DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 01 de decembro de 2005 Páx. 19.126

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 15 de novembro de 2005 pola que se aproba o deslindamento do monte veciñal en man común Chandebrito, pertencente á comunidade do mesmo nome do concello de Nigrán (Pontevedra).

Examinado o expediente de deslindamento do monte veciñal en man común Chandebrito, pertencente á comunidade do mesmo nome do concello de Nigrán (Pontevedra) e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, en Resolución do 28 de xaneiro de 1983, declarou como tal o monte Chandebrito, asinando a súa pertenza á parroquia de Chandebrito do concello de Nigrán (Pontevedra).

Segundo.-No ano 2002 iniciáronse os estudos previos dirixidos a determinar os lindantes co monte.

Terceiro.-O 29 de abril de 2003, o director xeral de Montes e Industrias Forestais aprobou a realización do deslindamento do monte veciñal en man común de Chandebrito, e no BOP de Pontevedra nº 170, do 4 de setembro de 2003 anúnciase o inicio da primeira fase do deslindamento, fixándose o 30 de setembro de 2003 ás 10.00 horas para o comezo do apeo.

Con data do 4, 5 e 10 de setembro de 2003, notifícaselles persoalmente aos lindantes dos que se teñen os domicilios, a máis dos lugares de costume e o 20 de setembro publícase anuncio co mesmo texto incluído no BOP, no Faro de Vigo.

Cuarto.-O apeo da primeira fase comeza o 30 de setembro de 2003 e conclúe o 16 de decembro de 2003. No BOP do 1 de marzo de 2004, ábrese o período de vista e reclamacións do apeo da primeira fase, poñendo á disposición dos interesados o plano e as actas do apeo e o 3 de marzo remítese o mesmo anuncio aos lindantes afectados.

Durante a primeira fase non foron presentadas reclamacións sobre as liñas fixadas polos piquetes 1 a

8, 15 a 102, 104 a 206, 206 a 1, 208 a 248, 249 a 357, 361 a 363, 373 a 397 e 397 a 207 polo que, como consecuencia, quedan como definitivas no deslindamento, de acordo co establecido no artigo 94 do Regulamento de montes.

As liñas reclamadas son as fixadas polos piquetes 8 a 13, 13 a 15, 102 a 104, 207 a 208, 248 a 249, 357 a 361 e 363 a 373, polo que pasan á segunda fase de acordo co establecido no artigo 95 do mesmo regulamento.

Quinto.-O 4 de xuño de 2004 publícase no DOG nº 107 o anuncio do edicto de deslindamento e fíxase como data de comezo do apeo o 13 de setembro de 2004, de acordo co establecido nos artigos 96 ao 124 do Regulamento de montes aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, fanse as notificacións, con xustificante de recepción, a todos os propietarios lindantes dos que se teñen coñecemento, así mesmo colócanse edictos no concello e nos sitios de costume. O Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra fai a clasificación da documentación presentada e o enxeñeiro operador realiza a clasificación de predios e dereitos, sendo preciso que o xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra fixera anotacións preventivas no predio Chan de Rapadouro e no monte veciñal en man común Montes de Vincio.

Sexto.-O apeo das liñas da segunda fase comeza o 13 de setembro de 2004 de acordo co indicado no edicto e conclúe o 10 do marzo de 2005. No DOG do 28 de xuño de 2005 e mediante anuncio, ábrese o período de vista e reclamacións do expediente, remitíndose o dito anuncio aos concellos de Nigrán, Vigo e Gondomar e aos lindantes afectados para a súa máxima difusión.

Sétimo.-Recibíronse dúas reclamacións que foron informadas polo Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra e remitida co dito informe, á comunidade afectada para que manifestase a súa conformidade ou disconformidade con estas, respondendo o presidente da

Comunidade de Chandebrito opoñéndose ás reclamacións formuladas.

Finalmente, o 14 de outubro de 2005 o xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra remite o expediente, xunto co seu informe-proposta, á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais que informa favorablemente no senso proposto polo xefe do servizo.

Fundamentos de dereito.

I Que de acordo co disposto nos reais decretos 167/1981, do 9 de xaneiro; 1706/1982, do 24 de xullo e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, nos decretos 211/2005, e 232/2005, polos que se establece a estrutura orgánica dos departamentos da xunta de Galicia, o conselleiro do Medio Rural é competente para ditar esta orde.

II

O Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra é competente para levar adiante o dito deslindamento, cumpridas todas as prescricións legais no que fai refencia á publicidade, notificación e demais requisitos exixidos nos artigos 82 ao 125 do Regulamento de montes aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

III

As resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común son as únicas que outorgan a propiedade, e estas só poden modificarse por sentenzas dos tribunais ordinarios polo que o enxeñeiro operador non pode senón dar cumprimento á do 28 de xaneiro de 1983 ao facer o apeo e na súa proposta.

Tendo en conta os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación e o informe-proposta do xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais,

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar o deslindamento do monte veciñal en man común Chandebrito, pertencente á comunidade da parroquia do mesmo nome do concello de Nigrán (Pontevedra), de acordo coas actas, rexistros topográficos e planos que figuran no expediente, quedando o monte coa seguinte descrición:

Provincia: Pontevedra.

Nome: Chandebrito.

Concello: Nigrán.

Pertenza: CMVMC de Chandebrito.

Cabida total do monte: 210,4 ha.

Parcela Sanomedio:

Lindes:

N: monte veciñal en man común de Coruxo e concello de Vigo.

L e S: predios particulares da parroquia de Chandebrito.

O: monte veciñal en man común de Camos.

Cabida: 91,5 ha.

Situados:

Tomada do Ferreiro.

Superficie: 2,9 ha.

Devesa do Ferreiro.

Superficie: 1,7 ha.

Situado 3.

Superficie: 0,22 ha.

Descrición de lindeiros: iníciase no piquete nº 1 no alto de Coruxo e seguindo a liña do linde municipal entre Nigrán e Vigo, fanse coincidir os piquetes 1, 2, 3 e 4 cos 131, 130, 129, e 128 correspondentes ao deslindamento do monte de utilidade pública nº 539-1 na actualidade monte veciñal en man común de Coruxo e seguindo o borde do cortalumes. Lindante neste tramo é a Comunidade de Montes de Coruxo. Desde o piquete 4 seguindo polo 5, 6, 7, 10 e 15 seguimos polo límite dos concellos de Nigrán e Vigo. Lindantes neste tramo propietarios particulares descoñecidos. Neste piquete a alineación xira ao suroeste ao longo dos piquetes 19, 20 e 21, cambiando de novo á dirección surdés do piquete 21 ata o 27, seguindo muros de pedra e con lindantes descoñecidos.

Desde o piquete 27 ao 34 a liña discorre en dirección oeste, sendo os lindantes Daniel Viéitez, Olivia Domínguez e herdeiros de Avelino San Román. Desde o piquete 34 ao 35 a alineación é en dirección norte e o lindante é Ángel o Manuel San Román. Do piquete 35 ao 43 a liña sigue orientación oeste e os lindantes son Ángel San Román e Daniel Viéitez. O linde continúa polos piquetes 43, 44, 44 bis, e 63 ao 72 con rumbo xeral surdés e cos lindantes Daniel Viéitez, Carmen Viéitez, Rafael Costas, herdeiros de Daniel Viéitez, Rafael Costas e Julio Rodríguez.

Os piquetes 45 ao 62 delimitan o situado Tomada do Ferreiro.

Do piquete 72 ao 76 a dirección é suroeste e a lindancia con Arundina Correa, Eladio Rodríguez, Esther Correa e Manuel Costas. A liña segue polos piquetes 87 ao 93 en dirección leste e os lindantes son Casiano Domínguez, Divina Vidal, Esther Correa e Casiano Domínguez.

Os piquetes 77 ao 86 delimitan o situado Devesa do Ferreiro.

Do piquete 93 ao 103 a dirección é sur e os lindantes son Eladio Rodríguez, Juan Pérez, Julio Rodríguez, Félix Otero, Evaristo Fernández, Eladio Rodríguez, Manuel Domínguez, Milagros Santos, Rosa Brito, Teresa Fernández e Manuel Pérez. Do piquete 103 ao 104 a dirección é oeste e a lindancia é con Teresa Fernández. Entre os piquetes 104 e 129 a dirección é surdés e os lindantes son Teresa Fernández, Evaristo

Fernández, Manuel Pérez, Flora Comesaña, Rosa Pérez, José Otero, herdeiros de José Otero, Manuel Orge e Antonio Fontán e descoñecidos.

Os piquetes 123 ao 126 delimitan o situado 3.

Do piquete 129 ao 133 a alineación é leste e os lindantes son descoñecidos. Do 133 ao 135 a orientación é sur e lindancia con herdeiros de Cándido Domínguez. Do 135 ao 140 a dirección é oeste e a lindancia é con herdeiros de Cándido Domínguez. Do 140 ao 144 a orientación é sur e o mesmo lindante. Do 144 ao 146 a dirección é nordés e segue o mesmo lindante. Do 146 ao 149 xira ao sur e a lindancia é pista forestal a estrada Nigrán-Vincios. Do 149 ao 153 segue orientación suroeste e o lindante é Antonio Costas. Do 153 ao 160 ten orientación sur seguindo muro, cruzando entre os piquetes 159 e 160 a estrada Nigrán-Vincios e os lindantes son descoñecidos. Do piquete 160 ao 170 a orientación é nordés, segue o muro e os lindantes son descoñecidos. Do piquete 170 ao 174 a orientación é surdés seguindo o muro de pedra e con lindantes descoñecidos. Do piquete 174 ao 177 cambia a nordés, do 177 ao 178 a dirección é suroeste e ata o 179 a dirección é sur, neste tramo os lindantes son descoñecidos.

Do piquete 179 ao 184 a dirección é suroeste seguindo o borde da pista e os lindantes son descoñecidos. Do piquete 184 ao 186 a orientación é noroeste cruzando de novo a estrada Nigrán-Vincios, do 186 ao 193 a alineación é norte seguindo muro de pedra, do 193 ao 197 xira de dirección oeste a dirección sur, en todo este tramo os lindantes son descoñecidos.

No piquete 197 comeza a lindancia coa Comunidade de Montes de Camos, polo que deste piquete ata o 1 se segue unha dirección noroeste, e respéctase o acordo establecido entre ambas comunidades.

Parcela Presín o Regamán:

Lindes:

N: monte veciñal en man común de Coruxo, monte veciñal en man común de Valladares, concello de Vigo e predios particulares da parroquia de Chandebrito.

L: monte veciñal en man común de Vincios.

S: predios particulares da parroquia de Chandebrito.

O: predios particulares da parroquia de Chandebrito e barrio da Igrexa.

Cabida: 118,7 ha.

Encravados:

Cova de Lobo.

Superficie: 1,2 ha.

Descrición de lindeiros: iníciase a descrición desta parcela no piquete 207 situado no alto de Canaval, correpondendo co marco nº 1 do deslindamento do monte de utilidade pública nº 540-545 e co marco nº 190 do deslindamento do monte de U.P. nº 560. A partir deste marco o linde segue en dirección suroeste polos piquetes 208', 209', 210' e 211' coincidindo os tres primeiros cos marcos nº 196, 195 e 193 do deslindamento do monte de U. P. nº 540-545. Do 211' ao 212' a dirección cambia a sur, atopándose

este último no afloramento rochoso nomeado Outeiro Redondo. Do 212' ao 213' a dirección é a mesma coincidindo este último co marco nº 175 do deslindamento do monte de U.P. nº 540-545, en todo este tramo a lindancia é coa Comunidade de Montes de Vincios.

Do piquete 213' ao 220' a dirección é noroeste seguindo muro de pedra e a lindancia é con propietarios descoñecidos. Do piquete 220' pásase ao 208 e ata o 210 a dirección é noroeste seguindo muro de pedra e a lindancia con propietarios descoñecidos. Do piquete 210 ao 212 a dirección cambia a sur e de novo cambia a oeste ata o piquete 214 no que volve a cambiar a dirección sur ata o 215 no que cambia a dirección leste ata o piquete 217, todos os lindantes deste tramo son descoñecidos. Do piquete 217 ao 230 a dirección é sur e os lindantes son descoñecidos. Do piquete 230 ao 246 a dirección é suroeste e os lindantes son descoñecidos. Do 246 ao 250 a dirección é noroeste e os lindantes son Rogelio Rodríguez e Carmen Rodríguez. No piquete 250 comézase a bordear o núcleo rural de Pracíns ata o piquete 257 seguindo a dirección noroeste, e os lindantes son Isabel Otero, Clotilde Roades, Santos Fernández e Julia Otero. Do piquete 257 ao 271 a dirección dominante é norte e os lindantes son

Julia Otero, camiño, Julia Otero, Estrella Rodríguez, Secundino Pérez, Agustín Rial, Cecilia López, Carmen Pérez, Máximo Iglesias e Jesús Rial.

Os piquetes 272 a 280 delimitan o situado Cova de Lobo.

Do piquete 281 ao 284 a dirección é norte e os lindantes son Manuel Pérez e a Rectoral da parroquia de Chandebrito. No piquete 284 chégase ao núcleo rural da Igrexa que se rodea ata o piquete 316 e son lindantes neste tramo a escola de Chandebrito, a estrada da Igrexa, Elena Costas, Serafín Costas, estrada da Igrexa, Secundino Pérez, Rosa Otero, José Dávila, Luciano Iglesias, Ziola Otero, herdeiros de Claudino Pérez, Jaime Iglesias, Raúl Busto e Rafael Iglesias.

Os piquetes 317 ao 323 delimitan a parcela Buenos Aires.

Do piquete 316 ao 334 a dirección é norte e os lindantes son Olivia Pérez, Ana Alonso e Olivia Domínguez, o piquete 330 anúlase a petición da Comunidade de Chandebrito por resultar innecesario. Do piquete 334 ao 345 a dirección é leste e os lindantes descoñecidos. Do piquete 345 ao 355 a dirección é norte e os lindantes son Herminio Vidal, Rafael Costas e descoñecidos. Do piquete 355 ao 358 a dirección é leste os piquetes 357 e 358 coinciden cos marcos nº 29 e 28 do deslindamento do monte de U.P. nº 539 que coincide co monte veciñal en man común de Coruxo sendo a dita comunidade a lindante. Do piquete 358 ao 358' a dirección é norte ata o límite entre os concellos de Vigo e Nigrán seguindo o deslindamento do monte de U.P. citado e polo mesmo a lindancia é coa comunidade de Coruxo. Do piquete 358' ao 362 séguese o límite entre os ditos concellos, os piquetes 361 e 362 coinciden cos marcos nº 254 e 253 do deslindamento do monte de U.P. nº 560,

neste tramo a lindancia é coa comunidade de Valladares. Do piquete 362 séguese ata o 364 e 365' ata o 370' tirando do oeste ao sur e surdés, a lindancia é con descoñecidos, Dolores Costas e herdeiros de Gumersindo Costas. Do piquete 370' pásase ao 374 seguindo a mesma dirección e cos mesmos lindantes. Do piquete 374 ao 382 a dirección é primeiro surdés e despois suroeste e os lindantes descoñecidos.

Do piquete 382 ao 389 a dirección é surdés e os lindantes descoñecidos. Do piquete 389 ao 395 a dirección é norte e lindantes descoñecidos. Do piquete 395 ao 207 séguese o límite dos concellos de Vigo e Nigrán, os piquetes 395, 396, 397 e 207 coinciden cos marcos nº 193, 192, 191 e 190 do monte de U.P. nº 560 e a lindancia é coa Comunidade de Montes de Valladares. No piquete 207 péchase o deslindamento desta parcela.

Parcela Buenos Aires.

Lindes:

N, L, S e O: predios particulares do barrio da Igrexa.

Cabida: 0,18 ha.

Descrición de lindeiros: a parcela atópase delimitada polos piquetes 317 ao 323 e os seus lindantes son Venancio Vidal, Carmen Alonso, Olivia Domínguez e Clotilde Roades.

Segundo.-Declarar atribuída ao monte veciñal en man común Chandebrito o terreo que se atopa entre os piquetes 102, 103 e 104 e que reclama Teresa Fernández Pérez.

Terceiro.-Acordar a cancelación das anotacións preventivas practicadas no Rexistro da Propiedade número dous de Vigo que afecten aos predios seguintes:

Montes de Vincios veciñal en man común pertencente á Comunidade de Vincios.

Chan de Rapadouro reclamada por Teresa Fernández Pérez que non aparece inscrita no Rexistro da Propiedade.

Cuarto.-Declarar, expresamente, que no referente ás reclamacións de propiedade, esta resolución esgota a vía administrativa e que queda expedita a xudicial civil.

Quinto.-Recoñecer posuídos por particulares os situados descritos no punto primeiro:

Tomada do Ferreiro o Xilalde.

Devesa do Ferreiro.

Cova de Lobo.

Encravado 3.

Sexto.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación, no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, á elección do recorrente, recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que

teña o seu domicilio o demandante ou o de Pontevedra, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, e nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que se estime pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2005.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural