DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 20 de decembro de 2005 Páx. 19.850

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 565/2005, do 24 de novembro, polo que se dispón a substitución de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4, 5 e 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1º letras c) e d) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo a designación formalizada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), pola Federación Galega de MRP, e á renuncia da representante de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e catro de novembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia:

a) En representación das centrais sindicais, Fernando Carrasco Mera.

b) En representación do profesorado de ensinanza pública, José Rábade Arias.

c) En representación do persoal de administración e servizos, María Concepción Camiña Garrido.

d) En representación do profesorado proposto polos movementos de renovación pedagóxica, Raúl Gómez Farto.

e) En representación da Administración educativa, Alberto González Armesto, Ángel González Fernández, Jesús Pablo González Moreiras, Severino Somoza Gómez, María Luisa Castro Casas e Néstor Valcárcel Teijeiro.

f) En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, Fernanda Paulina Valcarce Pestaña.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia:

a) En representación das centrais sindicais, Francisco Xesús Anxo Louzao Rodríguez.

b) En representación do profesorado de ensino público, Raúl Gómez Farto.

c) En representación do persoal de administración e servizos, Ángeles Villarnovo Cova.

d) En representación do profesorado proposto polos movementos de renovación pedagóxica, José Luis Fernández Díaz.

e) En representación da Administración educativa, Antonio Vázquez Vázquez, María José Pérez Mariño, Milagros Blanco Pardo, Benito Fernández Rodríguez, Alfonso Guitián Álvarez e José Manuel Mouriz Cabalo.

f) En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, María Lourdes Montero Mesa.

Artigo 3º

O mandato dos novos membros será polo tempo que falta para completar o mandato da representatividade que teñen.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de novembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria