DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2006 Páx. 933

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 595/2005, do 29 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 539/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, número 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

O Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes que imparten as ensinanzas escolares do sistema educativo.

A Orde ECI/2527/2005, do 4 de xullo, actualiza e amplía o disposto no anexo X do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, sobre o acceso directo a estudos universitarios desde a formación profesional para adecualo ás titulacións actualmente existentes.

O Decreto 296/1999, do 21 de outubro, no seu artigo décimo primeiro, establece os requisitos mínimos de espazos formativos para a impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao seu contorno sociocultural.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daque

las capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitan realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, regulado polo Real decreto 539/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, a duración e o nivel de formación profesional do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros

sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación

a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: laboratorio de diagnóstico clínico.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son os seguintes:

-Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas humanas: interpretar e valorar os resultados técnicos, ben para serviren como soporte ao diagnóstico clínico ou ben orientados á investigación, consonte normas de calidade, seguridade e ambientais.

-Organizar e administrar as áreas asignadas no correspondente laboratorio de diagnóstico clínico, baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar, comprender e transmitir a información, a linguaxe simbólica e os plans de traballo relacionados coa posta a punto e o control dos procesos de análise no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Organizar e/ou programar ao seu nivel o traballo da unidade ou do gabinete: adaptar procedementos, producir información ou instrucións, así como prever, asignar e distribuír tarefas, recursos e materiais.

* Realizar ao seu nivel a xestión da unidade ou do gabinete (ficheiro de pacientes e clientes; adquisición, almacenaxe, reposición e mantemento do instrumental e do material) e obter os informes técnicos e os resumos das actividades necesarias na operación.

* Obter, procesar e realizar análises microbiolóxicas, hematolóxicas, xenéticas e de bioquímica clínica de mostras biolóxicas humanas, e interpretar os resultados técnicos obtidos, comprobando as determinacións e efectuando as técnicas complementarias pertinentes e as actuacións complementarias que se requiran.

* Pór en servizo e utilizar o material e os aparellos de análises clínicas, controlar o seu bo funcionamento, detectar anomalías puntuais e realizar o mantemento de primeiro nivel.

* Participar na posta a punto de novas técnicas, en proxectos de investigación e programas formativos, e propor melloras relacionadas coa eficiencia e a seguridade.

* Actuar en todo momento atendendo ás normas de seguridade e prevención de riscos en persoas, máquinas e instalacións.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Actuar en condicións de emerxencia transmitindo con celeridade e serenidade os sinais de alarma e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos de contaminación ambiental ou persoal.

* Resolver problemas e tomar decisións dentro do ámbito da súa competencia, e consultar as decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras (económicas, laborais ou de seguridade) así o requiran.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Posuír unha visión integrada das diferentes fases do procesamento e a análise de mostras biolóxicas humanas.

* Colaborar cos membros do equipo de traballo en que se estea integrado, asumindo as súas responsabilidades, cumprindo os obxectivos asignados e mantendo o fluxo de información adecuado.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e os obxectivos asignados por técnicos e/ou profesionais de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacións concernidas, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

-Organización administrativa e funcional, ao seu nivel, do laboratorio de diagnóstico clínico.

-Programación do traballo e previsión, ao seu nivel, das necesidades materiais do laboratorio de diagnóstico clínico.

-Recepción, información e rexistro de datos dos pacientes-clientes no laboratorio de diagnóstico clínico.

-Participación no desenvolvemento do programa de mantemento e posta en marcha dos equipamentos do laboratorio de diagnóstico clínico.

-Recollida, identificación e preparación de mostras biolóxicas humanas para a súa análise.

-Realización de análises bioquímicas, microbiolóxicas, hematolóxicas e xenéticas de mostras biolóxicas humanas, así como interpretación e validación dos resultados técnicos.

-Preparación e distribución de hemoderivados.

-Aplicación de medidas de seguridade física, química, biolóxica e nuclear na xestión dos produtos e dos refugallos utilizados na metódica analítica do laboratorio de diagnóstico clínico.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

2. Recoller, rexistrar, clasificar e distribuír mostras biolóxicas humanas.

3. Realizar estudos de bioquímica clínica procesando e analizando mostras biolóxicas humanas.

4. Realizar estudos microbiolóxicos procesando e analizando mostras de orixe humana.

5. Realizar estudos hematolóxicos e xenéticos procesando e analizando mostras de medula ósea e sangue humanos, e obter hemoderivados.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

Realizacións e criterios de realización.

1.1. Organizar, desenvolver e xestionar un ficheiro de pacientes-clientes, tendo en conta as necesidades de atención e o nivel de documentación que se manexan.

* Créase unha base de datos con capacidade para conter toda a información sobre pacientes-clientes xerada no servizo, na unidade ou no gabinete.

* Rexístranse no xeito e no lugar establecidos nas normas internas os datos clínicos e de filiación do paciente-cliente e os da entidade responsable da prestación.

* Infórmase o paciente con corrección sobre o lugar, a data, o horario e a preparación previa requirida, seguindo as pautas marcadas e o plan de tratamento.

* Comunícanselle ao paciente-cliente coa antelación suficiente as modificacións que xurdan sobre a data e a hora da cita.

* O paciente-cliente acode á unidade ou ao servizo o día e a hora fixados na cita previa, e recibe un trato correcto e cordial.

1.2. Xestionar o plan de mantemento dos equipamentos e da maquinaria do servizo, a unidade ou o gabinete.

* Establécese o plan de mantemento dos equipamentos e da maquinaria, confeccionándose unha ficha na que figuren as datas de revisión, os elementos para substituír e as persoas encargadas.

* As revisións dos equipamentos e da maquinaria axústanse aos prazos previstos, co fin de se atoparen en estado operativo no momento de seren requiridos.

1.3. Planificar e xestionar, no seu ámbito de competencia, a almacenaxe, a reposición e a adquisición do instrumental e do material utilizados na unidade, no servizo ou no gabinete.

* Compróbase que o nivel de existencias dos materiais sexa o axeitado para cubrir en todo momento as necesidades do servizo, a unidade ou o gabinete e, en caso contrario, formúlase o pedido correspondente.

* Compróbase que o material recibido coincida co solicitado, tanto en cantidade como en calidade.

* Distribúese o material necesario para o funcionamento das distintas áreas de traballo, segundo as necesidades propias de cada unha delas.

1.4. Crear, desenvolver e manter boas relacións con pacientes-clientes reais ou potenciais.

* Aténdense os pacientes-clientes cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

* Respóndese satisfactoriamente á súa demanda e promóvense as futuras relacións.

* Comunícaselles aos pacientes-clientes calquera modificación ou innovación do servizo, a unidade ou o gabinete que poida ser do seu interese.

1.5. Obter os informes e os resumos de actividades mediante o tratamento da información da base de datos.

* Emítense dentro do tempo establecido nos protocolos informes que conteñan todos os ítems establecidos, en función da solicitude e da área de traballo.

* Introdúcense correctamente nas bases informáticas os datos xerados, cos criterios e a periodicidade establecidos e tras a súa confirmación.

* Efectúanse axeitadamente as operacións e os cálculos estatísticos que permiten elaborar os resumos de actividades do servizo, a unidade ou o gabinete, cos resultados expresados nas súas medidas adecuadas.

1.6. Interpretar información científico-técnica (procesos de análise e de calidade, manuais de procedementos e equipamentos, etc.) e adaptar procedementos, producindo información oral ou escrita que permita a execución da actividade cos niveis de calidade establecidos, aproveitando convenientemente os recursos asignados.

* A información ou as instrucións escritas son claras, precisas e adaptadas aos medios da unidade.

* A información producida concreta:

-Técnica que se empregará.

-Equipamentos e instrumentos que interveñen.

-Secuencia e operacións precisas.

-Parámetros que hai que controlar.

-Material auxiliar.

-Necesidade de calibraxes.

1.7. Programar o traballo da unidade ou do gabinete no seu ámbito de competencia: prever, asignar ou distribuír tarefas, equipamentos, recursos e tempos de execución.

* Nun caso práctico, a programación permite cumprir cos prazos de entrega ou satisfacer as necesidades de asistencia.

* A programación asigna e aproveita os recursos con eficacia.

* A programación ten en conta as características de aprovisionamento e permite prever as súas necesidades.

* A programación integra a totalidade das fases e dos obxectivos, e conxuga adecuadamente as necesidades e a situación operativa de medios e de recursos humanos e materiais.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Redes locais, computadores persoais e programas informáticos de aplicación. Libros de rexistro, arquivos e ficheiros.

-Materiais e produtos intermedios.

Datos de identificación e de petición.

-Resultados e produtos obtidos.

Pedidos de equipamentos, material e reactivos. Boletíns analíticos e informes analíticos. Resumo de actividades. Listaxes de citación de pacientes.

-Procesos, métodos e procedementos.

Proceso de datos. Procesos de control de calidade. Programa informático e manual.

-Información.

Solicitudes analíticas. Historia ou ficha clínica. Protocolos técnicos de traballo. Normas de mantemento de equipamentos. Normas para o control de calidade e normas de seguridade. Albarás de material e de reactivos.

-Persoal e organizacións destinatarias.

Persoal técnico das diferentes áreas do laboratorio. Provedores. Subministracións centrais. Servizos técnicos dos equipamentos. Facultativo responsable. Servizos clínicos. Facultativos clínicos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: recoller, rexistrar, clasificar e distribuír mostras biolóxicas humanas.

Realizacións e criterios de realización.

2.1. Recoller mostras para a súa análise e seleccionar o método máis adecuado para cada tipo de mostra e determinación.

* Os materiais para a toma de mostras son os adecuados e están en suficiente cantidade para o traballo diario que se ten que desenvolver.

* A limpeza e a hixiene do posto de traballo para a obtención de mostras son as adecuadas e cúmprense as condicións de orde e ausencia de contaminación necesarias.

* Durante a fase de recepción do paciente-cliente, o trato é cordial e humano, e este recibe información axeitada sobre a técnica de obtención de mostras que se lle vai levar a cabo.

* A recollida da mostra e a súa posterior repartición nos recipientes de transporte efectúase seguindo os procedementos definidos para as determinacións solicitadas.

* As probas funcionais que non requiran administración de fármacos realízanse adaptando os protocolos a cada proba e ás condicións do paciente-cliente.

2.2. Recibir e identificar univocamente as mostras á chegada ao laboratorio, segundo criterios establecidos.

* Compróbase que as mostras recibidas das áreas hospitalarias ou periféricas sexan as correctas, que se cumprisen as normas de obtención, de toma, de transporte e de identificación unívoca coas correspondentes peticións, e que sexan apropiadas tanto nos seus condicionantes predefinidos (anticoagulantes, conservantes, recipientes, tempo, etc.) como na súa cantidade.

* Verifícanse os datos de identificación do paciente-cliente e das mostras, e compróbase a idoneidade dos recipientes coas determinacións solicitadas, así como a súa identificación mediante o código utilizado no laboratorio.

2.3. Rexistrar as mostras e xerar as listaxes de traballo das distintas áreas do laboratorio.

* Realízase o rexistro dos volantes de petición, anotando tanto os datos de identificación como as determinacións solicitadas.

* Compróbase que a solicitude de petición e as mostras correspondentes a ela estean identificadas univocamente co código habitual no laboratorio.

* Efectúase correctamente a confección das listaxes de traballo das distintas áreas do laboratorio, manualmente ou con medios informáticos.

2.4. Distribuír as mostras entre as distintas áreas de traballo do laboratorio, no tempo e no xeito establecidos no laboratorio.

* Realízase no menor tempo posible a distribución de listaxes e mostras ás diferentes áreas de traballo e, en caso contrario, consérvanse axeitadamente.

* A distribución das mostras é correcta por:

-Ausencia de cambio de identidade das mostras.

-Ausencia de mostras non identificadas.

-Mostras en condicións óptimas.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Redes locais, computadores persoais e programas informáticos de aplicación. Libros de rexistro, arquivos e ficheiros. Contedores diversos de mostras (tubos, frascos, vasos, etc.). Equipamentos de toma de mostras. Mostras biolóxicas humanas.

-Materiais e produtos intermedios.

Mostra obtida ou extraída.

-Resultados e produtos obtidos

Atención ao paciente-cliente. Listaxes de traballo. Boletíns e informes analíticos. Resumo de actividades.

-Procesos, métodos e procedementos.

Proceso de datos. Procesos normalizados de recepción e aceptación de peticións e mostras biolóxicas. Procedementos normalizados de toma de mostras biolóxicas. Procedementos normalizados de limpeza de material.

-Información.

Solicitudes analíticas. Historia ou ficha clínica. Datos de identificación e de petición. Protocolos técnicos de traballo. Normas para o control de calidade e normas de seguridade.

-Persoal e organizacións destinatarias.

Paciente-cliente. Persoal técnico das diferentes áreas do laboratorio. Facultativo responsable. Servizos clínicos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realizar estudos de bioquímica clínica procesando e analizando mostras biolóxicas humanas.

Realizacións e criterios de realización.

3.1. Preparar os equipamentos de diagnóstico, os instrumentos e os materiais utilizados no laboratorio de bioquímica, en función das técnicas e das determinacións que cumpra realizar.

* Prepáranse os materiais e os equipamentos necesarios para quedaren dispoñibles cualitativa e cuantitativamente, así como en estado operativo no momento de seren requiridos.

* A secuencia de preparación de reactivos, patróns e controis de calidade é a específica para cada un deles, seguindo os protocolos establecidos tanto polo fabricante como polo laboratorio.

* Límpanse, descontamínanse e ordénanse no seu lugar correspondente tras o seu uso os materiais non desbotables utilizados en determinados procesos, en función das normas do laboratorio.

* Compróbase a asepsia e a descontaminación de equipamentos, dos materiais e dos reactivos que así o requiran, mediante mostraxe periódica ou ante sospeita de contaminación.

* Efectúanse as operacións necesarias para o mantemento dos equipamentos asignados, seguindo as fichas correspondentes e o seu rexistro nelas.

* Realízase a comprobación automática, a calibraxe e o control previos dos equipamentos seleccionados, de xeito que queden en óptimas condicións para a súa utilización rutineira.

* O nivel e a situación dos reactivos, así como a orde das bandexas para as mostras e a das mostras nas bandexas, son os correctos conforme a listaxe de traballo.

* Efectúanse todas as valoracións necesarias para a posta en marcha dunha nova técnica, e realízanse os controis periódicos necesarios.

3.2. Preparar as mostras biolóxicas humanas mediante a utilización de métodos fisicoquímicos, de xeito que queden dispostas para a súa análise.

* Selecciónanse as operacións fisicoquímicas de preparación de mostras (homoxeneización, centrifugación, filtraxe e pesada) para cada tipo de mostra, así como a determinación que cumpra realizar, e os produtos obtidos teñen a cantidade e a calidade mínima necesarias para a súa posterior análise.

* Realízanse as medidas de volume de certos fluídos biolóxicos (seme, LCR, líquido ascítico, líquido pleural e outros), así como das diureses, co material adecuado ao tipo de mostra que cumpra medir.

* Realízase correctamente a medida do pH naquelas mostras que o requiran, utilizando os medios automáticos ou manuais axeitados, de maneira que os resultados se encontren dentro dos límites de credibilidade, en función da mostra que se vaia analizar.

* Selecciónase o material adecuado para o tipo e a cantidade de reactivo que cumpra preparar, en función da determinación que se realice.

* Efectúanse as dilucións nas mostras e nos reactivos que o requiran, tras a correcta realización dos cálculos, en condicións óptimas canto a material, temperatura e pH.

* Contrólase a auga utilizada nos distintos procesos para comprobar que cumpra os requisitos de calidade química para a súa utilización.

3.3. Realizar as determinacións analíticas dos compostos metabólicos das mostras biolóxicas humanas, con selección da técnica analítica e dos equipamentos axeitados.

* Realízase a selección de técnicas e dos equipamentos en función do tipo de mostra e de constituínte que cumpra analizar.

* Compróbase a correspondencia entre as listaxes de traballo e os soros problema.

* Unha vez que se comprobe que os valores obtidos sexan coherentes e estean dentro dos intervalos fisiopatolóxicos, repítese a determinación ou infórmase o responsable da área, segundo o caso.

* Efectúase a determinación analítica de compoñentes metabólicos ou de ións nos distintos tipos de mostras, utilizando os equipamentos diagnósticos habituais no laboratorio.

* Aplícase correctamente o protocolo técnico para a determinación de pH e gases no sangue arterial (volume mínimo, mostra non coagulada e ausencia de burbullas e de cámara de aire).

3.4. Realizar o seguimento controlado de fármacos e drogas de abuso, con selección da técnica analítica e dos equipamentos axeitados.

* A listaxe de traballo contén todos os datos indicados na ficha de seguimento de farmacovixilancia.

* Realízase a determinación de fármacos solicitados nas mostras indicadas, utilizando os equipamentos de diagnóstico habituais e seguindo as especificacións técnicas.

* Aplícase o programa de farmacovixilancia utilizando os resultados obtidos e as especificacións anteriormente indicadas.

* Os equipamentos que se vaian utilizar están preparados e calibrados, e teñen perfectamente definidos os seus niveis de decisión (cut off).

* Verifícase por métodos organolépticos e analíticos sinxelos que as mostras de urina utilizadas na valoración de drogas de abuso sexan realmente urina e non presenten interferencias exóxenas.

3.5. Realizar técnicas inmunolóxicas específicas, con selección da técnica analítica e dos equipamentos axeitados.

* Os portaobxectos cos cortes de tecidos ou tipos celulares, os anticorpos marcados e os reactivos que se vaian utilizar están a temperatura ambiente.

* Compróbase a correspondencia entre as listaxes de traballo e os soros problema.

* Dilúense os soros problema con solución salina amortecedora, nas técnicas que así o requiran.

* Vense as preparacións a través do microscopio de fluorescencia e, en función da técnica que se vaia realizar, axústase a intensidade da luz e utilízanse filtros.

* Interprétanse correctamente os resultados obtidos nas técnicas de aglutinación e precipitación, de xeito visual ou coa axuda de óptica de aumento.

* Séguese correctamente o protocolo para a realización das técnicas de inhibición da hemaglutinación, de busca de antíxenos ou de anticorpos, e de determinación de antíxenos de histocompatibilidade.

3.6. Realizar a análise separativa e cuantitativa das proteínas e de polipéptidos dos líquidos biolóxicos, con selección da técnica analítica e dos equipamentos axeitados.

* Realízase a separación electroforética de proteínas das mostras problema.

-Seleccionando e renovando periodicamente a solución amortecedora.

-Elixindo o soporte e colocando as mostras na orde da listaxe de traballo.

-Controlando o paso real de corrente no indicador de intensidade.

-Efectuando o revelado das distintas bandas e do seu proceso de fixación, lavado, tintura e aclarado.

-Verificando mediante apreciación visual a separación das distintas bandas, a ausencia dalgunha ou a aparición de bandas anormais.

-Realizando a densitometría.

* Realízanse as técnicas de hemólise para a separación de hemoglobinas en columna manual, elixindo o equipamento de separación automático, e verifícase que os controis presenten separacións óptimas da hemoglobina en estudo.

* Na execución doutras técnicas electroforéticas (electroinmunodifusión, inmunoelectroforese, isoelectroenfoque e outras menos comúns) e na determinación cuantitativa de diversos polipéptidos e proteínas de baixo peso molecular (HCG, Beta-2 microglobulina, marcadores tumorais e alfa-feto proteína), selecciónanse os equipamentos de inmunometría, isotópica ou non, e a metódica analítica correspondente.

* Efectúase de xeito correcto a determinación cuantitativa de proteínas específicas, seguindo os pasos establecidos nos protocolos técnicos.

3.7. Realizar análises de hormonas tras a selección da técnica analítica e dos equipamentos axeitados.

* Compróbase a correspondencia unívoca entre as listaxes de traballo e as mostras problema.

* Colócanse na secuencia correcta as mostras dunha proba funcional (mostra basal e posteriores ao cambio fisiolóxico, físico ou farmacolóxico) e analízanse na mesma serie.

* Selecciónase o equipamento de diagnóstico hormonal por inmunometría, isotópico ou non, adecuado á determinación que cumpra realizar.

* Elíxese a técnica cromatográfica en columna, específica da hormona que se vaia determinar, para a súa determinación e cuantificación.

3.8. Realizar análises de sedimento urinario, tras a selección da técnica analítica e dos equipamentos axeitados.

* Compróbase a correspondencia unívoca entre as listaxes de traballo e as mostras problema.

* Contrástase a correspondencia entre os datos obtidos da apreciación visual, as análises semicuantitativas e a observación microscópica de urina.

* Realízase correctamente o reconto de Addis:

-Mídese e anótase a velocidade de eliminación de urina.

-Obsérvase a presenza de aneis de Newton entre a cámara de reconto e o cobreobxectos.

-Prepáranse correctamente a urina ata a súa colocación na cámara de reconto.

-Efectúase o reconto microscópico dos distintos elementos formes da urina nas condicións axeitadas.

3.9. Realizar estudos de patoloxía molecular mediante a utilización de técnicas de amplificación de ácidos nucleicos pola reacción en cadea da polimerasa (PCR), seguindo os protocolos establecidos.

* Téñense as precaucións necesarias para evitar a contaminación de mostras e reactivos.

* Realízase a extracción e a concentración do ADN da mostra nas condicións indicadas no protocolo da técnica.

* Realízase a técnica do PCR, para a obtención de suficiente material xenético.

* Efectúase a desnaturalización do ADN para a obtención de fibras soltas.

* Realízase a separación electroforética e a súa posterior visualización mediante tintura, se o protocolo o require.

* Efectúase o inmunoblotting e a tintura posterior, se así o require o protocolo técnico.

* Mediante a utilización de patróns axeitados, identifícanse e confróntanse as distintas bandas de ADN para realizar o diagnóstico.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Axitadores, centrífugas, balanzas, equipamentos de medida de pH químicos e baños maría. Destiladores de auga e equipamentos de osmose inversa. Equipamentos automáticos de química clínica, de fotometría de chama, de eléctrodos selectivos, de absorción atómica e de gases e pH sanguíneos. Microscopio óptico e microscopio de fluorescencia. Espectrofotómetros, espectrofluorómetros e nefelómetros. Equipamentos de electroforese. Equipamentos automáticos de inmunometría, isotópica ou non, e enzimáticos. Equipamentos PCR e inmunoblotting. Lavadoras e material de laboratorio. Volumétricos (probetas, buretas, pipetas manuais e automáticas, etc.). Reactivos químicos, biolóxicos, enzimáticos e isotópicos. Estoxos de diagnóstico. Auga de calidade analítica. Calibradores e controis. Mostras biolóxicas humanas nativas ou preparadas.

-Materiais e produtos intermedios.

Mostras preparadas para a súa análise.

-Produtos e servizos.

Informes dos resultados analíticos. Datos bioquímicos.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas cualitativas e cuantitativas de análise: separativas, gravimétricas, volumétricas, ópticas, espectrométricas, electroquímicas, cromatográficas, electroforéticas e inmunométricas. Procesos de manipulación e recombinación de ADN ou ARN. Procesos normalizados de limpeza de material e equipamentos.

-Información.

Normas para o control da calidade e normas de seguridade. Protocolos técnicos. Folletos de equipamentos diagnósticos. Manuais de equipamentos. Listaxes de traballo. Historia ou ficha clínica. Boas prácticas de laboratorio (Normas GLP).

-Persoal e organizacións destinatarias.

Facultativo responsable. Facultativos clínicos. Paciente-cliente. Servizos clínicos e institucións.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realizar estudos microbiolóxicos procesando e analizando mostras de orixe humana.

Realizacións e criterios de realización.

4.1. Limpar e esterilizar o material, e desinfectar as instalacións, refugando as mostras e os seus produtos en condicións de seguridade.

* Descontamínase e esterilízase o material elixindo as técnicas e os instrumentos axeitados, en función do material que cumpra tratar.

* Colócase e consérvase o material descontaminado e esterilizado de maneira adecuada para manter as ditas condicións.

* Esterilízase o material de refugallo e os cultivos utilizados que cumpra refugar, antes da súa eliminación nos contedores de lixo apropiados.

4.2. Preparar os equipamentos de diagnóstico, os instrumentos e os materiais utilizados no laboratorio de microbioloxía, en función das técnicas e das determinacións que se vaian realizar.

* Prepáranse os materiais e os equipamentos necesarios para estaren dispoñibles cualitativa e cuantitativamente, e en estado operativo no momento de seren requiridos.

* A secuencia de preparación de reactivos, patróns e controis de calidade é a específica para cada un deles, consonte os protocolos establecidos tanto polo fabricante como polo laboratorio.

* Límpanse, descontamínanse e ordénanse no seu lugar correspondente tras o seu uso os materiais non refugables utilizados en determinados procesos, en función das normas do laboratorio.

* Compróbase a asepsia e a descontaminación de equipamentos, materiais e reactivos que así o requiran, mediante mostraxe periódica ou ante sospeita de contaminación.

* Efectúanse as operacións necesarias para o mantemento dos equipamentos asignados, seguindo as fichas correspondentes e o seu rexistro nelas.

* Realízase a comprobación automática, a calibraxe e o control previos dos equipamentos seleccionados, para quedaren en óptimas condicións para a súa utilización rutineira.

* O nivel e a situación dos reactivos, así como a orde das bandexas para as mostras e a das mostras nas bandexas, son os correctos, consonte a listaxe de traballo.

* Efectúanse todas as valoracións necesarias para a posta en marcha dunha nova técnica, e realízanse os controis periódicos necesarios.

4.3. Preparar as mostras biolóxicas humanas mediante a utilización de métodos fisicoquímicos, de maneira que queden dispostas para a súa análise.

* Selecciónanse as operacións fisicoquímicas de preparación de mostras (homoxeneización, centrifugación, filtrado e pesaxe) para cada tipo de mostra e determinación que se vaia realizar, e compróbase que os produtos obtidos teñan a cantidade e a calidade mínima necesarias para a súa posterior análise.

* Selecciónase o material adecuado para o tipo e a cantidade de reactivo que cumpra preparar en función da determinación que se vaia realizar.

* Dilúense as mostras e os reactivos, cando cumpra, tras a correcta realización dos cálculos e en condicións óptimas canto a material, temperatura e pH.

* Contrólase a auga utilizada nos distintos procesos de xeito que cumpra os requisitos necesarios para a súa utilización.

* Prepáranse e esterilízanse os medios de cultivo seguindo as prescricións de compoñentes, proporcións e procedementos, con especial coidado no control do pH, quedando convenientemente identificados e datados.

* Sitúanse e consérvanse os medios de cultivo consonte os protocolos establecidos e os manuais operativos.

4.4. Identificar e realizar recontos de bacterias e de fermentos, e estudar a sensibilidade aos antibióticos das bacterias, aplicando os métodos axeitados a cada variable.

* Compróbase a correspondencia entre as listaxes de traballo e as mostras problema.

* Realízase sobre o material adecuado a extensión, a fixación e as tinturas, utilizando as condicións e os reactivos específicos para cada técnica.

* A preparación e as tinturas realizadas permiten o estudo microscópico da mostra.

* Realízase a sementeira co material adecuado e cumprindo as condicións ambientais e de asepsia para evitar contaminacións externas ou non desexadas.

* Elíxese o medio de cultivo específico para o crecemento do microorganismo que se vaia estudar.

* Incúbanse as mostras sementadas nas condicións de temperatura e tempo específicas para cada microorganismo.

* As formas de crecemento obtidas son as esperadas para o microorganismo que se vaia estudar e é posible a realización do reconto correspondente.

* Realízanse as técnicas de toma de mostras do cultivo para efectuar as probas bioquímicas de identificación.

* Selecciónanse as técnicas para a identificación e a cuantificación do microorganismo illado.

* Selecciónanse os discos de antibióticos en función do tipo de microorganismo que se vaia estudar.

* Cuantifícase e cualifícase a sensibilidade do microorganismo a distintos antibióticos mediante a realización do antibiograma correspondente.

4.5. Identificar micobacterias seleccionando as técnicas de estudo máis adecuadas.

* Efectúanse as tinturas para a observación microscópica das micobacterias.

* Identifícase o material xenético das distintas micobacterias mediante a utilización da técnica do PCR.

* Efectúase a inoculación e o cultivo conseguinte das mostras nos medios axeitados, tras a súa descontaminación, fluidificación ou concentración, de ser o caso.

* Revísanse diariamente os cultivos para apreciar o posible crecemento de colonias.

-En caso positivo, anótase o tempo transcorrido e o seu aspecto.

-En caso contrario, continúase a incubación durante o tempo indicado no protocolo.

* Realízase a identificación bioquímica das colonias mediante a selección da técnica máis apropiada ao microorganismo illado.

* Identifícase o ARN ribosómico das bacterias obtidas do cultivo mediante a utilización da sonda de ARN específica.

4.6. Realizar análises serolóxicas, con selección da técnica analítica axeitada.

* Compróbase a correspondencia entre as listaxes de traballo e os soros problema.

* Elimínase a actividade do complemento daqueles soros en que o requira a técnica seleccionada que cumpra empregar.

* Elíxese a técnica de aglutinación adecuada (específica, hemolítica, de anticorpos marcados, inmunoanálise, execución do inmunoblotting e inmunoprecipitación), en función da petición analítica solicitada.

4.7. Realizar análises parasitolóxicas, con selección da técnica analítica axeitada.

* Compróbase a correspondencia entre as listaxes de traballo e os soros problema.

* A investigación de parasitos no sangue é correcta.

-Realízase a toma no momento adecuado.

-Efectúase a técnica da gota grosa.

-Efectúase a hemólise previa e as subseguintes extensións.

-Realízanse as tinturas das extensións e gota grosa utilizando a técnica específica para cada parasito.

* Na procura de parasitos e ovos, ou os seus quistes nas feces, efectúanse as técnicas de flotación e/ou sedimentación e, a partir delas, realízanse as preparacións húmidas.

* Realízase a proba do celofán para verificar a existencia de ovos de oxiúros nas feces.

* Realízase o exame parasitolóxico directo de mostras de bile recentes.

* Para a realización do estudo parasitolóxico en mostras de urina, verifícanse as condicións de recollida e transporte.

* Colabórase co parasitólogo no exame macroscópico das mostras recibidas que así o requiran e no estudo microscópico de todas as extensións preparadas para o efecto.

4.8. Realizar análises micolóxicas, con selección da técnica de estudo máis adecuada.

* Compróbase a correspondencia entre as listaxes de traballo e os soros problema.

* Realízase o exame microscópico en fresco daquelas mostras que o requiran, ben directamente ou ben posteriormente ao tratamento con mordentes e/ou tintura, segundo as indicacións do responsable e adaptando os protocolos establecidos.

* Inocúlase a mostra nos medios axeitados e incúbase nas condicións indicadas no protocolo técnico.

* Realízase a identificación morfolóxica das colonias e das células, utilizando os medios adecuados.

* O responsable da área valida e rexistra os resultados no soporte adecuado.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Equipamentos de preparación e esterilización de medios e reactivos (centrífuga, axitadores, balanza, autoclaves, placa calefactora, baño maría, fornos, desionizadores, etc.). Equipamentos de preparación de mostras (sistemas de filtraxe por baleiro, muíños,

mesturadores, queimadores, etc.). Envases, material e reactivos (botellas, matraces, asas, membranas, grades, cestos, bolsas de autoclave, frascos lavadores, etc.). Equipamentos para cultivo e identificación de microorganismos (estufas de cultivo, medios de cultivo, reactivos de tintura, microscopio, etc.). Equipamentos de conservación e mantemento de mostras, reactivos e medios de cultivo. Sistemas de xestión de datos manuais e informáticos (impresos, fichas, instrumentos de cálculo, etc.).

-Materiais e produtos intermedios.

Reactivos, medios de cultivo e preparacións microscópicas.

-Resultados e produtos obtidos.

Informes dos resultados analíticos. Datos microbiolóxicos.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas cualitativas e cuantitativas de illamento, cultivo e identificación de microorganismos. Protocolos normalizados de xestión de mostras e resultados no laboratorio.

-Información.

Boas prácticas de laboratorio (normas GLP). Listaxes de traballo e especificacións técnicas. Manual operativo de cada un dos equipamentos.

-Persoal e organizacións destinatarias.

Secretaría do servizo. Facultativo responsable. Facultativos clínicos. Paciente-cliente. Servizos clínicos. Institucións. Xefe ou persoal da unidade de epidemioloxía.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realizar estudos hematolóxicos e xenéticos procesando e analizando mostras de medula ósea e sangue humanos, e obter hemoderivados.

Realizacións e criterios de realización.

5.1. Preparar os equipamentos de diagnóstico, os instrumentos e os materiais utilizados no laboratorio de hematoloxía e hemoterapia, en función das técnicas e as determinacións que cumpra realizar.

* Prepáranse os materiais e os equipamentos necesarios para se atoparen dispoñibles cualitativa e cuantitativamente, así como en estado operativo, no momento de seren requiridos.

* A secuencia de preparación de reactivos, patróns e controis de calidade é a específica para cada un deles, e séguense os protocolos establecidos tanto polo fabricante como polo laboratorio.

* Límpanse, descontamínanse e ordénanse no seu lugar correspondente, tras o seu uso, os materiais non refugables utilizados en determinados procesos, en función das normas do laboratorio.

* Compróbase a asepsia e a descontaminación de equipamentos, materiais e reactivos que así o requiran, mediante mostraxe periódica ou ante a sospeita de contaminación.

* Efectúanse as operacións necesarias para o mantemento dos equipamentos asignados, seguindo as fichas correspondentes e o seu rexistro nelas.

* Realízase a comprobación automática, a calibraxe e o control previos dos equipamentos seleccionados, de maneira que queden en óptimas condicións para a súa utilización rutineira.

* O nivel e a situación dos reactivos, así como a orde das bandexas para as mostras e das mostras nas bandexas, son os correctos e están en correspondencia coa listaxe de traballo.

* Efectúanse todas as valoracións necesarias para a posta en marcha dunha nova técnica, e realízanse os controis periódicos necesarios.

5.2. Preparar as mostras de sangue e medula ósea mediante a utilización de métodos fisicoquímicos, de xeito que queden dispostas para a súa análise.

* Selecciónanse as operacións fisicoquímicas de preparación de mostras (homoxeneización, centrifugación, filtrado e pesaxe) para cada tipo de mostra e/ou determinación que cumpra realizar, e compróbase que os produtos obtidos teñan a cantidade e a calidade mínimas necesarias para a súa posterior análise.

* Selecciónase o material adecuado para o tipo e cantidade de reactivo que se prepare, en función da determinación que se vaia realizar.

* Dilúense as mostras e os reactivos que o requiran, tras a correcta realización dos cálculos e en condicións óptimas de material, temperatura e pH.

* Contrólase que a auga utilizada nos distintos procesos cumpra os requisitos necesarios para a súa utilización.

* Prepáranse os hemolizados realizando o lavado de hemacias das mostras adecuadas (con idoneidade inmunolóxica).

* Efectúase a desfibrinación do sangue partindo de sangue total sen anticoagulantes.

* Realízase a técnica de concentración de leucocitos (buffy coat) seguindo o protocolo técnico establecido (centrifugacións diferenciais e lavados con distintos produtos).

5.3. Realizar técnicas histoquímicas no sangue e na medula ósea para identificación morfolóxica dos seus elementos celulares.

* Realízanse e identifícanse os frotis sanguíneos de xeito indeleble para todo o seu procesamento.

* Nos casos en que se requira, efectúase a tintura supravital de acordo co protocolo establecido e, posteriormente, realízanse as extensións apropiadas para a súa observación directa ou tras a tintura de contraste.

* Fíxanse as extensións de sangue periférico ou medula ósea que así o requiran para a súa posterior tintura, ben por secado ou ben pola utilización de fixadores adecuados.

* Efectúase de xeito manual ou automático a tintura normalmente utilizada no laboratorio, e contrólase a súa calidade por observación microscópica.

-En caso de observarse tendencia acidófila ou basófila revísase o proceso, a calidade dos reactivos e, especialmente, o pH da auga da dilución.

* Efectúanse os distintos tipos de tinturas histoquímicas solicitadas polo hematólogo, en extensións tanto de sangue periférico como de medula ósea, de acordo cos procedementos establecidos para cada técnica.

5.4. Realizar técnicas hemocitométricas e morfolóxicas en mostras de sangue periférico e medula ósea.

* Compróbase que as mostras de sangue total recibidas non estean coaguladas e se correspondan coas listaxes de traballo.

* Selecciónanse as técnicas e os equipamentos hemocitométricos en función do tipo de mostra e do parámetro que cumpra analizar.

* Os resultados obtidos son coherentes e están dentro dos intervalos fisiopatolóxicos; en caso contrario, repítese a determinación e infórmase o responsable de área.

* En recontos manuais, realízanse as dilucións do sangue dependendo das células que cumpra contar.

* Selecciónase o fotocolorímetro ou espectrofotómetro, o reactivo de dilución, a cubeta de lectura e a lonxitude de onda para determinar a concentración de hemoglobina total.

* No estudo microscópico das extensións de sangue periférico aprécianse e anótanse as anomalías morfolóxicas das células sanguíneas, e efectúase o reconto diferencial.

* Colabórase co hematólogo no estudo microscópico das distintas tinturas de medula ósea dun caso determinado.

* Realízase o microhematocrito manual utilizando capilares e microcentrífuga, e efectúase posteriormente a súa lectura.

* Realízase correctamente o estudo da velocidade de sedimentación das hemacias, considerando que as mostras se obtivesen co anticoagulante adecuado, que se homoxeneizasen antes de cargar as pipetas e que se realizase a lectura, manual ou automaticamente, no tempo prescrito.

5.5. Realizar técnicas de estudo de hemostase e coagulación, con selección da técnica e do equipamento axeitados.

* Compróbase que as mostras se reciban dentro do tempo establecido polo protocolo, que sexan as adecuadas para o tipo de estudo que cumpra realizar e que se correspondan coas indicadas na listaxe de traballo.

* Realízanse os estudos de hemostase espontánea, osmótica ou mecánica, elixindo a técnica máis adecuada en relación coas determinacións pedidas e características do paciente-cliente.

* Compróbase que o equipamento de análise automática estea configurado para o estudo que se vaia realizar, que os reactivos e as mostras estean temperados e que as determinacións se realicen na orde indicada na listaxe de traballo.

5.6. Realizar técnicas inmunohematolóxicas, seleccionando as máis adecuadas, en función da determinación solicitada.

* Compróbase que as mostras se reciban nas condicións adecuadas de calidade e de cantidade, e que se correspondan coas peticións indicadas na folla de traballo.

* Disponse das columnas de cribo celular e dos antisoros e apropiados para a reacción inmunohematolóxica que cumpra realizar.

* Realízase a valoración de todos os tipos de grupos sanguíneos solicitados.

* Realízanse as técnicas de antiglobulina directa ou indirecta utilizando a metódica axeitada para o tipo e o volume de mostra, e a determinación solicitada.

* Efectúase o escrutinio de anticorpos irregulares fronte ao panel de hemacias, naqueles soros en que se coide conveniente.

* Realízanse as probas cruzadas e, posteriormente, verifícanse polo método de confirmación.

5.7. Preparar e distribuír hemoderivados nun banco de sangue.

* As bolsas de sangue recibidas dispoñen dunha etiqueta pegada onde consten o código de identificación do doador, o código de bolsa e a data de extracción.

* As bolsas de sangue recibidas quedan en corentena, nos frigoríficos habilitados para o efecto, ata coñecer o resultado das determinacións analíticas efectuadas na mostra piloto de cada unha delas.

* Acéptanse ou rexéitanse as bolsas de sangue en función dos resultados das determinacións analíticas de control, segundo a lexislación vixente.

* Anótanse na etiqueta da bolsa de sangue as características inmunohematolóxicas obtidas, e na ficha do doador os resultados das determinacións analíticas efectuadas.

* Compróbase o perfecto funcionamento das centrífugas refrixeradas, así como que a separación de plasma e hemacias efectuada nelas sexa correcta canto a tempo, temperatura e velocidade.

* Coa axuda dos prensabolsas, transvásase en circuíto pechado e selado o plasma a outra bolsa, identificada univocamente coa súa etiqueta correspondente.

* Prepáranse correctamente os concentrados de hemacias, concentrados de plaquetas, plasma rico en plaquetas e outros hemoderivados, utilizando o material e os métodos habituais no laboratorio.

* Na preparación de crioprecipitados, o baño conxelador de alcohol está á temperatura indicada e séguense todos os pasos sinalados no protocolo técnico.

* Anótanse nos ficheiros de existencias os novos hemoderivados, e a súa conservación nos frigoríficos correspondentes.

* Mantéñense nos límites establecidos as condicións de conservación canto a temperatura e axitación continua das bandexas portabolsas de plaquetas.

* Distribúense os hemoderivados segundo as peticións, e actualízanse os ficheiros de existencias.

5.8. Realizar estudos cromosómicos aplicando os protocolos establecidos.

* Efectúase o procesamento da mostra (medula ósea ou sangue) en condicións asépticas, e inocúlase inmediatamente no frasco de cultivo que conteña o reactivo activador da mitose.

* Realízase o cultivo nas condicións e no tempo marcados no protocolo da técnica.

* A partir do cultivo, realízanse as extensións, as tinturas e as preparacións, seguindo os protocolos establecidos.

* Realízase a observación microscópica da preparación co obxecto de seleccionar o conxunto ou os conxuntos de cromosomas completos, separados e ben visibles.

* Efectúase a microfotografía dos campos seleccionados e a correspondente ampliación.

* A composición cromosómica efectuada é a adecuada para o estudo que se vaia realizar.

* A partir da anterior composición, realízase a macrofotografía definitiva e, sobre ela, asístese o facultativo responsable no criterio diagnóstico e no posible consello xenético derivado deste estudo.

* Realízase a anotación do resultado na ficha correspondente, así como o rexistro e o arquivo das preparacións e das fotografías.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Axitadores, centrífugas, microcentrífugas e baños termostáticos. Equipamentos automáticos de tintura e velocidade de sedimentación. Equipamentos automáticos de hemocitometría e citómetro de fluxo. Microscopios ópticos e fotomicroscopios. Automáticos de coagulación, cubetas, bólas de aceiro ou similares e cronómetros. Equipamentos separadores de hemoglobinas. Frigoríficos, equipamentos prensabolsas e aparello de crioprecipitados. Armarios conservadores de bolsas de sangue e hemoderivados.

Equipamento fotográfico e cámara de reconto. Portaobxectos, cobreobxectos e pipetas manuais e automáticas. Reactivos químicos e biolóxicos de tintura. Estoxos diagnósticos. Calibradores e controis.

-Resultados e produtos obtidos.

Informes de resultados analíticos. Datos hematolóxicos. Bolsas de sangue e hemoderivados. Mostras de sangue total, extensións de sangue ou medula ósea, plasma citratado e bolsas de sangue.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de recontos celulares, separativos, de tinturas histoquímicas, espectrofotométricos, electroforéticos, de hemostase e coagulación, de inmunoaglutinación e fotográficos. Procedementos normalizados de limpeza de material e de equipamentos.

-Información.

Normas para o control da calidade e normas de seguridade. Protocolos técnicos. Folletos de equipamentos de diagnóstico. Manuais de equipamentos. Listaxes de traballo. Historia ou ficha clínicas.

-Persoal e organizacións destinatarias.

Secretaría do servizo. Facultativo responsable. Facultativos clínicos. Paciente-cliente. Servizos clínicos. Institucións. Fabricantes de hemoderivados.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Os cambios previsibles na evolución da competencia deste profesional son:

-Incremento da automatización dos procesos de toma e de recollida de mostras, así como do seu transporte e o seu procesamento no laboratorio, xunto coa utilización de materiais dun só uso e refugables polo emprego de equipamentos automáticos multicanle e multifuncionais que favorecen a desaparición da manipulación manual das mostras e a obtención automática de datos.

-A potenciación da medicina preventiva e a consolidación da atención primaria e comunitaria desde o punto de vista asistencial, preventivo e epidemiolóxico propiciará a adopción de baterías de determinacións analíticas (perfís) para o exame de factores de risco en determinadas patoloxías e postos de traballo.

-Maior grao de participación na xestión dos recursos humanos do seu ámbito profesional, así como o incremento na colaboración para o mellor aproveitamento de materiais e técnicas, e a súa incidencia nos custos económicos de explotación.

-Maior versatilidade nos diversos postos de traballo e maior polivalencia de cada un deles, de xeito que os profesionais poidan ser intercambiados entre os distintos postos dunha área de traballo, propiciando unha maior autonomía no desenvolvemento das súas tarefas profesionais.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Estas actividades veranse ver modificadas pola implantación de:

-Emprego de técnicas de bioloxía molecular para a identificación e o diagnóstico diferencial celular.

-Aplicación de técnicas non invasoras na determinación de parámetros biolóxicos auxiliares do diagnóstico.

2.6.3. Cambios na formación.

As necesidades de formación dedúcense do desenvolvemento e a implantación das técnicas de diagnóstico de identificación de fragmentos de material xenético mediante sondas marcadas e dos equipamentos necesarios para a súa aplicación.

A rápida evolución da bioquímica, da fisioloxía, da xenética e, especialmente, da bioloxía molecular potenciará o desenvolvemento de novas técnicas e exixirá unha posta ao día continuada sobre estes temas.

A implantación de paquetes informáticos complexos que propicien a informatización integral, desde a realización de técnicas analíticas e de controis de calidade internos e externos ata a obtención de boletíns analíticos e resumos de actividades, requirirá unha adaptación da formación a este ámbito do coñecemento aplicado.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico poderá exercer a súa actividade profesional principalmente no sector sanitario na área de laboratorio de diagnóstico.

Os principais subsectores en que pode desenvolver a súa actividade son:

-Atención primaria e comunitaria: laboratorios de diagnóstico clínico de centros de saúde.

-Centros hospitalarios: servizos de microbioloxía, hematoloxía e hemoterapia, bioquímica, inmunoloxía, farmacia hospitalaria e laboratorios dos servizos de medicina e cirurxía experimental.

-Laboratorios extrahospitalarios: de apoio ao diagnóstico clínico, de seguimento e control de alteracións analíticas e de análises preventivas en medicina de empresa.

-Industria: en laboratorios de industria alimentaria, farmacéutica, cosmética e outras industrias ou entidades con laboratorios de investigación.

-Outros: laboratorios de institutos anatómico-forenses, institutos de toxicoloxía, centros de experimentación animal e delegacións comerciais de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

Este técnico poderá participar en todas as actividades que se realicen na súa área de traballo, incluída a docencia a outros técnicos e a colaboración en labores de investigación.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

O técnico en laboratorio de diagnóstico clínico sitúase nas funcións e subfuncións de organización e xestión da unidade de traballo, prestación do servizo, control de calidade, investigación e docencia.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen:

-Administración e organización dos recursos da súa área de traballo.

-Realización da toma de mostras no seu ámbito de competencias.

-Preparación de reactivos e hemoderivados.

-Realización de técnicas analíticas en mostras biolóxicas humanas.

-Manexo de programas informáticos de control de calidade no laboratorio de diagnóstico clínico.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación laboral, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderán ser desempeñados, en entidades de carácter público ou privado, adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Técnico en laboratorio de diagnóstico clínico.

* Técnico en laboratorio de investigación e experimentación.

* Técnico en laboratorio de toxicoloxía.

* Delegado comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Adaptar as técnicas de extracción e obtención de mostras biolóxicas humanas en función das características do paciente e das determinacións analíticas solicitadas.

* Realizar as operacións de preparación de reactivos e mostras para o seu procesamento analítico, relacionando as mostras e os reactivos cos parámetros para determinar.

* Adaptar as especificacións técnicas dos equipamentos e reactivos empregados no laboratorio de diagnóstico clínico ás análises bioquímicas, microbiolóxicas e/ou hematolóxicas para os que estean ideados.

* Explicar o proceso de conservación e eliminación de mostras biolóxicas humanas en condicións de máxima seguridade biolóxica e ausencia de contaminación persoal e ambiental.

* Explicar os métodos de análise cualitativos e cuantitativos de analitos en solución de mostras de soro, sangue total e urina, manexando destramente técnicas baseadas na detección da radiación electromagnética, potenciais eléctricos, separación de

moléculas e outros métodos bioquímicos de análise de mostras biolóxicas.

* Analizar os conceptos de limpeza, desinfección e esterilización aplicados nos procedementos habituais realizados no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Explicar os diferentes grupos de microorganismos susceptibles de seren recuperados a partir de mostras biolóxicas, manexando con destreza técnicas de illamento, identificación e reconto.

* Efectuar métodos serolóxicos de diagnóstico e seguimento das doenzas infecciosas.

* Efectuar a análise morfolóxica e cualitativa de elementos celulares formes do sangue mediante técnicas de tintura, microscopía e moléculas marcadoras de membrana ou intracitoplasmáticas.

* Explicar o sistema de coagulación e hemostase realizando determinacións analíticas dos seus compoñentes individuais ou de funcionamento de todo o sistema.

* Analizar os procedementos de obtención, fraccionamento, conservación e utilización do sangue con fins terapéuticos, garantindo a compatibilidade dos compoñentes sanguíneos entre doador e receptor.

* Adaptar as técnicas de almacenaxe, distribución e control de existencias aos elementos consumibles relacionados co laboratorio de diagnóstico clínico.

* Utilizar programas informáticos de carácter xeral e adaptalos á organización, á xestión e ao tratamento da información clínica e administrativa do laboratorio de diagnóstico clínico.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a prestación de servizos sanitarios, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete do laboratorio de diagnóstico clínico.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

3.2.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Describir a estrutura do sistema sanitario en España e as particularidades en Galicia.

* Interpretar a estrutura funcional e organizativa dos diferentes tipos de institucións sanitarias, partindo dos seus organigramas.

* Relacionar as competencias do contorno sanitario coas administracións públicas de España e da Unión Europea, os órganos de que dependen e as unidades básicas en que se organizan.

* Explicar as funcións e os resultados propios da unidade ou do servizo, e os postos de traballo máis relevantes.

* Relacionar os niveis de asistencia co tipo de prestacións que poden recibir os pacientes.

* Identificar os factores condicionantes da saúde dunha comunidade determinada a partir de estudos e informes.

* Relacionar as funcións e as competencias propias nos contornos de traballo con relación a outros profesionais sanitarios.

* Relacionar os procesos de saúde e doenza cos niveis de prevención e o tipo de medidas correctoras.

* Identificar os contidos, os fluxos de tramitación e os sistemas de codificación e de rexistro da documentación clínica e non clínica.

* Realizar o proceso de recepción, rexistro e distribución da documentación recibida ou emitida, segundo os protocolos establecidos e os criterios de confidencialidade.

* Identificar os sistemas de arquivo, conservación e acceso á documentación clínica seguindo as normas do servizo.

* Determinar os métodos e as condicións de almacenaxe e conservación do material xeral de laboratorio de diagnóstico clínico, seguindo os criterios de orde e as normas de seguridade e hixiene.

* Determinar a cantidade de existencias que se debe almacenar segundo o nivel óptimo e mínimo establecidos, así como os datos das fichas do almacén.

* Empregar programas informáticos básicos de organización, xestión e tratamento de datos clínicos ou administrativos da unidade.

* Definir formatos de presentación da información nun soporte informatizado, segundo o tipo de información e as finalidades do programa informático empregado.

* Realizar resumos da actividade prestada e informes de resultados a partir dos datos dispoñibles, con claridade, precisión e o uso da terminoloxía específica axeitada.

* Elaborar orzamentos dos servizos sanitarios que se prestan nos laboratorios de diagnóstico clínico a partir das tarefas establecidas.

* Formalizar a documentación que se xera nunha operación de compra e venda de bens ou de servizos sanitarios, segundo os protocolos establecidos, con pulcritude e precisión.

* Calcular as operacións e comprobar os datos que interveñen nos pedidos e nas facturas, segundo as normas fiscais e mercantís.

* Comprobar e corrixir de xeito sistemático os datos e os requisitos fiscais e legais dos diferentes documentos mercantís que se xeran no contorno desta actividade.

* Relacionar os factores e as situacións de risco para a saúde no seu contorno laboral coas medidas preventivas e os medios que se empreguen, coa simboloxía e a situación dos sinais de alarma e coa normativa específica de seguridade e hixiene.

* Programar as actividades da unidade segundo os obxectivos, o tipo e o volume do traballo, así como a situación operativa dos recursos humanos e materiais.

* Identificar os factores que determinan a calidade de atención e prestación do servizo segundo o tipo de servizo e as funcións que se desenvolvan.

3.2.1.2. Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

Organización sanitaria.

* Cálculo dos indicadores de saúde.

* Realización de gráficos representativos dos principais indicadores de saúde.

Documentación sanitaria.

* Análise do contido e do tipo de documentación.

* Identificación dos datos, e selección do medio e do soporte.

* Rexistro dos datos. Emisión de informes dos datos.

* Clasificación da documentación. Codificación.

* Rexistro informático e convencional. Distribución ao destinatario.

Xestión de existencias e inventarios.

* Identificación das necesidades de reposición.

* Formalización dos documentos para efectuar o pedido.

* Envío do pedido.

* Comprobación do material recibido.

* Distribución do material ás distintas unidades.

* Realización do rexistro.

Tratamento da información e da documentación.

* Definición do tipo de datos para tratar dos clientes e provedores.

* Compilación da información.

* Integración dos datos.

Aplicacións informáticas.

* Selección da aplicación ofimática axeitada.

* Introdución da información nos medios ofimáticos.

* Almacenaxe dos datos.

* Edición e difusión dos datos.

Contidos conceptuais

Organización sanitaria.

* Estrutura do sistema sanitario público en España.

* Lei xeral de sanidade.

* Plan de saúde de Galicia.

* Estrutura do sistema sanitario galego: sector público e privado.

* Funcións e competencias dos diferentes profesionais sanitarios.

* Conceptos de saúde e doenza.

* Factores condicionantes da saúde: ambientais, biolóxicos, e propios do sistema sanitario e do estilo de vida.

* Niveis de prevención sanitaria: primario, secundario e terciario.

* Conceptos de saúde pública e de saúde comunitaria.

* Concepto de medicina preventiva.

* Indicadores de saúde.

* Normativa de seguridade e hixiene nos centros sanitarios. Lexislación específica do sector.

Documentación sanitaria.

* Documentación clínica e non clínica: tipos, utilidades, aplicacións, criterios de formalización e métodos de circulación.

* Tratamento da información e da documentación: arquivo, rexistros, mantemento, conservación e seguridade da información.

Xestión de existencias e inventarios.

* Almacenaxe: sistemas e técnicas.

* Criterios de ordenación dos recursos materiais sanitarios.

* Control de existencias: métodos de valoración.

* Stock mínimo e reposición de existencias.

* Fichas de almacén.

* Inventarios: clasificación e elaboración.

* Normas de seguridade e hixiene aplicadas en almacéns sanitarios: condicións de almacenaxe dos materiais.

Tratamento da información ou documentación.

* Documentación de operacións de compra e venda: propostas de pedido, albarás, facturas e notas de aboamento ou cargo.

* Requisitos legais de formalización da documentación.

* Réximes de aplicación do IVE.

Aplicacións informáticas.

* Aplicacións informáticas de xestión e control do almacén, facturación e xestión económica.

* Aplicacións informáticas de xestión do ficheiro de pacientes e de historias clínicas.

* Aplicacións informáticas específicas.

Proceso de atención ou prestación do servizo.

* Obxectivos, fases, actividades e recursos.

* Normativa aplicable.

* Técnicas de control da calidade na prestación do servizo ou produto.

Calidade da prestación do servizo ou do produto.

* Normas de control de calidade internas.

* Control externo da calidade.

Conceptos fundamentais de economía sanitaria.

* Financiamento, custos e beneficios en empresas do sector sanitario.

* Orzamentos de servizos.

* Documentación mercantil.

* Documentación financeira: cheque e letra de cambio.

* Sistema impositivo: IVE e IRPF.

Contidos actitudinais

* Hábito na comprobación dos resultados e na corrección dos erros detectados na formalización e no arquivo dos documentos.

* Pulcritude na formalización de toda a documentación e prioridade na xestión da documentación dos casos máis urxentes.

* Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo e puntualidade no cumprimento dos prazos de presentación dos documentos.

* Execución independente do traballo e rigor na tramitación da documentación.

* Espírito aberto no trato cos pacientes, os familiares e os membros do equipo de traballo.

* Asimilación dos novos métodos de traballo respecto á xestión administrativa da consulta ou da unidade.

3.2.2. Módulo profesional 2: recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas.

Asociado á unidade de competencia 2: recoller, rexistrar, clasificar e distribuír mostras biolóxicas humanas.

3.2.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar os diferentes tipos de mostras biolóxicas en que se poidan realizar determinacións analíticas.

* Seleccionar os estudos que se poden realizar nas diferentes mostras biolóxicas humanas.

* Describir os criterios de calidade e as características que deben reunir as mostras para o seu procesamento.

* Seleccionar o recipiente de recollida en función do tipo de mostra e da determinación analítica que se vaia realizar.

* Seleccionar os aditivos necesarios para o correcto procesamento das mostras, en función dos parámetros que se determinen.

* Describir os métodos de codificación de mostras máis utilizados no laboratorio, rexistrando os impresos de petición e anotando no soporte axeitado os datos de identificación, así como as determinacións analíticas solicitadas.

* Aplicar criterios de exclusión e rexeitamento de mostras recibidas no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Clasificar os diferentes tipos de análises para levar a cabo, en función das mostras e das determinacións analíticas, agrupándoas por unidades de traballo.

* Distribuír as listaxes e as mostras nas diferentes áreas de traballo, tendo en conta as súas características e aplicando técnicas de conservación, se é preciso.

* Describir as diferentes técnicas de toma de mostras en relación coas zonas anatómicas de recollida, tendo en conta as características do paciente e as determinacións analíticas solicitadas.

* Seleccionar a técnica de recollida de mostras segundo as posibilidades de utilización, as vantaxes e os inconvenientes que presente.

* Seleccionar o material de recollida de mostras, en función da técnica que se empregue.

* Explicar a utilización de reactivos e aditivos, dependendo das características das mostras e da determinación analítica solicitada.

* Describir a técnica de toma de mostras en función da zona anatómica onde se efectúe a súa recollida.

* Relacionar os criterios mínimos de calidade para ter en conta no procesamento da mostra para que este sexa óptimo.

* Describir o procedemento para a obtención de mostras (que poden ser emitidas directamente polo paciente ou non) e explicar o método e os criterios de elección do recipiente de transporte axeitado.

* Citar os criterios para aplicar na manipulación e no procesamento de mostras obtidas por procedementos invasores ou cirúrxicos.

* Explicar os criterios adicionais, a asepsia local e o tratamento farmacolóxico que se debe ter en conta na obtención de mostras para o estudo microbiolóxico ou parasitolóxico.

* Distinguir a finalidade, o fundamento, os equipamentos e os parámetros de control das operacións fisicoquímicas na preparación das mostras.

* Diferenciar os procedementos de preparación de reactivos, en función do tipo de solucións que

se preparen, e as cantidades para empregar en cada caso.

* Realizar operacións fisicoquímicas de separación e medidas de volume nos distintos tipos de mostras que se analicen, con selección do material axeitado.

* Identificar o tempo máximo que pode transcorrer desde a obtención de determinadas mostras e a súa determinación analítica, para evitar a súa caducidade.

* Seleccionar as condicións de transporte e conservación inmediatas das mostras de análise e diferencialas das aplicadas ás mostras de análise diferida.

* Distinguir as vantaxes e os inconvenientes das formas de transporte e conservación de mostras.

* Relacionar os tempos e os tipos de conservación de mostras ata a súa eliminación co tipo de mostra e a determinación analítica solicitada.

* Describir e realizar técnicas de eliminación de mostras en función do tipo e das condicións, segundo protocolos establecidos.

3.2.2.2. Contidos (duración: 295 horas).

Contidos procedementais

Equipamentos e material do laboratorio de diagnóstico clínico.

* Preparación, utilización e mantemento dos equipamentos e do material necesario para a realización das determinacións analíticas, en función do tipo de mostra.

* Aplicación das diferentes técnicas de limpeza, desinfección e esterilización aos diferentes tipos de equipamentos e do material empregado no laboratorio. Control destas técnicas.

Operacións básicas do laboratorio.

* Preparación de solucións e reactivos de diversos tipos.

* Cálculo de peso, masa e densidade, con expresión en varias unidades.

* Obtención de diferentes fraccións mediante operacións fisicoquímicas de separación en distintos tipos de mostras.

* Volumetría de substancias, con expresión en unidades diversas.

* Cálculo da concentración dunha substancia, con expresión en diferentes unidades.

Mostras biolóxicas.

* Interpretación dos tipos de impresos de peticións analíticas.

* Identificación dos tipos de mostra.

* Clasificación das mostras en función da determinación analítica e comprobación da correspondencia cos impresos de petición.

* Distribución das mostras ás unidades de traballo en función da determinación que se realice.

* Aplicación de aditivos ás mostras en función da determinación analítica solicitada.

* Preparación do material necesario para a recollida de mostras biolóxicas emitidas ou non polo paciente, ou obtidas por procedementos invasores ou cirúrxicos, en función das determinacións analíticas que se realicen.

* Aplicación do procedemento axeitado para a recollida de mostras biolóxicas e a utilización do recipiente indicado para o transporte.

* Aplicación do procedemento oportuno na manipulación e no procesamento de mostras fecais, de urina, seminais e de tracto respiratorio inferior (TRI), sanguíneas, de exsudados e outras.

Normas de seguridade no manexo de mostras biolóxicas, equipamentos e reactivos.

* Aplicación das medidas de seguridade necesarias na manipulación de mostras biolóxicas, equipamentos e reactivos.

* Identificación dos tipos de residuos que se poden producir no laboratorio, así como das técnicas de eliminación de cada un deles.

* Eliminación de residuos ou desperdicios e materiais, con aplicación das normas de seguridade correspondentes.

Control de calidade no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Aplicación de criterios de exclusión e rexeitamento das mostras recibidas no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Realización de probas de control interno e externo de calidade no proceso de análise.

Contidos conceptuais

Equipamentos e material do laboratorio de diagnóstico clínico.

* Equipamentos básicos do laboratorio: fundamentos, tipos, manipulación, aplicacións e mantemento.

* Material básico no laboratorio: limpeza e conservación.

Operacións básicas de laboratorio.

* Operacións básicas no laboratorio: fundamentos, equipamentos, técnicas e procedementos.

* Desagregación e separación mecánica.

* Medidas de masa e volume. Métodos e equipamentos.

* Solucións e disolucións estequiométricas.

Mostras biolóxicas humanas.

* Impresos de peticións analíticas: tipos e características.

* Substancias analizables.

* Métodos de recollida de mostras obtidas directamente ou non polo paciente, ou mediante procedementos invasores ou cirúrxicos.

* Mostras de urina, fecais, seminais, de tracto respiratorio inferior (TRI) e sanguíneas: características xerais.

* Determinacións analíticas. Perfil analítico. Batería de probas.

* Conservación e transporte de mostras.

* Requisitos mínimos que deben reunir as mostras para o seu procesamento.

* Características xerais das mostras non directamente obtidas polo paciente.

* Exsudados e outras mostras para a análise microbiolóxica ou parasitolóxica: tipos e características.

* Substancias ou elementos formes analizables nas mostras biolóxicas.

* Prevención de erros máis comúns na manipulación das mostras biolóxicas por parte do paciente e do técnico.

Normas de seguridade no manexo de mostras biolóxicas, equipamentos e reactivos.

* Riscos no laboratorio de análise clínica: tipos, prevención e tratamento.

* Técnicas de eliminación controlada de residuos e materiais.

Control de calidade no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Criterios de exclusión e rexeitamento das mostras.

* Calidade do proceso de análise.

Contidos actitudinais

* Interese pola corrección sistemática dos erros detectados na identificación das mostras recibidas.

* Valoración da necesidade da toma de decisións ao se detectaren anomalías de cantidade ou de calidade nas mostras.

* Valoración da importancia da pulcritude e da hixiene na manipulación das mostras, dos reactivos e do material de laboratorio.

* Rigor na identificación das mostras, na súa obtención e na súa conservación.

* Rigor e pulcritude na preparación de solucións, reactivos e mostras.

* Responsabilidade na aplicación de controis de calidade e no tratamento dos datos obtidos.

* Interese pola adaptación a situacións non previstas na programación de tarefas relacionadas coa obtención de mostras.

* Rigor á hora de aplicar normas de seguridade e hixiénico-sanitarias na relación co paciente-cliente, e na manipulación e eliminación de mostras biolóxicas.

3.2.3. Módulo profesional 3: fundamentos e técnicas de análises bioquímicas.

Asociado á unidade de competencia 3: realizar estudos de bioquímica clínica procesando e analizando mostras biolóxicas humanas.

3.2.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Explicar os fundamentos dos equipamentos de análise instrumental en relación coas leis ópticas e electromagnéticas.

* Relacionar as técnicas instrumentais de detección e cuantificación molecular cos seus fundamentos físicos, químicos e biolóxicos.

* Explicar as características, as funcións e os compoñentes dos equipamentos que interveñen na realización das técnicas instrumentais, e relacionalos co tipo, as características e as condicións de conservación das mostras que se analicen.

* Realizar o mantemento básico dos equipamentos de análise instrumental e identificar as funcións, os compoñentes, as prestacións e as condicións de uso, partindo da documentación técnico-comercial.

* Seleccionar os equipamentos de diagnóstico, o material para empregar e os reactivos necesarios, partindo do tipo de mostra, da técnica analítica e das magnitudes que se midan.

* Pór en marcha e regular os parámetros, e realizar o mantemento básico dos equipamentos de análise instrumental, partindo da documentación técnico-comercial.

* Realizar as técnicas instrumentais para efectuar determinacións bioquímicas, organizándose con criterios de eficacia.

* Calibrar e axustar os aparellos de análise instrumental tendo en conta as necesidades do procedemento e o tipo de mostra que se analice, coa exactitude e a precisión requiridas.

* Realizar as técnicas espectrofotométricas valorando estándares, controis e mostras problema coa fiabilidade requirida, consonte os protocolos establecidos e as normas de seguridade, hixiene e calidade.

* Realizar as técnicas electroanalíticas valorando ións, pH e gases, coa fiabilidade requirida e consonte os protocolos establecidos e as normas de seguridade, hixiene e calidade.

* Realizar as técnicas electroforéticas obtendo e cuantificando as fraccións de proteínas e lípidos coa fiabilidade requirida, consonte os protocolos establecidos e as normas de seguridade, hixiene e calidade.

* Realizar as técnicas cromatográficas identificando e separando os compoñentes dunha mestura, coa fiabilidade requirida consonte os protocolos establecidos e as normas de seguridade, hixiene e calidade.

* Realizar medicións inmunométricas mediante procedementos de radioinmunoensaio, enzimoinmunoensaio, fluoroinmunoensaio, etc., coa fiabilidade requirida e seguindo os protocolos establecidos e as normas de seguridade, hixiene e calidade.

* Explicar as técnicas de reacción en cadea pola polimerasa e outras técnicas de secuenciación xenética, e relacionalas co seu fundamento e as súas aplicacións.

* Verificar a calidade das imaxes obtidas nas técnicas de separación e as inmunométricas, segundo as características e o grao de resolución da imaxe e o tipo de soporte empregado, así como relacionar os datos obtidos nos procedementos de separación co seu significado.

* Identificar as magnitudes bioquímicas iniciais, intermedias e finais, así como os factores de regulación e as fases das reaccións bioquímicas do metabolismo.

* Relacionar as magnitudes bioquímicas que se poden medir en relación coa fisiopatoloxía do equilibrio hidroelectrolítico, do equilibrio ácido-base, da función hepática, da función endócrina, da función renal e da función dixestiva.

* Determinar as magnitudes bioquímicas que se poden medir e relacionalas cos tipos de alteracións metabólicas.

* Relacionar os resultados da cinética enzimática coas variacións de concentración, pH, tempo e temperatura.

* Determinar o procedemento de medición máis idóneo en función da magnitude bioquímica para medir e os recursos materiais dispoñibles no laboratorio.

* Seleccionar os equipamentos de diagnóstico, o material e os reactivos segundo o tipo de mostra e o procedemento de medición que se realice.

* Determinar as características cuantitativas e cualitativas que deban ter os diferentes tipos de mostra segundo o procedemento de medición que se realice.

* Determinar as concentracións de diferentes compoñentes metabólicos de mostras biolóxicas humanas, mediante procedementos de medición espectrofotométricos e inmunométricos, coa fiabilidade requirida, segundo os protocolos establecidos e as normas de seguridade, hixiene e calidade no laboratorio.

* Determinar as concentracións de enzimas e outras magnitudes bioquímicas a partir de procedementos baseados na cinética enzimática, coa fiabilidade requirida, consonte os protocolos estable

cidos e as normas de seguridade, hixiene e calidade no laboratorio.

* Controlar a concentración de enzimas, o tempo, o pH e a temperatura das reaccións nos procedementos baseados na cinética enzimática, en función da medición que se estea a realizar.

* Obter as concentracións de ións, o pH e as presións parciais de gases a partir de procedementos fundamentados no emprego de eléctrodos selectivos, coa fiabilidade requirida, segundo protocolos establecidos e normas de seguridade, hixiene e calidade no laboratorio.

* Identificar as distintas fraccións de substancias proteicas, fármacos e drogas mediante procedementos electroforéticos ou cromatográficos, coa fiabilidade requirida, conforme protocolos establecidos e normas de seguridade, hixiene e calidade no laboratorio.

* Medir a concentración de compoñentes hormonais a partir de procedementos espectrofotométricos, cromatográficos e inmunométricos, coa fiabilidade requirida, consonte protocolos establecidos e normas de seguridade, hixiene e calidade no laboratorio.

* Diferenciar os elementos e as formas do sedimento urinario, partindo do seu estudo microscópico.

* Organizar, con criterios de eficacia, as actividades de traballo para a realización das medicións programadas.

* Avaliar a exactitude e a precisión dun procedemento de medición instrumental e de medición das magnitudes bioquímicas a partir dos resultados obtidos das mostras de control.

* Detectar avarías reais ou próximas nos aparellos e nos equipamentos de análise instrumental a partir da observación e da análise dos efectos e dos defectos das lecturas da instrumentación de control, segundo os protocolos dos manuais de mantemento.

* Identificar alteracións nos reactivos que se empreguen nas técnicas instrumentais a partir da observación das súas características organolépticas e da valoración dos resultados.

* Manter en estado operativo e en condicións hixiénicas os medios de traballo utilizados nos procedementos instrumentais, a partir dos manuais de utilización de equipamentos e instrumentos e das normas hixiénico-sanitarias establecidas.

* Realizar o tratamento e o rexistro dos datos obtidos nas diferentes técnicas instrumentais de xeito manual ou informatizado e en función dos procedementos establecidos polo laboratorio.

* Verificar o cumprimento das normas de seguridade, de hixiene e ambientais durante todo o proceso.

3.2.3.2. Contidos (duración: 295 horas).

Contidos procedementais

Medidas de analitos.

* Espectrofotometría:

-Valoración da idoneidade da mostra.

-Calibraxe dos equipamentos.

-Selección dos parámetros.

-Realización de curvas e gráficos.

-Determinación da absorbancia e concentración dos compoñentes a estudo.

-Valoración da fiabilidade dos datos obtidos.

* Fotometría: técnica e xeitos de emprego.

* Realización de técnicas de turbidimetría e nefelometría.

* Estudo mediante refractometría de líquidos.

* Utilización da fotometría de reflectancia.

Medición do pH: técnicas cuantitativas de valoración:

* Determinación dos valores de pH en distintas mostras.

* Selección dos eléctrodos axeitados a cada tipo de mostra.

* Valoración da fiabilidade dos datos obtidos.

Técnicas de separación molecular.

* Electroforese.

-Selección dos parámetros de estudo.

-Elección do soporte.

-Procesamento dos medios de soporte.

-Análise cualitativa dos resultados.

-Valoración da fiabilidade dos datos obtidos.

* Isoelectroenfoque.

-Selección dos parámetros de estudo.

-Análise cualitativa dos resultados.

-Valoración da fiabilidade dos datos obtidos.

* Cromatografía.

-Selección do procedemento cromatográfico.

-Selección dos parámetros para empregar segundo o tipo de mostra.

-Análise cualitativa do cromatograma e medición das fraccións.

-Valoración da fiabilidade dos datos obtidos.

* Realización doutras técnicas de separación molecular.

Outras técnicas de análise.

* Realización de técnicas de osmometría.

* Uso das sondas de hibridación de ácidos nucleicos.

* Amplificación do ADN mediante diversas técnicas.

Determinación para analizar o metabolismo básico dos principios inmediatos.

* Determinación dos metabolitos intermedios: urea, creatinina, creatina e ácido úrico.

* Determinación dos principais elementos do metabolismo hidrocarbonado: glicosa, insulina, glicagón, hemoglobina glicosilada e proba de tolerancia á glicosa.

* Determinación dos principais elementos do metabolismo lipídico.

* Determinación dos principais elementos do metabolismo das proteínas.

Encimoloxía diagnóstica.

* Análise de enzimas en fluídos biolóxicos.

* Selección do procedemento enzimático.

* Determinación das condicións de traballo.

* Medición da concentración catalítica do enzima.

* Avaliación dos resultados.

Estudo do equilibrio hidroelectrolítico e ácido-base.

* Determinación dos principais ións.

* Determinación do pH e de gases no sangue arterial.

* Avaliación da función respiratoria.

Estudo da función hepática.

* Determinación dos parámetros de capacidade de síntese hepática.

* Determinación da capacidade de eliminación hepática.

* Determinación dos principais marcadores séricos da infección hepática.

Estudo da función endócrina.

* Determinación das principais hormonas.

* Estudo funcional dos distintos eixes hormonais.

* Realización das distintas probas de diagnóstico de embarazo.

* Avaliación hormonal da función placentaria.

Estudos especiais.

* Monitorización dos fármacos.

* Determinación dos niveis das distintas drogas de abuso.

* Realización de técnicas de detección de marcadores tumorais.

Estudo da urina.

* Medición da concentración de substancias eliminadas coa urina.

* Valoración da función renal.

* Determinación do sedimento urinario.

* Realización das distintas técnicas de estudo dos cálculos renais.

Estudo das feces.

* Realización de técnicas de estudo da función intestinal:

-Contido de lípidos fecais.

-Proba de tolerancia á lactosa.

-Proba de absorción da D-Xilosa.

-Proba de detección de hemoglobina nas feces.

-Outras probas.

Estudo doutros líquidos corporais.

* Determinacións máis importantes nos líquidos cefalorraquídeo, sinovial, seminal, pleural, pericárdico, peritoneal e outros líquidos corporais.

Contidos conceptuais

Medidas de analitos.

* Interaccións da radiación coa materia.

* Lei de Lambert-Beer.

* Linealidade.

* Tipos de medida: punto final, dous puntos e cinética.

* Espectrofotometría: tipos e utilidades.

* Fotometría: tipos e utilidades.

* Turbidimetría e nefelometría.

* Refractometría de líquidos.

* Principios da química seca: fotometría de reflectancia.

Medición do pH: técnicas cuantitativas de valoración.

* Valoracións ácido-base.

* Tipos de eléctrodos.

* Eléctrodo de vidro para a determinación do pH.

* Eléctrodos selectivos para compostos iónicos.

Técnicas de separación molecular.

* Electroforese.

* Isoelectroenfoque.

* Cromatografía.

* Centrifugación.

Outras técnicas de análise.

* Osmometría.

* Sondas de hibridación de ácidos nucleicos.

Determinación para analizar o metabolismo básico dos principios inmediatos.

* Metabolismo: anabolismo e catabolismo.

* Metabolismo dos hidratos de carbono, dos lípidos e das proteínas.

Enzimoloxía diagnóstica.

* Fisioloxía e cinética enzimática.

* Principais enzimas empregados no diagnóstico clínico.

* Patróns de alteracións enzimáticas.

Estudo do equilibrio hidroelectrolítico e ácido-base.

* Fisiopatoloxía do equilibrio hidroelectrolítico.

* Patróns de alteracións do equilibrio hidroelectrolítico.

* Fisiopatoloxía do equilibrio ácido-base.

* Patróns de alteracións do equilibrio ácido-base.

Estudo da función hepática.

* Fisiopatoloxía hepática.

* Parámetros da síntese hepática.

* Parámetros da eliminación hepática.

* Patróns de alteración hepática.

Estudo da función endócrina.

* Fisiopatoloxía hormonal.

* Eixe hipotálamo-hipófise-órgano diana.

* As hormonas hipotalámicas, hipofisarias, tiroideas, suprarrenais, sexuais e outras.

Estudos especiais.

* Detección de fármacos e de drogas de abuso.

* Marcadores tumorais.

Estudo da urina.

* Fisiopatoloxía da función renal.

* Substancias eliminadas coa urina.

* Sedimento urinario.

* Cálculos urinarios.

Estudo das feces.

* Fisiopatoloxía intestinal.

* Características organolépticas.

* Síndromes de malabsorción.

Estudo doutros líquidos corporais.

* Líquidos cefalorraquídeo, sinovial, seminal, pleural, pericárdico, peritoneal e outros líquidos corporais.

Contidos actitudinais

* Hábito de comprobación de resultados.

* Interese pola eficacia e a precisión na realización dos procedementos e na manipulación dos equipamentos e do material de laboratorio.

* Valoración da importancia do cumprimento das normas de seguridade no laboratorio e dos protocolos de traballo establecidos.

* Consideración da saúde propia e a dos demais na manipulación e na eliminación de mostras e produtos de laboratorio.

* Motivación pola formación continuada noutras técnicas e en novos equipamentos, así como en aspectos científicos relacionados co laboratorio de diagnóstico.

3.2.4. Módulo profesional 4: fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas.

Asociado á unidade de competencia 4: realizar estudos microbiolóxicos procesando e analizando mostras de orixe humana.

3.2.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Diferenciar os métodos de desinfección e esterilización en función do seu fundamento, as indicacións, os equipamentos e os produtos empregados en cada caso.

* Seleccionar a técnica de desinfección e esterilización en función das características dos equipamentos, do material e do instrumental do laboratorio que se trate.

* Explicar as técnicas de desinfección e esterilización tendo en conta as normas de seguridade e hixiene, consonte os protocolos establecidos.

* Manipular as mostras biolóxicas, o material e o instrumental do laboratorio de microbioloxía, tendo en conta as normas de seguridade e hixiene establecidas, co fin de evitar a contaminación persoal, ambiental e das mostras.

* Explicar as características diferenciais de bacterias, fungos, parasitos e virus, e relacionalas cos procedementos utilizados no laboratorio para o seu illamento e a súa identificación.

* Identificar os principais grupos e especies de microorganismos susceptibles de seren recuperados a partir de mostras biolóxicas, tendo en conta as súas características morfolóxicas, culturais, tintoriais, bioquímicas e de susceptibilidade a substancias farmacolóxicas.

* Seleccionar os equipamentos, o instrumental e o material necesarios para a realización de técnicas e determinacións analíticas microbiolóxicas, e comprobar o seu óptimo funcionamento e as condicións de uso, así como a súa asepsia e descontaminación.

* Realizar preparacións de reactivos, medios de cultivo e controis de calidade en función das mostras, a cantidade, as técnicas e o tipo de determinación que se realice, consonte os protocolos establecidos para tal fin.

* Describir e realizar as técnicas de inoculación, sementeira, illamento e reconto de microorganismos en medios de cultivo, e relacionalas co tipo de mostra e co microorganismo que se estude.

* Seleccionar as técnicas de identificación morfolóxica ou bioquímica idóneas para a análise bacteriolóxica, parasitolóxica e micolóxica, en función da mostra e do microorganismo que se estude.

* Determinar o tipo e as características que debe reunir o medio de cultivo, así como as condicións fisicoquímicas de incubación en función da mostra e do microorganismo obxecto de estudo.

* Seleccionar os diferentes reactivos necesarios para a realización de tinturas no laboratorio de microbioloxía.

* Realizar as tinturas en función do tipo de mostras e do microorganismo en estudo, e comprobar a súa calidade.

* Explicar as técnicas de observación microscópica máis utilizadas no laboratorio de microbioloxía tendo en conta o tipo de microorganismo que se estude.

* Describir as técnicas de separación de parasitos tendo en conta o tipo de mostra e o parasito obxecto de estudo.

* Realizar as técnicas de inoculación, sementeira e illamento de microorganismos nos medios de cultivo, tendo en conta o tipo de mostras, as características do medio e as condicións ambientais e de asepsia, para evitar a contaminación durante o proceso.

* Citar os procedementos de identificación e reconto de microorganismos nos medios de cultivo, e describir as características das colonias xurdidas neste.

* Seleccionar as mostras, os medios de cultivo e as preparacións para a análise microbiolóxica, aplicando os criterios de calidade establecidos.

* Valorar o grao de sensibilidade antimicrobiano a partir dos resultados das baterías de antibióticos e antifúnxicos.

* Relacionar os métodos serolóxicos de identificación de doenzas infecciosas co estado agudo, crónico ou en evolución da doenza.

* Seleccionar as técnicas de estudo de anticorpos específicos baseadas en reaccións antíxeno-anticorpo.

* Describir as probas serolóxicas empregadas para o diagnóstico e seguimento dunha determinada doenza infecciosa, indicando os equipamentos e os reactivos que se empregarán en cada caso.

3.2.4.2. Contidos (duración: 295 horas).

Contidos procedementais

Laboratorio de microbioloxía.

* Selección dos procedementos para realizar segundo o tipo de mostra e o microorganismo en estudo.

* Interpretación de protocolos segundo os procedementos.

* Selección de equipamentos, materiais e reactivos para empregar en función do tipo de mostra e do microorganismo en estudo.

* Comprobación das condicións de equipamentos, materiais e reactivos para empregar nos distintos procedementos.

* Aplicación de medidas de seguridade e hixiene segundo os protocolos establecidos para o laboratorio de microbioloxía.

Técnicas de desinfección e esterilización.

* Aplicación de técnicas de desinfección e esterilización a materiais, equipamentos e instalacións, e identificación do tipo e do grao de contaminación, consonte o método axeitado en cada caso.

* Utilización dos métodos de control de esterilización e comprobación de resultados.

Bacterioloxía.

* Interpretación do protocolo para seguir na toma, no transporte e no procesamento das mostras bacteriolóxicas.

* Selección de equipamentos e materiais necesarios para a realización de determinacións analíticas microbiolóxicas.

* Comprobación do funcionamento e da asepsia dos equipamentos e dos materiais empregados nas determinacións analíticas microbiolóxicas.

* Preparación de reactivos e medios de cultivo, así como controis de calidade en función da mostra, a técnica, a cantidade e o tipo de determinación que se realice, consonte protocolos establecidos.

* Realización de extensións e frotis, fixación e tintura da preparación, en función do tipo de mostra.

* Comprobación da calidade da tintura e identificación das posibles causas da súa alteración.

* Observación microscópica en canto á morfoloxía, á disposición e á motilidade das bacterias.

* Identificación do tipo de bacterias e rexistro de resultados.

Cultivos bacterianos e técnicas de sementeira de mostras biolóxicas.

* Selección do medio de cultivo en función do tipo de sementeira e de mostra.

* Selección e aplicación do tipo de sementeira, en función do microorganismo que se ille.

* Selección das condicións ambientais, de incubación, de tempo e de asepsia.

* Comprobación das condicións de incubación e de crecemento do cultivo para mellorar os resultados.

* Interpretación dos resultados do cultivo e rexistro das súas características, se é positivo.

* Identificación de bacterias de interese clínico.

* Realización das probas de identificación bacteriana en función do microorganismo que se estude.

* Identificación de bacterias utilizando sistemas comerciais e automatizados, segundo o caso.

* Determinación de probas de identificación bioquímica, en función da mostra e do microorganismo que se estude.

* Interpretación do protocolo para seguir e selección do material.

* Selección e preparación dos reactivos necesarios e inoculación da mostra.

* Observación dos resultados e a súa comparación cos estándares.

* Identificación do tipo de bacterias e rexistro de resultados no soporte axeitado.

Probas de susceptibilidade antimicrobiana.

* Selección do tipo de proba de sensibilidade a antibióticos e do medio de cultivo, en función do estudo que se realice.

* Selección do tipo de antibiótico e das condicións de incubación axeitadas en cada caso.

* Realización de técnicas de inoculación e sementeira da mostra, así como control das condicións de incubación.

* Determinación da concentración mínima inhibitoria (CMI) ou medida dos halos inhibitorios.

* Interpretación dos resultados e rexistro no soporte axeitado.

Control de calidade no laboratorio de microbioloxía.

* Interpretación dos programas de control de calidade.

* Comparación dos datos obtidos no procedemento aplicados cos programas de control de calidade.

* Interpretación e validación de resultados.

Micoloxía.

* Interpretación do protocolo para seguir na toma, no transporte e no procesamento das mostras micolóxicas.

* Determinación do procedemento de estudo e selección de equipamentos, materiais e reactivos para empregar nas determinacións analíticas micolóxicas.

* Comprobación do funcionamento e da asepsia dos equipamentos e dos materiais empregados nas determinacións analíticas micolóxicas.

* Selección e preparación de medios de cultivo en función do tipo de sementeira, de mostra e do fungo que se estude.

* Aplicación de técnicas de sementeira no soporte axeitado.

* Selección das condicións ambientais, de incubación, de tempo e de asepsia.

* Comprobación das condicións de incubación e de crecemento do cultivo para mellorar os resultados.

* Comprobación dos resultados do cultivo e rexistro das súas características, se é positivo.

* Observación microscópica e identificación bioquímica dos fungos, e rexistro dos resultados obtidos no soporte axeitado.

* Selección e realización de probas de sensibilidade antifúnxica axeitadas.

* Interpretación de resultados e rexistro no soporte oportuno.

Parasitoloxía.

* Interpretación do protocolo para seguir na toma de mostras.

* Selección do material, o equipamento e os reactivos en función do procedemento que se realice, segundo o tipo de mostra e o parasito obxecto de estudo.

* Interpretación de protocolos para aplicar nos procedementos de estudo de parasitos.

* Observación microscópica para o exame en fresco e preparación de mostra, a tintura e o cultivo, de ser preciso.

* Interpretación de resultados e rexistro no soporte axeitado.

Viroloxía.

* Interpretación do protocolo para seguir na toma e no transporte das mostras virolóxicas.

* Selección do procedemento adecuado en función do estudo que se realice.

* Selección e preparación do material, os equipamentos e os reactivos en función da técnica que se empregue.

* Selección do método de cultivo e de identificación para os estudos virolóxicos.

* Realización dos procedementos de estudo de virus.

* Interpretación de resultados, valoración diagnóstica e rexistro.

Reaccións antíxeno-anticorpo.

* Selección dos equipamentos, o material e os reactivos necesarios para a realización de determinacións analíticas baseadas nas reaccións antíxeno-anticorpo.

* Realización de técnicas de análise baseadas nas reaccións antíxeno-anticorpo.

* Interpretación de resultados e rexistro no soporte axeitado.

Contidos conceptuais

Introdución á microbioloxía.

* Concepto e características xerais de bacterioloxía, viroloxía, micoloxía e parasitoloxía.

* Cadea epidemiolóxica. Reservorios e mecanismos de transmisión. Mecanismos de control de crecemento microbiano. Laboratorio de microbioloxía.

* Organización e características.

* Material básico de laboratorio: características e funcionamento básico, prestacións e aplicacións.

* Prevención de riscos e medidas de seguridade.

* Control de calidade.

Técnicas de desinfección e esterilización.

* Desinfección e esterilización: concepto e aplicacións.

* Procedementos físicos e químicos de desinfección.

* Produtos desinfectantes: tipos e características.

* Métodos físicos e químicos de esterilización: características e aplicacións.

* Métodos de control da esterilización.

Bacterioloxía.

* Taxonomía e nomenclatura.

* Toma, transporte e procesamento das mostras bacteriolóxicas.

* Protocolos de traballo segundo o tipo de mostras.

* Observación de xermes e as súas estruturas.

-Procedementos de observación de xermes vivos e mortos.

-Tipos de tinturas: simples, diferenciais e estruturais.

Cultivos bacterianos.

* Características do crecemento dos microorganismos.

* Clasificación e características dos medios de cultivo bacterianos.

Técnicas de sementeira de mostras biolóxicas.

* Procedementos de sementeira e de inoculación.

* Procedementos de illamento.

* Recontos celulares bacterianos.

Características das bacterias implicadas en procesos infecciosos.

* Cocos grampositivo e gramnegativo.

* Micobacterias.

* Bacilos grampositivo e gramnegativo.

* Vibrións.

* Espiroquetas.

* Anaerobios.

Identificación de bacterias de interese clínico.

* Probas de identificación.

* Sistemas comerciais e automatizados.

Probas de susceptibilidade antimicrobiana.

* Clasificación de substancias antimicrobianas.

* Procedementos de realización das probas de susceptibilidade antimicrobiana.

* Determinación da concentración mínima inhibitoria (CMI).

* Procedementos automáticos de identificación e susceptibilidade.

Control de calidade no laboratorio de microbioloxía.

* Cepas de control (ATCC).

* Sistemas de control de calidade interno e externo.

Micoloxía.

* Clasificación dos fungos.

* Principais fungos causantes de doenzas. Mecanismos de transmisión.

* Procedementos para o estudo dos fungos.

Parasitoloxía.

* Clasificación dos parasitos.

* Principais parasitos causantes de doenzas. Mecanismos de transmisión.

* Procedementos para o estudo dos parasitos.

Viroloxía.

* Clasificación dos virus.

* Medios de cultivos.

* Métodos de identificación.

* Principais virus causantes de doenzas. Mecanismos de transmisión.

Reaccións antíxeno-anticorpo.

* Concepto de antíxeno e anticorpo. Interaccións.

* Complemento.

* Técnicas de análise baseadas nas reaccións antíxeno-anticorpo.

-Técnicas de aglutinación.

-Técnicas de precipitación.

-Técnicas de fixación de complemento.

* Inmunoanálise: radioinmunoanálise, enzimoinmunoanálise, fluoroinmunoanálise e outras técnicas inmunolóxicas.

Contidos actitudinais

* Hábito de corrección dos erros detectados no cultivo e na incubación, así como no funcionamento dos equipamentos.

* Rigor e responsabilidade na selección de mostras, en función da calidade e da técnica axeitada para a realización do estudo microbiolóxico.

* Rigor e pulcritude na manipulación de mostras e medios de cultivo.

* Responsabilidade na manipulación de material e equipamentos de laboratorio de microbioloxía, para os manter en perfectas condicións de uso.

* Valoración da importancia que ten o cumprimento das normas de seguridade e hixiene na manipulación e na eliminación de mostras e produtos no laboratorio de microbioloxía, para evitar a contaminación persoal, ambiental e das mostras.

* Consciencia da importancia do seguimento dos protocolos nos estudos microbiolóxicos.

* Valoración da importancia do mantemento do segredo profesional.

* Rigor na realización de controis de calidade e no tratamento dos datos obtidos na análise, así como na interpretación dos resultados.

* Valoración da importancia da colaboración co equipo de traballo no laboratorio de microbioloxía, así como da coordinación e da adaptación a este, pola repercusión que ten no seu funcionamento.

* Interese polos avances científicos e pola asimilación de novos métodos de traballo que melloren os resultados.

3.2.5. Módulo profesional 5: fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicas.

Asociado á unidade de competencia 5: realizar estudos hematolóxicos e xenéticos procesando e analizando mostras de medula ósea e sangue humanos, e obter hemoderivados.

3.2.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Seleccionar os equipamentos, o material e os reactivos necesarios en función da técnica e dos parámetros que se determinen, e identificar os valores de referencia para ter en conta.

* Realizar a comprobación automática, a calibraxe e o control previo dos equipamentos seleccionados, e comprobar que reúnan todas as condicións para o seu perfecto funcionamento.

* Seleccionar os patróns e os controis de calidade seguindo os protocolos establecidos en función dos parámetros que se determinen.

* Aplicar as técnicas de limpeza, asepsia e descontaminación de equipamentos, materiais non refugables e reactivos, consonte os protocolos establecidos.

* Seleccionar as operacións fisicoquímicas en función do tipo de mostras e a determinación que se realice, e comprobar que os produtos obtidos estean na cantidade e posúan a calidade necesarias para a súa posterior análise.

* Describir os elementos formes que poden ser cuantificados e as técnicas para aplicar máis adecuadas, indicando os valores normais de cada serie.

* Explicar o concepto, os valores normais, as alteracións e a significación clínica dos parámetros hematocitométricos.

* Analizar morfoloxicamente e cualitativamente os elementos celulares do sangue, mediante diversas técnicas.

* Explicar o funcionalismo e as alteracións morfolóxicas e funcionais dos elementos formes do sangue.

* Clasificar os glóbulos brancos en función das súas características morfolóxicas, tintoriais, inmunolóxicas e funcionais.

* Describir os tipos de tinturas utilizadas para a identificación e o estudo dos elementos formes do sangue.

* Describir os criterios de identificación dos elementos celulares normais da medula ósea.

* Seleccionar o equipamento e os procedementos analíticos axeitados para realizar o estudo do sistema de coagulación e hemostase.

* Describir os metabolitos específicos da coagulación que permitan a detección de patoloxías do sistema.

* Describir e realizar as análises que se poden efectuar para o estudo e o control da coagulación sanguínea.

* Identificar os compoñentes sanguíneos para obter a partir dunha unidade de sangue total.

* Describir os procedementos de obtención de sangue de doadores sans para a súa utilización con fins terapéuticos.

* Relacionar os compoñentes sanguíneos obtidos coas posibles patoloxías ou deficiencias para as que estean indicados.

* Describir as técnicas de fraccionamento manual e automático dunha unidade de sangue en función dos compoñentes que se desexen obter, e indicar as vantaxes e os inconvenientes de cada unha.

* Relacionar os sistemas de conservación, os tempos de caducidade e os aditivos para lle engadir a cada compoñente sanguíneo obtido por fraccionamento dunha unidade de sangue.

* Describir os procedementos de identificación e control dos hemoderivados que se conservan nun banco de sangue.

* Enumerar e realizar as técnicas de determinación dos grupos sanguíneos e do factor Rh, así como as de compatibilidade entre o sangue de doadores e de receptores.

* Recoñecer os fundamentos, os procedementos e as aplicacións dos estudos cromosómicos seleccionando a técnica máis axeitada nas mostras de sangue ou de medula ósea, consonte os protocolos establecidos.

* Identificar as técnicas de análise citolóxica, reconto e composición celular nas mostras de urina, feces, LCR, zume gástrico, exsudados, transudados e líquidos articulares.

* Realizar a microfotografía dos campos seleccionados e comprobar que a composición cromosómica efectuada sexa a adecuada para o estudo que se leve a cabo, así como a realización da macrofotografía definitiva para o seu estudo.

* Realizar a observación microscópica das preparacións obtidas a partir de mostras biolóxicas, e recoñecer a súa normalidade celular.

* Realizar o tratamento e o rexistro dos datos obtidos nas técnicas hematolóxicas de xeito manual ou informatizado, segundo protocolos establecidos.

* Recoñecer as normas de seguridade, hixiene e ambientais que se lles deben aplicar ás mostras hematolóxicas e citolóxicas, e aos seus procedementos.

3.2.5.2. Contidos (duración: 450 horas).

Contidos procedementais

Laboratorio de hematoloxía.

* Planificación do procedemento de estudo.

-Identificación do estudo solicitado na folla de traballo.

-Comprobación das condicións das mostras.

-Interpretación dos protocolos dos procedementos para aplicar.

-Selección de equipamentos, materiais e reactivos, e comprobación das súas óptimas condicións para o uso.

-Determinación do procedemento fisicoquímico de preparación.

-Realización dos cálculos para a dilución das mostras e dos reactivos, e a execución da dilución.

-Conservación e almacenaxe de mostras, reactivos, patróns e controis en condicións axeitadas.

* Análise microscópica de mostras de sangue.

-Identificación do tipo de mostra e valoración da calidade da preparación.

-Preparación do microscopio e selección do obxectivo máis indicado.

-Selección dos campos de observación, así como interpretación e valoración da imaxe obtida.

-Rexistro dos resultados obtidos no soporte axeitado e arquivo das mostras.

Sangue.

* Procedementos hemocitométricos.

-Selección e posta a punto do material, os equipamentos de medición e os reactivos, en función dos elementos celulares que se estuden.

-Seguimento das normas e dos protocolos de traballo.

-Dilución e homoxeneización do sangue, cando cumpra.

-Realización de procedementos hemocitométricos.

-Cálculo, interpretación e avaliación dos resultados obtidos.

* Serie vermella: outras medicións hematolóxicas non hemocitométricas (hematocrito, hemoglobina, VSG e índices eritrocíticos).

-Aplicación dos protocolos establecidos nas medicións que se realicen.

-Selección do tipo e da cantidade de anticoagulante para aplicar nas mostras, en función do estudo que se realice.

-Selección e posta a punto do material, os equipamentos de medición e os reactivos, en función do estudo que se realice.

-Realización das técnicas axeitadas en función do estudo que se leve a cabo.

-Lectura, cálculos, rexistro nos soporte axeitados e avaliación dos resultados.

* Serie branca: estudo histoquímico das extensións sanguíneas.

-Selección do material e dos reactivos necesarios, en función da técnica que se realice, tendo en conta os protocolos de traballo.

-Realización, identificación, lavado e secado dos frotis.

-Fixación e tintura manual ou automática das extensións, en función da técnica que se realice.

-Comprobación da calidade da tintura, identificando as posibles causas que puidesen afectar a súa calidade.

-Identificación microscópica dos tipos e das características dos leucocitos, así como o seu reconto nos campos seleccionados.

-Rexistro da formula leucocitaria no soporte adecuado, interpretación e avaliación dos resultados obtidos.

Hemostase.

* Realización de técnicas de hemostase primaria.

-Selección das técnicas adecuadas en función do estudo que se realice.

-Selección do material necesario para a realización das técnicas.

-Selección do sangue ou do plasma tratado co anticoagulante adecuado.

-Realización do procedemento axeitado para a obtención de resultados, e a súa interpretación.

* Realización de técnicas de hemostase secundaria:

-Selección das técnicas adecuadas en función do estudo que se realice.

-Selección e posta a punto do material, os reactivos e os equipamentos necesarios para a realización das técnicas.

-Selección do sangue ou do plasma tratado co anticoagulante axeitado.

-Realización do procedemento indicado para a obtención de resultados, e a súa interpretación.

Inmunohematoloxía.

* Selección do material, os reactivos e os equipamentos necesarios para a realización de técnicas de tipificación e estudo inmunolóxico.

* Preparación das mostras e realización das técnicas de tipificación e estudo inmunolóxico.

* Interpretación e rexistro dos resultados obtidos no soporte axeitado.

* Determinación dos grupos sanguíneos e dos antíxenos de compatibilidade.

Banco de sangue e hemoterapia.

* Banco de sangue.

-Identificación dos criterios de selección de doadores e do tipo de hemoderivados existentes.

-Selección do material, os reactivos e os equipamentos necesarios para a realización de técnicas inmunolóxicas.

-Tipificación e estudo inmunolóxico do hemoderivado.

-Determinación do procedemento de obtención e fraccionamento.

-Aplicación dos protocolos de traballo ás condicións de conservación, aditivos e tempo de caducidade dos hemoderivados.

-Etiquetaxe e rexistro no soporte axeitado dos datos dos hemoderivados.

* Hemoterapia.

-Identificación da tipificación do receptor da transfusión e da tipificación compatible.

-Selección do hemoderivado e realización das probas de compatibilidade.

-Interpretación dos resultados e valoración da idoneidade das probas.

Control de calidade no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Aplicación de criterios de exclusión e rexeitamento das mostras que se analicen.

* Comparación dos resultados obtidos cos patróns establecidos e con outras medidas hematolóxicas ou bioquímicas.

Estudos cromosómicos.

* Preparación da mostra para o cultivo celular.

* Activación da mitose mediante emprego de reactivos.

* Extensión, tintura e preparación da mostra activada.

* Selección microscópica dun conxunto microscópico concreto.

* Microfotografía e ampliación do campo seleccionado.

* Realización da composición cromosómica. Macrofotografía da composición.

* Asistencia ao facultativo responsable do criterio diagnóstico.

* Anotación, rexistro e arquivo das preparacións e fotografías.

Normas de seguridade, de hixiene e ambientais.

* Aplicación das normas de seguridade, de hixiene e ambientais que se lles deben aplicar ás diferentes mostras hixiénicas e citolóxicas, así como os seus procedementos.

Contidos conceptuais

Laboratorio de hematoloxía.

* Microscopio: fundamentos, propiedades ópticas e elementos.

* Tipos de microscopia: campo luminoso, campo escuro, luz ultravioleta, fluorescencia, contraste de fases e de transmisión electrónica.

* Material básico do laboratorio de hematoloxía.

* Fundamento e tipos dos equipamentos especiais do laboratorio de hematoloxía.

Sangue.

* Fisioloxía, composición e características fisicoquímicas do sangue.

* Métodos de estudo.

* Técnicas de reconto celular.

* Técnicas de observación microscópica de células sanguíneas.

Serie vermella.

* Estrutura, fisioloxía e metabolismo eritrocitario.

* Patoloxía do sistema eritrocitario.

-Alteracións.

-Probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.

Serie branca.

* Estrutura, fisioloxía e metabolismo do sistema leucocitario.

* Patoloxía do sistema leucocitario.

-Alteracións.

-Probas analíticas para o diagnóstico e o seguimento destas patoloxías.

Hemostase.

* Hemostase primaria e secundaria.

* Estrutura, fisioloxía e metabolismo do sistema plaquetario.

* Alteracións morfolóxicas e funcionais das plaquetas.

* Patoloxía do sistema plaquetario.

* Coagulación: factores, fisioloxía e inhibición da coagulación.

* Fibrinolise.

* Alteracións da hemostase.

* Anticoagulantes: tipos, mecanismos de acción, aplicacións e seguimentos analíticos nas terapias anticoagulantes.

Inmunoloxía.

* Inmunoloxía celular: conceptos xerais.

* Mecanismo da resposta inmune.

* Patoloxía inmunolóxica.

Inmunohematoloxía.

* Conceptos xerais.

* Sistema ABO. Sistema Rh. Outros sistemas.

* Compatibilidade eritrocitaria entre doador e receptor.

Banco de sangue e hemoterapia.

* Criterios de selección dos doadores.

* Probas analíticas.

* Produtos sanguíneos obtidos.

* Recollida, fraccionamento, tipificación, etiquetaxe e conservación dos hemoderivados.

* Reaccións postransfusionais.

Estudos cromosómicos.

* Fundamentos.

* Procedementos de estudo.

* Aplicacións.

Control de calidade no laboratorio de diagnóstico clínico.

* Criterios de exclusión e rexeitamento das mostras.

* Calidade do proceso de análise.

Normas de seguridade, de hixiene e ambientais.

* Medidas para aplicar no manexo das mostras hematolóxicas e citolóxicas.

* Medidas para aplicar no manexo dos materiais e dos reactivos empregados na análise de mostras hematolóxicas e citolóxicas.

Contidos actitudinais

* Sistematicidade na comprobación dos resultados e na corrección dos erros detectados nas mostras e nos reactivos, así como do funcionamento e axuste de equipamentos.

* Interese pola selección das preparacións e pola toma de decisión cando a mostra non reúna as condicións de calidade para realizar os estudos hematolóxicos.

* Eficacia e precisión na manipulación de mostras, reactivos, materiais e equipamentos de laboratorio.

* Valoración da importancia que teñen a pulcritude e a hixiene na manipulación de mostras, reactivos e materiais do laboratorio.

* Consciencia da importancia que ten o cumprimento das normas de seguridade e hixiene na manipulación e na eliminación de mostras e de produtos de laboratorio de hematoloxía, para evitar a contaminación persoal, ambiental e das mostras.

* Valoración da importancia que ten o mantemento do segredo profesional.

* Rigor á hora de conservar o material e o instrumental do laboratorio para o manter en perfectas condicións de uso.

* Valoración da importancia que ten o seguimento de protocolos nas análises hematolóxicas.

* Rigor na realización de controis de calidade e no tratamento dos datos obtidos na análise, así como na interpretación dos resultados.

* Valoración da importancia da colaboración co equipo de traballo no laboratorio, a coordinación e a adaptación a este, pola repercusión que ten no seu funcionamento.

* Interese polos avances científicos e pola asimilación de novos métodos de traballo que melloren os resultados.

3.3. Módulos profesionais transversais

3.3.1. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 70 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* Identificar, dentro do contorno profesional e de traballo, o sector en que se vaia desenvolver o proxecto.

-Selecciónase dentro do contorno profesional do DBC o subsector onde se vaia desenvolver o proxecto.

-Procúrase información específica sobre o subsector elixido.

-Elabórase o guión do traballo que cumpra seguir para a realización do proxecto.

* Clarificar a tipoloxía, a organización e o funcionamento do proxecto para planificar os recursos necesarios e analizar a súa viabilidade.

-Defínese a tipoloxía do proxecto en función do servizo ou da unidade destinataria.

-Establécese o organigrama do persoal necesario para desenvolver o proxecto.

-Deséñanse a metodoloxía de traballo axeitada para mellorar os resultados do proxecto ou aumentar a súa eficacia.

* Analizar as técnicas analíticas e a selección de mostras que se poidan aplicar para a realización dun estudo analítico determinado.

-Analízanse os aspectos que poidan incidir no desenvolvemento da actividade.

-Analízanse as características espaciais requiridas no desenvolvemento do traballo.

* Preparar os equipamentos, os materiais, os reactivos e os produtos de laboratorio necesarios para o procesamento das mostras que se analicen.

-Faise un inventario do material necesario.

-Prepárase e ordénase o material para o seu doado acceso na elaboración da técnica.

-Compróbase o cumprimento das normativas de seguridade.

* Procesar as mostras para análise, seguindo os protocolos das técnicas seleccionadas.

-Rotúlase, sinálase e compróbase a procedencia das mostras para evitar erros de identificación, consonte a normativa estipulada.

-Formalízanse os rexistros das mostras, seguindo os protocolos establecidos.

-Procésanse as mostras cumprindo criterios normativizados.

* Realizar a orientación diagnóstica das preparacións a partir do estudo bioquímico, microbiolóxico e/ou citolóxico.

-Faise a comparación entre as marxes observadas e os patróns de normalidade ou anormalidade.

-Faise unha orientación diagnóstica en función dos estudos realizados.

* Establecer criterios de avaliación para mellorar o proxecto e previr o seu fracaso.

-Analízanse ou establécense os criterios de calidade na execución do proxecto.

-Selecciónanse métodos de control de calidade e avaliación dos resultados.

-Deséñanse estratexias que permitan reconducir o proxecto cando non se acaden os obxectivos previstos.

* Realizar cambios no sistema para a mellora da súa funcionalidade, o seu rendemento e a súa seguridade.

-Compróbase que se cumpran as normas de seguridade básicas no manexo de información confidencial.

-Compróbase que o rendemento do proxecto sexa axeitado e, en caso contrario, reformúlase.

3.3.2. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* Participar na organización e na xestión da unidade ou do gabinete do laboratorio de diagnóstico clínico.

-Analízanse os tipos de documentación clínico-sanitaria, as súas aplicacións, a súa tramitación, o seu emprego, o seu rexistro e o seu arquivo.

* Participar na xestión de existencias e inventarios.

-Identifícanse as necesidades de reposición.

-Formúlanse documentos de pedido e compróbase o recibido.

-Almacénase o material e o instrumental recibido no seu lugar correspondente e nas condicións adecuadas, tendo en conta os protocolos establecidos.

-Distribúese o material e o instrumental entre as unidades de traballo.

-Realízase o rexistro no soporte adecuado.

* Particípase na recollida, no rexistro, na clasificación, na distribución, na preparación e na conservación de mostras biolóxicas.

-Prepárase o material necesario para levar a cabo a toma de mostras e realízase a súa obtención en función das determinacións analíticas que se efectúen.

-Interprétanse os impresos de peticións analíticas.

-Identifícanse os tipos de mostras.

-Verifícanse os datos de identificación (paciente-cliente) e das mostras.

-Compróbase que as condicións das mostras sexan as adecuadas para o seu procedemento.

-Distribúense as listaxes e as mostras nas diferentes áreas de traballo tendo en conta as súas características e, de ser preciso, aplícanse técnicas de conservación.

-Prepáranse reactivos e mostras para o seu procesamento analítico.

* Participar nas determinacións analíticas bioquímicas a partir de mostras de soro ou sangue total, e relacionar os resultados coas posibles patoloxías asociadas.

-Prepáranse as instalacións, póñense a punto e manéxanse equipamentos automáticos de bioquímica, en función da determinación que se realice.

-Realízanse as determinacións analíticas en bioquímica a partir de soro ou sangue total.

-Obtéñense parámetros analíticos e relaciónanse co tipo de mostra e coa técnica empregada.

* Participar no procesamento das determinacións analíticas de mostras biolóxicas, e relacionar os resultados coas posibles patoloxías asociadas.

-Prepáranse as instalacións, os equipamentos, os materiais e os reactivos necesarios en función da determinación que se realice e o tipo de mostra.

-Realízanse técnicas de inoculación e sementeira en medios adecuados en función do estudo microbiolóxico.

-Realízanse extensións, fixacións e tinturas, empregando o material e os reactivos adecuados en función da identificación microbiana que se leve a cabo.

-Identifícanse microbioloxicamente anaerobios, micobacterias, parasitos, fungos e virus, nos distintos tipos de mostras.

-Realízanse análises de susceptibilidade antimicrobiana, utilizando equipamentos automáticos e semiautomáticos.

* Participar no procesamento e nas determinacións analíticas de mostras hematolóxicas e do banco de sangue, e relacionar os resultados coas posibles patoloxías asociadas.

-Prepáranse as instalacións, póñense a punto e manéxanse os equipamentos, os materiais e os reactivos necesarios para a realización das determinacións analíticas de mostras hematolóxicas e do banco de sangue.

-Realízase a identificación celular mediante métodos inmunolóxicos e/ou histoquímicos.

-Utilízanse equipamentos automáticos en hematoloxía: contadores de células e equipamentos de coagulación.

-Utilízanse os equipamentos e o material adecuado para a preparación de hemoderivados.

-Prepáranse hemoderivados de xeito manual e automático, almacénanse, consérvanse e distribúense, seguindo os protocolos establecidos no banco de sangue, consonte a lexislación vixente.

-Realízanse análises citolóxicas, reconto e composición celular nas mostras biolóxicas non sanguíneas.

-Realízanse análises cromosómicas leucocitarias aplicando as técnicas correspondentes.

* Participar na aplicación de normas e procedementos sobre seguridade e hixiene na manipulación de mostras, reactivos e equipamentos.

-Tómanse as medidas de protección individual e do contorno para evitar riscos e contaminación das mostras.

-Aplícanse as normas de seguridade establecidas no mantemento e no manexo de equipamentos e mostras.

-Elimínase o material, as mostras e os reactivos seguindo as normas de seguridade e hixiene e os protocolos de laboratorio.

* Participar na limpeza e na desinfección das instalacións, os equipamentos e os materiais, así como na súa esterilización.

-Aplícase o procedemento adecuado en función do tipo de material e da súa contaminación, seguindo protocolos establecidos no laboratorio de análises clínicas.

-Compróbase que as instalacións, os equipamentos e o material reúnan as condicións adecuadas para o seu posterior uso.

* Participar na interpretación dos datos obtidos e no rexistro de resultados.

-Interprétanse e valóranse os datos obtidos nas determinacións analíticas.

-Rexistrar resultados utilizando a terminoloxía axeitada e no soporte indicado no protocolo.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

3.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar dun accidente en situacións simuladas.

* Analizar os xeitos e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia e identificar as variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

3.4.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa de seguridade social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de artigos de prensa e de textos técnicos sobre temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. Empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como dos bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* Expediente académico, no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Bioloxía.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de laboratorio de diagnóstico clínico.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de laboratorio de diagnóstico clínicoProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

2Recollida, reparación e conservación de mostras bilóxicas humanasProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino secundario

3Fundamentos e técnicas de análises bioquímicosProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino secundario

4Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicasProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésicaProfesorado técnico de FP

5Fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicasProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésicaProfesorado técnico de FP

6Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas, licenciatura en ciencias empresariais, licenciatura en ciencias actuariais e financeiras, licenciatura en economía, licenciatura en investigación e técnicas de mercado, diplomatura en ciencias empresariais e diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* Para os efectos de docencia, as titulacións declaradas equivalentes ás de licenciatura, enxeñaría, arquitectura e doutoramento, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.-Diplomatura en traballo social.-Diplomatura en educación social.-Diplomatura en xestión e administración pública.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 296/1999, do 21 de outubro, o ciclo formativo de laboratorio de diagnóstico clínico, de formación profesional de grao superior, require para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto os seguintes espazos mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m15%

Laboratorio de análise90 m60 m35%

Laboratorio de microbioloxía60 m60 m50%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas.

* Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas.

* Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de laboratorio de diagnóstico clínico.

* Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas.

* Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas.

* Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Mestre (todas as especialidades).

* Diplomatura en educación social.

* Diplomatura en enfermaría.

* Diplomatura en fisioterapia.

* Diplomatura en logopedia.

* Diplomatura en podoloxía.

* Diplomatura en terapia ocupacional.

* Diplomatura en traballo social.

* Licenciatura en bioloxía.

* Licenciatura en biotecnoloxía.

* Licenciatura en farmacia.

* Licenciatura en medicina.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

80Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de laboratorio de diagnóstico clínico

295Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas

450Fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicas

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

295Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas

295Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas

70Proxecto integrado

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.