DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 01 de decembro de 2005 Páx. 19.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Persoal de Limpezas Domiciliarias Lucenses do Centro Rehabilitador San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Persoal de Limpezas Domiciliarias Lucenses do Centro Rehabilitador San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea (código 2700730), da provincia de Lugo, asinado o día 17 de outubro de 2005, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Disponer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 de outubro de 2005.

José Miguel Vázquez Calvo

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo do Persoal de Limpezas Domiciliarias Lucense do Centro Rehabilitador San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea 2005.

Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración

Artigo 1º.-Ámbito territorial e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal de limpeza que presta os seus servizos no Centro Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia deste convenio iníciase o 1 de xaneiro de 2005, e remata o 31 de decembro de 2005. Entenderase automaticamente denunciado con dous meses de antelación ao remate da súa vixencia.

Capítulo II

Xornada, vacacións, horas extraordinarias

e licenzas

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese en cómputo anual, con criterio rotativo e distribución irregular, quedando regulada a prestación de servizos segundo os termos que se detallan:

-Catro semanas de 33,30 horas, con diminución horaria de 6 horas, establecendo a xornada laboral de luns a venres, unha semana, e a seguinte de luns a sábado, con descanso compensatorio do sábado da semana seguinte.

-Acórdase que a xornada de sábados e domingos sexa cuberta obrigatoriamente por cinco traballadores.

-A xornada realizarase de mañá e tarde, en quendas rotatorias entre todos os membros do cadro de persoal.

-Igualmente, o traballo en domingos e festivos devengará dereito á percepción do complemento estipulado, así como compensación en descanso á semana seguinte.

-Os días 24, 31 de decembro e o sábado santo consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable. Non obstante, nos casos que sexa necesario, por así demandalo a empresa ou organismo arrendatario dos servizos de limpeza, o persoal que presta servizos neste centro de traballo verase obrigado a realizar un servizo mínimo nas seguintes condicións:

-A xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os traballos antes das 18.00 horas. Nestes casos, a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben economicamente ou a través do complemento de traballo en domingos e festivos previsto no artigo 15 bis deste convenio, ben mediante descansos, a redución antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que, pola natureza do traballo que

desenvolven, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reducións horarias previstas neste artigo.

Artigo 4º.-Descansos.

Todo traballador que en cómputo semanal realice 35 horas de traballo efectivo terá dereito a 30 minutos de descanso computable para todos os efectos como tempo de traballo.

O mencionado descanso desfrutarase da seguinte maneira:

a) Persoal en quenda de mañá:

Entre as 11.00 e as 11.30 horas.

b) Persoal en quenda de tarde:

Entre as 18.00 e as 18.30 horas.

c) Persoal con xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente:

Nos 30 minutos seguintes á metade da xornada.

d) Persoal en xornada de mañá e tarde:

Nos 30 minutos seguintes á metade do horario da mañá.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 31 días naturais e desfrutaranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, agás petición concreta dos traballadores interesados noutra data.

O persoal de novo ingreso ou que non devengue vacacións completas terá dereito a desfrutar no citado ano un número de días proporcional ao tempo de servizos prestados.

O persoal deberá concretar durante o mes de marzo a petición de vacacións para que, unha vez planificadas as necesidades da empresa e oída a representación sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios desta, antes do 1 de maio, a relación definitiva das quendas. Os traballadores poderán establecer quendas rotativas para sucesivos anos.

En calquera caso e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta das datas de desfrute entre os traballadores, sempre que non haxa problemas de tipo organizativo.

Durante o período de vacacións non se percibirá o sobresoldo de transporte nin o de asistencia.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Soamente se realizarán por forza maior ou as estruturais, entendendo como tales, ademais das previstas no decreto regulador, as necesarias por períodos punta de produción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retribuídos e por tempo debido a desprazamentos.

Artigo 7º.-Licenzas retribuídas.

As establecidas na ordenanza laboral do sector e Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, o traballador, avisando con suficiente anticipación e posterior xustificación, terá dereito aos seguintes permisos retribuídos:

a) 18 días naturais por matrimonio.

b) 2 días naturais por cambio de domicilio.

c) 3 días por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica de parente por consanguinidade ou afinidade ata o 2º grao. Se o feito ocorrese noutra provincia, o permiso ampliarase a 2 días máis.

d) Polo tempo necesario, ata un máximo de 20 horas anuais, para asistir á consulta médica. Estas ausencias poderanse fraccionar.

e) Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

f) 9 días retribuídos para asuntos propios.

Capítulo III

Mellora das condicións de traballo

Artigo 8º.-Situacións particulares.

Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asigne un posto de traballo que exixa menos esforzo físico có que viña realizando habitualmente, se for posible e existise o dito posto.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

A empresa velará pola práctica de recoñecementos médicos iniciais e periódicos, conforme o establecido polas disposicións legais vixentes.

Pola súa banda, os traballadores estarán obrigados a someterse a cantos recoñecementos médicos dispoña a empresa pola súa conta, tanto en situación activa como en situación de IT ou análoga.

Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades máis habituais do sector, efectuándose sempre que sexa posible dentro da xornada laboral do traballador e facéndolle entrega a este do resultado do recoñecemento.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles a todos os traballadores a roupa e o material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas, sendo obrigatorio o cumprimento da entrega anual de dous uniformes.

Así mesmo, entréganse luvas, calzado e roupa de auga sempre que fose necesario, así como un par de zocos ao ano.

Capítulo IV

Adscrición do persoal

Artigo 11º.-Subrogación do persoal.

Ao remate da contrata de limpeza, os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, que se subrogará en todos os dereitos e obrigas da anterior adxudicataria con respecto a todos os traballadores, cal

quera que sexa a situación na que se achen e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles que se incorporasen nos últimos catro meses, se a dita incorporación non se debe á ampliación da contrata ou a unha exixencia expresa do cliente.

Nun prazo de tres días hábiles, a empresa saínte deberá facilitarlle á entrante a seguinte documentación:

-Certificado do organismo competente de estar ao día no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das cinco últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos cinco últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique: nome, apelidos, enderezo, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data do desfrute das vacacións.

O empresario saínte estará, así mesmo, obrigado a lle liquidar ao entrante as partes proporcionais dos conceptos retribuídos dos traballadores, co obxecto de que estes poidan desfrutar completas as súas vacacións e cobrar integramente as pagas correspondentes.

O contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento en que se produza a súa subrogación por parte da nova adxudicataria.

A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador, sen que desapareza o seu carácter vinculante por efecto de que a empresa adxudicataria do servizo suspenda este por un período inferior a dous meses.

Artigo 12º.-Salario.

Durante o ano 2005, os traballadores afectados por este convenio percibirán os salarios establecidos na táboa anexa.

Artigo 13º.-Complemento de asistencia.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán, durante o ano 2005, a cantidade mensual de 45 euros por mes traballado efectivo.

Artigo 14º.-Complemento de transporte.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán, durante o ano 2005, a cantidade de 50 euros por mes traballado efectivo.

Artigo 15º.-Complemento penoso e perigoso.

Aboarase a cantidade resultante de aplicarlle o 20% ao salario base de cada categoría profesional.

Artigo 15 bis.-Complemento de traballo en domingos e festivos.

Os traballadores percibirán 19 euros como compensación por cada domingo ou festivo traballado, no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo este convenio, puidesen corresponderlles.

Artigo 16º.-Complemento de nocturnidade.

O incremento por traballo nocturno consistirá nun 25% do salario base, e regularase polas normas contidas na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servizos prestados na empresa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ao 4% do salario base.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laboral anterior ao 25 de xullo e o 22 de decembro respectivamente. Estas pagas serán percibidas na contía de 30 días de salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste artigo, así como a prevista no artigo seguinte, será anual. Porén, aquelas que veñen empregando o devengo semestral, terán que especificar nas nóminas relativas as gratificacións extraordinarias ao emprego de tal devengo.

Artigo 19º.-Paga de beneficios.

A paga de beneficios será de 30 días. Percibirase durante o primeiro trimestre do ano, de acordo co salario base máis antigüidade vixente o 31 decembro do ano anterior.

O tempo que o traballador permaneza en situación de I.T. terase en conta como tempo de traballo efectivo para o devengo da paga de beneficios.

Artigo 20º.-Anticipos.

Os traballadores afectados por este convenio poderán solicitar anticipos á conta do seu salario cunha antelación mínima de 48 horas á data do seu pagamento. A este respecto, esta queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 21º.-Pagamento da nómina.

A empresa deberá aboar, dentro dos seis primeiros días de cada mes, os salarios devengados no mes anterior. Se o día de pagamento fose inhábil, adiantarase ao día hábil inmediatamente anterior.

Artigo 22º.-Vinculación á totalidade.

Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos nel teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das partes fose declarada sen efecto pola xurisdición competente, deberá reconsiderarse o seu conxunto globalmente.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal.

Inclúense dous supostos:

a) No caso de hospitalización correspondente, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, mentres dure esta.

b) Así mesmo, no caso de intervención cirúrxica con hospitalización mínima de 48 horas, o/a traballador/a percibirá, no período de convalecencia cunha duración máxima de 120 días naturais, un complemento ata o 100 % do salario de convenio máis antigüidade.

O/a traballador/a que cause baixa por accidente laboral acontecido no centro de traballo pericibirá o 100 % do salario do convenio máis antigüidade, desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta. Se o accidente laboral se producise fóra do lugar de traballo, a empresa completará o dito salario a partir do décimo día da baixa.

Capítulo V

Acción social

Artigo 24º.-Xubilacións anticipadas.

Os traballadores que se xubilen voluntariamente antes de acadar a idade regulamentaria percibirán as seguintes cantidades, segundo a idade:

-Aos 60 anos: 1.406,34 euros.

-Aos 61 anos: 1.250,11 euros.

-Aos 62 anos: 937,58 euros.

-Aos 63 anos: 468,79 euros.

As cantidades mencionadas establécense para aquelas persoas contratadas a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial serán percibidas proporcionalmente ao tempo contratado.

Capítulo VI

Acción sindical

Artigo 26º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores e na Lei de liberdade sindical.

O delegado de persoal gozará como mínimo de 15 horas sindicais ao mes retribuídas para todos os efectos, das cales quedan excluídas as empregadas para a asistencia á negociación colectiva.

Artigo 27º.-Póliza de accidentes.

A empresa contratará para os traballadores unha póliza de seguros individual ou colectiva que cubra en caso de:

-Morte ou invalidez total: 17.188,95 euros.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 18.751,58 euros.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión mixta paritaria.

As partes asinantes deste convenio constituirán unha comisión paritaria coas funcións de interpre

tación, arbitraxe, conciliación e vixilancia de canto se estipula neste convenio, composta por un representante da empresa e un en representación do sindicato asinante deste convenio. As partes poderán levar ás reunións asesores con voz e sen voto. As discrepancias que se presenten serán sometidas á xurisdición laboral.

Segunda.-Normas subsidiarias.

Para o non previsto neste convenio aplicarase o que dispón o convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que a título persoal puidese posuír calquera persoa afectada polo convenio.

Cuarta.-Comisión negociadora.

As partes asinantes comprométense a iniciar a negociación do novo convenio dentro do último cuadrimestre de vixencia deste, con antelación suficiente de cara á elaboración dos orzamentos económicos do seguinte exercicio.

Táboa salarial ano 2005 (en euros).

CATEGORÍAS. BASE

MES/DÍA

S. BASE

ANUAL

P. EXTRA

BEN.XUL.

NAD.

COMP.

P.E P.

COMP.

TRANS.

COMP.

ASIST.

TOTAL

DEVEN.

ENCARGADO696,008.352,002.088,001.670,0055049513.155,40

LIMPADORA20,007.300,001.800,001.460,0055049511.605,40

-Complemento de transporte mensual: 50 A.-Complemento asistencia mensual: 45 A.