DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 16 de decembro de 2005 Páx. 19.742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2005, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2005 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rematados os traballos da repartición do fondo de acción social para o ano 2005, e de conformidade co establecido nos puntos 6 e 7 do acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio 2005 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza nesta comunidade autonóma, ao que se lle deu publicidade por Resolución do 23 de maio de 2005 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG nº 101, do 27 de maio), e unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 7 de setembro de 2005 pola que se anunciaba a exposición pública das listas provisionais (DOG nº 180, do 19 de setembro), e á vista do resultado da reunión da mesa sectorial do día 14 de novembro de 2005, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar e dar publicidade ás listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes aos programas I, II e III: axuda fillos e estudos fillos, estudos funcionarios e axuda minusválidos respectivamente, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servizo de Xerencia.

Segundo.-A repartición do fondo de acción social farase de conformidade co acordo da comisión paritaria de acción social para o ano 2005 e co acordado na mesa sectorial de acción social do día 14 de novembro de 2005.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou ser impugnada directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e arti

gos 14, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2005.

Santiago Antonio Roura Gómez

Director xeral de Xustiza