DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 29 de novembro de 2005 Páx. 18.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo do sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo, asinado o día 27 de setembro de 2005 pola representanción da Asociación de Transporte de Viaxeiros e das centrais sindicais UGT (66,7%) e CC.OO. (13,3%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartado 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de outubro de 2005.

José Miguel Vázquez Calvo

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de transporte de viaxeiros

por estrada da provincia de Lugo

2005-2006

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións deste convenio obrigan a totalidade das empresas e traballadores dedicadas a acti

vidades do transporte de viaxeiros por estrada de Lugo, así como ao persoal que, en adiante, forme parte dos cadros de persoal.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo regula as relacions laborais entre as empresas adicadas ao transporte de viaxeiros na provincia de Lugo e ao persoal que nelas preste os seus servizos, quedando excluídos das disposicións deste convenio as persoas que desempeñan cargos de alta dirección a que se refire o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio afecta a Lugo e provincia así como aos centros de traballo situados nela, aínda que as empresas tivesen o seu domicilio social en provincia distinta.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo será desde 1 de xaneiro de 2005 ao 31 de decembro do 2006.

Artigo 5º.-Denuncia.

Rematada a vixencia deste convenio colectivo, enténdese o mesmo automaticamente denunciado, sen necesidade de formalidade ningunha, manténdose a vixencia dos seus contidos normativos ata a sinatura doutro que os substitúa.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas, forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

En caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará a súa totalidade, sen eficacia práctica, negociándose todo o seu contido, quedando en tanto vixente o anterior convenio.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

Todas as melloras contidas neste convenio teñen o caracter de mínimas, dentro das condicións pactadas, respectándose as condicións que impliquen

para o traballador condicións máis beneficiosas que as convidas, manténdose ad personam en canto excedan das pactadas.

En ningún caso serán absorbibles polas melloras estipuladas neste convenio, os suplidos por gastos que as empresas viñan satisfacendo aos/ás seus/súas traballadores/as.

Artigo 8º.-Lexislación supletoria.

Todos os aspectos que non estean desenvoltos neste convenio colectivo estarán ao disposto no Estatuto dos traballadores, Real decreto 1561/1995, convenio da OIT nº 153, regulado pola CEE nº 3820/1985, e 3821/1985, como norma supletoria e demais disposicións legais de xeral aplicación. A ordenanza laboral de transporte por estrada, asumirase como corpo do convenio, podendo ser modificados estes aspectos só se se acorda entre as partes, en convenios posteriores.

Artigo 9º.-Xornada de traballo para o persoal de movemento.

A xornada ordinaria de traballo será de l.800 horas anuais, en cómputo bimensual, considerándose como horas extraordinarias as que excedan da dita xornada, respectándose, en todo caso, a normativa vixente en materia de condución.

O tempo total de condución non poderá exceder de nove horas diarias, agás dúas veces por semana, que poden chegar a 10 horas, sendo de aplicación os regulamentos da CEE 3820/1985 e 3821/1985, así como o Real decreto 1561/1995.

Descanso diario: once horas consecutivas, no obstante, pode reducirse o descanso diario de once a nove horas, tres veces por semana, pero á semana seguinte haberá de compensar o descanso non tomado. Tamén o descanso de once horas se pode substituír por un descanso tomado en dous ou tres períodos durante as 24 horas, sendo un dos períodos, como mínimo, de oito horas, entón o descanso diario pasa a doce horas.

Nos transportes interurbanos, ningún traballador poderá conducir de maneira inenterrompida máis de catro horas sen facer unha pausa, salvo que a condución de media hora máis permita a chegada ao punto de destino.

A duración mínima da pausa será de corenta e cinco minutos, sendo susceptibles de fraccionamento ao longo do tempo de condución.

O posible exceso de horas de traballo efectivo no cómputo inferior ao bimestre poderá compensarse co tempo de descanso non tendo a consideración de extraordinaria sempre que non excedan da xornada establecida en cómputo bimestral.

Artigo 10º.-Definición do tempo traballo.

1. Para o persoal en movemento.

a) Traballo efectivo:

-A condución durante a circulación do vehículo.

-Os traballos auxiliares que fagan en relación co vehículo, os viaxeiros ou a súa carga.

b) Tempo de presenza:

Será tempo de presenza aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa, tanto nos locais como no vehículo.

Terán a consideración de tempo de presenza as gardas, reténs, espectativas, avarías (sempre que non participe de forma efectiva e material), esperas, comidas en ruta e outras similares en que o/a traballador/ra, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa.

O tempo de presenza non excederá de 40 horas bisemanais.

As horas de presenza non se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual contía que as horas ordinarias. Poderán, porén, computarse para efectos de xornada cando se realicen menos horas de traballo efectivo que as legalmente autorizadas, neste caso poderán ser computadas para completar a xornada.

c) Tempo de espera:

Terá a consideración de tempo de espera aquel en que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin de traxecto.

Computarase o 50% e aboarase como o tempo de presenza. Considerarase que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, cando poia dispoñerse libremente do seu tempo por non estar á disposición da empresa.

As esperas en localidades de principio ou fin de traxecto, fóra da residencia do traballador ou do lugar da súa toma habitual do servizo, non computará para efectos de xornada, nin como traballo efectivo, nin como tempo de presenza.

2. Para o resto do persoal.

O tempo de traballo computarase de xeito que tanto ao comenzo como ao remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Descanso semanal e festivo.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido, que por acordo ou pacto entre empresa e traballadores poderá acumularse conforme a lexislacion vixente.

As festas laborais que terán caracter retribuído e non recuperable serán de 14 ao ano, das cales dúas serán locais, os traballadores que por calquera razón teñan que traballar nun destes 14 días, recibirán unha compensación de 6 euros por cada día traballado, sen que isto supoña ningunha perda dos restantes dereitos que teña por traballar un día festivo.

Cando excepcionalmente e por razons técnicas ou organizativas non se puidera desfrutar do día de festa correspondente ou, se é o caso, do descanso semanal, a empresa poderá optar entre proporcionar un descanso compensatorio ao traballador dentro dos 30 días seguintes, ou aboarlle os salarios correspondentes cun incremento do 75%.

Todos aqueles traballadores que traballen a quendas, con descansos rotativos de dous días, terán que coincidir un deles en domingo, como mínimo unha vez ao mes, en cómputo bimensual.

Artigo 12º.-Vacacións.

Os/as traballadores/as afectados por este convenio colectivo desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade ou categoría profesional, de acordo coa normativa laboral vixente. O seu desfrute non se poderá iniciar en días nin de descanso semanal nin en días festivos.

Para os/as traballadores/as que ingresen ou rematen o seu contrato no transcurso de ano, ratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servizos.

No primeiro trimestre do ano acordarase o calendario de vacacións que se procurará pactar cos representantes legais dos traballadores/as, e en ausencia destes/as, propios/as traballadores/as.

Artigo 13º.-Licenzas retribuídas.

O/a traballador/a, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algúns dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de casamento.

b) Tres días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento por tal efecto o prazo será de cinco días.

c) Un día por casamento de pais ou fillos do traballador.

d) Un día por traslado do domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o comprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, coas peculiaridades que establece o Estatuto dos traballadores e demais disposicións de aplicación.

f) Dous días de asuntos propios con obrigatoriedade de comunicarllo á empresa con 48 horas de antelación.

Artigo 14º.-Formación profesional.

De xeito unánime vénse recoñecendo á formación profesional continua dos/as traballadores/as ocupa

dos, un valor estratéxico para mellorar a competitividade das empresas, por todo iso, e en comprimento e desenvolvemento do Acordo Nacional da Formación Continua, subscrito o 16 de decembro de 1992, as partes acordan:

* Creación dunha comisión mixta paritaria no ámbito contractual, para a aplicación, seguimento e desenvolvemento do acordo mencionado anteriormente. A vixencia desta comisión será a da vixencia do acordo.

As súas funcións serán:

a) A promoción de plans, organización, xestión, distribución de fondos ou, se é o caso, execución das accións formativas e xustificación delas, así como a regulación e concesión dos permisos para a formación, previstos no texto do acordo nacional.

b) Calquera outra función que as partes acorden por unanimidade.

-No prazo dun mes, desde a asinatura do convenio, deberase constituír a citada comisión, dotándose das súas propias normas de funcionamento.

-De acordo co previsto na disposición derradeira primeira do acordo nacional sobre formación continua, procédese á súa inserción como anexo a este convenio colectivo.

Artigo 15º.-Permiso de conducir.

Os/as condutores/as a quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta dela, se lles retire o seu permiso de condución por tempo non superior a 182 días, destinaranse durante este tempo a outro traballo aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgúns dos servizos de que dispoña a empresa e seguirá percibindo o salario que lle corresponda á súa categoría.

O disposto neste artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os condutores que se visen privados do permiso de conducir a consecuencia do consumo de drogas ou a inxestión de bebidas alcohólicas, no exceso sobre o permitido pola lei.

Artigo 16º.-Compensación no caso de baixa.

As empresas completarán a diferenza entre a compensación percibida con cargo a Seguridade Social por incapacidade temporal, e o salario deste convenio cando aquela estea motivada por accidente de traballo con hospitalización; no caso de non se producir hospitalización, o complemento citado aboarase cun máximo de 70 días.

No caso de baixa por enfermidade común, as empresas completarán a diferenza entre a compensación percibida e o 85% do salario.

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito funcional deste convenio concertarán as seguintes pólizas:

a) Persoal de movemento.

Para estes traballadores, terase en conta a póliza de seguros que establece a lei e o regulamento do seguro obrigatorio de viaxeiros, sendo a contía dela, en caso de morte 36.060,73 euros e de 42.070,85 euros no caso de invalidez permanente, nos supostos de accidente producidos no autocar.

b) Resto do persoal.

Exclusivamente para o persoal de non movemento, contratarase unha póliza de seguros cunha entidadade aseguradora que cubra a contía de 15.025,30 euros en caso de morte por accidente laboral e de 21.035,42 euros no caso de invalidez permanente absoluta, derivada así mesmo de accidente laboral.

Artigo 18º.-Gastos de traslado por falecemento en accidente de traballo ou incapacidade do traballador.

No caso dun traballador, en comisión de servizo fóra da súa residencia habitual, morra ou quede imposibilitado para volver á súa residencia, a empresa farase cargo do traslado ata o seu domicilio acompañado de dous familiares, no caso de que estes gastos non estivesen cubertos por un seguro ou fose imputable a terceiros.

Artigo 19º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores que con dez anos de antigüidade como mínimo na empresa, decidan voluntariamente xubilarse, de forma adiantada, sempre e cando exista acordo entre ambos, terán dereito ao desfrute de vacacións retribuídas na duración que seguidamente se relaciona:

Aos 60 anos de idade: 10 meses.

Aos 61 anos de idade: 9 meses.

Aos 62 anos de idade: 7 meses.

Aos 63 anos de idade: 6 meses.

A solicitude deberá efectuala o traballador cun mes de antelación ao comprimento da idade na que pretende acollerse a estes beneficios.

A xubilación será forzosa ao cumprir traballador os 65 anos, sen excepción, sempre que reúna os requisitos exixidos pola Seguridad Social sobre períodos de carencia, en atención ás melloras e condicións pactadas neste convenio.

Sempre que exista acordo previo e para cada caso concreto, entre empresa e traballador, este poderá acollerse á xubilación anticipada aos 64 anos que regula o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 20º.-Maternidade.

Excedencia:

Os/as traballadores/as terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atender

o coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá remate ao que se viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Durante o primeiro ano, desde o comenzo de cada situación de excedencia, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo e a que o dito período lle sexa computado para efectos de antigüidade. Rematado este, e ata a finalización do período de excedencia, serán de aplicación, salvo pacto colectivo ou individual en contra, as normas que regulan a excedencia voluntaria.

Suspensión:

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, ampliables por parto múltiple ata 18 semanas. O período de suspensión distribuirase á opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto, podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo, no caso de falecemento da nai.

No non previsto seguirase o disposto no artigo 48.4º do Estatuto dos traballadores e a Lei 39/1999, do 5 de novembro, en canto ao seu contido que modifique normas de carácter laboral.

Lactación:

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións.

A muller, pola sua vontade poderá substituír este dereito por unha redución da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ambos os dous traballen.

Artigo 21º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

1. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ao cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase:

a) Pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ao traballo.

b) A quen teña cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións sindicais máis representativas, que así mesmo imposibiliten a asistencia ao traballo.

O reigreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ao cesamento no cargo público ou sindical.

2. O/A traballador/a cunha antigüedade dun ano na empresa, polo menos, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito, só poderá ser exercido outra vez polo/a mesmo/a traballador/a se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O/a traballador/a excedente conserva só un dereito preferente ao reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

Artigo 22º.-Viaxes para xubilados.

O persoal xubilado polas empresas deste convenio terá dereito a oito viaxes ao ano, incluído o seu cónxuxe, nos servizos da empresa na que prestase os seus servizos no momento da sua xubilación. Para tal efecto, as empresas afectadas estenderán os correspondentes pases aos beneficiarios que os soliciten.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Todas as empresas, á parte do uniforme que entregarán aos seus traballadores/as, entregarán especialmente ao persoal de taller, a seguinte roupa ao ano cómo mínimo: dúas fundas e calzado adecuado cando o traballo o requira. Os/as condutores/as que realicen viaxes interurbanos percibirán unha funda ao ano. As empresas entregarán ademais anualmente uniforme de verán no mes de maio e de inverno no mes de setembro para todo o persoal.

Artigo 24º.-Salarios.

Os incrementos salariais serán do 3% para cada un dos anos de vixencia deste convenio colectivo.

Artigo 25º.-Revisión salarial.

Unha vez coñecido o IPC real o 31 de decembro de cada un dos anos de vixencia deste convenio, procederase á seguinte revisión á alza. Para o ano 2005 do IPC previsto o IPC real máis 0,5%. Para o ano 2006 do IPC previsto o IPC real mais 1%, e con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro.

Artigo 26º.-Antigüidade.

As contías que os traballadores/as viñesen percibindo o 31 de decembro do 2002 como concepto de antigüidade consolídanse como complemento persoal, non sendo compensables nin absorvibles, revalorizándose anualmente co incremento de prezos ao consumo (IPC) real do ano anterior, facéndose esta primeira revision o 1 de xaneiro de 2005 co IPC real de 2004. A partir do 31 de decembro de 2003 non se xerará ningún dereito por concepto de antigüidade.

Aos traballadores/as que durante o ano 2003 xeren un chanzo superior no cálculo da antigüidade respetaráselles, recibindo como complemento persoal a cantidade resultante de aplicar a porcentaxe que lle corresponda sobre as xa mencionadas táboas do 2002.

Para calcualar o 31 de decembro de 2003 a antigüidade de cada traballador/a, sirva como referencia a seguinte táboa:

Con 2 anos, o 5% do salario base.

Con 4 anos, o 10% do salario base.

Con 9 anos, o 20% do salario base.

Con 14 anos, o 25% do salario base.

Con 15 anos, o 30% do salario base.

Con 19 anos, o 40% do salario base.

Con 24 anos, o 50% do salario base.

Con 29 anos ou mais o 60% do salario base.

Artigo 27º.-Pagas extraordinarias.

Todos os traballadores afectados por este convenio terán dereito a tres pagas extraordinarias de participación en beneficios, xullo e Nadal.

O importe de cada unha delas será o correspondente a unha mensualidade equivalente a 30 días de salario mais complemento persoal, e aboarase respectivamente na segunda decena dos meses de marzo, xullo e decembro, salvo pacto en contrario.

Artigo 28º.-Horas extraordinarias.

Tendo en conta a existencia dun gran número de traballadores en paro tenderase á eliminación das horas extraordinarias. Así mesmo as empresas terán que respectar escrupulosamente os topes existentes marcados pola lei, e o seu aboamento será segundo lei; en ningún caso o incremento será inferior ao 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria.

Artigo 29º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo que o salario se establecerá atendendo a que traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada, como mínimo nun un 25% sobre o salario base, proporcionalmente ao tempo traballado.

Artigo 30º.-Condutor-perceptor.

O condutor-perceptor cando desempeñe simultaneamente as función de condutor e cobrador percibirá ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial dun 20% máis sobre o seu salario base por cada día que realice ambas as funcións.

O aboamento do referido complemento efectuarase a razón do 20% do salario base de œ día de traballo cando a realización simultánea de funcións de condutor e perceptor non supere as 4 horas diarias e a razón do 20% do salario base do día completo sempre que se superen as 4 horas diarias de desempeño simultáneo de ambas funcións; a distribución de tempo será facultativa pola empresa.

A empresa que non desexe que o condutor-perceptor efectúe as funcións de cobranza, poderá establecer a fórmula que se vai aplicar, entón non percibirá a retribución por tal función.

Artigo 31º.-Complemento de presenza.

Dada a dificultade de determinar as horas de presenza, no caso individual, as partes acordan, un pagamento global delas de 80 euros mensuais para

o ano 2005 e 85 euros mensuais para o ano 2006, sempre e cando, sumando as horas efectivas, tempo de presenza e tempo de espera, supere a xornada laboral establecida, coa realización de horas de presenza e de espera, entendendo que ao superar a xornada laboral con horas efectivas dará lugar ao pagamento das correspondentes horas estruturais ou extraordinarias. Este complemento non se aboará durante as vacacións e durante os períodos de baixa por enfermidade ou accidente, a excepción dos casos nos que a baixa sexa a consecuencia de accidente producido durante o tempo de traballo efectivo, presenza ou espera.

Artigo 32º.-Complemento de transporte.

Establécese con carácter extrasalarial un complemento de transporte para todos os traballadores, consistente en 30,95 euros para os anos 2005 e 2006.

Artigo 33º.-Axudas de custo.

Dará dereito ao percibo da axuda de custos completa a realización dun servizo que obrigue o traballador a comer, cear e pernoitar fóra da súa residencia habitual.

A parte de axuda de custo correspondente á cea, percibirase cando o servizo realizado obrigue a efectuála fóra da súa residencia habitual, ou, en todo caso, cando o produtor saia antes das 20.00 horas e regrese despois das 22.00 horas.

Á parte da axuda de custo correspondente ao xantar percibirase cando o servizo realizado obrigue a efectualo fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o produtor saia antes das 12.00 e retorne despois das 14.00. Á parte da axuda de custos correspondente á pernoita percibirase cando o servizo realizado obrigue a pernoitar fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o regreso se efectúe despois das 00.00 horas.

As axudas de custo para satisfacer polo persoal que se despraza do seu lugar de residencia habitual por necesidade do servizo serán as seguintes:

Servizos regulares: axuda de custos completa 29,25 euros para o ano 2005 e 30,12 euros para o ano 2006, desagregadas da seguinte maneira:

Ano 2005Ano 2006

Comida 9.00 A 9.27 A

Cea 9.00 A 9.27 A

Pernoita11.25 A11.59 A

Servizos discreccionais: axuda de custos completa para todo o territorio estatal e Portugal, 54,70 euros. Para o ano 2005 e 56,34 euros para o ano 2006, desagregadas da forma seguinte:

Ano 2005Ano 2006

Xantar15.50 A15.96 A

Cea15.50 A15.96 A

Pernoita23.70 A23.70 A

Para o estranxeiro, excepto Portugal, a axuda de custos completa será de 65,99 euros para o ano 2005 e de 68 euros para o ano 2006.

Artigo 34º.-Quebranto de moeda.

Establecese en 19,03 euros, para os anos 2005 e 2006. para todo o persoal que teña que manexar fondos ata 1.502,53 euros ao mes e en 21,68 euros para os anos 2005 e 2006 para o persoal que manexe fondos desde 1.502,54 euros o mes.

Artigo 35º.-Atrasos de convenio.

Como queira que este convenio para efectos económicos retrotráese ao día 1 de xaneiro de 2005, os atrasos serán aboados polas empresas nun prazo máximo no superior a 90 días a partir da sinatura deste acordo, ou aos 30 días da publicación no BOP ou no DOG, sexa cal sexa a máis beneficiosa para o traballador/a.

Artigo 36º.-Seccións sindicais e delegados de persoal.

a) As partes asinantes deste convenio colectivo ratifican a súa condición de interlocutores válidos e recoñécense así mesmo como tales para instrumentar a través das súas organizacións unhas relación laborais baseadas no respecto mutuo e tendentes a facilitar a resolución de cantos conflitos e problemas xurdan nas empresas do sector.

b) O representantes sindicais poderán no ambito da empresa ou do centro de traballo:

-Celebrar reunións logo de notificación ao empresario, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturbar a a actividade normal da empresa.

-Recibir a información que lle remita o seu sindicato.

c) Coa finalidade de facilitar a difusión daqueles avisos que poidan interesar aos afiliados e aos traballadores en xeral, a empresa porá á súa disposición no taboleiro de anuncios que se deberá situar dentro do centro de traballo nun lugar onde se garante un axeitado acceso a el dos/as traballadores/as.

d) Quen ostente cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organización sindicais máis representativas, terán dereito a desfrutar dos permisos non retribuídos precisos para o desenvolvemento das funcións sindicais propias do seu cargo podéndose establecer por acordo limitaciósn ao gozo deles en función das necesidades do proceso produtivo.

Artigo 37º.-Control da contratación.

Seguirase o disposto na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, dos dereitos de información dos representantes legais dos traballadores, en materia de contratación.

Artigo 38º.-Competencia dos membros do comité de empresa e delegados de persoal.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis vixentes, recoñéceselle aos representantes

dos traballadores o dereito a ser informados pola dirección da empresa de:

1. Todos aqueles problemas de carácter colectivo que afecten aos traballadores en xeral.

Así mesmo, serán informados e oídos pola empresa con carácter previo nos seguiente casos:

-Restruturacións do cadro de persoal.

-Peches totais ou parciais definitivos ou temporais.

-Traslado de empresa total ou parcial.

-Implantación ou revisión de sistemas de organización de traballo.

-Fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa.

-Sancións impostas a traballadores.

2. Toda a información facilitada polas partes, entenderase como materia reservada e veranse obrigadas a gardar sixilo profesional.

Artigo 39º.-Acumulación de crédito horario.

O crédito horario retribuído, do que gozan os delegados de persoal ou membros do comité de empresa dunha mesma empresa, porán acumularse nun ou varios deles, sempre que pertenzan á mesma central sindical, aínda que iso permita liberar a sua actividade laboral, total o parcialmente, a calquera deles.

O acordo de acumulación e a designación da persoa ou persoas ás que se lles van aplicar as horas retribuídas, será comunicado polo responsable do sindicato baixo as listas ou siglas nas que foron elixidos os representantes dos traballadores que desexan acumular as súas horas.

Artigo 40º.-Comisión paritaria.

Para interpretar o contido deste convenio, vixiar o seu comprimento ou exercer as funcións de arbitraxe nos problemas ou funcións suscitados coma consecuencia da aplicación del, noméase unha comisión paritaria, formada polas centrales sindicais e a organización empresarial asinantes deste convenio, en número de cinco por cada unha das partes.

A comisión paritaria reunirase, por petición de calquera das partes, nun prazo máximo de dez días.

As funcións ou actividades da comisión mixta paritaria serán previas, pero en ningún caso obstruirán a competencia da xurisdición laboral.

Artigo 41º.-Contratación.

Desde a sinatura deste convenio colectivo, só se contemplará a posibilidade de contratación:

-Fixo.

-Fixo descontinuo.

-Eventual por circunstancias da produción como máximo 6 meses nun período dun ano.

-Substitución.

-Prácticas para persoal diplomado ou licenciado.

Artigo 42º.-Recoñecemento médico.

Os traballadores terán dereito a realizar un recoñecemento médico ao ano que correrá por conta da empresa. Os condutores poderán realizalo cada oito meses.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflitos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución dos conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG as partes asinantes deste convenio durante a vixencia do mesmo, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Segunda.-As partes asinantes deste convenio manifestan o seu interese en formalizar a negociación do convenio galego do transporte de viaxeiros para o ano seguinte.

Táboas salariais do transporte de viaxeiros

por estrada da provincia de Lugo

Ano 2005

CATEGORÍADÍA/MESANUAL

GRUPO I

XEFE DE SERVIZO1.201,5718.023.60
INSPECTOR PRINCIPAL1.070,9316.063.91
ENXEÑEIRO E LICENCIADO1.115,8616.737,95
ENXEÑEIRO TÉCNICO E AUXILIAR891,3313.369,93
A.T.S.828,7012.430,53

GRUPO II

XEFE DE SECCIÓN918,5013.777,52
XEFE DE NEGOCIADO864,0512.960,79
OFICIAL 1ª819,3012.289,54
OFICIAL 2ª785,6811.785,22
AUXILIAR ADINISTRATIVO781,2711.719,07
ASPIRANTE 16-17 ANOSSMISMI

GRUPO III

XEFE DE ESTACIÓN 1ª945,7514.186,20
XEFE DE ESTACIÓN 2ª909,4513.641,65
XEFE DE ADMINISTRACIÓN 1ª947,8514.217,72
XEFE DE ADMINISTRACIÓN 2ª909,4513.641,66
XEFE ADMINISTRACIÓN EN RUTA876,5113.147,58
VENDEDOR DE BILLETES766,0511.490,82
FACTOR25,8311.753,74
ENCARGADO DE CONSIGNA766,0511.490,82
REPARTIDOR DE MERCADORÍAS25,4111.561,59
MOZO25,4111.561,59
XEFE DE TRÁFICO 1ª952,5114.287,74
XEFE DE TRÁFICO 2ª909,4413.641,66
XEFE DE TRÁFICO 3ª873,1313.096,96
INSPECTOR27,8812.686,35
CONDUTOR27,4812.503,58
CONDUTOR-PERCEPTOR27,4812.503,58
COBRADOR25,5611.631,89
ENCARGADO XERAL 1ª945,7514.186,20
ENCARGADO 2ª909,4413.641,66
ENCARGADO DE ALMACÉN873,1413.097,12
ENGRAXADOR LAVACOCHES25,4111.561,59
GARDA DE NOITE25,4111.561,59
GARDA DE DÍA25,4111.561,59
MOZO25,4111.561,59
ENCARGADO 1ª945,7514.186,20
ENCARGADO 2ª909,4513.641,66
ENGRAXADOR25,4111.561,59
MOZO DE SERVIZO25,4111.561,59

GRUPO IV

XEFE DE TALLER981,1014.716,61
ENCARGADO CONTRAMESTRE862,7012.940,45
ENCARGADO DE ALMACÉN811,6912.175,42
XEFE DE EQUIPO28,7713.089,39
ENCARGADO XERAL846,3112.694,66
OFICIAL 1ª CONDUTOR-MECÁNICO27,8812.686,35
OFICIAL 2ª26,7112.152,09
OFICIAL 3ª25,8511.763,11
MOZO DE TALLER25,4111.561,59
APRENDIZ 1º, 2º, 3º E 4º ANOSMI

CATEGORÍADÍA/MESANUAL

GRUPO V

COBRADOR FACTURAS761,6811.425,29
TELEFONISTA761,6811.425,29
PORTEIRO761,6811.425,29
VIXIANTE761,6811.425,29
RECEPCIONISTA25,5611.631,89
LIMPADOR (euro/hora)3,49
AUXILIAR EN RUTA19,008.645,00
MOZO DOS RECADOS 16-17 ANOSSMISMI