DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 15 de decembro de 2005 Páx. 19.657

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A. (Hasenosa).

Vista a acta da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A. (Hasenosa), o nº de código 3602242, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 17-10-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 11-10-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de novembro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de outorgamento.

No Porriño, ás 12.30 horas do día 11 de outubro de 2005, reúnese a comisión mixta paritaria conforme prevén o artigo 6 do vixente convenio colectivo de Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A., que foi convocada fidedignamente e en termo pola parte

social e está integrada polas seguintes representacións:

-Pola representación empresarial:

Roberto Pérez Suárez

Marta Díaz Almeida

-Pola representación social:

Jesús Matilde Valladares

Carlos Matilde Valladares

Ambas as partes manifestan recoñecerse mutua lexitimación e capacidade para, de conformidade co contido do dito artigo, proceder aos seguintes acordos:

Primeiro.-Apróbase por unanimidade suprimir o último parágrafo do artigo 32 do convenio en vigor, que di: «Este seguro cubrirá tanto os traballadores fixos coma os eventuais, sempre que esta última modalidade contractual teña unha duración mínima dun ano. As condicións particulares quedan establecidas na póliza de seguros, cuxa copia oficial lles será entregada aos representantes dos traballadores».

Segundo.-No seu lugar engadirase: «Este seguro cubrirá tanto os traballadores fixos coma os eventuais. As condicións particulares quedan establecidas na póliza de seguros, cuxa copia oficial lles será entregada aos representantes dos traballadores».

As partes acordan proceder a inscribir no rexistro de convenios colectivos da Consellería de Traballo en Pontevedra, o acordo alcanzado pola comisión paritaria, de acordo co artigo 2 a) do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio.

E en proba de conformidade de canto antecede e do consentimento do acordado, asinan a seguir no lugar e na data descritos no encabezamento.

-Representación empresarial:

Roberto Pérez Suárez

Marta Díaz Almeida

-Representación social:

Jesús Matilde Valladares

Carlos Matilde Valladares

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA