DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 12 de decembro de 2005 Páx. 19.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 25 de novembro de 2005 pola que se crean ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes nesta consellería.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer mediante a disposición xeral correspondente.

Mediante o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, publicado no DOG do 12 de agosto, establécese a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Esta estrutura modifica a existente ata esa data establecida polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, publicado no DOG do 21 de xaneiro, creándose a Consellería de Traballo.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde a Consellería de Traballo regula os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Traballo creados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a súa confidencialidade e os dereitos e obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Disposición adicional

En caso de cesións dos datos aos servizos de estatística das administracións públicas observarase, ademais, o disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2005.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

ANEXO

Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral.

1. Sistema de Información Medicina Laboral.

a) Finalidade e usos previstos.

Elaboración e xestión dos historiais clínicos e probas complementarias obtidas nos recoñecementos dos traballadores que se fan no marco dos labores de vixilancia epidemiolóxica que ten encomendadas a Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral, e dos casos estudados por petición dos organismos competentes en saúde laboral co obxecto de facer o diagnóstico de enfermidades profesionais.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas con enfermidades ou lesións de ámbito laboral.

c) Procedemento de recolla de datos.

Declaración, formularios.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

A) Estrutura básica do ficheiro.

Base de datos.

B) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

B.1. Datos de carácter persoal.

-Apelidos e nome.

-Data de nacemento.

-Idade.

-Sexo.

-Enderezo.

-Nacionalidade.

-Estado civil.

B.2. Datos de carácter identificativo.

-NIF.

-NSS (nº seguridade social).

-NHC (nº de historia clínica).

-CIF da empresa.

B.3. Datos académicos e profesionais.

-Máximo nivel de estudos realizados.

-Profesión.

-Actividade laboral.

-Seguridade e hixiene.

B.4. Datos de información comercial.

-Actividade profesional.

B.5. Datos económico-financeiros e de seguros.

-Mutua aseguradora.

B.6. Datos especialmente protexidos.

-Antecedentes clínicos persoais e familiares.

-Hábitos.

-Medicacións

-Recoñecementos.

-Anamneses.

-Exploración clínica.

-Probas complementarias.

-Conclusións e informes.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan:

Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral.

h) Nivel de seguridade.

Alto.

i) Responsable de seguridade.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA