas e alzados de decorados e escenarios, e especificacións técnicas.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou nun taller.

Realizacións e criterios de realización:

* 4.1. Avaliar a posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou dun taller en función da súa actividade, o volume de negocio e os obxectivos.

-Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada aos recursos dispoñibles, aos obxectivos e ás características da actividade.

-Realízase a análise previa da implantación, valorando:

-A estrutura organizativa adecuada aos obxectivos.

-A localización e o ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, vías de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva, etc.).

-A previsión de recursos humanos.

-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.

-A estrutura e composición do inmobilizado.

-A necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.

-A rendibilidade do proxecto.

-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

-Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e os procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, á experiencia e ás condicións actitudinais, se procede.

* 4.2. Determinar as formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, a actividade e os obxectivos dunha pequena empresa.

-Identifícanse os xeitos de contratación vixentes, determínanse as súas vantaxes e os seus inconvenientes, e establécense as máis habituais no sector.

-Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

* 4.3. Elaborar, xestionar e organizar a documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.

-Establécese un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económica e financeira da empresa.

-Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

-Elabóranse os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

-Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas, etc.).

* 4.4. Promover a venda de produtos ou servizos mediante os medios ou as relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.

-No plan de promoción, tense en conta a capacidade produtiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus produtos e servizos.

-Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

-A participación en feiras e exposicións permite establecer as vías de distribución dos diversos produtos ou servizos.

* 4.5. Negociar con provedores e clientes, procurando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.

-Téñense en conta, na negociación cos provedores:

-Prezos do mercado.

-Prazos de entrega.

-Calidades.

-Condicións de pagamento.

-Transportes, se procede.

-Descontos.

-Volume de pedido.

-Liquidez actual da empresa.

-Servizo posvenda do provedor.

-Nas condicións de venda propostas aos clientes téñense en conta:

-Marxes de beneficio.

-Prezo de custo.

-Tipos de clientes.

-Volume de venda.

-Condicións de cobramento.

-Descontos.

-Prazos de entrega.

-Transporte, se procede.

-Garantía.

-Atención posvenda.

* 4.6. Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.

-Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

-Aténdese a clientela cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

-Respóndese satisfactoriamente ás súas demandas, resólvense as súas reclamacións con dilixencia e prontitude, e promóvense as futuras relacións.

-Comunícaselles aos clientes calquera modificación ou innovación da empresa que poida interesarlles.

* 4.7. Identificar en tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.

-Identifícase a documentación exixida pola normativa vixente.

-Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

-Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais:

-Altas e baixas laborais.

-Nóminas.

-Seguros sociais.

Dominio profesional

Información que manexa:

* Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio e cheques.

Documentación cos distintos organismos oficiais:

* Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas, TC1, TC2 e alta no IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información:

* Terá que coñecer os trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para os realizar o propio interesado xa para contratar a súa realización a persoas ou a empresas especializadas.

* O soporte da información pode estar informatizado, utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona:

* Provedores e clientes. Ao ser unha pequena empresa ou un taller, en xeral, tratará con clientes cuxos pedidos ou servizos darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Este sector sofre unha constante mutación por efecto da evolución tecnolóxica e a interacción dos seus compoñentes culturais, tecnolóxicos e industriais. Entre os cambios que é previsible que inflúan na competencia desta figura cómpre sinalar:

* A tecnoloxía multimedia e a masificación do uso de ordenador como ferramenta profesional e como obxecto familiar, que abre un mercado de novos produtos audiovisuais.

* A tecnoloxía dixital e a dispoñibilidade dos satélites de comunicacións, que permiten a instantaneidade da resposta ou a interactividade das comunicacións, son cambios tecnolóxicos que permitirán dar resposta ás novas necesidades de comunicacións e lecer, e á apertura de mercados internacionais.

* A diversificación dos soportes e a aparición do consumidor activo irá xerando unha demanda de novos produtos e servizos de información que se axusten ás necesidades individualizadas e poidan permitir a interactividade co usuario final.

* Rexistrarán grandes posibilidades de desenvolvemento os servizos e os programas que permitan a interactividade no medio televisivo.

* A comercialización da televisión de alta definición cambiará os procesos de produción e a infraestrutura técnica de cadeas de televisión e receptores.

* A liberalización do mercado e a competencia propiciarán a aparición de canles temáticas e a especialización das cadeas existentes, o que creará unha oferta selectiva e en renovación permanente canto a programación e xerará un aumento de producións propias e alleas.

* A cantidade e a diversidade de información e de programas de lecer que implican as novas redes das telecomunicacións potenciará a tendencia á creación de canles de televisión monotemáticas, como fórmula de mellorar e rendibilizar a súa oferta, polo que cumprirá a creación e a potenciación das empresas independentes dedicadas á produción de programas para televisión.

* A xeneralización dos sistemas de autoedición e as estacións de traballo dixital tanto en fotografía como en vídeo, en multimedia ou en prensa, levará os profesionais destes medios a unha ampliación de competencias dentro do campo da edición profesional.

* A incorporación da fotografía electrónica en substitución da química está a revolucionar os pro

cesos de toma e procesamento desta actividade profesional.

* A regulación e o crecemento das emisoras de radio e televisión locais, e a teledistribución por cable determinarán un crecemento de producións audiovisuais e empresas do sector.

* A creación do mercado europeo, o impacto da normativa europea e a aplicación de políticas específicas incidirán no desenvolvemento do sector co aumento de exportación de programas, películas, fotografías, produtos multimedia e servizos de comunicación, co que aumentará o volume de produción destes produtos e servizos.

* A creación das sociedades de xestión da propiedade intelectual como entidades que negocian e administran os canons aplicados aos produtos de comunicación permitirá un maior control dos beneficios derivados do cobramento dos dereitos de autor e reprodución.

* O sector cinematográfico evoluciona cara á procura de novas estratexias de financiamento e novos mercados de distribución e comercialización, cara á potenciación da promoción dos seus produtos e cara á modernización progresiva dos recursos técnicos.

* A tendencia cara á especialización e á diversificación das empresas do sector requirirá profesionais cun alto nivel de cualificación, así como unha capacidade de adaptación ás novas tecnoloxías e aos novos sistemas e procesos de produción.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A reconfiguración do sector e o ritmo do cambio tecnolóxico coa incorporación da tecnoloxía dixital, a automatización dos procesos de imaxe e do control de calidade produce unha redución dos procesos, unha simplificación das operacións e unha gran versatilidade, co que se abre un campo de posibilidades no deseño, no desenvolvemento e na edición de imaxes sen os límites técnicos da tecnoloxía analóxica.

A polivalencia funcional deste técnico permítelle o deseño, o desenvolvemento, a edición, a xestión, a promoción e a comercialización de producións e servizos dentro da actividade fotográfica, facendo propostas que melloren o proceso de produción, investigando novos produtos e servizos, e elaborando proxectos que respondan ás demandas e ás necesidades de potenciais clientes.

A polivalencia tecnolóxica deste técnico permítelle desenvolver o seu traballo por procedementos analóxicos ou dixitais, así como a obtención de imaxes en calquera medio.

2.6.3. Cambios na formación.

A formación deste técnico en imaxe débese enfocar ao coñecemento global dos procesos de produción de imaxes fotográficas e produtos audiovisuais, da diversidade de produtos e servizos do sector, así

como sobre materiais, equipamentos, normativa e lexislación, técnicas e procedementos.

A súa actualización en estilos, modas e gustos estéticos permitiralle utilizar os recursos estéticos e narrativos con maior eficacia na elaboración de imaxes.

A utilización de ferramentas informáticas e programas aplicados á súa actividade permite unha adecuada organización, xestión e control da produción, e facilita a consulta de bases de datos.

A oferta de novos materiais de rexistro de imaxes, as estacións dixitais de autoedición, os programas informáticos aplicados á toma, a robotización dos sistemas de captación en vídeo e televisión, etc., requiren unha continua formación que lle permita a adaptación e o máximo aproveitamento destes novos recursos e tecnoloxías.

Tamén deberá coñecer a función e as prestacións dos distintos recursos, e deberá ter unha visión global da seguridade na montaxe e na instalación de equipamentos, decorados, etc., así como da normativa aplicable, que deberá ter en conta nas súas actuacións. Analogamente, a formación na xestión de recursos humanos e as relacións no contorno de traballo facilitarán o seu labor de dirección na posta en escena.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura localízase nos sectores de fotografía, produción audiovisual e de espectáculos, en empresas coas seguintes actividades:

* Produción de imaxes fotográficas.

* Procesamento e tratamento de fotografías.

* Produción e emisión de todo tipo de programas de televisión.

* Producións de cine en longa e curta metraxe.

* Servizos de apoio á produción audiovisual.

* Producións de vídeo publicitario, industrial, educativo, etc.

* Edición de publicacións.

* Producións multimedia.

* Producións de espectáculos.

* Servizos de comunicación e prensa.

* Arquivo, conservación e comercialización de documentos visuais.

O técnico superior en imaxe pode ser un profesional independente, propietario dunha pequena empresa, ou estar integrado en empresas do sector da información e a comunicación, organismos públicos (gabinetes de prensa, museos, arquivos, hospitais, etc.), etc.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura desenvolve a súa actividade principalmente na área de imaxe, definindo e obtendo imaxes e iluminando espazos escénicos, controlando a calidade técnica e formal. As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo de toma de fotografías, a filmación ou gravación de produtos audiovisuais e a iluminación de espazos escénicos.

En función do tipo e do tamaño da empresa, especializarase nunha área específica ou desenvolverá o seu traballo cun carácter polivalente.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a seguir un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Fotógrafo.

* Técnico en cámara de vídeo, de televisión e de cine.

* Técnico en iluminación de cine, vídeo, televisión e espectáculos.

* Técnico en imaxe.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Seleccionar e valorar criticamente información técnica relacionada coa profesión, analizando o seu contido e valorando as fontes de información que lle permita o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibilite a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Avaliar materiais, produtos e procesos nas súas distintas fases, identificando os parámetros e as características fundamentais, seleccionando os procedementos e valorando os resultados, coa finalidade de determinar a viabilidade da súa aplicación e/ou o grao de adecuación ás especificacións prefixadas.

* Resolver os problemas específicos, técnicos e organizativos máis comúns que xurdan nos procesos de produción, diagnosticar as súas causas e indicar as medidas que se deban adoptar.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona as actividades dentro dos medios de comunicación (fotografía, medios audiovisuais e espectáculos), identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Realizar os cálculos necesarios para obter as imaxes e a iluminación nos procesos fotográficos, de iluminación de audiovisuais e espectáculos, de control de calidade e de filmación ou gravación.

* Aplicar as técnicas de organización e xestión en producións fotográficas.

* Analizar os procesos de imaxe, comprendendo a interrelación e a secuencia lóxica das fases dos traballos, e observando a correspondencia entre as ditas fases e os materiais, os equipamentos e os accesorios que interveñen.

* Elaborar a documentación necesaria para a definición e o desenvolvemento de imaxes e iluminación, utilizando medios informáticos e a terminoloxía técnica adecuada.

* Valorar as áreas de explotación profesional da imaxe e a súa importancia no macrosector da información e a comunicación.

* Utilizar de xeito adecuado os equipamentos de cámara, iluminación e medición e control da luz utilizados para a obtención de imaxes en fotografía, medios audiovisuais e iluminación.

* Aplicar as técnicas de coordinación de grupos de traballo para o óptimo rendemento dos recursos humanos, técnicos e artísticos.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: imaxe fotográfica.

Asociado á unidade de competencia 1: definir e obter imaxes fotográficas.

3.2.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Relacionar profesionais, empresas e servizos que interveñen nas distintas fases da produción fotográfica, e describir as súas funcións e as súas características.

* Describir as características dos medios de difusión e das canles de distribución das imaxes fotográficas, así como os seus condicionamentos técnicos e comerciais.

* Interpretar a lexislación en materia de actividades fotográficas e autoría de imaxes.

* Describir as características e os efectos da luz, e relacionalos coa súa importancia no eido fotográfico.

* Explicar a formación de imaxes con distintos sistemas ópticos e o seu rexistro nun soporte fotosensible.

* Relacionar os progresos técnicos na historia da fotografía coas súas posibilidades creativas, artísticas e estilísticas.

* Identificar os elementos, os controis e os accesorios dos equipamentos fotográficos, relacionalos coa súa utilidade no traballo e valorar as distintas calidades.

* Realizar as operacións necesarias relacionadas coa preparación e a utilización de equipamentos de toma fotográfica.

* Aplicar os conceptos fotográficos e de composición, valorar as súas posibilidades e relacionalos coa operación en equipamentos fotográficos.

* Manexar equipamentos fotométricos para o cálculo de exposicións fotográficas.

* Diferenciar as distintas fontes de iluminación empregadas en fotografía e describir as súas vantaxes, os seus inconvenientes, as súas posibilidades, o seu funcionamento e o seu aproveitamento.

* Deseñar e interpretar proxectos fotográficos que inclúan a documentación técnica e artística axeitada.

* Utilizar as distintas fontes de luz de forma individual e mesturada, para acadar a iluminación máis axeitada nunha escena ou nun motivo.

* Deseñar e realizar a foto fixa nunha produción audiovisual ou nun espectáculo.

* Elixir o material fotoquímico e os procesamentos máis convenientes para obter os mellores resultados na realización de reportaxes e retratos fotográficos.

* Elixir o equipamento fotográfico máis axeitado para a realización de reportaxes e de retratos.

* Realizar traballos de reportaxe e retrato fotográficos, incluíndo a preparación do equipamento, execución de tomas, procesamento, positivación, acabamentos e presentación.

* Identificar distintos estilos, autores e temas fotográficos, e describir as súas características diferenciais.

3.2.1.2. Contidos (duración: 270 horas).

Contidos procedementais

Produción fotográfica.

* Procura, localización e clasificación de información técnica de fabricantes e provedores dos equipamentos e dos materiais profesionais.

* Análise comparativa entre o sector da fotografía de afeccionado e profesional: materiais, nivel de calidade e obxectivos.

* Análise do proceso de produción fotográfico identificando e relacionando as súas fases e os seus recursos.

* Planificación e organización dunha produción: valía do equipo humano, observancia da lexislación, permisos, alugamentos, compras, contratos, etc.

* Análise do funcionamento do mercado fotográfico: relación con clientes potenciais e reais; lexislación e dereitos de autor.

* Identificación dos requisitos técnicos de presentación de orixinais segundo o medio de difusión.

* Análise da aplicación de tarifas nos produtos e nos servizos fotográficos.

* Elaboración de orzamentos de traballos e produtos fotográficos.

Técnica fotográfica.

* Comprobación dos efectos da luz e as súas posibilidades fotográficas.

* Análise da formación de imaxes con distintos sistemas ópticos.

* Rexistro de imaxes en soportes fotosensibles.

* Procesamento do material exposto para a obtención do negativo e realización de técnicas de positivación con distintos materiais e soportes.

* Execución de técnicas de corrección de imaxe, retoque, acabamento e presentación.

* Comparación de equipamentos e cámaras dos distintos formatos actuais: funcións, necesidades e prestacións.

* Identificación, montaxe e desmontaxe das ópticas e os accesorios segundo os formatos, os modelos e as características do traballo.

* Carga e descarga de películas en chasis e cámaras de distintos formatos.

* Identificación das fontes de luz e das súas posibilidades.

* Análise das condicións de luz e necesidades de iluminación.

* Utilización de equipamentos fotométricos e de avaliación cromática.

* Aplicación de sistemas de medición para o cálculo de exposicións fotográficas con diferentes tipos de luz.

* Realización de tomas fotográficas aplicando os conceptos de profundidade de campo, ángulo visual, dinamismo, etc.; procesamento e copia dos resultados.

* Avaliación e análise de imaxes fotográficas; planeamento de alternativas técnicas e creativas e corrección dos posibles erros.

* Recoñecemento da utilidade e da disposición dos elementos técnicos nun estudo fotográfico.

* Avaliación das características das fontes de alimentación e da rede eléctrica para a súa correcta utilización.

* Utilización do flash no equipamento de cámara na toma de imaxes coa luz de flash soamente e mesturada coa luz natural ou de ambiente.

* Montaxe dun set de iluminación cun equipamento de flash de estudo e realización de tomas fotográficas nel.

Composición fotográfica.

* Identificación dos elementos formais da imaxe fotográfica.

* Análise e comparación dos aspectos técnicos e formais de estilos e de correntes fotográficas.

* Análise da idoneidade das imaxes fotográficas respecto da súa finalidade.

* Valoración dos contidos formais e compositivos para ter en conta antes dunha toma fotográfica.

* Realización de tomas con aspectos compositivos diferentes.

Reportaxes fotográficas.

* Desagregación e especificacións das necesidades para cubrir nos distintos traballos de reportaxe: xornalística, temática, foto-fixa de producións audiovisuais, etc.

* Estruturación de elementos de composición, técnicas narrativas e linguaxe audiovisual para ilustrar graficamente un determinado tema ou acontecemento.

* Relación dos temas, as condicións de traballo e os obxectivos das reportaxes cos medios e os materiais necesarios para a súa elaboración.

Foto fixa.

* Identificación das necesidades de foto fixa nunha produción audiovisual.

* Elaboración de plans de traballo para o desenvolvemento da foto fixa nunha produción audiovisual ou nun espectáculo, adecuados ao contorno do colectivo profesional.

* Elección e preparación de equipamentos e materiais fotográficos para a realización de foto fixa.

* Execución das tomas fotográficas antes, durante e despois da rodaxe ou da representación.

* Procesamento do traballo, presentación de probas, selección de imaxes, acabamento e entrega.

Reportaxe xornalística.

* Elaboración de proxectos de reportaxe.

* Selección e preparación de material en relación coas necesidades da reportaxe.

* Elaboración do plan de traballo que se vai seguir na realización da reportaxe, incluíndo características técnicas e formais das imaxes deseñadas, follas de control das tomas, etc.

* Realización das tomas fotográficas para a reportaxe.

* Procesamento do material, obtención de probas, selección de imaxes, acabamento e presentación.

* Avaliación do resultado final da reportaxe.

Retrato fotográfico.

* Elaboración de deseños de iluminación para retrato e avaliación con modelo no estudo.

* Aplicación de técnicas de medición fotométrica para o retrato.

* Elaboración de proxectos para a realización de retratos fotográficos en estudio e exteriores: elección de modelos, esbozo de iluminación, deseño de plano, encadramento e posta en escena.

* Elección de recursos humanos e técnicos para a realización de retratos.

* Análise das posibilidades fotoxénicas dos modelos.

* Análise das posibilidades da maquillaxe e avaliación dos seus efectos nun modelo.

* Execución do número de tomas axeitado para obter os mellores resultados.

* Procesamento do material, realización de follas de contacto, valoración e selección de imaxes.

* Elección da copia, o acabamento e a presentación dos retratos.

Contidos conceptuais

Industria e comercio fotográficos.

* Industria fotográfica: sectores, empresas, profesionais e servizos do sector fotográfico. Lugar do profesional da fotografía na industria.

* Fabricantes e provedores de equipamentos e de materiais profesionais e para o afeccionado: marcas comerciais de material sensible, equipamentos de cámara, óptica, accesorios, químicos, etc.

* Fases e recursos técnicos e humanos da produción fotográfica: organización e planificación.

* Deseño de proxectos fotográficos: finalidade e destino, orzamentos, viabilidade, etc.

* Autoría e lexislación reguladora das actividades fotográficas.

* Proceso e técnicas de comercialización dos produtos fotográficos.

* Medios de difusión dos produtos fotográficos: edición gráfica, publicacións, producións multimedia e audiovisuais, galerías de exposición e circuítos de exhibición. Requisitos técnicos.

Técnica fotográfica.

* Natureza, comportamento e efecto da luz en determinados materiais.

* Xurdimento e evolución dos materiais fotosensibles.

* Sistemas ópticos e as súas características.

* Formación de imaxes visuais: características técnicas e formais.

* Técnicas de rexistro e de procesamento: imaxe positiva e imaxe negativa.

* Requisitos técnicos e materiais do traballo fotográfico.

* Formatos dos traballos fotográficos.

* Equipamentos fotográficos segundo os formatos e os traballos: vantaxes e inconvenientes.

* Medición da luz: exposímetros.

* Tendencias no traballo e tecnoloxía fotográfica.

* Conceptos fotográficos fundamentais: profundidade de campo, ángulo visual, estatismo e movemento, distancia hiperfocal, etc. Posibilidades creativas e utilizacións.

* Equipamento de flash: evolución e tipoloxía. Sistemas de medición e sincronización.

* Técnicas de iluminación con luz natural, luz continua artificial, flash e iluminación mixta.

Arte e composición fotográfica.

* A fotografía na historia da arte.

* Especificidade da imaxe fotográfica: bidimensionalidade, estatismo, alteración do ton e da cor, alteración da escala, etc.

* Leis da Gestalt: figura, fondo e as súas interrelacións.

* Composición en branco e negro e en cor: diferenzas fundamentais.

* Regras básicas de composición: equilibrio da imaxe, sentido de lectura, liña do horizonte, regra dos terzos, sección áurea, concepto de aire, punto de toma, etc.

Reportaxes fotográficas.

* Reportaxe fotográfica: evolución, estilos e autores. Progreso tecnolóxico e a súa influencia.

* A fotografía na prensa e os temas máis comúns da fotorreportaxe.

* Obxectivo da reportaxe e posibilidades: narrativa, linguaxe visual, realismo e documentación.

* Tipoloxía de reportaxes: social, industrial, documental e informativa. O caso da foto fixa.

* Medios técnicos máis comúns na execución de reportaxes fotográficas.

Foto fixa.

* Papel da fotografía no cine e no espectáculo.

* Xurdimento e evolución da foto fixa; situación profesional na actualidade e o seu futuro.

* Secuencia do traballo da foto fixa; os profesionais.

* Equipamento necesario. Técnicas habituais, trucos e posibilidades creativas.

* Reportaxe social.

* Tipoloxía de reportaxes e acontecementos sociais.

* Proxectos de reportaxes sociais: contidos, contratación e normas.

* Equipo humano e técnico necesario, e adecuación aos locais da celebración dos acontecementos.

* Normas, deberes e dereitos antes, durante e despois das celebracións.

* Empresas de servizos para o procesamento, o acabamento e a presentación dos materiais.

Reportaxe xornalística.

* Condicións de traballo do reporteiro fotográfico.

* Equipamento necesario, técnicas máis comúns e trucos da profesión.

* Fontes de información e de documentación como axuda na realización da reportaxe.

* Acabamento e presentación da reportaxe.

* Comercialización e venda da reportaxe aos medios pertinentes: dereitos do fotógrafo.

Retrato fotográfico.

* Percorrido histórico do retrato na fotografía. Función social do retrato.

* Deseño de retratos fotográficos: elección de materiais e de parámetros técnicos, artísticos e humanos.

* Técnicas de retrato en estudio e en exteriores.

* Captación do retrato: rostro humano, fisionomía e fotoxenia, acenos e posturas, aspectos persoais e profesionais no momento da toma.

* Tipos e tamaño de planos no retrato.

* Maquillaxe: técnicas de corrección e realce do rostro e máis do ton da pel.

* Complementos do suxeito: vestimenta, attrezzo, fondos e posta en escena.

* Iluminación do retrato: tipoloxía de luces e efectos no suxeito; clave alta e clave baixa, modelado, correccións de defectos, contraste e efectos especiais.

* Retratos especiais: grupos, nenos, orlas, detalles da figura humana, nu, etc.

* Técnicas de presentación, acabamento, retoque, coloración e conservación das copias positivas dos retratos.

Contidos actitudinais

* Actitude crítica na comparación dos servizos, os materiais e as tarifas da industria fotográfica.

* Observancia das normas de seguridade e hixiene no laboratorio fotográfico.

* Hábito de mantemento das rutinas propias do traballo fotográfico: limpeza, orde, coidados, etc.

* Valoración da importancia na historia da fotografía dos distintos sistemas e técnicas.

* Actitude previsora ante as necesidades de recursos nos traballos que se realicen.

* Atención e disposición na procura de motivos fotográficos: aproveitamento do momento.

* Valoración das funcións da fotografía na historia do cine, da televisión e do vídeo.

* Valoración das dificultades dos fotógrafos no desenvolvemento do seu traballo.

* Reflexión sobre o comportamento do fotógrafo máis axeitado na realización de reportaxes, foto fixa e retratos.

* Axilidade na decisión da composición dunha imaxe fotográfica.

* Reflexión sobre as posibilidades temáticas e formais da reportaxe.

* Avaliación da incidencia das reportaxes no contorno mediático.

* Reacción fronte a continxencias e situacións imprevistas.

* Actitude de respecto polo motivo, os lugares e os suxeitos, sen mingua da valentía precisa para conseguir maior calidade e expresividade nas imaxes.

* Actitude crítica na avaliación dos traballos realizados.

* Reflexión sobre as posibilidades da fisionomía humana para facer retratos.

* Fomento do bo ambiente no traballo en grupo, respectando os postos asignados.

3.2.2. Módulo profesional 2: aplicacións fotográficas.

Asociado á unidade de competencia 1: definir e obter imaxes fotográficas.

3.2.2.1 Capacidades terminais elementais.

* Manexar ferramentas informáticas cun óptimo aproveitamento das súas posibilidades para a dixitalización de imaxes fotográficas, o seu arquivo e a súa impresión.

* Manipular imaxes dixitalizadas con programas informáticos, efectuando correccións, retoques, montaxes e cambios.

* Seleccionar e utilizar os equipamentos, as técnicas e os recursos máis axeitados para realizar traballos fotográficos de moda, publicidade, arquitectura, ciencia, paisaxes, bodegóns, etc.

* Achegar solucións técnicas a problemas fotográficos de iluminación, fotometría, exposición, etc., en distintos campos e con distintos equipamentos, materiais e formatos, desenvolvendo o estilo e a capacidade artística persoal.

* Deseñar, configurar e utilizar a iluminación máis adecuada a cada tipo de traballo fotográfico.

* Manexar equipamentos profesionais de gran formato con aproveitamento das súas posibilidades para mellorar e manipular os resultados técnicos e artísticos na obtención de fotografías.

* Manexar correctamente o equipamento e os materiais de laboratorio para os distintos formatos de película (35 mm, formato medio e gran formato), desenvolvendo as técnicas de procesamento máis adecuadas ao material.

* Identificar e operar coas técnicas, os equipamentos e os materiais máis adecuados para cubrir necesidades fotográficas no campo científico.

* Describir e realizar técnicas de procesamento, tratamento e manipulación de materiais fotosensibles especiais no laboratorio, e relacionalas co seu uso nos campos científico, arquitectónico, publicitario, etc.

* Describir as principais características dos distintos estilos de fotografía de moda, publicitaria, paisaxística e de bodegóns, e identificar os seus principais representantes.

* Realizar reproducións fotográficas de documentos planos e obxectos diversos válidas para a súa catalogación, exhibición e identificación posterior.

* Deseñar e executar proxectos de traballo fotográfico no campo da moda diferenciando e aproveitando as posibilidades dos distintos tratamentos e exixencias.

* Deseñar e executar proxectos de traballo fotográfico no campo da publicidade adecuados ao medio de difusión.

* Deseñar e executar proxectos de traballo fotográfico no campo da arquitectura, paisaxes e bodegóns.

* Describir sistemas e técnicas de traballo fotográfico en campos especiais: astronomía, espeleoloxía, mergullo, etc.

* Deseñar e realizar traballos de acabamento e presentación de fotografías.

* Diferenciar e aplicar sistemas de catalogación e arquivo de materiais fotográficos.

* Describir e aplicar técnicas de manipulación e conservación de orixinais fotográficos segundo as características dos soportes e as condicións ambientais.

3.2.2.2. Contidos (duración: 235 horas).

Contidos procedementais

Ferramentas informáticas en fotografía.

* Comprobación e análise das características do equipamento informático idóneo para o tratamento dixital de imaxes.

* Instalación e óptimo aproveitamento das posibilidades dos programas informáticos; elección de programas específicos.

* Calibraxe dos equipamentos segundo o contorno de traballo e o fin do produto.

* Introdución de imaxes no ordenador: escáner, foto-CD, cámara dixital, internet, etc.

* Manipulación de programas de retoque, deseño, edición gráfica e maquetación; toma de decisións sobre tamaño, resolución, cor e outros parámetros da imaxe.

* Almacenaxe e impresión de imaxes dixitais nos soportes axeitados utilizando os equipamentos adecuados para lograr os requisitos de calidade do traballo.

Fotografía publicitaria.

* Análise de imaxes publicitarias de distintos produtos, estilos e soportes de difusión, con identificación e valoración da súa mensaxe, a técnica de execución e os condicionantes do medio de difusión.

* Análise das competencias, os coñecementos, as aptitudes e as perspectivas profesionais do fotógrafo no campo da publicidade.

* Elaboración de proxectos de imaxe publicitaria incluíndo mensaxe, deseño da composición e elementos da posta en escena, deseño e plano de iluminación, determinación do equipamento de toma, elección do material de rexistro, etc.

* Realización de tomas fotográficas segundo deseños publicitarios.

* Obtención de probas e/ou contactos; selección e realización das copias finais.

Fotografía de moda.

* Análise de fotografías de moda de distintos estilos e en distintos medios de difusión: avaliación das características técnicas, a intencionalidade da mensaxe e os condicionantes do medio.

* Análise do proceso de elaboración de fotografías de moda desde o deseño ata a imaxe final nos distintos sectores.

* Análise das competencias, os coñecementos, as aptitudes e as perspectivas profesionais do fotógrafo no campo da moda.

* Elaboración de proxectos para a realización de sesións fotográficas de moda: composición e elementos da posta en escena, deseño e plano da iluminación, elección do equipamento de toma e selección dos materiais que se van empregar.

* Realización de sesións fotográficas no campo da moda aproveitando convenientemente os recursos humanos e técnicos en función das características dos traballos: pasarela, tempada e marca.

* Obtención de probas e/ou contactos; selección e realización das copias finais.

Gran formato.

* Identificación dos elementos principais e accesorios dun equipamento de gran formato.

* Montaxe, posta a punto e desmontaxe dun equipamento de gran formato.

* Identificación e execución dos movementos de cámara de gran formato.

* Medición da luz, execución de axustes fotométricos e de repartición de luminosidade, e realización de técnicas especiais na toma con gran formato.

* Realización de tomas con gran formato e temas diversos.

* Procesamento de placas e manexo de materiais para gran formato no laboratorio na obtención e no tratamento de negativos e copias positivas.

Fotografía arquitectónica.

* Análise do proceso de elaboración de fotografías no campo da arquitectura.

* Análise de obras de fotografía arquitectónica: identificación de técnicas, recursos e medios empregados.

* Realización de técnicas de aproveitamento, realce, mestura e medición de luces naturais e artificiais nos interiores e nos exteriores de edificios.

* Realización de traballos fotográficos no campo da arquitectura: desde o deseño ata a obtención da imaxe final.

Fotografía da natureza.

* Análise da evolución da representación da natureza na historia da fotografía.

* Preparación do equipamento específico para fotografar a natureza.

* Realización de traballos fotográficos coa natureza como tema.

Reprodución de documentos.

* Análise de traballos de reprodución fotográfica en distintos soportes.

* Análise da tipoloxía de obxectos habituais nos traballos de reprodución fotográfica e das súas características e particularidades.

* Realización de traballos de reprodución e de técnicas especiais ante situacións comprometidas: cristais, marcos, brillos, reflexos, obxectos moi pequenos, etc.

Fotografía científica.

* Identificación de materiais especiais utilizados nas distintas áreas científicas con aplicacións fotográficas.

* Realización de traballos de macrofotografía e microfotografía.

* Análise das características e as posibilidades de emulsións para traballos con radiacións ultravioleta e infravermella.

* Elaboración de deseños especiais de iluminación para situacións especiais.

Edición fotográfica.

* Análise do tratamento fotográfico en diferentes publicacións.

* Análise do proceso profesional completo na edición fotográfica.

* Deseño e realización de traballos de edición fotográfica.

Arquivos e conservación.

* Procura de información sobre sistemas de arquivo fotográfico: institucionais, comerciais, persoais, etc.

* Elaboración de sistemas persoais de arquivo e presentación.

* Análise da estabilidade de distintos materiais fotográficos.

* Identificación dos sistemas e das condicións máis favorables para a conservación de materiais fotográficos.

* Preparación e aplicación de baños químicos especiais para favorecer a mellor conservación de materiais fotoquímicos.

Contidos conceptuais

Ferramentas informáticas en fotografía.

* Equipamento de tratamento dixital de imaxes: elementos, montaxe e configuración.

* Nocións básicas de informática e conceptos específicos da imaxe dixital.

* Dixitalización da imaxe: dispositivos de entrada e posibilidades.

* Programas profesionais para a manipulación da imaxe dixital: edición gráfica, deseño, retoque, presentacións, etc.; óptimo aproveitamento dos recursos.

* Almacenaxe das imaxes: sistemas e soportes.

* Impresión e acabamento da imaxe dixital; tipoloxía de impresoras, dispositivos de saída, e soportes. O proceso da filmación.

Fotografía publicitaria.

* Fotografía publicitaria: evolución, medios, empresas, profesionais, etc.

* Linguaxe da publicidade fotográfica: eficacia da comunicación.

* Tipoloxía de traballos e estilos publicitarios: bodegóns, catálogos, etc.

* Técnicas de iluminación en publicidade.

* Técnicas e recursos na creación de fotografía publicitaria.

* Medios de difusión e mercados da fotografía publicitaria. Cuestións legais.

Fotografía de moda.

* Necesidades da industria téxtil e concepto de moda.

* Tipoloxía de traballos fotográficos de moda: sesións, pasarela, etc.

* Produción de fotografía publicitaria: equipo humano e equipamento técnico. Modelos e selección.

* Recursos, técnicas e particularidades do traballo fotográfico en moda.

* Medios de difusión e mercado da fotografía de moda.

* Aspectos financeiros e legais na fotografía de moda.

Gran formato.

* Cámara de gran formato: tipoloxía, partes fundamentais, accesorios e características.

* Movementos de cámara e as súas posibilidades.

* Placas de gran formato: tamaños, portaplacas, procesamento, etc.

* Sistemas e técnicas de medición especiais: sonda fotométrica, cálculo de factor de prolongación, etc.

* Traballos para gran formato: catálogo, industrial, bodegón, arquitectura, paisaxe, etc.

Fotografía arquitectónica.

* Produción de fotografía arquitectónica e tipoloxía de traballos.

* Planificación da sesión fotográfica: preparación do equipamento de cámara e accesorios, características do edificio, volumes, cor, iluminación, importancia da elección do momento do día, decoración, etc.

* Edición e publicación dos traballos de fotografía arquitectónica: requisitos e condicionantes do medio.

Fotografía de natureza.

* Técnicas e equipamento específico da fotografía de natureza.

* Natureza e paisaxe na historia da fotografía.

* Difusión e mercado da fotografía de natureza.

Reprodución fotográfica.

* Equipamento específico: equipamento de cámara, iluminación, mesas de reprodución, etc.

* Características dos documentos e dos obxectos que se van reproducir: textura, volume, cor, etc.

* Técnicas de reprodución de orixinais de ton continuo: pinturas, fotografías, etc.

* Técnicas de reprodución de orixinais de liña: debuxos, manuscritos e pegadas.

* Técnicas de reprodución de obxectos tridimensionais.

Fotografía científica.

* Achegas e solucións fotográficas ás necesidades científicas.

* Tipoloxía de aplicacións fotográficas no campo científico.

* Fotografía de aproximación, macrofotografía e microfotografía: equipamento específico, obxectivos macro e accesorios de extensión e aproximación, microscopios e oculares, sistemas de iluminación e medición, relación de reprodución, etc.

* Fotografía do afastado: equipamento e conceptos especiais na fotografía astronómica.

* Utilización e posibilidades científicas da fotografía infravermella e ultravioleta: iluminación, medición e equipamento especial.

* Aplicacións fotográficas no campo da medicina.

* Aplicacións especiais da fotografía á ciencia: espeleoloxía, mergullo, holografía, etc.

Edición de imaxes.

* Edición gráfica: competencias do editor gráfico e liña editorial. Deseño editorial.

* Proceso de edición: fases, fontes de documentación, selección e manipulación de imaxes, tipos de deseño, edición, maquetación e outros procesos fotomecánicos.

* Técnicas e medios de difusión da edición gráfica: prensa, libros, folletos e catálogos. Características de cada medio e especificacións técnicas.

* Equipamentos e contornos gráficos de edición dixital.

* Programas de aplicacións informática para e edición dixital. Formatos e soportes habituais na industria da edición.

* Posibilidades creativas dos contornos dixitais na edición. Efectos dixitais.

Arquivos e conservación.

* Técnicas de manipulación e conservación de orixinais, reproducións e materiais fotográficos.

* Sistemas de catalogación, ordenamento e acceso: organización de arquivos fotográficos. Novos sistemas dixitais.

* Fototecas e bancos de imaxes e de documentos gráficos. A achega informática.

* Tarifas de consulta e uso de documentos. A propiedade intelectual.

Contidos actitudinais

* Fomento do bo funcionamento e do bo ambiente no equipo de traballo.

* Prevención e seguridade nos traballos co ordenador.

* Observancia das normas de seguridade e salubridade cos equipamentos informáticos.

* Reflexión crítica constante sobre o impacto da imaxe publicitaria na sociedade.

* Reacción fronte a continxencias e situacións imprevistas.

* Actitude de respecto polo motivo, os lugares e os suxeitos, sen mingua da valentía precisa para conseguir maior calidade e expresividade nas imaxes.

* Actitude crítica na avaliación dos traballos propios e alleos.

* Mantemento das rutinas propias do traballo fotográfico: limpeza, orde, coidado, etc.

* Prevención de accidentes eléctricos e químicos no manexo de equipamentos e materiais.

* Axilidade na decisión da composición dunha imaxe fotográfica.

* Interese polas novidades informáticas en materia de imaxe dixital.

* Observancia das normas de seguridade e salubridade no traballo cos equipamentos e as instalacións.

* Mantemento dunha orde cos traballos propios en calquera soporte que facilite a súa localización e o seu acceso.

* Prevención dos problemas derivados da cantidade de persoas que traballan nas mesmas instalacións.

* Respecto polos documentos e os obxectos orixinais que se van reproducir evitando manipulacións innecesarias.

* Prevención da influencia do contorno (roupa, ornamentos, equipo humano, etc.) na iluminación e na toma dos motivos fotográficos.

* Reflexión crítica ante as imaxes editadas en diversas publicacións.

* Atencións ás últimas tendencias fotográficas.

* Adquisición de rutinas de observación dos traballos propios para vixiar o seu estado de conservación.

* Favorecemento do bo ambiente nas sesións fotográficas de moda, establecendo unha relación cos modelos que facilite a súa expresividade corporal e facial.

3.2.3. Módulo profesional 3: iluminación de espazos escénicos.

Asociado á unidade de competencia 2: iluminar espazos escénicos.

3.2.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar os procesos de produción de audiovisuais e espectáculos, e relacionalos coas funcións que cumpre neles a iluminación.

* Identificar a documentación técnica, os recursos e as intervencións que teñan que ver coa iluminación de espectáculos e producións audiovisuais.

* Sintetizar as características, a composición e os efectos fundamentais da luz.

* Analizar, identificando as súas características e prestacións, os equipamentos e os materiais técnicos utilizados na iluminación de espazos escénicos.

* Identificar e diferenciar as principais fontes de luz.

* Analizar os estilos e os recursos expresivos de iluminación utilizados en distintos medios e xéneros audiovisuais e de espectáculos.

* Valorar o tratamento da luz e da cor na historia da arte.

* Idear e deseñar estilos globais de iluminación para conseguir un equilibrio entre os recursos expresivos e os recursos técnicos.

* Realizar operacións de iluminación en espazos escénicos interiores e exteriores.

* Conseguir iluminacións definidas de escenas situando fontes e accesorios, determinando direccións e potencias, e aproveitando convenientemente os recursos dispoñibles.

* Identificar os requisitos técnicos e expresivos de proxectos audiovisuais ou espectáculos definidos.

* Elaborar a documentación necesaria para o deseño, a planificación e as operacións nunha iluminación dun espectáculo ou dunha produción audiovisual.

* Realizar a medición dos parámetros de iluminación dunha escena para a axustar a un deseño definido.

* Avaliar os resultados obtidos na iluminación dunha escena e aplicar as correccións oportunas.

* Analizar os riscos que poidan derivar das operacións de iluminación e adoptar as medidas preventivas necesarias.

* Interpretar e aplicar a regulamentación vixente de baixa tensión.

* Executar operacións de conexión ás fontes eléctricas, á rede eléctrica ou a un grupo electróxeno, para conseguir o correcto e seguro funcionamento do equipamento.

* Identificar e aplicar os requisitos de calidade da iluminación nas distintas fases de elaboración dun produto audiovisual.

* Desenvolver actividades de organización, coordinación e control no equipo humano que favorezan o bo clima de traballo.

3.2.3.2. Contidos (duración: 240 horas).

Contidos procedementais

Iluminación, medios e xéneros audiovisuais.

* Análise e descrición dos procesos de iluminación segundo os distintos medios (cinematográficos, videográficos, televisivos, escénicos, multimedia, etc.) e xéneros (publicidade, ficción, documental, informativos, concursos, etc.).

* Análise da organización, a expresividade e as achegas da iluminación en obras de diferentes medios e xéneros.

Electricidade e seguridade.

* Cálculo e repartición de cargas en sistemas trifásicos.

* Comprobación da boa conexión dos equipamentos e dos sistemas de seguridade eléctrica.

* Alimentación eléctrica da configuración de iluminación nos cadros de protección.

* Elaboración da documentación eléctrica necesaria na preprodución.

* Medicións de parámetros eléctricos e corrección segundo os valores.

* Establecemento e aplicación de rutinas de acendido e apagado.

Equipamentos e medios técnicos.

* Descrición, clasificación e comprobación dos efectos das fontes de luz naturais e artificiais pola súa natureza, a orixe, o tipo de luz, a construción e a posición.

* Identificación e aplicación de filtros para control de intensidade, corrección de cor e efectos no feixe luminoso.

* Operacións de montaxe e desmontaxe, e adaptación de filtros nos equipamentos e nos accesorios de iluminación.

* Identificación e operación nos elementos de suspensión e soporte dos aparellos de iluminación.

* Uso de elementos de difusión, recorte e reflexión no control do feixe luminoso.

* Operacións de control da luz cos focos e nos aparellos de iluminación: fresnell, iris, soft, recorte, Pc, etc.

* Manexo e programación básica de consolas de iluminación manuais e informatizadas.

* Control da intensidade luminosa con reguladores analóxicos e dixitais.

* Operacións con equipamentos de efectos especiais na iluminación: fume, láser, etc.

* Operacións de identificación e selección dos aparellos de iluminación e dos accesorios máis axeitados para cada fin.

Recursos humanos.

* Análise das funcións e das categorías profesionais dos membros do equipo de iluminación, e as súas relacións entre eles e con outros equipos.

* Estruturación do equipo humano para obter a maior organización e eficacia no traballo.

* Análise das empresas auxiliares que interveñen no proceso de iluminación, descrición das prestacións técnicas e incremento de persoal que achegan á produción.

Técnicas de iluminación.

* Iluminación cunha soa fonte de luz e con dúas desde varias posicións, aperturas e filtraxes sobre personaxes estáticos e en movemento.

* Aplicación do triángulo básico de iluminación: posibles variantes de angulacións, alturas, e luces rebotadas e difusas.

* Aplicación das técnicas de clave alta e baixa, e variación de contrastes.

* Realización de configuracións de iluminación para varios personaxes estáticos e en movemento por tamaños de plano.

* Aplicación de técnicas e configuracións de iluminacións por zonas: fondos e figuras.

* Fabricación de sombras intencionadas, en branco e negro, e en cor.

* Aplicación de técnicas de iluminación en interiores e en exteriores, de día e de noite.

* Execución de técnicas para xustificar as luces presentes nunha escena.

* Equipamento e uso de técnicas de iluminación para espazos virtuais.

* Análise e comparación das distintas iluminacións para conseguir o raccord de iluminación.

Documentación técnica.

* Interpretación, desde o punto de vista das necesidades de iluminación, de guións técnicos, escaletas e libretos.

* Identificación e utilización da simboloxía empregada na planta de decorado ou set para representar cámaras, mobles, personaxes, equipamento técnico, etc.

* Elaboración de bosquexos de iluminación en que se describa a posición dos aparellos, as súas potencias, a dirección, os accesorios, etc.

* Elaboración de listaxes de material e necesidades de recursos de empresas externas.

* Elaboración de listaxes de necesidades enerxéticas e de seguridade eléctrica.

Fotometría.

* Interpretación e operación coas unidades e os métodos de medida da luz.

* Manexo de fotómetros, luxómetros, termocolorímetros, táboas de conversión, visores de contraste, etc.

* Aplicación dos modos de medición incidente e reflectida, e interpretación dos resultados.

* Cálculo de exposicións tendo en conta todas as variables dunha toma: filtros, correccións, axustes de enfoque, etc.

* Aplicación de diferentes sistemas de medición da luz nunha escena: escala de luminosidades, valores de contraste, sistema de zonas, etc.

* Interpretación das cartas de gris e cor.

Iluminación e soportes audiovisuais.

* Clasificación das películas utilizadas na produción audiovisual segundo as súas características de sensibilidade, contraste, colorimetría, etc.

* Verificación da sensibilidade dos captadores electrónicos de imaxe e a súa relación coa cantidade e a calidade da luz.

* Estudo das curvas sensitométricas dos materiais fotosensibles.

* Selección da película máis axeitada para unha determinada iluminación e da iluminación máis adecuada para unha determinada película.

* Avaliación dos procesos de posprodución de imaxe (laboratorio, dixital, etc.) na conservación e equilibrio ou corrección da luz acadada na toma.

Escenografía.

* Análise dos espazos escénicos e a súa relación coas técnicas de composición e equilibrio lumínico.

* Identificación dos elementos do decorado en relación coas súas posibilidades expresivas: paneis, chans, teitos, cicloramas, arcos, columnas, attrezzo, etc.

* Aplicación de técnicas específicas de incrustación de imaxes: chroma-key, ultimate, blue-backing, catch-contracatch, máscaras de luminancia, etc.

* Análise do proceso de elaboración de escenarios virtuais por ordenador.

* Descrición dos materiais e as técnicas de maquillaxe e caracterización, e a súa relación coa iluminación.

* Análise da utilización de maquetas e personaxes artificiais a escala.

Estilos artísticos.

* Descrición das características expresivas dos principais movementos artísticos e a súa relación co cine, a fotografía, o teatro e a ópera.

* Realización de configuracións de iluminación coas características expresivas dos principais movementos pictóricos, fotográficos e cinematográficos.

Xéneros e iluminación.

* Análise e utilización das técnicas, as materias e o equipamento de iluminación para obras cinematográficas documentais e dos diferentes xéneros da ficción: dramático, comedia, terror, cine negro, ciencia ficción, etc.

* Contraste e utilización de técnicas e equipamento de iluminación para gravacións videográficas: ficción, documental, institucional, educativa, industrial, etc.

* Aplicación de técnicas de iluminación para a televisión: realización multicámara, iluminación por bloques, etc.

* Operacións con controis de cámara de televisión (CCU) para conseguir a harmonización, o equilibrio e a continuidade na iluminación.

* Descrición e utilización de técnicas específicas de iluminación de espectáculos teatrais, de ópera, de ballet, etc.

* Aplicación de técnicas de iluminación de concertos musicais: ritmo, cor, efectos, etc.

* Aplicación de técnicas específicas para a iluminación publicitaria: bodegóns, fondos e animación corpórea e debuxada.

Contidos conceptuais

Iluminación, medios e xéneros.

* Linguaxe da luz.

* Produtos audiovisuais e espectáculos. Tipos e xéneros.

* Proceso cinematográfico.

* Proceso videográfico e televisivo.

* Proceso teatral e de espectáculos.

Electricidade e seguridade.

* Electricidade básica.

* Unidades, parámetros e medidas eléctricas. Fórmulas básicas.

* Frecuencia eléctrica na rodaxe cinematográfica.

* Efectos da enerxía eléctrica sobre o corpo humano.

* Calor das fontes lumínicas. Perigos e precaucións.

* Toma de terra. Protección e seguridade.

* Interruptores magnetotérmicos e interruptores diferenciais.

* Consumos eléctricos e seccións dos cables. Cálculos básicos.

* Fontes de enerxía: transformadores, xeradores e grupos electróxenos.

* Cadros de protección.

* Normas, equipamento e medidas de seguridade eléctricas e térmicas.

* Accidentes eléctricos. Actuación e auxilio.

Equipamentos e medios de iluminación.

* Fontes luminosas naturais e artificiais. Clasificación segundo o seu principio de funcionamento, o tipo de luz, a súa temperatura de cor, a súa posición, etc.

* Control da luz; equipamentos e materiais.

-Filtros correctores de cor, polarizadores, densidade neutra, difusores, cor, efectos, etc.

-Viseiras, bandeiras, conos, reflectores, lentes, etc.

-Luz exterior: filtraxe da luz día, palios e exterior noite.

* Soportes de iluminación: de suxeición, de soporte e de suspensión. Grella do estudio e do escenario.

* Control e regulación electrónica da luz: dimmer, consolas e controis remotos. Tipos, características e programación de usuario.

* Efectos especiais; equipamentos e materiais.

Equipo humano e empresas auxiliares.

* Recursos humanos no equipo de iluminación. Estrutura e funcións.

* Relación organizativa e funcional do equipo de iluminación co resto dos equipos.

* Director de fotografía e iluminador; gaffer e equipo de eléctricos.

* Empresas auxiliares. Tipos de colaboración.

* Linguaxe e vocabulario técnico específicos do sector.

Técnicas de iluminación.

* Iluminación estática e dinámica.

* Compor coa luz: o centro de interese.

* Dirección da luz e os seus efectos: frontal, lateral, contraluz, cenital e nadir.

* Esquema básico de iluminación: luz principal, de recheo, contraluz e fondo.

* Clave alta e clave baixa. Tipos de luz: dura, branda, directa, rebotada, etc.

* Iluminación dos distintos tamaños de planos.

* Iluminación cunha fonte de luz ou con varias.

* Iluminación cun personaxe ou con varios.

* Iluminación dos movementos, os percorridos e a acción.

* Iluminación de superficies reflectantes e transparentes.

* Xustificación das luces existentes na escena.

* Iluminación de espazos virtuais. Técnicas dixitais.

* Utilización creativa da iluminación.

* Raccord na iluminación.

Documentación técnica.

* Guión técnico, escaleta e libreto teatral.

* Caché técnico dos espectáculos musicais.

* Simboloxía específica e do medio.

* Planta de decorados.

* Bosquexo de iluminación.

* Listaxe de recursos e necesidades técnicas.

* Libreto de luces.

* Signos de comunicación entre o equipo humano.

Fotometría.

* Unidades da intensidade, luminosidade e temperatura de cor.

* Instrumentos de medida. Características: luxómetros, densitómetros, fotómetros, termocolorímetros, táboas e cartas de referencia.

* Técnicas de medición. Modos de medición: incidente, reflectida, etc.

* Tipos de exposición. Estilo e raccord.

* Resposta dos materiais de rexistro electrónico e fotoquímico. Curvas sensitométricas.

Control e seguimento da luz na imaxe rexistrada.

* Talonaxe e efectos de laboratorio.

* Tratamento dixital en cinematografía.

* Revelado por separación.

* Copia e ampliación cinematográfica.

* Controis da CCU.

* Telecinaxe e kinescopaxe.

Elementos escenográficos.

* Composición coa iluminación. Estilos, normas e equilibrio cromático.

* Espazos escénicos: características e dotación técnica.

* Decorados naturais interiores e exteriores.

* Localizacións. Criterios para a iluminación.

* Decorados construídos: panos, cicloramas, etc.

* Atrezzo, vestimenta e maquillaxe. Características, funcións e precaucións.

* Maquetismo a escala.

* Transparencias e incrustación: chroma key, escenarios virtuais, etc.

Estilos artísticos.

* Principais movementos artísticos e a súa relación co cine, a fotografía, o teatro e a ópera.

* Tratamento da luz e da cor na evolución dos estilos pictóricos, nos movementos fotográficos, nas tendencias cinematográficas, no vídeo e a televisión, nas representacións escénicas e nos espectáculos.

* Tratamento da luz e da cor nos distintos xéneros.

Iluminación por xéneros.

* Relación entre xéneros e medios expresivos.

* Iluminación cinematográfica. Técnicas no documental, na ficción, na comedia, no musical, na acción, no cine negro e de terror, etc.

* Iluminación en vídeo: técnicas para vídeo formativo, institucional, industrial, etc.

* Iluminación para televisión.

-Directo e por bloques: deportivo, informativo, entrevista, diálogo, revista, telecomedia, macroespectáculo, etc.

-Control de cámaras.

* Iluminación de representacións escénicas clásicas, de época e contemporáneas: drama teatral, comedia, musical, ópera, danza, etc.

* Espectáculos musicais. Ritmo musical.

* Técnicas de iluminación específicas na publicidade.

* Iluminación na animación: técnicas e trucos.

* Iluminación de imaxes infográficas.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da iluminación na linguaxe audiovisual.

* Valoración do perigo potencial que supón para un mesmo ou para outras persoas o uso da enerxía eléctrica.

* Rigor no respecto das normas de seguridade eléctrica nas instalacións de iluminación.

* Colaboración no traballo en grupo do equipo humano de iluminación e cooperación con outros equipos para lograr o obxectivo común.

* Pulcritude e serenidade no manexo de aparellos de iluminación.

* Precisión e concisión no vocabulario específico e na comunicación verbal e escrita co resto do equipo humano.

* Esforzo por cumprir a temporalización imposta pola escaleta ou o guión.

* Compromiso cos criterios de posta en escena.

* Comportamento coidadoso co equipamento e co material técnico.

* Interese polos novos equipamentos, sistemas ou programas informáticos de iluminación.

* Esforzo por lograr a máxima rendibilidade artística, operativa e económica do traballo audiovisual ou espectáculo.

* Previsión de posibles continxencias e serenidade no caso de ocorreren.

* Hábito de mantemento das rutinas propias en acendidos e apagados de equipamentos e aparellos de iluminación.

* Actitude reflexiva ante os traballos dos profesionais da iluminación.

* Preocupación polos inconvenientes que a iluminación poida supor noutras persoas ou nos obxectos.

* Espírito crítico cara ás novas tendencias.

* Valoración da iniciativa na toma de decisións que supoñan unha mellora no resultado final do produto.

* Valoración e interese polas artes que empreguen a iluminación como ferramenta.

3.2.4. Módulo profesional 4: imaxe audiovisual.

Asociado á unidade de competencia 3: filmar ou gravar produtos audiovisuais.

3.2.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar as prestacións técnicas, as características operativas e de configuración, e as posibilidades expresivas dos recursos técnicos de captación e rexistro videográficos, cinematográficos e televisivos.

* Analizar a documentación de guión técnico, escaleta, planta de decorados, instrucións do realizador, etc., e interpretar as especificacións das postas en escena, os encadramentos, os movementos de cámara e de personaxes, o efecto que se pretende conseguir, etc.

* Identificar na documentación audiovisual a tipoloxía e as características de planos, tomas, movementos de cámara, transicións, efectos, etc., e os seus códigos e a simboloxía de representación.

* Operar con precisión, seguridade e método cos elementos técnicos de captación e de rexistro de imaxes audiovisuais.

* Determinar a configuración necesaria para a gravación ou a filmación de imaxes (cámaras, soportes, ópticas, micrófonos, accesorios, focos, etc.), en función da información do guión técnico, a escaleta, instrucións verbais, etc.

* Axustar os parámetros de regulación das cámaras de vídeo, cine ou televisión en función da exposición, a profundidade de campo, o material de rexistro, o obxectivo visual que se pretende conseguir, etc.

* Utilizar os elementos narrativos, expresivos e descritivos da linguaxe visual na captación de imaxes.

* Verificar cos procedementos estandarizados a posta a punto e o funcionamento óptimo dos equipamentos de captación de imaxes, e relacionar as anomalías ou as disfuncións coas súas causas e as medidas correctoras.

* Regular os parámetros de cámaras de cine (diafragma, obturación, enfoque, etc.) e de vídeo (balances, pedestal, iris, ganancias, etc.) seguindo as condicións establecidas polo guión, a escaleta ou instrucións de realización.

* Relacionar os procesos da produción audiovisual cos recursos humanos e técnicos, as condicións de execución, a calidade e a documentación técnica.

* Relacionar os distintos produtos audiovisuais xerados coa captación e a montaxe cos seus sistemas de distribución, cos soportes de presentación e co xeito normalizado de os documentar.

* Editar imaxes e sons de produtos audiovisuais mediante as técnicas e os equipamentos axeitados, a partir do guión de montaxe, a intencionalidade narrativa e expresiva, e as especificacións de calidade.

* Operar co equipamento básico de iluminación atendendo a criterios de calidade técnica e narrativa.

3.2.4.2. Contidos (duración: 200 horas).

Contidos procedementais

Produción audiovisual.

* Análise e descrición da estrutura técnica e organizativa das industrias audiovisuais dedicadas á produción videográfica, televisiva e cinematográfica.

* Identificación das funcións dos recursos humanos e técnicos nas producións audiovisuais, e a súa relación co equipo de cámara.

* Descrición das tipoloxías de programas e produtos audiovisuais diferenciando os procesos, as fases, a documentación técnica, o tratamento e os criterios de captación.

Documentación técnica.

* Análise da metodoloxía de produción do proxecto audiovisual, as súas fases e a documentación técnica como elemento de comunicación entre todos os membros do equipo.

* Interpretación de guións técnicos, escaletas, planos de planta de decorados, esbozos de iluminación, plans de traballo, story-boards, etc.

* Desagregación de guións en secuencias e escenarios interpretando o tratamento e a composición que se lle dará á captación das imaxes.

* Realización de esquemas de localización de cámaras e accesorios en planos de posta en escena, utilizando a simboloxía específica do sector.

Composición na imaxe móbil.

* Análise, nas imaxes que se vaian captar, dos obxectivos expresivos, equilibrio da imaxe, encadramento, tamaño de plano, angulación, profundidade de campo, etc.

* Realización de tomas de imaxes especificando o estilo visual e as características de composición (tipo de plano, angulación, centro de interese, movemento dentro da escena, ton, profundidade, equilibrio, etc.).

* Realizar producións audiovisuais en que destaquen os elementos expresivos da composición do espazo e da imaxe.

Sistemas, formatos e soportes en cine, vídeo e televisión.

* Análise e comparación das características técnicas, posibilidades expresivas e calidades dos soportes fotosensibles, magnéticos e ópticos.

* Selección do soporte máis axeitado ás características de calidade técnica e expresivas do produto audiovisual.

* Análise das características técnicas e dos ámbitos de traballo das cámaras de cine, de vídeo e de televisión, e tratamento posterior á toma.

* Operación con camascopios con método e destreza, axustando os parámetros técnicos, controis, menús, axustes de niveis, etc., gravando imaxes fixas e en movemento, con cámara no ombro e con trípode, en todas as posibles angulacións e tipos de planos.

* Operación con cámaras de televisión en configuración de estudio e EFP con axustes nos seus controis remotos de CCU, foco e zoom, o sistema de intercomunicación e retorno de sinal, o pedestal ou trípode, a indicación luminosa, etc.

* Operación con cámara de cine e os seus accesorios (trípode, óptica, filtros, remotos, etc.), axustando os seus parámetros técnicos e de composición do plano, e establecendo a rutina de limpeza e carga de película no chasis.

* Coidado, protección e almacenaxe dos soportes de gravación, desde o seu uso na toma ata a entrega do material bruto.

Control da calidade técnica na imaxe.

* Análise das características das películas cinematográficas e selección do tipo de negativo máis axeitado para os requisitos da toma ou produto.

* Identificación dos distintos procesos de laboratorio que segue a película cinematográfica desde o revelado ata a positivación da copia final.

* Análise dos parámetros e das características normalizadas do sinal de vídeo analóxico e dixital.

* Operación co equipamento de axuste e control do sinal de vídeo, manipulación dos parámetros e análise das súas posibilidades expresivas.

Operacións básicas na toma e tratamento de imaxes.

* Técnicas de iluminación.

-Comprobación das posibilidades das fontes e dos accesorios de iluminación.

-Análise da iluminación necesaria para unha escena tendo en conta o soporte de rexistro da imaxe e os requisitos técnicos e artísticos.

-Realización de configuracións básicas de iluminación de espazos escénicos con aplicación de diferentes técnicas e utilización de proxectores, soportes, filtros, etc.

* Procesos de alimentación.

-Valoración da necesidade dunha instalación eléctrica normalizada e protexida contra posibles accidentes.

-Montaxe e conexión de equipamentos de alimentación eléctrica, a baterías e á rede.

* Edición e montaxe.

-Análise das características e das posibilidades dos distintos sistemas e formatos de magnetoscopios estacionarios.

-Análise dos sistemas ou configuracións de edición lineal, non lineal, offline, etc.

-Edición de imaxes e sons, seguindo as pautas marcadas pola documentación técnica en sistemas de posprodución analóxica e dixital.

* Accesorios da toma.

-Comparación das posibilidades expresivas e operacións básicas en sistemas de cámara na man, en trípode, en pedestal, en guindastre, travelling, cabeza quente, steady-cam, etc.

-Montaxe e operación con elementos técnicos de sustentación e control de cámaras de vídeo e de cine.

* Rexistro do son.

-Análise das características técnicas e expresivas do son.

-Configuración do equipamento, conexión da microfonía e axuste dos niveis de son en camascopios.

-Aplicación de diversas técnicas de tomas de son para gravación de noticias e reportaxes.

* Posta en escena.

-Interpretación na documentación técnica dos requisitos de iluminación e composición da escena.

-Localización dos obxectos e dos suxeitos, das fontes de luz e da cámara ou das cámaras, ademais dos seus accesorios.

-Ensaio e determinación das accións e dos xestos das personaxes, e procura de posicións e de movementos de cámara con ángulos de captación e puntos de vista.

Procesos de gravación de noticias e reportaxes.

* Planificación das tomas necesarias segundo os condicionantes de espazos e elementos, o equipamento e o tratamento que se lle vaia dar á información visual seguindo a información técnica previa.

* Selección das localizacións e dos parámetros expresivos de cada plano (punto de vista, angulación, etc.) para a óptima realización das imaxes.

* Identificación dos trazos característicos no motivo que se vaia gravar.

* Realización da posta en escena, de ser necesaria.

* Gravación das imaxes e do son coa cámara no ombro, con soporte fixo ou móbil.

* Supervisión do material gravado, estimación das correccións correspondentes e protección do soporte.

* Realización da montaxe co material previamente gravado.

Producións plano a plano.

* Análise da desagregación de secuencias e escenarios estimando as localizacións e as situacións dunha soa cámara.

* Identificación das continuidades necesarias (raccord de posición, de luz, de obxectos, etc.) para a ordenación e a planificación dos planos.

* Determinación do plan de traballo derivado da planificación.

* Montaxe, situación, conexión e verificación dos equipamentos e dos elementos técnicos necesarios para a consecución das imaxes.

* Regulación dos parámetros expresivos de cada plano e os axustes técnicos necesarios para os conseguir.

* Captación das imaxes, comprobación e corrección ou repetición da toma, se é necesario e o permite o plan de traballo.

* Determinación das indicacións de procesamento ou tratamento posterior do material bruto.

Producións multicámara.

* Análise da desagregación de secuencias e o tratamento que deben ter as posicións dunha produción con multicámara.

* Valoración da importancia do guión de cámaras e da necesidade de ensaios de sincronización.

* Realización da toma de imaxes en programas de televisión tipo revista ou dramáticos seguindo as pautas de realización por bloques, localización de cámaras diversa e con tipoloxía de planos diferentes, para gravación, falso directo e directo.

Contidos conceptuais

Industria audiovisual.

* A industria audiovisual e os seus procesos de produción.

-Cinematografía.

-Televisión.

-Vídeo.

-Novas ferramentas da comunicación.

* Empresa audiovisual: infraestrutura técnica, instalacións e organización funcional.

* Tipoloxía de produtos audiovisuais.

Recursos humanos.

* Equipo de produción.

* Equipo de realización.

* Operadores de cámara, son, vídeo, etc.

* Equipamentos técnicos de escenografía, vestiario, maquillaxe, perrucaría, caracterización, efectos especiais, etc.

* Equipo artístico, actores, intérpretes, etc.

Documentación técnica.

* Guión técnico. Desagregación.

* Esbozo de distribución e posición de cámaras; altura, angulación e movementos.

* Planos de localizacións.

* Planos de decorado.

* Escaleta de programa.

* Plan de traballo.

* Esquemas de iluminación.

* Manuais técnicos de equipamentos.

* Planos de configuracións técnicas e instalacións.

Imaxe en movemento.

* Composición da imaxe.

* Tamaños de planos.

* Movementos de cámara.

* Angulación e altura da toma.

* Profundidade de campo.

* Gramática audiovisual.

* Estética da imaxe.

* Normas de estilo.

* Condicionantes dos recursos técnicos.

* Rexistro do son.

* Acústica básica.

* Toma de son para audiovisuais.

-Micrófonos e as súas características.

-Técnicas de toma microfónica.

-Axuste dos parámetros de audio.

* Monitorización de niveis.

Iluminación básica.

* Valor da iluminación. Principios e parámetros básicos da luz.

* Fontes de luz: tipoloxía e calidade da luz emitida. Lámpadas.

* Clasificación e efectos das fontes de luz na escena: frontal, lateral, etc.

* Proxectores de iluminación. Aparellos.

* Soportes de aparellos de iluminación.

* Accesorios.

* Filtros na iluminación

* Medida da luz. Técnicas e aparellos.

* Técnicas de iluminación.

Control técnico.

* Sinal de vídeo: luminancia, crominancia, sincronismos e borrados.

* Medida do sinal de vídeo: monitores de vídeo, de forma de onda e vectorscopios.

* Axuste e control da base de tempos.

* Monitorización e control do vídeo dixital.

* Monitorización do sinal de audio.

* Normativa.

* Códigos de tempo. Sincronización.

Tecnoloxía de vídeo.

* Vídeo composto.

* Vídeo separado Y-C.

* CTDM.

* Compoñentes.

* Vídeo dixital.

Formatos e soportes.

* Características dos soportes e dos formatos.

* Tipoloxía de soportes cinematográficos e videográficos.

* Formatos cinematográficos: formatos antigos, súper 8, 16 mm e súper 16 mm, 35 mm, 70 mm, especiais, etc.

* Formatos broadcast de vídeo.

-Analóxicos: betacam SP, MII, etc.

-Dixitais: betacam dixital, SX, D1, D2, D3, etc.

* Formatos profesionais de vídeo.

-Analóxicos: betacam e betacam SP.

-Dixitais: DVC Pro-50, dixital S e DVCam.

* Formatos industriais de vídeo: U-matic, S-VHS, Hi-8, DVC Pro, DVCam, etc.

* Formatos domésticos: VHS, 8mm, VHS-C, Hi-8, DVC, mini DVC, Dixital-8, etc.

* Formatos informáticos: gravación en disco duro.

Cámara de vídeo e de televisión.

* Configuracións básicas.

* Sensores de imaxe. O CCD: prestacións e limitacións.

* Axuste dos parámetros principais e controis especiais.

* Obxectivos; zoom e accesorios.

* Resolución e calidade de imaxe.

* Controis remotos.

-Unidade de control de cámara.

-Foco, zoom e iris.

Cámara de cine.

* Parámetros técnicos.

* Mecanismo de arrastre.

* Sistema de obturación.

* Sistema óptico-visor.

* Obxectivos e accesorios.

* Motores.

* Chasis de película. Proceso de carga e descarga.

* Alimentación.

* Posta a punto da cámara e proceso de operación.

Equipamento auxiliar.

* Soportes da cámara: cabezais, trípodes, pedestais de estudio, sistemas especiais, etc.

* Sistemas de efecto: travelling, dolly, guindastre, boom, steady-cam, cabeza quente, etc.

* Vehículos de seguimento e plataformas.

Procesos de filmación e gravación.

* Toma de imaxe en estudio.

-Ensaios.

-Tomas por bloques falso directo.

-Emisión en directo.

* Toma en exteriores.

-Localización da cámara.

-Técnica da reportaxe.

-Técnica do documental.

Reporteirismo electrónico.

* Rodaxe.

-Elección da película.

-Organización da filmación.

-Tratamento cunha soa cámara.

-Planos máster, insertos e plano contraplano.

-Seguimento do material exposto.

Posprodución.

* Montaxe lineal e non lineal.

* Guión de montaxe.

* Montaxe cinematográfica.

* Edición de vídeo.

* Configuracións e salas de posprodución.

Contidos actitudinais

* Distribución do traballo e do tempo na planificación de tarefas do equipo humano.

* Previsión e superación de continxencias no traballo.

* Argumentación e xustificación das medidas tomadas ante as continxencias.

* Puntualidade na entrega de traballos encomendados.

* Colaboración co traballo do resto do equipo humano.

* Autosuficiencia no uso e no aproveitamento dos equipamentos e dos materiais.

* Asimilación dos novos métodos de traballo.

* Interese polos avances tecnolóxicos.

* Cumprimento das normas e das recomendacións técnicas, de calidade e de seguridade.

* Orde e método nas operacións técnicas e na aplicación dos procesos operativos.

* Limpeza e pulcritude na carga de películas cinematográficas no chasis.

* Precaución e coidado nas operacións cos equipamentos, as ópticas e os soportes.

* Procura do consenso para superar as dificultades presentadas e para conseguir os obxectivos asignados ao grupo.

* Motivación para emprender traballos ou accións novas.

* Rapidez e precisión no manexo dos axustes das cámaras e dos camascopios.

* Proposta de alternativas ou posibilidades expresivas na realización.

* Cumprimento das especificacións expresivas do guión.

3.2.5. Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 4: realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou nun taller.

3.2.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identificar a forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determinar a localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estrutura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudo de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identificar os trámites administrativos e os requisitos formais que se exixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identificar as fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e as axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determinar as necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formalizar a documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Definir as obrigas mercantís, fiscais e laborais exixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identificar os impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan unha empresa.

* Aplicar as técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identificar as ofertas de produtos ou servizos máis vantaxosas con relación ao prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describir as formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización, e a rendibilidade do proxecto.

3.2.5.2 Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos exixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, con explicación das vantaxes e dos inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, con establecemento das súas diferenzas respecto á duración do contrato, o tipo de xornada, as subvencións e as exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, con explicación da finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de produtos ou servizos existentes no mercado, en función do prezo, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de venda.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudo económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno.

* Estrutura básica da empresa e os seus distintos xeitos de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas.

* Forma xurídica da empresa: empresario individual, sociedades mercantís e cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa.

Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal.

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa.

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, o beneficio e o prezo de venda.

Xestión comercial.

* Produto ou servizo: características e requisitos.

* Función de compras: prezo, prazo e xeito de entrega.

* Función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* Distribución do produto: canles e modalidades.

* Comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ao cliente e servizos posvenda.

Obrigas fiscais.

* Calendario fiscal.

* Principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, os recursos humanos, as fontes de financiamento, o investimento e a estrutura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na procura e no tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na procura das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do produto ou servizo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 6: xestión de calidade do procesamento e do tratamento fotográfico e cinematográfico.

3.3.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Describir os modos de actuación das entidades autonómicas, estatais e internacionais competentes en materia de calidade na industria do procesamento e tratamento fotoquímico de imaxes.

* Analizar e describir sistemas de calidade en relación coa política de calidade das empresas do sector.

* Interpretar todo tipo de documentación técnica e simboloxía relativa á recepción, á catalogación e ao control de calidade de materiais e produtos químicos para fotografía e cinematografía.

* Diferenciar os formatos comerciais de material fotosensible e relacionalos coas súas características, utilización e posibilidades.

* Identificar os produtos químicos utilizados no procesamento de material fotosensible e relacionalos co seu uso e as súas posibilidades.

* Describir procedementos de conservación, almacenaxe e clasificación do material químico e fotosensible.

* Relacionar os parámetros que afectan a calidade nun proceso fotográfico e cinematográfico, e relacionalos coas súas posibilidades.

* Describir os parámetros que controlan a calidade nos tratamentos dixitais das imaxes fotográficas.

* Describir, calibrar e operar cos instrumentos e os dispositivos de medición e control de calidade utilizados no sector.

* Realizar análises para avaliar as características dos materiais fotosensibles e as súas variacións.

* Elaborar procedementos de control de calidade aplicables aos procesamentos e aos tratamentos fotográficos e cinematográficos manexando os parámetros, os instrumentos e a tecnoloxía máis adecuados.

* Interpretar os datos e os resultados dos controis de calidade nos materiais e nos procesamentos fotográficos e cinematográficos segundo as especificacións requiridas no sector.

* Describir os procesos de control para a neutralización, tras o seu uso, dos produtos químicos, e atenuación da súa toxicidade.

3.3.1.2. Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

Calidade no contorno empresarial e laboral.

* Análise das empresas do sector fotográfico e cinematográfico.

* Descrición das finalidades e os obxectivos que perseguen as políticas de calidade.

* Identificación dos custos da calidade e a non calidade das empresas de procesamento fotográfico e cinematográfico.

Procesamentos fotográficos e cinematográficos.

* Comprobación da influencia dos parámetros variables no procesamento de películas: temperatura, concentración, axitación, etc.

* Interpretación dos resultados e a calidade obtidos en distintos procesamentos fotográficos e cinematográficos.

* Descrición da secuencia e das variables nas máquinas de procesamento fotográfico comercial.

* Descrición da secuencia e das variables do procesamento cinematográfico.

* Descrición das posibilidades da etalonaxe cinematográfica.

* Materiais fotosensibles.

* Descrición e análise da estrutura e do contido dos materiais fotosensibles.

* Descrición e análise da composición dos baños químicos que interveñen nos distintos procesamentos fotográficos.

* Descrición e análise das posibilidades dos materiais e dos produtos químicos utilizados no control de calidade dos materiais e procesamentos fotográficos.

* Comprobación das posibilidades tonais e cromáticas dos materiais de positivación.

Técnicas de control da calidade.

* Selección, manexo e calibraxe dos equipamentos de medición: termómetro, higrómetro, PH-metro, balanza, lupas e cortafíos, equipamentos volumétricos, etc.

* Realización de tiras de probas para comprobar as características e as posibilidades dos materiais fotosensibles.

* Realización de probas de control do estado dos químicos.

* Neutralización de produtos químicos para atenuar a súa toxicidade.

* Elaboración de sistemas de identificación e etiquetaxe de preparados químicos e de probas sensitométricas.

* Identificación e interpretación dos parámetros e pautas de control dunha película, un papel ou un químico fotográfico: nivel de velo, inscricións, aspecto, caducidade, etc.

* Detección de síntomas anormais en químicos e soportes fotosensibles.

* Rexeneración de químicos esgotados.

* Comprobación das diferenzas de rexistro e manipulación nas distintas películas fotográficas do mercado.

* Comprobación das posibilidades e as diferenzas entre os distintos materiais de positivación.

* Descrición de técnicas de clasificación e almacenaxe de materiais, químicos e ferramentas que os preserven de axentes nocivos.

Sensitometría.

* Selección, manexo e calibraxe de equipamentos fotométricos e densitométricos.

* Elaboración de probas sensitométricas: exposicións do material fotosensible, procesamento, inspección, medicións densitométricas e extracción de resultados.

* Elaboración de curvas sensitométricas de materiais fotosensibles baseadas na experimentación e en probas.

* Interpretación dos datos das curvas sensitométricas e das posibilidades dos materiais a que se refiren.

Cor.

* Comprobación empírica da síntese aditiva e subtractiva.

* Identificación de cores nos distintos sistemas de representación.

* Comprobación de efectos visuais que supoñen variación de cor: exposición a estímulos intensos ou duradeiros, materiais mollados, polarización, etc.

* Calibraxe cromática de monitores de televisión e de equipamentos de tratamento de imaxes.

Contidos conceptuais

Calidade no contorno empresarial e laboral.

* Terminoloxía e conceptos.

* Sistemas e normas de calidade.

* Regulamento, organización e obxectivos da calidade na empresa.

* Custos da calidade.

* Empresas do sector: tipoloxía e calidade produtiva.

Procesamentos fotográficos e cinematográficos.

* Procesamentos en branco e negro.

* Procesamentos en cor.

* Parámetros e variables dos procesamentos.

* Procesamentos complementarios e especiais.

* Etalonaxe e correccións no procesamento cinematográfico.

Materiais.

* Películas fotográficas e cinematográficas para a toma: marcas, formatos, etc.

* Papeis e outros soportes fotográficos.

* Películas auxiliares no procesamento cinematográfico.

* Películas de son.

* Novos soportes electromagnéticos.

* Produtos e preparacións químicas para o procesamento: características, parámetros, marcas, presentacións, baños de traballo e de reserva, etc.

* Almacenaxe e conservación de soportes fotosensibles e químicos de reserva e de traballo.

Técnicas de control.

* Normalización.

* Técnicas de elaboración e presentación de datos: estatísticas, gráficos de control, etc.

* Recepción do material e o seu seguimento.

* Pautas de control, fichas de datos e outras documentacións.

* Concepto de calibraxe: incerteza, erros e verificación, correccións e melloras.

* Medicións e criterios.

* Técnicas de preparación de mostras e ensaios. Tiras de proba, cuñas sensitométricas e espectrográficas.

* Proceso de control de calidade fotográfica e cinematográfica.

-Avaliación e análise dos soportes.

-Avaliación e análise dos químicos.

-Avaliación dos procesamentos fotoquímicos e dixitais.

* Técnicas específicas nos procesamentos de imaxe dixital.

Sensitometría.

* Fotometría e exposición.

* Conceptos sensitométricos:

-Sensibilidade: sistemas de medida.

-Contraste: a gama e a función de transferencia de modulación.

-Densidade, opacidade, nivel de velo e saturación.

-Gran: definición e acutancia.

-Latitude de exposición e tonalidades.

* Ferramentas: fotómetros, densitómetros e analizadores.

* Curva característica e a súa información: branco e negro, e cor.

* Cor.

* Teorías xerais da cor.

* Teoría óptica: adición e subtracción.

* Colorimetría: sistemas, técnicas e ferramentas. Filtraxe da luz.

* Sistemas de representación da cor: Munsell, CIE, Pantone, etc.

* Calibraxe da cor en procesos fotoquímicos e dixitais.

Contidos actitudinais

* Alerta ante as posibles interferencias nos procesamentos que se realicen.

* Correcto equipamento persoal ao executar probas fotoquímicas.

* Precaución extrema no manexo e na preparación de químicos.

* Observancia da calidade nos produtos fotográficos e cinematográficos do contorno.

* Adquisición de hábitos e rutinas de coidado e limpeza de ferramentas, utensilios e instalacións, procurando sempre a previsión ante continxencias e accidentes.

* Adquisición de hábitos de calidade no traballo fotográfico persoal.

* Interese polo desenvolvemento da calidade nos sistemas e nos procesos de imaxe dixital.

* Axilidade na observación para unha rápida detección de erros e saltos de calidade.

* Actitude consecuente e de respecto polos datos das probas de calidade e as melloras que se pretenden introducir.

* Exixencia na avaliación da calidade dos traballos propios e alleos.

* Interese polas novas técnicas na aplicación de controis de calidade.

3.3.2. Módulo profesional 7: medios fotográficos e audiovisuais.

3.3.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar a natureza, a composición e o comportamento da luz: fontes, efectos, cor e modificacións.

* Identificar os distintos tipos de ópticas en fotografía, vídeo e cinematografía, e relacionar as súas características coas calidades da imaxe que ofrecen.

* Analizar materiais e soportes de rexistro de imaxe, son e datos, e identificar e describir os seus fundamentos tecnolóxicos, as características, os tipos e os formatos.

* Analizar os fundamentos técnicos dos sistemas de captación de imaxe por medios mecánicos e electrónicos, e describir as súas características e prestacións.

* Describir os fundamentos tecnolóxicos dos medios e dos sistemas de reprodución, impresión, proxección, emisión, distribución e recepción de imaxes e audiovisuais.

* Explicar os principais procesos de captación, rexistro, reprodución e manipulación de son en programas audiovisuais, describindo os equipamentos e os aparellos utilizados.

* Explicar os fundamentos básicos do son e da acústica, e relacionalos coa súa importancia na captación de son para audiovisuais.

* Interpretar a documentación técnica de equipamentos e sistemas técnicos audiovisuais.

* Relacionar as características e os requisitos de calidade dun produto audiovisual cos medios técnicos, os formatos e os materiais necesarios para a súa produción.

* Identificar os equipamentos e os sistemas informáticos empregados na captación, o rexistro, a modificación ou a lectura de imaxes.

* Conectar correctamente os equipamentos entre si e con outros sistemas para conseguir os parámetros técnicos normalizados.

* Describir procesamentos de material fotográfico e cinematográfico, e relacionar as variables e as manipulacións posibles cos efectos que se conseguen.

* Identificar as características, as prestacións e os fundamentos técnicos dos equipamentos de iluminación.

3.3.2.2. Contidos (duración: 130 horas).

Contidos procedementais

Fundamentos técnicos, fontes e recursos.

* Análise da fenomenoloxía electromagnética: luz, cor, son, RF, etc.

* Análise dos parámetros acústicos e eléctricos do son.

* Utilización e combinación de unidades de medida.

* Manexo de equipamentos de medida.

* Identificación e operación con conectores e cableados.

Formación da imaxe.

* Descrición da formación de imaxes por medio de sistemas ópticos.

* Comprobación e uso dos parámetros ópticos na formación de imaxes.

* Identificación e manexo de obxectivos.

* Comparación e clasificación dos obxectivos segundo os seus parámetros.

* Identificación e corrección das aberracións das lentes e dos obxectivos.

* Clasificación e comparación de obxectivos para cine, vídeo, fotografía e proxección.

* Cálculo de distancias de formación e tamaños de imaxes.

* Operacións con accesorios ópticos para manipular a formación de imaxes.

Luz, cor e iluminación.

* Análise e descrición do proceso da percepción humana da luz a das cores.

* Operacións con fotómetros e termocolorímetros.

* Identificación e representación de cores en distintos sistemas cromáticos.

* Descrición e utilización dos filtros de cor.

* Descrición dos fundamentos técnicos básicos dos aparellos de medición da luz.

* Descrición e clasificación das fontes luminosas artificiais utilizadas en fotografía, cine, vídeo e espectáculos, e dos seus accesorios específicos.

* Identificación de equipamentos, sistemas e protocolos de controis de iluminación.

* Análise das fontes e dos sistemas de enerxía eléctrica; precaucións e perigos.

Captación.

* Descrición e clasificación dos tipos de cámaras analóxicas fotográficas, videográficas e cinematográficas.

* Descrición e clasificación de cámaras, os escáneres e outros captadores dixitais de imaxes.

* Operacións con cámaras de cine, vídeo e fotografía, e cos seus accesorios.

* Comparación da obtención dos parámetros técnicos correctos nas distintas imaxes fotográficas e videográficas, analóxicas e dixitais.

* Descrición do proceso de conversión das imaxes ópticas en fotogramas, sinais eléctricos e datos dixitais.

* Descrición das posibilidades dos distintos controis e axustes presentes nas cámaras e nos captadores de imaxe máis comúns.

* Descrición do proceso de captación de son nos camascopios.

Rexistro fotoquímico.

* Descrición do proceso de fabricación e o contido das emulsións e dos soportes fotográficos e cinematográficos en cor e en branco e negro.

* Descrición e clasificación, segundo o seu uso, dos formatos e os soportes fotográficos e cinematográficos comerciais na actualidade.

* Avaliación das posibilidades e dos condicionantes técnicos do uso dun formato.

* Descrición do proceso de rexistro durante a toma das imaxes.

* Descrición do paso da imaxe latente a imaxe visible e estable.

* Descrición e análise da secuencia de procesamento dos materiais fotoquímicos e cor e branco e negro.

* Análise das características específicas do procesamento cinematográfico.

* Clasificación dos materiais fotoquímicos segundo o seu procesamento. Etalonaxe.

* Análise das posibilidades e das variacións no procesamento dos materiais fotoquímicos.

* Descrición dos sistemas e usos do rexistro fotoquímico do son.

* Descrición das características das películas e dos procesamentos para o rexistro do son.

* Descrición das características de estabilidade e almacenaxe dos materiais fotoquímicos.

* Análise das posibilidades de manipulación e retoque das imaxes fotográficas e cinematográficas.

Rexistro electrónico.

* Clasificación dos soportes e dos formatos utilizados na industria audiovisual segundo a súas prestacións técnicas e os seus usos.

* Clasificación e descrición dos principais sistemas de vídeo: composto, compoñentes, separado e dixital.

* Descrición das características específicas dos distintos formatos de gravación electromagnética.

* Explicación do proceso de gravación electroóptica, con descrición das súas prestacións e usos.

* Análise dos formatos e dos soportes de rexistro de son nos equipamentos audiovisuais.

* Descrición dos procedementos de almacenaxe e conservación das imaxes electromagnéticas.

* Operacións con camascopios, cámaras de televisión, controis remotos e os seus accesorios.

Exhibición e difusión audiovisual.

* Descrición das características básicas dun proxector de fotografías.

* Clasificación e posibilidades dos equipamentos e sistemas de proxección audiovisual.

* Operacións con equipamentos de proxección fotográfica.

* Descrición das partes, o funcionamento e os controis dun proxector cinematográfico.

* Análise das posibilidades actuais dos sistemas de proxección cinematográfica.

* Descrición dos niveis normalizados do sinal composto de vídeo.

* Clasificación dos distintos sistemas internacionais de televisión terrestre.

* Explicación do proceso de emisión e recepción de televisión por satélite e por cable.

* Explicación dos fundamentos que rexen os procesos de modulación.

* Descrición do equipamento de emisión e recepción por enlace hertziano e microondas.

* Operacións de monitorización de imaxes.

* Clasificación dos sistemas de difusión de imaxe dixital en formato de datos.

* Descrición das características, as posibilidades e os compoñentes necesarios para realizar transmisión de imaxes na rede.

* Descrición e clasificación dos procedementos de impresión en artes gráficas.

Contidos conceptuais

Fundamentos técnicos, fontes e recursos.

* Espectro electromagnético: significado e utilización.

* Persistencia retínica.

* Atributos do son e características do sinal eléctrico sonoro.

* Efecto da sensibilidade fotoquímica.

* Fundamentos de electricidade e electrónica para o audiovisual.

* Efecto da indución electromagnética. Curvas de histérese.

* Corrente eléctrica: cables, conectores e conexionado.

* Simboloxía e diagramas de bloques.

Formación de imaxes.

* Fundamentos da formación de imaxes ópticas.

* Sistemas ópticos: estenopeico, lentes e obxectivos.

* Conceptos básicos da formación óptica das imaxes: foco, distancia focal, profundidades de foco e de campo, distancia hiperfocal, ángulo visual, etc.

* Obxectivos: deseño, características e tipoloxía.

* Calidade da imaxe: resolución, nitidez, aberracións ópticas e a súa corrección.

* Obxectivos para cine, vídeo e fotografía e os seus accesorios.

Luz, cor e iluminación.

* Natureza e composición da luz. Visión humana.

* Transmisión da luz; posibilidades e efectos.

* Teorías da cor: psicofísica, pigmentaria e óptica.

* Parámetros da cor e sistemas de representación.

* Visión humana da cor e resposta cromática dos soportes audiovisuais.

* Luz natural e artificial.

* Tipoloxía e clasificación das fontes artificiais de luz: tipos, accesorios, parámetros e características.

* Fundamentos de iluminación para fotografía, cine e televisión.

* Alimentación eléctrica de equipamentos de iluminación: rede, baterías, grupos, xeradores, etc. Normativa, perigos e precaucións no uso.

* Fotómetros, termocolorímetros e outros aparellos de medición da luz.

* Medida da luz: incidencia, reflexión, luminosidades e contrastes.

Captación.

* Cámara fotográfica: compoñentes fundamentais e accesorios.

* Tipoloxía de cámaras segundo os formatos, avances e traballos fotográficos.

* Cámara cinematográfica: fundamentos, compoñentes, funcionamento, limpeza e accesorios.

* Tipoloxía de cámaras cinematográficas segundo o seu formato e utilización.

* Elementos captadores de imaxe. Tubos e CCD.

* Tipoloxía de cámaras de vídeo e televisión: formatos e posibilidades técnicas.

* Unidade de control de cámara en televisión. Características e utilización.

* Controis remotos e accesorios. Foco e zoom.

* Elementos auxiliares da captación: pedestais, trípodes, guindastres, estabilizadores de imaxe, etc. Características, usos e posibilidades.

* Sistemas de captación dixital de imaxes: cámaras, escáneres, etc.

* Equipamentos e programas para o control dixital de imaxes.

* Equipamentos de captación de son para audiovisuais. Micrófonos.

Rexistro fotoquímico.

* Soporte fotoquímico: tipoloxía, fabricación, contido das emulsións e características.

* Formatos de traballo fotográfico e cinematográfico. Posibilidades e usos.

* Tipos de procesamento fotográfico e as súas posibilidades.

* Tipos de película cinematográfica e a súa utilización.

* Especificidades do procesamento cinematográfico. Etalonaxe.

* Rexistro fotoquímico do son: sistemas, materiais e características.

* Estabilidade e coidados da imaxe fotográfica e do material fotoquímico: almacenaxe e conservación.

* Manipulación da imaxe fotográfica: coloración, retoque, etc.

Rexistro electrónico.

* Sinal de vídeo. Parámetros técnicos e normativa.

* Soportes de rexistro electromagnético: características, posibilidades e conservación.

* Formatos de vídeo analóxicos e dixitais. Posibilidades e características técnicas.

* Sistemas e configuracións técnicas de traballo no tratamento da imaxe electrónica.

* Rexistro electromagnético de son nos equipamentos audiovisuais.

* Formatos e soportes electroópticos.

Exhibición e difusión audiovisual.

* Posibilidades de difusión da imaxe fotográfica: prensa, exposicións, edicións, internet, etc.

* Equipamentos e tecnoloxía para a difusión fotográfica: impresión tradicional e dixital.

* Proxección de imaxes fotográficas: equipamentos e posibilidades audiovisuais.

* Difusión cinematográfica: equipamentos, empresas e mercado.

* Sistemas de proxección cinematográfica: equipamentos, formatos e cadeas.

* Sistemas de emisión e recepción do sinal de televisión.

* Equipamentos de enlace e transmisión de sinais de distribución e contribución.

* Televisión por satélite, por cable e por ondas hertzianas.

* Distribución de producións audiovisuais na rede.

* Monitorización do sinal de vídeo.

Contidos actitudinais

* Precaución e prudencia na manipulación e no transporte de equipamentos.

* Correcto uso e comprensión dos manuais técnicos e das follas de instrucións dos equipamentos.

* Pulcritude nos procesos de limpeza de ópticas e cámaras.

* Atención e responsabilidade na custodia de equipamentos.

* Interese polos avances tecnolóxicos no equipamento audiovisual.

* Preocupación pola localización e o funcionamento dos servizos técnicos dos equipamentos audiovisuais, así como polo mantemento de equipamentos e instalacións.

* Interese polo visionado de producións audiovisuais para analizar o uso dos equipamentos e dos medios.

* Previsión das necesidades e das características da alimentación eléctrica dos equipamentos e das configuracións técnicas.

* Previsión dos perigos eléctricos.

* Previr os perigos derivados da temperatura acadada polos equipamentos de iluminación durante o seu funcionamento.

* Mantemento da orde e das condicións máis convenientes na almacenaxe de equipamentos.

3.3.3. Módulo profesional 8: medios e linguaxes de comunicación visual.

3.3.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Interpretar a evolución técnica e expresiva dos medios audiovisuais de comunicación, teatro e espectáculos, con identificación da súa estrutura organizativa, funcional e produtiva ao longo da historia.

* Describir o desenvolvemento histórico da fotografía, o cine, a televisión e os espectáculos desde a perspectiva da evolución tecnolóxica e expresiva, así como a súa influencia social.

* Analizar e explicar os procesos que se desenvolven na comunicación audiovisual desde o punto de vista dos receptores e dos emisores das mensaxes.

* Identificar os elementos estruturais e os códigos formais e expresivos que permiten configurar mensaxes visuais.

* Explicar o proceso da percepción visual, as teorías e os condicionantes na eficacia da comunicación.

* Identificar e valorar as características específicas de cada formato de imaxe visual: fotografía, cine, televisión, etc.

* Identificar e distinguir as características formais, descritivas, expresivas, ideolóxicas, connotativas e manipulativas das imaxes visuais.

* Verificar o mantemento das normas de continuidade visual das mensaxes nunha produción audiovisual.

* Describir os diferentes tipos de xéneros literarios e técnicas que se utilizan na produción de programas audiovisuais e espectáculos, identificando os elementos estruturais e temáticos.

* Recoñecer e describir os diferentes formatos, os materiais complementarios e as técnicas de escrita de guión máis utilizados na industria de programas audiovisuais ou do espectáculo.

* Recoñecer os códigos e a simboloxía utilizados habitualmente na documentación técnica dos procesos de produción de audiovisuais e espectáculos.

3.3.3.2. Contidos (duración: 130 horas).

Contidos procedementais

Medios de comunicación.

* Clasificación dos medios de comunicación audiovisuais segundo criterios tecnolóxicos, de cobertura e de contidos, e descrición da súa estrutura organizativa, funcional e produtiva.

* Esquematización das principais etapas históricas do cine, da televisión, da radio, do teatro e dos espectáculos cos seus principais elementos, as estruturas, os estilos e os títulos máis característicos.

Teoría da comunicación.

* Elaboración e análise de mensaxes visuais e sonoras atendendo á súa densidade informativa, ao tipo de representación, á accesibilidade e á interacción.

* Comparación das variables que determinan o proceso de comunicación visual nos diferentes medios.

* Análise de datos de audiencia: descrición das características dos emisores e dos medios, así como da influencia social das súas mensaxes.

Linguaxe audiovisual.

* Identificación dos planos escalares da imaxe visual, angulacións e movementos de cámara dunha escena e dunha secuencia.

* Aplicación no guión técnico da tipoloxía de planos, da fragmentación do espazo escénico, das normas de composición, dos movementos da cámara e das leis de continuidade.

* Elaboración de exemplos narrativos utilizando funcións expresivas do «dentro e fóra do campo».

* Comparación das características das secuencias narrativas e as mecánicas.

* Identificación dos elementos morfolóxicos, dinámicos e escalares sonoros.

* Elaboración dun story-board.

* Comparación das postas en escena máis habituais adoptadas nos distintos medios (cine, vídeo, televisión, espectáculos, etc.).

* Análise e valoración das principais teorías da montaxe en relación coa intencionalidade narrativa das secuencias.

Análise da imaxe.

* Avaliar as posibilidades expresivas dos elementos da representación visual (punto, liña, plano, cor, etc.) e o seu uso nas artes e nos campos audiovisuais: pintura, fotografía, cine, televisión, etc.

* Análise das composicións de imaxe máis frecuentes e identificación dos elementos que a definen, as súas características simbólicas, a disposición e as proporcións.

-Identificación das técnicas para dirixir ou manipular o punto de interese nunha imaxe: regra dos terzos, división áurea, etc.

-Descrición das normas básicas de equilibrio, profundidade e dinamismo na situación de personaxes nun marco ou espazo escénico.

* Realizar composicións experimentando cos elementos que as definen e adaptadas a distintos medios de comunicación.

Desenvolvemento audiovisual.

* Elaboración e análise de story-lines, sinopses e tratamentos.

* Redacción e formateo de fragmentos de guións segundo diversas tipoloxías e para distintos medios: fotografía, cine, televisión, espectáculos, multimedia, etc.

* Elaboración de guións técnicos a partir de fragmentos de guións literarios.

* Elaboración de plantas e alzados de espazos escénicos coa información de situación de elementos técnicos e escenográficos.

* Identificación do xénero de obras audiovisuais e descrición das súas claves específicas e os recursos narrativos empregados.

Contidos conceptuais

Medios de comunicación.

* Definición e funcións.

* Produtos audiovisuais, empresas e servizos de comunicación: estruturas e organigramas.

* Novos medios e produtos de comunicación. Posibilidades e tendencias.

Evolución histórica dos medios audiovisuais e sonoros.

* Evolución e desenvolvemento da fotografía.

* Evolución e desenvolvemento do cine.

* Evolución e desenvolvemento da televisión.

* Evolución e desenvolvemento da radio.

* Evolución e desenvolvemento do teatro e o espectáculo.

* Evolución e desenvolvemento de multimedia, redes de comunicación e novos medios.

Teoría da comunicación.

* Procesos e modelos de comunicación.

* Emisores e medios de difusión.

* Receptores, audiencias e usuarios.

* Mensaxes visuais e sonoras.

* Construción de mensaxes visuais.

Teoría da imaxe.

* Percepción e atención.

* Cor: simbolismo e codificación.

* Imaxe: comunicación e realidade.

* Elementos de representación visual e a súa articulación.

* Composición e estruturación do campo visual.

* Análise da imaxe: niveis de significación, polisemia e simbolismo.

* Linguaxe fotográfica.

* Imaxes de síntese e novas tecnoloxías: posibilidades e tendencias.

Narración.

* Elementos escalares da imaxe. Valores do plano.

* Campo e fóra do campo.

* Narrativa fotográfica.

* Secuencia narrativa e mecánica (escena).

* Plano secuencia.

* Montaxe externa e interna. Tipos de montaxe.

* Articulacións espaciais: lei do eixe e raccords.

* Articulacións temporais: continuidade, elipse, flashback e flashforward.

* Espazo sonoro.

* Elementos da posta en escena.

Xéneros.

* Tipoloxías en cine.

* Tipoloxías en televisión.

* Tipoloxías en radio e programas sonoros.

* Tipoloxías e xéneros en espectáculos e teatro.

* Características xenéricas dos produtos multimedia.

Desenvolvemento audiovisual

* Escrita do guión: metodoloxía de traballo.

* Story-lines. Sinopse. Escaleta. Tratamento.

* Tipos e formatos do guión. Guión literario e guión técnico. Story-board.

* Fases e desenvolvemento do guión segundo o soporte e o medio.

Contidos actitudinais

* Autocorrección nos procesos creativos.

* Constancia na detección, corrección e revisión dos erros en producións e guións propios e alleos.

* Consideración dos prazos temporais na secuencia das actividades audiovisuais.

* Pulcritude nos traballos empregando o formato axeitado.

* Independencia persoal na procura de solucións audiovisuais.

* Interese polo óptimo aproveitamento dos recursos empregados no contexto de exixencias da produción.

* Comunicación das propias ideas a un equipo de traballo.

* Procura de integración do equipo de traballo nun proxecto común.

* Fomento dun ambiente propicio ao intercambio de ideas.

* Hábito de coñecer e contrastar experiencias.

* Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos no marco das dispoñibilidades e os prazos de produción.

* Consideración deontolóxica no desenvolvemento dos traballos.

* Actitude crítica ante as normas de estilo.

* Aplicación de puntos de vista persoais no desenvolvemento de proxectos.

3.3.4. Módulo profesional de relacións no contorno de traballo.

3.3.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Describir as distintas vías e os sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

3.3.4.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición de diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe en que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e das competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo en que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación e diferenciación do significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación e establecemento de relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación e efectos dos incentivos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e políticas salariais.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e dos destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións.

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considere como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Interese pola aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos aos que pertencemos.

Condución/dirección de equipos de traballo.

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e a colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.5. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 90 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Identificar e valorar as características específicas do concepto de proxecto e as pautas xerais para a súa xestión.

-Diferenciar as características dun produto e dun proxecto.

-Identificar as principais fases dun proxecto.

-Contextualizar o produto dentro do perfil de cliente a quen vai dirixido.

-Analizar as distintas tipoloxías dos proxectos segundo o seu concepto, as clases e as características.

-Determinar o alcance dun proxecto segundo o custo, o prazo e a calidade.

-Establecer as funcións do xefe de proxecto.

-Valorar as técnicas e as ferramentas de planificación, seguimento, control e presentación de proxectos.

* 2. Seleccionar o sector empresarial onde se vaia desenvolver o proxecto.

-Analizar o contorno de traballo dentro do sector profesional onde se realice o proxecto.

-Encadrar o proxecto dentro da actividade económica máis relacionada con el, atendendo a factores económicos ou artísticos.

-Xustificar a relación do produto fotográfico, cinematográfico, televisivo ou espectáculo co subsector empresarial onde se desenvolve.

-Analizar a viabilidade do produto dentro do subsector en comparación coas posibles competencias que existan no mercado.

* 3. Utilizar os custos orzamentarios habituais dentro do sector empresarial.

-Localizar as tarifas de prezos de empresas dedicadas á venda e ao alugamento de recursos.

-Localizar os honorarios e os salarios tipo do sector audiovisual.

-Utilizar, durante a previsión orzamentaria, financiamento, contratos, etc., o proxecto, os custos e as tarifas de prezos actualizados e comunmente utilizados dentro do sector empresarial.

* 4. Analizar os procesos e as ferramentas de última incorporación ao sector e potenciar a súa aplicación nas distintas fases do proxecto.

-Identificar as aplicacións e o seu campo de traballo.

-Aplicar os novos procesos de traballo nun proxecto real.

* 5. Elaborar unha proposta de anteproxecto de acordo coas pautas de negociación co cliente ou promotor.

-Identificar as especificacións do proxecto.

-Determinar a dispoñibilidade do orzamento.

-Axustar co promotor ou cliente o equilibrio entre os tres condicionantes da produción: calidade, tempo e custo.

-Realizar un concepto proposta de proxecto de comunicación fotográfico, videográfico, cinematográfico, televisivo ou de espectáculo.

-Elaborar a presentación do anteproxecto seleccionando o formato máis axeitado.

* 6. Elaborar a planificación dun proxecto de comunicación audiovisual ou fotográfico.

-Establecer a estrutura e as fases da produción segundo un plan de traballo.

-Deseñar a preprodución.

-Determinar as localizacións e as instalacións que se precisen.

-Organizar os ensaios, a captación, o rexistro, o procesamento e o tratamento, de ser o caso.

-Elaborar un plan de comercialización e distribución.

-Deseñar un plan de secuenciación e temporalización.

-Determinar o tipo e o número de recursos necesarios en cada fase.

-Confeccionar o orzamento e o plan de financiamento.

* 7. Analizar a viabilidade do proxecto.

-Identificar os condicionantes e as limitacións dos aspectos técnico, artístico e económico.

-Valorar as posibilidades técnicas, expresivas e orzamentarias do proxecto.

-Identificar os elementos técnicos e artísticos que non se adapten ás posibilidades e propor modificacións que melloren ou faciliten a súa realización.

-Utilizar as técnicas e as ferramentas informáticas de análise gráfica de planificación e seguimento de proxectos.

-Analizar as estratexias de comercialización do produto obtido e a súa rendibilidade económica.

-Verificar a viabilidade do proxecto entre o xefe do proxecto e o cliente.

* 8. Organizar a execución e o desenvolvemento do proxecto.

-Confeccionar un plan de traballo cronoloxicamente axeitado aos obxectivos do proxecto.

-Elaborar os diagramas de seguimento e control.

-Confeccionar as matrices de responsabilidades do equipo humano que intervén no proxecto.

-Elaborar a documentación necesaria para cada unha das fases.

-Asignar os recursos humanos, técnicos e económicos a cada unha das fases do proxecto.

* 9. Adecuar o proxecto á normativa legal vixente.

-Identificar e seleccionar a normativa legal que regula o subsector profesional onde se desenvolve o proxecto.

-Formalizar a documentación legal necesaria para a regulación do proxecto.

* 10. Establecer os procesos de control de calidade do produto fotográfico, cinematográfico, televisivo, videográfico ou espectáculo.

-Analizar e establecer os criterios de calidade do produto final.

-Analizar e establecer os criterios de calidade durante a fase de realización.

-Deseñar as estratexias de reconversión do proxecto cando non se acaden os requisitos de calidade.

-Analizar e establecer os criterios de calidade de presentación do produto ao cliente.

* 11. Realizar e obter o produto de comunicación audiovisual mediante as técnicas fotográficas, cinematográficas, videográficas, televisivas, de tratamento fotográfico, montaxe audiovisual ou iluminación escénica.

-Cumprir coas directrices do proxecto de comunicación (intencionalidade, guión, plan de traballo, etc.) segundo os recursos dispoñibles.

-Executar o proxecto seguindo a planificación previa e cumprindo o compromiso de tempo, custo e calidade establecido co cliente ou promotor.

* 12. Promocionar ou difundir o proxecto.

-Seleccionar os medios máis axeitados para a promoción do produto.

-Revisar o plan de comercialización e distribución determinando a viabilidade e posibles modificacións.

-Executar o plan de promoción, difusión e comercialización.

* 13. Elaborar e presentar un informe-memoria do proxecto executado.

-Seleccionar o formato máis axeitado para presentar a información.

-Utilizar a aplicación informática axeitada en función da operación que se vaia realizar (gráficos, imaxes, texto, etc.).

-Xuntarlle á memoria unha copia do produto realizado no seu formato de distribución.

3.4. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Participar na posta a punto, na verificación, no uso, no mantemento e na almacenaxe de equipamentos audiovisuais.

-Comprobar o estado dos distintos equipamentos cos que cumpra traballar.

-Informar das posibles continxencias ou avarías dos equipamentos.

-Realizar o mantemento e os coidados básicos dos aparellos.

-Cumprir as normas de almacenaxe e control dos equipamentos da empresa.

* 2. Participar na organización e na realización de proxectos fotográficos.

-Colaborar no deseño de proxectos fotográficos e na súa preparación.

-Participar na elección e na preparación do equipamento que se vaia precisar.

-Realizar as medicións de luz axeitadas.

-Colaborar coa posta en escena e coa preparación do motivo ou suxeito para a toma.

-Realizar o proceso da toma fotográfica.

-Seleccionar, clasificar e arquivar imaxes fotográficas segundo os criterios e os obxectivos dos proxectos.

-Realizar os procedementos necesarios para obter as copias ou as imaxes do traballo.

* 3. Participar na iluminación de espazos escénicos en proxectos audiovisuais e de espectáculos.

-Interpretar a documentación técnica do proxecto no tocante á iluminación.

-Colaborar na elección e na distribución das fontes de iluminación.

-Montar, desmontar e operar cos equipamentos de iluminación.

-Aplicar técnicas de medida de luz e axustar os valores para obter a cantidade e a calidade requiridas.

-Supervisar a calidade da iluminación e realizar propostas para mellorar o efecto visual e dramático.

* 4. Participar na preparación, na captación e na manipulación de imaxes en realizacións de cine, vídeo e televisión.

-Interpretar guións técnicos e elaborar propostas de recursos para a captación da escena.

-Realizar a montaxe dos elementos de cámara e material de rexistro.

-Realizar propostas de composición, encadramento, angulación, movemento, etc. e efectuar os ensaios necesarios.

-Realizar o proceso da toma ou gravación de imaxes, seleccionando e configurando os elementos e os accesorios axeitados ás características da toma.

-Identificar o material gravado segundo os criterios e os procedementos da empresa.

-Colaborar na edición e na posprodución do material gravado.

* 5. Participar no control de calidade do procesamento e tratamento de material fotosensible, na valoración dos datos obtidos e na elaboración da documentación pertinente.

-Interpretar a documentación técnica do material fotosensible.

-Realizar as probas e os ensaios adecuados co material.

-Elaborar as táboas e os gráficos precisos cos datos obtidos nas probas.

-Valorar os resultados finais e tirar conclusións precisas sobre o material.

* 6. Operar con tecnoloxías punteiras do sector e valorar os cambios que introducen no traballo.

-Recoñecer e valorar as achegas das novas tecnoloxías no sistema produtivo audiovisual.

-Colaborar na operación con tecnoloxías e sistemas de nova xeración.

-Operar coas grandes maquinarias de uso no sector, como cadeas de procesamento de material fotográfico e cinematográfico, cadeas de montaxe, novos sistemas de difusión, etc...

* 7. Participar nas actividades e nas xestións empresariais e comerciais propias do sector, comunicándose e relacionándose con empresas, clientes, empregados e profesionais.

-Recibir encargos de profesionais e clientes, cubrir a documentación e resolver situacións comerciais.

-Xestionar os aprovisionamentos de recursos necesarios para a produción.

-Organizar o seu traballo e dirixir as actividades dos membros do equipo ao seu cargo.

-Colaborar nas obrigas mercantís, fiscais e laborais da empresa.

* 8. Actuar con seguridade a nivel persoal e na manipulación de equipamentos, materiais e instalacións, comportándose de xeito responsable na empresa e facilitando a dinámica de grupo no ámbito de seu traballo.

-Acatar e cumprir a normativa da empresa en materia de seguridade e sanidade.

-Integrarse nos grupos laborais do seu ámbito de traballo facilitando o labor conxunto e favorecendo o bo ambiente.

-Manexar equipamentos coa indumentaria axeitada e a precaución necesaria para evitar riscos.

-Interpretar as instrucións recibidas e responsabilizarse do traballo asignado.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

3.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar os xeitos e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

3.5.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas coma nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

* Patrimonio da empresa.

* Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

* Interpretación de estados de contas anuais.

* Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como dos bens libres de uso cotián, como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Artes.

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* Expediente académico do alumno, no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Física.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de imaxe.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Imaxe fotográficaTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesorado técnico de FP

2Aplicacións fotográficasTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesorado técnico de FP

3Iluminación de espazos escénicosProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

4Imaxe audiovisualTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesorado técnico de FP

5Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

6Xestión de calidade do procesamento e do tratamento fotográfico e cinematográficoProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

7Medios fotográficos e audiovisuaisProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

8Medios e linguaxes de comunicación visualProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

9Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

10Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

ImaxeProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización

de empresas

Formación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* Para os efectos de docencia, as titulacións declaradas equivalentes ás de licenciatura, enxeñaría, arquitectura e doutoramento, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.-Diplomatura en traballo social.-Diplomatura en educación social.-Diplomatura en xestión e administración pública.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 296/1999, do 21 de outubro, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de imaxe require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m15%

Aula técnica90 m60 m15%

Laboratorio fotoquímico90 m60 m15%

Taller de fotografía120 m90 m30%

Taller de producións audiovisuais180 m180 m25%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir

os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Imaxe fotográfica.

* Aplicacións fotográficas.

* Iluminación de espazos escénicos.

* Imaxe audiovisual.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Imaxe fotográfica.

* Aplicacións fotográficas.

* Iluminación de espazos escénicos.

* Imaxe audiovisual.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Diplomatura en óptica e optometría.

* Diplomatura en turismo.

* Enxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica en telecomunicacións (todas as especialidades).

* Licenciatura en comunicación audiovisual.

* Licenciatura en publicidade e relacións públicas.

* Licenciatura en belas artes.

* Licenciatura en xornalismo.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

270Imaxe fotográfica

240Iluminación de espazos escénicos

80Xestión de calidade do procesamento e do tratamento fotográfico e cinematográfico

130Medios fotográficos e audiovisuais

130Medios e linguaxes de comunicación visual

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

235Aplicacións fotográficas

200Imaxe audiovisual

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Relacións no contorno de traballo

90Proxecto integrado

380Formación en centros de trabajo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.