DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2006 Páx. 1.013

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de decembro de 2005 pola que se nomean os membros do Consello Galego de Saúde.

A Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, dedica o seu título VII á participación comunitaria, como expresión do dereito dos cidadáns a participar na actividade dos organismos públicos que afecte a calidade de vida ou o benestar xeral, e na formulación e control da polí

tica sanitaria, recollido nos artigos 9.2º e 129.1º da Constitución española, e nos artigos 5 e 53 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. Esta participación instruméntase como un valor social e elemento de cooperación e información do sistema sanitario de Galicia para a mellora da saúde e do benestar dos cidadáns e a súa promoción.

Co obxecto de posibilitar a devandita participación, a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, creou o Consello Galego de Saúde, como principal órgano colexiado de participación comunitaria no sistema sanitario de Galicia, ao que lle corresponde o asesoramento á Consellería de Sanidade na formulación da política sanitaria e no control da súa execución, segundo determina o artigo 120 da lei antes citada.

En virtude do disposto no artigo 121 da antedita lei, apróbase o Decreto 74/2005, do 14 de abril, polo que se determina a composición do Consello Galego de Saúde. Este consello está adscrito á Consellería de Sanidade e as funcións se determinan no artigo 122 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia.

Tal e como se establece no artigo 2 do Decreto 74/2005, do 14 de abril, o Consello Galego de Saúde estará presidido pola conselleira de Sanidade, ou persoa en quen delegue de entre os seus membros, e ademais componse dos seguintes vogais: seis en representación da Administración sanitaria da Xunta de Galicia; doce en representación dos cidadáns; oito en representación das organizacións sindicais máis representativas; oito en representación das organizacións empresariais máis representativas; seis en representación das organizacións de consumidores e usuarios; seis vogais en representación dos colexios profesionais de médicos, farmacéuticos, diplomados en enfermaría, veterinarios, psicólogos e traballadores sociais da comunidade autónoma de Galicia; dous vogais, un deles en representación da Real Academia Galega de Medicina e Cirurxía, e o outro en representación da Real Academia Galega de Farmacia. Exercerán como vicepresidente e secretario dous vogais dos nomeados en representación

da Administración sanitaria. O vicepresidente substituirá o presidente nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade deste.

En calquera caso, para cada un dos vogais relacionados na alínea anterior, os organismos ou entidades que interveñan na súa designación proporán un titular e un suplente. A representación dos vogais estará vinculada á posesión da calidade en razón da que foron propostos polas respectivas organizacións.

Os sistemas de asignación de representantes e os seus suplentes, establécense no artigo 3 do antedito decreto. Así, tanto o vicepresidente como o secretario, serán designados polo presidente do Consello Galego de Saúde entre os vogais representantes da Administración sanitaria da Xunta de Galicia, que serán designados a partes iguales entre a consellería

competente en materia de sanidade, e o Servizo Galego de Saúde. Dos doce vogais representantes dos cidadáns, oito serán designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), e os catro restantes por cada unha das deputacións provinciais da Comunidade Autónoma. Os oito vogais representantes das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia, e os seus suplentes, serán designados tendo en conta os criterios de proporcionalidade establecidos na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, ou norma que a substitúa. Os oito vogais representantes das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia, e os seus suplentes, serán designados pola Confederación de Empresarios de Galicia. Os seis vogais representantes das organizacións de consumidores e usuarios, e os seus suplentes, serán designados polo Consello Galego de Consumidores e Usuarios. Os seis vogais representantes dos colexios

profesionais sanitarios, e os seus suplentes, serán designados polos seus respectivos órganos de goberno ou consello autonómico, de ser o caso. Os dous vogais, en representación das reais academias citadas no artigo 121.1º g) da Lei 7/2003, do 9 de decembro, e os seus suplentes, serán designados por aquelas.

Consonte o artigo 4 do Decreto 74/2005, do 14 de abril, os membros do Consello Galego de Saúde serán nomeados e separados do cargo pola conselleira de Sanidade, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen. O nomeamento farase por un período máximo de catro anos, sen prexuízo de que os interesados poidan ser reelixidos sucesivamente, sempre que conten coa representación requirida.

Transcorrido o período para o que foron nomeados, os membros do Consello Galego de Saúde permanecerán no seu cargo ata a designación e nomeamento das persoas que os vaian substituír.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, os artigos 2, 3 e 4 do Decreto 74/2005, do 14 de abril, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse as persoas que se relacionan no anexo como membros do Consello Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2005.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Membros do Consello Galego de Saúde:

a) En representación da Consellería de Sanidade:

-José Manuel Peña Penabad (secretario xeral).

-Ramón Medina González-Redondo (director xeral de Saúde Pública).

-Germán González Pazó (director xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria).

b) En representación do Servizo Galego de Saúde:

-Antolín Rodríguez Martínez (secretario xeral).

-Pablo Vaamonde García (director xeral de Asistencia Sanitaria).

-Rosario García Ramos (subdirectora xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios).

c) En representación dos cidadáns:

c.1) Pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

-Xosé Crespo Iglesias (alcalde de Lalín e presidente da Fegamp).

-Enrique Fernández González (alcalde da Pontenova e vicepresidente executivo da Fegamp).

-Carlos López Crespo (alcalde de Outes).

-Rogelio Martínez González (alcalde de Arnoia).

-Serafín Martínez Martínez (alcalde de Fornelos de Montes).

-Jorge Luis Yáñez Fernández (concelleiro de Fene).

-Margarita Corral Sánchez (concelleira de Mugardos).

-Representante pendente de designación (artigo 3.9º do Decreto 74/2005).

c.2) Polas deputacións provinciais da comunidade autónoma:

c.2.1) A Coruña:

-Salvador Fernández Moreda (presidente da Deputación Provincial).

c.2.2) Lugo:

-Antonio Muíña Pena (vicepresidente da Deputación Provincial).

c.2.3) Ourense:

-José Manuel Freire Couto (deputado provincial).

c.2.4) Pontevedra:

-José Juan Durán Hermida (deputado provincial).

d) En representación das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia:

d.1) CC.OO.:

-José Luis Marcos Luaña.

-Clara Gamarra Lozano.

-Juan Miguel Antelo.

d.2) UGT:

-Delia Irene Martínez Conde.

-Iñaki Garaigorta Eguren.

-Juan Carlos Fernández Fernández.

d.3) CIG:

-Víctor Vila López.

-Ramón Veras Castro.

e) En representación das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

-Manuel Granja González.

-José Bernardo Silveira Martín.

-José Ignacio Vidal López.

-Miguel Domínguez Vaz.

-Carmen Alonso Macías-Jorreto.

-Fernando Guerreiro González.

-Jorge Somoza Lázare.

-Manuel Ángel López Pardo Pardo.

f) En representación das organizacións de consumidores e usuarios, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

-Aurora Lamas López.

-Mª Isabel Garrido Blanco.

-Olga Pereira Penedo.

-Otilia Novegil Villanueva.

-Mª Josefa Neira González.

-Victoria Pardo Télez.

g) En representación dos colexios profesionais sanitarios, por proposta dos respectivos órganos de goberno ou Consello Autonómico:

g.1) Polo Consello de Colexios Médicos de Galicia:

-Sven J. Gunther Cando (presidente do Consello de Colexios Médicos de Galicia).

g.2) Polo Consello de Colexios Farmacéuticos de Galicia:

-José Antonio Bouzo Villar (presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense).

g.3) Polo Consello Galego de Enfermaría:

-Sergio Quintairos Domínguez (presidente do Consello Galego de Enfermaría e do Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña).

g.4) Polo Consello Galego de Colexios Veterinarios:

-Manuel Lajos Guillán (presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra).

g.5) Polo Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia:

-Mercedes Castro Bal.

g.6) Polo Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia:

-Luisa Andaluz Corujo (traballadora social do Hospital Virxe da Xunqueira, Cee).

h) En representación das reais academias citadas no artigo 121.1º g) da Lei 7/2003, do 9 de decembro:

h.1) Pola Real Academia de Farmacia:

-Isaac Arias Santos (presidente da Real Academia de Farmacia e xefe de Servizo de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo).

h.2) Pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia:

-Francisco Reyes Oliveros.