DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 05 de decembro de 2005 Páx. 19.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2005 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que derroga parcialmente as bases reguladoras das axudas para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega e se incrementan os créditos dispoñibles.

Mediante Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG nº 58, do 28 de marzo) publicouse unha actualización das bases reguladoras das axudas do Igape para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega publicadas mediante Resolución do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), que incluía, entre outras modificacións, a presentación telemática das solicitudes de axuda por parte das Pemes.

Os cambios incluídos na nova regulamentación desta bases facilitaron o cumprimento dos obxectivos de participación das Pemes galegas e con iso a superación das previsións orzamentarias das que se dotou este programa de axudas para as solicitudes recibidas durante este ano 2005. Por outra banda, os resultados obtidos da xestión do programa neste

período e a análise dos proxectos recibidos proporciónanlle ao instituto unha información que debe servir de base á formulación dun novo programa para o exercicio 2006.

Á vista destas circunstancias considérase oportuno derrogar parcialmente as citadas bases, mantendo abertas, entre outras, as iniciativas tendentes a facilitar a internacionalización das nosas Pemes, e ampliar as dotacións orzamentarias para atender as solicitudes de axuda recibidas ata a entrada en vigor desta presente resolución.

Por todo o anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar os seguintes acordos, adoptados polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) na súa reunión do 29 de novembro de 2005:

Primeiro.-Increméntase en 2.700.000 A os créditos establecidos na partida orzamentaria 02.02 11 para a anualidade 2006 publicados mediante Resolución do 4 de xaneiro de 2005, para atender as solicitudes de axuda á implantación de proxectos de mellora competitiva de carácter xeral regulados na base 3ª das reguladoras das axudas para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega.

Segundo.-Increméntase en 4.850.000 A os créditos establecidos na partida orzamentaria 02.02 11/03/01 para a anualidade 2006 publicados mediante Resolución do 4 de xaneiro de 2005, para atender as solicitudes de axuda do Plan de Consolidación e Competitividade da PEME, regulado na base 6ª das reguladoras das axudas para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega.

Terceiro.-Con efectividade desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, derróganse as bases reguladoras das axudas para os programas de apoio e mellora competitiva da PEME galega, feitas públicas mediante Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG nº 58, do 28 de marzo), agás no seguinte:

a) Programa establecido no punto 3 da base 3ª: «Iniciativas tendentes a facilitar a internacionalización», que seguirá vixente en tanto non se esgote o crédito asignado, que se cuantifica en 300.000 A con cargo á partida 02.02-11/02/01-656700 dos orzamentos do Igape na plurianualidade 2006.

b) Subprograma establecido no apartado 5.1.2 da base 6ª: «Redes interempresariais de cooperación», que así mesmo seguirá vixente en tanto non se esgote o crédito asignado, que se cuantifica en 150.000 A con cargo á partida 02.02-11/03/01-656700 dos orzamentos do Igape na plurianualidade 2006.

c) Proxectos suprarrexionais que, dentro do Plan de consolidación e competitividade da PEME, sexan previamente aprobados pola Mesa de Directores

Xerais da PEME e asignados á xestión de Galicia, que se tramitarán de acordo coa base 6ª.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2005.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA