DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 07 de decembro de 2005 Páx. 19.367

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de novembro de 2005 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (DOG nº 228, do 24 de novembro) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

De acordo co artigo 10.1º b) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, os membros dos consellos sociais cesarán por renuncia, incapacidade declarada por resolución xudicial firme, morte ou declaración de falecemento. A renuncia deberá presentárselles por escrito á autoridade, entidade ou institución designante e ao presidente do Consello Social, quen lla comunicará á consellería competente en materia universitaria, e publicarase no Diario Oficial de Galicia, data desde a que producirá efectos.

O artigo 7.4º da citada Lei 1/2003 establece que os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados ao conselleiro competente en materia universitaria, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Con data do 10 de outubro de 2005, o secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores de Galicia comunica o cesamento de Pastor Fuenteseca Díaz como representante da UGT no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e a designación de José Luís Rodríguez Trigo como representante da UGT nese Consello Social.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a José Luís Rodríguez Trigo como representante designado polo sindicato UGT, no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de Pastor Fuenteseca Díaz.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria