DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 14 de decembro de 2005 Páx. 19.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 1 de decembro de 2005 pola que se determinan as festas locais nas que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2006.

De acordo co disposto no artigo 3.2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, as festas locais soamente se consideraran hábiles para os efectos de actividade comercial se os respectivos concellos así llo solicitan á Consellería de Innovación e Industria con anterioridade ao 15 de novembro de cada ano, para a súa incorporación ao calendario que rexerá no ano seguinte.

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes dos concellos, e á vista das presentadas.

DISPOÑO:

1. Autorizar a apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2006 nos festivos locais dos concellos e días que de seguido se relacionan:

-Concello de Ferrol (A Coruña): 7 de xaneiro e 17 de abril.

-Concello de Barbadás (Ourense): 28 de febreiro e 13 de novembro.

-Concello de Padrenda (Ourense): 23 de xuño e 29 de setembro.

-Concello de Vilardevós (Ourense: 16 de agosto.

-Concello de Lalín (Pontevedra): 25 de setembro.

2. O resto dos festivos locais non determinados no punto anterior consideraranse inhábiles para os efectos de actividade comercial durante o ano 2006.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2005.

Fernando Xabier Blanco Alvárez

Conselleiro de Innovación e Industria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA