DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 19 de decembro de 2005 Páx. 19.805

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2005, do Consello Galego de Cooperativas, pola que se fai pública a concesión dos premios sobre cooperativismo nos centros escolares de Galicia.

Por Resolución do 11 de marzo de 2005, o Consello Galego de Cooperativas fixo públicas as bases dos concursos sobre cooperativismo na modalidade de debuxo, pintura e vídeo e actividades cooperativizadas, dirixidos aos alumnos dos centros de ensino primario e secundario, así como na modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixidos aos alumnos dos centros de formación profesional.

Nas bases reguladoras destes premios establecíase que os traballos participantes neste concurso serían examinados e valorados por un xurado e que a súa concesión se publicaría no DOG.

Os xurados dos premios, na súa reunión do día 1 de decembro de 2005, resolveron a súa concesión.

Polo que antecede, e no uso das atribucións que teño conferidas pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e polo Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

DISPOÑO:

A publicación da resolución dos premios acordados polos xurados en cada unha das modalidades:

1. Concurso de debuxo, pintura e vídeo, e de actividades cooperativizadas:

a) Debuxo, pintura e/ou vídeo.

Categoría A. 1º premio: alumnos/as de 2º educación primaria.

O Teatro.

Cód. 36004711-C.E.I.P. Domaio-Moaña (Pontevedra).

1º Accésit: alumnos/as de 2º educación primaria.

O Noso Patromonio Inmaterial.

Cód. 36017651-C.E.P. Monteporreiro-Pontevedra.

Categoría B: 1º premio: Ariadna García Cardesín, alumna de 3º educación primaria.

Xogos Cooperativos.

Cód. 15016784-C.E.I.P. Virxe do Portal -Sobrado (A Coruña).

1º Accésit: Gabriel Miguel Baena, alumno de 4º educación primaria.

Coopera e Mellorarás.

Cód. 32015918-C.E.I.P. Carmen García Carrasco-Cenlle (Ourense).

Categoría C: 1º premio: alumnos de 6º de educación primaria.

O Bosque.

Cód. 36004711-C.E.I.P. Domaio-Moaña (Pontevedra).

1º Accésit: alumnos de 6º de educación primaria.

A Oca Cooperativa CD.

Cód. 15016784-C.E.I.P. Virxe do Portal - Sobrado (A Coruña).

Categoría D: tendo en conta que nesta categoría non se presentou ningún centro, o xurado deixouno deserto.

Categoría E: tendo en conta que nesta categoría non se presentou ningún centro, o xurado deixouno deserto.

b) Actividades cooperativizadas.

Categoría D: tendo en conta que nesta categoría non se presentou ningún centro, o xurado deixouno deserto.

Categoría E: premio ao mellor traballo: alumnos/as do 2º ciclo da ESO.

Aposta por un Desenvolvemento Sostible nas Terras de Trives.

Cód. 32015876-I.E.S. Germán Ancochea Quevedo-A Pobra de Trives (Ourense).

2. Concurso de proxectos empresariais cooperativos en formación profesional:

-Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo:

Enteca Vivenda Comunitaria Enteca Servicio Asistencial a Domicilio.

Cód. 36016723-CPR Mendiño-Vigo (Pontevedra).

Premios aos dous proxectos empresariais cooperativos finalistas:

Cooperativa Orella de Mar.

Cód. 15027711-I.E.S. Leliadoura-Ribeira (A Coruña).

-A Fraga, S. Coop.

Código. 15001148-I.E.S. As Mariñas Betanzos (A Coruña).

A entrega dos premios terá lugar o día 17 de decembro de 2005 nun acto público.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2005.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Presidente do Consello Galego de Cooperativas