DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 01 de decembro de 2005 Páx. 19.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2005 pola que se modifica a do 27 de xullo de 2005, pola que se convocan cinco bolsas de estudo en materia de vivenda.

Con data do 2 de agosto de 2005 publícouse no Diario Oficial de Galicia Resolución do 27 de xullo do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se convocaron cinco bolsas de estudo en materia de vivenda, como consecuencia do acordo de colaboración subscrito o 6 de marzo de 2000 entre o IGVS e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas complementarias aos estudos universitarios.

Posteriormente, o Decreto 506/2005, do 22 de setembro, estableceu a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, modificando a estrutura anterior.

A base sexta da devandita convocatoria de bolsas de estudo establecía a composición do tribunal. Co

obxecto de adecuar a dita composición á nova estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo procede a modificación da base sexta que terá a seguinte redacción:

Sexta.-Tribunal.

Presidenta: a xerente do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Vogal: a xefa da Oficina Técnica do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Secretario: o xefe do Servizo de Control Interno do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2005.

Daniel Pino Vicente

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA