DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 09 de decembro de 2005 Páx. 19.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2005, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se nomean os membros dos xurados encargados da adxudicación dos premios Galicia de Comunicación 2005.

Mediante Orde do 5 de outubro de 2005, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convócanse os premios Galicia de Comunicación 2005. A citada orde foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 198, do 14 de outubro de 2005.

Na base sexta sinálase que os xurados para a adxudicación destes premios, serán nomeados polo secretario xeral de Comunicación e estarán integrados por persoas escollidas polos seus coñecementos nas materias obxecto dos premios. Na súa virtude,

RESOLVO:

Designar como membros dos xurados encargados de adxudicar os Premios Galicia de Comunicación 2005 as seguintes persoas:

1. Para os premios á mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos e á mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación:

-Xosé López García, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, que actuará como presidente.

-José María Álvarez Vilabrille, director da Axencia Galega de Noticias como vogal.

-Xaime Fandiño Alonso, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, como vogal.

-Mercedes Luz González, delegada Axencia EFE en Galicia, como vogal.

-Rita Penedo Iglesias, delegada de Europa Press Galicia, como vogal.

-Miguel Túñez López, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, como vogal.

-Xosé Manuel Vega Gómez, decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, como vogal.

-Miguel Rodríguez Barrio, subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria, que actuará como secretario con voz e sen voto.

2. Para os premios ao mellor labor de comunicación en medios impresos e ao mellor labor de comunicación de xornalismo gráfico en medios impresos:

-Benigno Sánchez García, director xeral da Compañía RadioTelevisión de Galicia, que actuará como presidente.

-Pedro Pablo Alonso García, director de Faro de Vigo, como vogal.

-Juan Ramón Díaz García, director xeral do Grupo La Capital, como vogal.

-José Manuel Rey Nóvoa, director de El Correo Gallego, como vogal.

-Luis Rodríguez García, director de El Progreso, como vogal.

-Bieito Rubido Ramonde, director de La Voz de Galicia, como vogal.

-Alfonso Sánchez Izquierdo, director de La Región, como vogal.

-Miguel Álvarez López, redactor xefe da secretaria de Comunicación, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

3. Para os premios ao mellor labor de comunicación en medios radiofónicos e ao mellor labor de comunicación en televisión:

-Manuel Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, que actuará como presidente.

-Javier Castro Dopico, delegado da cadea COPE en Galicia, como vogal.

-Virgilio Costas Pumar, director xerente da Radio Galega, como vogal.

-Celia Díaz Reija, directora territorial RNE, como vogal.

-Domingo González González, delegado territorial de TVE en Galicia, como vogal.

-Jesús Iglesias Díaz, director xerente da TVG, como vogal.

-Javier Otero Llovo, delegado cadea SER en Galicia, como vogal.

-Manuel Conde Mouzo, subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, que actuará como secretario con voz e sen voto.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2005.

Fernando Salgado García

Secretario xeral de Comunicación

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES