DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2006 Páx. 842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de decembro de 2005 de actualización das tarifas dos servizos de transporte de viaxeiros regulares permanentes de uso xeral.

Advertidos erros na Orde do 15 de decembro de 2005 de actualización das tarifas dos servizos de transporte de viaxeiros regulares permanentes de uso xeral, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 30 de decembro de 2005, cómpre facer as correccións que deseguido se indican:

Na páxina 20.560, no artigo 1º punto 2, onde di: «A dita revisión tarifaria realizarase a conta da que resulte no ano 2005 como consecuencia da revisión á que fai referencia o artigo 19.5º da Lei de ordenación dos transportes terrestres, realizándose esta última sobre as tarifas vixentes o 1 de abril de 2004», debe dicir: «A dita revisión tarifaria realizarase a conta da que resulte no ano 2006 como consecuencia da revisión á que fai referencia o artigo 19.5º da Lei de ordenación dos transportes terrestres, realizándose esta última sobre as tarifas vixentes o 1 de abril de 2005».