DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2006 Páx. 1.013

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xaneiro de 2006 pola que se modifica a do 6 de outubro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Universidades.

Pola Orde do 6 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro) fíxose pública a composición do Consello Galego de Universidades.

O artigo 7 da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño), regula a composición do Consello Galego de Universidades. No punto 7.1º g) do citado artigo establécese que será membro deste a persoa que ocupe a dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Pola Orde do 21 de novembro de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 28 de novembro) noméase director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia a Julio Ernesto Abalde Alonso en substitución de Eugenio Muñoz Camacho.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificar o artigo único 3 e) da Orde do 6 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro) pola que se publica a composición do Consello Galego de Universidades, facendo figurar a Julio Ernesto Abalde Alonso, en virtude do seu nomeamento como director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria