DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2006 Páx. 706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do III Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Visto o texto do III Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Vilagarcía de Arousa, con número de código 3603102, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 14-11-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación do concello, e da parte social, polo comité de empresa, con data 15-9-2005, e aprobado polo Pleno do concello o 29-9-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de novembro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión da comisión negociadora do III Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilagarcía de Arousa do 15 de setembro de 2005

Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo as doce horas e trinta minutos do día quince de setembro de dous mil cinco, reúnense os membros da comisión negociadora do III Convenio colectivo do persoal laboral seguintes:

-Polo concello:

Joaquín Javier Gago López, alcalde-presidente.

Jesús Paz Arias, concelleiro delegado de Formación e Emprego.

José Miguel Caamaño Romero, funcionario do concello-xefe do Negociado de Persoal, que actúa como secretario desta reunión.

-Polo comité de empresa:

Francisco J. Vicente Maneiro, presidente.

Adela Miguens Muñiz, secretaria.

Alicia María López, vogal.

Esperanza Sánchez Pena, vogal.

-Asesores:

José Vázquez González, por UGT.

Juliana Barbosa Sánchez, por CC.OO.

Aberta a reunión, e logo dunhas palabras de saudación, dáse conta do acordo da comisión negociadora do pasado 20 de xullo.

Unha vez realizadas pequenas matizacións referidas á separación da epígrafe Recadación das doutras, á inclusión do posto de limpadora de recadación e supresión da duplicidade do posto de psicólogo do SPAD, adóptase o seguinte acordo:

A comisión negociadora acorda aprobar como III Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilagarcía de Arousa:

«anter o texto do II Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilagarcía de Arousa, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 191, do 2-10-2001, coas seguintes matizacións:

1. Modifícase o artigo 2 referido ao ámbito temporal en canto a que a duración do convenio será ata o 31-12-2007, prorrogable por anualidades de non existir denuncia ningunha das partes e ata a entrada en vigor dun novo convenio que o substitúa, após a oportuna negociación.

2. Modifícase o artigo 35 referido á antigüidade, que queda redactado do seguinte xeito:

Os traballadores/as laborais fixos e os contratados con máis de tres anos de servizos continuados desfrutarán dun complemento persoal de antigüidade (trienio) por cada 3 anos de servizos prestados ao concello, na mesma contía que para os funcionarios, de xeito que ao grupo I lle corresponde o grupo A de funcionarios e así correlativamente.

No caso de persoal a tempo parcial, efectuarase de xeito proporcional.

3. Modifícase o artigo 62 referido ao plan de pensións, que queda redactado do seguinte xeito:

O concello comprométese, de conformidade cos acordos adoptados no seu día, a manter o actual plan de pensións para todo o seu persoal laboral fixo ou cunha antigüidade superior a 2 anos, incre

mentando a cantidade de 30,81 A/mes e traballador do ano 2005 no IPC para o ano 2006 e seguintes.

4. Conforme se sinala na disposición adicional 6ª do citado II convenio colectivo, o texto do convenio, agás no referido ás táboas salariais do anexo II e nos puntos coincidentes co texto do acordo marco de funcionarios, estará supeditado ao que resulte do citado acordo marco, co fin de que na medida do posible as condicións xerais sexan semellantes.

5. Modifícase o anexo I, referido á clasificación do persoal laboral, e o anexo II, referido ás táboas salariais, que con efectos do 1-3-2005 quedan redactadas do xeito seguinte:

ANEXO I

Clasifícase o persoal laboral que non está incluído en ningún tipo de convenio con outra institución (Inem, Xunta de Galicia, etc.), nos seguintes grupos, en función da titulación e/ou categoría profesional requirida para o posto de traballo:

Grupo I: persoal titulado superior (licenciados).

Grupo II: persoal titulado medio (diplomados).

Grupo III: persoal ao que se lle exixa titulación de bacharelato, FP II ou equivalente.

Grupo IV: encargado, capataz, monitor curso e similares e persoal ao que se lle exixa titulación de graduado escolar, FP I ou equivalente.

Grupo V: operario, peón, oficial de oficios, subalterno e similares e persoal para o cal se exixa titulación de estudos primarios ou certificado de escolaridade.

Os postos de traballo do persoal laboral fixo/indefinido existente na actualidade no concello, adscríbese aos seguintes grupos:

-Muller, limpeza e F.P.S.D.M.:

Grupo I: sociólogo.

Grupo III: administrativo-xestor.

Grupo V: limpadora, operario servizos múltiples, operario albanel.

-S.P.A.D.:

Grupo I: médico, psicólogo.

Grupo II: asistente social, educadora social, ATS.

Grupo IV: auxiliar administrativo, auxiliar de clínica.

-Escola de música:

Grupo I: profesor superior.

Grupo II: profesor grao medio.

-Recadación:

Grupo III: administrativo.

Grupo IV: auxiliar administrativo.

Grupo V: limpadora.

-Outros:

Grupo I: orientador laboral.

Grupo II: profesor g. medio E.M.

ANEXO II

Táboas salariais ano 2005 (a partir do 1-3-2005)

a) Persoal laboral fixo/indefinido do cadro de persoal.

Muller, limpeza e F.P.S.D.M.:

Grupo/postoSoldo baseComplementoIncentivoTotal mesObserv./outros

I. Sociólogo C. muller1.069,62565,16521,802.156,58

III. Adtvo. X. FPSDM676,70339,24395,311.411,25

V. Op. S.M. FPSDM505,15252,12317,671.074,94

V. Op. alb. FPSDM505,15252,12317,671.074,94

V. Limpadora505,15252,12317,671.074,942 postos

V. Vix./limp. O Carril417,59208,42262,21888,6231 h/s

S.P.A.D.:

Grupo/postoSoldo baseComplementoIncentivoTotal mesObserv./outros

I. Médico1.069,62565,16521,802.156,582 postos

I. Psicólogo1.069,62565,16521,802.156,582 postos

I. Psicólogo713,08376,77347,871.437,7225 h/s

Grupo/postoSoldo baseComplementoIncentivoTotal mesObserv./outros

II. Asistente social907,80426,29503,361.837,452 postos

II. ATS580,99272,83322,151.175,9724 h/s

II. Educadora social605,20284,19335,581.224,9725 h/s

II. Educadora social363,12170,52201,34734,9815 h/s

IV. Auxiliar de clínica553,32295,69358,091.207,10

IV. Auxiliar administrativo553,32295,69358,091.207,10

Persoal escola de música:

Grupo/postoSoldo baseComplementoIncentivoC.P.A. (1)Total mesObserv./outros

I. Prof. sup.713,08376,77347,87111,501.549,2225 h/s-excte.

II. Prf. g.m. d. esc. m.907,80426,29503,361.837,45Xor. compl.

II. Prf. g.m. d. b. m.907,80426,29503,361.837,45Xor. compl.

II. Prof. g. medio726,24341,03402,6980,221.550,1830 h/s-2 postos

II. Prof. g. medio605,20284,19335,5866,851.291,8225 h/s

II. Prof. g. medio e.m.580,99272,83322,1564,081.240,0524 h/s

(1) CPA=CPTA: complemento persoal transitorio absorbible.

Os salarios refírense a unha xornada completa. No caso de tempo parcial, o salario fíxase en función de 37,5 horas semanais, sendo proporcional ás horas semanais contratadas. Nos actuais casos de tempo parcial xa figura establecido en función das horas contratadas.

As pagas extraordinarias serán en xuño e decembro, por unha contía igual ao salario base, antigüidade e unha porcentaxe sobre o concepto complemento igual que a que se fixe para os funcionarios

sobre o concepto de complemento de destino. Asemade, percibirán unha gratificación extraordinaria conxuntamente coas pagas extraordinarias por importe igual ao que reciban os funcionarios, e que será proporcional nos casos de tempo parcial.

Estes salarios, establecidos a partir do 1-3-2005, incrementaranse anualmente no índice porcentual que se fixe na Lei de orzamentos do Estado, como incremento salarial para o persoal ao servizo das administracións públicas.

b.1) Recadación:

Grupo/postoSoldo baseComplementoIncentivoC.P.A. (1)Total mesObserv./outros

III. Adtvo. Recadación676,70339,24395,311.411,25

IV. Aux. admtvo. Recd.553,32295,69358,091.207,104 postos

V. Limpadora134,7167,2384,71286,6510 h/s

b.1) Outros:

Grupo/postoSoldo baseComplementoIncentivoC.P.A. (1)Total mesObserv./outros

I. Orientadora laboral1.069,62565,16521,802.156,58

II. Prof. g. medio e.m.605,20284,19335,5866,851.291,8225 h/s

II. Prof. g. medio e.m.363,12170,52201,3440,11775,0915 h/s

II. Prof. g. medio e.m.145,2568,2180,5416,04310,046 h/s

Os salarios refírense a unha xornada completa. No caso de tempo parcial, o salario fíxase en función de 37,5 horas semanais, sendo proporcional ás horas semanais contratadas. Nos actuais casos de tempo

parcial xa figura establecido en función das horas contratadas.

As pagas extraordinarias serán en xuño e decembro, por unha contía igual ao salario base, antigüi

dade e unha porcentaxe sobre o concepto complemento igual que a que se fixe para os funcionarios sobre o concepto de complemento de destino. Asemade, percibirán unha gratificación extraordinaria conxuntamente coas pagas extraordinarias por importe igual ao que reciban os funcionarios, e que será proporcional nos casos de tempo parcial.

Estes salarios establecidos a partir do 1-3-2005 incrementaranse anualmente no índice porcentual que se fixe na Lei de orzamentos do Estado, como incremento salarial para o persoal ao servizo das administracións públicas.

c) Persoal contratado temporal e laboral en xeral.

Grupo/postoSalario baseCompl./incentivoTotal mesObservac./outros

I1.069,62795,841.865,46

II907,80678,071.585,87

III676,70655,931.332,63

IV553,32527,151.080,47

V505,15488,53993,68

O persoal contratado temporal percibirá, ademais, a correspondente indemnización por cesamento, que poderá ser rateada mensualmente a razón de 20 días do salario base por ano, conforme a seguinte fórmula mensual:

S.B.x1,66

30

Os salarios refírense a unha xornada completa. No caso de contratación a tempo parcial, o salario fixarase en función de 37,5 horas/semanais e será proporcional ás horas contratadas.

As pagas extraordinarias serán en xuño e decembro, por unha contía igual ao salario base. Poderán ser rateadas mensualmente.

No caso do persoal que preste servizos como monitores de cursos, organizados polo concello, e o seu salario sexa preciso establecelo en función das horas lectivas impartidas, este establecerase en función do tipo de curso e nunca será inferior a 10 A/horas lectivas.

Estes salarios establecidos para o 2005 incrementaranse anualmente no índice porcentual que se fixe na Lei de orzamentos do Estado, como incremento salarial para o persoal ao servizo das administracións públicas.

6. No ano 2006 estableceranse novas táboas salariais para as alíneas a) e b) do anexo II, asumíndose con efectos do 1 de xaneiro de 2006 as diferenzas restantes das retribucións do persoal laboral do cadro de persoal (fixos e indefinidos) para a equiparación

cos funcionarios de carreira do concello, en activo, cos complementos máis baixos de cada grupo.

7. En relación aos traballadores contratados para programas subvencionados (programas de cooperación da Xunta, Programa Labora, brigada incendios forestais, Grumir, etc.), observarase o que se estableza no propio programa, e en relación ás retribucións, o que se sinale na concesión da subvención correspondente.

Sendo as trece horas e quince minutos do día da data, dáse por rematada a reunión, da cal se expide esta acta, que asinan os que interveñen e do que, como secretario, dou fe.