DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 29 de decembro de 2005 Páx. 20.423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2005 pola que se amplía o orzamento destinado ás axudas encamiñadas ao fomento da enerxía solar na convocatoria do ano 2005.

A resolución do director do Instituto Enerxético de Galicia do 16 de xuño de 2005 (DOG nº 122, do 27 de xuño) establece as bases reguladoras das axudas encamiñadas ao fomento da enerxía solar e procede á súa convocatoria para o exercicio 2005. No artigo 3 da devandita resolución establécese un importe orzado para o exercicio 2005 de 150.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 03.01.01.2180107.

Tendo en conta o gran número e dimensión de proxectos de enerxía solar recibidos, unha vez que se comprobou que o importe total solicitado destas axudas supera amplamente o crédito inicialmente establecido, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder atender ao maior número de solicitudes.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único.

1. Ampliar o importe orzado das axudas encamiñadas ao fomento da enerxía solar para o exercicio 2005 en 200.000 euros adicionais.

2. Esta modificación non afecta os prazos establecidos na Resolución do 16 de xuño de 2005, antes mencionada, no que se refire á presentación de solicitudes, nin supón tampouco alteración do resto do seu articulado.

3. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2005.

Xoán Ramón Doldán García

Director do Instituto Enerxético de Galicia