DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 20 de decembro de 2005 Páx. 19.850

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL

REAL decreto 1411/2005, do 18 de novembro, polo que se nomea presidenta da Audiencia Provincial de Lugo a María Josefa Ruiz Tovar.

Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, na súa reunión do 10 de novembro de 2005, e de conformidade co establecido nos artigos 127.2º e 337 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Nomeo presidenta da Audiencia Provincial de Lugo a María Josefa Ruiz Tovar, en provisión da vacante producida por expiración do prazo legal polo que fora nomeada con anterioridade para o mesmo cargo.

Dado en Madrid o dezaoito de novembro de dous mil cinco.

Juan Carlos R.

Juan Fernando López Aguilar

Ministro de Xustiza