DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 29 de decembro de 2005 Páx. 20.333

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 26 de decembro de 2005 pola que se establecen as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

O Decreto 332/1995, do 27 de decembro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios coa finalidade de que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como un instrumento que lles permite facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións como consecuencia da actuación de axentes alleos, coma o clima, enfermidades, etc.

Tendo en conta a evolución da contratación de seguros agrarios nas últimas campañas, as recomendacións da Comisión Europea en canto a contías máximas de subvención por tipos de seguros e coberturas e, o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, é necesario regular mediante esta orde determinados aspectos das axudas para fomentar a contratación de seguros durante o ano 2006.

Conforme o previsto no artigo 5 do título II da Lei 87/1978, do 28 de decembro, e o Regulamento que a desenvolve, aprobado polo Real decreto 2329/1979, do 14 de setembro, a Entidade Estatal

de Seguros Agrarios ten previsto elaborar o plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2006, cuxo contido se axusta ao acordo de bases para a elaboración dos plans de seguros agrarios combinados, para o trienio 2004-2006, aprobado pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, na reunión do 31 de xullo de 2003.

No plan determinaranse as distintas porcentaxes de subvención que lle corresponden á Administración do Estado, que achegará Enesa, nos diferentes grupos de liñas de seguro e os criterios para súa asignación; os estudos de viabilidade e condicións de cobertura ás novas liñas de seguro ou garantías adicionais que se poden incorporar como novidades; a elaboración e revisión das normas de peritación; as datas de subscrición e prazos de elaboración de cada seguro; e demais cuestións relacionadas co plan.

O plan anual de seguros agrarios aprobarase para 2006 por acordo do Consello de Ministros, que oportunamente se publicará no Boletín Oficial del Estado.

Nel estableceranse novas liñas, garantías e coberturas como importantes novidades, pendentes da finalización dos estudos de viabilidade nos prazos previstos, entre as que destacan a posta en marcha do seguro renovable de gastos derivados da destrución dos animais bovinos mortos na explotación, incorporación aos seguros pecuarios dunha compensación polos danos derivados da febre aftosa no vacún, un seguro de explotación de viñedo que mellora substancialmente as actuais condicións de cobertura dos riscos extraordinarios, unha mellor defi

nición das condicións de asegurabilidade de asociacións e organizacións de produtores, continuar coa incorporación de prezos diferenciados naquelas liñas de seguro de determinadas producións dedicadas á agricultura ecolóxica e, finalmente, continuar cos estudos conducentes á incorporación dos seguros de avicultura de posta e incendios forestais.

Mediante esta orde e en desenvolvemento do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, a Comunidade Autónoma de Galicia participará nas subvencións que financien as pólizas de seguro que se prevexan no plan anual estatal, co fin de fomentar a contratación de seguros agrarios.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e beneficiarios.

1. O obxecto desta orde é establecer, no ano 2006, as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2006, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

2. A Consellaría do Medio Rural concederá estas axudas en réxime de concesión directa e poderán ser beneficiarios os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2006 e liñas gandeiras dos plans 2005 e 2006, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e na presente orde. Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas os que subscriban, durante o ano 2006, seguros de liñas de cultivos agrícolas que lles dan cobertura ás colleitas que se leven a cabo no ano 2007.

Artigo 2º.-Entidades aseguradoras autorizadas.

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Artigo 3º.-Liñas de seguros subvencionables e contía da axuda.

1. Para o ano 2006 a subvención da Consellería do Medio Rural queda establecida para as liñas de contratación dos grupos establecidos no anexo I desta orde do seguinte xeito:

A. Unha porcentaxe sobre a axuda á contratación que lle corresponde de Enesa, que será:

a) Do 18% para todas as liñas de contratación dos grupos I, II, III, IV e V, reflectidos no anexo I, agás nos casos das alíneas b) e c) seguintes.

b) Do 55%, para as liñas de uva de vinificación, froiteiras (mazá de mesa, pera, pexego, albaricoque e ameixa), cereixa e kiwi, en calquera das súas modalidades de contratación.

c) Do 22%, para as liñas de seguro de explotación de gando vacún reprodutor e recría e seguro de explotación de ceba.

B. Unha porcentaxe do 35% sobre o custo neto do seguro, para as liñas do seguro do grupo VI de cobertura de gastos derivados da destrución de animais bovinos mortos nas explotacións e gastos derivados da destrución de animais non bovinos mortos nas explotacións.

2. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias (2000/C 28/02) sobre axudas estatais ao sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais e acontecementos de carácter natural ou por fenómenos climáticos adversos asimilables a desastres naturais.

Artigo 4º.-Procedemento e prazos de execución.

1. A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre e cando se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración de seguro. En todo caso, na declaración de seguro especificarase, no punto de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de subvención da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A contratación da póliza do seguro constitúe unha declaración do asegurado de que xunta os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 13 e 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que non foron obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.

3. No caso daquelas pólizas de seguro correspondentes á modalidade renovable, terán a consideración de solicitude de subvención, a póliza de seguro

inicialmente subscrita mediante a formalización da declaración do seguro, conxuntamente co recibo de pagamento da correspondente anualidade. Neste eido, presumirase que o pagamento do recibo da póliza constitúe a manifestación da aceptación das condicións do seguro e dos requisitos para a percepción das subvencións correspondentes.

4. As datas de inicio e o prazo da subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no plan anual para o ano 2006, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas do seguro de que se trate.

5. O importe da axuda que lle corresponda á Consellería do Medio Rural, deducirase do importe da prima que aboará o tomador ou o asegurado no momento da subscrición da póliza. As cantidades así descontadas pagarallas a consellería a Agroseguro contra certificacións de liquidación, sempre de acordo co procedemento establecido no correspondente convenio de colaboración subscrito entre a consellería e Agroseguro.

6. No dito convenio estableceranse os prazos e a documentación que Agroseguro deberá xuntarlle a cada certificación de liquidación co fin de que se poidan efectuar as comprobacións oportunas para a resolución por parte da Consellería do Medio Rural, antes de realizar os correspondentes pagamentos da axuda a Agroseguro.

7. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións será a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

8. Dentro das dispoñibilidades orzamentarias e de acordo coa orde de presentación de solicitudes, o conselleiro do Medio Rural, logo da proposta do director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria ditará a correspondente resolución de concesión ou denegación da axuda, no prazo máximo de seis meses contados desde a presentación da solicitude. Poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo as solicitudes se no devandito prazo non se ditase a correspondente resolución.

9. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde, esgotan a vía administrativa e, contra elas poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa; ou de seis

meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 5º.-Obrigas dos beneficiarios e tomadores dos seguros.

1. Os tomadores dos seguros e, de ser o caso, os asegurados beneficiarios achegarán unha lista resumo das pólizas subscritas así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, sempre que así lles fose exixida expresamente pola Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria. Así mesmo, aqueles terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Na formalización do seguro, os beneficiarios das axudas farán constar as axudas solicitadas ou concedidas, das distintas administracións públicas competentes, para a mesma finalidade.

3. O incumprimento das obrigas sinaladas nos dous puntos anteriores poderá supoñer a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituír as cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puidesen incorrer os beneficiarios ou perceptores.

4. Os asegurados, polo feito de contratar a póliza do seguro agrario, autorizan á Consellería do Medio Rural para que, en caso necesario, e co obxecto de verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde, poida solicitar a cesión de información a outras administracións, por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estar ou non ao corrente das súas obrigas tributarias, así como calquera outra información que permita certificar o cumprimento dos requisitos esixidos para a obtención das subvención reguladas na presente orde.

Artigo 6º.-Modificación da resolución de concesión e infraccións administrativas.

1. Toda alteración das condicións que se tivesen en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da axuda.

2. Para os efectos do control das subvencións reguladas nesta orde, o tomador do seguro, no caso de pólizas de contratación colectiva, ou o asegurado, no caso de pólizas individuais, serán responsables das infraccións administrativas en materia de subvencións e estarán suxeitos ás sancións reguladas ao respecto, recollidas no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamento de Galicia.

Artigo 7º.-Reintegro das axudas

No caso de pagamentos indebidos, os beneficiarios ou perceptores das axudas quedarán obrigados ao reembolso do importe indebidamente percibido, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, sen prexuízo doutras responsabilidades a que houber lugar (artigos 78º e 79º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamento de Galicia).

Artigo 8º.-Financiamento.

1. Para a concesión das axudas reguladas nesta orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo ao proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, por un importe total de 6.500.000 euros, que se verá incrementado con outros remanentes orzamentarios e sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias, na aplicación 11.03.614-A.773.0 (2006.00271).

2. De conformidade co establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, posibilítase a tramitación anticipada de expedientes de gasto, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de lei de orzamentos do exercicio do ano 2006 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, neste momento en trámite parlamentario, quedando sometida a concesión das ditas axudas á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da súa resolución.

Disposición adicional

Para o non previsto nesta orde observarase o disposto preferentemente nos artigos 78 e 79 do Decreto 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2005.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Grupos de liñas de seguro para efectos da aplicación das subvencións

Liñas de seguroData inicio

subscrición

Subvención

Xunta (%)

Liñas de Seguro incluídas no grupo I:

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de cereais de inverno.1-3-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de cereais de primavera.1-3-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de leguminosas gran.1-3-200618

Póliza multicultivo en cultivos herbáceos extensivos.1-3-200618

Liñas de seguro incluídas no grupo II:

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de kiwi.15-1-200655

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de alcachofa.1-7-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de allo.1-9-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de berenxena.15-1-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de cebola.15-1-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de coliflor e brócoli.1-3-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de cultivos protexidos.1-6-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de amorodo e amorodo grande.1-9-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de chícharo verde.1-7-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de faba verde.1-7-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de feixón verde.15-1-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de leituga.1-3-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de pemento.15-1-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de pataca.1-10-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de tomate.15-1-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de tomate de inverno.1-4-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de cenoria.15-1-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais en planta ornamental.1-6-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de lúpulo.1-3-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de viveiros de viñedo.1-2-200618

Tarefa xeral combinada.1-3-200618

Liñas de seguro incluídas no grupo III:

(incluídos seguros complementarios e extensións de garantías)

Seguro integral de cereais de inverno en secaño.1-9-200618

Seguro integral de leguminosas gran en secaño.1-9-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de froiteiras: albaricoque, ameixa, mazá, pexego e pera.15-11-200655

Liñas de seguro incluídas no grupo IV:

(incluídos seguros complementarios e extensións de garantías)

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de cereixa.1-1-200655

Póliza multicultivo en hortalizas.1-3-200618

Seguro combinado e garantía de danos excepcionais de uva de vinificación.15-1-200655

Seguro de explotación de gando ovino e caprino.15-1-200618

Seguro de explotación de reprodutores bovinos (1).1-6-200622

Seguro de explotación de gando vacún reprodutor e de recría.15-1-200622

Seguro de explotación de gando vacún de ceba.15-1-200622

Seguro de explotación de gando equino.1-2-200618

Seguro de explotación de gando equino en razas selectas.1-2-200618

Liñas de seguroData inicio

subscrición

Subvención

Xunta (%)

Seguro de gando vacún de alta valoración xenética.15-1-200618

Seguro para a cobertura de danos por seca en pastos.1-7-200618

Seguro para a cobertura de danos por seca e incendios en apicultura.1-10-200618

Seguro de explotación de gando aviario de carne.1-2-200618

Seguro de explotación de avicultura de posta (1).1-6-200618

I. Liñas de seguro incluídas no grupo V

(incluídos seguros complementarios e extensións de garantías):

Seguro de rendementos en explotacións de cultivos herbáceos extensivos.1-9-200618

Seguro de explotación de froiteiras.15-11-200655

Seguro de explotación de uva de vinificación.1-10-200655

Seguro integral para explotacións agrícolas (1).1-9-200618

II. Liñas de seguro incluídas no grupo VI:

Seguro para a cobertura de gastos derivados da destrución de animais bovinos mortos na explotación.15-1-200635 (2)

Seguro renovable para a cobertura de gastos derivados da destrución de animais bovinos mortos na explotación.1-6-200635 (2)

Seguro para a cobertura de gastos derivados da destrución de animais non bovinos mortos na explotación.15-1-200635 (2)

(1) A incorporación desta liñas está condicionada á realización dos correspondentes estudos de viabilidade, nos prazos previstos.

(2) Sobre o custo neto da póliza.