DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2006 Páx. 665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2005 pola que se conceden as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do Programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

Por Orde do 3 de agosto de 2005 (DOG nº 153, do 10 de agosto) convocáronse as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

Conforme o disposto no punto quinto das bases da convocatoria, procedeuse á revisión das solicitudes presentadas e, de ser o caso, requiríuselles aos interesados a emenda de erros e falta de documentación. As solicitudes definitivamente admitidas foron avaliadas pola comisión designada polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, de acordo co establecido no punto sexto das bases da convocatoria.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elaborada pola citada comisión de

acordo co establecido no punto sétimo das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo I da presente resolución, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación procederá, de ser o caso, a adxudicarlle a dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola Comisión de Selección de Investigación e que se inclúe no anexo II desta resolución. A asignación farase pola mesma orde na que se relacionan.

Estas axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 56.02.432A.781.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005 e 2006.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das obrigas establecidas nas bases da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de repo

sición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2005.

P.D. (Orde 27-9-2005, DOG do 30 de setembro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

ANEXO I

SolicitanteDNIProxectoAxuda propostaPara 2005Para 2006

Diéguez Castrillón, María Isabel

Sinde Cantorna, Ana Isabel

Geimonde Canto, Ana

32655493-R

33295840-M

33316696-T

Políticas de fomento do turismo rural en Galicia: Unha avaliación da súa repercusión en termos de emprego e actividade empresarial9.000 A4.500 A4.500 A

Besteiro Rodríguez, Begoña33324745-EAvaliación das políticas turísticas en áreas do interior de Galicia. Estudos do caso de Santiago de Compostela, Lugo e a Comarca do Eume9.000 A4.500 A4.500 A

Barral Martínez, Margarita76367880-ZMonumentalización de Compostela na era monterista: a fusión da cidade e o agro8.000 A4.000 A4.000 A

Miramontes Carballada, Ángel76866751-SO turismo forestal en Galicia. A revitalización das comarcas de carácter rural8.500 A4.250 A4.250 A

López Dobarro, María Rosa32693531-CEstratexias de comunicación turística. A marca Galicia8.100 A4.050 A4.050 A

Cabaleiro Velosa, Patricia 53179675-HProxecto ECATUR: estudo e catalogación das aldeas abandonadas para o turismo rural11.500 A5.750 A5.750 A

ANEXO II

SolicitanteDNIProxecto

López Gómez, Sofía34881183-GInternet. Unha fonte de información turística en crecemento

Gómez Alvite, María José33329441-AO folclore do camiño aplicado ao turismo

Santomil Mosquera, David44811682-TExcursionismo e creación de novos produtos turísticos na periferia de Santiago de Compostela

Lens Bruña, José Manuel33277907-NProxecto para aplicar a tecnoloxía multimedia ao turismo artístico: guías sonoras

Gippini Fournier, David

Quintanar Cabello, Vanesa

35321008-T

51984202-Q

A promoción de Galicia como destino turístico na internet

Ulloa Guitián, Luis María

Ribas Álvarez, Alfonso

34266817-Z

44075888-E

Análise empírico da imaxe e percepción turística dos visitantes/turistas en dúas cidades galegas de interior. Os casos de Santiago de Compostela e Lugo