DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 2006 Páx. 414

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Pola súa vez, o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, fixa a estrutura orgánica dos seus departamentos, quedando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria configurada como se indica no seu artigo 5.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, co informe previo das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO

Artigo 1º.-Ámbito competencial.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a quen lle corresponden as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades; a coordinación do sistema universitario; o recoñecemento, tutela e rexistro das fundacións docentes de interese galego; e as competencias e funcións que lle atribúe o Decreto 268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea o Museo Pedagóxico de Galicia, e o Decreto 214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional. Todo iso de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Galicia, na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego (modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro), na Lei 11/1989, do 20 de

xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, na Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, na Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades, e nas leis orgánicas reguladoras do sistema educativo español.

Artigo 2º.-Estrutura.

1. Para o desempeño das súas funcións a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estrutúrase nos seguintes órganos:

I. A conselleira ou o conselleiro.

II. A Secretaría Xeral.

III. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

IV. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

VI. A Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

VII. A Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.

VIII. As delegacións provinciais.

IX. Os órganos colexiados.

2. Queda adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria como ente de dereito público, creado pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional.

3. Son órganos colexiados da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os seguintes:

a) O Consello Escolar de Galicia, creado pola Lei 3/1986, do 18 de decembro.

b) O Consello Galego de Universidades, creado pola Lei 2/2003, do 22 de maio.

c) O Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos, creado pola Lei 9/1992, do 24 de xullo.

d) O Consello Galego de Formación Profesional, creado polo Decreto 110/1999, do 8 de abril, modificado polo Decreto 214/2003, do 20 de marzo.

e) A Comisión Asesora de Formación do Profesorado, creada polo Decreto 245/1999, do 29 de xullo.

Artigo 3º.-A conselleira ou conselleiro.

A conselleira ou conselleiro é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, desempeña e exerce as atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

Artigo 4º.-A Secretaría Xeral.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións determinadas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e no Decreto 111/1984, do 25 de maio; así como aqueloutras que lle estean atribuídas pola normativa vixente e as que lle sexan delegadas ou encomendadas polo titular da consellería.

Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Persoal.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración do anteproxecto de orzamento do capítulo de persoal; a programación dos recursos persoais dos centros públicos docentes non universitarios; a xestión das accións relativas ao acceso, carreira

docente e provisión de postos de traballo, en coordinación coas direccións xerais correspondentes por razón da materia; a xestión das retribucións do profesorado; o estudo dos recursos e reclamacións referidos a persoal e a confección das correspondentes propostas de resolución; a xestión relativa ao persoal non docente dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; e calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

Para o desenvolvemento das súas funcións esta subdirección contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Preparación e tramitación do concurso xeral de traslados e os procedementos selectivos de acceso ao corpo de mestres, analizando as características específicas destes postos de traballo.

-Preparación dos expedientes de indemnización por razón de servizo.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Preparación e tramitación do concurso xeral de traslados e os procedementos selectivos de acceso aos distintos corpos.

-Preparación dos expedientes de indemnización por razón de servizo.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

c) Servizo de Persoal non Docente.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-A coordinación para a confección das nóminas do persoal dependente da consellería e controlar a execución orzamentaria das delegacións provinciais nesta materia.

-A xestión dos expedientes e as situacións administrativas do persoal funcionario non docente, tanto dos servizos centrais coma das delegacións provinciais; así como dos centros públicos dependentes delas.

-Elaboración e xestión dos contratos, e as competencias que destes deriven, relativos ao persoal laboral dependente da consellería.

-En xeral, a xestión, control e coordinación de todo o persoal adscrito á consellería, ben sexa de carácter laboral ou funcionario; e calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

d) Servizo de Réxime Xurídico e Recursos

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Elaboración das propostas de resolución dos recursos administrativos e reclamacións previas á vía xudicial.

-A elaboración de informes dos expedientes de incompatibilidades

-Proposta de resolución de expedientes disciplinarios

-Elaboración de propostas de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial

2. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios

Correspóndelle a esta subdirección xeral exercer as competencias relativas á elaboración do anteproxecto de orzamento da consellería, o seu seguimento, coordinación e control, así como a proposta e xestión das súas modificacións; a xestión, o control e a coordinación dos servizos de transporte e de comedores escolares; as funcións regulamentariamente establecidas sobre prevención de riscos laborais en relación co persoal da Xunta de Galicia que presta os seus servizos nos centros docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a tramitación das publicacións da consellería ante a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia, e actuar como representante nesta; e, en xeral, cantas outras lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral.

Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Xestión Orzamentaria.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Confección do borrador do anteproxecto de orzamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Control orzamentario das diversas unidades que compoñen a consellería.

-A habilitación de pagamentos agás os relativos ao capítulo I.

-Oficina orzamentaria, tramitación de expedientes de modificación de crédito.

-Aqueloutras análogas que lle sexan encomendadas.

b) Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Programación e xestión do servizo de transporte escolar en función das necesidades dos centros docentes non universitarios, coordinando a súa actividade coa das delegacións provinciais.

-Programación e seguimento do servizo de acompañamento no transporte escolar.

-Xestión e coordinación dos servizos de comedor dos centros docentes dependentes desta consellería.

-Coordinación das accións que prestan as delegacións provinciais en materia de bolsas e axudas ao alumnado de ensino non universitario dependente desta consellería.

-Deseño e elaboración de campañas de mellora dos recursos educativos complementarios.

-Asistir a Secretaría Xeral, xunto cos servizos de Inspección Educativa, na supervisión e control do transporte e comedores escolares.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

c) Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

En relación co persoal da Xunta de Galicia que presta servizos nos centros docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o Servizo de Prevención terá, baixo a dirección da subdirección xeral, as funcións que establece o artigo 31.3º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, modificado pola Lei 54/2003, do 12 de decembro, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais, e cantas outras funcións atribuídas ao Servizo de Prevención deriven das leis de prevención de riscos laborais e dos seus regulamentos de desenvolvemento.

3. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

Correspóndelle, dentro das previsións orzamentarias e a partir da planificación educativa e dos correspondentes programas de necesidades, a programación e contratación dos investimentos en infraestruturas da consellería; a xestión e supervisión dos proxectos de construción de centros, tanto de obra nova como de ampliación, reposición ou rehabilitación integral; a coordinación dos proxectos de reforma, de ampliación e de mellora nas obras que sexan competencia da consellería; a elaboración de orientacións técnicas sobre redacción de proxectos, edificacións, instalacións e equipos, métodos de control e ensaio; a programación das necesidades de equipamento, así como o seu seguimento e control; e aqueloutras funcións que lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral.

Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Contratación e Equipamento.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-A xestión e contratación dos proxectos e das obras de nova construción, ampliación, rehabilitación e reposición precisas, en execución dos programas de necesidades.

-A xestión e contratación dos servizos e equipamento para os centros docentes públicos.

-Elaboración dos pregos de condicións técnicas e administrativas dos devanditos contratos de obras, servizos e equipamento.

-Seguimento e control dos plans de equipamento nas fases de deseño, compra, recepción e distribución.

-Xestión das subvencións que se concedan a entidades e institucións sen fins de lucro para obras, equipamentos e infraestruturas educativas en xeral.

-Calquera outra análoga ou que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Supervisión de Proxectos e Xestión Patrimonial.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Estudo da programación de prioridades para os proxectos de obra nova, ampliación ou reposición dos inmobles dependentes desta consellería, definindo as características en función do que se estableza no programa de necesidades específico para o dito investimento, e coordinándose coas direccións xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

-Xestión e tramitación dos expedientes para a consecución de dispoñibilidade do solo necesario para investimentos que se vaian realizar, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda.

-Tramitación dos expedientes de expropiación instruídos pola consellería.

-A elaboración de instrucións, pregos de prescricións técnicas, control e supervisión dos proxectos de obra nova, ampliacións, reposicións e rehabilitacións integrais que execute esta consellería.

-Calquera outra análoga ou que lle sexa encomendada.

c) Servizo de Construcións.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-A elaboración de orientacións técnicas sobre edificacións, instalacións e equipos, métodos de control e ensaio.

-Dirección, coordinación e inspección da execución de todas as obras desenvolvidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, incluídas as que xestionan directamente as delegacións provinciais, en virtude das competencias nelas desconcentradas.

-Controlar a execución de tales obras, tanto desde o punto de vista técnico como económico e do cumprimento dos prazos do contrato.

-Calquera outra análoga ou que lle sexa encomendada.

4. Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a implantación e xestión das novas tecnoloxías e sistemas de información, de comunicacións e de servizos informáticos para o sistema educativo non universitario galego; a informatización dos rexistros de centros educativos e a explotación dos datos da estatística educativa; a informatización dos concursos de traslados de persoal docente e dos procesos selectivos e todas as actuacións dirixidas á xestión e coordinación dos procesos informáticos; deseño e/ou supervisión de todas as aplicacións informáticas que se implantan na consellería e nos seus servizos periféricos; dar soporte técnico ás necesidades que se presentan en materia informática; dar asesoramento técnico informático en todo o referente a contidos educativos multimedia; así como propor os métodos e normas relativos á seguridade e privacidade da información procesada nos sistemas informáticos da consellería, de conformidade coa normativa vixente, en coordinación coa Dirección Xeral

de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.

Para o desenvolvemento destas funcións contará coas seguintes unidades administrativas, con nivel orgánico de servizo:

a) Área de Desenvolvemento e Estatísticas Educativas

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Elaboración e explotación de estatísticas no eido educativo en Galicia.

-Elaboración de estudos de racionalización de procesos, relacionados coas tecnoloxías da información, así como o asesoramento neste ámbito a outras direccións xerais da consellería.

-A planificación, xestión, desenvolvemento e garantía da calidade dos proxectos de implantación de sistemas de información, tanto os que se refiren aos centros docentes como aos procedementos administrativos, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Mantemento dos sistemas de información xa implantados na consellería, nos aspectos referidos á súa adaptación aos cambios normativos e mellora das súas funcionalidades.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Área de Xestión Administrativa e de Centros

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Definir ou, de ser o caso, supervisar a definición dos contratos en materia informática dependentes da consellería e dos seus servizos periféricos.

-Definir, determinar, valorar e propoñer a adquisición de equipos informáticos ou de comunicacións que precise a consellería para o mellor cumprimento dos fins que lle son propios.

-Definir, determinar, valorar e propoñer o equipamento informático para os centros docentes públicos

-Seguimento e control dos plans de equipamento, así como da reciclaxe do material obsoleto.

-A xestión e coordinación de soporte técnico informático que se lles presta aos centros docentes.

-Planificación e organización de actividades formativas aos usuarios nas distintas aplicacións corporativas, así como a coordinación das actuacións en materia informática educativa.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

c) Área de Sistemas e Comunicacións.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Planificación, desenvolvemento, xestión e estandarización da arquitectura tecnolóxica da consellería, considerando os sistemas informáticos, bases de datos e servizos de rede e de comunicacións, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Análise, investigación, avaliación e selección dos equipos informáticos, elementos de comunicacións e aplicacións dos sistemas de información.

-Implantación, configuración, administración, mantemento e documentación dos elementos físicos, lóxicos e procedementos dos sistemas de información.

-Propor os requisitos técnicos necesarios para a adquisición do equipamento e aplicacións informáticas dos sistemas de información.

-Definición e implementación dos mecanismos de explotación, seguridade, apoio, recuperación e seguimento necesarios para garantir a confidencialidade, integridade, autenticidade, auditabilidade, rendemento e alta dispoñibilidade dos sistemas de información.

-Asesoramento e elaboración de estudos, proxectos, informes e métodos de racionalización de procesos en relación coas novas tecnoloxías da información e a comunicación.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

4. Intégranse na Secretaría Xeral, dependendo directamente do seu titular, as seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo Técnico Xurídico.

Correspóndenlle, baixo a dirección da secretaría xeral, as seguintes funcións:

-Análise e tramitación dos proxectos de disposicións xerais desta consellería; así como a elaboración

de compilacións e refundicións das normas de interese para o departamento.

-Estudo e interpretación dos expedientes da consellería que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e ás súas comisións; así como o traslado dos correspondentes acordos.

-Elaboración dos estudos xurídicos e información legal que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral; así coma o estudo ou formulación de propostas de resolución dos recursos e das reclamacións interpostos contra os actos ditados polos órganos da consellería, que lle encargue o mencionado órgano.

-Coordinación da publicación nos diarios oficiais de todas as disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería; así como a súa remisión para seren publicados.

-Mantemento e actualización do Rexistro das Fundacións de Interese Galego adscritas a esta consellería e realización das actividades propias da súa calidade de protectorado; así como o exercicio das funcións derivadas do Rexistro de Asociacións de Alumnos e do Censo de Federacións e Confederacións de Pais de Alumnos.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Coordinación Administrativa

Correspóndelle baixo a dirección da Secretaría Xeral as seguintes funcións:

-A coordinación administrativa de carácter xeral, do réxime interior, os rexistros e arquivos, incluída a contratación administrativa.

-A racionalización dos circuítos administrativos en coordinación cos órganos competentes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Exercer as funcións que competan ao administrador do Mupega, nos termos establecidos no decreto de creación deste.

Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

5. Intégranse na Secretaría Xeral, dependendo organicamente do seu titular, con nivel orgánico de subdirección xeral, as seguintes unidades:

a) Asesoría Xurídica.

Organicamente integrada na Secretaría Xeral e funcionalmente dependente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, rexerase polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

b) Intervención Delegada.

Organicamente integrada na Secretaría Xeral e funcionalmente dependente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5º.- Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Correspóndelle a esta dirección xeral a elaboración das propostas de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, tanto de titularidade pública coma privada, sen prexuízo das que se lle asignan á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais; a confección das propostas de concesión de axudas e de concertos educativos, así como a súa xestión e os demais aspectos derivados das axudas á escolarización; o pagamento delegado ao profesorado; o estudo das disposicións sobre o réxime xurídico e administrativo dos centros; a expedición dos títulos académicos de nivel non universitario derivados das leis orgánicas que regulan o sistema educativo español; a determinación das necesidades de equipamento destes centros públicos e as propostas de adquisición deste material, así como a ordenación da súa distribución.

Así mesmo, correspóndelle a ordenación, elaboración e renovación dos programas educativos das ensinanzas non universitarias de réxime xeral; a determinación das normas e das orientacións precisas para a súa efectividade e a adaptación ás necesidades educativas específicas do alumnado; a proposta de programas e proxectos específicos ou experimentais; a planificación, execución e avaliación dos programas de formación, perfeccionamento e actualización do profesorado das diferentes áreas e niveis, agás os específicos de formación profesional e ensinanzas de réxime especial; a colaboración coas institucións universitarias responsables da formación inicial do profesorado; a programación das modificacións da rede de centros escolares non universitarios, así como a súa adecuación periódica en función das necesidades e da evolución do sistema educativo no mapa escolar de Galicia; a coordinación das funcións dos servizos provinciais de inspección educativa no que respecta ás competencias

recollidas no Decreto 99/2004; o deseño de instrumentos e posta en práctica dos procesos de avaliación do sistema educativo así como o desenvolvemento na Comunidade Autónoma dos programas internacionais e nacionais de avaliación nos que participe Galicia; a organización de probas específicas a nivel de Galicia que deriven da normativa xeral ou específica dos niveis educativos que corresponden a esta dirección xeral.

Para o exercicio das súas funcións, esta dirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Centros.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración das propostas de autorización de centros docentes non universitarios, das súas ensinanzas e dos expedientes relativos ás súas modificacións; a xestión do rexistro de centros; a tramitación para a expedición de títulos académicos; a elaboración dos proxectos normativos sobre concertos educativos e convenios a centros privados e a súa execución;

a análise das necesidades de equipamento dos centros docentes públicos non universitarios; a elaboración do anteproxecto de orzamento da dirección xeral e o control da execución do gasto; a elaboración das propostas normativas en relación aos programas de gratuidade de libros de texto, bibliotecas escolares e de cooperación territorial, xestionando o seu desenvolvemento.

Para o desenvolvemento das súas funcións esta subdirección contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Centros.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Elaboración da proposta de autorización dos centros de titularidade pública e privada, así como as ensinanzas que impartan.

-Tramitacións dos expedientes relativos á creación, supresión, transformación, cambio de titularidade e clasificación dos centros docentes, agás os de réxime especial.

-Xestión e mantemento do rexistro de centros.

-Tramitación para a expedición de títulos académicos e o seu rexistro.

-Elaboración da normativa sobre concertos educativos e xestión da súa aplicación.

-Definición do equipamento básico dos centros docentes públicos, así como o equipamento específico dos centros de réxime xeral, agás o relativo ás ensinanzas de formación profesional.

-Elaboración das propostas de adquisición e distribución do equipamento dos centros educativos.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Xestión de Programas Educativos.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Elaboración do anteproxecto de orzamentos da dirección xeral, e o control da súa xestión e da execución do gasto nas súas unidades.

-A xestión dos gastos de funcionamento dos centros públicos e desenvolvemento das normas necesarias para a súa aplicación.

-Tramitación dos expedientes económicos e realización dos pagamentos derivados dos concertos educativos, incluído o pagamento delegado ao profesorado.

-A elaboración das propostas normativas que regulan o programa de gratuidade de libros de texto e a xestión do seu desenvolvemento.

-Establecemento das actuacións para a mellora do funcionamento das bibliotecas escolares e o fomento da lectura.

-Coordinación, seguimento e avaliación dos programas de cooperación territorial.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

2. Subdirección Xeral de Ordenación Educativa.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración das propostas curriculares das ensinanzas de réxime xeral do ensino non universitario, e da súa normativa académica e organizativa, agás os específicos de formación profesional e ensinanzas de réxime especial; a confección de programas para atender as necesidades educativas específicas e a diversidade dos alumnos; a supervisión dos desenvolvementos curriculares e proxectos experimentais que se realizan nos centros; o desenvolvemento dos programas de innovación educativa; a planificación, execución e avaliación dos programas de formación, perfeccionamento e actualización do profesorado das diferentes áreas e niveis, agás os específicos de formación profesional e ensinanzas de réxime especial; a colaboración coas institucións universitarias responsables da formación inicial do profesorado.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección estrutúrase nas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Ordenación e Innovación Educativa.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Elaboración das propostas dos currículos educativos nos diferentes niveis e modalidades do ensino non universitario.

-Elaboración das propostas da normativa que regule a educación específica, a acción titorial, a orientación educativa e as medidas curriculares para atender a diversidade do alumnado.

-Propoñer a autorización, seguimento e avaliación de proxectos de innovación educativa e determinar os criterios para asesorar e supervisar os desenvolvementos curriculares nos centros.

-Propoñer a autorización de materias optativas.

-Propoñer as resolucións sobre validacións e equivalencias nos estudos regulados pola lexislación educativa, e nos recursos presentados polo alumnado, os seus pais ou titores; así como as convocatorias de graza.

-Dirección e coordinación daquelas actuacións referentes a contidos educativos baseados no uso das TIC.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Formación do Profesorado.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-A análise das necesidades de formación do profesorado e a formulación das correspondentes propostas de plans de formación.

-Xestión e execución dos plans de formación do profesorado.

-Coordinación da rede de centros de formación e recursos.

-Organización e execución da formación inicial e permanente do persoal adscrito ás estruturas de formación do profesorado.

-A investigación sobre a formación permanente do profesorado como un referente de apoio, innovación e dinamización didáctica deste.

-A xestión dos proxectos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria relacionados co seu ámbito de competencia.

-A promoción e xestión das convocatorias de accións de apoio á formación do profesorado.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

3. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Correspóndelle a esta subdirección xeral, segundo o establecido no Decreto 99/2004, do 21 de maio, dirixir e velar polo cumprimento das funcións encomendadas á Inspección Educativa; a elaboración e proposta para a súa aprobación do plan anual da inspección e supervisión do seu cumprimento; a coordinación cos servizos provinciais de inspección, proposta e organización das actividades de formación e perfeccionamento para os membros de inspección; realización das accións de avaliación xeral e de mellora do sistema educativo non universitario de Galicia; a participación nas accións de avaliación programadas polo Instituto Nacional de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo e a emisión de informes aos distintos centros directivos da consellería; a programación das modificacións da rede de centros escolares non universitarios, así como a súa adecuación periódica en función das necesidades e da evolución do sistema educativo no mapa escolar de Galicia; a organización de probas

específicas a nivel de Galicia que deriven da normativa xeral ou específica dos niveis educativos que corresponden a esta dirección xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Coordinación e Planificación da Inspección Educativa.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-A coordinación do cumprimento das funcións que teñen encomendadas os servizos provinciais de inspección.

-Elaboración do plan de traballo anual da inspección, de acordo coas prioridades e directrices emanadas das correspondentes direccións xerais da consellería.

-Supervisión e seguimento do plan de traballo anual da inspección.

-A proposta e organización de actividades de formación e perfeccionamento para os membros da inspección.

-Elaboración de informes e propostas aos distintos centros directivos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Realización da memoria anual do funcionamento do servizo e presentación á dirección xeral

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Deseño, planificación e execución das accións de avaliación xeral e de mellora da calidade do sistema educativo non universitario de Galicia, que constituirán o seu plan anual de actividades.

-Elaboración e coordinación das accións para a avaliación xeral dos niveis, etapas, ciclos e graos de ensinanzas non universitarias do sistema educativo en Galicia, de acordo coas prioridades da consellería; a avaliación dos proxectos e programas educativos en funcionamento.

-Elaboración e coordinación dos plans de avaliación dos centros e de mellora da calidade.

-A participación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Instituto Nacional de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, así como nos estudos de avaliación de ámbito estatal ou internacional.

-Elaboración de informes sobre os resultados das avaliacións realizadas.

-Planificación e organización das probas que se van levar a cabo co alumnado de niveis non universitarios, como consecuencia do desenvolvemento do sistema educativo.

-Avaliación dos informes relativos á poboación, infraestruturas escolares e demanda educativa, así como as propostas correspondentes.

-Planificación da oferta educativa e a súa adecuación ás variacións das necesidades dentro dos niveis educativos de réxime xeral.

-A estruturación e proposta da implantación das diferentes modalidades e itinerarios correspondentes ás ensinanzas anteriores.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

Artigo 6º.-Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Correspóndelle a esta dirección xeral a ordenación académica das ensinanzas de formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e adultos; a deter

minación das normas e das orientacións precisas para a súa efectividade; a emisión de informes sobre a autorización de ensinanzas, a adecuación dos equipamentos e instalacións; a autorización de equipamentos para as ensinanzas de formación profesional; a xestión das axudas procedentes do Fondo Social Europeo para a mellora do sistema de formación profesional; a xestión dos Programas Europeos; a articulación e implementación dos programas, plans e medidas que determinen os plans galegos de formación profesional no eido da ensinanza regrada; o deseño e desenvolvemento de plans de formación permanente do profesorado das ensinanzas que dependen desta dirección xeral; a atención ás necesidades formativas das persoas adultas; formar parte do Consello Galego de Formación Profesional e formar parte da Comisión Asesora de Formación do Profesorado.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta dirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades administrativas:

1. Subdirección Xeral de Formación Profesional.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a confeccións das propostas de ordenación, elaboración e renovación dos plans e dos programas educativos das ensinanzas de formación profesional específica de réxime xeral e as orientacións precisas para a súa efectividade; a planificación da oferta educativa, así como a emisión de informes sobre autorización de ensinanzas, adecuación dos equipamentos e instalacións destinadas á docencia técnico-profesional; a prestación de apoio ao Consello Galego de Formación Profesional desempeñando a secretaría deste órgano colexiado e dirixindo o persoal adscrito para tal fin; así como a atención ás necesidades formativas das persoas adultas que requiren unha formación e cualificación profesional.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección estrutúrase nas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Formación Profesional.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Planificación e presentación da ordenación académica dos estudos de formación profesional específica de réxime xeral nas súas diferentes modalidades e dos módulos profesionais pertencentes aos programas de iniciación profesional, así como a elaboración de propostas da normativa que regulen estas ensinanzas.

-A elaboración de estudos e informes sobre a formación profesional, a súa programación e a súa planificación.

-A proposta de autorización, seguimento e avaliación de proxectos experimentais e a determinación de criterios para asesorar e supervisar os proxectos curriculares dos centros no referente ás ensinanzas técnico-profesionais.

-As propostas de resolución sobre validacións e equivalencias, e dos recursos presentados polo alumnado, os seus pais ou titores, así como as convocatorias de graza no referente ás ensinanzas de formación profesional específica de réxime xeral e aos módulos dos programas de iniciación profesional.

-Planificación e organización do acceso ás ensinanzas de formación profesional de réxime xeral.

-Deseño e actualización dos currículos dos ciclos formativos e módulos dos programas de iniciación profesional, así como a elaboración de materiais de apoio para o seu desenvolvemento.

-Calquera outra análoga que se lle sexa encomendada.

b) Servizo de Formación en Empresas e Orientación Profesional.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Impulso das relacións entre os responsables da formación, do emprego e da produción, mediante plans de información e establecemento de convenios.

-Coordinación e xestión da formación en centros de traballo do alumnado de formación profesional.

-Impulso á realización de estadías formativas do profesorado de formación profesional en empresas.

-A proposta de medidas que faciliten o desenvolvemento dos módulos dos programas de iniciación profesional, así como o impulso de iniciativas que lle procuren ao alumnado unha formación básica e profesional.

-Elaboración de propostas normativas que regulen a orientación profesional nos centros educativos, así como o impulso de actividades de información e orientación profesional.

-Calquera outra análoga que se lle sexa encomendada.

2. Subdirección Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a confección das propostas de ordenación, elaboración e renovación dos plans e dos programas educativos das ensinanzas escolares de réxime especial, así como os dirixidos ás persoas adultas; a planificación, execución e avaliación dos programas de formación, perfeccionamento e actualización do profesorado que imparte estas ensinanzas; a colaboración coas institucións universitarias responsables da formación inicial do profesorado; a promoción da participación dos centros escolares en proxectos de cooperación multilateral en ámbitos diversos como a educación intercultural, a formación continua dos docentes, a utilización de novas tecnoloxías, o ensino de idiomas e a educación de adultos; así como a atención ás necesidades formativas ao longo da vida.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección estrutúrase nas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-A planificación e proposta da ordenación académica das ensinanzas de réxime especial nas súas diferentes modalidades; así como as propostas normativas que regulen estas ensinanzas.

-Realización de estudos e sobre as ensinanzas de réxime especial, así como o asesoramento ás unidades administrativas con competencia no relativo á planificación e oferta destas ensinanzas.

-Deseño e actualización dos currículos destas ensinanzas, como a elaboración de materiais de apoio para o seu desenvolvemento.

-A proposta de autorización, seguimento e avaliación de proxectos experimentais e a fixación dos criterios para asesoramento e supervisión dos proxectos curriculares dos centros no referente a estas ensinanzas.

-A proposta de resolución sobre validacións e equivalencias, e dos recursos referentes ás ensinanzas de réxime especial.

-Planificación e organización das modalidades das ensinanzas de réxime especial.

-Deseño de plans para o aproveitamento das novas tecnoloxías e proxectos de innovación relacionados con estas ensinanzas.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Xestión Económica e Educación de Adultos.

Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Elaboración do anteproxecto de orzamentos da dirección xeral e control da xestión e execución do gasto nas súas unidades.

-Planificación e proposta da ordenación académica da educación de adultos; así como a proposta de normativa que regule estas ensinanzas e a coordinación na elaboración de materiais de apoio para o seu desenvolvemento.

-Coordinación das actuacións que en materia de educación de adultos realicen as diferentes unidades e centros docentes desta consellería.

-As propostas de autorización, seguimento e avaliación de proxectos experimentais e a determinación dos criterios para asesoramento e supervisión dos proxectos curriculares dos centros no referente a estas ensinanzas.

-Coordinación, seguimento e avaliación dos programas educativos europeos.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

Artigo 7º.-Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia a ordenación, planificación e execución das competencias, en materia de universidades e ensinanzas universitarias, correspondentes a esta consellería en relación coas que se lle atribúen no artigo 31 do Estatuto de autonomía para Galicia, na Lei galega 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, nas disposicións ditadas no seu desenvolvemento e na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. Tamén lle corresponde elaborar a proposta e, se é o caso, a execución dos plans específicos de apoio á formación e actualización do persoal docente das universidades galegas e de orientación e apoio económico aos estudantes universitarios.

Para o exercicio das súas funcións, esta dirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Universidades.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración do anteproxecto do orzamento da dirección xeral, a súa xestión e seguimento; a xestión dos programas de orientación e de información aos estudantes universitarios; a elaboración dos anteproxectos de disposicións relativas á coordinación do sistema universitario de Galicia. Así mesmo correspóndelle a xestión das accións de apoio á formación e actualización do profesorado universitario e de apoio económico aos estudantes universitarios; o estudo e proposta de resolución nos recursos administrativos referentes ao seu ámbito competencial; e a distribución da información e da documentación aos diversos servizos desta dirección xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Coordinación do Sistema Universitario.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-A xestión correspondente á creación e recoñecemento en Galicia de universidades e centros universitarios; a autorización sobre a implantación de estudos universitarios, tanto de carácter oficial e de validez en todo o territorio nacional coma os conducentes a títulos conforme o sistema vixente nos países estranxeiros.

-As relacións administrativas cos órganos estatais e autonómicos para a planificación e coordinación en materia universitaria, así como a preparación para a execución dos seus acordos.

-As relacións administrativas cos órganos colexiados e unipersoais das universidades, cos centros asociados da UNED en Galicia, e cos centros adscritos, propios e integrados, do sistema universitario.

-Convocatoria e seguimento das accións de apoio á formación e actualización do persoal docente das universidades galegas.

-Mantemento e actualización do banco de datos, no que afecta as súas funcións, para a elaboración de estatísticas do Sistema Universitario de Galicia.

-Elaboración e seguimento dos convenios que afecten as súas funcións.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

b) Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitarios.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Preparación e seguimento dos programas de orientación e información aos estudantes universitarios.

-A xestión dos procesos de incorporación dos estudantes ao Sistema Universitario de Galicia.

-Mantemento e actualización do banco de datos, no que afecte as súas funcións, para a elaboración de estatísticas do Sistema Universitario de Galicia e para a prestación de servizos de información á comunidade universitaria.

-Convocatoria e seguimento das accións de apoio económico aos estudantes universitarios.

-Elaboración e seguimento dos convenios que afecten estas funcións.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

c) Servizo de Financiamento do Sistema Universitario.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Elaboración das propostas de financiamento do Sistema Universitario de Galicia.

-Seguimento da xestión do orzamento e da contratación administrativa da dirección xeral.

-Recompilación da documentación precisa para a elaboración de propostas normativas e do control dos prezos públicos do Sistema Universitario de Galicia.

-Mantemento e actualización do banco de datos, no que afecta ás súas funcións, para a elaboración das estatísticas do Sistema Universitario de Galicia.

-As relacións administrativas coa xerencia das universidades e demais dependencias encargadas da xestión económica e dos investimentos.

-A xestión dos convenios que, pola súa materia, afecten as competencias da dirección xeral.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

Artigo 8º.-Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, sen prexuízo das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria, a promoción e a xestión eficiente e integrada dos recursos e capacidades de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para a súa vertebración e posta en valor no marco do Sistema de Innovación. Tal xestión concrétase na promoción, deseño e materialización dos instrumentos necesarios para mellorar o financiamento estrutural da actividade investigadora do SUG, así como da calidade dos seus medios e resultados, de acordo cos fins establecidos no Plan de Financiamento e no artigo 2 da Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do Sistema Universitario de Galicia, así como no artigo 1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro no artigo 1.2º da Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e de desenvolvemento

tecnolóxico de Galicia.

No ámbito dos obxectivos que estableza o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, contribuirá, ademais, á ordenación e complementariedade das capacidades investigadoras do SUG, seguindo criterios de excelencia e consolidación. Así mesmo, terá presente en todo momento a necesidade de transferencia de coñecemento á sociedade galega a través da promoción da óptima xestión dos resultados de investigación xerados polo SUG, incentivando a súa orientación ás demandas sociais, económicas e ambientais da comunidade autónoma.

Para o exercicio das súas funcións, esta dirección estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria.

Sen detrimento das actuacións que neste ámbito poidan asumir outras unidades da Xunta con competencias en investigación e innovación tecnolóxica, a esta subdirección xeral correspóndenlle as seguintes funcións:

-A planificación, elaboración, proposta e xestión de accións e mecanismos orientados á consecución da excelencia na produción científica e a calidade total no desenvolvemento da función investigadora do Sistema Universitario de Galicia.

-A planificación e desenvolvemento dos obxectivos e indicadores de mellora na calidade investigadora no marco do Plan de Financiamento do SUG.

-O desenvolvemento, en colaboración coas universidades, de novas fórmulas do financiamento estrutural da actividade investigadora no Sistema Universitario de Galicia, que contribúan a mellorar os recursos materiais e humanos destinados a esta finalidade, así como a calidade dos seus resultados.

-A promoción de servizos, centros e unidades científico-tecnolóxicas no SUG, establecendo un marco

de financiamento para o seu desenvolvemento e xestión sustentable.

-A promoción da coordinación das universidades galegas no establecemento de programas, infraestruturas e actuacións en materia de investigación.

-As relacións cos órganos nacionais e internacionais que se ocupen da produción científica universitaria.

-A programación, realización, seguimento e difusión de estudos e estatísticas que permitan avanzar no coñecemento, avaliación e pertinencia da investigación no SUG.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Promoción e Xestión Técnica

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

-Iniciación, coordinación e seguimento dos programas e accións promovidos pola dirección xeral.

-A xestión da formulación, aplicación e seguimento dos obxectivos e mecanismos que, en materia de calidade investigadora, establezan os contratos programa formalizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coas universidades.

-A xestión administrativa e orzamentaria das competencias atribuídas á dirección xeral.

Artigo 9º.-As delegacións provinciais.

En cada unha das provincias da comunidade autónoma existirá unha delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co establecido no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, polo que se reorganiza a Administración periférica da Xunta de Galicia e se regulan as competencias dos órganos territoriais.

Nos seus ámbitos territoriais, correspóndelles ás delegacións provinciais desempeñar as competencias determinadas no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e as derivadas da desconcentración de competencias efectuada en virtude dos decretos 87 e 88/1990, ambos os dous do 15 de febreiro, así como todas aquelas que lle sexan atribuídas por disposición legal ou lle sexan delegadas polo conselleiro.

Para o desenvolvemento destas funcións cada delegación provincial contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

1. Secretaría da Delegación.

Correspóndelle, baixo a dirección do delegado provincial as seguintes funcións:

-O impulso e instrución da actividade administrativa da delegación e a coordinación na xestión do persoal dela dependente e a do seu réxime interior.

-A elaboración do anteproxecto de orzamento da delegación e a administración, o control e a xustificación dos créditos que lle fosen asignados.

-Asesoramento e asistencia técnica e administrativa ao delegado, a quen substituirá en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

2. Servizo Provincial de Inspección Educativa.

Correspóndelle, baixo a dirección do delegado provincial, as seguintes funcións, establecidas no Decreto 99/2004, do 21 de maio:

-Asesoramento, información e orientación aos distintos sectores da comunidade educativa en materia de ensino.

-A inspección aos centros docentes, públicos e privados, non universitarios e dos recursos complementarios.

-Supervisión das actas de avaliación, parciais e finais.

-A proposta de medidas sobre xestión dos recursos educativos e as demais funcións establecidas no decreto citado.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

3. Servizo de Persoal.

Correspóndelle, baixo a dirección da Secretaría Provincial, as seguintes funcións:

-Elaboración das nóminas dos funcionarios dependentes da delegación e as dos centros públicos e concertados.

-A tramitación dos expedientes administrativos do persoal docente e non docente, especialmente en relación co concurso de traslados, cumprimento de trienios e sexenios, licenzas, permisos, etc.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

Só as delegacións provinciais da Coruña e Pontevedra contarán con este servizo.

4. Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

Correspóndelle, baixo a dirección do delegado provincial, as seguintes funcións:

-Recompilación de datos para o trazado dos itinerarios do transporte escolar, así como das súas paradas e das dificultades técnicas nos seus percorridos.

-Análise dos datos sobre a seguridade e puntualidade do servizo de transporte escolar.

-A tramitación dos asuntos relacionados cos servizos de transporte e comedor escolares e coas escolas-fogar, segundo as directrices da Secretaría Xeral.

-Coordinación e seguimento da figura de acompañante nas rutas de transporte escolar.

-Coordinación cos servizos provinciais de transporte das delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes na verificación da aptitude técnica dos vehículos destinados a transporte escolar e, en especial, do cumprimento cos requisitos exixidos no Real decreto 443/2001, do 27 de abril, modificado polo Real decreto 894/2002, do 30 de agosto, sobre seguridade no transporte escolar.

-A xestión e proposta da concesión de bolsas e axudas ao estudo, así como a tramitación das solicitudes de títulos e libros de cualificación.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

5. Servizo de Programación e Contratación.

Correspóndelle, baixo a dirección do delegado provincial, as seguintes funcións:

A instrución dos expedientes de creación, modificación e supresión de centros públicos e privados non universitarios dependentes da consellería; así como a elaboración de informes dos expedientes de desafectación de centros públicos.

-A tramitación dos concertos educativos e da concesión de subvencións e axudas a unidades de educación infantil.

-A xestión dos expedientes de contratación de obras, en colaboración co servizo da unidade técnica adscrita á delegación provincial.

-A tramitación dos expedientes de equipamento e dotación artística.

-A xestión da actividade das escolas viaxeiras.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

6. Servizo da Unidade Técnica.

Correspóndenlle, baixo a dirección do delegado provincial, as seguintes funcións:

-Elaboración e supervisión dos proxectos de obras de reforma, ampliación e/ou mellora das obras programadas pola Secretaría Xeral ou que realice a delegación provincial correspondente; así como a confección dos documentos técnicos nos expedientes de proxectos de obras, de reformados ou dos complementarios que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral da consellería.

-Vixilancia no cumprimento das disposicións legais nestes proxectos; e a ordenación, regulación e coordinación dos criterios técnicos aplicables neles, especialmente no relativo á seguridade e á saúde, á normativa urbanística e aos estudos do solo.

-Dirección, coordinación, inspección, xestión e vixilancia das obras que vaia executar a consellería na provincia; e singularmente as derivadas do desenvolvemento de plans ou programas especiais, como pode ser o do Sistema Universitario de Galicia ou

o de desenvolvemento da rede de centros nesta comunidade.

-Control e elaboración de informes sobre as obras de reparación, ampliación e mantemento dos inmobles a cargo da consellería, así como a actualización do inventario de obras e das necesidades nos centros educativos públicos e privados.

-Realización de informes sobre a adecuación á normativa vixente dos proxectos de obras que realicen os centros privados e control posterior na correcta execución destas.

-Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

Disposicións adicionais

Primeira.-As competencias que este decreto lles atribúe en materia estatística aos órganos desta consellería entenderanse sen prexuízo das atribuídas ao Instituto Galego de Estatística e exerceranse consonte as directrices previstas nas leis reguladoras da estatística e no Plan Galego de Estatística.

Segunda.-Os órganos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se citan no Decreto 268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea o Museo Pedagóxico de Galicia, e no Decreto 214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional, desempeñarán as correspondentes competencias e funcións nos termos que neles se establecen.

Disposición transitoria

Única.-Readscrición do persoal afectado por mor dos cambios na estrutura orgánica da consellería.

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou contido das subdireccións xerais ou dos servizos existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das citadas unidades, autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta do secretario xeral, a readscribir o persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sendo de aplicación o establecido no artigo 62.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Nos casos de supresión das subdireccións xerais ou servizos existentes con anterioridade, as unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo, adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por resolución da conselleira, por proposta

da Secretaría Xeral, aos órganos regulados neste decreto, en función das atribucións que estes teñen asignadas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto e especialmente o Decreto 454/2003, do 26 de decembro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento normativo.

Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela o vinte e nove de decembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria