DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 29 de decembro de 2005 Páx. 20.395

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 23 de decembro de 2005 pola que se declara de interese galego a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación no Sector Pesqueiro de Celeiro.

O 13 de decembro de 2005 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 30

de novembro de 2005 pola que se clasifica de interese social a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación no Sector Pesqueiro de Celeiro.

Esta fundación ten como obxecto, segundo o establecido no artigo 7 dos estatutos, promover, incentivar e executar accións que se orientan ao fortalecemento, crecemento e mellora da competitividade do sector pesqueiro galego mediante a innovación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico e a promoción e pres

tación de servizos de formación, información e asesoramento.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e o artigo 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación no Sector Pesqueiro de Celeiro, ao cumprir os seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordenar a inscrición da dita fundación no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro.-A dita fundación queda sometida ao disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, quedando obrigada a lle render contas anualmente ao protectorado e xustificar a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como presentarlle o proxecto de orzamento ao protectorado con anterioridade ao inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo solicitar as preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2005.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos