DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 27 de decembro de 2005 Páx. 20.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 30 de novembro de 2005 sobre delegación de competencias na directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.

A actividade administrativa da Consellería de Vivenda e Solo leva consigo unha concentración de funcións ao redor do seu titular que aconsella, dado o seu volume, recorrer á delegación de competencias na directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, sen esquecer o debido respecto aos principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo 103.1º.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunda en beneficio tanto da Administración como dos administrados, dentro do máis rigoroso respecto das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos exixe.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me conceden os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o artigo 72.4º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Deléganse na directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda a concesión de subvencións e axudas públicas nas materias que lle foron atribuídas mediante o Decreto 505/2005, do 22 de setembro, polo que

se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse ditadas pola autoridade que as conferiu.

Artigo 3º

En calquera momento a conselleira poderá reclamar o exercicio da competencia delegada por esta orde, das que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 44.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2005.

María Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo