DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 29 de decembro de 2005 Páx. 20.402

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Dalphimetal España, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Dalphimetal España, S.A., con nº de código 3600492, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 10-11-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, en data 20-10-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de novembro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio será de aplicación ao persoal adscrito aos centros de traballo da empresa Dalphimetal España, S.A., situados en Vigo e no Porriño (e por extensión a calquera lugar onde este persoal realice traballos por conta desta), tanto ao que xa se ache prestando servizos nos indicados centros coma a todo aquel que ingrese no futuro durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal e duración.

1. Este convenio entrará en vigor o día un de xaneiro de dous mil cinco, independentemente da data do seu asinamento e da súa publicación no BOP ou no DOG.

2. A duración deste convenio será por dous anos a partir do 1 de xaneiro de 2005, e a súa vixencia concluirá o 31 de decembro de 2006.

3. Unha vez concluída a duración pactada, manterase a vixencia das cláusulas normativas nos termos en que se pactase.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia, propoñendo a revisión do convenio por calquera das partes, realizarase por escrito e cunha antelación mínima de 15 días respecto á data de remate da súa vixencia.

Artigo 4º.-Compensación de melloras e garantías individuais.

As condicións aquí pactadas compensan e substitúen na súa totalidade as que anteriormente rexeron por imperativos legais, xurisprudenciais, contenciosos ou administrativos, convenio sindical, pacto de calquera clase, etc. Respectarase o total dos ingresos individualmente percibidos con anterioridade ao convenio, sen que as normas deste poidan implicar mingua destes. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal, sen que se poida entender vinculado a postos de traballo, categorías profesionais ou outras circunstancias análogas, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ao seu favor as condicións máis beneficiosas de que gozasen os produtores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 5º.-Individualidade do convenio.

O convenio é un todo orgánico indivisible, polo que se entenderá nulo e sen efecto de ningunha clase no suposto de que non fose aprobado na súa integridade.

Artigo 6º.-Incrementos e revisións.

6.1. Ano 2005: todos os conceptos retributivos -salvo o complemento de nocturnidade (artigo 17) e o complemento quenda especial (artigo 18) que teñen un aumento especial- se incrementaron o 3,75% con efectos do 1-1-2005.

6.2. Ano 2006: todos os conceptos retributivos -agás os conceptos regulados nos artigos 17 e 18 deste convenio- se incrementarán no IPC previsto polo Goberno para o devandito ano máis 0,75 puntos.

O 31-12-2006 (ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 2006) efectuarase unha revisión, con efectos do 1-1-2006, pola diferenza que puidese existir entre o IPC real que resulte no referido ano máis 0,75 puntos e o IPC previsto máis 0,75 puntos establecido no punto anterior 6.2.1 e aplicado o 1-1-2006, só no caso de que o IPC real supere o previsto.

Artigo 7º.-Salarios.

Para o ano 2005, os salarios serán os establecidos na táboa anexa I deste convenio.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Os complementos persoais de antigüidade consistirán en dous trienios e quinquenios sen limitación ningunha, nas respectivas contías sinaladas na táboa anexa I deste convenio.

Artigo 9º.-Vacacións.

1. Para todo o persoal comprendido no ámbito deste convenio establécense 30 días naturais ao ano de vacacións, ou a súa parte proporcional se non levase un ano de traballo ao servizo da empresa.

2. O desfrute das vacacións efectuarase nun período de 29 días naturais (ou a parte proporcional no caso de non ter devengada a totalidade do devandito período) máis o 24 de decembro, salvo que este día cadre en sábado ou domingo; neste caso negociarase co comité de empresa a data de desfrute do indicado día no calendario laboral anual correspondente.

3. Os días de vacacións aboaranse antes de empezar o seu desfrute, en función da respectiva retribución por base salarial, antigüidade, complemento de toxicidade, perigosidade e penosidade, e da respectiva media percibida nos tres meses anteriores por incentivos.

Como excepción ao anterior, respecto a aqueles traballadores que nos tres meses anteriores á data de desfrute das vacacións estivesen en incapacidade temporal por calquera continxencia, e sempre que a alta teña lugar antes do inicio do desfrute das vacacións, a retribución por incentivo correspondente aos días de vacacións será, en lugar da respectiva media obtida por este concepto nos tres meses anteriores ao inicio destas, a media do incentivo obtido por fábrica neses tres meses.

4. O persoal que se atope en situación de IT derivada de accidente de traballo, maternidade, accidente non laboral (con hospitalización) e enfermidade (con hospitalización) durante o período de desfrute das vacacións, terá dereito a que a empresa lle sinale outra data para o seu desfrute, sempre que cause alta da referida IT antes de concluír o ano natural.

Artigo 10º.-Licenzas.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remu

neración polos motivos que a continuación se detallan:

1º Matrimonio do traballador: 15 días naturais. Tamén corresponderán 15 días naturais de permiso en caso de constitución de parella de feito rexistrada (acreditada coa inscrición no rexistro), ben que esta licenza só se poderá conceder unha vez cada 8 anos salvo en caso de falecemento dun dos compoñentes da parella de feito.

En caso de ter lugar o feito causante (matrimonio ou constitución da parella de feito rexistrada) en período de desfrute de vacacións, os días de vacacións que coincidan cos días desta licenza desfrutaranse, posteriormente, dentro do ano natural.

2º Nacemento ou adopción de fillos: 3 días laborables.

3º En caso de enfermidade grave do cónxuxe, parella de feito rexistrada ou de parentes ata o 2º grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licenza): 3 días naturais, dos cales polo menos dous días serán laborables.

En caso de falecemento do cónxuxe, parella de feito rexistrada ou de parentes ata o 2º grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licenza): 3 días laborables.

4º En caso de falecemento ou enfermidade grave de parentes ata o 2º grao de afinidade (pais, fillos, irmáns e avós políticos do que solicita a licenza): 2 días naturais.

5º Nos supostos previstos nos anteriores puntos 3º e 4º deste artigo, cando o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o permiso incrementarase en 2 días naturais.

6º En caso de matrimonio de fillo ou de irmán consanguíneo: 1 día natural.

7º Morte de tíos consanguíneos: 1 día natural; o desfrute da licenza poderá ser o día do falecemento ou o día do enterro.

8º Para asistencia a consulta médica ou para acompañar a consulta médica familiares a cargo do traballador: 16 horas ao ano.

9º Traslado de domicilio: 1 día laborable.

10º Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoña en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

11º Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

12º As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución de xornada normal nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos os dous traballen.

2. O traballador terá dereito ao desfrute dos permisos non retribuídos necesarios para concorrer a exames, así como a unha preferencia a elixir quenda de traballo, cando asista a clase e curse con regularidade estudos para a obtención dun título académico ou profesional e sempre que o aproveitamento dos seus estudos sexa, como mínimo, de superación do 75% da materia ou materias de que conste o curso correspondente.

3. O inicio do cómputo dos días de permiso efectuarase, para todas as licenzas, desde a data do feito causante, ben que o interesado, logo de acordo co Departamento de Persoal, poderá variar a data de uso dos días de permiso ou licenzas que lle correspondan.

Para os efectos das licenzas por enfermidade grave, considerarase que o feito causante o constitúe o ingreso en centro hospitalario e desde o día seguinte ao da data do ingreso computarase a licenza, salvo que o interesado lle comunicase ao Departamento de Persoal o seu desexo de desfrutar do permiso desde o día da intervención cirúrxica; neste caso computarase a licenza desde esta data.

Artigo 11º.-Complemento de toxicidade, perigosidade e penosidade.

Os traballadores de todos os postos de traballo actuais, mesmo os capataces e o persoal técnico de taller, agás o persoal administrativo, subalterno e resto do persoal técnico, percibirán un complemento consistente en 0,42 A por hora efectiva de traballo. Aboarase en vacacións polos días laborables que correspondan.

Artigo 12º.-Incentivos e procedemento implantación de tempos.

1. Todos os traballadores se comprometen a alcanzar o rendemento ou actividade habitual, o cal se cifra en 125 puntos sobre 133 do sistema de incentivos vixentes na empresa. A táboa de rendementos e valores do sistema de incentivos serán os que se establecen na táboa anexa II deste convenio (non será preciso nas tarifas de incentivos que se establecen ter en conta o previsto no artigo 31 da Orde do 8 de maio de 1961, e no artigo 73 da Ordenanza de industrias químicas, posto que as condicións pactadas implican xa as melloras que se establecen en tales disposicións). A prima do sistema de incentivos colectivo vixente deberá calcularse na mesma contía para todos os traballadores dos centros de traballo de Dalphimetal España, S.A. en Vigo e no Porriño.

O día 22 de cada mes será comunicado, mediante nota para o efecto colocada no taboleiro de anuncios da empresa, o rendemento alcanzado no período precedente de cálculo de incentivo.

2. Acórdase establecer o seguinte procedemento para a implantación de tempos de produción derivados, tanto da introdución de novas pezas, operacións ou produtos, coma da modificación do método operatorio, de instalacións ou de equipamento industrial.

2.1. Unha vez realizados os estudos de tempos correspondentes (cronometrándose máis de 1 ope

rario), a dirección da empresa notificaralles aos representantes dos traballadores os novos métodos e os seus tempos provisionais correspondentes, debendo observarse:

-Comunicación da data en que se contabilizarán para o cálculo dos incentivos.

-Un período de 11 días laborables de adaptación aos novos métodos e tempos, sendo contabilizados a partir dese momento para efecto de cálculo de incentivos e introducíndose para todos os efectos no sistema global de xestión da empresa.

2.2. Dentro do devandito período de adaptación de 11 días laborables o traballador poderá reclamar ante os representantes dos traballadores, realizándose as seguintes accións:

-De forma inmediata os representantes dos traballadores instarán unha reunión da comisión paritaria de produtividade e competitividade que se creará para tal efecto (formada por 2 representantes dos traballadores e 2 representantes da dirección).

-Unha vez reunida a comisión paritaria, de non alcanzar ningún acordo realizarase unha comprobación do tempo coa presenza de 1 representante dos traballadores.

-No caso de continuar o desacordo, actuarase conforme o disposto no punto 2.3.

2.3. Nestes casos de desacordo ou conflito, as partes someteranse á decisión dun técnico na materia designado polas partes conxuntamente ou, na falta de acordo por rotación, da seguinte lista:

-Frare Española, S.A. (r/ Ourense, 25 de Madrid).

-Tea Cegos (r/ Bernardino Sahagún, 34 de Madrid).

-Organización de Sistemas de Trabajo y Productividad, S.L. (r/ Carrera de San Jerónimo, 17 de Madrid).

Por acordo das partes, a comisión paritaria poderá ampliar a anterior relación.

2.4. Efectuado o ditame do técnico, o tempo establecido por este substituirá desde este momento o tempo estimado existente.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal consistirán en 30 días da base salarial, máis antigüidade e a media do incentivo dos últimos tres meses.

O cálculo da remuneración das indicadas gratificacións extraordinarias efectuarase semestralmente.

Artigo 14º.-Participación en beneficios.

1. Esta gratificación será efectiva durante o primeiro trimestre do ano seguinte ao do exercicio ao que esta corresponda.

2. A gratificación de participación en beneficios correspondente ao exercicio do ano 2005 aboarase na contía de 1.028,86 A máis a antigüidade se a houbese e a media do incentivo obtido nos meses de outubro, novembro e decembro do exercicio ao que corresponde a gratificación.

Artigo 15º.-Premio ao non-absentismo.

Establécese a cantidade de 94,53 para todas as categorías, aboables en 30 de xuño e 30 de decembro, en concepto de premio ao non-absentismo, para aqueles traballadores que en cada un dos semestres do ano non permanecesen de baixa por incapacidade temporal, agás se esta deriva de accidente laboral.

Como excepción á regra xeral anterior, se a baixa se produce no último mes dun semestre e a alta tivese lugar dentro do primeiro mes do semestre seguinte -é dicir, entre o 1 de xuño e o 31 de xullo e entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro-, o premio soamente se perderá no semestre no que a baixa se produza, non computándose a devandita baixa no semestre seguinte, sempre e cando non se volva producir outra baixa.

O pagamento desta gratificación realizarase no anticipo correspondente ao 15 de xaneiro e 15 de xullo respectivamente.

Artigo 16º.-Complemento de transporte.

Aboarase un complemento de transporte de 84,74 A mensuais, agás no período de vacacións.

Artigo 17º.-Nocturnidade.

1. Para o ano 2005, a contía do complemento de nocturnidade fíxase en 7,50 A/día traballado en quenda de noite.

2. Para o ano 2006, a contía do complemento de nocturnidade fíxase en 7,75 A/día traballado en quenda de noite.

Artigo 18º.-Quenda especial.

1. Establécese un complemento salarial de posto de traballo para o persoal que preste os seus servizos na quenda especial cuxo horario de traballo inclúe os sábados e domingos.

2. Durante toda a vixencia do convenio (anos 2005 e 2006), a contía do devandito complemento salarial será de 2,30 A por cada hora ordinaria traballada en sábado ou domingo.

Artigo 19º.-Xornada de traballo.

Para os anos 2005 e 2006 a xornada de traballo será de 1.752 horas/anuais de traballo efectivo.

Artigo 20º.-Formación profesional.

A formación profesional interesa tanto á dirección da empresa coma ao traballador, posto que beneficia ambas as dúas por igual, polo que se acorda:

1. A formación impartida durante a xornada ordinaria terá o tratamento de actividade ordinaria. Cando a formación teña lugar fóra da xornada ordinaria, rexerase nos seguintes termos:

-A formación será de carácter voluntario.

-Compartirase o tempo investido nesta entre o traballador e a empresa por igual (remunerándose como xornada ordinaria a metade do tempo investido nesta).

-A formación de operarios directos cando se dea produción de pezas, o operario será remunerado ao prezo de hora extra.

2. O tempo investido en formación non se computará, en ningún caso, como extraordinario.

3. Posto que o noso principal obxectivo é garantirlle o servizo ao cliente e co obxecto de compaxinar este coa formación, consideramos que calquera día é válido para impartir formación (laborables, sábados, días de expediente de regulación de emprego), exceptuándose os domingos, festivos e días de vacacións, salvo pacto en contrario de desfrute posterior.

4. Estudaranse as propostas do comité de empresa respecto de posibles plans de formación para realizar na empresa.

Artigo 21º.-Absentismo.

1. En caso de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional garantiranse as cantidades necesarias para completar as prestacións da Seguridade Social ata o 100% da base total de cotización.

2. En caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade común con hospitalización ou de accidente non laboral con hospitalización, a partir do día da hospitalización e ata a súa reincorporación ao posto de traballo completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

3. No suposto de incapacidade temporal derivada de enfermidade común de longa duración ou de accidente non laboral de longa duración, certificada por especialistas, a partir do décimo sexto día mentres dure a situación de IT e como máximo ata 18 meses desde o inicio da IT, completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

4. Ás prestacións por incapacidade temporal derivada de enfermidade común, a partir do décimo primeiro día e ata o corenta, ambos os dous inclusive, sumaráselles un complemento de prestacións de 2,25 A/día.

5. Ao persoal en situación de incapacidade temporal, durante a negociación do convenio seranlle de aplicación as melloras que se introduzan neste.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para solucionar todas as dúbidas e diferenzas que poidan xurdir durante o período de vixencia do convenio, en canto á interpretación e aplicación deste se refire, serán canalizados a través da comisión paritaria, en canto que serán estudadas e propostas as solucións e decisións que en cada caso ou situación se requiran, todo iso sen prexuízo da facultade de cada unha das partes que requira a intervención da autoridade laboral competente e das accións que a lei outorga para acudir á vía xurisdicional e administrativa. Esta comisión paritaria estará composta por dous membros de cada representación.

A indicada comisión paritaria iniciará o estudo para a actualización das actuais categorías profesionais que figuran no convenio, debendo concluír tal estudo antes dun ano.

Artigo 23º.-Seguridade e saúde laboral.

1º Formarase un comité de seguridade e saúde nos termos que marca a lei.

2º O comité de seguridade e saúde terá todos os dereitos que a normativa legal prevé, ademais de exercer un labor de vixilancia das condicións de seguridade e hixiene de todos os postos de traballo, seccións ou dependencias da fábrica onde o persoal preste servizos.

3º O comité de seguridade e saúde informará a dirección da empresa dos defectos e perigos que advirtan en materia de seguridade e hixiene, á que proporán, se é o caso, as medidas preventivas necesarias.

4º O comité de seguridade e saúde poderá solicitar a información que conste en poder da empresa sobre os riscos que poidan ocasionar a manipulación dos produtos que se utilicen no proceso produtivo.

5º Roupas de protección: a empresa informará o comité de seguridade e saúde sobre as roupas de protección que se lle faciliten ao persoal.

6º Recoñecemento médico: todos os traballadores da empresa terán dereito e obriga a unha revisión médica ao ano, entre os meses de marzo e xuño. Aqueles traballadores que polo seu habitual posto de traballo estean expostos a un maior risco de contaminación (planta de escumado e cadea de pintura) terán dereito e obriga a dous recoñecementos médicos de carácter específico ao ano, un entre os meses de marzo e xuño e o outro entre os meses de novembro e decembro. O recoñecemento médico efectuarase durante a xornada laboral e o tempo investido neste será retribuído.

7º Daqueles accidentes de traballo que sexan cualificados como graves ou moi graves pola Mutua Patronal de Accidentes de Traballo, a empresa facilitará fotocopia do parte de accidente ao comité de seguridade e saúde.

8º Fíxanse como límites normais de temperatura e humidade nos locais polos distintos traballos, sempre que o proceso de fabricación o permita, os seguintes:

-Para traballos sedentarios, de 17 a 22 graos centígrados.

-Para traballos ordinarios, de 15 a 18 graos centígrados.

-Para traballos que exixan acusado esforzo muscular, de 12 a 15 graos centígrados.

A humidade relativa da atmosfera oscilará de 40 a 60 por cento, salvo nas instalacións en que haxa perigo por xerarse electricidade estática, que deberá estar por riba do 50 por cento.

9º En todo centro de traballo existirán retretes con descarga automática de auga corrente e papel hixiénico. Instalaranse con separación de sexos, cando se empreguen máis de dez traballadores. Nos retretes que deban ser utilizados por mulleres instalaranse recipientes especiais pechados.

10º En todos os traballos ao aire libre dotaranse os traballadores de roupas de protección persoal para evitar rigores climáticos.

11º O soldador e os seus axudantes en operacións propias da función disporán e utilizarán viseiras, capuchóns ou pantallas para protección da vista e discos ou manoplas para protexer as mans, mandís de coiro e botas, que reunirán as características sinaladas no capítulo XIII da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene.

12º Extintores portátiles: en proximidade aos postos de traballo con maior risco de incendio, colocados en sitio visible e accesible, disporanse extintores portátiles ou móbiles sobre rodas, de escuma física ou química, mestura de ambas as dúas ou pos secos, anhídrido carbónico ou auga segundo conveña á causa determinante do lume que se vai extinguir. Cando se empreguen distintos tipos de extintores, serán rotulados con carteis indicadores do lugar e clase de incendio en que deben empregarse.

Instruirase o persoal, cando sexa necesario, do perigo que presenta o emprego de tetracloruro de carbono e cloruro de metilo en atmosferas pechadas, e das reaccións químicas perigosas que se poidan producir nos locais de traballo entre os líquidos extintores e as materias sobre as que poidan proxectarse.

Os extintores serán revisados periodicamente e cargados segundo as normas das casas construtoras inmediatamente despois de usalos.

13º Equipos contra incendios: nas industrias ou centros de traballo con grave risco de incendios instruirase e adestrarase especialmente o persoal integrado no equipo ou brigada contra incendios, sobre o manexo e conservación das instalacións e material extintor, sinais de alarmas, evacuación dos traballadores e socorro inmediato aos accidentados. O persoal dos equipos contra incendios disporá de cascos, traxes illantes, botas e luvas de amianto e cintos de seguridade; así mesmo disporá, se fose preciso, para evitar específicas intoxicacións ou sufocación, de máscaras ou equipamento de respiración autónoma. O material asignado aos equipos de extinción de incendios, escalas, cubertas de lona ou tecidos ignífugos, machados, picos, pas, etc. non poderá ser usado para outros fins e a súa localización será coñecida polas persoas que deban empregalo. A empresa designará o xefe de equipo ou brigada contra incendios, que cumprirá estritamente as instrucións ditadas polo comité de seguridade

e saúde para a extinción de lume e as do servizo médico da empresa para o socorro dos accidentados.

Artigo 24º.-Roupas de traballo.

1. Proverase todo o persoal de dúas pezas de roupa de traballo ao ano, cuxa entrega se efectuará no mes de xaneiro. Ao persoal que preste os seus servizos nas cadeas de inxección e pintura ou postos de traballo con características similares (industrialización lanzamentos, forrado, etc.), como mínimo seis meses no ano, entregaráselle unha peza de roupa máis ou mandil no mes de xullo.

2. O persoal poderá utilizar as roupas de traballo que lle fosen facilitadas nese ano e no anterior.

3. Así mesmo, ao persoal de fabricación tanto directo coma indirecto entregaráselle anualmente un par de zapatos de seguridade; o persoal da planta de magnesio, en lugar do par referido de zapatos, proverase anualmente dun par de botas de seguridade.

Artigo 25º.-Medidas sindicais.

As horas do crédito horario establecido legalmente para os membros do comité de empresa ou delegados sindicais poderán ser acumuladas en favor dun ou varios membros do comité, logo de aviso ao Departamento de Persoal no mes anterior á acumulación, salvo as circunstancias ou casos excepcionais en que non se poida facer coa devandita antelación, e debendo constar en todo caso por escrito a conformidade do membro cedente do seu crédito horario.

Artigo 26º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá dereito preferente para ocupar aquela vacante de posto de traballo existente ou de nova creación que poida desempeñar con eficacia suficiente e que sexa da súa categoría profesional. No expediente interno que se incoe para o efecto oiranse o comité de empresa e o servizo médico da empresa.

Artigo 27º.-Seguro colectivo.

1. A empresa comprométese a actualizar a póliza de seguros a favor dos traballadores da empresa, para cubrir as continxencias e polos capitais que se sinalan:

a) En caso de falecemento por causas naturais: trece mil douscentos trinta (13.230 A) euros.

b) En caso de falecemento por accidente: vinte e un mil catrocentos oitenta (21.480 A) euros.

c) En caso de invalidez permanente absoluta para todo traballo, derivada de accidente: vinte e catro mil dez (24.010 A) euros.

d) En caso de invalidez permanente absoluta para todo traballo, derivada de enfermidade: vinte mil cincocentos oitenta (20.580 A) euros.

2. O compromiso adquirido neste artigo producirá efecto e entrará en vigor a partir de 15 días da data do asinamento do convenio.

Artigo 28º.-Xubilación.

1. Xubilación forzosa: para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio establécese a xubilación forzosa e cesamento na empresa ao alcanzar a idade regulamentaria (65 anos) para acceder á situación protexida de xubilación, sempre que o traballador reúna o período mínimo de carencia (actualmente 15 anos) exixido no sistema da Seguridade Social para causar dereito á pensión de xubilación. En caso de que o traballador afectado non acreditase o indicado período mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación, poderá continuar a súa vinculación e prestación de servizos

na empresa polo tempo necesario ata alcanzar o referido período mínimo de carencia (15 anos).

Como excepción á obrigada xubilación forzosa e cesamento na empresa ao alcanzar a idade regulamentaria (65 anos), establécese a posibilidade de que o traballador que nesa data non acredite o período de cotización efectiva e/ou bonificada (35 anos de cotización) para ter dereito á pensión de xubilación do 100% da base reguladora poida prorrogar a súa vinculación e prestación de servizos na empresa polo tempo necesario para alcanzar o requirido período de cotización (35 anos) e, en calquera caso, como máximo durante tres anos máis (ata os 68 anos de idade).

2. Xubilación voluntaria anticipada: os traballadores con 64 anos cumpridos que desexen acollerse á xubilación co 100% dos seus dereitos nas condicións previstas no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, comunicaranlle a súa decisión á empresa cun mes de antelación á data da súa xubilación. Recibida a anterior comunicación, a empresa deberá proceder, simultaneamente co cesamento por xubilación, á contratación do traballador substituto nos termos e condicións do referido Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Respecto aos traballadores con 63 anos de idade, a empresa poderá estudar as eventuais propostas formuladas por calquera empregado deste colectivo.

3. Xubilación voluntaria parcial: os traballadores que desexen acollerse á xubilación parcial e as condicións previstas no Real decreto nº 1131/2002, do 31 de outubro, comunicaranlle a súa decisión á empresa cun mes de antelación á data en que desexen que teña lugar a súa xubilación parcial. Recibida a anterior comunicación, a empresa deberá proceder, simultaneamente coa redución de xornada pola xubilación parcial, á formalización do contrato de relevo co traballador substituto nos termos e condicións do referido Real decreto nº 1131/2002, do 31 de outubro.

Artigo 29º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto neste convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da Ordenanza de traballo para as industrias químicas, do 14 de xullo de 1974, se aplicará a título de dereito dispositivo mentres as devanditas materias non estean reguladas polo convenio colectivo, Estatuto do traballador e pola LOLS no relativo a sindicatos, comité de empresa e seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 30º.-Comisión negociadora.

Este convenio colectivo foi negociado pola representación dos traballadores designada polo comité de empresa do centro de traballo de Vigo e o comité de empresa do centro de traballo do Porriño e a representación da dirección da empresa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Diferenciación entre Oficina Técnica/Servizos Comúns e Fabricación.

O comité de empresa é partícipe da diferente regulación en canto a condicións laborais, distribución

de xornada ordinaria e/ou extraordinaria e calendario laboral que debe existir nos departamentos de Oficina Técnica/Servizos Comúns (Industrialización, Enxeñaría, Loxística Externa, Administración, Persoal, Planificación de Produción, Contabilidade Analítica, Laboratorio), respecto ao Departamento de Fabricación, dadas as especiais características que concorren na actividade que se vai desenvolver naqueles departamentos, sendo informado debidamente o comité de empresa.

Segunda.-Contratación temporal.

Establécese, expresamente, que durante a vixencia deste convenio será de aplicación á empresa o pactado no nº 9 e nº 2 do artigo 13 do XIV convenio xeral da industria química (BOE nº 189, do 6 de agosto de 2004).

Táboa anexa I

2005

(en euros)

Categoría profesionalBase salarial

mensual euros

Trienio mesQuinquenio

mes

Director técnico1.602,0629,0858,17

Subdirector técnico1.451,7826,5453,07

Técnico xefe1.280,8024,0448,02

Técnico1.196,2621,4743,00

Perito enxeñeiro técnico1.124,0720,4640,97

Graduado social986,4920,4640,97

Axudante técnico1.025,7420,4640,97

Mestre industrial971,3720,4640,97

Contramestre1.009,3620,4640,97

Encargado986,5220,4640,97

Capataz948,9120,4640,97

Auxiliar de laboratorio904,0120,4640,97

Aspirante auxiliar de laboratorio713,9214,0528,05

Xefe organización de 1ª1.058,7220,4640,97

Xefe organización de 2ª1.013,4920,4640,97

Técnico organización de 1ª981,5520,4640,97

Técnico organización de 2ª952,7120,4640,97

Auxiliar de organización891,0320,4640,97

Aspirante de organización713,9214,0528,05

Xefe de 1ª administrativo1.124,7820,4640,97

Xefe de 2ª administrativo1.058,7320,4640,97

Oficial de 1ª administrativo1.008,4220,4640,97

Oficial de 2ª administrativo971,3720,4640,97

Auxiliar administrativo885,0820,4640,97

Aspirante administrativo713,9214,0528,05

Delineante proxectista1.083,3920,4640,97

Delineante1.024,3420,4640,97

Calcador947,0420,4640,97

Auxiliar técnico oficina885,0820,4640,97

Aspirante713,9214,0528,05

Almaceneiro902,7620,4640,97

Conserxe878,0020,4640,97

Capataz de peón886,6920,4640,97

Listeiro873,5920,4640,97

Basculeiro857,6720,4640,97

Garda xuramentado857,6720,4640,97

Persoal sanitaro non titulado836,5020,4640,97

Garda vixilante843,9120,4640,97

Ordenanza848,3720,4640,97

Porteiro848,3720,4640,97

Diversos848,3720,4640,97

Mozo dos recados713,9214,0528,05

Limpadora27,470,691,36

Oficial de 1ª auxiliar29,640,691,36

Oficial de 2ª auxiliar28,840,691,36

Oficial de 3ª auxiliar28,660,691,36

Aprendiz de 16 anos23,100,470,91

Aprendiz de 17 anos23,100,470,91

Profesional de 1ª industrial28,840,691,36

Profesional de 2ª industrial28,660,691,36

Axudante28,400,691,36

Peón28,150,691,36

Categoría profesionalBase salarial

mensual euros

Trienio mesQuinquenio

mes

Pinche de 16 a 17 anos24,160,470,91

Encargado de actividades comple.28,840,691,36

Oficial de 1ª A.C.28,660,691,36

Oficial de 2ª A.C.27,570,691,36

Aprendiz primeiro ano21,220,370,70

Aprendiz segundo ano22,140,370,70

-Persoal técnico

Axudante técnico sanitario971,3720,4640,97

Profesor EXB971,3720,4640,97

Analista de laboratorio912,4720,4640,97

Xefe de proceso de datos1.280,8024,0648,07

Analista1.124,0720,4640,97

Xefe de explotación1.124,0720,4640,97

Programador de ordenadores1.013,4920,4640,97

Programador de máquinas auxiliares1.025,8320,4640,97

Operador de ordenadores1.025,8320,4640,97

-Empregados

Xefe de vendas, prop. e/ou publicidade1.124,7820,4640,97

Inspector1.091,5820,4640,97

Delegado1.036,1120,4640,97

Axente de propaganda e/ou publicidade1.000,0120,4640,97

Viaxante1.000,0120,4640,97

Corredor en praza952,2820,4640,97

Táboa anexa II

2005

(en euros)

RendementosPrima

10426,23

11057,20

11690,60

122147,81

125176,44

126185,97

127195,50

128205,03

129214,58

130224,13

131233,60

132243,16

133245,55