DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 30 de novembro de 2005 Páx. 19.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de novembro de 2005 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 13 de maio de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 25 de maio) de concesión de axudas aos estudantes universitarios galegos ou descendentes de galegos que cursen os seus estudos nalgunha universidade do sistema universitario de Galicia así como para aqueles que cursen os seus estudos nalgunha universidade de fóra do sistema universitario de Galicia, interesados en solicitar os créditos bancarios para financiamento dos seus estudos universitarios de 3º ciclo e prorrogar os concedidos na convocatoria anterior.

Por Orde do 13 de maio de 2005 (DOG do 25 de maio) aprobáronse as bases que rexen a convocatoria pública de axudas aos estudantes universitarios galegos ou descendentes de galegos que cur

sen os seus estudos nalgunha universidade do sistema universitario de Galicia así como para aqueles que cursen os seus estudos nalgunha universidade de fóra do sistema universitario de Galicia, interesados en solicitar os créditos bancarios para financiamento dos seus estudos universitarios de 3º ciclo e prorrogar os concedidos na convocatoria anterior.

De acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria, desde o día 3 ao día 13 de outubro de 2005 (ambos os dous incluídos), expuxéronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formular as reclamacións para emendar erros e falta de documentos perante a Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de posibles beneficiarios do préstamo subsidiado aos estudantes universitarios de terceiro ciclo, correspondentes ao curso 2005-2006, que se relacionan no anexo I desta orde, sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 420,70 euros correspondentes á partida orzamentaria 55.04.322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Os estudantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entregar o xustificante de matrícula e que, de acordo co establecido no artigo 7 letra d) da orde de convocatoria, presentaron a declaración xurada comprometéndose a entregar o xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización, non poderán asinar o contrato do préstamo coas entidades bancarias mentres non presenten na Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, antes do día 15 de decembro de 2005, o mencionado xustificante. A Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia entregaralles a correspondente autorización para que poidan asinar os contratos coa entidade bancaria.

Segundo.-Facer pública a relación de beneficiarios das prórrogas do préstamo subsidiado aos estudantes universitarios de terceiro ciclo, correspondentes ao curso 2005-2006, que se relacionan no anexo II desta orde, aos que se lles concedeu o préstamo nas convocatorias anteriores, sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 180,30 euros correspondentes á partida orzamentaria 55.04.322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Os estudantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entregar o xustificante de matrícula e que, de acordo co establecido no artigo 7 letra b) da orde de convocatoria, presentaron a declaración xurada comprometéndose a entregar o xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización, non poderán ser beneficiarios de prórroga mentres non presenten na Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, antes do día 15 de decembro de 2005, o mencionado xustificante. A dirección xeral entregaralles a correspondente autorización para que a entidade bancaria lles manteña a prórroga.

Terceiro.-O solicitante que figura no anexo I como denegado deberá considerar desestimada a súa solicitude pola causa que nel se especifica.

Cuarto.-Os posibles beneficiarios dos préstamos subsidiados desta convocatoria, que se relacionan no anexo I desta orde, realizarán os trámites do préstamo coas entidades financeiras (Banco Pastor, Caixa de Aforros de Galicia, Caixanova, Banco Gallego, Banco Simeón e Banco Etcheverría) asinantes do convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de decembro de 2005.

Quinto.-O incumprimento total ou parcial por parte dos posibles beneficiarios, tanto dos préstamos como das prórrogas, de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 13 de maio de 2005, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

3º Ciclo nova adxudicación

Concedida

NÚM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONTÍA

2005/000002-036169288VGONZALEZ-POLEDO BERMUDEZ, ELENA6.010,12

Concedidas pendentes de entregar

o xustificante de matrícula

NÚM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONTÍA

2005/000006-034870865JALONSO MIGUEZ, JESUS M.3.005,06

2005/000004-047355425NECHEVARRIA CANOURA, CRISTINA3.005,06

2005/000001-033344156KGONZALEZ QUINTANA, EMILIO6.010,12

2005/000005-034637247YMOREDA LEIRADO, Mª LUISA3.005,06

Denegadas

NÚM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DE

DENEGACIÓN

2005/000003-033339712QCASTRO LAMAS, IRIA MARIANON SE AXUSTA AS BASES DA CONVOCATORIA

ANEXO II

3º Ciclo prórroga

Concedida

NÚM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEPRÓRROGA

2005/000001-032624394QALVAREZ SAAVEDRA, MANUEL1ª P

Concedida pendente de entregar

o xustificante de matrícula

NÚM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEPRÓRROGA

2005/000003-035572909MDOMINGUEZ PEREIRA, OSCAR1ª P