DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 29 de novembro de 2005 Páx. 18.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 23 de novembro de 2005 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas para a mellora estrutural e adaptación dos sistemas produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2004.

Pola Orde do 21 de xuño de 2002 establécense as bases reguladoras para axudas de mellora estrutural e adaptación dos sistemas produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade (DOG nº 125, do 1 de xullo), modificada posteriormente pola Orde do 23 de decembro de 2003 na súa sección primeira (DOG nº 253, do 31 de decembro).

Así mesmo na Orde do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro) establécese a convocatoria destas axudas para o ano 2005. No artigo 5 detállase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para o financiamento das devanditas axudas. Tendo en conta o elevado número e a dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas polos produtores de sementes e plantas de viveiro da Comunidade Autó

noma de Galicia, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase nun total de 97.090,13 euros a dotación orzamentaria que se establece no artigo 5.1º da orde desta consellería, do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro), pola que se convocan para o ano 2005 as axudas para a mellora estrutural e adaptación dos sistemas produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade, na aplicación orzamentaria 57.03.614A.776.0 (código de proxecto 2002.09807).

Segundo.-Tamén se poderán utilizar outros remanentes adicionais que puidesen existir nas mesmas aplicacións. En todo caso, a concesión da axuda para mellora estrutural e adaptación dos sistemas produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na Orde do 23 de decembro de 2004.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2005.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural