DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 30 de novembro de 2005 Páx. 19.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN conxunta do 18 de outubro de 2005, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se resolve a concesión de premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables en Galicia.

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o Instituto Enerxético de Galicia convocaron por Resolución conxunta do 7 de abril de 2005 (DOG do 22 de abril) premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables en Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 7 da devandita resolución conxunta, o día 18 de outubro de 2005 constituíuse o xurado encargado de avaliar os traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o Instituto Enerxético de Galicia

DISPOÑEN:

Primeiro.-Conceder os premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables convocados por Resolución conxunta do 7 de abril de 2005, aos traballos que se relacionan no anexo á presente resolución.

Segundo.-Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Única.-A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2005.

María José Pérez MariñoXoán Ramón Doldán García

Directora xeral de OrdenaciónDirector do Instituto Enerxético

e Innovación Educativade Galicia

ANEXO

* Modalidade educación primaria-1º premio.

Título: Sopra o vento no Cra.

Coordinador: Rosa María Barreiro Carujo.

Centro: CRA Nosa Señora do Faro, sito na travesía Rúa do Concello 14, Ponteceso, 15110-A Coruña.

* Modalidade educación primaria-2º premio.

Declárase deserto e, segundo o punto 3º do artigo 7 da resolución, determina a súa acumulación e compartimento dentro dos accésits da modalidade de educación secundaria.

* Modalidade educación secundaria-1º premio.

Título: As enerxías renovables no IES Castro da Uz.

Coordinador: Xosé López Somoza.

Centro: IES Castro da Uz, sito na rúa José Mª Penabad López s/n, As Pontes de García Rodríguez, 15320-A Coruña.

* Modalidade de educación secundaria-2º premio.

Título: Seguidor solar autónomo.

Coordinador: Luis Mel Galocha.

Centro: IES María Sarmiento, sito na rúa Misericordia 58, Viveiro, 27850-Lugo.

* Modalidade de educación secundaria-Accésit 1.

Título: Abastecemento enerxético dun edificio de vivendas mediante enerxía solar térmica, enerxía solar fotovoltaica e trixeración con pila de combustible.

Coordinador: José Abelairas Vilariño.

Centro: IES As Mercedes, sito na estrada de Madrid 75, 27002-Lugo.

* Modalidade de educación secundaria-Accésit 2.

Título: Promover o uso das cociñas solares.

Coordinador: Rodrigo Pérez Pintos.

Centro: IES de Meaño, sito rúa dos Colexios, Meaño-Dena, Pontevedra.