DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 27 de decembro de 2005 Páx. 20.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de decembro de 2005 pola que se modifica a relación de beneficiarios publicada pola do 29 de xullo de 2005, na que se resolve a convocatoria da Orde do 21 de abril de 2005.

De conformidade coa disposición adicional segunda, parágrafo segundo, da Orde do 21 de abril de 2005, pola que se convocan bolsas de colaboración nos departamentos das universidades do sistema universitario de Galicia, no curso académico 2005-2006, así como co previsto nos artigos 2, 4 e 5 da Orde do 29 de xullo de 2005, pola que se resolve a convocatoria da Orde do 21 de abril de 2005 e se fai pública a concesión de bolsas de colaboración nos departamentos das universidades do sistema universitario de Galicia.

Vista a proposta de modificación da resolución da concesión acordada, logo do trámite de audiencia aos afectados, pola comisión avaliadora encargada da selección dos beneficiarios das bolsas na súa reunión do 4 de novembro de 2005.

Esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Proceder a substitución das persoas que causan baixa na relación de candidatos que obtiveron bolsa pola resolución publicada na Orde do 29 de xullo de 2005, por aqueles outros que figuran nas correspondentes listaxes de suplentes, que resultan ser: Saúl Beceiro Novo, Noelia Pita Fernández e Ana Isabel Cabido Quintás.

Artigo 2º

Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria