DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 09 de decembro de 2005 Páx. 19.434

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de outubro de 2005 pola que se crean ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Vigo.

Detectados erros na publicación da Resolución do 18 de outubro de 2005 (Diario Oficial de Galicia nº 218, do 14 de novembro) da Universidade de Vigo, pola que se crean ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Vigo.

Páxina 18.207:

«7. Xestión académica cursos posgrao.

Nome ficheiro: xestión académica cursos posgrao».

Onde di: «1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Titulacións, Posgrao e Formación Permanente».

Debe dicir: «1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Innovación e Calidade».

Onde di: «2. Servizo ou unidade onde se poden exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Área de Posgrao Virtual».

Debe dicir: «2. Servizo ou unidade onde poden exercerse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Servizos Informáticos de Xestión».