DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 29 de decembro de 2005 Páx. 20.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 27 de decembro de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias e se convocan para o ano 2006.

A agricultura galega está afrontando profundos cambios estruturais tendentes a unha mellora da estrutura produtiva, da dimensión económica e da calidade das producións finais das explotacións que permanecen no sector.

Este proceso debe continuar co fin de seguir mellorando a competitividade e a eficacia produtiva das explotacións, no marco do Regulamento (CE) 1257/1999, do Cconsello, do 17 de maio, sobre axuda ao desenvolvemento rural, modificado polo Regulamento (CE) nº 1783/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, do previsto na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias, e do disposto no Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, sobre mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, modificado

polo Real decreto 1650/2004, do 9 de xullo, e tendo en conta a problemática específica das explotacións agrarias de Galicia.

Así mesmo, o Regulamento (CE) nº 817/2004 da Comisión, do 29 de abril de 2004, modificado polo Regulamento (CE) nº 1360/2005 da Comisión, do 18 de agosto de 2005, establece disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1257/1999.

Por outra parte, de acordo co artigo 18 do Regulamento (CE) 1782/2003, do Consello, do 29 de setembro, a Comunidade Autónoma de Galicia conta cun Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (SIXPAC) que constitúe unha base de datos que contén a información das parcelas susceptibles de beneficiarse das axudas comunitarias relacionadas coa superficie e dispón do soporte gráfico do terreo e das parcelas e recintos con usos e aproveitamentos agrarios definidos.

As axudas reguladas por esta orde van dirixidas á realización de investimentos para a mellora do sistema produtivo así como a incorporación de agricultores mozos e mozas como titulares das explotacións do sector agrario, no marco do programa operativo de mellora de estruturas e dos sistemas de produción agrarios nas rexións de obxectivo nº 1 de España.

Para acadar os obxectivos é necesario dirixir as actuacións ás explotacións agrarias que poidan acreditar a súa viabilidade económica; que cumpran as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais; nas cales o seu titular teña a capacidade e competencia profesional adecuadas; e nas cales, coa realización de plans de mellora, aseguren a viabilidade das explotacións e lles proporcionen rendas aos agricultores, dentro dun sistema produtivo adaptado a un aproveitamento racional dos recursos naturais e respectuoso co ambiente.

A incorporación da poboación máis nova e capacitada á titularidade das explotacións agrarias é unha das mellores vías para estimular a introdución de novas tecnoloxías no sector e contribuír a asegurar a súa competitividade e continuidade no desenvolvemento da actividade.

Por outra banda, a presente orde prevé as axudas ás explotacións, no marco do previsto no programa operativo integrado de Galicia, o que permitirá incentivar proxectos de investimentos en explotacións cuxa actividade produtiva sexa a horticultura, a floricultura ou a gandaría non ligada á terra ou cuxos titulares non sexan agricultores profesionais, sempre que se acredite a súa viabilidade económica e se cumpran as normas mínimas de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

Con base no anterior, esta orde establece a convocatoria das axudas para melloras estruturais e modernización de explotacións agrarias, para o ano 2006, de conformidade coa Lei 38/2003, do 17 de

novembro, xeral de subvencións, co previsto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, (modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro de medidas tributarias e de réxime administrativo) polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, redactado segundo a Lei 8/1999, do 30 de decembro, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto establecer as bases e a convocatoria para o ano 2006, das seguintes liñas de axuda:

1.1. Ao abeiro do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, sobre a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, cofinanciadas polo FEOGA-O nun 58,5%:

1.1.a) Sección primeira: plans de mellora en explotacións agrarias, agás os indicados no punto 1.2. deste artigo (liña B).

1.1.b) Sección segunda: primeira instalación de agricultores mozos en explotacións agrarias (liña A).

1.2. Sección terceira: plans de mellora considerados no Programa Operativo Integrado de Galicia, cofinanciados polo FEOGA-O nun 75%, que se vai realizar en explotacións cuxa actividade produtiva sexa a horticultura, floricultura ou gandaría non ligada á terra (liña P) ou cuxo titular non sexa agricultor profesional (liña R).

Sección primeira

Plans de mellora establecidos no artigo 1º.1 a)

Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios.

Os titulares de explotacións que desexen acceder ás axudas para investimentos en plans de mellora previstos no Real decreto 613/2001 deberán cumprir as condicións exixidas aos beneficiarios no artigo 4 do devandito real decreto.

Para os ditos efectos, presentarán unha solicitude de axuda, segundo o modelo que se especifica no anexo I, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento das condicións, que, segundo o tipo de titular -persoa física (1), xurídica (2) ou comunidade de bens (3)- e as características da explotación (4), será a seguinte:

1. Persoa física titular da explotación.

1.A) A condición de agricultor profesional:

1.A).1. A acreditación de que, polo menos, o 50% da súa renda total a obteña das actividades agrarias

ou outras complementarias das sinaladas no parágrafo 2 de punto 5º do artigo 2 do Real decreto 613/2001, efectuarase mediante fotocopia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio do cal xa finalizase o prazo para a súa presentación en período voluntario, ou coa media das rendas fiscalmente declaradas como tales por el durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais.

Para os ditos efectos, imputaránselle ao titular da explotación as seguintes rendas:

1.A).1.a. As da actividade agraria da explotación, para o que se considerará o rendemento neto previo, en caso de declaración en réxime de estimación obxectiva, e o rendemento neto máis as amortizacións do exercicio fiscalmente deducibles, no caso de declaración en réxime de estimación directa.

1.A).1.b. As procedentes doutras actividades empresariais ou profesionais, así como as orixinadas polo traballo desenvolvido fóra da explotación, incluídas as pensións e haberes pasivos que fiscalmente haxa obriga de declarar.

1.A).1.c. O 50% das producidas polo capital mobiliario e inmobiliario que teñan a consideración de gananciais, e o 100% das súas rendas privativas.

Non se terán en conta, para estes efectos, as declaracións complementarias presentadas despois da data de presentación da solicitude de axuda.

1.A).2. A acreditación da condición de dedicar máis do 50% do tempo de traballo total ás actividades agrarias e outras complementarias, así como do requisito de afiliación ao réxime da Seguridade Social que corresponda á actividade desenvolvida na explotación, poderá efectuarse da seguinte maneira:

1.A).2.a. No caso do réxime especial agrario da Seguridade Social, co informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

1.A).2.b. No caso do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, en función da súa actividade agraria ou outras, co informe de vida laboral e o documento de afiliación á Seguridade Social ou último pagamento do imposto de actividades económicas.

1.A).2.c. No caso de asalariados do réxime xeral, co correspondente documento de cotización á Seguridade Social.

1.B) A capacitación profesional suficiente.

Poderá acreditarse dalgunha das seguintes formas:

1.B).1. Coa documentación xustificativa de ter obtido o título de capataz agrícola ou de formación profesional agraria de primeiro grao, ou outro de grao superior, na rama agraria.

1.B).2. Con cinco anos de exercicio da actividade agraria, que deberá acreditarse, con carácter xeral, cun informe de vida laboral da Seguridade Social, ou, de ser o caso, conforme o seguinte:

1.B).2.a. No caso de que unha parte ou a totalidade do exercicio da actividade agraria se levase a cabo como man de obra familiar, será precisa unha declaración do titular da explotación onde realizou tal actividade, na cal se especifique o tempo traballado na explotación e as tarefas desenvolvidas.

1.B).2.b. Os anos en que non se exercese a actividade agraria, ata alcanzar os cinco anos requiridos, poderán substituírse pola asistencia a cursos ou seminarios de capacitación agraria cunha duración de 25 horas lectivas por cada ano.

1.B).2.c. En calquera caso, os servizos provinciais de explotacións agrarias estudarán a documentación achegada e establecerán a súa idoneidade para os efectos de xustificar a actividade agraria do solicitante.

1.B).3. No caso de agricultores mozos, ademais de para os efectos da súa primeira instalación, conforme a sección 2ª, para considerar o incremento do 10% nas axudas aos investimentos en plans de mellora, a capacitación profesional suficiente xustificarase dalgún dos seguintes xeitos:

1.B).3.a. Mediante fotocopia cotexada da titulación académica de capataz agrícola, formación profesional agraria de primeiro grao ou outra superior na rama agraria.

1.B).3.b. Cun certificado de asistencia aos cursos, de duración mínima de 200 horas lectivas, establecidos pola Consellaría do Medio Rural de acordo co Decreto 247/2000, do 29 de setembro.

1.B).3.c. Mediante certificación de asistencia a cursos, cunha duración mínima de 200 horas lectivas, desenvolvidos por outras entidades competentes en ensinanzas agrarias, sempre que estean previamente homologados pola ConsellEría do Medio Rural ou consellEría correspondente, de acordo co Decreto 247/2000, do 29 de setembro.

1.B).3.d. Considerarase tamén acreditada se o agricultor/a mozo/a se compromete a adquirir a capacitación profesional suficiente no prazo de dous anos por calquera das vías sinaladas nas alíneas a, b ou c anteriores. Neste caso, no momento da solicitude da axuda deberá presentarse xustificante de ter solicitada a admisión no centro correspondente. Posteriormente, o/a mozo/a deberá presentar, no prazo de dous anos sinalado, a documentación acreditativa de ter acadado a devandita capacitación.

1.C) O requisito da idade, mediante copia cotexada do DNI.

1.D) A condición de residir na comarca onde radique a explotación, ou noutra limítrofe, acreditarase coa copia cotexada do DNI ou certificado de empadroamento nun dos municipios da comarca onde

radique a explotación, ou noutra limítrofe. Para tal efecto, aplicarase o establecido no mapa de comarcalización da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 65/1997, do 20 de febreiro.

A dita condición non será necesaria nos casos excepcionais de forza maior ou de necesidade, apreciados pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

2. Persoa xurídica titular da explotación.

2.A) A xustificación de que a actividade principal é a agraria efectuarase coa presentación dos estatutos ou documento de constitución, e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas das orientacións produtivas e das actividades económicas da explotación.

2.B) A condición de que se trata dunha explotación agraria prioritaria ou que acadará esa condición coa realización do plan de mellora, xustificarase segundo se establece nos artigos 3 e 4 da Orde do 16 de xuño de 1998, pola que se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias prioritarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Comunidade de bens titular da explotación.

No caso de que o titular sexa unha comunidade de bens e pretenda ser beneficiaria das axudas previstas nesta sección, deberá:

3.A. Presentar os estatutos da comunidade e a súa acta de constitución.

3.B. Acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de 6 anos a partir da data de presentación da solicitude de axuda.

3.C. Acreditar, por parte de, polo menos, un dos comuneiros, que reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, para o que achegará toda a documentación especificada no punto 1 deste artigo (persoa física titular de explotación).

4. Requisitos das explotacións beneficiarias.

As explotacións a que se refiren as solicitudes das axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

4.A) Que a súa viabilidade económica quede acreditada, conforme o definido no punto 17º do artigo 2 do R.D. 613/2001. Para os ditos efectos, considerarase que unha explotación é viable economicamente cando a renda unitaria do traballo sexa igual ou superior ao 20% da renda de referencia.

Tamén se considerarán viables as explotacións cualificadas como prioritarias, de conformidade co establecido na disposición derradeira terceira da Lei 19/1995 e no artigo 4 da Orde do 16 de xuño de 1998.

4.B) Que cumpra as normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais, de acordo coa normativa comunitaria, nacional e autonómica,

e conforme o especificado no programa operativo, para a mellora das estruturas de produción.

4.C) Para os efectos destas axudas, considerarase como unha única explotación as pertencentes a un mesmo titular ou sociedade conxugal en réxime de gananciais, aínda que a base territorial radique en lugares xeograficamente distintos e teñan distintas orientacións produtivas.

5. Compromiso de exercer a actividade agraria durante cinco anos.

En todos os casos anteriores de titularidade da explotación, a condición establecida ao beneficiario da axuda, de comprometerse a exercer a actividade durante 5 anos con posterioridade á data de aprobación da axuda, será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podéndoselle exixir, durante eses cinco anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao servizo provincial de explotacións agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.

Artigo 3º.-Cálculo da renda unitaria de traballo.

Para os efectos do cálculo da renda unitaria de traballo (RUT) a que se refire o punto 15º do artigo 2 do R.D. 613/2001, teranse en conta os seguintes criterios:

1. En relación coas unidades de traballo agrario (UTA) da explotación:

1.A) Cando o titular sexa persoa física, a achega de man de obra acreditarase, segundo os casos, do xeito seguinte:

1.A).1. A man de obra familiar do titular, cotitular e familiares que estean afiliados á Seguridade Social, co informe de vida laboral de cada un deles.

1.A).2. A man de obra familiar do titular da explotación, ata o segundo grao inclusive, por consanguinidade ou afinidade e, se é o caso, por adopción, que convivan no seu fogar e estean ao seu cargo, que, estando ocupados na súa explotación, non teñan a obriga de afiliarse ao correspondente réxime da Seguridade Social, poderá estimarse ata un máximo de 0,5 unidades de traballo agrario polo primeiro traballador e 0,25 unidades por cada un dos restantes membros. Esta circunstancia acreditarase mediante declaración xurada do titular solicitante ou por calquera outra forma admitida en dereito, acompañada da copia do DNI de cada un dos familiares, dun informe de vida laboral e do correspondente xustificante de que a persoa ou persoas a que se refire a declaración, están ao seu cargo como beneficiarios na Seguridade Social e tamén na declaración do IRPF.

1.A).3. A man de obra asalariada acreditarase documentalmente con base na cotización á Seguridade Social.

1.B) Cando o titular sexa persoa xurídica, computarase unicamente a man de obra achegada polos socios e asalariados non socios, acreditada mediante a correspondente cotización á Seguridade Social. Esta circunstancia xustificarase mediante documento de ingreso no Tesouro das retencións do IRPF practicadas aos asalariados, así como cos xustificantes de pagamento ou boletíns (TC1-TC2) dos tres últimos meses cotizados no réxime da Seguridade Social que corresponda, segundo a normativa que sexa de aplicación, dos socios e asalariados non socios que traballen na explotación.

1.C) No caso de que o titular da explotación sexa unha comunidade de bens, utilizaranse os mesmos criterios para a determinación das UTA que no caso de que o titular sexa unha persoa física (punto 1.A) deste artigo).

2. En relación coa marxe neta da explotación, entendida como a diferenza entre os ingresos da explotación derivados do conxunto das actividades produtivas, incluídas as subvencións de explotación, e todos os gastos fixos e variables, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e da man de obra familiar, poderá determinarse en función do resultado de restar os gastos fixos contabilizados ou, no seu defecto, estimados, de cada explotación, non imputados nas marxes brutas, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e do traballo familiar, da suma das marxes brutas estándar das actividades produtivas da explotación, moduladas con criterios técnico-económicos que teñan en conta a dimensión, a orientación técico-económica e o sistema de produción da explotación.

3. En calquera caso, os titulares de explotacións poderán solicitar a determinación da renda unitaria de traballo con base nos datos da súa contabilidade documentalmente acreditados e, de ser o caso, da documentación relativa á Seguridade Social.

Artigo 4º.-Condicións dos plans de mellora.

Os plans de mellora das explotacións agrarias cumprirán as condicións establecidas na letra A) do anexo 2 do Real decreto 613/2001, suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, e deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións:

1. Acreditar a viabilidade da explotación na situación inicial, de acordo co punto 4 A) do artigo 2º desta orde.

2. Cando o plan de melloras afecte a unha explotación gandeira:

2.A) Deberase xustificar que esta cumpre a normativa relativa a campañas oficiais de saneamento gandeiro, mediante a presentación da folla de saneamento da última campaña.

2.B) Deberá cumprir as normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais, conforme se dispón no punto 4 B) do artigo 2º desta orde.

Non obstante, cando o plan de mellora inclúa investimentos destinados a cumprir as normas mínimas especificadas na letra D) do punto 1º, do artigo 5 do Real decreto 613/2001, poderase conceder, para o seu cumprimento, un prazo de ata un ano desde o momento de concesión da axuda. En todo caso, os agricultores deberán cumprir estas normas mínimas antes de que remate o período de investimentos e de que transcorresen máis de trinta e seis meses contados desde a data en que as citadas normas se convirtesen en obrigatorias para o agricultor.

Así mesmo, no caso de plans de mellora presentados por agricultores/as mozos/as dentro dos 5 anos seguintes á súa primeira instalación, poderá concedérselles un prazo de ata dous anos para o cumprimento do requisito regulado no punto 1º e) do artigo 4 do Real decreto 613/2001.

Esta circunstancia xustificarase co correspondente anexo ou memoria xustificativa do plan ou do proxecto, se é o caso.

2.C) Os plans de mellora que se vaian realizar en explotacións produtoras de leite cunha carga gandeira superior a 3 vacas de leite por hectárea de superficie forraxeira deberán incluír actuacións tendentes á súa redución.

3. Se os investimentos a que se refire o plan de mellora se realizan en obra civil, deberase presentar o correspondente bosquexo acotado e memoria descritiva da construción, adaptándose esta á tipoloxía da zona. Esta documentación completarase cun proxecto asinado polo técnico competente, no caso de que o dito investimento sexa superior a 30.000 euros. O prazo para a presentación deste proxecto é de dous meses, contados desde a data de aprobación da axuda.

4. Así mesmo, as construcións novas deberán contar coa preceptiva licenza municipal, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para lle dar cumprimento a este requisito incluirase, entre a documentación que se vai achegar coa solicitude de axuda ao plan de mellora, a correspondente solicitude de licenza de obras, debendo achegarse a licenza no momento da certificación.

5. Todos os proxectos e memorias achegados cos plans de mellora terán que incluír obrigatoriamente un anexo relativo á produción e xestión dos residuos da explotación.

Artigo 5º.-Limitacións sectoriais.

1. En razón do produto, do tipo de investimento e da capacidade actual e prevista da explotación, poderán excluírse deste réxime de axudas os investimentos que aumenten a produción sen saídas normais no mercado. En todo caso, serán de aplicación

as limitacións á produción, investimentos ou axudas reguladas nas organizacións comúns de mercado.

2. Os investimentos que se vaian realizar naqueles sectores para os cales se teñan establecido cotas, primas ou calquera outro dereito de produción, serán auxiliables sempre que se acredite, á súa finalización, a dispoñibilidade deles en contía suficiente.

3. Se se trata dunha explotación con asignación de cota láctea ou con dereitos de prima, deberán presentarse os documentos de asignación de cota ou de dereitos a nome do solicitante da axuda.

4. Os investimentos no sector de produción de leite que teñan por efecto exceder a cota láctea do titular, poderán ser auxiliables se a explotación ten concedida, previamente á data de remate das melloras, unha cota láctea adicional, de acordo coa normativa reguladora das cotas lácteas e da taxa suplementaria.

5. No caso de que as axudas se soliciten para realizar investimentos no sector de vacún de carne, limitaranse a explotacións gandeiras que teñan unha densidade gandeira, ao finalizar a realización do plan, igual ou inferior a 1,8 UGM/ha de superficie forraxeira total, xustificándose esta superficie coa presentación, ben da documentación prevista na correspondente convocatoria desta consellería, para a solicitude única, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras. Non obstante, exceptúanse da limitación da densidade gandeira aquelas explotacións cunha dimensión igual ou inferior a 15 UGM.

6. Queda excluída a concesión de axudas a investimentos no sector de gando porcino intensivo que aumente o número de prazas.

7. No sector de aves non se auxiliarán investimentos que incrementen a capacidade de produción de ovos para o seu consumo directo.

8. Estas axudas non serán de aplicación aos investimentos dirixidos a mellorar a produción agraria que sexan auxiliados acolléndose aos fondos establecidos nas organizacións comúns de mercado. No caso concreto da viña, non se concederán axudas para a súa reestruturación, previstas no Regulamento (CE) 1493/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999, polo que se establece a OCM vitivinícola, e normativa de desenvolvemento.

9. No sector da produción do mel non se auxiliarán as accións establecidas no Regulamento (CE) 797/2004, do Consello, do 26 de abril de 2004, relativo ás medidas destinadas a mellorar as condicións de produción e comercialización dos produtos da apicultura.

Artigo 6º.-Condicións dos investimentos obxecto de axuda.

1. As axudas a investimentos mediante plans de mellora aplicaranse aos fins indicados no artigo 5

do Real decreto 613/2001, coas excepcións contidas no punto 2 do mesmo artigo.

2. No caso de investimentos en equipamentos de muxidura, deberán axustarse, no relativo á instalación e funcionamento, ao establecido na norma UNE 68050/98.

3. No caso de investimentos en equipamentos de refrixeración de leite, deberán cumprir os requisitos da norma UNE-EN 13732/03.

Artigo 7º.-Contía dos investimentos e das axudas.

1. Contía dos investimentos.

1.A) O investimento poderá chegar a un máximo de 90.151 euros por UTA sen superar 180.302 euros por explotación cando o titular sexa unha persoa física ou unha comunidade de bens. No caso de titulares persoas xurídicas, este límite máximo por explotación poderá multiplicarse polo número de socios da entidade que acrediten, pola actividade que desenvolven nela, a súa condición de agricultores/as profesionais, ata un máximo de catro, sen prexuízo do límite por UTA.

Non obstante, o límite de catro socios agricultores profesionais poderase ampliar, ata un máximo de seis, naqueles casos de explotacións de vacún de leite que resultan da fusión doutras individuais co fin de crear unha única explotación cunha dimensión adecuada e con infraestruturas modernas, que sexa competitiva, aforrando custos de produción e garantindo unha man de obra cada vez máis especializada, e que ao mesmo tempo sexan respectuosas co medio natural.

O número de plans de mellora que se poderán aprobar por explotación e beneficiario/a, para ese volume de investimento, será como máximo de tres nos seis últimos anos, contados desde a data a que corresponda a aprobación do último plan solicitado.

1.B) Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais indicadas no artigo 3º.1 desta orde.

Cando se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que se presente simultaneamente á primeira instalación, o límite máximo de investimento por UTA calcularase en función do número de UTA correspondente á situación posterior á realización do plan de mellora.

1.C) A determinación das axudas aos investimentos que se vaian realizar nas explotacións a que se refire o punto 4 C) do artigo 2º desta orde efectuarase de acordo coas condicións específicas que correspondan ao municipio asignado á explotación, en función da pertenza a este da fracción maioritaria dos bens, dereitos e elementos da explotación, segundo os puntos 2º e 3º do artigo 2 do Real decreto 613/2001.

2. Tipo e contía das axudas.

2.A) As axudas ao investimento poderán consistir nunha subvención de capital, nunha bonificación de xuros dun préstamo, na minoración de anualidades de amortización, en axudas para financiar os custos dun aval, ou nunha combinación deses tipos.

2.B) A contía máxima de axuda, expresada en porcentaxe do investimento, con carácter xeral, poderá chegar ata:

2.B)1. O 50% do investimento, para bens inmobles, e o 35%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas incluídas nas listas a que fai referencia o punto 4º do artigo 55 do R(CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio.

2.B)2. O 40%, para bens inmobles, e o 25%, para bens mobles, nas demais zonas.

2.C) A distribución da axuda baixo as formas de subvención de capital, bonificación de xuros ou minoración de anualidades de amortización farase de acordo co disposto nos artigos 8, 9 e 10 do Real decreto 613/2001.

2.D) Se o beneficiario da axuda é un agricultor/a, menor de 40 anos no momento da súa primeira instalación que, simultaneamente a ela, ou nos seguintes 5 anos, presente un plan de mellora para a súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 10% do investimento, como máximo, aplicable en calquera dos tipos de axuda establecidos no punto 1º do artigo 7 do Real decreto 613/2001. Esta axuda suplementaria concederase, na súa integridade, cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor/a mozo/a instalado ou que se vai instalar na modalidade de titularidade exclusiva e, na proporción da participación do agricultor/a mozo/a no financiamento dos investimentos, nas restantes modalidades de instalación.

No caso de plans de mellora en que participe un agricultor/a mozo/a instalado nos cinco últimos anos, xa sexa baixo a modalidade de titularidade compartida ou cotitularidade, ou como socio de entidade asociativa, presentarase un documento asinado por todos os partícipes no plan de mellora na cal se estableza o grao de participación do mozo/a nos investimentos que se van realizar.

Artigo 8º.-Prazo de execución do plan de mellora.

As axudas recollidas na sección primeira, segunda e terceira desta orde terán carácter plurianual, e o prazo de execución dos investimentos incluídos nos plans de melloras da sección primeira e terceira será, como máximo, de 18 meses computados a partir do día seguinte ao da data da notificación da concesión da axuda ou, se é o caso, da data de formalización do préstamo subvencionado correspondente.

En casos excepcionais en que o beneficiario, por causa debidamente xustificada, non poida rematar a mellora no prazo previsto, deberá solicitar unha

prórroga do prazo de execución, con anterioridade ao transcurso do prazo máximo, especificando os motivos e o prazo de prórroga de execución, que deberá ser aprobado pola Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias. En calquera caso, as solicitudes de prórrogas dos prazos aprobados poderán xustificarse con base nas seguintes causas:

-Incapacidade temporal do solicitante, por enfermidade ou accidente, que lle impida o exercicio da actividade de forma continuada na explotación por un período superior a tres meses.

Atraso na concesión da licenza municipal por causa non imputable ao interesado.

-Outras causas de forza maior debidamente xustificadas.

O incumprimento do prazo de realización das melloras e, de ser o caso, da prórroga aprobada, poderá implicar a perda dos dereitos á axuda prevista nesta orde. Así mesmo, cando se produzan modificacións dos plans de mellora relacionados coa produción ou co programa de investimentos, terase en conta o establecido no artigo 12 do Real decreto 613/2001.

Sección segunda

Primeira instalación de agricultores mozos/as

Artigo 9º.-Requisitos dos beneficiarios.

Os/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á primeira instalación deberán cumprir os requisitos e criterios básicos previstos no Real decreto 613/2001.

Para os ditos efectos, presentarán a solicitude de axuda, segundo o modelo que se especifica no anexo I, acompañada da documentación seguinte:

1. Fotocopia compulsada do DNI.

2. Plan de explotación, conforme o establecido no punto 3º do artigo 13 do Real decreto 613/2001, agás cando o/a mozo/a presente un plan de mellora dos previstos no punto 1º do artigo 4 do dito real decreto.

En calquera dos casos, deberá poñerse de manifesto o grao de viabilidade económica e a situación da explotación na cal queda instalado o/a mozo/a e que prevexa para este unha renda procedente daquela igual ou superior ao 35% da renda de referencia.

3. Informe de vida laboral, emitido pola Tesouraría da Seguridade Social sobre afiliación, tipo de réxime e períodos de alta.

4. Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre as declaracións do IRPF presentadas polo solicitante e, se é o caso, copia das indicadas no punto 1 A)1 do artigo 2º desta orde.

5. Xustificante da capacitación profesional, segundo o punto 1.B) do artigo 2º desta orde.

6. Segundo a modalidade da primeira instalación prevista no artigo 14 do Real decreto 613/2001:

A) Escritura pública que acredite o acceso á titularidade, exclusiva ou compartida, da explotación agraria por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento, parzaría ou figuras xurídicas análogas, asumindo, o/a mozo/a que se instala, polo menos, o 50% dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación, así como a declaración do IRPF ou imposto de sociedades, segundo o caso, do anterior titular, se a primeira instalación se realiza de acordo co letra a) do artigo 14 do Real decreto 613/2001.

B) Se se accede á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria conforme a letra b) do artigo 14 do Real decreto 613/2001, deberá acreditarse de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias. Na escritura pública que se asine para tal efecto deberá constar o seguinte:

B)1. A relación de todos os elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten ao/á mozo/a, que deberán representar, polo menos, un terzo do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, un terzo da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de todos os elementos da explotación transmitidos ao/á moza cotitular continuarán integrados na referida explotación.

B) 2. O acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre o titular e o agricultor mozo conforme este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e aos investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ao 50%.

C) No caso de integración do/a mozo/a como socio nunha entidade asociativa con personalidade xurídica, preexistente ou de nova constitución, titular dunha explotación prioritaria conforme a letra c) do artigo 14 do Real decreto 613/2001, presentarase a seguinte documentación: 1. Unha certificación, expedida polo órgano rector da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación do/a agricultor/a mozo/a e a súa contribución; 2. Os estatutos da entidade; 3. A relación de socios que exercen a dirección técnica e de xestión; e 4. A documentación acreditativa da condición da explotación como prioritaria, conforme o disposto nos artigos 3 e 4 da Orde do 16 de xuño de 1998.

Cando entre os gastos ou investimentos dun mozo/a que se instale como socio dunha entidade asociativa figure o concepto de achega económica do mozo/a á entidade, a xustificación do gasto poderá realizarse mediante a acreditación correspondente da achega

en diñeiro do mozo á entidade e a acreditación do gasto realmente efectuado pola sociedade nos ditos investimentos.

7. Solicitude de cambio de titularidade da explotación, se é o caso, en favor do agricultor/a mozo/a, axustado ao modelo normalizado da consellaría.

8. Solicitudes de transferencia, en favor do novo titular, de ser o caso, dos dereitos de prima e da cota láctea que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.

Os documentos públicos sinalados nas letras A) e B) do punto 6, así como a solicitude de cambio de titularidade do punto 7 e as solicitudes de transferencia recollidas no punto 8, poderán ser presentados unha vez aprobado o expediente, xunto coa xustificación da realización dos investimentos. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado polas dúas partes.

Artigo 10º.-Adquisición e acondicionamento da vivenda.

Se os gastos se dedican á adquisición ou acondicionamento da vivenda, esta deberá constituír a residencia habitual do mozo ou moza e estar situada na mesma parroquia ou nunha limítrofe á da explotación. Ademais, a construción nova efectuarase nun soar da propiedade, privativa ou ganancial, do mozo ou moza.

Pola súa banda, a construción ou acondicionamento exterior da vivenda deberá ser acorde coa tipoloxía da zona e coa normativa urbanística correspondente, o que se xustificará achegando, coa solicitude de axuda, de ser o caso, a correspondente solicitude de licenza de obras, e xuntando, coa certificación dos investimentos e gastos, a licenza definitiva cando sexa preceptiva segundo a lexislación urbanística.

En todos os casos, deberase presentar un bosquexo acotado e unha memoria indicativa de todas as melloras que se vaian realizar.

Artigo 11º.-Axudas á primeira instalación.

As axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as, dirixidas a auxiliar gastos e investimentos derivados dela, segundo o establecido no artigo 15.2º e) do Real decreto 613/2001, modificado polo Real decreto 1650/2004, poderán consistir en:

1. Unha bonificación de xuros do préstamo, en que o importe actualizado non supere a cantidade de 20.000 euros, resultante de aplicar, durante un período máximo de quince anos, unha redución do tipo de xuro preferente das entidades de crédito, establecido, de ser o caso, nos convenios financeiros para os préstamos de primeira instalación.

2. Unha prima por explotación, nunha contía máxima de 20.000 euros, que se poderá substituír, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuros equivalente.

As contías máximas de axuda expresadas anteriormente poderanse incrementar nun 10% nos seguintes casos: a) cando se xere na explotación, polo menos, 1 UTA asalariada adicional á do mozo/a que se instala; b) nos supostos en que se instale unha muller; e c) cando a explotación estea situada nun concello dos cualificados de montaña de acordo co punto 4 do artigo 55 do Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sen superar en calquera caso os 25.000 euros para cada unha das axudas recollidas nos puntos 1 e 2.

Artigo 12º.-Casos especiais de primeiras instalacións e limitacións.

1. Respecto dunha mesma explotación non poderá percibirse máis dunha prima nin bonificación de xuros por primeira instalación, durante o prazo dos cinco anos seguintes á data da súa concesión. No caso de instalacións múltiples, as axudas distribuiranse en función do grao de participación de cada mozo/a no conxunto dos gastos e investimentos derivados das ditas instalacións. Exceptúanse desta regra as primeiras instalacións dos/as mozos/as mediante a súa integración como socios nunha entidade asociativa, que se outorgarán de forma íntegra a cada mozo solicitante sempre que o volume de traballo na explotación asociativa requira unha UTA para cada mozo/a que se instale.

2. As axudas á 1ª instalación de agricultores/as mozos/as poderanse conceder tamén naqueles casos en que a instalación se produza nunha explotación de nova creación. Nestas situacións deberase acreditar o acceso á explotación, mediante documento público, xa sexa de arrendamento do predio ou predios, compra-venda, cesión, etc... En calquera caso, só se permitirá a segregación de parte dunha explotación para constituír outra nova con orientacións produtivas diferentes e sempre que a dita segregación non supoña unha diminución da marxe neta da explotación orixinal superior ao 15%. A explotación segregada deberá proporcionar unha marxe neta de, polo menos, o 65% da renda de referencia.

3. Por outra banda un cónxuxe poderá ser beneficiario das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

a) Cando o/a mozo/a se incorpore nunha explotación na cal o titular sexa o seu cónxuxe ou persoa con que conviva en análoga relación á conxugal, e constitúan unha sociedade entre si, sempre que a marxe neta da explotación se incremente en máis do 35% da renda de referencia, como consecuencia da incorporación.

b) Cando se instale por integración como socio dunha entidade asociativa, que sexa resultado da fusión de, polo menos, dúas explotacións preexistentes en funcionamento, aínda que figure como socio partícipe o outro cónxuxe, sempre que a explotación resultante proporcione unha renda unitaria de traballo para cada mozo ou moza, polo menos, do 35% da renda de referencia.

Non obstante non procederán estas axudas cando se pretenda a instalación nunha parte segregada da explotación de que sexa titular o cónxuxe.

Artigo 13º.-Prazo de execución e acreditación da primeira instalación.

1. O prazo de execución dos investimentos e gastos para a primeira instalación será o mesmo que o previsto para os plans de mellora, aplicándose o previsto no artigo 8º desta orde.

2. A acreditación de que se produciu a primeira instalación, con carácter previo á percepción da axuda, efectuarase coa presentación de:

a) A documentación suficiente xustificativa da realización dos gastos de instalación aprobados.

b) O documento de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime de autónomos na actividade agraria e o documento de alta no censo de actividades económicas do Ministerio de Economía e Facenda (declaración censual modelo 036 ou 037).

c) A declaración do IRPF correspondente ao último período, se é o caso.

d) Os documentos indicados nas letras A) e B) do punto 6, e nos puntos 7 e 8 do artigo 9º, de non telos presentado coa solicitude de axuda.

3. Será de aplicación o disposto no artigo 2º.5 desta orde, en canto ao compromiso de exercer a actividade agraria durante cinco anos.

4. A consellería poderá decidir que o pagamento da axuda se efectúe fraccionadamente, aboando o 50% coa certificación da realización dos gastos e investimentos, e o outro 50%, coa acreditación do cumprimento de todos os compromisos adquiridos coa solicitude de axuda.

Sección terceira

Outros plans de mellora

Artigo 14º.-Beneficiarios dos plans de mellora.

1. No marco das axudas aos investimentos en explotacións agrarias previstos nos artigos 4 a 7 do R(CE) 1257/99, do Consello, do 17 de maio, nesta sección establécense axudas para a realización de investimentos en plans de mellora nas explotacións cuxa actividade produtiva sexa a horticultura, floricultura ou gandaría non ligada á terra ou cuxo titular non sexa agricultor profesional, ou no caso de que o titular sexa unha persoa jurídica, non sexa explotación prioritaria.

2. Poderán ser beneficiarios das axudas aos plans de mellora previstos nesta sección terceira:

2.1. As persoas físicas, persoas xurídicas e comunidades de bens que cumpran os requisitos establecidos, para cada caso, no artigo 2º desta orde que sexan titulares de explotacións en que máis do 50% da marxe bruta prevista proceda das actividades

produtivas de horticultura, floricultura ou gandaría non ligada á terra.

2.2. As persoas físicas, persoas xurídicas e comunidades de bens que non cumprindo con todos os requisitos recollidos no artigo 2º, reúnan e acrediten os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha explotación agraria.

b) Presentar un plan de mellora da súa explotación conforme o especificado no artigo 4º.

c) Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda polo menos durante cinco anos contados a partir da data da súa concesión. No caso de comunidade de bens, acreditarase a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de 6 anos desde a presentación da solicitude.

d) Acreditar a viabilidade económica da súa explotación de acordo co artigo 2º.4 A).

e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais de acordo co artigo 2º.4 B).

f) Xustificar estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social. Así mesmo, deberán xustificar non teren ningunha débeda pendente de pagamento coa administración da comunidade autónoma.

g) No caso de persoas físicas ou comunidade de bens (respecto dun dos comuneiros), acreditar a capacitación profesional suficiente de acordo co previsto no artigo 2º.1 B) e, no caso de persoas xurídicas, a competencia e capacidade profesionais adecuadas.

3. Para acollerse ás axudas aos plans de mellora previstos nesta sección, os interesados deberán presentar unha solicitude de axuda de acordo co modelo do anexo I, achegando a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos necesarios para a súa concesión, previstos no artigo 2º desta orde, segundo os casos.

Artigo 15º.-Investimentos obxecto da axuda e limitacións sectoriais.

1. Os solicitantes deberán presentar un plan de mellora que inclúa investimentos que se aplicarán aos fins previstos no artigo 5 do Real decreto 613/2001, conforme o sinalado nos artigos 4º e 6º desta orde.

2. Ademais, teranse en conta as limitacións sectoriais previstas nos puntos 1 a 4 e 8 do artigo 5º desta orde.

Artigo 16º.-Contía máxima do investimento.

1. Para as axudas recollidas no punto 2.1 do artigo 14º, a contía máxima do investimento será a prevista no artigo 7º.1 A) desta orde.

2. Nos supostos das axudas previstas no punto 2.2 do artigo 14º, cando o titular sexa unha persoa xurídica, o investimento poderá chegar ata un máximo de 90.151 euros por UTA, ata un máximo de 8 UTA.

Para as axudas previstas no mesmo punto 2.2, cuxo titular sexa unha persoa física ou unha comunidade de bens o investimento poderá chegar a un máximo de 90.151 euros por UTA, sen superar 180.302 euros por explotación.

3. O número de plans de mellora que se poderán aprobar por explotación e beneficiario, en calquera das axudas recollidas nesta sección, para ese volume de investimento, será como máximo de tres nos seis últimos anos, contados desde a data a que corresponda a aprobación do último plan solicitado.

Artigo 17º.-Tipo e contía de axudas.

Nos supostos previstos nesta sección terceira:

a) As contías máximas das axudas, expresadas en porcentaxe do investimento, serán as previstas no artigo 7º.2 B) desta orde.

b) No suposto do artigo 14º.2 a) será aplicable o previsto no artigo 7º.2 D) desta orde respecto da axuda suplementaria.

c) A axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento. Estes préstamos non poderán superar o 90% do investimento total que se vaia realizar e formalizaranse no marco dos convenios financeiros, conforme establece a disposición adicional 3ª do Real decreto 613/2001, ao xuro preferente establecido neles.

d) A axuda á amortización non poderá superar o 80% do importe do préstamo, e poderá aboarlla a consellería dunha soa vez, directamente ao beneficiario, logo de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos.

Sección cuarta

Procedemento de concesión das axudas

Artigo 18º.-Presentación de solicitudes e prazo.

1. A presentación das solicitudes de axudas para cada medida das incluídas nesta orde realizarase segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais, utilizando os impresos normalizados incluídos como anexo I, que estarán á disposición dos interesados nas mencionadas oficinas. Coa solicitude de axuda achegarase a documentación complementaria establecida nesta orde para cada tipo de axuda solicitada.

2. Ademais, de acordo co artigo 31.3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando o investimento previsto no plan de mellora ou na primeira instalación de agricultores mozos supere a contía de 30.000 euros no caso de obra civil, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación

de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás nos casos en que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegar na xustificación, ou no seu caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. En calquera caso os investimentos obxecto de axuda non poderán superar os módulos que se establezan de acordo coa disposición derradeira primeira da presente orde.

3. Así mesmo, de acordo co artigo 14.1º e) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, os solicitantes das axudas previstas nesta orde, acreditarán, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por concepto ningún, coa Xunta de Galicia, sen prexuízo, en calquera caso, do establecido no artigo 23.3º da citada lei.

4. As oficinas agrarias comarcais asesorarán os solicitantes na realización dos estudos técnico-económicos necesarios para a elaboración dos plans de mellora das estruturas das explotacións e das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as.

5 O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG e rematará o 3 de marzo de 2006, ambos inclusive, en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais da Consellaría do Medio Rural.

Non obstante o anterior, para os casos de primeiras instalacións de mozos/as motivadas por cesamento anticipado na actividade agraria acollidos ás axudas do Real decreto 5/2001, ou por falecemento, xubilación ou invalidez do actual titular da explotación, o prazo permanecerá aberto ata o 30 de novembro.

Artigo 19º.-Conformidade previa e formalización do préstamo.

1. Na tramitación de calquera das solicitudes de axuda previstas nesta orde que estean vinculadas a préstamo, e como condición para que a axuda sexa aprobada, o solicitante deberá achegar a conformidade á concesión do préstamo correspondente dunha entidade financeira asinante do convenio financeiro co MAPA.

2. Aprobada a axuda, o prazo para formalizar a póliza coa entidade financeira será de 60 días improrrogables, contados desde a data de recepción da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen que se producise a dita formalización, quedará sen efecto a resolución de concesión da axuda, agás casos de forza maior oportuna e debidamente xustificados.

Artigo 20º.-Criterios de prioridade.

Posto que as axudas previstas nesta orde se concederán en réxime de concorrencia competitiva, en función das dispoñibilidades orzamentarias, das porcentaxes de axuda e das solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias asignará unha contía de orzamentos a cada unha das liñas de axuda indicadas no artigo 1º.

En cada liña de axuda, os expedientes completos que cumpran todas as condicións exixidas clasificaranse en función dos seguintes criterios referidos ao titular e á explotación:

1. Plans de mellora:

a) Titularidade dunha explotación prioritaria.

b) Orientación produtiva da explotación de vacún de leite.

c) Diversificación da produción.

d) Viabilidade económica da explotación.

e) Tipo de investimento.

f) Investimento por UTA.

g) Tipo de axuda ligada a préstamo.

h) Explotacións de produción ecolóxica.

i) Incorporación de agricultor mozo/a.

j) Situación da explotación nun concello de montaña.

k) Titulares inscritos nalgun rexistro de denominacións de calidade en materia agroalimentaria

2. Axudas á primeira instalación:

a) Instalación do mozo mediante a modalidade de cotitularidade.

b) Viabilidade económica da explotación.

c) Primeira instalación ligada a un plan de mellora.

d) Maior dimensión produtiva da explotación.

e) Axuda ligada ao préstamo.

f) Situación da explotación nun concello de montaña.

Artigo 21º.-Tramitación e resolución.

1. O órgano responsable da instrución dos expedientes destas axudas será a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias. A resolución de cada expediente corresponderalle ao conselleiro

do Medio Rural por proposta da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, logo da avaliación das solicitudes polo órgano colexiado, que estará presidido polo subdirector de Explotacións Agrarias, e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario. Posteriormente serán comunicadas aos interesados, ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e, de ser o caso, á entidade financeira correspondente, segundo o previsto na normativa vixente e nos convenios establecidos ou que se establezan polo devandito ministerio coa Consellería do Medio Rural ou coas entidades financeiras.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a correspondente resolución será de 6 meses, contados a partir do día da entrada en vigor da respectiva orde de convocatoria e, en todo caso, antes do 15 de decembro de cada ano. Transcorrido o dito prazo sen que se dictase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 22º.-Certificación dos investimentos e gasto.

1. Só serán auxiliables os investimentos que se realicen con posterioridade á data de presentación da solicitude, sempre e cando recaia resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos, agás o previsto no artigo 13.2º do Real decreto 613/2001.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, os interesados deberán comunicarllo, por escrito, preferentemente ás oficinas agrarias comarcais, con anterioridade ao remate do prazo concedido para a execución das melloras. A falta de comunicación ou de realización dos investimentos entenderanse como renuncia ás axudas concedidas, quedando sen efecto a resolución de concesión, coa obriga de reintegrar as cantidades percibidas, de ser o caso, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Unha vez comunicado o remate dos investimentos, os técnicos das oficinas agrarias comarcais, preferentemente, ou dos servizos provinciais de explotacións agrarias, realizarán as correspondentes certificacións previas ao pagamento das axudas.

3. Nos casos de plans de mellora, o importe do investimento certificado non poderá ser inferior aos mínimos establecidos para as distintas axudas, aténdose, neste caso, ao disposto no artigo 12 do Real decreto 613/2001.

4. Antes da certificación das melloras ou da primeira instalación de agricultores mozos, os beneficiarios deberán acreditar de novo as circunstancias descritas no artigo 18º.3 desta orde.

Artigo 23º.-Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas.

Os solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda, efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 25º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 26º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran as condicións previstas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 27º.-Reintegro das axudas.

Procederá o reintegro, total ou parcial, do importe da axuda máis os xuros de demora producidos desde o pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, tendo en conta as excepcións contidas no artigo 25 do Real decreto 613/2001.

A notificación e as probas relativas ás causas previstas no artigo 25 do Real decreto 613/2001 deberán comunicarse por escrito no prazo de 30 días hábiles a partir do momento en que o beneficiario ou os seus herdeiros, no caso de defunción, estean en condicións de facelo.

Artigo 28º.-Recursos administrativos.

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou na respectiva orde de convocatoria esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa; ou de seis meses, contados a patir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 29º.-Infraccións e sancións.

Ademais do disposto no Regulamento (CE) 1260/1999, do Consello, do 21 de xuño, polo que se establecen disposicións xerais sobre os fondos estruturais e demais regulamentación comunitaria de aplicación, seralles de aplicación aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Cualificación de explotacións agrarias prioritarias.

Nos casos en que a documentación achegada polo solicitante das axudas previstas nesta orde sexa abonda e se reúnan os requisitos exixidos, o director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias efectuará a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido na Orde do 16 de xuño de 1998, pola que se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias Prioritarias na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Financiamento das axudas.

1. A participación da Consellería do Medio Rural nas axudas recollidas no artigo 1º.1 axustarase ao disposto no Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, modificado polo Real decreto 1650/2004, do 9 de xullo, sobre mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, no relativo ao financiamento de actuacións.

2. O financiamento das axudas recollidas na presente orde efectuarase, para o ano 2006, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2006:

a) 11.02.614-A 770.0, para as axudas previstas no artigo 1º.1 1 da devandita orde, na cal existe crédito adecuado para o ano 2006, de vinte millóns de euros (20.000.000 euros). A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma.

b) 11.02.614-A 772.3 para as axudas previstas no artigo 1º.1 2, na cal existe crédito adecuado para o ano 2006, de oito millóns de euros (8.000.000 euros). A dita aplicación poderase incrementar con fondos adicionais comunitarios e da Comunidade Autónoma.

3. De conformidade co establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, posibilítase a tramitación anticipada de expedientes de gasto, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de lei de orzamentos do exercicio do ano 2006 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, neste momento en trámite parlamentario, quedando sometida a concesión das axudas á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da súa resolución.

Terceira.- Os expedientes de axuda presentados ao abeiro da convocatoria de 2005 respecto dos cales non recaeu resolución expresa de concesión da axuda, poderanse ter en conta na convocatoria de 2006, sempre que o interesado así o solicite expresamente, e cumpra o disposto nesta convocatoria.

Cuarta.- No non previsto nesta orde observarase o disposto nos artigos 78 e 79 do Decreto legislativo 11999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, así como na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias para o establecemento das marxes brutas das principais actividades productivas das explotacións das distintas comarcas galegas, así como para dictar as instruccións precisas para o mellor desenvolvemento e execución do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2005

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural