DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 30 de decembro de 2005 Páx. 20.450

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Exposición de motivos

Os orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2006 adáptanse á nova estrutura administrativa aprobada polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e polas disposicións complementarias posteriores.

Estes orzamentos responden ás prioridades da política económica e social que ten o Goberno galego para o próximo ano, no marco das actuacións que vai realizar durante a actual lexislatura, e teñen como referencia o obxectivo de estabilidade orzamentaria fixado para o conxunto das comunidades autónomas no período 2006-2008 e no Plan económico financeiro 2004-2006, da Comunidade Autónoma de Galicia, que prevé a redución progresiva do déficit das contas públicas desta Comunidade Autónoma. Ao mesmo tempo, estes orzamentos recollen, necesariamente, os compromisos de gasto adquiridos durante o exercicio de 2005 e anteriores.

Estas prioridades céntranse na reorientación do modelo de crecemento económico cara a unha economía competitiva e aberta aos mercados e sectores de futuro e na especial atención ás políticas sociais, co desenvolvemento dun sistema público de servizos de calidade e universais que garantan unha sociedade de benestar avanzada.

No plano económico, os orzamentos oriéntanse a sentar as bases dun crecemento económico equilibrado e sustentable, con programas que levan a unha maior produtividade, competitividade e creación de emprego de calidade, co obxectivo central de elevar o nivel de vida dos cidadáns.

Os orzamentos de 2006 reflicten un forte impulso no gasto en capital humano, nas áreas de educación, I+D, investigación, universidades, formación dos traballadores, innovación industrial e apoio á iniciativa empresarial, e potencian unha cultura emprendedora para crear emprego e infraestruturas que completen a estrutura básica de comunicación interior e as conexións intermodais; estas actuacións sitúanse nun marco de implantación de políticas de sustentabilidade ambiental. Estes factores deberán contribuír a incrementar a competitividade da economía galega e reforzarán as bases sobre as que ten que asentarse un crecemento capaz de crear emprego estable e de calidade e de achegar os recursos necesarios para asegurar a continuidade das políticas sociais que constitúen o segundo gran bloque de prioridades.

No ámbito social e asistencial, os orzamentos inciden con especial atención na sanidade, nos servizos sociais, na igualdade, no apoio ás persoas dependentes, na asistencia aos maiores, nunha política integral de axuda para os nenos e a xente moza,

no reforzo das axudas para acceso á vivenda e na asistencia aos colectivos máis desfavorecidos e aos emigrantes e retornados.

A elevación do nivel de calidade dos servizos sanitarios, ademais de requirir unha maior eficiencia do sistema, esixe abordar a mellora do seu financiamento, que nestes orzamentos resulta notablemente reforzado.

Tamén resultan prioritarias outras áreas e programas de actuación no ámbito cultural, como os referentes ao impulso do Plan de normalización lingüística e o apoio ao noso patrimonio cultural, así como aos programas que potencian unha política cultural baseada na liberdade de creación e na diversidade, coa cooperación entre institucións públicas e privadas e cara a unha internacionalización da nosa cultura.

No que respecta ao texto articulado, xunto á continuidade das disposicións que forman parte indispensable dunha lei destas características, ou que teñen acreditada a súa utilidade na ordenación da actividade económico-financeira en anteriores exercicios, figuran outras que aparecen recollidas por primeira vez. Entre elas poden ser destacadas as seguintes:

No título I, coa finalidade de dotar de máis transparencia o gasto público, establécese expresamente que xunto coa comunicación das modificacións de crédito autorizadas, que debe enviarse á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos para control parlamentario, deberá figurar unha explicación sobre os motivos que as xustifican, así como a súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos dos programas afectados. Nese mesmo capítulo inclúense igualmente unha serie de normas que, en beneficio da mellor operatividade dos procesos de xestión, liberan dalgunha das limitacións existentes en materia de transferencias de crédito as que se realicen cara aos organismos autónomos, en xeral, e, de forma moi concreta, a distintos supostos que afectan exclusivamente as peculiaridades de estrutura e funcionamento do Servizo Galego de Saúde.

A actualización das retribucións do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma constitúe o núcleo fundamental do título II, dedicado á regulación dese tipo de gasto.

Increméntase a porcentaxe do complemento de destino aplicable ás pagas extraordinarias dos funcionarios en activo e, de forma expresa, establécese a necesidade de que a aprobación pola Xunta dos criterios obxectivos de reparto que, se é o caso, afecten o complemento de produtividade sexa realizada unha vez escoitados os órganos de representación dos traballadores.

O título III da lei está dedicado á regulación das operacións de endebedamento e garantía. Autorízase o incremento da posición neta debedora durante o exercicio de 2006, axustado ao cumprimento dos compromisos da Comunidade Autónoma en materia de estabilidade orzamentaria, establecidos no Plan económico-financeiro; mantense o importe máximo

autorizado para o afianzamento por aval; e amplíase o importe dos créditos hipotecarios vivos que o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá concertar con destino a actuacións en materia de vivenda.

Entre as disposicións referentes a distintos aspectos da xestión orzamentaria, incluídas no título IV, figura a actualización dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados. Merece a pena destacar, por outra parte, a creación do rexistro público de axudas, subvencións e convenios outorgados pola Xunta de Galicia, así como dun rexistro, de iguais características, onde figurarán as sancións administrativas firmes, recaídas en materia de axudas e subvencións.

O título V, «Corporacións locais», fai referencia aos principais instrumentos de cooperación económica coas entidades locais utilizados pola Xunta de Galicia: os convenios e subvencións, por unha parte, e o Fondo de Cooperación Local, por outra. En relación con este último, increméntase a porcentaxe de participación dos municipios nos tributos da Comunidade Autónoma, establécese un novo fondo complementario por importe de seis millóns de euros e prorróganse, ata que sexa acordada a súa modificación pola Comisión Galega de Cooperación Local, os criterios utilizados no anterior exercicio para o reparto do fondo expresado en porcentaxe.

A modificación dos tipos das taxas de contía fixa, e tamén dalgunhas de contía variable, constitúe a materia do título VI, dedicado a normas tributarias, que introduce igualmente determinadas modificacións das cotas e dos tipos de gravame que afectan as taxas sobre xogos de sorte, envite ou azar.

Finalmente, entre os preceptos que se inclúen nas disposicións adicionais da lei, merece ser destacado o mandato realizado ao Goberno galego para a elaboración dun plan de reequilibrio territorial, que permita planificar e coordinar os investimentos en infraestruturas e outras actuacións, concibido como axente activo de desenvolvemento económico integral e de reforzamento da cohesión social. Desde outra perspectiva, poden tamén ser mencionadas unha serie de disposicións de signo diverso, entre as que se inclúe a autorización para determinar a composición dos órganos unipersoais do Servizo Galego de Saúde a través de decreto da Xunta, a dotación dun fondo salarial de apoio á produtividade dos empregados públicos e a extensión ao ano 2006 das prestacións familiares por coidado de fillos menores, en unidades familiares nas que ningún dos seus compoñentes estea obrigado a presentar declaración do imposto sobre a renda.

Como resumo, estes orzamentos cumpren cos compromisos establecidos cos cidadáns galegos co obxectivo de acelerar o proceso de converxencia no plano económico e social e non son exclusivamente as contas dun ano, senón que forman parte dun proxecto para un futuro mellor, máis igualitario e máis solidario. Os programas orzamentarios teñen por obxectivo a dinamización e o fomento de actuacións que permitan dotar a sociedade galega de formación, creatividade

e cultura emprendedora, apoiando a investigación, a innovación e a competitividade, reforzando a cohesión territorial e dotando a Galicia de máis e mellores infraestruturas.

Por outra banda, son uns orzamentos que aceptan o reto de sentar as bases de iniciar actuacións cara a unha forte cohesión social, que impulsan uns servizos sociais públicos de calidade, un maior e mellor emprego, unhas vivendas dignas e uns equipamentos culturais e deportivos axeitados ás demandas sociais, nun marco de igualdade, con investimento nas persoas.

Son uns orzamentos, en fin, que capitalizan os recursos da Comunidade Autónoma e apoian o desenvolvemento do seu capital humano, físico e social, no marco da eficiencia e do control do gasto.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

TÍTULO I

Aprobación dos orzamentos

e réxime das modificacións

de crédito

Capítulo I

Aprobación dos créditos iniciais e do

seu financiamento

Artigo 1.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral.

b) Os orzamentos dos organismos autónomos.

c) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

d) Os orzamentos das demais sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2.-Orzamentos da Administración xeral e dos organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse créditos por importe de 9.911.726.030 euros, distribuídos da forma seguinte:

Organismo

Cap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral6.032.173.367105.751.848374.068.0886.511.993.303

OO.AA. administrativos3.231.696.226625.0003.232.321.226

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros162.025.4775.386.024167.411.501

Total9.425.895.070111.762.872374.068.0889.911.726.030

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os

dos organismos autónomos representan 3.108.670.984 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle:

OrixeDestino

OO.AA.

administrativos

OO.AA.

comerciais,

industriais

e financeiros

Total

Administración xeral3.016.922.04591.748.9393.108.670.984

Total3.016.922.04591.748.9393.108.670.984

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:

Funcións

11Alta dirección da Comunidade Autónoma38.930.552

12Administración xeral162.722.421

21Seguridade Social e protección social392.936.358

23Protección civil e seguridade34.573.787

24Promoción do emprego279.704.591

31Sanidade3.157.136.837

32Educación2.001.384.598

33Vivenda e urbanismo228.667.716

34Políticas ambientais182.457.212

Funcións

35Cultura209.214.759

36Outros servizos comunitarios e sociais120.271.948

41Infraestrutura básica e do transporte460.812.090

42Outras infraestruturas no sector primario148.798.664

43Investigación científica, técnica e aplicada97.391.463

44Información estatística básica6.207.396

51Actuacións económicas xerais37.040.604

52Comercio32.257.568

53Actividades financeiras89.392.633

61Agricultura, gandaría e pesca465.629.115

62Industria17.371.534

63Enerxía23.633.000

64Minaría4.650.003

65Turismo72.546.222

71Apoio á creación e ampliación de empresas206.575.028

72Desenvolvemento empresarial106.484.971

81Transferencias a entidades locais820.282.981

91Débeda pública514.651.979

TOTAL9.911.726.030

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

Catro.-Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 9.911.726.030 euros, distribuídos da seguinte forma:

Organismo

Cap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral9.106.586.19910.000514.068.0889.620.664.287

OO.AA. administrativos214.774.181625.000215.399.181

Organismo

Cap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros75.632.51130.05175.662.562

Total9.396.992.891665.051514.068.0889.911.726.030

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 52.348.717 euros, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións e doazóns: 9.514.924 euros.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 13.362.000 euros.

-Imposto sobre o patrimonio: 887.400 euros.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 28.584.393 euros.

En cumprimento do establecido no artigo 55.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 16.107.060 euros.

Artigo 3.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Orzamento das sociedades mercantís.

Os orzamentos de explotación e de capital das sociedades públicas de carácter mercantil elévanse a 759.306.000 euros, de acordo coa distribución que se indica:

Sociedades mercantísExplotaciónCapital

Retegal, S.A.5.197556

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia2.1191.321

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.2.56040

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.3.71074.636

Autoestrada Alto Santo Domingo-Ourense, S.A.70.09497.040

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.1.39888

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia1.750476

Galicia Calidade, S.A.765825

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.6.90215.689

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo25.2523.120

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia6.3901.600

Xenética Fontao, S.A.2.295385

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.27.8884.326

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.84.41221.669

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.24.78316.193

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.49.82735.861

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.44.99321.915

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.53.03850.193

TOTAL413.373345.933

Dous.-Orzamento dos restantes entes públicos.

Os orzamentos de explotación e de capital dos entes públicos aos que se refire a letra d) do artigo 1 alcanzan un total de 634.489.000 euros, detallados como segue:

Entidades públicasExplotaciónCapital

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades123.28115.982

Instituto Galego de Promoción Económica114.7975.436

Consello Económico e Social1.09442

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable14.3445.546

Portos de Galicia20.52730.974

Instituto Enerxético de Galicia2.4301.600

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural20.02341

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia1.24048.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía2.039210

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira13.315112

Fundación Hospital Comarcal da Barbanza15.911149

Fundación Pública Hospital de Verín11.385130

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria3.300430

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde32910

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)34.110251

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés16.429134

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia23.261550

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica87019

Instituto para o Control do Medio Mariño de Galicia1.9384.530

Obras e Servizos Hidráulicos3.57496.146

TOTAL424.197210.292

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital das sociedades públicas que se indican a seguir, por un importe total de 275.347.000 euros, e de 216.350.000 euros, respectivamente, con cargo aos orzamentos de gastos dos departamentos da Xunta ou dos organismos autónomos aos que figuran adscritas:

Sociedade públicaConsellaría

ou organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de explotación

Subvención

de capital

Compañía de Radio-Televisión de

Galicia e sociedades

Presidencia8.549

Retegal, S.A.Presidencia652451

Instituto Galego de Promoción EconómicaEconomía e Facenda98.3742.943

Consello Económico e SocialEconomía e Facenda1.09424

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e ContableEconomía e Facenda6.4505.546

Portos de GaliciaPolítica Territorial, Obras Públicas e Transportes29.161

Galicia Calidade, S.A.Innovación e Industria348690

Instituto Enerxético de GaliciaInnovación e Industria1.8501.600

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de GaliciaInnovación e Industria777

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.AInnovación e Industria2.55815.688

S.A. de Xestión do Plan XacobeoInnovación e Industria23.4163.120

Axencia Galega de Desenvolvemento RuralMedio Rural19.93516

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de GaliciaMedio Rural4.046750

Xenética Fontao, S.A.Fondo Galego de Garantía Agraria190360

Fundación Pública Cidade da Cultura de GaliciaCultura e Deporte1.08148.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración SanitariaSanidade2.662

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.Sanidade23.368

Fundación Pública Hospital de VerínSanidade11.180

Fundación Pública Hospital da BarbanzaSanidade15.07290

Fundación Pública Hospital Virxe da XunqueiraSanidade12.999

Fundación Pública Hospital do SalnésSanidade15.481120

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)Sanidade30.294

Instituto Galego de OftalmoloxíaSanidade1.512

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da SaúdeSanidade309

Instituto para o Control do Medio Mariño de GaliciaPesca e Asuntos Marítimos1.6994.530

Empresa Pública de Obras e Servizos HidráulicosMedio Ambiente e Desenvolvemento Sostible94.712

TOTAL275.347216.350

Capítulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 4.-Réxime xeral das modificacións orzamentarias.

Un.-As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, recollendo adecuadamente os motivos que a xustifican, tanto os referentes á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Á comunicación á que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación sobre os motivos que a xustifican en relación co novo gasto proposto e coa súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos do programa afectado en relación cos inicialmente previstos.

Artigo 5.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, atribúenselle ao conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ao crédito 05.31.212A.481.1 (risga), do orzamento do ano 2006, o crédito 51.31.212A.481.1 do ano 2005, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas».

e) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas, prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas seccións orzamentarias no anexo 1 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 9.

f) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

g) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferenza que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores correspondente aos distintos mecanismos financeiros do sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.

h) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

i) Para xerar crédito no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou se é o caso nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

j) Para xerar crédito destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiacións, e do pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria, nos supostos previstos nos artigos 37 e 38 desta lei.

k) Para xerar crédito por ingresos derivados de pagamentos indebidos efectuados con cargo a créditos do orzamento corrente ou de anteriores exercicios.

l) Para xerar crédito na sección 11, Consellería do Medio Rural, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

m) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde:

1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan das cifras orzadas inicialmente por eses conceptos no correspondente exercicio.

3. Para xerar crédito en relación cos ingresos derivados de acordos transaccionais formalizados coas corporacións locais en materia de financiamento dos hospitais transferidos.

n) Para xerar crédito nas aplicacións orzamentarias de gasto do organismo autónomo Augas de Galicia financiadas polo canon de saneamento, polo importe correspondente aos maiores ingresos recadados sobre os orzados inicialmente.

o) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

p) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

q) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.

Artigo 6.-Vinculación de créditos.

Un.-Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a seguir, que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica:

120.20, «Substitucións de persoal non docente».

120.21, «Substitucións de persoal docente».

120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos substitutos docentes».

121.07, «Sexenios».

130.02, «Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade».

131, «Persoal laboral temporal (Outro persoal)».

131.11, «Persoal escolas obradoiro e obradoiros emprego Camiños de Santiago».

132, «Persoal laboral temporal (Plan FIP)».

133, «Persoal laboral temporal (Profesores de relixión)».

134, «Persoal laboral temporal (EEB)».

135, «Persoal laboral (FSE)».

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

221.07, «Comedores escolares».

223.07, «Acompañante. Transporte escolar».

223.08, «Transporte escolar».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións, conferencias e cursos».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudos e traballos técnicos».

A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 08.03.413B.600.2, «Expropiacións anteriores ao Marco», e ás diferentes aplicacións do capítulo VI correspondentes a mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 7.-Créditos ampliables.

Un.-Con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 07.03.531A.226.05, destinados ao pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisfacer as cantidades que deben percibir os liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferenza existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ao pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ao pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes aos traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesouraría que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) Os incluídos na aplicación 05.20.212A.486.0, destinados ao pagamento de prestacións familiares, por fillos menores de tres anos ao seu cargo, a persoas que non están obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

h) Os incluídos na aplicación 21.01.811B.760.2 con destino ao pagamento da liquidación de exercicios anteriores que corresponde ao Fondo de Cooperación Local.

i) Os créditos vinculantes incluídos nas aplicacións 120.20, «Substitucións de persoal non docente», 120.21, «Substitucións de persoal docente», 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos substitutos docentes», e 131, «Persoal laboral temporal (Outro persoal)», que se considerarán ampliables unicamente con retencións noutros créditos do capítulo I da propia sección orzamentaria ou organismo autónomo.

Dous.-O financiamento das ampliacións de crédito, ademais de por medio dos mecanismos previstos no artigo 64.2 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderá tamén realizarse con baixas de crédito noutros conceptos orzamentarios.

Artigo 8.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restrición non lles será aplicable:

a) Cando se destinen á atención de gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras situacións de natureza análoga e carácter excepcional.

b) Aos incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 09, «Educación e Ordenación Universitaria», e 13, «Sanidade», e ás seccións 05, «Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar», e 16, «Traballo», no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada no apartado anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 5% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servizo Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ao asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación fose a de realización de obra ou servizo prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio do ano 2006 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda».

227.06, «Estudos e traballos técnicos».

Esas limitacións non afectarán o Servizo Galego de Saúde cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificación no funcionamento dos servizos que deba ser coñecida polos usuarios polo que respecta á aplicación 226.02, ou cando veñan orixinadas por necesidades de realización de probas de laboratorio en centros externos, no referente á aplicación 227.06.

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non afectarán as transferencias de crédito que se refiran aos artigos 41 e 71 da clasificación económica do gasto.

Con independencia do anterior, esas mesmas limitacións entenderanse referidas, no orzamento do Servizo Galego de Saúde, ao orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non aos orzamentos totais.

Cinco.-Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servizo Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.

Para os efectos do sinalado no parágrafo anterior, terán tamén a condición de redistribucións de créditos as transferencias dentro dos centros que teñan a consideración de área sanitaria, sempre que non afecten a clasificación económica.

Seis.-Ás transferencias de crédito que afecten as aplicacións do Servizo Galego de Saúde e que financien a sociedades mercantís e entes públicos de carácter sanitario non lles serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68.1 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Sete.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nos apartados anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante o presente exercicio non poderá diminuír as consignacións iniciais, ao nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:

a) Cando teñan por obxecto incrementar conceptos do capítulo I de gastos.

b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellarías».

c) Cando se refiran ao centro de xestión 5001 do Servizo Galego de Saúde.

d) Cando se refiran a fondos propios que pasen a cofinanciar proxectos con fondos europeos.

e) Cando se refiran aos créditos consignados no concepto 500, «Fondo de continxencia da Lei 5/2002», do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde.

f) Cando se refiran aos artigos 41 e 71 da clasificación económica do gasto.

Oito.-Os expedientes de transferencias de crédito incluirán en todos os casos informe da intervención delegada referente polo menos aos seguintes aspectos:

a) Cumprimento do establecido no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nas normas concordantes, sobre as limitacións que afectan as transferencias de crédito.

b) Adecuación e dispoñibilidade do crédito que se pretende minorar.

c) Calquera outra cuestión relacionada co cumprimento da normativa vixente en materia de transferencias de crédito.

Artigo 9.-Adecuación de créditos.

Para facilitar a consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2006, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimentar os axustes necesarios para acomodar o seu importe ao dos recursos, na medida na que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

Sen prexuízo do indicado no artigo 5.o) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumprir o previsto no parágrafo anterior.

Artigo 10.-Transferencia de remanentes líquidos de tesouraría.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferiranlle ao orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesouraría non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderalles limitar os libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.

Artigo 11.-Consello de Contas.

Con suxeición ás limitacións e aos requisitos establecidos con carácter xeral, as ampliacións e transferencias de crédito que correspondan a competencias do conselleiro de Economía e Facenda poderán ser autorizadas polo Consello de Contas dentro do seu propio orzamento.

As modificacións autorizadas deberanlle ser comunicadas para a súa instrumentación á Dirección Xeral de Orzamentos.

TÍTULO II

Gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 12.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2006 un incremento global superior ao 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2005, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-As pagas extraordinarias dos funcionarios en servizo activo, aos que lles resulte aplicable o réxime retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade do soldo e trienios, máis un 80% do complemento de destino mensual que perciba o funcionario na paga correspondente ao mes de xuño, e o 100% deste complemento na do mes de decembro.

O incremento que deriva da modificación da porcentaxe indicada non será computable para efectos da limitación establecida no apartado Un anterior.

As pagas extraordinarias do resto do persoal sometido a réxime administrativo e estatutario, en servizo activo, incorporarán unha porcentaxe da retribución complementaria que se perciba, equivalente ao complemento de destino, de maneira que alcance unha contía individual semellante á resultante por aplicación do disposto no parágrafo primeiro deste apartado para os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988. No caso de que o complemento de destino, ou concepto retributivo equivalente, se devengue en catorce mensualidades, a contía adicional, definida no parágrafo anterior, distribuirase entre esas mensualidades, de maneira que o incremento anual sexa igual ao experimentado polo resto de funcionarios.

Así mesmo, a masa salarial do persoal laboral experimentará o incremento necesario para facer posible a aplicación a este dunha contía anual equivalente á que resulte para os funcionarios públicos, de acor

do co disposto nos parágrafos anteriores deste apartado.

Tres.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario.

Catro.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Cinco.-Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 13.-Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral.

Un.-As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2005, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

Dous.-O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 2% con respecto ao do exercicio de 2005, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

Tres.-Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

Catro.-As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.

Cinco.-As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza,

extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles aos beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 14.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no apartado Cinco do artigo 12 non poderá experimentar un crecemento global superior ao 2% respecto da correspondente ao ano 2005, sen prexuízo do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da produtividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cuxa distribución e aplicación individual se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e mais os gastos de acción social devengados durante o ano 2005 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose, en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realizar o traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2006 deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores aos que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 15.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, fíxanse

para o ano 2006 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente: 81.451,68 euros.

Vicepresidentes: 76.459,08 euros.

Conselleiros: 67.073,16 euros.

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados: 53.398,95 euros.

Por aplicación para o ano 2006 do criterio establecido no punto 2 da disposición adicional décimo segunda da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, os secretarios xerais, directores xerais e asimilados percibirán un importe adicional de 950,20 euros no mes de xuño e de 1.187,85 euros no mes de decembro.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no apartado Un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ao conselleiro maior, que se fixan para o ano 2006 en 71.378,16 euros.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 2006 nas seguintes contías:

Presidente: 71.378,16 euros.

Conselleiros: 67.073,16 euros.

Catro.-As retribucións dos integrantes do Tribunal Galego de Defensa da Competencia serán para o ano 2006 as seguintes, incluídas as pagas extraordinarias:

Presidente: 71.378,16 euros.

Vogais: 67.073,16 euros.

Cinco.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, serán autorizadas inicialmente polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellaría á que se atopen adscritos.

Artigo 16.-Complemento persoal.

Os funcionarios de carreira designados para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servizo permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferenza entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servizos extraordinarios, en cómputo anual, e as

retribucións do mesmo carácter que lle correspondan polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ao incremento retributivo atribuído con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 17.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais dos departamentos da Xunta de Galicia.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais dos distintos departamentos da Xunta de Galicia para o ano 2006 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Así mesmo, terán dereito a percibir os trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ao servizo das administracións públicas.

Artigo 18.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 12 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 2006 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei, serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ao grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

GrupoSoldoTrienios

A13.092,24503,16

B11.111,52402,60

C 8.282,88302,28

D 6.772,68201,96

E 6.183,12151,56

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano, percibiranse de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989. O importe de cada unha destas pagas será dunha mensualidade de soldo e trienios, e, en aplicación do establecido no artigo 12.Dous desta lei, na contía que a continuación se sinala para cada paga, segundo o nivel do complemento de destino mensual que se perciba:

Importe en eurosImporte en euros

Nivelxuñodecembro

30766,41958,01

29687,45859,31

28658,55823,18

27629,63787,03

26552,38690,47

25490,08612,60

24461,18576,47

23432,28540,34

22403,35504,18

21374,48468,09

20347,86434,82

19330,10412,62

18312,32390,40

17294,55368,18

16276,83346,03

15259,04323,80

14241,29301,61

13223,52279,39

12205,74257,17

11187,99234,98

10170,24212,79

Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores aos meses de xuño e decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelEuros

3011.496,12

2910.311,72

28 9.878,16

27 9.444,36

26 8.285,64

25 7.351,20

24 6.917,64

23 6.484,08

22 6.050,16

21 5.617,08

20 5.217,84

19 4.951,44

18 4.684,80

17 4.418,16

16 4.152,36

15 3.885,60

14 3.619,32

13 3.352,68

12 3.086,04

11 2.819,76

10 2.553,48

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe, cuxa contía experimentará un incremento do 2% con respecto á aprobada definitivamente para o exercicio do ano 2005, sen prexuízo do previsto no artigo 12 desta lei.

e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellarías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, unha vez escoitados os órganos de representación dos traballadores. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servizos extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta do departamento correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2006, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista nos parágrafos anteriores, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ao grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de produtividade poderá atribuírselles, se é o caso, aos funcionarios interinos aos que se refire o apartado anterior, así como ao persoal eventual e aos funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito

complemento aos funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 19.-Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Un.-En aplicación do previsto na disposición transitoria sexta.1.a) da Lei 55/2003, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 18.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes aos complementos específicos, complemento de atención continuada e complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, lle correspondan ao referido persoal experimentará o incremento do 2% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2005.

A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987, no artigo 43.2 da Lei 55/2003 e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 12.Un desta lei.

Tres.-O complemento retributivo de carreira profesional rexerase pola súa normativa específica.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime

do persoal activo

Artigo 20.-Prohibición de ingresos atípicos.

Os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ao réxime de arancel, non poderán percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servizo ou xurisdición, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 21.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2006 poderán ser obxecto das

modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 22.-Outras normas comúns

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 2005 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 13/2004, do 29 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2006 un incremento do 2% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante o ano 2006 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por proposta das consellarías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables aos funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 23.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente polas consellarías de Economía e Facenda e de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para proceder a determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2006, deberase solicitar da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2005.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo cuxas retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2005.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ao que se refire o apartado Un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos apartados anteriores, entenderase por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no apartado Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emitir o informe sinalado no apartado Un deste artigo, as consellarías, os organismos e os entes remitiranlle á Consellería de Economía e Facenda e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o correspondente proxecto, con carácter previo ao seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, xunto coa achega da valoración de todos os seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2006 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e

ao control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto nos artigos 13 e 14 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ao que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2006 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 24.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non poderán fixarse indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Artigo 25.-Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos.

Un.-Os departamentos da Xunta de Galicia e os organismos autónomos poderán formalizar durante o ano 2006 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servizos que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servizos correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servizos non poidan ser executados por persoal fixo.

d) Que se refiran a obras e proxectos concretos.

Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro

e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ao Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, e o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais imputaranse ao concepto correspondente do artigo 13 no programa e na consellaría de que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos nos que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada do departamento certificará que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servizos que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Cinco.-O servizo xurídico do departamento, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non poderán realizarse contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ao 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ao capítulo VI do orzamento de gastos do correspondente departamento ata o seu termo.

Artigo 26.-Nomeamento de profesores interinos a tempo parcial en centros docentes non universitarios.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesores interinos con horarios de traballo inferiores aos establecidos con carácter xeral, que percibirán as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tratará de completar o horario docente do persoal interino, compartindo, de ser necesario, varios centros de ensino, para minimizar deste xeito

o número de prazas ofertadas segundo o parágrafo anterior.

No caso de ser necesario o nomeamento para prazas a tempo parcial, daráselle preferencia para optar a estas ao profesorado que voluntariamente queira acceder a elas, sobre todo a aquelas persoas que aleguen necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.

Artigo 27.-Profesores de corpos docentes.

Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 68, punto 5, da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en atención ás peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1, punto 2, da referida lei, os profesores dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o gozo de licenzas por estudos durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Artigo 28.-Oferta de emprego público para o ano 2006.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou, se é o caso, das consellarías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afectar o funcionamento dos servizos públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sen que o número das prazas de novo ingreso poida ser superior ao 100 por 100 da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos, consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. En todo caso, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal interino, nomeado ou contratado no exercicio anterior, excepto aqueles sobre os que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de

provisión. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

Dous.-Malia o disposto no apartado Un deste artigo, poderanse convocar os postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

Tres.-Durante o ano 2006 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ao nomeamento de funcionarios interinos, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e

inaprazables, con autorización conxunta das consellarías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda. De calquera xeito, estes nomeamentos computarán para os efectos de cumprir o límite máximo da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público do mesmo ano a aquel no que se produza o devandito nomeamento e, se non fose posible, na seguinte oferta de emprego público.

Ao adecuarse estritamente ás necesidades do servizo e co límite máximo das previsións orzamentarias que se establecen para o efecto, non será necesaria esa autorización para as contratacións seguintes:

a) Persoal docente.

b) Persoal que preste servizos en institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde.

c) Persoal laboral de centros e residencias de servizos sociais.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servizos.

Catro.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos aos que se refire o artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia deberán ser autorizadas conxuntamente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e pola Consellería de Economía e Facenda.

TÍTULO III

Operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 29.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-Durante o exercicio de 2006 a posición neta debedora da Comunidade Autónoma incrementarase en 140.000.000 de euros. Ademais, para o financiamento da adquisición de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.c) do artigo 2 da Lei 18/2001, do 12 de decembro, xeral de estabilidade orzamentaria, autorízase un incremento de 7.000.000 de euros, que se destinarán á ampliación de capital na sociedade pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A.

Para estes efectos, inclúese a posición neta debedora da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI).

Dous.-A posición neta debedora prevista no apartado Un anterior será efectiva ao termo do exercicio, podendo ser excedida no curso del, e quedará automaticamente revisada:

a) Polas desviacións que poidan xurdir, a 30 de setembro, entre as previsións de ingresos incondicionados contidas nesta lei e a súa evolución real.

b) Polo importe necesario para financiar aqueles gastos de investimento que, se é o caso, puidesen ser obxecto de minoración como consecuencia das necesidades de liquidez derivadas dos diferentes ritmos dos fluxos financeiros de fondos procedentes das transferencias da Administración do Estado e da Unión Europea.

Estes importes serán cancelados na medida na que se realicen efectivamente os correspondentes ingresos.

Para as revisións ás que se refire esta letra b) establécese como límite máximo o 1,5% do importe total a que ascende o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma.

c) Para financiar as adquisicións de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.c) do artigo 2 da Lei 18/2001, do 12 de decembro, xeral de estabilidade orzamentaria, que poidan xurdir ao longo do exercicio.

Tres.-A posición neta debedora poderá ser revisada, logo da autorización do Parlamento de Galicia, cando concorran circunstancias económicas imprevistas ao abeiro do establecido no artigo 8.8 da Lei orgánica 5/2001, do 13 de decembro, complementaria á Lei xeral de estabilidade orzamentaria.

Catro.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ao financiamento de actuacións en materia de vivenda, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2006 non poderá superar en ningún caso os 24.000.000 de euros.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 30.-Débeda da tesouraría.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, durante o exercicio do ano 2006, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e o concepto 400, agás o sobconcepto 05.

Artigo 31.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio do ano 2006 os organismos autónomos e as sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesouraría, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación de pasivos establecida nos orzamentos iniciais dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Tres.-En todo caso, as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberanlle ser comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 32.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2006 será de 30.000.000 de euros.

Con independencia desa cantidade, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder durante o ano 2006 avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 300.000.000 de euros.

Co obxecto de atender proxectos de axuda ao desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 30.000.000 de euros.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Instituto Galego de Promoción Económica ata un importe igual ao non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida superar a cifra de 330.000.000 de euros.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellaría correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ao abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectase grave ou substancialmente o mantemento da capacidade produtiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

TÍTULO IV

Xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 33.-Intervención limitada.

A contía á que se refire o artigo 97.1.a) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario

de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida no importe fixado para ter a consideración de contratos menores de subministración no Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Artigo 34.-Fiscalización de nomeamentos ou de contratos para substitución de persoal.

A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente de acordo co procedemento de control que para o efecto determine a intervención xeral.

Artigo 35.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 36.-Autorización do Consello da Xunta para contratar.

Requirirá autorización previa por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de gasto dos capítulos II e VI por contía superior a 3.005.000 euros. Logo de obterse a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ao órgano de contratación do departamento, organismo ou sociedade pública que xestione o crédito.

Artigo 37.-Tratamento dos créditos para expropiacións.

Os créditos destinados ao pagamento de expropiacións autorizadas con motivo da realización de expedientes de obras financiadas con fondos propios que á fin do anterior exercicio non fosen executados darán lugar, ao pechamento deste, á emisión de documentos «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, e serán considerados no ano 2006 como ingresos do artigo 68, «Reintegros de operacións de capital», podendo dar lugar á xeración de crédito no subconcepto de expropiacións do capítulo VI de gastos.

Artigo 38.-Tratamento do crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria.

O crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria da Xunta de Galicia, que se instrumente no concepto «primas de seguros» da sec

ción «Gastos de diversas consellarías», que á fin do anterior exercicio non fose executado, dará lugar, ao pechamento deste, á emisión dun documento «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, e terá a condición de ingreso do capítulo III no exercicio de 2006 coa finalidade de xerar crédito nas dotacións que para ese obxecto figuren no estado de gastos.

Artigo 39.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2006 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non poderán referenciarse por encima da evolución do índice de prezos ao consumo de Galicia. Igualmente, as revisións de prezos e tarifas que afecten a concertos ou convenios xa subscritos non poderán experimentar un incremento superior ao do IPC galego do anterior exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do departamento correspondente, poderá autorizar a inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 40.-Concesión directa de axudas e subvencións.

Con independencia do disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servizos ou actividades de carácter público ou de interese xeral, ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promover a concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumprir a entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promover a consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano e as concedidas por cada departamento non excedan globalmente de 60.100 euros no exercicio. Estes importes elevaranse a 12.000 e 120.300 euros, respectivamente, para a sección 04, servizo 10, Secretaría Xeral da Presidencia.

Estas axudas ou subvencións poderán ser aboadas ao 100% dunha soa vez.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello da Xunta, do que se lle dará conta á Comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión deberán ser adoptados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do departamento competente por razón da materia.

Artigo 41.-Pagamento e garantías das axudas e subvencións.

Un.-De acordo coa natureza e co réxime das subvencións que se van conceder con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentos de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78.4.c) e 78.8 último parágrafo do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, os beneficiarios das axudas ou subvencións seguintes:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma, das súas sociedades públicas e das fundacións do sector público autonómico, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das universidades.

d) As libradas a favor das corporacións locais e dos seus organismos autónomos.

e) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudos en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

f) As subvencións ou axudas con cargo aos créditos orzamentarios correspondentes ao artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen os 1.500 euros individualmente e se concedan con cargo ao artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro», do orzamento de gastos.

g) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ao artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 1.500 euros.

h) As concedidas aos beneficiarios para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.

i) As axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.

j) As concedidas ás persoas xurídicas estranxeiras en materia de cooperación exterior.

Dous.-Quedan exceptuadas das limitacións de pagamento ata o 80% da axuda ou subvención á que fai referencia o punto 2.Un do artigo 16 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, as bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas destinadas expresamente a financiar estudos e investigación en centros públicos ou privados, con aboamentos que se efectúen a través de nóminas mensuais.

Artigo 42.-Convocatorias de axudas e subvencións.

As correspondentes convocatorias marcarán o prazo de presentación das solicitudes, que en ningún caso será inferior a un mes e respectarán o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no que atinxe á presentación de documentos que constan en poder da Xunta de Galicia.

Artigo 43.-Solicitudes de axudas.

A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o requirido nas correspondentes bases reguladoras.

Artigo 44.-Rexistro público de axudas, subvencións e convenios.

As axudas, as subvencións e os convenios outorgados pola Xunta de Galicia figurarán nun rexistro con expresión das persoas físicas ou xurídicas beneficiarias, as cantidades concedidas, a normativa que amparou a concesión e a súa finalidade. O dito rexistro será de acceso público por procedementos informáticos, nos termos previstos na lexislación de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e nas normas sobre tratamento e protección de datos de carácter persoal.

A organización e entrada en funcionamento do rexistro establecerase regulamentariamente. En ningún caso a entrada en vigor será posterior ao 1 de xullo de 2006 e a súa adscrición efectuaraa a Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 45.-Rexistro público de sancións.

As sancións administrativas firmes impostas pola Xunta de Galicia en materia de axudas e subvencións figurarán nun rexistro con expresión das persoas físicas ou xurídicas afectadas, a normativa infrinxida e o importe da sanción. O dito rexistro será de acceso público por procedementos informáticos, nos termos previstos na lexislación de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e nas normas sobre tratamento e protección de datos de carácter persoal.

A organización e entrada en funcionamento do rexistro establecerase regulamentariamente. En ningún caso a entrada en vigor será posterior ao 1 de xullo de 2006 e a súa adscrición efectuaraa a Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 46.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, nin fondos propios que cofinancien, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura e Deporte para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa devandita Lei 12/1991 lles corresponde aos traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no apartado Sete do artigo 8 desta lei.

Artigo 47.-Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.

Un.-De acordo co establecido nos apartados segundo e terceiro do artigo 76 da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, o importe do módulo económico por unidade escolar, para efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2006, é o fixado no anexo 2 desta lei.

Dous.-As retribucións de persoal docente terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2006, sen prexuízo da data na que se asine o Convenio colectivo da ensinanza privada, e a Administración autonómica pode aceptar pagamentos a conta, logo de solicitude expresa e coincidente de todas as organizacións patronais e consulta coas sindicais, ata o momento no que se produza o asinamento do correspondente convenio, considerándose que estes pagamentos a conta terán efecto a partir do 1 de xaneiro de 2006.

Tres.-As contías sinaladas para salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais, serán aboadas directamente pola Administración, mediante pagamento delegado, sen prexuízo da relación laboral entre o profesorado e o titular do centro respectivo. A distribución dos importes que integran os «gastos variables» efectuarase de acordo co establecido nas disposicións reguladoras do réxime de concertos.

O compoñente do módulo destinado a «outros gastos» terá efectos a partir do 1 de xaneiro de 2006.

As contías correspondentes a este módulo aboaranse mensualmente e os centros poden xustificar a súa aplicación ao rematar o correspondente exercicio económico de forma conxunta para todas as ensinanzas concertadas do centro.

Catro.-Os centros que impartan o primeiro e segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa aos que se refire o apartado 3 da disposición adicional terceira da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa do profesional axeitado a estas funcións, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos do orientador, que se incluirán na nómina de pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, gastos variables e complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.

Cinco.-Facúltase o Consello da Xunta para fixar as relacións profesor/unidade concertadas adecuadas para impartir o plan de estudos vixente en cada nivel obxecto do concerto, calculadas con base nas xornadas de profesor con vinte e cinco horas semanais.

A Administración non asumirá os incrementos retributivos, as reducións horarias ou calquera outra circunstancia que conduza a superar o previsto nos módulos económicos do anexo 2 desta lei, agás o establecido na Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa autorizada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 24 de febreiro de 2005.

Seis.-A relación profesor/unidade dos centros concertados poderá ser incrementada en función do número total de profesores afectados polas medidas de recolocación que se viñesen adoptando ata o momento da entrada en vigor desta lei e se atopen na nómina de pagamento delegado.

TÍTULO V

Corporacións locais

Capítulo único

Cooperación económica coas corporacións locais

Artigo 48.-Instrumentos de cooperación económica.

As achegas da Xunta de Galicia ás entidades locais da Comunidade Autónoma materializaranse preferentemente a través do Fondo de Cooperación Local, como instrumento de participación específico daquelas nos tributos da Comunidade Autónoma, e pola vía das subvencións e dos convenios, subscritos para

o desenvolvemento e a xestión de distintas actividades que corresponden ao ámbito das competencias da Administración local ou que se considera, en cada caso, que por aplicación do principio de subsidiariedade poderían ser mellor executadas por esta última. O montante total e a distribución por programas desas achegas figura recollida no anexo 3.

Artigo 49.-Fondo de Cooperación Local.

Un.-Conforme o indicado na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, a porcentaxe, debidamente homoxeneizada, de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral queda establecida no 2,2544898% para o exercicio de 2006.

Esa porcentaxe desagrégase da forma seguinte:

-Un 1,8945459% corresponde a un fondo principal que será obxecto de distribución entre todos os municipios de Galicia.

-Un 0,3599439% corresponde ao fondo adicional establecido na disposición adicional sexta da Lei 13/2004, do 29 de decembro, para a súa distribución entre os concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.

Dous.-Establécese un fondo complementario de nova creación, por importe de 6.000.000 de euros, que será distribuído entre os municipios e segundo os criterios que se determinen regulamentariamente, conforme a proposta que realice a Comisión Galega de Cooperación Local.

Tres.-Polo que respecta aos fondos principal e adicional mencionados no apartado Un deste artigo, os criterios de distribución continuarán sendo, en tanto non sexan modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local, os establecidos no Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002-2004, e esténdense ao exercicio de 2006 as referencias incluídas na citada disposición sobre o ano 2004.

Catro.-A Comunidade Autónoma poderá reter das cantidades que lles correspondan aos concellos como participación no Fondo de Cooperación Local, para a súa posterior compensación, o importe das débedas firmes, líquidas e esixibles, contraídas polos concellos coa Comunidade Autónoma, cos seus organismos autónomos e coas entidades de dereito público da Comunidade Autónoma que non teñan que adecuar por lei a súa actividade ao ordenamento xurídico privado.

Artigo 50.-Transferencias derivadas de convenios ou subvencións.

As transferencias ás entidades locais de Galicia, derivadas da subscrición de convenios ou da concesión de subvencións, que figuran recollidas nos diferentes programas de gasto destes orzamentos, ascenden a 333.379.641 euros.

TÍTULO VI

Normas tributarias

Capítulo I

Tributos propios

Artigo 51.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,02 ás contías esixibles á entrada en vigor desta lei, exceptuando as tarifas que experimenten algunha modificación na contía no número Dous deste artigo; este coeficiente seralles aplicable ás deducións e ás contías que con carácter mínimo ou máximo se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa coma variable.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias.

Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras, na súa redacción vixente:

1) Modifícase a subalínea 07 da alínea 10 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«07 Acreditacións profesionais: 18 A».

2) Engádeselle a subalínea 08 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«08 Homologación de material de xogo: 80 A».

3) Modifícase a subalínea 06 da alínea 11 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«06 Acreditacións profesionais: 18 A».

4) Engádeselle a subalínea 07 á alínea 11 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«07 Homologación de material de xogo: 80 A»

5) Modifícase a alínea 13 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«13 Rifas, tómbolas, apostas, combinacións aleatorias e lotarías:

01 Autorización de explotación: 89,51 A

02 Modificación da autorización de explotación: 44,79 A»

6) Engádeselle un novo título á alínea 20 do anexo 1, coa seguinte redacción e importes:

TítuloTarifa normalFamilia

numerosa

1ª categoría

Familia

numerosa

2ª categoría

Duplicado

Superior de música60 A30 A0 A6 A

7) Engádeselle a letra c) á alínea 27 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«c) Copia en soporte dixital: 3 A».

8) Modifícase a alínea 33 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«33 Actuacións do rexistro da propiedade intelectual:

-Tramitación de solicitudes de inscrición, anotación ou cancelación:

-Con carácter xeral:

* Cando o autor e o titular son a mesma persoa: 10 A.

* Cando o autor e o titular son distintas persoas: 25 A.

-Casos específicos: obras audiovisuais, programas de ordenador, bases de datos, páxinas web e multimedia:

* Cando o autor e o titular son a mesma persoa: 16 A.

* Cando o autor e o titular son distintas persoas: 30 A.

-Por colección de obras: musicais, poemas, etc.:

* Primeira obra: 10 A.

* Por cada unha das seguintes: 1 A.

-Por obras colectivas: 70 A.

-Publicidade rexistral:

-Expedición de certificado: 10 A.

-Expedición de nota simple: 4,10 A.

-Expedición de copias certificadas de documentos en soporte papel (ata 10 páxinas): 10 A.

-A partir das seguintes páxinas (por cada páxina): 0,10 A.

-Expedición de copia certificada en soporte distinto ao papel: 7 A.

-Transmisións:

-Tramitación de solicitudes de inscrición por transmisión de dereitos xa inscritos (segundas e sucesivas inscricións): 40 A.

-Tramitación de solicitudes de inscrición por transmisión mortis causa: 30 A.

-Traslado de expediente: 30 A».

9) Modifícase a alínea 40 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«40 Autorización de probas deportivas e outros espectáculos públicos e actividades recreativas en vías públicas: 51 A».

10) Engádeselle a alínea 41 ao anexo 1, coa seguinte redacción:

«41 Actuacións en materia de seguros:

01 Inscrición dun axente de seguros exclusivo, persoa física: 10 A.

02 Inscrición dun axente de seguros vinculado, dun corredor de seguros ou de reaseguros, persoa física: 60 A.

03 Inscrición dunha sociedade de axencia de seguros ou dun operador de banca-seguros, exclusivos ou vinculados, dunha sociedade de corredoría de seguros ou de reaseguros: 140 A.

04 Inscrición de cargos de administración e de dirección responsables das actividades de mediación de seguros ou de reaseguros das sociedades de axencia de seguros ou dos operadores de banca-seguros, exclusivos ou vinculados, de corredoría de seguros ou de reaseguros (por cada alto cargo): 10 A.

05 Inscrición de calquera outro acto inscribible ou pola modificación dos inscritos (por cada un deles) 10 A.

06 Expedición de certificados relativos á información incluída nos rexistros: 10 A».

11) Modifícase a redacción da subalínea 07 da alínea 05 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«07 Ocupacións e autorización de cultivos agrícolas ou pasteiros en terreos forestais».

12) Modifícase a subalínea 13.03 da alínea 05 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«03 Leñas:

-Sinalamento.

-Por cada estéreo dos 100 primeiros: 0,053605 A

-Polos restantes: 0,026803 A.

-Recoñecemento final: 75% do sinalamento».

13) Modifícase a subalínea 02 da alínea 07 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«02 Prestación de servizos facultativos relacionados coas análises, ditames, peritaxes, etc., cando así o esixa a normativa vixente:

-Por análises fisicoquímicas ou bromatolóxicas (por determinación): 5,29 A.

Máximo: 41,33 A.

-Por reconto celular:

-Por mostra de leite: 0,348437 A.

-Por outras mostras: 0,871092 A.

Máximo: 8,34 A.

-Illamento e identificación bacteriolóxicos:

-Por mostra de leite: 0,703576 A.

-Por outras mostras: 1,95 A

Máximo: 8,34 A.

-Determinación de susceptibilidade de antimicrobianos e inhibidores do crecemento con mostras ou tecidos ou segregacións de animais:

-Por mostra de leite: 1,038615 A.

-Por outras mostras: 2,71 A.

-Análises parasitolóxicas (por mostra): 2,71 A.

-Serodiagnóstico e probas alérxicas (por determinación): 2,99 A.

-Por cada trinta mostras e por enfermidade investigada correspondentes a explotacións integradas en agrupacións de defensa sanitaria gandeira: 2,89 A.

-Necropsias e análises anatómico-patolóxicas por mostra ou animal:

-Vacún, equino e similares (adultos): 16,62 A.

-Porcino, ovino, caprino, cans e similares: 12,45 A.

-Aves, coellos ou similares 4,22 A.

-Análise histopatolóxica (por animal): 5,42 A.

-Análise virolóxica:

-Illamento e identificación (por mostra): 5,42 A.

-Outras técnicas virolóxicas (por técnica): 2,99 A.

-Contrastación de doses seminais de vacún: 20,10 A.

Mínimo, en calquera caso: 2,77 A».

14) Modifícase a subalínea 12 da alínea 07 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«12 Por servizos facultativos veterinarios correspondentes á apertura e ao control de centros de depósito, transformación ou destrución de subprodutos de orixe animal, non destinados a consumo humano:

-Por autorización e apertura: 124,08 A.

-Por control e toma de mostras: 41,33 A».

15) Modifícase a subalínea 20 da alínea 07 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«20 Subministración de marcas e documentos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún:

-Por cada acto administrativo de subministración: 0,703576 A.

-Por unidade de identificación subministrada: 0,368540 A».

16) Modifícase a subalínea 21 da alínea 07 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«21 Xestión e subministración de marcas para recrotalización, logo das comprobacións oportunas, en caso de perda, identificación incompleta ou deterioración de marcas identificativas de bovino, ovino e cabrún (as dúas no caso dos identificados polo Regulamento 820/1997 e dunha polo Real decreto 205/1996), incluída a identificación de animais procedentes de terceiros países ou a reidentificación para cumprir a normativa comunitaria de movemento de gando:

-Por cada acto administrativo: 2,08 A.

-Por unidade de identificación subministrada: 1,42 A».

17) Engádeselle a alínea 47 ao anexo 2, coa seguinte redacción:

«47 Autorización para o alugueiro de embarcacións de recreo da lista 6.ª dos rexistros marítimos: 50,02 A».

18) Modifícase a alínea 05 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«05 Exame de proxectos, comprobación de certificacións e inspección de obras, tanto de nova planta coma de rehabilitación de toda clase de vivendas.

(Sobre orzamento): 0,07%.

Enténdese por orzamento a suma do orzamento xeral, incluídas a marxe industrial e de administración, os honorarios e mais o valor dos terreos».

19) Engádeselle a subalínea 03 á alínea 38 do anexo 3, coa seguinte redacción:

«03 Modificacións:

* Sobre a tarifa consignada na subalínea 01 deste mesmo apartado: 100%».

20) Engádeselle a subalínea 03 á alínea 46 do anexo 3, coa seguinte redacción:

«03 Modificacións:

-Sobre a tarifa consignada na subalínea 01 deste mesmo apartado: 100%».

21) Modifícase a subalínea 03 da alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:

"03 Autorización ou prórroga da autorización de xestor de residuos para actividades de almacenamento, valorización e eliminación de residuos: 648,76 A».

22) Modifícase a subalínea 04 da alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«04 Inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia:

-Pequenos produtores de residuos perigosos: 162,19 A.

-Transportistas de residuos perigosos ou non perigosos: 162,19 A.

-Produtores de residuos non perigosos: 162,19 A.

-Produtores de residuos non perigosos inertes: 162,19 A.

-Produtores de residuos de construción e demolición: 162,19 A».

23) Modifícase a subalínea 07 da alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«07 Autorización ou prórroga da autorización de instalacións de residuos urbanos: 324,38 A».

24) Engádeselle a subalínea 12 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«12 Autorización de almacenamento previo: 324,38 A».

25) Engádeselle a subalínea 13 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«13 Autorización de traslado transfronteirizo de residuos: 162,19 A».

26) Modifícase a subalínea 01 da alínea 58 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«01 Rexistro de control metrolóxico de fabricantes, reparadores e importadores con sede na Comunidade Autónoma de Galicia:

-Por cada inscrición: 80,58 A.

-Pola renovación da inscrición, da tarifa anterior: 50%».

27) Engádeselle a alínea 60 no anexo 3, que queda redactada como segue:

«60 Dirección e inspección da explotación de infraestruturas hidráulicas:

-A base impoñible será o importe de cada unha das certificacións expedidas polo servizo. O tipo de gravame será do: 4%».

28) Modifícanse as regras quinta, sexta e novena da tarifa X-1 contidas na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Quinta.-Aos barcos mercantes que efectúen máis de doce entradas nas augas do porto durante o ano natural aplicaránselles as seguintes tarifas:

-Da entrada 13.ª á 24.ª: o 85% da tarifa da regra cuarta.

-Da entrada 25.ª á 40.ª: o 70% da tarifa da regra cuarta.

-Nas entradas 41.ª e seguintes: o 50% da tarifa da regra cuarta.

Sexta.-Nas liñas de navegación con cualificación de regulares, e sempre que antes do 1 de xaneiro de cada ano esta condición estea suficientemente documentada perante Portos de Galicia, as tarifas que se lles apliquen aos seus barcos poderán ser:

-Da entrada 13.ª á 24.ª: o 90% da tarifa da regra cuarta.

-Da entrada 25.ª á 50.ª: o 80% da tarifa da regra cuarta.

-A partir da entrada 51.ª: o 70% da tarifa da regra cuarta.

A denegación destas tarifas terá que ser motivada.

Para que nos barcos que se incorporen a unha liña se poida optar á aplicación destas tarifas reducidas, será condición necesaria que antes da entrada en porto deses barcos se xustifique esta circunstancia documentalmente perante Portos de Galicia. Estas tarifas reducidas non terán en ningún caso carácter retroactivo.

Para os efectos do cómputo de entradas, acumularanse en cada porto todas as entradas dos barcos dunha mesma liña regular ou dun mesmo armador.

As tarifas reducidas de escala das que se fai mención nesta regra e mais na anterior serán excluíntes entre elas.

Novena.-Os barcos destinados ao tráfico de pasaxeiros de interior ou de ría e os remolcadores e dragas con base no porto aboarán mensualmente quince veces o importe diario que lles correspondese por aplicación da regra cuarta desta tarifa, independentemente das entradas, saídas e días de estancia no porto.

Para que esta regra sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación da tarifa con estas embarcacións, cunha redución adicional de ata o 25% na súa contía».

29) Modifícanse as regras cuarta, décimo primeira e décimo terceira da tarifa X-2 contidas na subalínea

01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Cuarta.-Aos barcos mercantes que efectúen máis de doce atracadas nos peiraos do porto durante o ano natural aplicaránselles as seguintes tarifas:

-Da entrada 13.ª á 24.ª: o 85% da tarifa da regra terceira.

-Da entrada 25.ª á 40.ª: o 70% da tarifa da regra terceira.

-Nas entradas 41.ª e seguintes: o 50% da tarifa da regra terceira.

Décimo primeira.-O barco que, logo de recibir orde de desatracar ou de rectificar a atracada, demore estas operacións pagará, con independencia das sancións ás que haxa lugar, as seguintes cantidades:

-Por cada unha das dúas primeiras horas ou fracción: o importe da tarifa de vinte e catro horas da regra terceira.

-Por cada unha das horas restantes: dúas veces o importe da tarifa de vinte e catro horas da regra terceira.

Décimo terceira.-Os barcos destinados ao tráfico de pasaxeiros de interior ou de ría e os remolcadores e dragas con base no porto que atraquen habitualmente en determinados peiraos aboarán mensualmente quince veces o importe diario que lles correspondese por aplicación da regra terceira desta tarifa, independentemente das entradas, saídas e días de estancia no porto. Para que esta regra sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación da tarifa coas embarcacións citadas nesta regra, cunha redución adicional de ata o 25% na contía da tarifa».

30) Modifícanse as regras novena e vixésimo cuarta da tarifa X-3 contidas na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Novena.-As contías da tarifa aplicables a cada partida de mercadorías serán por tonelada métrica de peso bruto ou fracción e en función do grupo de bonificación ao que pertenzan, de acordo co repertorio de clasificación de mercadorías que se recolle na regra vixésimo quinta desta tarifa.

Grupo de mercadorías Prezo en euros por tonelada métrica

Primeiro0,455128

Segundo0,758547

Terceiro1,213675

Cuarto1,972222

Quinto3,034188

As mercadorías que exclusivamente se embarquen terán unha bonificación do 30% na base da tarifa.

Ás mercadorías que sexan transbordadas aplicaráselles esta tarifa cunha bonificación do 50% na súa contía en cada unha das operacións.

Ás mercadorías que realicen tránsito marítimo ou terrestre non se lles aplicará ningunha variación con respecto ás contías das tarifas de embarque e desembarque.

Para partidas cun peso total inferior a unha tonelada métrica a contía será, por cada 200 quilogramos ou fracción en exceso, a quinta parte da que correspondería pagar por unha tonelada.

Para os efectos desta regra, entenderase como partida as mercadorías incluídas en cada liña dun mesmo coñecemento de embarque.

Vixésimo cuarta.-As mercadorías e os combustibles embarcados para o avituallamento do propio barco directamente desde terra non están suxeitos ao aboamento desta tarifa, sempre que o combustible pagase a tarifa de entrada no porto correspondente».

31) Engádese unha nova regra, a décimo cuarta, na tarifa X-4 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como se transcribe a seguir:

«Décimo cuarta.-O barco pesqueiro que atraque no peirao con prohibición expresa de Portos de Galicia ou logo de recibir orde de desatracar ou rectificar a atracada e que demore estas operacións aboará, con independencia da tarifa X-4, a tarifa X-2 coa contía prevista na regra décimo primeira».

32) Modifícanse as regras sexta, sétima, novena, décima e décimo primeira e engádense tres novas, a décimo terceira, a décimo cuarta e a décimo quinta, na tarifa X-5 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Sexta.-A contía da tarifa estará composta polos seguintes conceptos:

A) Pola utilización das augas dos portos e mais das instalacións portuarias.

B) Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco de embarcacións.

C) Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos.

O importe da tarifa X-5 será o resultado da suma dos conceptos A), B) e C) indicados anteriormente que lle sexan aplicables en función dos servizos prestados.

A contía dos conceptos dos que se compón a tarifa X-5, por metro cadrado arredondado por exceso e por día natural ou fracción, será a seguinte:

A) Pola utilización das augas do porto e mais das instalacións portuarias:

Zona I: 0,038268 euros.

Zona II: 0,022960 euros.

B) Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco de embarcacións:

1. Atracada en punta: 0,042095 euros.

2. Atracada de costado: 0,105237 euros.

3. Atracada a banqueta ou dique: 0,021047 euros.

4. Ancoraxe: 0,042095 euros.

5. Embarcacións en seco: 0,089292 euros.

C) Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos:

1. Por cada finger en cada posto de atracada: 0,017858 euros.

2. Por brazo de amarre ou por tren de ancoraxe para amarre por popa de embarcacións atracadas: 0,008929 euros.

3. Toma de auga: 0,006378 euros.

4. Toma de enerxía eléctrica: 0,006378 euros.

5. Vixilancia xeral da zona: 0,006378 euros.

Cando o organismo portuario goce especificamente de zonas do porto para ancoraxe ou depósito de embarcacións deportivas, as contías dos apartados 4 e 5 do concepto B) terán unha bonificación do 50%, sempre que previamente se lle soliciten os correspondentes servizos a Portos de Galicia.

As contías dos conceptos A), B) e C) para as embarcacións de paso no porto serán as anteriormente indicadas multiplicadas por 1,5.

Enténdese por ancoraxe a dispoñibilidade dunha superficie de espello de auga destinado para tal fin e debidamente autorizado.

Enténdese por atracada en punta a dispoñibilidade dun elemento de amarre fixo a embarcadoiro, peirao, banqueta ou dique que permita fixar un dos extremos (proa ou popa) da embarcación.

Enténdese por embarcación en seco aquela que permaneza nas instalacións portuarias, fóra da lámina de auga, tanto en estadía transitoria non dedicada a invernada coma en estadías prolongadas en zonas habilitadas para tal fin.

Enténdese por vixilancia xeral da zona, para efectos de aplicación do concepto C) anterior, a prestada pola autoridade portuaria para a totalidade da instalación portuaria sen que constitúa un servizo especial á instalación náutico-recreativa, nin garantía respecto da integridade das embarcacións ou dos bens depositados.

Enténdese por dispoñibilidade dos servizos de auga e enerxía, dos puntos 3 e 4 do concepto C), a existencia nas proximidades do punto de atracada, a peirao ou embarcadoiro, de tomas de subministración de auga ou enerxía, con independencia do aboamento da tarifa E-3 que lle sexa aplicable polos consumos efectuados.

Sétima.-O aboamento da tarifa da regra sexta farase:

a) Para embarcacións de paso no porto, por adiantado á chegada e polos días de estadía que declaren. Se este prazo tivese que ser superado, o suxeito pasivo terá que formular nova petición e aboar de novo por adiantado o importe inherente ao prazo prorrogado.

b) Para embarcacións con base no porto, por semestres adiantados, dando lugar o devandito aboamento adiantado a unha redución do 20% do importe da tarifa que lle sexa aplicable. A domiciliación bancaria poderá ser esixida por Portos de Galicia de o con

siderar conveniente para a xestión tarifaria das instalacións.

Enténdese por embarcación con base no porto, para os únicos efectos da aplicación desta tarifa, aquela que teña autorizada a prestación do servizo de atracada ou ancoraxe por un período dun ou máis semestres. O resto das embarcacións serán consideradas como de paso no porto.

Para embarcacións con base no porto o importe da tarifa aplicable será polo período completo autorizado, independente das entradas, das saídas ou dos días de ausencia da embarcación, mentres teña asignado o posto de atracada ou ancoraxe.

As embarcacións que teñan base nun porto dependente de Portos de Galicia gozarán dun 50% de desconto, sobre a tarifa diaria aplicable ás embarcacións de paso, durante as súas estadías noutros portos dependentes de Portos de Galicia.

A baixa como embarcación de base producirá efectos fronte a Portos de Galicia desde o semestre natural seguinte ao da solicitude de baixa.

Novena.-O servizo de ancoraxe ou de atracada, así como os restantes servizos, téñenlle que ser solicitados a Portos de Galicia con carácter previo á utilización deles, para a súa autorización, se procede, nas zonas especialmente habilitadas para isto. A utilización de calquera destes servizos sen autorización previa dará lugar á aplicación de cinco veces o importe da tarifa ordinaria que lle corresponda a partir do momento do comezo da utilización do servizo; todo isto independentemente da sanción que poida proceder por infracción do regulamento de servizo, policía e réxime do porto, e sen prexuízo da aplicación do disposto na regra décima.

Décima.-O aboamento desta tarifa non dispensa da obriga de desatracar a embarcación, de cambiar de lugar de amarre ou de ancoraxe, ou mesmo de abandonar o porto se así fose ordenado, por o coidar necesario a autoridade competente. Neste último suposto só se terá dereito á devolución do importe da ocupación aboada por adiantado.

O atraso en cumprir calquera das ordes ditadas pola autoridade portuaria competente relativas a atracadas, desatracadas, amarres, ancoraxes, saídas do peirao ou pantalán, retirada de embarcacións depositadas en terra, etc., dará lugar á aplicación dunha tarifa cun importe de dúas veces a tarifa diaria que lle correspondería aboar á embarcación, consonte as contías da regra sexta, polo número de horas ou fracción de demora.

Décimo primeira.-As embarcacións atracadas ou ancoradas en instalacións propias de concesións, agás que no título concesional se determine outra cousa, aboarán en todo caso o concepto A) da regra sexta e os demais sumandos B) e C) por aqueles servizos prestados en instalacións alleas á concesión. Para o seu aboamento o concesionario poderá optar:

a) Pola liquidación directa da tarifa polo organismo portuario ao suxeito pasivo baseándose na documentación que o concesionario lle entregará a Portos de

Galicia, cos datos diarios precisos para que este lles poida liquidar a tarifa tanto ás embarcacións de paso coma ás que teñen base na concesión, de acordo co procedemento e formato que Portos de Galicia determine. A domiciliación bancaria poderá ser esixida por Portos de Galicia de o considerar conveniente para a xestión tarifaria das instalacións.

b) Polo aboamento da tarifa, subrogándose na obriga dos suxeitos pasivos. Neste caso, o concesionario entregaralle a Portos de Galicia a documentación que lle sexa requirida, consonte o procedemento e formato que sinale este organismo, cos datos necesarios para realizar a liquidación que practicará Portos de Galicia. Neste caso, Portos de Galicia poderá acordar unha redución de ata un 15% da contía da tarifa que lle corresponda, dependendo da composición e do porte da flota do centro.

No suposto b), Portos de Galicia poderá establecer convenios cos concesionarios de instalacións náutico-recreativas para o aboamento desta tarifa. A base do convenio, cifrada en metros cadrados de ocupación por día e mes, estableceraa para cada concesión e temporada Portos de Galicia, consonte os datos estatísticos de tráfico e ocupación da concesión dispoñibles, e semestralmente efectuarase unha liquidación global polo importe que corresponda á ocupación, á composición e ao porte da flota que se incluíse no convenio. Este non poderá ser inferior ao 70% do importe que correspondería pola aplicación da tarifa á ocupación estimada, que en ningún caso poderá ser inferior á do ano anterior. Neste suposto non é aplicable o desconto descrito na letra b) da regra décimo primeira, nin o previsto no apartado b) da regra sétima.

Décimo terceira.-Nas instalacións deportivas construídas por Portos de Galicia e xestionadas por particulares mediante xestión indirecta poderase aplicar unha redución na contía da tarifa de ata o 15%, dependendo da composición e do porte da flota, sempre que o concesionario se subrogue na obriga do pagamento dos suxeitos pasivos e aboe a tarifa por semestres adiantados. Neste caso o concesionario entregaralle a Portos de Galicia a documentación que lle sexa requirida, consonte o procedemento e formato que se lle sinale, cos datos necesarios para que este organismo poida emitir a facturación correspondente.

Décimo cuarta.-Se solicitadas as dimensións da embarcación por parte de Portos de Galicia o titular demora a remisión destes datos ou ben se nega a facilitalos, o organismo portuario, ademais de poder proceder á apertura do correspondente expediente sancionador e retirada da embarcación da atracada, poderá realizar as súas propias medicións e facturar a tarifa consonte con elas.

Décimo quinta.-As embarcacións deportivas depositadas nas superficies portuarias requirirán a correspondente autorización de Portos de Galicia. No caso de non contar con esta autorización, a tarifa que se aplicará durante o prazo de ocupación será o quíntuplo da indicada no apartado B) da regra sexta, sen prexuízo

de que Portos de Galicia poida proceder á retirada da embarcación, polo que pasará o correspondente cargo e en todo caso o valor da embarcación responderá dos gastos de transporte e almacenaxe».

33) Modifícase a regra sétima da tarifa E-2 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como se transcribe a seguir:

«Sétima.-As contías serán, por metro cadrado ou fracción e día natural ou fracción, as seguintes:

Zona de manobra e tránsito

(no caso de existir autorización)

Grupo AGrupo BGrupo C

Días 1 ao 100,0385870,0257040,019326

Días 11 ao 200,1181840,0787680,059124

Días 21 e seguintes0,2331160,1554320,116590

Zona de almacenamentoGrupo AGrupo BGrupo C

Superficie descuberta0,0210470,0140310,010524

Superficie cuberta0,0808730,0538950,040373

Na zona de almacenamento situada a máis de 35 m do cantil do peirao dos portos incluídos nos grupos A e B aplicarase a tarifa do grupo inmediato inferior correspondente.

Na ocupación de tubaxes, canalización ou instalacións soterradas xerais do porto a tarifa será o 50% do que lle correspondería segundo os cadros anteriores, agás que o seu uso impida a utilización da superficie exterior. Neste caso, a tarifa sería a indicada nesta regra para a superficie descuberta.

A superficie que se considerará para canalizacións será a da proxección horizontal da tubaxe ou instalación de que se trate, cunha superficie mínima de 0,5 m por cada metro lineal de canalización.

As contías da tarifa para as ocupacións de superficie destinadas a usos non relacionados directamente coas actividades portuarias serán as seguintes:

Grupo AGrupo BGrupo C

Días 1 ao 100,1052340,0701570,052620

Días 11 e seguintes0,2104700,1403130,105240

34) Modifícanse as regras cuarta e quinta da tarifa E-3 contidas na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Cuarta.-As contías da tarifa por subministración de auga potable serán as seguintes:

-Por m de auga ou fracción subministrada a través das tomas propiedade de Portos de Galicia: 1,005882 euros.

-Por m de auga ou fracción subministrada nas restantes instalacións: 0,603530 euros.

A facturación mínima no primeiro caso será de 3,601012 euros. No segundo caso a facturación mínima mensual será tamén de 3,601012 euros.

Quinta.-As contías da tarifa por subministración de enerxía eléctrica serán as seguintes:

-Por kWh ou fracción subministrado a través das tomas propiedade de Portos de Galicia: 0,311183 euros.

-Por kWh ou fracción subministrado nas restantes instalacións: 0,186709 euros.

A facturación mínima no primeiro caso será de 3,601012 euros. A facturación mínima mensual no segundo caso será un 10% superior á mínima mensual establecida pola compañía eléctrica subministradora para a instalación de que se trate».

35) Modifícase a regra décimo primeira da tarifa E-4 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como se transcribe a seguir:

«Décimo primeira.-As contías da tarifa por utilización das instalacións para a reparación de embarcacións nos varadoiros serán as seguintes:

a) As contías da tarifa por izada ou baixada da embarcación dos varadoiros serán as seguintes:

-Embarcacións de ata 50 t: 0,580397 euros por cada metro de eslora ou fracción.

-Embarcacións de máis de 50 t e ata 150 t: 0,289369 euros por cada tonelada ou fracción.

-Embarcacións de máis de 150 t: 0,448564 euros por cada tonelada ou fracción.

b) As contías da tarifa por día de estadía ou fracción nos varadoiros serán as seguintes:

-Embarcacións de ata 50 t: 0,289369 euros por cada metro de eslora ou fracción.

-Embarcacións de máis de 50 t e ata 150 t: 0,146758 euros por cada tonelada ou fracción.

-Embarcacións de máis de 150 t: 0,289369 euros por cada tonelada ou fracción.

Para as embarcacións incluídas nos dous últimos grupos (embarcacións de máis de 50 t), a tarifa incrementarase nun 50% por cada semana de estadía continuada nos varadoiros. Esta porcentaxe aplicarase cada vez sobre a tarifa acumulada correspondente á semana anterior.

c) A contía da tarifa por día de utilización ou fracción das ramplas do varadoiro será de 0,580397 euros por cada metro de eslora ou fracción. (Aplicable unicamente a embarcacións con cuberta)».

36) Modifícase a letra c) do punto 1 da alínea 02 do anexo 5, que queda redactada como se transcribe a seguir:

«c) Ocupación de obras e instalacións. Estará constituída polos seguintes conceptos:

-O valor dos terreos e das augas ocupados, incluídas neste apartado a urbanización interna e a pavimentación da parcela en concesión.

-O valor das infraestruturas, superestruturas e instalacións en concesión no momento do seu outorgamento, calculado sobre a base de criterios de mercado, e o valor da súa depreciación anual. Estes valores, que serán aprobados por Portos de Galicia, perma

necerán constantes durante o período concesional e non lles será aplicable a actualización anual prevista no artigo 42.

Os criterios para o cálculo do valor das obras e instalacións e do valor da súa depreciación aprobaraos o conselleiro competente en materia de portos, por proposta do ente público Portos de Galicia».

Artigo 52.-Canon de saneamento. Modificación da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia

Modifícase o número 1 do artigo 40 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, que queda redactado como segue:

«1) O tipo de gravame expresarase en euros/m ou en euros pola unidade de contaminación en función da base impoñible á que teña que aplicarse.

Establécense os seguintes valores do tipo de gravame do canon:

a) Usos industriais ou asimilados:

-Tipo xeral por volume: 0,330 euros/m.

-Materias en suspensión: 0,193 euros/kg.

-Sales solubles: 3,106 euros/S/cm.m.

-Materia oxidable: 0,387 euros/kg.

-Metais: 8,726 euros/kg equimetal.

-Materias inhibidoras: 0,040 euros/equitox.

b) Usos domésticos: 0,197/m».

Capítulo II

Tributos cedidos

Artigo 53.-Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar.

No uso das competencias atribuídas pola Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e das condicións da devandita cesión, e consonte o disposto na letra c) do punto 1 do artigo 42 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía, e en virtude do establecido no artigo 5.Dous.4 da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, modifícanse os tipos de gravame e as cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar, no sentido que a continuación se indica:

Un.-Nos casinos de xogo aplicarase a seguinte tarifa:

Porción de base impoñible comprendida entre eurosTipo aplicable porcentaxe

Entre 0 e 1.580.47022

Entre 1.580.470,01 e 2.614.96038

Entre 2.614.960,01 e 5.215.55549

Máis de 5.215.55560

Dous.-Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outu

bro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:

A) Máquinas tipo A especial.

Cota anual: 500 euros.

B) Máquinas tipo B ou recreativas con premio.

a) Cota anual: 3.516 euros.

b) Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos tipo «B», nos que poidan intervir dous ou máis xogadores de forma simultánea e sempre que o xogo de cada un deles sexa independente do realizado por outros xogadores, serán aplicables as seguintes cotas:

-Máquinas ou aparellos de dous xogadores: dúas cotas de acordo co previsto no apartado a).

-Máquinas ou aparellos de tres ou máis xogadores: 7.200 euros máis o resultado de multiplicar por 2.896 o produto do número de xogadores polo prezo autorizado para a partida.

C) Máquinas tipo C ou de azar.

Cota anual: 5.132 euros.

No caso de modificación do prezo máximo de 0,20 euros autorizado para a partida en máquinas de tipo "B" ou recreativas con premio, as cotas tributarias establecidas na letra B) anterior incrementaranse en 17,72 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o novo prezo máximo autorizado.

Se a modificación se producise con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con permisos de data anterior a aquela na que se autorice a suba deberán autoliquidar e ingresar a diferenza de cota que corresponda na forma e nos prazos que determine a Consellería de Economía e Facenda.

Malia o previsto no parágrafo anterior, a autoliquidación e o ingreso serán só do 50% da diferenza se a modificación do prezo máximo autorizado para a partida se produce despois do 30 de xuño.

Disposicións adicionais

Primeira.-Información ao Parlamento.

Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) As ampliacións de crédito realizadas para atender o pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.

b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Os avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta aos avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ao consumo.

e) A enumeración nominal e individualizada das concesións de subvencións ou axudas outorgadas polo Consello da Xunta ás que se refiren as letras a), b) e c) do artigo 41 desta lei.

f) Os plans a que se refire a disposición adicional terceira desta lei.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizadas conforme o previsto na letra q) do artigo 5 desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 9.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos e das sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ao longo do ano 2006.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Fondo salarial.

Co fin de mellorar a prestación dos servizos públicos e de dotar dunha maior eficacia a xestión da administración pública, incrementando a produtividade e a motivación dos empregados públicos, para o ano 2006 instáurase un fondo equivalente ao 0,5% da masa salarial do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, cuxa distribución se negociará no ámbito da mesa xeral de negociación da función pública.

En calquera caso, os convenios ou acordos subscritos entre a Administración autonómica e as organizacións sindicais que teñan vixencia durante o exercicio de 2006 que supoñan incrementos retributivos adicionais aos de carácter xeral establecidos nesta lei quedarán enmarcados na mellora prevista nesta disposición adicional.

Terceira.-Sociedades públicas.

As entidades públicas e sociedades mercantís ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación nos seus orzamentos, están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablecer o equilibrio.

O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Economía e Facenda para a súa aprobación, dentro dos tres meses seguintes a aquel no que se detectase a situación de desequilibrio ou, en todo caso, a partir da aprobación das contas anuais nas que esta circunstancia se reflicta.

Cuarta.-Autorización de orzamentos en sociedades de nova creación.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aprobar os orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do ano 2006.

Quinta.-Propostas normativas que comporten crecemento do gasto.

Non poderán formularse iniciativas lexislativas por parte da Xunta de Galicia, nin aprobarse normas de rango regulamentario, cando da súa aplicación derive un incremento do gasto público, sen a previa dispoñibilidade dunha memoria económico-financeira que avalíe adecuadamente os custos que esas propostas representan e as posibilidades ou alternativas existentes para o seu financiamento.

Sexta.-Modificación dos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde.

Correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.

En idénticas condicións, correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.

En todo caso, daráselle conta á Consellería de Economía e Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.

Sétima.-Órganos unipersoais do Servizo Galego de Saúde

Modifícase o artigo 37.1.B) da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, que queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 37.1. B) Órganos unipersoais:

Determinaranse por decreto da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade».

Oitava.-Prestacións familiares por coidado de fillos menores.

Aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desta lei, teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos, terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2004, nin eles nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período.

A percepción desta prestación axustarase ao procedemento que estableza a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, que esixirá xustificación docu

mental dos requisitos precisos para o seu gozo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.

Novena.-Plan de reequilibrio territorial.

Englobado no marco dun pacto polo territorio que permita planificar e coordinar investimentos e outras actuacións con criterios de sustentabilidade ambiental, económica e social, a Xunta de Galicia elaborará ao longo do actual exercicio un plan de reequilibrio territorial, concibido como axente activo de desenvolvemento económico integral de Galicia, dirixido ás areas con menor crecemento, e de reforzamento da cohesión social, que coordinará actuacións sectoriais das distintas consellarías, por un importe mínimo de 150 millóns de euros.

O citado plan identificará os créditos dos diferentes programas de gasto que quedarán afectados nas distintas consellarías á súa execución.

O plan seralle remitido antes do 30 de abril de 2006 á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos.

Décima.-Subsidio básico e complemento variable da renda de integración social de Galicia.

De acordo co disposto na disposición transitoria primeira da Lei 16/2004, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, durante os tres primeiros exercicios orzamentarios de aplicación da Lei 16/2004 realizarase unha aplicación progresiva do importe da renda de integración social de Galicia sinalado nos apartados 1 e 2 do artigo 12 da Lei 9/1991, segundo redacción dada pola Lei 16/2004.

En cumprimento do exposto para o ano 2006, a contía do subsidio básico da renda de integración social de Galicia sinalado no apartado 1 do artigo 12 da Lei 9/1991, segundo redacción dada pola Lei 16/2004, será equivalente ao 70% do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples, fixado na lexislación específica que resulta aplicable. A contía do complemento variable, en función do número de membros da unidade de convivencia independente, previsto no apartado 2 do mesmo artigo 12, e sen prexuízo do sinalado no apartado 5 do devandito artigo, no ano 2006 será a seguinte:

-O 11% do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples polo primeiro membro adicional.

-O 9% do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples polo segundo membro adicional.

-O 7% do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples por cada un dos restantes membros adicionais.

Décimo primeira.-Recadación dos dereitos de natureza pública non tributarios.

Na recadación dos dereitos da Comunidade Autónoma de natureza pública non tributarios, incluídos no capítulo III dos orzamentos de ingresos, haberá que aterse ao disposto na súa normativa específica, e no seu defecto ao establecido para os dereitos de natureza tributaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento da lei.

Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Vixencia.

As disposicións desta lei terán vixencia exclusiva para o ano 2006, con excepción dos artigos 44, 45, 51, 52 e 53 e da disposición adicional sétima e décimo primeira, que terán vixencia indefinida.

Terceira.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2006.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

ANEXO 1

Artigo 5, e)

SecciónTaxasPrezosTotal

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

(centros de menores)

200.000200.000

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

(TIVE)

601.012601.012

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

(outras)

263.07310.734.57410.997.647

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

(DOG)

300.506300.506

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

(oposicións)

6.0106.010

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

(outras)

6.670.31813.8306.684.148

Economía e Facenda165.772165.772

Política Territorial, Obras Públicas e Transportes7.611.092152.1237.763.215

Educación e Ordenación Universitaria

(oposicións)

1.344.6011.837.3341.344.601

Educación e Ordenación Universitaria

(outras)

1.610.4631.837.3343.447.797

Innovación e Industria5.838.053853.4716.691.524

Medio Rural2.320.8064.707.9217.028.727

Cultura e Deporte392.80773.098465.905

Sanidade2.601.89813.8292.615.727

Pesca e Asuntos Marítimos1.228.8741.228.874

Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible 5.286.681393.1505.679.831

Traballo46.84925.68372.532

Vivenda e Solo349.562349.562

TOTAL36.037.36519.756.27855.793.643

(euros)

ANEXO 2

Artigo 47

Módulos económicos de distribución de fondos

públicos para o sostemento de centros concertados

Ano 2006

Ano 2006

Educación infantil:
(Ratio profesor/unidade: 1:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais 25.934,77
Gastos variables 3.529,93
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais 4.230,97
Outros gastos 5.696,93
Importe total anual 39.392,60

Educación primaria:
(Ratio profesor/unidade: 1,36:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais 35.271,30
Gastos variables 4.800,69
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais 5.754,16
Outros gastos 5.696,93
Importe total anual 51.523,08

Ano 2006

Educación especial (niveis obrigatorios e gratuítos):
I. Educación básica primaria:
(Ratio profesor/unidade: 1:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais 25.934,77
Gastos variables 3.529,93
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais 4.230,97
Outros gastos 6.076,76
Importe total anual 39.772,43
Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias:
Psíquicos 18.794,71
Autistas ou problemas graves de personalidade 15.245,41
Auditivos 17.487,74
Plurideficientes 21.704,78

II. Formación profesional: «Aprendizaxe de tarefas»:
(Ratio profesor/unidade: 2:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais 51.869,53
Gastos variables 4.631,56
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais 8.461,94
Outros gastos 8.571,41
Importe total anual 73.534,44

Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias:
Psíquicos 30.008,35
Autistas ou problemas graves de personalidade 26.840,57
Auditivos 23.250,53
Plurideficientes 33.368,93

Educación secundaria obrigatoria:
I. Primeiro ciclo:
(Ratio profesor/unidade: 1,52:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais 39.420,82
Gastos variables 4.383,39
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais 8.981,50
Outros gastos 7.406,03
Importe total anual 60.191,74

II. Segundo ciclo:
(Ratio profesor/unidade: 1,52:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais 46.292,22
Gastos variables 7.953,03
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais 6.965,82
Outros gastos 8.174,35
Importe total anual 69.385,42

Ciclos formativos:
(Ratio profesor/unidade grao medio: 1,52:1)
(Ratio profesor/unidade grao superior: 1,52:1)

I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais:

Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso 46.382,25
Segundo curso 0

Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas:
Primeiro curso 46.382,25
Segundo curso 46.382,25

Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso 46.484,19
Segundo curso 0

Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas:
Primeiro curso 46.484,19
Segundo curso 46.484,19

II. Gastos variables:

Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso 6.263,06
Segundo curso 0

Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas:
Primeiro curso 6.263,06
Segundo curso 6.263,06

Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso 6.755,90
Segundo curso 0

Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas:
Primeiro curso 6.755,90
Segundo curso 6.755,90

III. Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais
Ciclos formativos de grao medio 6.965,82
Ciclos formativos de grao superior 6.965,79

IV. Outros gastos:
Grupo 1. Ciclos formativos de:
Condución de actividades físico-deportivas no medio natural.
Pastelaría e panadaría.
Servizos de restaurante e bar.
Animación turística.
Estética persoal decorativa.
Química ambiental.
Farmacia.
Hixiene bucodental.

Ano 2006

Primeiro curso 9.191,73
Segundo curso 2.149,74

Grupo 2. Ciclos formativos de:
Xestión administrativa.
Secretariado.
Mergullo a media profundidade.
Laboratorio de imaxe.
Comercio.
Xestión comercial e marketing.
Servizos ao consumidor.
Axencias de viaxes.
Aloxamento.
Información e comercialización turísticas.
Elaboración de aceites e zumes.
Elaboración de produtos lácteos.
Elaboración de viño e outras bebidas.
Matadoiro e carnizaría-chacinaría.
Muiñaría e industrias cerealistas.
Panificación e repostaría.
Laboratorio.
Fabricación de produtos farmacéuticos e afíns.
Coidados auxiliares de enfermaría.
Documentación sanitaria.
Curtidos.
Patronaxe.
Procesos de ennobrecemento téxtil.

Primeiro curso 11.175,93
Segundo curso 2.149,74

Grupo 3. Ciclos formativos de:
Conservaría vexetal, cárnica e de peixe.
Transformación de madeira e cortiza.
Operacións de fabricación de produtos farmacéuticos.
Operacións de proceso e pasta de papel.
Operacións de proceso de planta química.
Operacións de transformación de plásticos e caucho.
Industrias de proceso de pasta e papel.
Industrias de proceso químico.
Plástico e caucho.
Operacións de ennobrecemento téxtil.

Primeiro curso 13.300,93
Segundo curso 2.149,74

Grupo 4. Ciclos formativos de:
Encadernados e manipulados de papel e cartón.
Impresión en artes gráficas.
Fundición.
Tratamentos superficiais e térmicos.
Fabricación industrial de carpintaría e moble.
Calzado e marroquinaría.
Produción de fiadura e teceduría de calada.
Produción de tecidos de punto.
Procesos de confección industrial.
Procesos téxtiles de fiadura e teceduría de calada.
Procesos téxtiles de teceduría de punto.
Operacións de fabricación de produtos cerámicos.
Operacións de fabricación de vidro e transformados.
Fabricación e transformación de produtos de vidro.

Primeiro curso 15.388,78
Segundo curso 2.149,74

Grupo 5. Ciclos formativos de:
Realización e plans de obra.
Asesoría de imaxe persoal.
Radioterapia.
Animación sociocultural.
Integración social.

Primeiro curso 9.191,73
Segundo curso 3.476,36

Grupo 6. Ciclos formativos de:
Operacións de cultivo acuícola.

Primeiro curso 13.300,93
Segundo curso 3.476,36

Grupo 7. Ciclos formativos de:
Explotacións gandeiras.
Xardinaría.
Traballos forestais e de conservación do medio natural.
Xestión e organización de empresas agropecuarias.
Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos.
Administración e finanzas.
Pesca e transporte marítimo.
Navegación, pesca e transporte marítimo.
Produción de audiovisuais, radio e espectáculos.
Comercio internacional.
Xestión do transporte.
Obras de albanelaría.
Obras de formigón.
Operación e mantemento de maquinaria de construción.
Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción.
Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.
Óptica de anteollaría.
Caracterización.
Perrucaría.
Estética.
Explotación de sistemas informáticos.
Administración de sistemas informáticos.
Desenvolvemento de aplicacións informáticas.
Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble.

Prevención de riscos profesionais.
Anatomía patolóxica e citoloxía.
Saúde ambiental.
Audioprótese.
Dietética.
Imaxe para o diagnóstico.
Laboratorio de diagnóstico clínico.
Ortoprotésica.
Educación infantil.
Interpretación da lingua de signos.

Primeiro curso 8.278,29
Segundo curso 10.000,25

Grupo 8. Ciclos formativos de:
Explotacións agrarias extensivas.
Explotacións agrícolas intensivas.
Operación, control e mantemento de maquinaria e instalacións do buque.
Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.
Equipos electrónicos de consumo.
Equipos e instalacións electrotécnicas.
Desenvolvemento de produtos electrónicos.
Instalacións electrotécnicas.
Sistemas de regulación e control automáticos.
Acabados de construción.
Cociña.
Restauración.
Mantemento de aviónica.
Análises e control.
Próteses dentais.

Primeiro curso 10.195,84
Segundo curso 11.638,16

Grupo 9. Ciclos formativos de:
Animación de actividades físicas e deportivas.
Deseño e produción editorial.
Produción en industrias de artes gráficas.
Imaxe.
Realización de audiovisuais e espectáculos.
Son.
Sistemas de telecomunicación e informáticos.
Desenvolvemento de proxectos mecánicos.
Produción por fundición e pulvimetalurxia.
Produción por mecanizado.
Fabricación a medida e instalación de madeira e moble.
Produción de madeira e moble.
Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor.
Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención.
Mantemento e montaxe de instalacións de edificios e procesos.
Carrozaría.
Electromecánica de vehículos.
Automoción.
Mantemento aeromecánico.

Primeiro curso 11.992,12
Segundo curso 13.305,04

Grupo 10. Ciclos formativos de:
Produción acuícola.
Preimpresión en artes gráficas.
Xoiaría.
Mecanizados.
Soldadura e caldeiraría.
Construcións metálicas.
Industria alimentaria.
Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas.
Mantemento ferroviario.
Mantemento de equipo industrial.
Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos.

Primeiro curso 13.871,57
Segundo curso 14.874,49

Programas de garantía social:
(Ratio profesor/unidade: 1,44:1)

I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais 46.380,07
II. Gastos variables 7.045,93
III. Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais 6.680,10
IV. Outros gastos:

Grupo 1 7.098,77
Familias profesionais de:
Administración.
Comercio e marketing.
Hostalaría e turismo.
Imaxe persoal.
Sanidade.
Servizos socioculturais e á comunidade.

Grupo 2 8.116,04
Familias profesionais de:
Actividades agrarias.
Artes gráficas.
Comunicación, imaxe e son.
Edificación e obra civil.
Electricidade e electrónica.
Fabricación mecánica.
Industrias alimentarias.
Madeira e moble.
Mantemento de vehículos autopropulsados.
Mantemento e servizos á produción.
Téxtil, confección e pel.

Organismos autónomos administrativos

Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Estado de ingresos10.425.557

Estado de gastos10.425.557

Escola Galega de Administración Pública

Estado de ingresos4.573.426

Estado de gastos4.573.426

Centro de Estudos Xudiciais e de Seguridade Pública de Galicia

Estado de ingresos2.149.597

Estado de gastos2.149.597

Instituto Galego de Estatística

Estado de ingresos5.094.196

Estado de gastos5.094.196

Tribunal Galego de Defensa da Competencia

Estado de ingresos893.077

Estado de gastos893.077

Instituto Galego de Consumo

Estado de ingresos6.529.441

Estado de gastos6.529.441

Servizo Galego de Saúde

Estado de ingresos3.064.327.367

Estado de gastos3.064.327.367

Augas de Galicia

Estado de ingresos138.328.565

Estado de gastos138.328.565

Organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo

Fondo Galego de Garantía Agraria

Estado de ingresos62.663.712

Estado de gastos62.663.712

Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

Estado de ingresos7.812.101

Estado de gastos7.812.101

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Estado de ingresos96.935.688

Estado de gastos96.935.688

(importe en euros)

Sociedades mercantísExplotaciónCapital

Retegal, S.A.5.197556

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia2.1191.321

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.2.56040

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.3.71074.636

Autoestrada Alto Santo Domingo-Ourense, S.A.70.09497.040

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.1.39888

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia1.750476

Galicia Calidade, S.A.765825

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.6.90215.689

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo25.2523.120

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia6.3901.600

Xenética Fontao, S.A.2.295385

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.27.8884.326

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.84.41221.669

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.24.78316.193

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.49.82735.861

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.44.99321.915

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.53.03850.193

TOTAL413.373345.933

(importe en euros)

Entidades públicasExplotaciónCapital

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades123.28115.982

Instituto Galego de Promoción Económica114.7975.436

Consello Económico e Social1.09442

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable14.3445.546

Portos de Galicia20.52730.974

Instituto Enerxético de Galicia2.4301.600

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural20.02341

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia1.24048.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía2.039210

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira13.315112

Fundación Hospital Comarcal da Barbanza15.911149

Fundación Pública Hospital de Verín11.385130

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria3.300430

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde32910

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)34.110251

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés16.429134

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia23.261550

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica87019

Instituto para o Control do Medio Mariño de Galicia1.9384.530

Obras e Servizos Hidráulicos3.57496.146

TOTAL424.197210.292

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA