DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2006 Páx. 666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 4 de xaneiro de 2006 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2006.

Na presente orde establécese o réxime necesario para permitir a explotación marisqueira en Galicia durante todo o ano, coas garantías dunha boa xestión do recurso.

O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, establece no seu artigo 3 que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual, un plan xeral de explotación marisqueira.

O mecanismo de elaboración do plan xeral permite ás entidades asociativas do sector participar na responsabilidade da xestión dos recursos.

Así, preséntanse plans de explotación para as autorizacións e zonas de libre marisqueo nas que se mellora a explotación con respecto as normas de libre marisqueo, adquiren especial relevancia as actividades de semicultivo e rexeneración, control e vixilancia que prevén os plans de explotación, arma fundamental para a recuperación e mellora das zonas produtivas, así o entende a administración pesqueira que, a través da Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira, introduce como novidade no artigo 10 que o incumprimento dos plans de explotación aprobados pola consellería competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura se considera falta.

Sen prexuízo do exposto, a Administración, co obxecto de tutelar a mellora da produción, require os informes técnicos necesarios respecto de todos os aspectos esenciais para acadar tal fin. Unha vez emitidos os informes, requírese a modificación do plan presentado, o que se recolle na proposta de resolución que se incorpora no procedemento antes da aprobación definitiva mediante a publicación desta orde, aínda que se poderán ditar as instrucións de desenvolvemento que se consideren necesarias para acadar os obxectivos do plan xeral.

A orde regula, así mesmo, a veda dos diferentes crustáceos de forma que se poidan adoptar anualmente as medidas necesarias de conservación, tendo en conta os datos científicos máis fidedignos.

Polo tanto, examinados os plans de explotación, remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, consultadas as entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre marisqueo e vistos os informes biolóxicos emitidos polos técnicos desta consellería e de conformidade co disposto no citado decreto regulador,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.

1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, para o ano 2006, apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa. Os plans que agora se aproban desenvolveranse conforme as instrucións que posteriormente se diten de seren necesarias.

-Plan de coquina da confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: caseta de Arealonga e Lombo das Navallas.

Punto de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: outubro a decembro.

Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: zona de autorizacións situadas na marxe esquerda da ría do Barqueiro, entre a Punta da Barra ao sur de Punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: praia de Lama, peirao de San Fiz, Ponte Vella, Fabriquín e peirao do Barqueiro.

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: zona de autorización. Marxe dereita da ría de Ortigueira, desde a enseada de Ladrido ata a punta de Piñeiral.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Ortigueira, Punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: zona de autorización. Entre Punta Leixa e Punta Figueiroa.

Días máximos de extracción: 56.

Puntos de control: Punta Fornelos, Punta Promontoiro, Sismundi e Figueroa.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e ostra plana.

Épocas probables de extracción: de febreiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: zona de autorización (enseada de Esteiro a enseada de Pantín).

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control: O Cubilote, enseada de Esteiro, O Alfunil enseada de Pantín e casa do pescador de Cedeira.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Especies: ameixa fina, caramuxo e berberecho.

Épocas probables de extracción: abril, maio e decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: zona de autorización (enseada de S. Felipe, Cabana-Malata e Montón-Caranza).

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: A Malata.

Punto de venda: lonxa da Gándara e Ferrol.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Plan conxunto para As Pías das confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre.

Zona de traballo: banco somerxido das Pías.

Días máximos de extracción: 121.

Puntos de control: lanchas de vixilancia das confrarías de Barallobre e Ferrol.

Punto de venda: lonxas da Gándara, lonxa de Barallobre e lonxas autorizadas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra.

Épocas probables de extracción: primeira quincena de xaneiro, abril, xullo, agosto, setembro, segunda quincena de novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Barallobre.

Zona de traballo: zona de autorización: de Punta do Ramo a peirao de Maniños (praia de Maniños e Barallobre).

Días máximos de extracción: 110.

Puntos de control e venda: lonxa de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, caramuxo e ostra plana.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e de xullo a decembro. Para ostra: de xaneiro a marzo e de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de Mugardos.

Zona de traballo: zona de autorización (enseada da Barca, Sta. Lucía, O Baño e Nande).

Días máximos de extracción: 83.

Punto de control e punto de venda: A Barca e Casa do Reló.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Pontedeume (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización (O Fabal, Magdalena, Oito).

Días máximos de extracción: 98.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Pontedeume (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización (O Fabal, Magdalena, Oito).

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: caseta do Pedrido e peirao de Miño.

Punto de venda: O Pedrido.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de agosto a decembro.

-Confraría de pescadores de Sada.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: praia de Sada.

Punto de venda: lonxa de Sada.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e ameixa xaponesa.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 50 a pé; 80 desde embarcación.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a abril, novembro e decembro. Ademais, maio no Banco do Caínzo e Maruxas.

Desde embarcación: xaneiro a abril, outubro a decembro.

-Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: zona de autorización das Lagoas de Baldaio.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control e venda: Fonte Santa Helena.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra plana.

Épocas probables de extracción: abril e de xullo a decembro.

-Agrupación de Mariscadores Esteiro río Anllóns.

Zona de traballo: zona de autorización (marxe dereita da enseada do río Anllóns, entre illa Cagallóns e liña de Punta Revoltas e enseada de Insua. Subzonas A, A1-2, A3, G e zona de caramuxo.

Días maximos de extracción: 220.

Puntos de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Puntos de venda: Pedras de Cambón.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: zona de autorización: de Punta Lago a Punta Roda. De Punta Sandía a Punta Roda. De Punta Sandía a Punta Insuela. Enseada da Vasa.

Días máximos de extracción: 178 (caramuxo-40).

Puntos de control: Ariño, Monte da Mina, A Paxariña, Punta Fraga do Medio e ponte Aroio Trasteiro.

Punto de venda: lonxa de Camariñas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Muros (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización (Abelleira e Virxe do Camiño).

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: Anido, Bornalle e Liñares.

Punto de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Especies: ameixa fina, babosa, xaponesa, berberecho e arola.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, de xullo a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Muros (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización (praia de Virxe do Camiño e praia de Abelleira).

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: peirao de Muros e Salgueiro.

Punto de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, reló, cornicha e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, e decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Zona de traballo: zona de autorizacións.

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de control:

A pé: S. Cosme, Misela e Broña.

Desde embarcación: Testal, Misela e Freixo.

Puntos de venda: lonxas de Testal e Freixo.

Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa e ameixa xaponesa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: lancha de vixilancia da confraría.

Puntos de venda: lonxas de Testal e O Freixo.

Especies: ostra.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 185.

Puntos de control: Illa de Sálvora, praia de Carreira e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 187 para ameixa rubia, carneiro e reló; 101 para ameixa babosa, 39 para ostra.

Puntos de control: Coroso, Insua, Egoas, Touro, Airó, Castiñeiras e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, carneiro, reló e ostra.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Palmeira (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización (praia de Cruces, Cambra e Insuela).

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: zona de traballo.

Puntos de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Palmeira (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: zona de traballo.

Puntos de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa rubia, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a xullo, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización (Areal, Raposiños, Ribeiriña-A Mercé e Insuas da Ribeiriña).

Días máximos de extracción: 154.

Puntos de control: Areal, Pozos, Friscos.

Punto de venda: lonxa da confraría da Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, reló e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, de abril a setembro; novembro e decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorizacións e concesións (Areal, Raposiños e Insuas da Ribeiriña).

Días máximos de extracción: 141.

Puntos de control: lanchas de vixilancia da confraría.

Punto de venda: lonxa da confraría da Pobra do Caramiñal.

Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, reló, ameixa bicuda, ameixa rubia e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, maio a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 127.

Puntos de control: praia de Barraña: desembocadura do río Coroño, antigas colonias de verán, centro de saúde e baixada a Xián. Praia de Retorta: baixada á praia de Retorta. Ladeira do Chazo: rampla de Angados e ladeira doChazo. Praia de Mañóns: baixada de Triñáns, baixada do Piñeiro, aparcamento de Mañóns e baixada ás Redondas.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 188.

Puntos de control: lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, reló e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, de xuño a setembro, novembro e decembro.

-Sociedade Cooperativa Limitada Ría de Arousa.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 113.

Puntos de control: Fontenla e Portomouro.

Punto de venda: Portomouro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: febreiro a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Rianxo.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 168 a pé; 137 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: zona de traballo.

Desde embarcación: plataforma de batea.

Punto de venda: lonxa de Rianxo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a decembro.

Desde embarcación: de abril a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorizacións. Bahía de Terra e Bahía de Fóra.

Días máximos de extracción: 45.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorizacións: A Fangueira.

Días máximos de extracción: 45.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (a pé).

Zona de traballo: zona de autorizacións: A Fangueira.

Días máximos de extracción: 15.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán.

Zona de traballo: zona de autorizacións (entre Regato Aduana e Punta Ferrazo).

Días máximos de extracción: 132.

Puntos de control: lonxa de Vilaxoán, e no Esteiro do Rial, praia de Borreiros, praia de Corón, praia de Preguntoiro, praia de Castelete, praia de Saíñas e praia de Canelas.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa (a pé).

Zona de traballo: zona de autorizacións: desde Regato Aduana ata o Rego do Alcalde.

Días máximos de extracción: 144.

Puntos de control: zonas de produción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho e reló.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización: Esteiro de Vilamaior, A Corbala, de Punta Basella á Corbala, de Punta Basella a Punta Sinas, de río Aduana a Pta. Sinas.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: zonas de produción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de abril a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización da Confraría da Illa Arousa.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: O Bau, Concerrado, Camaxe e Xastelas, As Aceñas, O Naval, Espiñeiro, Grandín, A Abelleira, A Salga, Semoíño, Aguiuncho e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, reloxiño e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, cunha veda dun mes entre abril e xuño.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización da Confraría da Illa de Arousa.

Días máximos de extracción: 115.

Puntos de control: Areoso, Arnela, Roncadeiras, Concerrado e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneirolo e reló.

Épocas probables de extracción: febreiro a abril, agosto, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cambados (a pé).

Zonas de traballo: zonas de autorización: entre Punta Tragove e Rego do Alcalde, co Saco de Fefiñáns. Entre Ponte Castrelo e Punta Borrelo. Entre o peirao de Cambados e a desembocadura do río Umia.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: Galpón de Montesaco de Santo Tomé e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa babosa, ameixa bicuda, berberecho, caramuxo e reló.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, cunha veda dun mes entre abril e xuño no Sarrido.

-Confraría de pescadores de Cambados (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización: desde Rego do Alcalde a Punta Tragove. Desde Punta Borrón e peirao de Cambados ata Punta Borrelo.

Días máximos de extracción: 78.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, reló, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa xaponesa e carneiro.

Épocas probables de extracción: abril a xuño e decembro.

-Confraría de pescadores do Grove (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 156.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Vilalonga; Ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro, ostra, caramuxo e reló.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Vilalonga; Ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, ameixa roxa, berberecho, carneiro, reló e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: zona de extracción e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: lapa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, cunha veda nos meses de setembro e outubro para respectar o período reprodutivo.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 208.

Puntos de control: lancha de vixilancia e lonxa da confraría de Aldán.

Punto de venda: lonxa de Aldán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro, cornicha e reló.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: praia de S. Cibrán.

Puntos de venda: lonxa de Aldán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro, ostra e reló.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (lapa).

Zona de traballo: de praia Alada a Punta Preguntoiro cara ao interior da ría.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: edificio da lonxa de Aldán.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de agosto a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (desde embarcación).

Zona de traballo: enseada de Baiona.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: zona de produción e lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Especies: ameixa rubia, ameixa babosa, ameixa xaponesa e reló.

Épocas probables de extracción: marzo a abril e de xullo a setembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (a pé).

Zona de traballo: Foz do río Miñor, praia Ladeira, praias de Baiona, praia de Sta. Marta, praia do Burgo, zona da lonxa, praia Ribeira, praia Barbeira.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: rampla de Ruiz, praia de Sta. Marta e lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, reló, carneiro e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a maio e de xullo a decembro.

2. Non obstante o disposto no punto 1 do presente artigo e de acordo co artigo 4.2º do Decreto 423/1993, correspóndelles aos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos autorizar a apertura e o peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. As entidades titulares deberán solicitar autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.

3. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi aprobado, ateranse ao disposto para as zonas de libre marisqueo.

Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.

1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ao 31 de marzo e desde o 2 de outubro ata o 29 de decembro.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior exceptúanse as seguintes zonas:

A) A ría de Foz permanecerá pechada para o berberecho durante todo o ano 2006.

B) Lombos do Ulla. Traballarase de acordo co plan piloto aprobado pola Dirección Xeral de Recursos Mariños.

C) Na zona do Bohído continurase co plan de recuperación iniciado en 2005. De poder explotar a zona, realizarase conforme as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

D) O Banco de Cabío permanecerá pechado ata o 31 de marzo.

E) Ría de Vigo: para as zonas de traballo desde embarcación prorrógase o plan aprobado para o ano 2005, ata que se acade un plan consensuado por todos os sectores implicados.

F) Para traballar con rastro de vieira, segundo o artigo 120 do Decreto 424/1993, no libre marisqueo requirirase solicitude á Dirección Xeral de Recursos Mariños, cunha antelación mínima de 15 días á data de extracción, especificando os datos do censo de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo.

2. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3. As cotas de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:

Marisqueo desde embarcación:

Zamburiña e volandeira: 50 kg/tripulante/día cun máximo de 150 kg por embarcación.

Berberecho: 20 kg/tripulante/día cun máximo de 60 kg por embarcación.

Ameixa fina: 3 kg/tripulante/día cun máximo de 9 kg por embarcación.

Ameixa babosa: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.

Ameixa xaponesa: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.

Ameixa rubia: 15 kg/tripulante/día cun máximo de 45 kg por embarcación, establecéndose como equivalencia para efectos de topes a relación 1 kg/3 kg entre babosa e rubia.

Especies acompañantes: 25 kg de reloxo tripulante/día e 8 kg carneiro tripulante/día.

Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.

Outros moluscos: 30 kg/embarcación/día.

Marisqueo a pé:

Ameixa fina: 3 kg/mariscador/día.

Ameixa babosa: 5 kg/mariscador/día.

Coquina: 3 kg/mariscador/día.

Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.

As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dependendo do estado do recurso.

4. As zonas de traballo dos sectores de marisqueo a pé e desde embarcación nas zonas de libre marisqueo, estarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero. Isto será de aplicación ás zonas de libre marisqueo sometidas a plan específico nas que non exista acordo de repartición entre os dous sectores.

Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 423/1993, modificado polo 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de explotación para o ano 2006, relativos a zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e que se desenvolverán conforme as instrucións que posteriormente se diten de seren necesarias:

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: ría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 26.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: abril, de setembro a decembro.

-Plan de caramuxo da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre A Insua e O Puntal (incluíndo Illa Pancha e praia de Rochas Brancas).

Días máximos de extracción: 15.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: abril e de setembro a decembro.

-Plan de lapa da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre A Insua e O Puntal.

Días máximos de extracción: 15.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: xullo a decembro.

-Plan de caramuxo da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (Bancos de Fondás e O Taro).

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.

-Plan de ameixa fina da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (Bancos de Fondás, Fontorto e O Taro).

Días máximos de extracción: 53.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xullo a decembro.

-Plan de coquina da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: praia do Altar.

Días máximos de extracción: 10.

Punto de control: praia do Altar.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: marzo a abril e de outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de S. Cibrao.

Zona de traballo: praias de Portocelo e do Portiño, marxes do río de Lago e zona de S. Cibrao.

Días máximos de extracción: 10.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: maio e xuño.

-Plan de caramuxo da confraría de pescadores de S. Cibrao.

Zona de traballo: de Ermida de S. Tirso a Punta Rueta.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control e venda: lonxa de S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: abril a xuño, outubro a decembro.

-Plan de lapa da confraría de pescadores de S. Cibrao.

Zona de traballo: de Ermida de S. Tirso a a Punta Rueta.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control e venda: lonxa de S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: abril a xuño, outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina, babosa, xaponesa e ostra da confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo desde embarcación: praias de Celeiro, canle do río Landro, zona interna da ría, por riba da ponte do ferrocarril.

Días máximos de extracción: 100 para ameixa fina e babosa, 100 para ostra, 25 para ameixa xaponesa.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a maio e de outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina, xaponesa, caramuxo e lapa da confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: ría de Viveiro.

Días máximos de extracción: 40 para ameixa fina, 20 para ameixa xaponesa, 6 para caramuxo e 16 para lapa.

Punto de control e venda: lonxa de Celeiro e S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Plan de coquina das confrarías de Celeiro e O Vicedo.

Zona de traballo: praia de Abrela.

Días máximos de extracción: 6.

Punto de control: praia de Abrela.

Punto de venda: lonxas do Vicedo e Celeiro.

Épocas probables de extracción: marzo, agosto e setembro.

-Plan de caramuxo da confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: das Pontes ata río Seco e Illa de S. Martiño.

Días máximos de extracción: 4.

Puntos de control: praia de Vilabril, Creximil e Illa de S. Martiño.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: marzo e decembro.

-Plan de ameixa e berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: das Pontes ata Rego Seco, praia de Fomento e Illa de S. Martiño.

Días máximos de extracción: 10 para ameixa xaponesa e berberecho, 8 para ameixa fina e 6 para ameixa babosa.

Puntos de control: zona de produción.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: marzo, agosto e decembro.

-Plan de berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: praia de Vilabril.

Días máximos de extracción: 4.

Puntos de control: praia de Vilabril e lonxa do Vicedo.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Época probable de extracción: marzo e decembro.

-Plan de coquina e berberecho das confrarías de pescadores do Vicedo e O Barqueiro.

Zona de traballo: Lombo das Navallas.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: Caseta de Arealonga, Lombo das Navallas e peirao do Barqueiro.

Puntos de venda: lonxas do Vicedo e O Barqueiro.

Épocas probables de extracción: de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: praia de Vilela.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control: praia de Vilela.

Punto de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: coquina.

Épocas probables de extracción: xullo a setembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: praia de Morouzos, A Regueira, a Combuela, tramo de costa desde a Punta Espigón ata a depuradora de Ortigueira.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: praia de Morouzos, A Regueira, Ladrido e peirao de Ortigueira.

Punto de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: coquina, berberecho, ameixa fina, ameixa xaponesa e ameixa babosa.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: de Punta Figueiroa a Punta do Frade (praias de Figueiras e dos Cabalos).

Días máximos de extracción: 56.

Puntos de control: Punta Figueiroa.

Punto de venda: lonxa da confraría de Cariño.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, coquina, ostra e berberecho.

Épocas probables de extracción: de febreiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: praia de Vilarrube-Pantín.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: praia de Vilarrube e Casa do Pescador.

Puntos de venda: lonxa de Cedeira.

Especies: coquina.

Época probable de extracción: xaneiro a abril e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: praia da Madalena, enseada de Esteiro.

Días máximos de extracción: 30.

Especies: berberecho e caramuxo.

Puntos de control: Casa do Pescador de Cedeira.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: abril, xullo e setembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: desde a escolleira da Ponte das Pías a Pta. Faísca.

Días máximos de extracción: 122.

Punto de control e venda: lonxa da Gándara.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Barallobre.

Zona de traballo: San Valentín ata desembocadura do río Belelle.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Barallobre.

Punto de venda: lonxa de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Confrarías de pescadores de Barallobre-Mugardos-Ferrol.

Zona de traballo: entre as liñas do porto exterior a punta Segaño e os límites co banco natural somerxido das Pías.

Días máximos de extracción: 126.

Puntos de control: lanchas de vixilancia das confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos.

Puntos de venda: lonxas da Gándara e Barallobre, e Casa do Reló (Mugardos).

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa fina, carneirolo, berberecho e reló.

Épocas probables de extracción: segunda quincena de xaneiro, febreiro, marzo, maio, xuño, outubro e primeira quincena de novembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: Ponte do Porco, río Bañobre, Punta Cabana e praia Pedrido, e de Pta. Curbeiroa a Pta. Mauruxo.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: O Pedrido e porto de Miño (praia pequena).

Punto de venda: lonxa do Pedrido.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de agosto a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: libre marisqueo da ría do Burgo, A Pasaxe e O Parrote.

Días máximos de extracción: 70 días a pé; 120 días desde embarcación; 60 días no Parrote.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, reló e carneiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de agosto a decembro.

O Parrote: maio, xuño e decembro.

-Asociación Mariscadores Fonte Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: zona libre marisqueo da lagoa interna e da lagoa externa.

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control e venda: Fonte de Sta. Helena.

Especies: berberecho e ameixa fina.

Épocas probables de extracción: xullo a setembro, novembro e decembro.

-Agrupación de Mariscadores do Esteiro do río Anllóns.

Zona de traballo: marxe esquerda do Esteiro do río Anllóns. Subzonas B, D, E, Q.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Punto de venda: Pedras de Cambón.

Especies: berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praia de Cee e Corcubión, desde a praia de Estorde a praia do Ézaro.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: praias de Estorde, Corcubión, Cee, O Ézaro e peirao de Corcubión.

Punto de venda: peirao de Corcubión e outras lonxas autorizadas.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lira e O Pindo.

Zona de traballo: desembocadura do río Xallas a Punta Insua: praia de S. Pedro, Pedras Mariñas, praia de Carnota, Berberecheira e A Lagoa.

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: estrada do Viso e Lagoa.

Punto de venda: lonxa de Lira.

Especies: berberecho, ameixa fina e ameixa xaponesa.

Épocas probables de extracción: xuño a setembro e decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Noia-Muros-Portosín e Porto do Son.

Zona de traballo:

-Entre Punta Sta. Catalina, Esteiro e Creba.

-Entre Monte Louro e Punta Sta. Catalina.

-Zona sur: entre Punta Ornanda e Punta Aguieira.

Días máximos de extracción: 63.

Puntos de control: embarcacións de vixilancia.

Puntos de venda: lonxas do Freixo, Esteiro e Muros.

Especies: ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, reló, carneiro e cornicha.

Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.

-Confraría de pescadores do Carril (desde embarcación).

Zona de traballo: As Malveiras-As Briñas-O Con.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control e venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Carril (a pé).

Zona de traballo: Lombos do Ulla e praia Compostela- A Concha.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán:

Zona de traballo: zona submareal entre a liña que une o río Aduana a Illote Gorma e Punta Borreiros; de Punta Borreiros a peirao de Vilaxoán, de punta Castelete a punta Ferrazo.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zona de produción desde embarcación.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho e reló.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa.

Zona de traballo: dique do Terrón, boia columna eléctrica, columna ponte, boia Lañeiras de Fóra, espicho Rego do Alcalde. (Zona de produción: praia Nova, As Carballas e As Negrenlas).

Días máximos de extracción: 147.

Puntos de control: nas zonas de produción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, reló e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo a setembro e decembro.

-Confraría de Pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: liñas imaxinarias que unen Punta Arruda con Punta Laño e Punta Carreirón con Punta Cuña Alta, Punta Carreirón. Nesta zona están incluídas As Roncadeiras e O Camallón.

Días máximos de extracción: 63.

Puntos de control: Arnela e As Roncadeiras.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneirolo e reló.

Épocas probables de extracción: de maio a xullo.

-Confraría de Pescadores de Cambados.

Zona de traballo: do Rego do Alcalde (Lañeiras de Fóra) á baliza de Orido, Arnela-Galiñeiro, do peirao de Meloxo ata as Negreiriñas.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa fina, berberecho e reló.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de abril a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Vilalonga; Ponte da Toxa; Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa no Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xapónica, ameixa bicuda, ameixa roxa, berberecho, reló e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lourizán, Pontevedra e Raxó (a pé).

Zona de traballo: na parte interna da liña imaxinaria que une Punta Sta. Mariña, na beira norte da ría de Pontevedra coa esquina noroeste do convento sito na Punta Praceres, na zona sur da ría, e desde este punto ata o faro verde da escolleira da canalización do río Lérez.

Días máximos de extracción: 110.

Puntos de control: Lourizán, Puntada, Polvorín, Ameixal, e lonxa de Campelo, A Ostreira (Campelo), A Reiboa (Combarro), Padrón (Combarro), A Canteira, D. Bernardo, Ouriceira, O Covelo, O Laño, O Carballo, Xiorto e Raxó.

Punto de venda: lonxa de Campelo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, reló e chirla.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro.

Os bancos de Ameixal e Praceres (zonas 4, 5, 6 e 7) permanecerán vedadas desde a 2ª quincena de abril ata a 2ª quincena de xuño.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas intermareais delimitadas na parte interna da liña imaxinaria que une punta Santa Mariña, na beira norte da ría de Pontevedra coa esquina noroeste do convento sito en Punta Praceres na zona sur da ría.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: nas zonas de produción e en terra na lonxa de Campelo.

Punto de venda: lonxa de Campelo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa xaponesa, berberecho, reló, cornicha, carneiro e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro (veda na 2ª quincena de abril e a 1ª de xuño nos bancos dos ríos Aguillóns e A Brensa).

-Plan conxunto das confrarías de Bueu e Portonovo (desde embarcación).

Zona de traballo: de Punta Faxilda a Punta Sta. Mariña (pola parte externa) e da esquina noroeste do convento sito en Punta Praceres (pola parte externa) ata Punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 203.

Puntos de control: nas zonas de produción.

Puntos de venda: lonxas de Bueu, Portonovo, Sanxenxo ou Marín, ou calquera outro punto de venda autorizado.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro, reló, cornicha, berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro, cunha veda de dous meses en maio e xuño.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Bueu.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo:

Límites externos: entre punta Faxilda (Portonovo) e punta Centolo (Ons) e entre Punta Galera (Onza) e punta Couso (Aldán).

Límites internos: na ría de Pontevedra, entre Punta Debaixo dos Pinos (Marín) e punta Samieiro (Raxó).

Na ría de Aldán: Punta Preguntoiro a Punta Alada.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Bueu.

Punto de venda: lonxa de Bueu ou calquera punto de venda autorizado.

Épocas probables de extracción: xaneiro.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Cangas.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: ente as liñas imaxinarias comprendidas desde Faro Borneira ata cabo de Vicos e desde punta Cabalo ata cabo Home, incluíndo a parte leste das Illas Cíes e a banda norte na parte exterior da ría de Vigo.

Días máximos de extracción: 35.

Puntos de control: zona de produción e rampla da lonxa de Cangas.

Punto de venda: lonxa de Cangas e lonxa de Meira.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Asociación de Confrarías da Ría de Vigo (a pé).

Zona de traballo: bancos intermareais de moluscos bivalvos da ría de Vigo, excepto a zona de autorización de Baiona.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control:

Arcade: a lonxa e Cunchido.

Redondela: lonxa de Cesantes, a punta do Cabo, Portela e Area longa.

Vilaboa: a lonxa de Sta. Cristina, S. Adrián, Punta Calera e Punta Cabalo.

Moaña: praia de Domaio, praia da Xunqueira (á beira do actual campo de fútbol e ao lado da Casa do Mar), praia de Tirán, illa dos Ratos e Borna.

Punto de venda: calquera das lonxas das confrarías integrantes da asociación: Arcade, Canido, Moaña, Redondela e lonxas autorizadas.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo e reló.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro, cunha parada biolóxica de dous meses consecutivos entre abril e xuño.

-Confraría de pescadores de Baiona (lapa).

Zona de traballo: de praia de Abra a Punta Orelludas.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Baiona.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de setembro a novembro.

-Confraría de pescadores da Guarda (lapa).

Zona de traballo: de Punta dos Picos a Punta Orelludas.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: peirao do porto de Sta. Mª de Oia e lonxa da Guarda.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas de extracción: de xaneiro a abril e de setembro a decembro.

As entidades marisqueiras que presentaron plan de explotación para zonas de libre marisqueo e non lles foi aprobado, ateranse ao disposto nas normas establecidas nesta orde.

Artigo 4º

Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara ou bou de man, poderán realizar as capturas con carácter xeral desde o 2 de xaneiro de 2006 ata o 31 de marzo, e desde o 2 de novembro ao 29 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro. Para a extracción de moluscos bivalvos no período autorizado axustaranse ao contido do disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, artigo 2.2º.

Artigo 5º.-Percebe.

De acordo co establecido no Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes pollicipes), que se desenvolverán conforme as instrucións que posteriormente se diten de seren necesarias:

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: de Punta Promontorio ás Carrallas, illotes Martiña, Mourón, Corbeira, Pancha, A Tabla, A Insúa e O Can de Faro.

Días máximos de extracción: 58.

Punto de control: As Pudias, Punta Corbeira e Área recreativa Areosa-Piñeira.

Punto de venda: lonxas de Ribadeo, Burela, S. Cibrao, Cedeira e A Coruña.

Épocas probables de extracción: abril a a setembro; novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Burela.

Zona de traballo: ámbito da confraría.

Días máximos de extracción: 65.

Punto de control: zona de traballo.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a setembro.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: Ermida de S. Tirso a Punta Rueta, illas de Cal, Sarón e Farallóns.

Días máximos de extracción: 45.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xullo a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: Ermida de San Tirso a Punta do Cabalo e Illa Gabeira.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Puntos de venda: lonxas de Galicia.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: do extremo norte da praia da Abrela á Punta Congreira e Illa Coelleira.

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: lonxa do Vicedo.

Punto de venda: lonxas de Cedeira, Vicedo, San Cibrao e Cariño.

Épocas probables de extracción: de marzo a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control: peirao do Barqueiro.

Punto de venda: lonxas do Barqueiro, Cedeira, San Cibrao, Vicedo e Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: da Insúa (enseada de Ladrido) á Punta Villardeira.

Días máximos de extracción: 165.

Puntos de control: peirao de Espasante.

Punto de venda: lonxas de Cariño, Cedeira e S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. Desde Pedra Barcelona ata a marxe esquerda da desembocadura do río Mera.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: peirao de Cariño-rampla, local de clasificación de calidades e lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría. Desde o faro de Punta Frouxeira ata Pedra Barcelona.

Días máximos de extracción: 165.

Puntos de control: lonxa de Cedeira e zonas de produción.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (de Punta Faísca a Faro de Punta Frouxeira).

Días máximos de extracción: 152.

Punto de control: lonxa de Ferrol.

Punto de venda: lonxa da Gándara e lonxa de Ferrol.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña-Mera-Ares-Lorbé.

Zona de traballo: ámbito territorial das confrarías de pescadores da Coruña, Mera, Lorbé e Ares.

Días máximos de extracción: 150.

Punto de control: Porto de Portiño, San Amaro, Mera e Ares.

Punto de venda: lonxas de: A Coruña, Cedeira, Ferrol, Caión e Malpica.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Caión.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (de Punta Alba a Pedra do Sal).

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control: lonxa de Caión.

Punto de venda: lonxa de Caión e outras lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Malpica.

Zona de traballo: desde Pedra do Sal a Punta Nariga, incluíndo Illas Sisargas, baixos de Baldaio e demais illas e illotes frente a costa en tres millas.

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control: lancha de vixilancia Illas Sisargas e lonxa de Malpica.

Punto de venda: lonxa de Malpica.

Épocas probables de extracción: xaneiro a 15 de maio, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Corme.

Zona de traballo: de Punta Nariga á desembocadura do río Anllóns.

Días máximos de extracción: 144.

Puntos de control: merendero, Aldea Roncudo, parque eólico, praia da Barda, Sta. Mariña e Punta Nariga.

Punto de venda: lonxa de Corme.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Laxe.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: zona cemiterio, punta Cabo da Area, lonxa de Laxe e lancha de vixilancia da confraría.

Punto de venda: lonxa de Laxe.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril; xullo, agosto, setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría, desde Punta Morelo a Punta Gallada.

Días máximos de extracción: 170.

Puntos de control: Porto de Ríos, Porto da Lagoa e Porto de Camelle.

Punto de venda: lonxa do Muro da Coruña.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (Punta Villueira a Punta Gallada).

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: Punta Arnela.

Punto de venda: lonxa de Camariñas e do Muro da Coruña.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Muxía.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría, incluídas illas e illotes.

Días máximos de extracción: 150.

Punto de control:

Desde embarcación: praia de Moreira e rampla do peirao de Muxía.

A pé: saída da pista de Moreira, Campo de Carlos, Campo de Boubirón e A Barca.

Punto de venda: lonxa de Muxía.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: liña de costa desde Punta Nemiña ata o Cabo Fisterra, illas Loberías e Carrumeiros, Centolo e illotes próximos ao cabo.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: embarcación de vixilancia e lonxa de Fisterra.

Punto de venda: lonxa de Fisterra e lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Pindo.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría e illotes Pituiño, Turcos, Salitres, Pedras de Meda, Pescos, Punta Negros, Petón Cajado, Lapia e Petón Fero.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: peirao do Pindo, Portiño de Quilmas, Insuela e Tallo do Campo.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Época probable de extracción: de marzo a decembro.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (de Punta Insua a río Larada) e illotes de Miñarzos, Forcados, Seixo, Liboreiro, Illa Corbeiro, Punta Insua, Corniños, Coca, Petón de Cabalar, Pedras Pas e Pedra de Areleiro.

Días máximos de extracción: 35 a pé e 72 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: lonxa de Lira.

Desde embarcación: peirao e lonxa de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción:

A pé: marzo, abril, xullo, agosto, setembro e decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo:

A pé: de Punta Insua a Punta Uía.

Desde embarcación: baixos: Insua, Pedra do Sargo, Congreira, Laxe do Carreiro, Creba, Ximiela.

Días máximos de extracción: 40 a pé e 20 desde embarcación.

Puntos de control: Ancoradoiro, peirao de Muros e Faro de Monte Louro.

Puntos de venda: lonxa de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a decembro.

Desde embarcación: abril a xullo e decembro.

-Confraría de pescadores de Porto do Son.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (de río Sieira a Pta. Cabeiro), Illa Filgueira, illotes Leixoes, illotes Bruio e Pedra do Con.

Días máximos de extracción: 158.

Punto de control: Furna de Laxe, Punta Castro, Punta Sagrada, peirao do Porto do Son.

Punto de venda: lonxa de Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría e illas Basoñas, Sagres, Sálvora, Vionta e illotes que a rodean.

Días máximos de extracción: 226.

Puntos de control: Punta Couso, Espiñeirido, Faro de Corrubedo e porto de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: ámbito da confraría e Laxas e Pías de Castiñeiras, Airós, Rúa, Carabancelo, Xidoiro Pedregoso, Corbeiros e Lobeiras.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: peirao e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: de Punta Cantodorxo a Punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 100.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Bueu.

Zona de traballo: illas Ons e Onza, e de Pedra Branca e Terra ata Punta Morcegos.

Días máximos de extracción: 125.

Punto de control:

Área I: Cova da Vella ou leste do Centolo.

Área II: enseada de Fedorentos ou Punta Freitoxa.

Área III: praias norte ou sur de Onza.

Área IV a: peirao de Ons.

Área IV b: xunto a igrexa, ao abrigo do Estripeiral, ao abrigo de Liñeiros, ou no peirao.

Punto de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de Punta Subrido a Punta Couso. Illote Osas. De Punta Monolito ata a enseada das Herbas na costa oeste da illa norte das Cíes. Enseada das Herbas ata peirao de Carracido no illote norte das Cíes mais toda a illa sur de Cíes e o Illote Boeiro.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: zona de traballo.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro, rotando as zonas de traballo.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: entre Punta Orelludas e Punta Monte Ferro (punta Lameda) incluíndo as illas Estelas, Farallóns e Lourido.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control:

A pé: zona 1: Porrido; zona 2: Porto Castro; zona 3: Pedra Rubia.

Desde embarcación: embarcación da confraría e lonxa.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro, con rotación das zonas de traballo.

-Confraría de pescadores da Guarda (desde embarcación).

Zona de traballo: de Punta Orelludas a Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: peirao do porto da Guarda e peirao de Sta. Mª de Oia.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro, rotando as zonas de traballo.

-Confraría de pescadores da Guarda (a pé).

Zona de traballo: de Punta Orelludas a Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: zona A: Tío Rincho, zona B: río Covo e zona C: horizonte e lonxa da Guarda.

Puntos de venda: lonxa da Guarda.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Artigo 6º.-Outros crustáceos.

1. De acordo co establecido no artigo 14 o Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, os períodos autorizados no 2006 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

Nécora (Necora puber): do 2 ao 5 de xaneiro e do 20 de xullo ao 29 de decembro.

Lumbrigante (Homarus gammarus): do 3 de xullo ao 31 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 2 de outubro ao 29 de decembro.

Lagosta (Palinurus elephas): do 3 de xullo ao 31 de agosto.

Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurador): do 2 de xaneiro ao 31 de marzo e do 3 de xullo ao 29 de decembro.

Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): 2 de xaneiro ao 30 de xuño, e do 23 de novembro ata o 29 de decembro. Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 1 de febreiro ata o 30 de xuño.

Artigo 7º.-Equinodermos.

De conformidade co establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación de equinodermos que a continuación se relacionan, e que se desenvolverán de conformidade coas instrucións que se diten, de seren necesarias.

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: de Punta Promontorio ás Carrallas.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Agrupación de Mariscadores de S. Cosme-Foz.

Zona de traballo: de Punta Nois a Punta Promontorio.

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: peirao de Nois.

Punto de venda: lonxas de Burela, Ribadeo e S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Burela.

Zona de traballo: Punta Areoura a Punta Nois.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: zona de extracción.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: de Ermita de S. Tirso a Punta Rueta, enseada das Salseiras, praia de Lieiro e Anxuela.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: lonxa de San Cibrao.

Puntos de venda: lonxas de San Cibrao, Burela e Ribadeo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: de Punta Socastro a Punta Saiñas.

Días máximos de extracción: 21.

Puntos de control: lonxa de Celeiro.

Puntos de venda: lonxas de Celeiro, Burela, Ribadeo e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: da Ponte da Faísca ata o faro de Punta Frouxeira.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control e venda: lonxa do porto de Ferrol.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de: A Coruña, Ares, Barallobre.

Zona de traballo: de Punta Langosteira a Punta Segaño.

Días máximos de extracción: 80.

Punto de control: lonxas da Coruña, Barallobre e porto de Ares.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie e bicheiro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de: Corme, Laxe, Camelle, Camariñas, Muxía e Malpica.

Zona de traballo: de Cabo Touriñán a Punta Langosteira, coas seguintes zonas: A-Muxía; B-Camariñas; C-Camelle; D-Laxe; E-Corme, F-Malpica e Caión (zona VI).

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: porto de Muxía e rampla de Touriñán, porto de Camariñas, porto de Camelle a canle de ríos, porto de Laxe e rampla de Balieira, porto de Corme, A Barda e Santa Mariña de Brantuas, porto de Barizo, porto de Malpica e porto de Caión.

Puntos de venda: lonxas de Muxía, Camariñas, Laxe, lonxa de Corme, no caso de que se traballe no ámbito de Corme, calquera das outras do plan, no caso de que se traballe en Malpica ou Caión.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie e bicheiro.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: liña de costa comprendida entre Punta Ínsua e Punta Larada.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: Cons, Portocubelo, Carreiros, Poralto, Portabalea, Porto de Barca, Arca, Ardeleiro e Susiños.

Puntos de venda: lonxa autorizada.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Fisterra-Lira e Corcubión.

Zona de traballo: zona V.

Días máximos de extracción: 100.

Punto de control: peiraos e lonxas de Lira e Fisterra e peirao de Corcubión, peirao do Pindo e peirao do Ézaro.

Punto de venda: lonxas de Fisterra e Lira e peirao de Corcubión.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de: Porto do Son, Portosín e Muros.

Zona de traballo: zona 1.-De Pta. Cabeiro ata Pta. río Sieira. Zona 2.-de Punta Insua a Punta Uía.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: Ancoradoiro, peirao de Muros, peirao de Porto do Son.

Punto de venda: lonxas de Muros e Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie e en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Ribeira e Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: zona III.-Laxas e Pías de Castiñeiras, Airós, illa de Rúa, Xidoiros Areosos e Xidoiro Pedregoso, sinal de Maño, Lobeiras e Corbeiro. Desde Con de Vieiras ata Pedras do Río, incluíndo a Illa de Sálvora e illotes adxacentes, as Forcadiñas, Sagres e Pragueiros. Desde peirao de Corrubedo ata río Sieira, incluíndo As Basoñas.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: na zona de traballo, peirao de Aguiño, peirao de Ribeira.

Punto de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apneacon subministración de aire desde a superficie e bicheiro con mirafondos.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: de Punta Salinas a Punta Quilme, Areoso, Camallón, Pta. Testos, Pta. Niño de Corvo, Area Secada e Pta. Cabalo.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: Arnela, Areoso, Roncadeiras e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: desde Punta San Vicente a Punta Faxilda (agás A Lanzada).

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministro de aire desde a superficie.

-Confrarías de pescadores de Bueu, Portonovo e Sanxenxo.

Zona de traballo: de Punta Faxilda a Punta Centolo; e de Punta Galera a Punta Couso e Illas Ons.

Días máximos de extracción: 140.

Punto de control: lonxas de descarga do produto.

Punto de venda: lonxas de Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: entre punta Canabal e punta Couso. Illas Cíes e Boeiro.

Días máximos de extracción: 125.

Punto de control: zona de extracción.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie e mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de Cabo de Mar a praia de Abra.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Canido.

Punto de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea ou con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: de Punta Orelluda a praia de Abra, incluíndo as illas Estelas.

Días máximos de extracción: 30 a pé, 120 a mergullo.

Punto de control: zonas de produción.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores da Guarda.

Zona de traballo: de Punta Orelluda a Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 45.

Puntos de control: subida a Pedornes, peirao porto Santa María de Oia, Ribel e Tío Rincho.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

Artigo 8º.-Navalla e longueirón.

Segundo o establecido no Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, aprobánse os seguintes plans de explotación de navalla e longueirón que a continuación se relacionan, e que se desenvolverán conforme as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

-Plan de longueirón vello da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (Bancos de Fondás, Fontorto e O Taro).

Días máximos de extracción: 12.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, de setembro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: ría do Pedrido, praia grande de Miño, praia pequena de Miño e porto de Miño.

Días máximos de extracción: 50.

Punto de control: caseta do Pedrido e peirao de Miño.

Punto de venda: lonxas ou punto de venda autorizados.

Épocas probables de extracción: de marzo a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Ares.

Zona de traballo: de praia de Bañobre a praia Centroña e praia das Estacas.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: lonxa dos peiraos de Barallobre e Ares.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de pescadores de Corme e Laxe.

Zona de traballo: praia de Laxe.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: lonxa de Laxe e peirao de Corme.

Puntos de venda: lonxas de Laxe e Corme.

Época probable de extracción: abril, primeira quincena de maio, xullo, agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: zona de autorizacións: de Pta. Lago a Pta. Roda e enseada da Vasa.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: Punta Roda e Punta Fraga do Medio.

Punto de venda: lonxa de Camariñas e lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: marzo a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de Camariñas e Muxía.

Zona de traballo: de Punta Sandía a Punta Lago, agás a praia de Lago. Enseada de Merexo: praia de Area Maior, praia de Loureiro de Punta Lago a Punta Chorente e praia da Cruz.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: lonxas de Camariñas e de Muxía, e porto de Merexo.

Punto de venda: lonxas de Camariñas e de Muxía.

Épocas probables de extracción: xaneiro a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: praias de Langosteira e Sardiñeiro.

Días máximos de extracción: 85.

Puntos de control: lonxa de Fisterra, praia de Langosteira e praia de Sardiñeiro.

Puntos de venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praias de Estorde, Corcubión, Cee e O Ézaro.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control: praias de Estorde, Corcubión, Cee, Ézaro e peirao de Corcubión.

Punto de venda: peirao de Corcubión e lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto das confrarías de Fisterra, Lira e Corcubión.

Zona de traballo: praias da zona V: Langosteira, Talón, Sardiñeiro, Estorde, praias de Mariña, Castelo, Quenxe, Fornelos, Brens, praia de Gures e O Ézaro, praia do Pindo, praia de Caldebarcos e Carnota

Días máximos de extracción: 190.

Puntos de control: lonxas e peirao de Fisterra e Lira, peirao de Corcubión e Fornelos.

Puntos de venda: lonxas de Fisterra e Lira e peirao de Corcubión.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: praia de Abelleira e Ventín.

Días máximos de extracción: 12.

Puntos de control: Bornalle (Abelleira).

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: xuño, xullo e agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla e longueirón da zona IV.

Confrarías: Portosín, Porto do Son, Muros e Noia.

Zona de traballo: de Punta Batuda a Punta del Pozo. De Punta del Pozo a Punta Corbeiro. De Punta Corbeiro a Punta Magrio. De Punta Esteiro a Punta Uía. De Punta Esteiro a Punta Queixal e desde Punta Uía a Punta Rilos.

Días máximos de extracción: 66.

Puntos de control: peiraos de Porto do Son, Portosín, Noia e Muros.

Puntos de venda: lonxas de Porto do Son, Portosín, Noia e Muros.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: autorizacións administrativas.

Días máximos de extracción: 103.

Puntos de control: zonas de traballo e porto de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de Ribeira e Carreira-Aguiño. Zona III.

Zona de traballo: praia de Ladeira (Corrubedo) e zonas de Libre Marisqueo contiguas ás autorizacións das confrarías de Ribeira e Carreira-Aguiño.

Días máximos de extracción: 20 na praia de Ladeira; 43 nas outras zonas.

Puntos de control: praia da Ladeira e lonxas de Aguiño e Ribeira.

Puntos de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: xuño e xullo na praia da Ladeira. Maio, xuño e xullo nas restantes zonas.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla da confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: autorizacións administrativas. Coroso-río Grande; Egoás-Touro e Castiñeiras.

Días máximos de extracción: 87.

Puntos de control: Coroso, Touro e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla da confraría de pescadores de Palmeira.

Zona de traballo: Punta Aguiuncho; Illote de Grades e Punta da Corna (submareal).

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: peirao de Ribeira.

Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: febreiro a novembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Palmeira.

Zona de traballo: punta Agiuncho, Illote de Grades e Punta da Corna.

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control: zona de produción.

Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de febreiro a maio.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Zona de traballo: Areal e Raposiños.

Días máximos de extracción: 10.

Puntos de control: Areal, Pozo e Friscos.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: marzo e abril

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Zona de traballo: Cabío (Punta Galduario a Punta Cornas).

Días máximos de extracción: 95.

Puntos de control: lanchas de vixilancia e lonxa da Pobra do Caramiñal.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Zona de traballo: Banco de Raposiños e Banco de Ribeiriña-Merced.

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: lanchas de vixilancia e lonxa da Pobra do Caramiñal.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: outubro e novembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Zona de traballo: Rego do Alcalde ata Regato Aduana.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: zona de produción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Punto de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Épocas probables de extracción: de marzo a xullo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla-longueirón e longueirón vello da confraría de pescadores da Illa de Arousa (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización: de Sepeiras de Tera ata punta Quilme, Areoso, Camallón, Roncadeiras, Punta Testos, Punta Niña do Corvo, Area Secada e Punta Cabalo.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: Concerrado, Arnela, Roncadeiras, Areoso e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: marzo, de maio a agosto, outubro a novembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón e longueirón vello da confraría de pescadores de Cambados.

Zona de traballo: entre Punta Tragove e Rego do Alcalde, co Saco de Fefiñáns. Entre ponte Castrelo e Punta Barrelo. Entre o peirao de Cambados e a desembocadura do río Umia.

Días máximos de extracción: 31.

Puntos de control: galapendre da rúa de Montesaco de Sto. Tomé e na lonxa de Tragove.

Punto de venda: lonxa de Tragove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla, e longueirón da Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: enseada da Lanzada, praia de Mexilloeira, praia Area das Pipas e praia Area de Reboredo.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de maio a outubro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Plan conxunto de navalla, longueirón e longueirón vello das confrarías de pescadores de Bueu, Lourizán, Marín, Pontevedra, Portonovo, Raxó e Sanxenxo.

Zona de traballo: desde Punta Faxilda a Punta Morcegos, illas Ons e Onza.

Días máximos de extracción: 248.

Punto de control: zona de traballo.

Punto de venda: lonxa Bueu, Campelo, Marín e Portonovo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, coas seguintes vedas: navalla: febreiro e marzo, e do longueirón os meses de maio e xuño.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: de Punta Alada a Punta Morcegos.

Días máximos de extracción: 247.

Puntos de control: na lonxa da confraría e lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Aldán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro cunha veda para a navalla en abril e maio e para o longueirón durante os meses de xuño e xullo.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: praias de Rodeira, Liméns, Nerga e Barra, praia de Melide. Illas Cíes: Rodas, Viños, Carracido e a praia de San Martiño.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: na zona de produción cunha embarcación específica Navalleira.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro. Período de veda: dous meses consecutivos para a navalla de febreiro a abril e para o longueirón de dous meses consecutivos na primavera.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de Puntal da Serra á ponte de Rande.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Canido-Vigo.

Punto de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: xaneiro, e de abril a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da Asociación de confrarías da ría de Vigo.

Zona de traballo: Cabo Estai, Toubiña, Toralla, Canido, Bouzas, Rochas, Area Longa, A Portela, Cesantes, A Punta do Cabo, Estralo, Cunchido, Larache, Aradoiro, Maceira, Carballal, Cobas, Cabalo, Deilán, río Maior, río do Porco, Calera, Domaio, Borna, Meira, A Xunqueira, O Con, Tirán, Illa dos Ratos.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control:

Arcade: Cunchido.

Redondela: a lonxa de Cesantes, a Punta do Cabo, A Portela e Area Longa.

Vilaboa: a lonxa de Sta. Cristina, S. Adrián, Punta Calera e Punta Cabalo.

Moaña: praia de Domaio, Xunqueira (á beira do actual campo de fútbol e ao lado da Casa do Mar), praia de Tirán, Illa dos Ratos e na Borna.

Vigo: peirao de Canido.

Puntos de venda: lonxas de Arcade, Canido, Moaña, Redondela, Meira e Vilaboa.

Época probable de extracción: xaneiro a decembro, cunha veda para a navalla de dous meses consecutivos entre xaneiro e marzo e outros dous meses para o longueirón entre abril e xullo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: desde Cabo ano Medio ata Punta da Serra.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: lonxa de Baiona e embarcación da confraría.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

Artigo 9º.-Peneira.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación:

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: de Punta Salinas a Punta Quilme, Areoso, Camallón, Punta Testos, Punta Niño de Corvo, Area Secada e Punta Cabalo.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Areoso, Arnela, Roncadeiras e na lonxa da Illa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: de Punta Borrelo a Punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 84.

Puntos de control: zonas de extracción e lonxa do Grove.

Puntos de venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con subministración de aire desde a superficie e en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Marín, Pontevedra, Portonovo, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Bueu.

Zona de traballo: límite externo. De Punta Faxilda a Punta Centolo e de Punta Galera (Onza), a Punta Couso. Límite interno de punta Couso a Punta Morcegos e de aí ao interior da ría.

Días máximos de extracción: 52.

Puntos de control: zona de extracción.

Puntos de venda. Lonxas ou puntos de venda autorizados

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: ría de Aldán, da liña fomada por Punta Couso e Punta Morcegos cara ao interior.

Días máximos de extracción: 52.

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde superficie.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: zona intermareal rochosa entre Punta Canaval e Punta Couso, Illote Boeiro e illas Cíes (excepto entre cabo Vicos e punta Cabaliño).

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: no mar nas inmediacións das zonas de extracción e a rampla da lonxa de Cangas como punto de descarga.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Época probable de extracción: maio, xuño e outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

Artigo 10º.-Algas.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación:

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: de Ermita de San Tirso a Salseiras, de Salseiras a Cabo Morás, de Cabo Morás a Punta Rueta.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Época probable de extracción: de xaneiro a xuño, outubro e novembro.

Arte ou técnica de extracción: recollida a pé.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: zona VII.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: Portiño, Suevos, Lorbé, Mera, Ares e peirao da Coruña.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Corme.

Zona de traballo: de enseada de Anllóns a Punta Queimada.

Días máximos de extracción: 105.

Puntos de control: peirao de Corme.

Punto de venda: lonxa de Corme.

Época probable de extracción: abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: recollida a pé.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: Punta Roda a Punta Villueira e de Punta Villueira a Punta Gallada.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: confraría de Camariñas.

Época probable de extracción: de febreiro a novembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e con mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: Punta Morelo a Punta Gallada.

Días máximos de extracción: 147.

Puntos de control: peirao de Camelle.

Puntos de venda: lonxa de Camelle.

Época probable de extracción: de abril a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: de Punta Insua a Punta Larada.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría.

Épocas probables de extracción: abril a xullo.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: de Punta Uía a Punta Insua.

Días máximos de extracción: 8.

Puntos de control: zona de traballo e peiraos de Muros e Esteiro.

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Época probable de extracción: abril, maio e xuño.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: zonas de autorización, as restantes zonas resolverase nas resolucións de apertura.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: zona de traballo e peirao de Ribeira.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: peirao do Grove ata punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: lonxa do Grove e zona de extracción.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Época probable de extracción: marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: de Punta S. Vicente a Punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 96.

Puntos de control: lonxa do Grove e zona de extracción.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Época probable de extracción: xaneiro a xuño e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Portonovo, Raxó, Pontevedra, Bueu, Sanxenxo, Marín e Lourizán.

Zona de traballo: de Punta Faxilda a Punta Centolo cara ao leste das Ons. De Punta Galera a Punta Couso cara oeste das Illas Ons e de Punta Couso a Punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 146.

Puntos de control: lonxa das confrarías.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Época probable de extracción: de marzo a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: Punta Couso a Punta Preguntoiro cara ao interior da ría de Aldán.

Días máximos de extracción: 247.

Puntos de control: edificio da lonxa.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: con mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de praia Canabal a Punta Couso e Illas Cíes.

Días máximos de extracción: 145.

Puntos de control: Faro Borneira, Pedra Cantareira, praia de S. Martiño e rampla de descarga do peirao de Cangas e lonxa de Cangas.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de febreiro a agosto.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores da Guarda.

Zona de traballo: de Punta Orelludas ata Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 32.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Algamar, C.B.

Zona de traballo: Muros, perímetro da Illa de Arousa e de Cabo Silleiro á Guarda.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: zona de traballo.

Época probable de extracción: de xaneiro a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas Porto Muíños.

Zona de traballo: toda a costa de Galicia.

Días máximos de extracción: 165.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas e Ahumados Lou, S.L.

Zona de traballo: Ribeira e Porto do Son.

Días máximos de extracción: 36.

Época probable de extracción: de maio a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Ceamsa.

Zona de traballo: costa Galicia.

Días máximos de extracción: 96.

Época probable de extracción: marzo a outubro.

Especies: Chondrus crispus, Gigartina sp.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

De acordo co establecido no artigo 4 do decreto citado deberá solicitarse ante o delegado territorial cunha antelación mínima de 15 días, autorización para desenvolver a actividade extractiva.

Disposicións adicionais

Primeira.-As solicitudes a que se refiren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, axustaranse aos modelos que figuran como anexos (II, III, IV e V) desta orde.

Segunda.-Os rastros remolcados, definidos nos artigos 120 a 123 do Regulamento da actividade pesqueira, das artes e aparellos permitidos en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, no seu capítulo X, só poderán capturar un 10% de especies acompañantes sempre e cando as ditas especies non estean sometidas a un plan específico aprobado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Terceira.-Segundo o disposto no artigo 2.1º do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación; non sendo recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras.

Cuarta.-Con carácter xeral autorízase a extracción de marisco as vésperas de festivos durante todo o

ano 2006, sempre e cando o estado dos recursos o permita.

Quinta.-Segundo a Orde do 23 de abril de 1999 modificada pola do 13 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, a aprobación dos plans de explotación con arte ou modalidade de mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e período de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola delegación territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguridade, outorgada pola Capitanía Marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras, que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, delegacións territoriais correspondentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, así como na sede das entidades responsables destes.

Segunda.-Autorízase o director xeral de Recursos Mariños para o desenvolvemento desta orde, que entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

-Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta Cova Baixa e Punta do Santo.

-Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre Punta do Cabalo a Punta Morago.

-San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada pola punta crebaondas do dique norte da Alúmina e a punta oeste do illote A. Anxuela.

-Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta de Cabo Burela a Faro Pedra e de Faro Pedra a Punta Areoura.

-Nois: demora NE Punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.

-Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.

-Gahito: demora N Punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.

-Rinlo: demora N Punta Corbeira/N Punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.

-Ribadeo: demora N Punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.

-Enseada de Santa Marta ou de Cariño: a zona comprendida entre Punta Espasante e Punta O Seixo.

-Cedeira: a zona comprendida entre Punta Castrelo e Punta de Sarridal.