DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 27 de decembro de 2005 Páx. 20.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2005 pola que se publican os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2006 aos préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005 e do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia 2001.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes dos anos 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005 e do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia 2001, os tipos de xuro para exercicios futuros

dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ao abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do mibor e euribor durante o período establecido en cada convenio e en virtude das facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2006 aos préstamos en vigor dos convenios de axudas financeiras ás Pemes dos anos 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005 e do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia 2001, serán os seguintes:

-Préstamos do convenio Pemes 1996: 4,45%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,75 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ao tipo de referencia (2,68) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos dos convenios Pemes 1997 e 1998: 3,75%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ao tipo de referencia (2,50) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos dos convenios Pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003 ,2004 e 2005 e do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia 2001: 3,65%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ao tipo de referencia (2,500) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras deberán comunicarlles aos beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ao límite fixado nos respectivos convenios. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual o inferior ao límite suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se aplicará á operación de préstamo será o que lle corresponda segundo o estipulado no punto primeiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2005.

José Ramón Fernández Antonio

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA