DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 30 de novembro de 2005 Páx. 19.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2005 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo oficial que figura ao final da convocatoria, dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, rúa San Lázaro, 83, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 95 71 06, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 5 de decembro de 2005.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 11 de febreiro de 2004 (DOG número 34, do 18 de febreiro).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa nos cursos coa perda de todos os dereitos.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2005.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: dereito sancionador en materia de caza

e pesca fluvial

1. Obxectivos:

Acadar coñecementos sobre dereito sancionador en materia de caza e pesca fluvial.

2. Destinatarios:

Persoal que realice funcións de vixilancia da caza e da pesca fluvial.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 4 horas.

3.2. Lugar de realización: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa de Madrid, 2-4.

3.3. Datas: 19, 20, 21 e 22 de decembro de 2005.

3.4. Horario: 16.30 a 20.30 horas.

3.5. Prazas: 25 por edición.

4. Contido:

Principios de procedemento sancionador. Regras xerais de procedemento. Tramitación. Exercicios prácticos.