DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 12 de decembro de 2005 Páx. 19.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 5 de decembro de 2005 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais, durante a folga convocada pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, durante os días 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de decembro de 2005, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25, 26 e 31 de xaneiro de 2006 e 1, 2, 7, 8 e 9 de febreiro de 2006.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia santaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), que afectará a todo persoal da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, durante os días 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de decembro de 2005, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25, 26 e 31 de xaneiro de 2006 e 1, 2, 7, 8 e 9 de febreiro de 2006, oído ó comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada para os días 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de decembro de 2005, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25, 26 e 31 de xaneiro de 2006 e 1, 2, 7, 8 e 9 de febreiro de 2006, que afectará a todo o persoal da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura dos servizos esenciais de asistencia sanitaria nos centros sanitarios, para evitar que se produzan graves prexuízos aos usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga, coa atención aos usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

E por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente aos usuarios, que non se poden adiar sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servizos mínimos, pódense establecer os seguintes criterios reitores de determinación do persoal necesario para o mantenemento dos servizos esenciais:

A. Persoal facultativo:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servizos de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inadiable no seu ingreso.

-Atención aos paritorios.

2. Cobertura da actividade cirúrxica dos doentes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde.

3. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir as visitas médicas, a atención indefectible dos doentes hospitalizados e as altas clínicas.

4. No ámbito de consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos doentes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos doentes desprazados.

5. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiren aos doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarias.

6. Garantirase a dispensación de medicamentos e de produtos sanitarios que, a criterio do facultativo, sexan necesarios.

B. Persoal sanitario non facultativo:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servizos de urxencias.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxicas inadiable no ingreso.

-Atención aos paritorios.

2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir os coidados dos doentes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito de consultas estableceranse mínimos nun dobre ámbito:

-Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran aos doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarios.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado dos pacientes

E. Persoal non sanitario:

1. Urxencias: o 100% do persoal non sanitario.

2. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ao de domingos ou festivos.

3. Servizo de admisión e arquivo de atención especializada: un número equivalente ao de domingos ou festivos.

4. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ao doente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

5. Atención ao doente: un número de efectivos que garantan a atención ao doente que o requira, cun mínimo dun por cento e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

6. Servizos administrativos:

-Información: o número de profesionais necesarios para garantir a debida información aos pacientes.

-Persoal: o número imprescindible para garantir as incidencias e xestións derivadas da folga e como máximo ata o 40% dos efectivos en cada quenda.

-Subministracións: o número imprescindible para garantir os pedidos urxentes e ata un máximo do 25% dos efectivos en cada quenda.

-Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un máximo do 25% dos efectivos en cada quenda

-Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25% dos efectivos en cada quenda.

7. Outras áreas de traballo ou servizos: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente aos domingos ou festivos.

A determinación dos profesionais necesarios farase por categoría profesional e a súa fixación con base nestes criterios debe estar adecuadamente motivada. A xustificación debe constar no expediente interno de determinación de mínimos e debe exteriorizarse adecuadamente para xeral coñecemento dos destinatarios. Deberán quedar constancia no expediente de determinación de mínimos os factores ou criterios cuxa a súa ponderación conduce a determinar as prestacións mínimas.

Os profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios de cada centro, polo menos con 48 horas de antelación á data da folga.

Con tales premisas determínase, por grupos profesionais, o número de efectivos en servizos mínimos.

Artigo 2º

A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será determinada polo director-xerente e notificada aos profesionais designados.

O profesional designado que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro profesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa e autorizada pola dirección.

Artigo 3º

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos, expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2005.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Número de efectivos de servizos mínimos

Categoría/servizoMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Anestesia1 presenza1 g. localizado1 g. localizado

Cirurxía1 presenza1 g. localizado1 g. localizado

Xinecoloxía1 presenza1 g. localizado1 g. localizado

Obstetricia1 presenza mércores e xoves

Hado1 presenza

Hematoloxía1 presenza martes

Medicina interna2 presenza1 g. presenza física1 g. presenza física

Pediatría1 presenza1 g. localizada1 g. localizada

Radioloxía1 presenza1 g. localizada1 g. localizada

Traumatoloxía1 presenza

2 presenza martes e xoves

1 g. localizada1 g. localizada

Urxencias3 presenza2 presenza + 1 g. presenza física1 presenza física

Nefroloxía1 presenza os mércores1 presenza os mércores

Farmacia1 presenza os mércores

Persoal sanitario non facultativo

Diálise1 aux. mércores e 1 hora os xoves

1 enfer. os mércores

1 aux. 1 enfermeiroNon mínimos

Saúde mental1 enf. os xovesNon mínimosNon mínimos

Número de efectivos de servizos mínimos

Categoría/servizoMañáTardeNoite

Consultas externas1 aux. só consulta de curas (martes e xoves) e obstetricia (mércores e xoves) 1 enf. días de Simtron martes Non mínimosNon mínimos

Hado1 enfermeiroNon mínimosNon mínimos

Farmacia1 auxiliarNon mínimosNon mínimos

Calidade/FormaciónNon mínimosNon mínimosNon mínimos

C. DiabetolóxicaNon mínimosNon mínimosNon mínimos

Hospitalización A3 auxiliares 3 enfermeiras2 auxiliares 2 enfermeiras1 auxiliar 2 enfermeiras

Hospitalización B3 auxiliares 3 enfermeiras2 auxiliares 2 enfermeiras1 aulixiliar 2 enfermeiras

Hospital de díaSó mércoresNon mínimosNon mínimos

Laboratorio1 tel1 tel1 tel

Raios1 ter1 ter1 ter

Quirófano3 auxiliares 3 enfermeiras2 auxliares +1 aux. localizado 1 enfermeiro + 2 enf. localizados2 aux. localizados 2 enfermeiros localizados

Urxencias3 auxliares 3 enfermeiros2 auxiliares 2 enfermeiros1 auxiliar 2 enfermeiros

Traslados1 enfermeiro localizado1 enfermeiro localizado1 enfermeiro localizado

Fisioterapia1 físio os mércoresNon mínimosNon mínimos

Persoal non sanitario

Admisión62Non mínimos

Atención ao doente1

Persoal2

Subministración1

Contabilidade1

Dirección1

Facturación1

Informática1