DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 16 de decembro de 2005 Páx. 19.742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 1 de decembro de 2005 pola que se declara de interese galego a Fundación Astronómica de Vila de Cruces, e se ordena a súa inscrición na sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería.

Con data do 18 de novembro de 2005, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 222, a orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 9 de novembro de 2005, pola que se clasifica como de interese benéfico-social a Fundación Astronómica de Vila de Cruces, adscribíndose á Consellería de Innovación e Industria, que terá que exercer o protectorado plenamente sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo seis dos estatutos, ten por obxecto promover, divulgar e investigar todo o relacionado coa astronomía. Por iso atenderá principalmente os seguintes capítulos.

a) Divulgación de contidos e experiencias en astronomía.

b) Publicación de contidos cuxa raíz sexa a astronomía.

c) Intercambio de experiencias.

d) Desenvolvemento de acordos marco con universidades e centros de investigación.

e) Achegamento da astronomía á sociedade e non só ao mundo científico ou profesional.

Por todo isto, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, (modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro), reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, (modificada polas leis 11/1991, do 8 de novembro, e 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo), e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase de interese galego a Fundación Astronómica de Vila de Cruces, ao cumprir os seus esta

tutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Disposición adicional

Inscribirase a Fundación Astronómica de Vila de Cruces, na sección do Rexistro de Fundacións da Consellería de Innovación e Industria. Esta inscrición producirá os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, (modificada polas leis 11/1991, do 8 de novembro, e 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo), e no Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2005.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria