DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 12 de decembro de 2005 Páx. 19.473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2005 pola que se ordena publicar a decisión do xurado do Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Por Orde do 21 de abril de 2005 (DOG nº 81, do xoves 28 de abril) convocouse o Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, co fin de recoñecer e recompensar os méritos de todas aquelas institucións, asociacións ou entidades culturais que dediquen unha parte significativa da súa actividade á revitalización e promoción do Camiño de Santiago, contribuindo así ao coñecemento e divulgación do significado histórico, relixioso e cultural da Ruta Xacobea.

O artigo 4 da citada orde establece que o premio será outorgado por un xurado presidido pola con

selleira de Cultura e Deporte, ou persoa en quen delegue, e estará integrado polos seguintes membros: o presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, dous membros nomeados polo comité, a institución, asociación cultural, padroado ou fundación que gañase na anterior convocatoria e os presidentes das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago cos números 35, 36, 37 e 38.

De acordo co citado artigo 4, as decisións do xurado serán inapelables e daranse a coñecer mediante publicación no DOG e por comunicación directa ao galardoado.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo único.-Ordeno publicar a decisión do xurado do Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

O citado xurado, reunido en Santiago de Compostela o día 19 de novembro de 2005, acordou conceder o Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago ao proxecto presentado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Santo Grial do Cebreiro.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2005.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte